Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              portada

   

Outro aspecto dos alumnos do Colexio San Javier no Pasaxe xogando o fútbol con camisetas semellantes as do Deportivo Guardés.

 

 

Un conxunto do Deportivo Guardés en 1950 no Estadio doTrega. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Uns anos mais tarde de pasar a historia o Deportivo Guardés outro equipo xordiría na Guarda, foi a Unión Deportiva Guardesa. En concreto o 19 de decembro de 1957 o Secretario do Club rexistraba este escrito dirixido a Alcaldía da Guarda comunicando que   comezaba o Campionato Rexional de 1ª Categoría co encontro no Estadio do Trega entre un conxunto do Pontevedra FC contra outro da Unión Deportiva Guardesa.

 

Sinalar un feito importante que descoñecen moitos guardeses, ven sendo que a Sociedad Unión Deportiva Guardesa se intentou fundar en 1944, así na sesión plenaria celerbada o 1 de xuño de 1944, presidida polo Alcalde don Agustín Lomba Gómez se dio lectura al escrito enviado por los vecinos, Eugenio Santos Barbosa Xeno, Jesús González Puebla y otros, solicitando ayuda económica y moral para formar una sociedad deportiva de nombre Sociedad Unión Deportiva Guardesa, dedicada a diferentes deportes y educación física de la juventud. Se acuerda apoyarla oficialmente pero será necesario dar estado legal a la Agrupación que intentan constituir. 

 

Texto orixinal.- Sociedad Deportiva.- Visto escrito que a don Agustin Lomba Gómez dirigen los jóvenes Eugenio Santos Barbosa, Jesús González Puebla y otros varios de esta localidad, manifestando que desean formar una Sociedad que se denominará Unión Deportiva Guardesa, con varias secciones dedicadas a diferentes deportes, y educación física de la juventud, terminando con la súplica de que se les preste apoyo material y moral que se crea oportuno. La Corporación, viendo el Informe de la Comisión, acuerda por unanimidad que pueden contar con el posible apoyo que le otorgará la municipalidad. Para ello se hace necesario dar estado legal a la operación que intentan constituir, redactando sus Estatutos y obteniendo la aprobación Superior, en virtud de lo que ordena la vigente Ley de Asociaciones.

 

Pretendía cubrir o vacío deixado polo Deportivo Guardés despois xunto a desaparición do Estadio Troncoso. Ca inauguración do Estadio do Trega o Deportivo volvería  a aparecer ata 1954/55 que pasou a historia motivado as débedas contraídas.

 

Clube Vitoria de Gondarem (Vilanova de Cerveira-Portugal) en 1920. Enriba a esquerda Juan Noya Gil que xogaría  a tempada 1920/1921 neste equipo.

  

19 de outubro de 1986. destrúese o terreo de xogo do Estadio do Trega cunha “pala ” e a partir dese día o “mejor terreno de juego de Galicia” (datos de 1951) pasaría a historia. Fotografía cedida por Manuel Sobrino Sobrino.

 

Un conxunto do Club de Fútbol Feminino Unión Guardesa en febreiro de 2011. Caridad; Lidia; Sara; Sofía; Estevez; Mª Carmen; Diana; Marta; María e Ana Luz. Tamen xogaron, Estefanía e Andrea. Fotografía do Club.

 

Meu agradecemento a Carlos Martínez Troncoso, antigo xogador da Gimnástica Deportiva Miño e Deportivo Guardés, emigrante én Baraona (República Dominicana) desde 1955.

 

José A. Uris Guisante

anterior              portada