Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

Stadium Troncoso en 1927. Fotografía feita polo fotógrafo profesional Mariano Jiménez Hueto, cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Stadium Troncoso antes da inauguración en 1927. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Postal de Mariano Jiménez Hueto do Estadium Troncos en 1927. Grada de Preferencia. Cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Inauguración do Estadium Troncoso o 21 de agosto de 1927. Comercial de Vigo (4)  Deportivo Guardés (3). Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

A madriña deste evento foi a Sta. Consuelo Candeira Pérez[1] quen lembraría o acto cando volve a facer o saque de honra en 1951 na nova inauguración do Estadio del Tecla o par da nova madriña  Carmen Gloria Álvarez Vázquez.

Consuelo Candeira Pérez finaría nun accidente de aviación en 1956  no propio aeroporto de Barajas. En vuelo procedente de Santiago de Compostela da Compañía Aviaco, tiña 51 anos, no mesmo accidente faleceron dos sobriños, Ramón de 31 anos e súa irmán Consuelo López Candeira de 30 anos, fillos do médico dermatólogo Ramón López Ríos, natural da Guarda, con domicilio e consulta na rúa Colón nº 25 de Vigo. Ramón era fillo de don Julián López García, pasante de aduanas, Farmacéutico, propietario, membro da Xunta Directiva da Sociedade Pro Monte e dirixente local da dereita conservadora da Guarda moitos anos. 

 

Estado das obras do Stadium Troncoso en 1926. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Nesta etapa eran xogadores do Deportivo: Alfredo Quintas; Juan Noya Gil; Eduardo Cividanes; Carlos Candeira Pérez; Jaime Barreira; Sergio Domínguez; José Núñez Rucho; Salvador Álvarez Silva; Elidio Silva Lorenzo; Ramón Alonso Mon; Manuel Cadilla Alonso Cubano; Manuel Domínguez Pacheco Taxota; Manuel Sobrino González Chanclas; Aguinaldo Álvarez Martínez; José Alfonso Rebollar Pepiño; Luís de Santiago; Juan Martínez; Luís Verde; Francisco Rolán; Avelino Barbosa Pérez Troya; José Barbosa Pérez Troya; Julio Giráldez; Herminio Domínguez; Isaac González Moure; Rafael Martínez Peniza Biquiña; Severiano Fernández; Arturo Alonso Sousa Cebolo; Daniel Alfonso Rebollar...  

 

O 4 de setembro de 1927 o Deportivo Guardés (3) xogóu contra un conxunto do Sportivo de Ponteareas (2) no Estadium Troncoso. Volven xogar no mesmo Estadio o 8 de setembro dese mesmo ano volvendo a gañar o Deportivo (4)  Sportivo (0).

 

O 11 de setembro de 1927  xogan no Estadio Troncoso, Comercial de Porriño (5) contra o Deportivo Guardés (1).

 

O 18 de setembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso, Baiona Sporting Club (2) contra o Deportivo Guardés (4).

 

O 25 de setembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso, na disputa dunha Copa o Galaico Sporting Club de Vigo (5) contra o Deportivo Guardés (1).

 

 

O 9 de outubro de 1927, xogan no Estadio Troncoso en disputa dunha Copa o Industrial da Ramallosa (0) e Deportivo Guardés (0), volve xogar o desempate o 16 de outubro gañando o Deportivo por  4 tantos a 2.

 

O 23 de outubro de 1927 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Temible de Pintan (1) contra outro do Deportivo Guardés (7).

 

O 6 de novembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso o Sporting de Braga (Portugal) (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2)., volven a xogar o 13 de novembro gañando o conxunto portugués por 5 tantos a 2.

 

O 20 de novembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Lusitano FC de Ponte de Lima (Portugal) (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (0).

 

O 27 de novembro de 1927 volve a xogar un conxunto do Temible de Pintán (0) contra os reservas do Deportivo Guardés (1) .

 

O 4 de decembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Revira de Camposancos (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (8).

 

O 11 de decembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Vizcaya FC de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

Selección de fútbol do Club Lisboa no encontro celebrado en 1927, contra Porto FC-Portugal. Encontro que gañou o Lisboa por (5) tantos a (0). O goal-keeper (gardaredes ou porteiro) era Mario Faria de Melo e Ferreira Duarte.   

