Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

 anterior              seguinte

 

O primeiro capitán do Deportivo Guardés foi Manuel Candeira Pérez, colaborando con  José Ramón Sobrino Arias; Ramón Mª Gándara Álvarez; Egidio Fernández Cadilla; Antonio Puga Franco… Manuel Candeira Pérez o pouco tempo pasaría a traballar na empresa familiar Candeira Estens (Vigo) polo que meses mais tarde o Deportivo comeza a esmorecer debido a falta de cartos, tendo que ser os propios xogadores quenes poñan cartos (os que tiñan algo).

 

Destacar o Art. 22- Disposiciones Generales onde na Disposición 3ª di: Caso de disolución de la Sociedad, todos sus haberes se destinarán á la Sociedad Pro Monte de Santa Tecla.

 

Segundo refire o historiador local Joaquin M. Villa no recente libro da súa autoría La Sociedad Pro Monte Santa Tecla: 1928-1938 (pax.136/137)

 

[…] En reunión de la Junta Directiva del 9/01/1938 el presidente don Angel Nandín da lectura a un carta dirigida a la Sociedad por varios antiguos jugadores del Club Deportivo Guardés para que los haberes y los trofeos pasasen a propiedad de la Pro Monte.

 

En otra carta el antiguo jugador Alfonso Martínez Peniza indicaba que sería conveniente, antes de disputarse dichos trofeos… escoger las copas a ver si alguna de ellas podría ser utilizada para copones o cálices para sustituir las que robaran los rojos…

[…] días después se comprobó que no existía acta alguna de disolución del Deportivo... animando el presidente de la Pro Monte a que volvieran a reorganizar el Club.

 

Por miña parte manifesto que efectivamente non existe acta asinada onde se acordara tal Disolución, pero como escribo mais enriba os Estatutos aprobados polo Goberno Civil o 15 de xullo de 1915 indican que en caso de disolución pasarían todolos haberes a Pro Monte.

 

En canto a segunda carta non teño noticia oral nin por escrito do feito de que los rojos robaran cálices y copones na Guarda, posiblemente se refería a outras poboacións de España.

  

Primeiros tempos do Foot Ball na Guarda, xogadores de fútbol guardeses no Campo de Chans, en 1915. Cuarto pola dereita Juan Noya, Deberon xogar cas propias camisetas interiores. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

Club Victoria de La Guardia en 1921. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Conxunto do Deportivo Guardés no Campo de Chans en 1924., con traxe, Lino Rodríguez Sousa, o sexto pola esquerda é Juan Noya. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Encontro disputado entre o Goián FC é Deportivo Guardés o 25 de xuño de 1919 no Campo das Trincadeiras, que rematou a bofetadas como indica a fotografía cedida por Pablo Pousa Carrera de Goián.

 

Xogadores do Goián FC de Nova Iorque en 1925, sendo un dos fundadores o goianés alcumado O Rello que en principio emigrara a EE.UU. (California) e logo pasaría a Nova Iorque, co fin de poder xogar o fútbol con seus compatriotas de Goián. Este conxunto foi Campión da Liga de Fútbol Amateur de Nova Iorque varios anos, todolos xogadores, agás un, eran naturais de Goián, segundo me informou Pablo Pousa Carrera.

 

Conxunto do Deportivo Guardés nun encontro co Goián FC no Campo das Trincadeiras o 25 de xuño de 1919. O encontro rematou nun enfrontamento entre xogadores de ambosc equipos ca axuda dos espectadores. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso

 

Club Juvenil Colón FC de La Guardia no Campo de Chans en 1929. O mozo de traxe é Lino Rodríguez Sousa Lino o 3º pola dereita, Manuel Domínguez Taxota. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

Salgueiró FC de Camposancos en 1920. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Conxunto do Club Deportivo Guardés en 1926.

 

Segundo pola esquerda; Manuel Cadilla Alonso Cubano (de traxe); ó 7º Juan Noya Gil, non coñezo os demais. Entre eles deben estar: Manuel Noya Gil (parece o 3º pola esquerda); Benito Vicente; Remigio Vicente; Silvio Rolán Montenegro; Virgilio Rolán Montenegro, Avelino Barbosa Pérez Troya (5º pola dereita), Constante Alonso Burreiro; Eduardo Pantaleón Saúl; Carlos Martínez e outros.

 

Conxunto do Deportivo Guardés  no Campo de Chans, en 1918. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso que está dedicada por Juan Noya Gil a súa noiva Dolores Domínguez  Pacheco Lola. Noya, 2º pola esquerda, os demais non sei.

 

Conxunto do Deportivo Guardés no Campo de Chans en 1918. Juan Noya 2º pola dereita.Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Un dos primeiros gardaredes do Deportivo Guardés, Manuel Cadilla Alonso Cubano en 1917.

 

A primeira saída fora da Guarda foi ó Campo das Trincadeiras en Goian un 20 de xuño de 1915, día da inauguración deste terreo de xogo. Goian 0 - Deportivo Guardés 1. Xogaron: Carlos Martínez; Juan Noya Gil; Constante Alonso Burreiro; Baz; Manuel Polo Pardo; Julio Piñeiro; Primitivo Franco Cadilla; Ramón Polo Pardo; Antonio Pérez; e Gradin, total dez xogadores.

 

Juan Noya en 1917. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 anterior              seguinte