Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

Debo indicar que ata o 31 de marzo de 1914 en Portugal había tres Asociacions Rexionais de Futebol, Lisboa, Porto Alegre e Porto. A Selección que chegou a nosa Vila era a de Porto. Estas tres Federacions fundaron o 28 de maio de 1926 a Uniâo Portuguesa de Futebol, precursora da actual Federaçâo Portuguesa de Futebol.

 

Xogadores da Selección de Portugal de Futebol e alguns xogadores do Deportivo, o que ten a (x) e Juan Noya Gil. Ano de 1933.

 

Coincide a chegada do consúl don Mario Duarte co rexurdimento da Guarda na primeira etapa do alcalde don Manuel Álvarez Vicente (outubro de 1924), segundo refire Juan Noya Gil en Fuxidos

 

                                                   [...] A este vigoroso resurgir únese  el despertar colectivo en todas los órdenes. Nacen a una vida activa la Sociedad de Tennis, entidad para la que consigue la gloria del Campeonato de Galicia el gran deportista Mario Duarte, cónsul de Portugal en La Guardia...

                  

Con Mario Duarte e Deportivo Guardés tiña unha relación moi directa José Darse Sobrino, empresario, dono e director do semanario local Heraldo Guardés.

 

Tamén neste ano 1924  fúndase o Club Náutico del Miño instalando un pantanal flotante no Pasaxe, e comeza o proxecto do futuro Estadium Troncoso, tentando animar ao sobriño de don César Troncoso González (Luís Fernández Domínguez) que viña sendo o tesoureiro do Club de Tennis. Comezan os encontros de fútbol entre o Club Deportivo e Clubs de Portugal, sendo o embaixador Mario Duarte. Un dos primeiros encontros foi co titular de Póvoa de Varzim, Vila a que tiveron que desplazarse dende Caminha nun vagón de gando.

Gabarra de Candeira cedida para facer de sede oficial do Club Naútico del Miño. Fotografía cedida por Carlos martínez Troncoso.

 

Refire Juan Noya en Fuxidos que don Adolfo Mosquera Castro (Secretario da Corporación, escritor e poeta)

 

                         [...] no medio daquel rebumbio de protestas dos viaxeiros guardeses, exclama, ¡Viaxei en primeira, segunda e terceira clase...! ¡En calidade de boi…, é a primeira vez que o fago...!

 

Conxunto do Deportivo Guardés 1928 no Stadium Troncoso. Fotografía  cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Mario Duarte, consúl portugués na Guarda era un dos embaixadores turísticos da nosa Vila en todolos órdenes, ata hoxe non superado. Impulsor do fútbol ou balompié, tennis, natación, atletismo, Club Náutico del Miño; etc, mais o turismo e a gastronomía, totalmente esquecida súa figura e traxectoria dende 1958, cando servíu de embaixador da Guarda en Madrid, e onde recibíu un homenaxe dos Directivos do Deportivo e da Colonia guardesa en Madrid

 

Practicaba atletismo, xogou moitos partidos de garda redes do Deportivo, ciclismo, natación, hípica, tennis, e un longo etc. Fora ademais gardaredes do Clube Belenenses de Lisboa, formando parte da  Selección de Futebol de Lisboa en 1922.

 

En 1926 celébrase na Guarda o IV Trofeo de Tennis de Fronteiras, sendo o gañador do Trofeo Villa de La Guardia, nas instalacions do Club de Tennis de La Guardia (sito na que logo se chamaría, Avda. República Dominicana), recen fundado, que axudou a potenciar Mario Duarte (así era como se coñecía).

 

 

Juan Noya cando xogaba no San Mamed de Infesta (Porto-Portugal) en 1925. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

Visita do Deportivo Guardés a cidade de Aveiro (Portugal), para xogar contra o Sporting Club Beira Mar en 1928. Uns meses antes (4 de xaneiro de 1928) o Deportivo (4) gañara a Copa Mariano Ordóñez contra o Club Beiramar (1) no Estadio Troncoso. Fotorgafía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Visita do Deportivo Guardés a   cidade de Aveiro (Portugal), saudando no campo o 26.06.1928.  Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Carlos Candeira Pérez, entregando o banderin do Deportivo Guardés en 1929 como capitán do Club ao capitán do Club Beiramar  de Aveiro (en visita deportiva a Portugal). Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

D. César Troncoso González, propietario, avogado, xuíz municipal, armador, presidente da Sociedad Recreo Artístico Guardés dende 1901 a 1905. Vocal e vicepresidente da Sociedade Pro Monte. Regidor - concelleiro, entre 1909 a 1923. Dono das cetarias A Redonda e Altiña en Laxe de Can. Nacera en 1859 e finou en 1937 despois de instituir unha Fundación Benéfica na honra de seus pais Juan Troncoso, Antonia González Baz  e do irmán Vicente, fortuna e propiedades dilapidada en poucos anos. Hoxe da Fundación Troncoso non queda nin o nome...

O vicecónsul portugués na Guarda Mario Duarte en 1929.

 

Estadium Troncoso, encontro amistoso Real Club Celta de Vigo-Deportivo Guardés en agosto de 1931.

 

Real Club Celta: Lilo, Carburo, Pasarín, Pareditas, Cárdeme, Hermida, Reigosa, Chicha, Losada, Polo, Guevara, 2º tempo, Rogelio.

 

Deportivo Guardés: Silvano Rodríguez González Chalala (gran porteiro, xunto con Manuel Cadilla Alonso Cubano), Alfredo Quintas, Jesús Rodríguez, Jaime Barreira, Juan Noya Gil, Elidio Silva Lorenzo, José Núñez Rucho, Carlos Candeira Pérez, Sergio Domínguez, Salvador Álvarez Silva, adestrador: Mario Duarte.

 

Equipo do Deportivo Guardés (6) - Os Galitos (2)  no Estadium Troncoso. Mario Duarte a dereita. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Un dos excelentes xogadores do Deportivo Guardés do Barrio da Marina, Eduardo Cividanes en 1932.

 

 

Club Alerta, formado por balillas do Frente de Juventudes de la Falange Local da Guarda en agosto de 1936.Soamente coñezo o 4º pola esquerda Lino Rodríguez Sousa (q.e.p.d.). Fotorgafía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Como dixen antes en 1939 o antigo Estadium Troncoso foi vendido a don Agustín Pena  Pacheco (que sería alcalde en 1960/61/62). Ata os anos cincuenta do século XX non volve o interese polo fútbol oficial, aínda que se xogaban encontros amistosos  

 

Deportivo Guardés en 1929 no Stadium Troncoso. O porteiro (ou gardaredes como dicían) é o viceconsul de Portugal na Guarda, Mario Duarte. Abaixo a dereita Juan Noya.Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso

Reverso de las postal enviada por Mario Duarte a Juan Noya en enero de 1929

 

Vista do antiguo Estadium Troncoso en 1934. Arriba un conxunto do Deportivo Guardés en 1950.

 

De esquerda a dereita: Pepiño Parente; Emilio Lorenzo Rodríguez Pestana; Benito Alonso Vigío; Emilio Lorenzo Cividanes Taboleta; Delfin Lorenzo Cividades Delfín (finado na R. Arxentina); Agustin Riego Lomba Conejin; Avelino Barbosa Pérez Troya.

 

De xeonllos: Martín Ferreira González Martin, Carlos Martínez Troncoso Carlitos, Manuel Martínez Álvarez Polis I, Ramón Fernández Silva Morita  e Manolo Fernández Silva Manolito.

 

Continúa mañá

José A. Uris Guisantes

___________________

 

anterior              seguinte