 

O 28 de febreiro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Sportivo Valença (Portugal) (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 11 de marzo de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Deportivo Bosco de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O 18 de Marzo de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Temible de Pintán (8) contra un conxunto do Deportivo Guardés (8).

 

O 1 de abril de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Berbés Sporting Club de Vigo (3) contra un conxunto de Deportivo Guardés (0).

 

O 22 de abril de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto de Atlántida de Matamá (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés ( 7).

 

O 29 de abril de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Esperanza  de Redondela (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 6 de maio de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Comercial de Vigo (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 13 de maio de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Deportivo Vigo (0)  contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 20 de maio de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Bayona Sporting Club (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 27 de maio de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Comesaña Sporting Club (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 17 de xuño de 1928 xogan no Estadio Troncoso en disputa dun Trofeo, un conxunto do Club Beiramar de Aveiro (Portugal) (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés ( 2).

 

O 24 de xuño de 1928 xogan no Estadio Troncoso en disputa da Copa Mariano Ordóñez un conxunto do Club Beiramar de Aveiro (Portugal) (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

No Estadio Troncoso tivo lugar un encontro internacional celebrado o 17 de xuño de 1928 entre un conxunto do Club Beira Mar de Aveiro (Portugal) (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

Saída do encontro de fútbol entre o Beiramar (Portugal) e Deportivo Guardés. Esta porta poi eliminada para construir o chalet de José Luís Rodríguez Sousa antes da inauguración do novo Estadio del Tecla en 1951. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

O 1 de xullo de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Goyán Sporting Club (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O 8 de xullo de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Goyán Sporting Club (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (3).

 

O 22 de xullo de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Thide F.C. de Tui (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (7).

 

O 29 de xullo de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Handicap de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

José Alonso en 1928, xogador do Deportivo Guardés. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

   

O 12 de agosto de 1928  xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Deportivo Bosco de Vigo (1) contra un conxuto do Deportivo Guardés (1).

 

O 15 de agosto de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Handicap de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (0).

 

O 19 de agosto de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Nautic Sporting Club de Baiona (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (9).

 

O 2 de setembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Povoa de Varzim (Portugal) (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 9 de setembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso en disputa dunha Copa un conxunto do Berbés Sporting Club (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

16 de setembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Povoa de Varzim (Portugal) (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (5).

 

25 de setembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto  do Atlantic de Vigo (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (5).

 

O 7 de outubro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Marucoga de Porriño (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 14 de outubro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Bosque de Bolonia de Vigo (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (3).

 

O 21 de outubro de 1928 xogan no Estadio do Trega un conxunto do Uzcudum Sporting Club de Gondomar (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 28 de outubro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Comercial de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 11 de novembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Redondela F.C. (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (3).

 

O 18 de novembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Español de Vigo (4) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 25 de novembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Chao F.C. (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 8 de decembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Eiriña de Pontevedra (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (2).

 

O 23 de decembro de 1928 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Español de Vigo (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O vice consúl de Portugal na Guarda, Mario Duarte, facendo salto de altura no Estadio Troncoso en 1929. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso

 

Copa Mariano Ordóñez

 

Dona Diamantina esposa do presidente do Club de Fútbol Sporting Club Beiramar de Aveiro-Portugal, facendo o saque de honra no Estadio Troncoso o 24 de xuño de 1928, contra o Deportivo Guardés na disputa da Copa Ordóñez. A seu lado está Mario Duarte Faría (de negro), vicecónsul de Portugal na Guarda, a dereita, Carlos Candeira Pérez, capitán do Deportivo.

 

Dona Diamantina (a señora mais alta) esposa do presidente do Club Beiramar de Aveiro é a súa esquerda Sta. Consuelo Candeira Pérez, preparándose para facelo saque de honra na Copa Ordóñez o 24 de xuño de 1928  no Estadio Troncoso, disputada entre o Club Beiramar (1) de Aveiro (Portugal) e Deportivo Guardés (4). Mario Faria de Melo e Ferreira Duarte de traxe negro. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

Na  tribuna, presidenta e damas de honra, disputábase a Copa Mariano Ordóñez o 24 de xuño de 1928. A dereita a Sta.Consuelo Candeira Pérez. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto, propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

Outro aspecto da tribuna do Estadio Troncoso  o 24 de xuño de 1928 co motivo da disputa da Copa Mariano Ordóñez entre o Sporting Club Beiramar de Aveiro (Portugal) e Deportivo Guardés.

