Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

seguinte

 

O primeiro equipo de fútbol de España foi o Exiles[1] Cable Club ou Exiles F.C. fundado en Vigo en 1876 con traballadores e empregados da empresa británica Eastern Telegraph Company Ltd. Destacando en 1895 cando xogaban contra as tripulacions dos barcos de guerra da Royal Navy fondeados en Vigo, sendo o terro de xogo no recheo onde se construiría a Alameda de Vigo.

 

Fotografía publicada por Consuelo lago en Recuerda Vigo.

 

En 1905 xordiron na cidade olívica o Vigo Foot-Ball Club e Fortuna Foot-Ball Club, xogando entre eles no Campo de Coya. O Vigo FC se fusionou en 1911 co Sporting Club, pasando a ser Vigo Sporting Club.

 

Despois da visita a Vigo do rei Alfonso XIII en 1914 pasaría a ser Real Vigo Sporting Club o igoal que Real Fortuna FC, clubs que se fusionaron en 1923 para que no histórico día 10 de agosto de 1923 xordira o Real Club Celta de Vigo. Sinalar que o Exiles FC sería o gañador da Copa Pontevedra en 1907, disputada entre eses equipos citados. Fonte: www.lafutbolteca.com

 

O coñecemento dun balón na Guarda comezou en 1911, cando un retornado emigrante das Antillas chegou  de Puerto Rico traendo un balón de coiro na equipaxe, comezando os rapaces a darlle patadas na praza da Guía, polo que supoño que o emigrante debía ser de Ribadavila[2], co cabreo conseguinte dos viciños da praza da Guía polos pelotazos contra portas, fiestras e  persoas que por elí pasaban.

Buque planeiro Urania. Fonte: Armada española

 

Outra fotografía do buque planeiro Urania.Revista de Navegación y Comercio.1897

 

Buque Urania, antiguo iate acondicionado pola Real Armada española para explorar e levantar cartas náuticas dos fondos mariños. Estivo o mando do Urania o Tte. de Navío don Rafael Estrada Arnaiz que chegaría a ser almirante da Real Armada Española.

 

Neste buque se levantaron cartas naúticas do Cantábrico, ría de Ares, ría da Coruña, Chafarinas, da costa de Ceuta, Melilla e Norte de África, así como da ría de Vigo e costa de Baiona ata a desembocadura do Miño en 1912. No Urania tamén estaba instalada unha Escuela de Hidrografía.

 

 

Buque planeiro Giralda que reemplazou ao Urania na confección de planos marítimos

 

En  agosto de 1912 os marinos do buque a vapor Urania da Armada española, dedicado a facer sondeos e confeccionar planos da costa se achegaban a terra con frecuencia  nun barquiño auxiliar que varaban no Muelle, pasando a practicar o foot ball no Monte Real e na Vía (actual zona da Lonxa no Porto da Guarda).

 

Alguns estudiosos do fútbol local din que comezou en 1909 a practicarse no Colexio dos xesuítas co nome de Colegio del Apóstol Santiago sito no Pasaxe de Camposancos, onde tamen estudaban alumnos guardeses, pero  o amigo Pablo Pousa Carrera de Goián me refire que antes fora fundado o Club Goián FC no ano de 1908 polo goianés Emilio Estevez que estaba estudando en Londres, chegando a xogar anos mais tarde no Leeds City Football Club.

 

Emilio tamen xogaría no CD Coya de Vigo, que fora fundado en 1911 e a quen o viña a recoller en Goián un dos irmáns Barreras co seu automóbil, pagándolle ademais do seu peto 100 pesetas por encontro xogado. Mais tarde emigraría ao Brasil, voltando definitivamente a Goián con 96 anos, onde finou.

 

Outro irmán de Emilio foi Alvaro Estevez (a) Ningurriás que estaba estudando na Universidade de Barcelona, pero non foi xogador senón modelo masculino da alta costura catalana.

