Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

 

Despois do homenaxe a comitiva portuguesa no centro do campo. A esquerda Sara Pena Martínez, a nena Aurorita Rodríguez Mayo e súa irmán Olga, filla de Antonio Rodríguez Rolan o 18 de xullo de 1953.Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Saque de honra por parte dunha filla de Antonio Rodríguez Rolan. A seu lado o directivo Manuel Sobrino González. O árbitro era Manuel Alonso Rodríguez Cabildo o 18 de xullo de 1953 no Estadio do Trega. Fotografía cedida por Carlos martínez Troncoso.

 

18 de xullo de 1953. Conxunto do  Río Ave FC de Vila do Conde (Portugal). A dereita Elías Alonso Lorenzo, Delegado de Campo. Fotografía en branco e negro pintada polo fotógrafo profesional Luís Cadilla González.

Momento da chegada a vila da Guarda do Club Río Ave FC de Vila do Conde (Portugal), abrindo a marcha a Banda de Música de Tabagón con Francisco Piedra de director. Era o 18 de xullo de 1953.

 

Chegada ao Concello da Comitiva de Benvida ao Club Río Ave e seus representantes, era un 18 de xullo de 1953. A espectación foi enorme, daquela apenas había aparatos de radios e moito menos televisión. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

  

Outro detalle do recibimento a delegación de Vila do Conde o 18 de xullo de 1953, ca Banda de Tabagón interpretando pasodobles. E un Grupo de Gaitas e Baile de Educación y Descanso de Vigo. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Xantar  de confraternidade entre a directivas do Deportivo Guardés e do Club Río Ave FC de Vila do Conde (Portugal) o 18 de xullo de 1953. A esquerda don Ermelindo Portela Gómez, Alcalde da Guarda a seu lado o presidente do Deportivo Guardés Francisco A. Moreno Álvarez Paco Moreno. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Outro aspecto do xantar de confraternidad Deportivo Guardés <> Río Ave FC de Vila do Conde o 18 de xullo de 1953. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Outro aspecto da mesa presidencial Deportivo Guardés <> Río Ave FC o 18 de xullo de 1953.Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Xogadores  de ambos equipos, noivos e noivas o 18 de xullo de 1953.Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Estadio do Trega 18 xullo 1953 cas tres damas de honra. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Esperando a entrar no Estadio do Trega o 18 de xullo de 1953, primeiro tería lugar un Festival Folclórico e logo xogarían dos encontros, un entre veteranos do Deportivo Guardés é unha Selección dos demais equipos do Concello, mais tarde un encontro do equipo titular do Deportivo contra outro conxunto do Río Ave FC. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Grupo de Baile de Educación y Descanso de Vigo o 18 de agosto de 1953 no Estadio do Trega.Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Outro aspecto do recibimento a comitiva do Río Ave o 18 de xullo de 1953. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

José A. Uris Guisante

anterior              seguinte