Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

Juan Noya Gil en 1917 ca camiseta do Deportivo Guardés que logo cambearía a camiseta listada. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Conxunto do Deportivo Guardés en 1918. Fotorgafía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Luís Fernández Domínguez. Arquivo de Antonio Martínez Vicente.

 

Luís Fernández Domínguez foi un dos albaceas do testamento de seu parente o avogado e propietaro don César Troncoso González así como da Fundación César Troncoso, creada antes de falecer don Cesar en 1937, fortuna, bens, e legado que foron desaparecendo en poucos anos, concretamente en 1938 xa se fixeron poxas??... moi sui xéneris de terreos, matos, viñas e solares, cartos, xoias…, mercados por catro perras, que supuxeron ducias de anos mais tarde verdadeiras fortunas aos compradores. O mais inri foi o feito de que con unhas  poxas tamén moi sospeitosas a meirande parte dos albaceas se quedaron con todo.

 

Coomo digo, a maior parte deses compradores estaban relacionados co entorno dos albaceas e familias, ca disculpa de recadar fondos para a Fundación. Darei  moitos mais datos sobre a Fundación Troncoso e súa desaparición mercede a unha deplorable e interesada actuación dos responsables de velar polo legado de don César destiñado para pobres da localidade, parentes ou criados/as xornaleiros/as, que ouberan traballado para a familia, así como ducias de afillados/as.

 

Fundación que se… diluíu… nos tempos… Anos mais tarde familias que se fixeron con terreos (preto da Alameda) da Fundación Troncoso por 60.000 pesetas de 1937, fixeron ducias de millons vendendo pisos… mais o que lles queda. Naturalmente as poxas de 1937 con Franco no poder tiveron o Vº Bº oficial, ca salvedade de que aqueles ques os  mercaran  eran furibindos defensores e fideles incondicionais do réxime fascista de Franco. Algún deles vestía co uniforme da Falanxe a seus fillos menores de idade como balillas.

 

No campo de Chans chegaron a celebrarse corridas de vaquillas con un coso improvisado de madeiras, mais tarde sería un campo de tiro con escopetas, para celebrar campionatos de tiro ao prato e tiro de pichón, logo sería unha campo experimental de gusanos de seda, co nome de Campo de las Moreras. Ata fai poucos anos se xogaban encontros de futbol infantil e xuvenil. Hoxe perteñece a Xunta Veciñal de Montes en Man Común de Camposancos.

 

Aspecto de unha nas novilladas en Chans. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

Antiguo Campo de Chans, logo Parque de las Moreras, de corta vida porque o vandalismo humano acabou co parque e a plantación de moreiras. Na democracia estes terreos pasaron a ser propiedade da Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos. Postal de Mariano Jiménez Hueto cedida por Carlos Martínez Troncoso.

Obras de construcción do Estadio Troncoso en 1926, daquela non había maquinaria e todolos traballos debían facerse a man, incluso para mover as vagonetas cargadas de pedra. Despois en 1950/51 sería construído o  Estadio del Tecla.

 

Gradas de Preferencia no Estadium Troncoso en 1927. As obras están rematándose como se pode ver ó fondo. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

Conxunto do Club Comercial de Vigo en 1917. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Co obxectivo de acadar mais espectadores do encontros de foot ball a Xunta Directiva do Deportivo Guardés  trata de levar a cabo unha Corrida de Novillos no Campo de Chans, o asunto foi tratado en sesión plenaria do 13 de xuño de 1917, presidida polo Alcalde don  Agustin Sobrino Vicente.

 

 

Corrida de Novillos.- Manifestó el Sr. Alcalde  que la Sociedad Deportivo Guardés poseída del mayor entusiasmo y en el fin de atraer á la localidad el mayor número de forasteros, han concevido el pensamiento de celebrar una corrida de novillos, y al efecto proyecta la construcción provisional de una plaza de madera en su campo de Chans.

 

La madera destinada á tal construcción habrá de ser retirada y devuelta a su procedencia, después del espectáculo, circunstancia por la cual han rogado los empresarios se declarase exenta del pago de arbitrios municipales. El Ayuntamiento enterado acuerda se acceda á lo solicitado, llevándose no obstante cuenta de la que se introduzca y de la que se extraiga para garantía de los fondos del Municipio, por si alguna quedase para utilizar en obras distintas de la que se trata.

 

Xogadores do Club Comercial de Vigo que xogaron contra o Deportivo Guardés o 21 de agosto de 1927 día da inauguración do Estadium Troncoso, segundo o escrito de Juan Noya editado no libriño da Festas de Corpus do 29 e 30 de maio de 1929.

 

O Estadium Troncoso foi inaugurado o 21 de agosto de 1927 polos conxuntos dos clubs  Comercial de Vigo e Deportivo Guardés, perdendo os guardeses por 3 a 4 tantos.