 

Forzas vivas da Guarda en 1913. Fonte: Revista mensual Vida Gallega editada en Vigo.

 

A esquerda don Severiano Martínez  Núñez, militar xubilado e alcalde da Guarda; don Francisco Javier Pimentel Chapela, párroco da Guarda; don Ricardo Lomba Álvarez, Boticario, xuíz municipal e armador; don Julio Aranaz, Administrador de Aduanas na Guarda.

 

Foi en 1914 cando se pode dicir que nace oficialmente o foot ball na Guarda co nome de Imperial Covadonga o que se refundiría en pouco tempo no  Deportivo Guardés o mesmo tempo que o Colón FC,  concretamente a partir dunha xuntanza de xogadores na fonte-lavadoiro da Morea, hoxe soterrada debaixo das rochas da rúa Fernández Albor.

 

Antigua fonte-lavadoiro da Morea na zoa das Chabolas en 1962, hoxe soterrada pola Avda Fernández Albor. As dúas mulleres de fronte que miran para a cámara, Consolación e María Uris Pena, sobriñas do fotógrafo ocasional, Agustín Pena Pacheco.

 

Estaban:  Juan Noya Gil, Eduardo Pantaleón Saúl, Carlos Martínez, Constante Alonso e Ramón Polo Pardo[3], por unha banda para formar o Deportivo Guardés é Manuel Noya Gil, Benito Vicente, Silvio Rolán Montenegro, Remigio Vicente e Manuel Polo Pardo, para formar o Colón F.C.

 

Xogaron entre os dous equipos o primeiro encontro da historia o 29 de novembro de 1914, encontro que gañou o Colón FC ca seguinte alineación: Varela; Silvio Rolán; Antonio Pérez; Benito Vázquez; Antonio Bernárdez; Primitivo Franco; Manuel Noya; Manuel Polo Pardo e Virgilio Rolán. Mais tarde xordiría El Invencible que se integraría no Colón FC. 

 

A revancha tivo lugar o 2 de maio de 1915 gañando o Deportivo ao Colón FC por 4 tantos a 3, con prórroga incluída. O Deportivo alineou a: Eduardo Pantaleón; Benito Vázquez; Carlos Martínez; José Sotelo; Juan Noya; Julio Piñeiro; Ramón Polo Pardo, Benito Alonso, Virgilio e  Silvio Rolán Montenegro.

 

Unha selección do Deportivo e Colón FC  xogaría o primeiro encontro da historia fora da Guarda contra o Goián FC, no campo deste último (As Trincadeiras), gañando os guardeses por un tanto a cero, e como refire Juan Noya […]  esa victoria produjo enorme entusiasmo en nuestra villa, los equipiers fueron recibidos con gaitas y bombas de palenque, y una manifestación recorrió las calle, dando vivas al Deportivo… (reforzado con xogadores do Colón FC).

 

Nunha xuntanza tida lugar no salón de sesions do Concello se unifican ambos equipos no que será o Deportivo Guardés, comenzando a preparación do campo de Chans no Trega.

 

A inauguración de Chans como terreo para a práctica do foot ball no Trega, tivo lugar o 22 de agosto 1915, rematando os traballos de xogadores, directivos e simpatizantes, contribuindo tamén con cartos o primeiro presidente do Deportivo, José Ramón Sobrino Arias e os xogadores, Ramón Mª Gándara Álvarez e Manuel Candeira Pérez (capitán do equipo).

 

Na inauguración o Deportivo Guardés, xogou contra o Goyán FC, gañando os guardeses por 5 tantos a 2.

 

No partido inaugural contra o Goyán FC xogaron polo Deportivo Guardés:

 

Alcides Alonso Sobrino; Ramón Portela; Manuel Candeira Pérez (capitán); Ramón Otero; Carlos Martínez; José de Santiago; Benito Gradin; Antonio Vicente; Constantino Candeira Pérez; Manuel e Ramón Polo Pardo. O sostemento do club iría a cargo dos ingresos dos encontros xogados e dos propios xogadores, para vestiario, balóns, botas etc.

