Iª FERIA  COMERCIAL, INDUSTRIAL E AGRÍCOLA DA GUARDA

Iº EXPOSICIÓN DO TRAXE REXIONAL (2)

-1- -2- -3-

por José Antonio Uris Guisantes

Traxes de nenos/as na Iª Exposición do Traxe Rexional de 1978. Fotografía de Luís Cadilla González.

               Fotografía de Luís Cadilla González. A Banda ROJA no Porto despois do Desfile Folclórico do sábado 9 de agosto de 1978.

              Esta é a segunda Banda Mariñeira [outros din que é a terceira- despois da Banda Mau Mau-] que acode ás Festas do Monte [despois da Banda Negra]. Non puideron poñer o nome de ROJA ata a chegada da democracia, suplindo con picaresca o nome por unha “pañueleta” vermella no peito.

           Un primeiro grupo estrenouse o venres antes do desfile da Festa (1972) cando chegaron de Viana do Castelo vía Barca de O Pasaxe e o taxista cabreado polo ruído que facían “soltounos” preto do cemiterio de Sestás e viñeron ata a Fonte da Ribeira” mallando nos bombos”. A Banda nun principio saía da rúa Malteses preto da tenda do “tío Juevadas”. Un dos primeiros fundadores foi Guillermo Mauri Silva “Gila”, recentemente falecido en accidente no mar (q.e.p.d.).

 

Pequenos compoñentes da BANDA ROJA no Porto, despois do Desfile Folclórico do sábado 9 de agosto de 1978. Fotografía de Luís Cadilla González.

Despois do Desfile Folclórico Tradicional do sábado 9 de agosto de 1978. Fotografía de Luís Cadilla González. Neno do que non sabemos a súa identidade.

-1- -2- -3-

           José Antonio Uris Guisantes