 

Era presidente del Deportivo Guardés Eduardo Pantaleón Saúl que previamente había invitado por escrito do 18 de agosto ao Alcalde  e Corporación Municipal. A partir deste ano o Campo de Chans pasaría as mans da Sociedade Pro Monte, onde semearon centos de moreiras para alimentar os capullos de seda, negocio que non resultou polo que contruiron un  parque con xardins e fonte que tamen quedou destruído no tempo.

 

Nestes anos 1927/1930 o Barquiño, como era chamado o Deportivo Guardés, polos afeccionados, estaba composto por xogadores que non cobraban nada, totalmente amateurs:

 

Aguinaldo Álvarez Martínez; Alfredo Quintas; Ángel Domínguez Pacheco; Ángel Ozores; Antonio Barbosa Pérez Troya; Antonio Vicente; Avelino Barbosa Pérez Troya; Barral; Cadilla; Camilo Besada; Carlos Ameal; Carlos Candeira Pérez; Carlos Martínez; Daniel Alfonso Rebollar Daniel; Daniel David Silva Lorenzo; Eduardo Cividanes; Eduardo Iglesias; Elidio Silva Lorenzo; Eliseo Álvarez; Eloy Álvarez; Emilio Rolán Rodríguez; Felipe Alonso; Fernando Paz; Francisco Rolan; Francisco Solla; Hermanos Llorens Mahiques; Herminio Domínguez; Isaac González Moure; Ignacio Domínguez; Jaime Barreira; Jesús Rodríguez; Jesús Lomba; José Alfonso Rebollar Pepiño; José Alonso; José Alves; José Antonio López Ríos; José Barbosa Pérez Troya; José Manuel Granja (Oia); José Núñez Rucho; José de Santiago (O Rosal); José Zaragoza;  Juan Noya Gil; Luís de Santiago (O Rosal); Manuel Álvarez; Manuel Barbosa Pérez Troya; Manuel Cadilla Alonso Cubano; Manuel Copena Nolete (Gondomar); Manuel Domínguez Pacheco Taxota; Manuel Lomba; Manuel Polo Pardo; Manuel Sobrino González; Manuel Troncoso; Noé Álvarez; Norberto Gándara Tito; Paulino Fernández; Pedro Pinilla; Rafael Álvarez; Ramón Alonso; Ramón Otero; Ramón Polo Pardo; Roque Pérez; Salvador Álvarez Silva; Salvador Silva Lorenzo; Sergio Domínguez; Tin; Turco; Silvio Rolan; Virgilio Rolan, e outros dos que non teño datos.

 

O 21 de agosto de 1927 coincidindo cas Festas do Monte foi inaugurado oficialmente o Estadio Troncoso, en cuios terreos cedidos aos xogadores, directivos e voluntarios levantaron un dos mellores Stadiums da contorna. A única condición imposta por don César foi a de que tan pronto deixara de xogarse ao Foot Ball a propiedade revertiría a seu lexítimo dono.

 

Xogaron neses primeiros anos no Estadio Troncoso: Colón FC Xuvenil[1]; Deportivo Guardés; Gimnástica Deportiva Miño; Tecla FC; Victoria; Fortuna; Deportivo Muro; Atómico; Literario; Temible e outros.

 

 

Invitación  do presidente do Deportivo Guardés, Eduardo Pantaleón Saúl ao alcalde da Guarda don Manuel Álvarez Vicente, para asistir a inauguración do Estadium Troncoso.

 

Panorámica do Estadium Troncoso en agosto de 1927 dende o Trega.  Podemos contemplar  a estrada ao Rosal, chamada carretera política pola cantidade de curvas feitas co obxectivo de non prexudicar aos ricos ou aos políticos locais. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Aspecto da grada de tribuna no Estadium Troncoso en agosto de 1927. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto, propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

Panorámica do Estadium Troncoso en 1927, antes de ser inaugurado. Unica propaganda Rafael vende los mejores vinos de mesa. Era dono dun almacén de viños e do Hotel del Tecla. En 1931 sumou tamén o novo Restaurante Pazo Santa Tecla, que mais tarde sería Hotel Pazo Santa Tecla.

 

Propaganda dos productos a venta no establecemento comercial de Rafael Rodríguez Álvarez en 1929.

 

Estadium Troncoso  en 1927. O fondo parte do forte de Santa Cruz  cas instalacions do Club de Tennis de La Guardia,  a dereita o monte Torroso.Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

Tribuna do Estadium Troncoso en 1927. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Estadium Troncoso 1927, gradas de preferencia. De sombreiro branco o alcalde don Manuel Álvarez Vicente. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

anterior              seguinte

 

___________________

[1] O Colón FC xa estaba integrado no Deportivo