 

Unha das persoas que contribuían a traer os equipos de fora con sesu cartos foi Andrés Lomba, pero unha vez ausentado complicouse o asunto dos equipos forasteiros.

 

O Campo de Chans sería usado durante doce anos, sendo o lugar de cita dominical – os sábados todo o mundo traballaba – dos guardeses ata que se construíu o novo Estadio Troncoso- ou Stadium Troncoso como dicían- na honra de don César Troncoso González, propietario, avogado, comerciante, alcalde e mecenas. O mais activo para o poder conseguir foi seu  sobriño político Luís Fernández Domínguez, forofo e membro alguns anos do  Comité Local de Fútbol, que organizaba os Torneos de balompié- como se iría chamando a este deporte, como digo don Luís foi parte fundamental para a consecución dos terreos onde os propios xogadores construirían o terreo de xogo, gradas, casetas, acceso, etc. .

 

Mais tarde na época de oro del balompié guardés, patrocinaría a Copa Luís Fernández, colaborando na dirección don José Darse Sobrino (dono e director do semanario local Heraldo Guardés) e Eduardo Pantaleón Saúl, o que comezara a colaborar dende 1923, sendo a alma mater do Deportivo durante uns cantos anos.

 

A primeira saída do Deportivo foi a Goián co motivo da inauguración do Campo  das Trincadeiras un 20 de xuño de 1915. Xogaron: Carlos Martínez; Juan Noya Gil; Constante Alonso (a) Burreiro; Manuel Polo Pardo; Baz; Julio Piñeiro; Primitivo Franco; Ramón Polo Pardo, Benito, Gradín e Silvio Rolán.

 

 

Xogadores guardeses no Campo de Chans, despois de haber sido construído por eles mesmos ca axuda física é económica de  directivos, simpatizantes, Concello, etc. Ademais das 50 pesetas do Concello asiñadas para axudar solicitaron doazons de materiais, prestación de balde de carros para o transporte e logo entre albaneis, capinteiros e canteiros  dos distintos equipos conseguiron un terreo de xogo, bancadas de pedra e casetas de madeira, o que non sei e se dispuñan de auga para lavarse.

 

Na fotografía de esquerda a dereita están, entre outros, Joaquín Rodríguez Rodríguez Capitanciño; Faustino Rodríguez Botabaixo; Alfonso Martínez Peniza; Aguinaldo Álvarez Martínez; Manuel Fajar O Cangrexo; Cándido Peniza Vicente Laricas; Virgilio Rolán Montenegro; Luís Otero, de paisano;  Manuel Lomba Mariquiñas, de paisano; Manuel Rodríguez Portela; Rosendo Noya… e outros.

 

O 22 de agosto de 1915 o Deportivo estrea o Campo de Chans no Trega, construído como dixen polos propios xogadores. 

 

O primeiro presidente do Deportivo foi o médico local don José Ramón Sobrino Arias, fillo do alcalde don Agustín Sobrino Vicente. Era capitán do equipo Manuel Candeira Pérez. O equipo contrincante foi o Goián que perdeu por 5 tantos a 2.

 

Cando comezan de verdade a organizarse os clubs foi a partir de 1927/28, dende que se construíu o Estadium Troncoso, impulsados por mozos como:

 

