PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Florindo Rodríguez Álvarez

por José A. Uris Guisantes

    

Florindo Rodríguez Álvarez, nado na Guarda  en 1886, empresario guardés e primeiro presidente da Comisión de Festas do Monte en 1945, cando a Sociedade Pro Monte deixou de levar no seu seo as Festas.

 

Estudou debuxo e ebanistería na Escola de Artes e Oficios de Vigo, sendo un dos primeiros traballos o Teatro Rosalía de Castro de Vigo (hoxe García Barbón). Máis tarde instálase con outros socios en Comandita na Casa Alta da rúa Vicente Sobrino onde montan un "Taller de Ebanistería y Almacén de Muebles de Rodríguez (Florindo Rodríguez) y Blanco" (José Blanco). Máis tarde instalaron a empresa na rúa Ezequiel Ordóñez (hoxe rúa Galicia). Tamen tiña unha molinera para grans.

 

Con outros socios compra a Compañía Eléctrica del Tambre  a Central Eléctrica da Guarda tamén en Comandita. Entre os socios estaba Alcides Alonso Sobrino é don José Ramón Sobrino Arias. Mais tarde levaría o nome de Eléctrica Guardesa S.A.

 

Outra faceta do tío Florindo era a música, atopándoo (tocaba o cornetín), en 1903 e 1905 formando parte da Banda Popular de Música de La Guardia, facendo de director don Agustín Hurtado de Mendoza. Era presidente Severiano Martínez un ex capitán do exército que chegou a ser varios anos Alcalde da Guarda. Os ensaios eran na casa de don Juan Antonio Pacheco González "Pachequiño" (1840-1911), xunto a Florindo estaba seu amigo Remigio Vicente "tío Remigio" tamén ebanista quen chegou a ter unha "Charanga" (charanga de Remigio).

 

Tamén se dedicaba a confeccionar planos de edificios e chalés, como o de Manuel Alonso Sobrino (1898-1957); capela do cemiterio de Camposancos (1921) que pagara do seu peto don Valeriano Portela Rodríguez, entre outras obras.

 

Foi presidente da sociedade Recreo Artístico Guardés en 1932 e en 1937, cando a guerra civil. Membro da sociedade Pro Monte e un longo etc.

 

José A. Uris Guisantes