www.galiciasuroeste.info

Feliciano Rolán

“Poemas de Adolescencia”

 

Por José A. Uris Guisantes

 anterior        seguinte

 

Faro de Vigo 1/03/1970.

 

 

 

O sacerdote D. Faustino Rey Romero, escribía sobre Feliciano en 1963:

 

[…] La ficha bibliográfica de Feliciano Rolán Vicente se reduce a dos libros: “Huellas” y “De mar a mar”, sobre el que versará el presente trabajo.

 

Con excelente presentación tipográfica, salió de los tórculos de la imprenta de S. Aguirre de Madrid el 3/10/1934. Lo integran treinta y una composiciones sin título, y un epílogo intitulado “Canción lejana”, todo en verso suelto.

 

Como el mar de Manuel Antonio, el de Rolán es un mar inconcreto, elevado a categoría metafísica. Donde allí es el “pailebote blanco”, es aquí la goleta que hace singladuras paralelas a las del corazón por el mar versátil de la vida. A cada pieza de la nave, a cada maniobra, nombrada con absoluto dominio onomástico, y a cada estado de la mar, vincula el poeta un estado de su alma.

 

Lirismo, puro lirismo, sutilísimo lirismo, es lo que trasciende de este libro, aunque parezca que el mar incita más bien al canto épico.

 

Ilusiones, sueños, angustias, añoranzas... de un alma que ve en las diversas actitudes del mar sus propias actitudes.

 

Es unas veces exultante la interpretación:

 

“Quien eres tú,

encantadora de jardines,

que haces el mar

césped sembrado de iris,

y a mí,

búcaro joyante

de la estupenda flora”.

 

Otras veces apostrofa tétricamente a los elementos, como cuando se dirige a la

 

“Noche, horrible noche,

la suprema tiniebla del mar”.

 

No faltan tampoco los destellos de una inteligencia dada a las más altas elucubraciones filosóficas, como en este antológico pensamiento:

 

La esfera es el rompimiento perfecto del límite, porque cada radio termina en un punto, y de los infinitos, jamás dos cimentan un ápice del llano”.

 

“De mar a mar” es una exquisitez poética de la que solamente podrán gozar las sensibilidades exquisitas.

 

La imaginería es de los más avanzado; el lenguaje, de lo más selecto y propio; la emoción, de los más entrañable.

 

En síntesis, tenemos que reconocer en el libro de Rolán un maravilloso breviario lírico, un manual de orfebrería estética, un pomo de sutilísimas esencias, de cuyo encanto emocional podrán disfrutar aquellos que sean capaces de sincronizar con el latir del corazón del poeta.

 

En 1947, D Juan José Domenchina Moreu (1898-1959), apunta que ‘sin ceñirme estrictamente a lo cronológico, la última promoción ya lograda o consolidada de nuestra poesía de hoy la constituyen Emilio Prados, Vicente Aleixandre, Manuel Altolaguirre, Feliciano Rolán y Miguel Hernández [...] Son poetas de la angustia. Pero no líricos quejicosos e infecundos. En sus hondones se plañe una congoja de inadaptabilidad telúrica’. Al referirse en concreto al poeta de Orihuela, habla de la ‘agresividad abrupta y lugareña de Miguel Hernández, abigarrado proferidor de obscenos y ciclópeos exabruptos’.

 

Como sabemos Feliciano Rolán Vicente naceu un 9/06/1907, fillo de D. Emilio Rolán Vicente e Dna. María Vicente Álvarez, tiña  outros catro irmáns, Emilio (médico, finado xove), Mercedes, María Josefa (monxa Dorotea) e Pilar (enfermeira) Rolán Vicente.  Faleceu un 3/01/1935 na rúa Ezequiel Ordóñez, hoxe rúa Galicia, onde está a casa de D. Raimundo Lomba González (q.e.p.d.)

 

Escribía tamén sobre Feliciano D. Ricardo Carballo Calero en 1934: […] El, flotando en el neblinoso mar de la añoranza, fijado por la nostalgia, ungido por el recuerdo, embalsamado por el tránsito, joven ya para siempre, joven de veintiocho años en nuestra memoria, en la memoria de sus amigos – los que lo conocieron en persona y los que en persona no lo conocieron – para perpetuar su recuerdo más allá de nuestra memoria, más alla de nuestra vida; para perpetuar su vida y su memoria. Para hacer perdurable su nombre entre los hijos de sus amigos, en la tierra de su origen, en el lugar de su muerte, en la Galicia donde se formó, en el Madrid donde egregios espíritus alentaron su obra y plañeron su ocaso…

 

Dúas das persoas que na Guarda se preocuparon pola vida e obra de Feliciano Rolán Vicente, dende 1970, foron o Padre Somasco Orestes Caimotto e José Luís Lomba Alonso “Salero” que estaba de profesor de Lingua Española no Colexio dos PP. Somascos.