Alfonso Martínez Peniza; Aguinaldo Álvarez Martínez; A. Bernardez; Alcides Alonso Sobrino; A. Pérez; Ángel Pedreira; Antonio Puga Franco; Benito Alonso; Benito Gradin; Benito Vicente; Bienvenido Vázquez Vázquez; Cándido Peniza Vicente; Carlos Candeira Pérez; Carlos Martínez; Celestino Ameal; Constante Alonso Pacheco Burreiro; Constantino Candeira Pérez; Eduardo Iglesias; Eduardo Pantaleón Saúl; Egidio Fernández Cadilla; Faustino Rodríguez Botabaixo; Flores Carrero; Joaquín Rodríguez Rodríguez Capitanciño; José Fernández; José Ramón Sobrino Arias; José Sotelo; Juan Noya Gil; Juan Pedreira; Julio Piñeiro; Manuel Candeira Pérez; Manuel Fajar Rodríguez; Manuel Noya Gil; Manuel Polo Pardo; Manuel Rodríguez Portela; Marcial Rodríguez Rodríguez; Pedro Pinilla, Primitivo Franco Cadilla; Ramón Mª Gándara Álvarez; Ramón Polo Pardo; Ramón Portela; Remigio Alonso; Remigio Vicente; Rosendo Noya Lomba; Silvio Rolán Montenegro; Virgilio Rolan Montenegro…  con balons de coiro feitos polos mestres zapateiros locais.

 

 

Escudo do Deportivo Guardés, popularmente O Barquiño por levar o barquiño do escudo oficial da Guarda.

 

 

Conxunto do Colon FC en Chans, foi un dos primeiros clubes de fútbol, considerado como tal, na Vila da Guarda seguido case que no mesmo día polo Deportivo Guardés, xusto no ano de 1914 (oficialmente).

 

Como dixen antes o Deportivo foi a eclosión do Club Imperial Covadonga, xordido antes nas pedras da Fonte da Morea preto da praia do Carreiro. Na fotografía de garabata Juan Noya Gil. O segundo enriba pola dereita Manuel Domínguez Pacheco Taxota, dos demais non teño referencias. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

Un dos primeiros conxuntos do Deportivo Guardés en 1915. Cuarto pola esquerda Manuel Dominguez Taxota e cuarto pola dereita Juan Noya. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso

 

Os equipos de fútbol mais antiguos da Guarda foron:

Acción Católica Infantil, 1952; Águila de Salcidos (1960); Airiños de La Guardia, 1946; Alameda  Infantil, 1985; Alerta del Frente de Juventudes, 1948;  Atlético F.C. Infantil de La Guardial, 1955; Atlético Guardés, 1948; Atlético Guardés Infantil (1951); Atómico de La Guardia; Atómico Sporting Club de Pancenteno; Barquiño, 1961 (mariñeiros clientes do Bar de Manuel Díaz González “Ligero”); Bogavante (Veteranos) da Guarda, 1982; Buján FC de Cividans; Camposancos Infantil, 1953; Cañonera Gaviota (distintas tripulacións cando estaba con base no Destacamento de O Pasaxe de Camposancos), 1920; Club de Artesanos de La Guardia, 1927; Club España de La Guardia, 1928; Centuria  Enrique Lamas de Falange de La Guardia, 1952; Club Buján de Salcidos, 1953; Club España de Salcidos; Club Imperial Covadonga de La Guardia, 1914; Club Juvenil Infantil de La Guardia, 1953; Club Monte Real Infantil, 1976; Club O Muño Infantil,  1976; Club San Amaro de Camposancos (Infantil), 1976; Colegio PP Somascos (Infantil), 1959; Colón FC de La Guardia, 1914; Cruz Roja de La Guardia, 1930; Deportivo La Cruzada FC, 1936; Deportivo Castro de Salcidos, 1949; Deportivo Cividanes (Infantil), 1976; RC Deportivo Coruto (Infantil), 1949; Deportivo Español de La Guardia, 1938; Deportivo Guardés, 1914; Deportivo Muro de La Guardia, 1914; Deportivo San Lorenzo de Salcidos, 1948; Deportivo San Lorenzo (Infantil), 1950; Diana FC de La Guardia; 1914; El Lacón FC (Veteranos da Guarda), 1953; Español de La Guardia; Estudiantes del Colegio Jesuítas, 1955; Fortuna de La Guardia, 1914;  Frente de Juventudes de El Coruto (La Guardia); Galicia FC de Camposancos, 1948; Gimnástica Deportiva Miño de Camposancos (GDM), 1914; Gran Vía FC de La Guardia (Infantil), 1953; Hu-La-La de La Guardia (Veteranos), 1951; Huracán FC de La Guardia 1949; Invencible de La Guardia, 1914; Juvenil Tecla; Juventud de Acción Católica de Salcidos; La Gándara Infantil, 1962; La Guía Unión Deportiva (Infantil), 1974; Latifundio de La Guardia, 1936; Literario SC de Cividanes, 1932; Literario Sporting Club de La Guardia; Macabro, 1961; Marina Sporting Club, 1949; Miño B de Camposancos (Infantil), 1953; Os Verdes de La Guardia (Veteranos), 1985; Pasaje FC, 1916; Plus Ultra de Camposancos, 1932; Plus Ultra de La Guardia; Presente de Falange Española de La Guardia, 1936; Rápido de La Guardia; Real Flyers de La Guardia, 1918; Revira de Camposancos, 1927;  Salcidos FC (Infantil), 1976; San Amaro de Camposancos, 1977; San Bernardo de Sobrelavilla, 1958; San Cayetano (Infantil), 1985; Sporting Club de Salcidos; Sporting Guardés, 1958; Talavera Sporting Club de La Gándara, 1924; Tecla FC de La Guardia, 1922;  S.N.F. Temible FC de Pintán, 1924; Unión Deportiva Guardesa FC, 1944; Tecla Sporting Club, 1929; Unión Guardesa Femenina, 1996; Unión FC, 1953;  Victoria Sportin Glub de La Guardia, 1934. 

