Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

 

Estadium Troncoso  24 de xuño de 1928, xogaron o Sporting Club Beiramar de  Aveiro (Portugal) contra o Deportivo Guardés ou O Barquiño.

 

Este é o conxunto de xogadores do Deportivo Guardés que gañou a Copa Mariano Ordóñez (na honra dese político conservador, natural de Tui e deputado a Cortes por Pontevedra) o 24 de xuño de 1928. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto, propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

Recibimento dos guardeses/as na Plaza de la Constitución aos xogadores, autoridades, e acompañantes do Club Beiramar de Aveiro (Portugal), visita xestionada por  Mario Faría de Melo e Ferreira Duarte, vicecónsul de Portugal na Guarda  24 de xuño de 1928. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

 

A Banda de Música de Tabagón na cabeza da comitiva de benvida ó Sporting Club Beiramar de Aveiro-Portugal, dirixíndose a Casa Consistorial o 24 de xuño de 1928 (domingo). A dereita o As de Copas. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto, cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Xogadores do Deportivo Guardés e do Sporting Club Beiramar de Aveiro, na visita devolta que os guardeses fixeron a Aveiro semanas mais tarde. Fotografía cedida  por Carlos Martínez Troncoso.

 

Moitos dos xogadores, simpatizantes, artesanos etc., formaban parte do Club de Artesanos, dentro da sociedade Centro de Artesanos, na  que paralelamente ao fútbol desenrolaban bailes de sociedade, participaban en colaboración co Recreo Artístico Guardés no Entruido con Cadros de Declamación, Comparsas e Grupos de Teatro, Biblioteca Ambulante etc. Mais tarde organizarían o Ateneo de Divulgación que presidiría unha das personas mais relacionadas co fútbol local dos primeiros anos,  Eduardo Pantaleón Saúl. Nestes anos vinte a vida cultural e social da Guarda sofríu un pulo dos mais importantes da historia do noso pobo.

 

Por exemplo: O 17 de febreiro de 1928 o Club de Artesanos entrega un escrito no Concello:  

 

[...] Escrito del Club de Artesanos de La Guardia al Sr. Alcalde.

 

Manuel Noya Gil Presidente del Club de Artesanos, comunica que la Agrupación Organizadora de la Comparsa Los Pollos Bien, visitará ese Ayuntamiento el próximo domingo de Carnaval a las 3 de la tarde. Dios guarde a V muchos años. La Guardia 17 Febrero 1928. Fdo. M. Noya.

 

Xogadores do Sportin Club Beira Mar de Aveiro (Portugal) e Deportivo Guardés no Estadium Troncoso, na disputa da Copa Mariano Ordóñez o 24 de xuño de 1928. Con traxe negro Mario Faría de Melo e Ferreira Duarte, consúl de Portugal na Guarda. Fotografía de Mariano Jiménez Hueto cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Tamén en 1928 a inquietude desta xuventude queda plasmada na necesidade de poder ter un acceso libre a praia da Area Grande, neses anos a praia que disfrutaban os guardeses e turistas que nos viistaban era a de Aldramán na zona do porto guardés fronte a actual Atalia.

 

Era unha praia que non tiña area fina e a que tiñan que poñer cordas para que as/os bañistas non tiveran accidentes nas rochas.

 

Leáse:  26 de febreiro de 1928. El Ayudante de Obras Públicas que hizo el estudio del camino de La Guardia a la Playa de la Arena Grande y el Presupuesto fue de don Javier Galan. As obras non se fixeron ata os anos 34/36.

 

Conxunto do Sporting Club Beiramar de Aveiro (Portugal) no Estadium Troncoso o 24 de xuño de 1928. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

Aspecto das gradas de preferencia, a espectación era espectacular para presenciar o encontro entre o Sporting Club Beiramar (1) e Deportivo Guardés (2), o 17 de xuño de 1928. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Unha xogado do encontro, o gardaredes portugués pendente do remate do xogador do Deportivo Guardés. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

Encontro entre Sporting Club Beiramar e Deportivo Guardés o 24 de xuño de 1928 no Estadium Troncoso. Postal propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

Partido homenaxe ao antiguo xogador do Deportivo Guardés, Ramón Polo Pardo en 1929 no Estadio Troncoso

  

O 6 de xaneiro de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Orense F.C. (3) contra un conxunto reforzado con xogadores de Vigo do Deportivo Guardés (3).

 

O 13 de xaneiro de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Ronda F.C. de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (3).

 

O 17 de febreiro de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Club Atlético de Vigo (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O 24 de febreiro de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Deportivo Bosco de Vigo (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O 3 de marzo de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Berbés Sporting Club (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (3).

 

O 10 de marzo de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto da Selección Cosmos de Vigo (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O 17 de marzo xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Club do Galitos de Aveiro (Portugal) (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés ( 3).

 

O 19 de marzo de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Club Galitos de Aveiro (Portugal) (2) contra un conxunto do Deportivo Guardés (6).

 

O 31 de marzo xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Club Galitos de Aveiro (Portugal) (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 1 de abril xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Unión F.C. de Coimbra (Portugal) (1) conrta un conxunto do Deportivo Guardés (5).

 

O 21 de abril de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Ciosvín de Vigo (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (3).

 

O 28 de abril de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Académico de Oporto (3) contra un conxunto do Deportivo Guardés (4).

 

O 5 de maio de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Gallego de Vigo (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (1).

 

O 12 de maio de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Bayona Sporting Club (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (9).

 

O 19 de maio de 1929 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Gondomar Sporting Club (1) contra un conxunto do Deportivo Guardés (7).

 

Estadio Troncoso o 21 de agosto de 1929. Encontro entre o RC Celta de Vigo e Deportivo Guardés reforzado. A esquerda con pantalóm bombacho don Mario Duarte, vicecónsul portugués na Guarda, gran impulsor do fútbol, tenis e natación na  vila guardesa.

 

Mario Duarte botándose de cabeza dende o Muelle Alto en 1929. O fondo un barco de vapor.

 

O 30 de maio de 1929 o Deportivo Guardés (reforzado) xoga no Estadio Troncoso contra o Real Club Celta de Vigo (con xogadores internacionais),  as 4 da tarde, na disputa da Copa Ayuntamiento de La Guardia. Este encontro foi presidido polo presidente da Deputación provincial don Daniel de la Sota y Valdecilla que fixo entrega da Copa ao RC Celta de Vigo que gañara por 3 tantos a 1.  

 

 

Copa Ayuntamiento de La Guardia entregada ao RC Celta de Vigo  o 30 de maio de 1929. Nos festexos de Corpus Christi programados polo propio Concello guardés.

 

Manuel Portela con unha copa en 1928

 

Xogadores do Club Galitos de Aveiro (Portugal) en 1929. De sombreiro o vie cónsul de Portugal na Guarda Mario Duarte. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Outra fotografía dos xogadores e directivos do Club Galitos de Aveiro  a esquerda o vice cónsulo de Portugal na Guarda Mario Duarte. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

anterior              seguinte