www.galiciasuroeste.info

OS IRMÁNS FLORES COSTAS

 anterior    portada

Por José Antonio Uris Guisantes

 

 

A Agrupación Musical de O Rosal nace un 26 de novembro de 1983 como unha Asociación sen ánimo de lucro. Comezaron as actividadess cun Grupo de Gaitas, Banda de Música e Escola de Solfexo, tendo de profesores a D. José Flores Costas en 1984, sendo a presentaciónn extra-oficial en decembro de 1985 nun garaxe da empresa de Transportes Barros de O Rosal.

 

A presentación oficial ten lugar o 4 de maio de 1986, sendo Director D. Laureano Matos Barcia, no ano 1988 está de Director D. José Luís Represas Carrera ata 1990, ano no que se fai cargo da dirección D. José Vicente Simeó Máñez, agora ten de Director D. Diego Xavier Lorente López, nado en Torre Pacheco (Murcia).

 

En 1986 e 1987 a Agrupación Musical de O Rosal obtivo premios nos Certames de Bandas Populares de Cangas. En marzo de 1989 son protagonistas da XXXI Acampada Nacional de F.F.C.C. celebrada no Camping Santa Trega en Salcidos. Neste mesmo ano en xuño, son protagonistas na T.V.G. actuando no Programa O Son dun Pobo, asemesmo en agosto baixo a batuta de D. Bolívar González actúan no II Otoño Musical en Beade (Vigo).

 

En 1991 actúan no Certame de Bandas Galegas en Lalín.

 

Fixeron e seguen facendo intercambios musicais con outras bandas de música, tales como: Sociedad Unión Musical de Museros (Valencia; Asociación Músico<>Cultural “La Lira” de Pozuelo de Alarcón (Madrid); Sociedad Filarmónica Alteanense (Alacante); Banda de Música de Polinyá del Xúquer (Valencia).

 

Actuacións en: Teatro Rosalía de Castro (A Coruña); Auditorio Reveriano Soutullo; Praza da Quintana; Centro galego de Madrid e Auditorios de Valencia e Portugal.  

 

 En 1989 organizan o Iº Festival de Músicos Xóvenes contando ca participación de Bandas de Música da Comunidade Valenciana: Juvenil de la Unión Musical de llíria (Valencia); Lira Castellonense de Vilnaova de Castelló; Unión Musical de Santa María del Puig; Banda del Centro Cultural e Instructivo Santa Cecilia de Puçol (Valencia), e as Bandas de Música de Monçao e de Lanhelas (Portugal).

 

A primeira Directiva (3/12/1983) estaba presidida por José Manuel Alfonso Pereira, máis tarde sería Antonio Granja Pereira e hoxe está  Jesús González Álvarez.

 

Actuación en Llíria (Valencia) 2000

 

Sucesores dos Irmáns Flores Costa foi o Grupo de Gaitas Verde Arboreda fundado en 1982 no Colexio Público Manuel Suárez Marquier na Mata (O Rosal) como actividade extraescolar. Tiña doce compoñentes (oito rapazas e catro rapaces),  en idades de 6 a 12 anos.

 

Grupo Verde Arboreda, do Rosal

O profesor e Director foi Emilio Flores quen, ademais, era avó de tres membros. Durante seis anos percorreron pobos de toda Galicia, mentres que recibían leccións de solfexo.

 

Máis tarde tomaron a decisión de formar unha orquestra co nome de Hollywood coa meirande parte dos compoñentes de Verde Arboreda, labor que compaxinan cos estudios durante oito anos máis.

Por distintos motivos algúns dos compoñentes foron saíndo do grupo, quedando únicamente nove números, tomando a decisión de cambiar o nome do grupo, escollendo Moda Jóven, sendo esta derradeira etapa a máis fermosa e enriquecedora daqueles e daquelas compoñentes de Verde Arboreda.

Grupo que actuou na Festas do Monte por primeira vez  no Festival Folclórico do mércores 7/08/1985, celebrado no Estadio do Trega e logo no Desfile Folclórico Tradicional do sábado 10, como Día da Exaltación do Traxe Rexional Galego, logo seguiron actuando nos anos, 1986, 87, 88, 89, 90, 91, 93, 94, 96, 97, 98, 99... que son os anos nos que figura no Libro Programa das Festas

Cando eu formaba parte da ANPA do Colexio M.R. Sinde aló polos anos 82/83 Emilio Flores foi escollido para dar clases de gaita  aos alumnos do Grupo Atalaia.

 

Foto familiar de Emilio e Emilia cos descendentes

  

Emilio, no pote, e animando unha das Festas do Monte

 

Frupo de giatas no que aparecen, entre outros, Emilio e dúas netas: Ana e Cristina

 

 O día da voda de Emilio Flores Costa e Emilia Pérez Dorado

 

O matrimonio Emilio e Emilia cos seis fillos

 

Foto familiar da familia Flores Pérez

José A. Uris Guisantes

anterior    portada