 

O 16/08/1970  comeza a Homenaxe a Feliciano Rolán con unha misa na Capela dos PP. Somascos, conferencia a cargo de D. Carlos Martín Barbeito, visita ao cimeterio de Sestás, con ofrenda de flores na súa tumba, e inauguracións dos Xardins co nome de Feliciano Rolán, fronte a subida ao Trega, anos mais tarde ocupada unha grande parte pola entrada ao Centro de Saúde da Guarda.   

 

O 3/06/1972 unha Xunta Cidadá Pro Homenaxe a Feliciano Rolán convocou un Concurso Literario dirixido aos alumnos/as das escolas da Bisbarra do Baixo Miño de EXB e Bacharelato, baixo o título de “Feliciano Rolán, el poeta del mar”. O mesmo tempo foi inaugurada a escultura na honra do poeta, obra do escultor Magín Julio Picallo Durán de Goián, instalada nos Xardins da subida ó Trega. Tamén se inaugurou unha Exposición Filatélica de Literatura na honra de Feliciano Rolán e outra Exposición de Traballos Escolares de Marquetería

 

En 1984 baixo adirección do Padre Orestes foi editado un libro con título “Feliciano Rolán su Obra Poética”. Editorial Mezquita. Madrid.

 

Por outra banda debo facer un esbozo do Pregoeiro das Festas do Monte 2009.

D. Emilio Rolán Mosquera Pregoeiro das Festas do Monte 2009

Emilio Rolán Mosquera, natural da Guarda, fillo do médico local D. Emilio Rolán Vicente e de Dna Margarita Mosquera Trapote, sobriño do poeta guardés Feliciano Rolán Vicente, neto de D. Adolfo Mosquera Castro (Secretario do concello da Guarda durante a República)  e irmán de Adolfo Rolán Mosquera (Fito para os amigos). Os dous irmáns son colaboradores no Libro Programa das Festas do Monte dende fai anos. 

Emilio na súa estadía en POVISA como Xefe de Pediatría

Emilio fórmase como médico en Compostela, na Facultade de Medicina, co profesor D. José Peña Guitián, graduándose en 1960. Estivo traballando como pediatra en Pobra do Caramiñal (A Coruña) dende 1965. Chega a Vigo en 1966 comezando a desenvolver unha ampla faceta como Pediatra do Seguro de Enfermidade. Traballou como Xefe do Servizo de Pediatría de Consulta e Hospitalización do I.S.M. dende 1974. Está casado con  María Josefa Álvarez Aza,  compañeira e amiga, a que procura acompañalo, sempre que pode, nas moitas viaxes arredor do mundo, que Emilio fai para investigar e coñocer, como biólogo, malacólogo, submarisnista, e como persoa, realiza.

Emilio co Equipo de Pediatría, tempos felices e de moito traballo

Pioneiro naquel 1968, da implantación en Vigo dun Servicio de Urxencias de Pediatría. Pasa logo a traballar na Clínica Povisa, como Xefe do Servicio de Pediatría e como Profesor Asociado de Ciencias da Saúde (PACS) na Falcultade de Medicina de Compostela. Foi Profesor na Escuela de Enfermería de Povisa, na Universidade de Vigo, Vogal da Sociedade de Pediatría de Galicia…é autor dun sinnúmero de traballos e estudos relacionados coa medicina. Por exemplo, como Profesor de Bioloxía no Colexio Peleteiro de Vigo. Doctor en Bioloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela,  presentado a tesi titulada "La familia Conidae en el Archipiélago de Cabo Verde" obtendo a calificación cum laude por unanimidade.

Emilio diante dunha pequena mostra dunha das  afeccions a de “conquiliólogo”

Leva varios anos xubilado, aproveitando para viaxar e investigar como malacólogo e biólogo. En 1963 comeza a actividade en Malacoloxía, creando unha colección de moluscos, que na actualidade conten mais de 25.000 lotes catalogados, ademais dunha gran cantidade de material pendente de estudio con  máis de dous millóns de cunchas e exemplares. A meirande parte deste material, foi obtido por el mesmo en numerosos países do mundo. As exposicions malacolóxicas son imnumerables a partir de 1980. Dende 1960 é socio da Sociedad Española de Ciencias Naturales, e outras mais,  como pode ser ANABAM, Sociedad Española de Malacología, Sociedade Galega de Historia NaturalConchological Society of Great Britain and Ireland, Sociedad Italiana de Malacología,etc.

Colaborador, como dixen, no Libro Programa das Festas do Monte. Sobresae nos escritos o humor do que sempre fixo gala Emilio, incluso ten publicado un libro que non ten desperdicio, cheo de lembranzas desde neno e de anécdotas xugosas, que dan lugar a que unha vez se comeza a ler  non se pode deixar ata a ultima frase.