 

Equipos que xogaron na Guarda: Académico de Porto (Portugal); Alfonso XII;  Alondras FC (Cangas); Arenas de Coya (Vigo); Atlantic FC de Vigo; Atlántida de Matamá (Vigo); Atletic FC de Vigo; Bayona Sporting Club; Berbés Sporting Club (Vigo); Bosque de Bolonia de Vigo; Brigantium FC; Caldelas FC; Chao FC; Club Atlético de Vigo; Club Beiramar de Aveiro - Portugal; Club Casablanca de Vigo; Club Chaín de Vigo; Club Ciosvin de Vigo; Club Deportivo das Aves de Negrelos - Portugal; Club Deportivo Valladares; Club Galitos (Aveiro - Portugal); Club Lisboa (Portugal); Club Salgueiros (Portugal); Club Vilanova de Gaia (Portugal), 1931; Club Vitoria (Gomdaren-Portugal); Club Zeltia (Porriño); Comercial de Porriño; Comercial de Vigo; Comercial Ciosvin (Vigo); Comesaña Sporting Club (Vigo); Coruxo FC (Vigo); Chao FC (Vigo); Cultural Riomao de Portugal; Deportivo Bosco de Vigo; Deportivo Choco (Redondela); Deportivo Coya (Vigo); Deportivo Pino (Vigo); Deportivo Traviesas (Vigo, 1954); Deportivo Vigo; Dunas de Nigrán; Eiras Sporting Club (O Rosal); Eiriña de Pontevedra; Erizana (Baiona); Español de Vigo; Esperanza (Redondela); Galaico Sporting Club (Vigo); Gallego (Vigo); Gimnástica Deportiva de Lanhelas (Portugal); Gondomar FC; Goián Sporting Club; Goián F.C. (1908); Gran Peña de Lavadores (Vigo), 1926; Handicap (Vigo); Industrial de La Ramallosa (Nigrán); Lusitano FC (Ponte de Lima-Portugal); Marzán (O Rosal); Marucoga (Porriño); Miño de Tabagón (O Rosal); Náutic Sporting Club de Bayona; Nodales FC (Pontevedra); Orense FC; Pontevedra CF(1954); Porto FC (Portugal); Póvoa de Varzim (Portugal); Racing de Tui; Rápido de Bouzas (Vigo); Rápido de Pereiró (Vigo); Rayo (O Rosal); Real Club Celta de Vigo; Redondela FC; Ribera (O Rosal); Río Ave FC (Aveiro-Portugal); Ronda FC (Vigo); Selección Cosmo (Vigo); Selección de Fútbol de Lisboa (1927); Selección de de Fútbol de Portugal (1932); Sport Club Vianense (Portugal); Sporting de Braga (Portugal); Sporting Clube Salgueiros de Porto (Portugal); Sportivo  de Braga (Portugal); Sportivo de Ponteareas; Sportivo de Braga (Portugal); Sportivo de Valença (Portugal); Thide FC de Tuy; Tomiño FC; Turista FC (Vigo); Unión FC de Coimbra (Portugal); Unión Deportiva Ribera (O Rosal); Unión Sporting Club de Lavadores (Vigo),1922; Uzcudum Sporting Club (Gondomar); Valle Miñor de Nigrán; Véritas Sport (Vigo); Vizcaya FC de Vigo; Vilanova de Cerveira (Portugal); Vilanovense Foot-Ball Clube (Vilanova de Gaia-Portugal); Vizcaya FC (Vigo);  Vilanova de Cerveira Club de Futebol (Portugal).

