www.galiciasuroeste.info

Feliciano Rolán

“Poemas de Adolescencia”

 

Por José A. Uris Guisantes

Seguinte

 

Como xa vén sendo tradicional, a Agrupación Cultural Guardesa celebrou, este ano de 2009, o XXIII Certame de Poesía que comezara en 1986, sendo presidenta deste colectivo Julia Mª de la Purificación Sobrino González, para todos Julia Sobrino, a raíz da proposta feito no seu momento por Prudencio Martínez Pena, quen non puido chegar a ver feito realidade este premio.

-----------------------------------

[…] Alma mía, bajel del sueño de mi yo, abraza este silencio,

Único testigo de tu ser eterno.

 

“De Mar a Mar” (Feliciano Rolán)

---------------------------------------

 

Julia, é dende  súa nenez unha persoa cultivada intelectual e culturalmente falando, lembro entre outras facetas, a poesía, teatro, baile, música, recollida e posta en práctica de todos os aspectos relacionados co noso folclore e costumes, como a do traxe galego que ela e outras persoas queren impulsar.

 

Nunha palabra falar de Julia Sobrino é falar de cultura, de sensibilidade, de amizade, e sobre de todo de amor á nosa terra e ás nosas xentes. Por iso, que ninguén se estrañe cando dende ésa sensibilidade, poidamos ver a Julia dando clases de baile, en varias localidades da bisbarra, traballando para fomentar, enriquecer e exaltar o “Día das Letras Galegas”, o “Día do Traxe Tradicional Galego”, o “Encontro dos Pobos” con un nivei internacional, facendo un taller de Teatro, dirixindo ao Grupo “Do  Lusco ó Fusco” con traxectoria internacional, organizando diversas exposicions de artistas por ela coñocidos, e un longo etc.

------------------------------------

“Pusiste en sus ojos lumbres recién creadas en los ignotos

Fondos, pero siempre esclarecidos”.

 

 “Salmo de la Hermosa Unica” (Feliciano Rolán)

-----------------------------------

“En el cielo de la noche

urgan gaitas, gaitas tercas.

 

Por la sombra de la ermita

con susurro de impaciencia,

venciendo redes de espías

corren veladas parejas.

 

A lomos de la mañana

que galopa hacia la feria

urgan gaitas, urgan gaitas

urgan gaitas, gaitas tercas”

 

“Romería” (Feliciano Rolán)

------------------------------------

 

Ata estivo mergullada (nunca mellor dito) na política local como concelleira do PsdeG-PSOE, sendo varios anos secretaria Xeral da Agrupación Local, os que traballamos xunto a ela en tempos nos que a política local non era a mesma de hoxe, sentímonos satisfeitos dunha época na que todos tiñamos unha serie de limitacións, pero que non foron óbice para desenvolver un labor social que para moitos/as foi  sumamente importante.

 

Debo agradecer a D. Emilio Rolán Mosquera, sobriño  de Feliciano Rolán, o préstamos dunha libretiña atopada na casa da avoa,  onde Feliciano plasmara uns poemas que el mesmo data no ano 1921,  paréceme  ideal  poder publicar en www.galiciasuroeste.info os poemas coincidindo con que Emilio Rolán foi, tamén este ano, o Pregoeiro das Festas do Monte 2009. Feliciano Rolán Vicente cando escribíu estes poemas tiña exactamente catorce anos de idade.

¡Viva a  Romaría do Trega! Parece dicir a tía Tarita, a tía Carricacha e o tío Chuicho, quen xunto a outras amigas/os do barrio

mariñeiro poñían un punto de alegría e humor no día Grande da Guarda, no Cancelón<>Montiño. (q.e.p.d.)

Fotografía cedida pola filla do tío Chuicho

 

Fotografía de Feliciano Rolán Vicente, tirada nun estudo sito na rúa Fuencarral nº 6 de Madrid. Xentileza de Emilio Rolán Mosquera

Emilio Rolán Mosquera, médico pediatra, profesor, biólogo, malacólogo, investigador,

buceador<>investigador nos mares mais diversos do mundo

Poesía de Adolescencia, por Feliciano Rolán Vicente aos catorce anos:

 

Seguinte