 

Abaixo a dereita de frac o vice consúl portugués Mario Duarte, a esquerda con lentes o médico don Pacífico Rodríguez Rodríguez e a seu lado o boticario don Benito Vázquez Vazquez, grandes amigos. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

A todo isto o Concello e as distintas Corporacions Municipais non tiveron en conta este detalle,e como veremos mais adiante o Estadium Troncoso volvería a seu dono, para vendelo mais tarde a Agustín Pena Pacheco que o destiñaría para campo de patacas, millo e viñas, polo tanto os politicos locais pasaron de xestionar diante de don César a compra do Estadio, como pasou nos ano oitenta, cando os donos do Estadio del Tecla pedían 25 millóns de pesetas e o Concello co alcalde, Raúl González Puebla e 1º Tte. Alcalde Manuel Diaz González Ligero preferiron que se construíra na Sangriña un Campo Municipal, enriba dun antiguo vertedoiro de lixo. Campo que custou mais de 100 millons de ptas de cartos públicos, é por riba non reunía as mínimas condicions técnicas e prácticas para poder dispor de céspede. Ainda hoxe non reunía tales condicions tendo que poñer cespede artificial.

 

Estadio Troncoso o 24 de xuño de  1928. Grada de Preferencia no encontro entre  Deportivo Guardés (4) e Sporting Club Beiramar de Aveiro (Portugal) (1). Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

Futbol Infantil en agosto de 1928 no Estadium Troncoso. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

Stadium Troncoso, en primeiro plano Silvano Rodríguez González Chalala en 1928. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Conxunto do deportivo Guardés na visita que fixo a cidade de Aveiro para xogar un encontro contra o Sporting Club Beirar de Aveiro (Portugal) o  26 de xuño de 1928, antes de acudir a nosa vila para a disputa da Copa Ordóñez.

 

Con motivo desta visita a Aveiro don Adolfo Mosquera Castro, Secretario do Concello publicou no semanario Heraldo Guardés do 30 de xuño de 1928, despois da excursión a Aveiro un poema titulado:

 

[…] A mi amigo don Mario Duarte, como prueba de amistad, y de admiración por su pueblo.

 

 A Aveiro

 

Linda ciudad portuguesa,

ciudad de ensueño y encanto

que duermes acariciada

por las brisas del Atlántico;

la de los canales poéticos,

la del cielo arrebolado,

la de las niñas hermosas,

la del sueño hospitalario,

la que tiene en sus salinas,

y en sus playas y en sus campos

el secreto de la gracia

de sus mujeres… ¡ yo te amo !

 

En los ojos de tus nenas,

en el coral de sus labios,

en su andares de ninfas,

en su aire y en su garbo

quedan sujetos los hombres,

locamente enamorados

y vislumbran una dicha

con la que nunca soñaron,

y son felices, y ansian

cobijarse en unos brazos

aveirenses y decir,

llenos de unción …¡ yo te amo !

 

Tu cielo azul se refleja

en el cristal de tus lagos,

el sol adormece en ellos

los fulgores de sus rayos

y la luna los alumbra

y los alegran los pájaros,

y cuando mueven las aguas

los remeros de los barcos

y al aire dan, melancólicos,

las baladas de los fados,

lleno de emoción dulcísima

digo: Aveiro, ¡ yo te amo !

 

Si un día, viviendo yo

recogido en tu regazo

y gozando de la miel

de los dulcísimos labios

de cualquiera de tus hijas

que amor me hubiese jurado,

la Muerte me amenazare

con la seguridad en la mano,

yo, sonriendo, diría;

“mátame que estoy gozando

y quiero morir diciendo;

Aveiro, Aveiro ¡ yo te amo !

 

Adolfo Mosquera

 

 

Continúa mañá

José A. Uris Guisantes

anterior              seguinte

__________________

[1] Finada nun accidente de aviación en Barajas en 1956 ca Cía Aviaco,  procedente de Compostela.