 

Nota: O Club Ciosvin de Vigo foi gañador do Campionato Galego de Fúbol Amateur nas tempadas 1930/31, 1931732, 1934/35 e 1935/36. Na primeira tempada 1930/31 xogaron os equipos, Unión Sporting Club de Vigo (fundado en 1922), Español FC de Vigo (fundado en 1905), Ciosvin de Vigo (fundado en 1928) e Eiriña FC de Pontevedra (fundado en 1922).

 

En 1931 gañou a  final no Campeonato de España de Fútbol  Aficionados contra o Unión Deportiva Huesca por 4 a 1 tantos no Campo de Chamartín. En 1935 o Ciosvin quedou subcampión no Campo de Chamartín por 6 a 1 tantos contra o Sevilla FC Amateur. O conxunto de Vigo xogou con, Cartucho, Canella, Vaquero, Ramos, Lándara, Licha, Plata, Tapia, Chapietra, Mella e Rubí.

 

En 1952 sería o Marín CF o subcampión o perde contra o Barcelona FC Amateur por  4 a 1 tantos.

En 1959 sería o Zeltia Deportivo Porriño o subcampión o perder contra  UD Salamanca por  4 a 0 tantos.

 

Conxunto do Colón FC en 1915. Debaixo ca venda na cabeza Manuel Domínguez Pacheco Taxota. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso

 

As primeiras xuntanzas tiñan lugar arredor da Fonte da  Morea (preto da  paraia do Carreiro-As Chavolas) onde ían beber despois de xogar os partidos na esplana da Vía, chamado así ese espazo que había no actual muelle do Porto guardés, dende a Lonxa ata o cabestrante de subir os barcos, o pobo alcumou a zoa porque por elí pasaban as vías ou raíles das vagonetas que transportaban a pedra provinte da canteira de San Queitano para as obras do porto.

 

Outro dos primeiros encontros futbolísticos tivo lugar un 29 de novembro de 1914, enfrontándose o Colón FC contra o Invencible, gañando o Colón con: Ignacio Varela; Silvio Rolán Montenegro; Avelino Barbosa Pérez Troya; Bienvenido Vázquez Vazquez; Antonio Bernardez; Primitivo Franco Cadilla; Manuel Noya Gil; Manuel Polo Pardo e Virgilio Rolán Montenegro, total nove xogadores.

 

Conxunto do Deportivo Guardés en 1915 no  Campo de Chans no monte Trega

 

O Deportivo xogou por primeira vez en serio un 2 de maio de 1915 contra o Colon FC, gañando estes últimos por 4 a 3, despois dunha prórroga.