Este libro foi presentado en 2007 na sede de ANABAM da que é socio.  A Editorial  foi el mesmo con seus cartos. Pode atoparse en calquera librería da Guarda o na mesma sede de Anabam. Está dedicado a seus netos Eric e Carlos.

 

Refire Emilio na Introducción [...] a lo largo de mi vida tuve muchas experiencias y muchas vivencias, fuí pescador, submarinista, futbolista, estudiante, tuno, médico, pediatra, pintor, conquiliólogo (coleccionista de conchas) y numismático (de monedas), viajero, investigador en biología, trabajé como hombre-rana, fuí acuarófilo, ocasionalmente agricultor, albañil, carpintero y otras muchas cosas...

 

No capítulo que dedica aos amigos, fala de “Arminda” da que lembra que vestía pantalóns e a que o cantautor local Tino Baz lle dedicou unha canción.

 

Di Emilio sobre Arminda: [...]  el vestir pantalones le reportó un montón de problemas, porque las autoridades locales no podían tolerar tal inmoralidad y creo que fue buscada por lo municipales e incluso alguna vez durmió en la cárcel por su manía. Era la única pionera en esta clase de vestimenta...  y siguió vistiendo pantalones toda su vida. Su frase era siempre “As miñas pernas naceron para pantalóns...”.

 

Así que, después de haber sufrido persecución y castigos por su inocente manía, cuando las niñas de los recién llegados de Puerto Rico y la R. Dominicana empezaron a salir con pantalones, con la más completa aprobación del pueblo y de las autoridades, la buena de Arminda decía a gritos en medio de la calle: “¡Mira ti!. A min metíanme na cadea e agora tódalas señoritas andan de pantalóns...”

 

Efectivamente moitos guardeses lembramos a personaxes populares dentro  da súa inocencia, como Arminda, A Xoliva, O Maluco, Marítimo, Manolo Pío Pío, etc. os que en moitos aspectos da vida cotián, daban verdadeiras leccións de urbanidade e saber estar, nembargantes eran o “faime rir”  de certa “plebe”.  

 

Emilio Rolán Mosquera nunha estadía en Senegal, investigando e aprendendo un pouco tódolos días

 

Vogal da Sociedad Española de Malacología (desde 1988 a 1992) e presidente (desde decembro 1992). Dende 1990. Editor da revista  da mesma sociedade  “Noticiario de la S.E.M.” Presidente do Comité Organizador do V Congreso Nacional de Malacología (Vigo setembro 1984). Xestor do Museo Galego do Mar de Vigo (de 1994 a 1998).

Advisory Board da revista “Argonauta” da Associacione Malacologica Internazionale (1994 a 1999). Membro do Comité Organizador do Twelfth International Malacological Congress (Vigo setembro 1995) e coeditor do libro de Abstracts do Congreso.

Estadía en Cabo Verde, practicando a pesca submarina e mergullándose para facer exploracions

 

Estadía nas Illas Azores, practicando a pesca submarina.

 

Membro do Comité Organizador do XII Congreso Nacional de Malacología (Málaga, do 22 ao 26 de setembro 1998). Socio de Honra da Sociedad Catalana de Malacología (abril 1999). Premio internacional "Una vita per la Malacologia", en Cupra Marittima (Italia, xuño 1999),  premio dirixido a persoa que  anualmente destaque na investigación, creado pola institución Museo de Malacologia, da mesma cidade intaliana, que dirixe o Dr. Tiziano Cossignani.

 

Editor da revista internacional “Argonauta” da Asociación Malacólogica Internacional (xullo 1999 a 2001). Evaluou traballos científicos para as revistas “Thalassas”, “Iberus”, “Ophelia”, “Apex”, “Nova Acta Científica Compostelana”, “Argonauta”, “Bollettino Malacologico” e “Zoosystema”.

Imáxenes submarinas con Emilio Rolán de protagonista.

Invitado de honra no “3rd International Workshop of Malacology” celebrado en Menfi (Sicilia, xuño 2000). Membro do Comité Organizador do I “Congreso Congiunto delle Società Malacologiche del Mediterraneo”(Xénova, novembro 2000). Estancia noMuséum National d’Histoire Naturelle” (Paris, 26 de marzo a 10 abril 2000)l, grazas a unha beca de investigación do “Proxecto Parsyst”, concedida ese mesmo ano.

 

Vicepresidente do Comité Organizador e membro do Comité Científico do “II Congreso Internacional de las Sociedades Malacológicas Europeas” (Vigo setembro 2002). Participou como invitado ao “Workshop” sobre Fauna Europea (Madrid, setembro 2002), organizado polos museos MNHN, ZMUC, ZMA y MNCN. Nomeado “Investigador ad Honorem”, do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela (novembro 2003). Membro do Comité Cientifico do “IV Internacional Congress of the Malacological European Societies” (Nápoles, outubro 2005).

 anterior        seguinte