 

Xogaron no Deportivo: Eduardo Pantaleón Saúl; Bienvenido Vázquez Vázquez; Carlos Martínez; José Sotelo; Juan Noya Gil; Julio Piñeiro; Ramón Polo Pardo; e Silvio Rolán Montenegro, total oito xogadores.

 

O Deportivo Guardés nace oficialmente na comunicación que seus directivos dirixen ao Sr. Alcalde …  y Regidores…

 

3 de xullo de 1915, nace oficialmente o club de fútbol Deportivo Guardés.

 

[…] Señor, Presidente y Regidores del Ayuntamiento de La Guardia:

 

                 Los que suscriben, vocales de la Junta Directiva de la Sociedad que acaba de constituirse en esta villa, bajo el nombre de Deportivo Guardés, tienen el honor de recurrir á la digna Corporación municipal exponiendo:

 

Que uno de los principios fundamentales de la educación física, universalmente reconocida, como, el mejor acaso, para el desarrollo del organismo de los adultos, y con tendencia á combatir graves dolencias, entre ellas la tuberculosis, que es el verdadero azote de la juventud, es el ejercicio material del Deport, comocido por Foot-  Ball, que consiste en la destreza de manejar una pelota llamada balón, con los pies y mas partes del cuerpo, sin intervención alguna de las manos, ejercicio creado y establecido por consejo de hombres encanecidos en la ciencia Médica en la mayor parte de los pueblos cultos de todas las Naciones, incluso en España y muy generalizados en nuestra provincia.

 

Estas simpáticas  agrupaciones, en fraternales luchas unas con otras, han dado días de inefable satisfacción, y regocijo á las localidades de su procedencia, y de ello tenemos ejemplo práctico muy recientes, en la floreciente Ciudad de Vigo, cuyos deportivos acaban de obtener un señalado triunfo en Lisboa, que mereció general aplauso.

 

Ahora bien, las mencionadas Asociaciones, en todas partes han obtenido la cooperación y decidido auxilio de las Corporaciones municipales, las que son por derecho propio, verdadera representación de las fuerzas vivas de los pueblos, y como quiera que nuestro digno Ayuntamiento, ha demostrado en todas las ocasiones, un amor patrio á toda prueba, y es centinela  avanzado para el desenvolvimiento de todas las manifestaciones del progreso, ya por iniciativa propia, ya por la de las colectividades de esta villa, cuyo nombre es necesario popularizar y ensalzar hasta donde humanamente lo permitan nuestras fuerzas, para atraer á su seno contingentes de forasteros que contribuyan á su engrandecimiento, los que suscriben, confiados en la benevolencia de la ilustrada Corporación municipal, á la misma, Suplican, con el mayor encarecimiento se digne contribuir con la pequeña suma de 50 pesetas para construir en el punto denominado Chans del monte Tecla, el campo de los ejercicios de Foot-Ball, el que una vez habilitado puede tener otras muchas aplicaciones, como para espectáculos de aviación; Kermeses de beneficiencia popular y otras análogas de reconocidas ventajas en los diversos órdenes de la vida de una población que aspira al progreso de los tiempos.

 

Así lo esperan los exponentes del patriotismo del Ayuntamiento. La Guardia, Julio 3 de 1915. El Presidente: José Ramón Sobrino Arias; El Tesorero: Ramón Mª Gándara Álvarez; El Secretario: Egidio Fernández Cadilla; El Vocal: Antonio Puga Franco; El Vocal: Flores Carrero. 

D. José Ramón Sobrino Arias primeiro presdiente do Deportivo Guardés, ademais de xogador nos primeiros encontros

 

 

Continúa mañá

José A. Uris Guisantes

seguinte

___________________

[1] Siñifica exiliados nome posto porque os traballadores  británicos se consideraban esí mesmos exiliados da súa patria.

[2] Referencia de Juan Noya no libriño das festas de Corpus e do Santísimo en 1929.

[3] Os Polo Pardo eran fillos do Axudante da Marina de Guerra española que viñera en 1914 destiñado a  vila guardesa