Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

 

De esquerda a dereita: Avelino Barbosa Pérez Troya; Enrique Fernández Cadilla Verdeal; Isaac González Salcidos Carlón; Martín Ferreira González Martín; Manuel Alonso Rodríguez Cabildo; José Martínez Álvarez Polis IIº; Anastasio Fuentes; e Ramón Fernández  Cadilla Moncho. Foto cedida por  Anastasio Fuentes.

 

Lugar: Campo das Trincadeiras contra o Goian (1) – Deportivo Coruto ( 0). Este campo  foi inaugurado o 20 de xuño de 1925, xogando o Goian (0) contra o Deportivo Guardés (1).

 

O 11 de outubro de 1947 ten lugar a voda do primeiro ex gardaredes do Deportivo Guardés, Manuel Cadilla Alonso Cubano acodindo varios ex xogadores con Juan Noya Gil o fronte. Nos postres do xantar Noya entrega e lee un pequeño folleto editado en Gráficas Numen da súa propiedade[1] como homenaxe a Cubano,

 

Juan Noya e Alfonso Martínez en Aveiro (Portugal).

 

Pancarta de saúdo dos afeccionados do Deportivo Guardés na visita feita a cidade de Aveiro (Portugal) no ano 1950, co escudo do Club Los Galitos de Aveiro e do Club Beiramar tamén de Aveiro, instalada na parte traseira do autobús Ferias y Mercados, autobús no que acostumaba a viaxar o Deportivo Guardés.  Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Os irmáns Lomba González doaron a Copa Río Miño a xogar todolos encontros no Campo da Cachadas. Participaron os seguintes equipos: Atlético Guardés; Atómico Sporting Club de Pancenteo; Español da Guarda; Deportivo San Lorenzo e Unión Deportiva Ribera do Rosal.

 

O primeiro encontro foi xogado o 10 de setembro de 1950, quedando campión o san Lorenzo seguido da Unión Deportiva Ribera.

 

O 18 de marzo de 1951 deu comezo O campionato da Liga do Baixo Miño, organizado pola Federación Guardesa de Fútbol. Esta Federación estaba composta por: Raimundo Lomba González como presidente; Ramón Vicente González Caelo como secretario; Eugenio Santos Barbosa, e os vocais, Eugenio Santos Barbosa, Francisco Díaz Sanjurjo (xuíz de Distrito) e Alfonso Martínez Peniza.

 

Os equipos participantes foron: Español da Guarda (Campo do Codesal); Goián F.C. (Campo do Regatiño); Rancing de Tui (Campo Militar); San Lorenzo (Campo das Cachadas) e Unión Deportiva Ribera ( Campo das Cachadas). Campión o Racing de Tui.

 

Estadio del Tecla e  Club Deportivo Guardés

 

En escritura de compraventa nº 310 asinada  diante do Notario don José Saez Mon,  don Agustín Pena Pacheco, vende os terreos da súa propiedade que constituían o antiguo Estadium Troncoso, o cal por súa parte mercara a don Luís Fernández Domínguez, sobriño político do mecenas local don César Troncoso González. Agustín mercara os terreos o 1 de xullo de 1942, seis anos despois que falecera don César Troncoso.

 

Os compradores dos terreos onde ía ser reconstruído o novo estadio foron: Eduardo Portela Lomba Portelita do Castro; Laureano Trigo Álvarez O Galo de Buxán e Andrés Raimundo Lomba González das Cachadas e seus irmáns.

 

Os terreos estaban comprendidos, entre outros, pola finca a labradío - secano Campo de Fútbol o Cancelón de 7.780 m/2, e segundo reciente medición 10.228 m/2.

 

Lindaba: Norte, con labradíos de Benjamin González Sesto, Avelino Rodríguez, jardines de José Luís Rodríguez Sousa y c/ Oliveira Salazar (hoxe rúa Galicia); Sur, camino público (hoxe rúa Coruña); Este, labradío de José Alonso Cividanes y Oeste con Serafín González Núñez.

 

A finca tiña un pozo para servicio, estando pechada con muro propio por todos  lados. O pago oficial foi de 21.000 pesetas.

 

O 15 de xullo de 1950 o Rexistrador da Propiedade en Tui soamente rexistra 7.780 m/2 ao Folio 193 do Tomo 418, Libro 30 de La Guardia

 

[…] no practicándose en cuanto a los restantes 2.498 m/2 que resulta de exceso respecto a aquella superficie, a consecuencia de reciente medición, por no justificarse fehacientemente el título en cuya virtud fueron adquiridos. Tuy 15 de Julio de 1.950.

 

El primeir encuentro de fútbol a favor de las Fiestas do Monte tuvo lugar el 12 de agosto de 1950, a propuesta de la Directiva del Club Gimnástica Deportiva Miño. Como aún no estaba terminado el Estadio del Tecla el G.D. Miño jugó contra el Juvenil Erizana de Baiona. No se el resultado final del encuentro ni la recaudación.  

 

20 de julio de 1951. Las Directivas del Club G.D. Miño y de la Entidad Local Menor de Camposancos organizan por segundo año un encuentro de fútbol en el Campo del Codesal (Camposancos) entre el Goián FC y G.D. Miño, a beneficio de las Fiestas.

 

O 26 de agosto de 1951 ten lugar a inauguración do Estadio Santa Trega.

 

O 22 de febreiro de 1952 foron inscritos […] el exceso de cabida de 2.448 m/2, á que se refiere la precedente nota de este Registro de 15/07/1950, al Folio 193 del Tomo 418, Libro 30 de La Guardia, finca nº 2.845, inscripción 2ª…

 

Medición do Aparelladro municipal don José Cervera Segala en 1951.

 

Con data 5 de marzo de 1951, Andrés Raimundo Lomba González, envía escrito ao Sr. Alcalde

 

                       […] hallándose en los trabajos de restauración del Campo de Deportes, anteriormente denominado Estadium Troncoso, del cual por compra es uno de sus propietarios; y deseando su ampliación, para cuyo fin ya ha adquirido, de  los herederos de Serafín González Núñez, una parcela de terreno; y encontrándose en el lugar denominado Camino del Cancelón, una porción destinada a inculto, sobrante de vía pública, que linda por el Norte con el mismo Campo de Deportes; Sur con herederos de Serafín González Núñez; Este con el Camino al Cancelón y al Oeste con Andrés Raimundo Lomba González; es por lo que, recurre a esa Corporación, a fin de que, previo los trámites a que hubiere lugar, se le ceda en venta a perpetuidad, la parcela de que se trata, haciendo constar a ese Cabildo Municipal, que solamente será destinada a estos fines.Dicho terreno mide aproximadamente una extensión superficial de 30 m/2. Fdo. Raimundo Lomba.

 

Ficha de Carlos Martínez Troncoso na Tempada 1951, concedida pola Delegación Provincial de Fútbol de Pontevedra, cando xogaba como dianteiro do GD Miño.

 

Con data 26 de maio de 1951 o aparellador Municipal don José Cerevera Segalá informa:

                       […] que del reconocimiento practicado al terreno…, mide exactamente 31,80 m/…, teniendo en cuenta las considerciones de orden técnico…, justifica el precio en 4 pesetas por metro cuadrado, con un valor de 127,20 pesetas.Fdo. El Aparejador.  

 

 

Portada do libriño folleto editado por Gráficas Numen[2] con motivo do Treinta y Dos Aniversario de la Fundación del Deportivo Guardés -  Barquiño e co motivo da inauguración do Estadio del Tecla.  

 

D. Ermelindo, a dereita,  nunha cea no Teatro Cine Avenida en 1958. Fotografía  cedida por Carlos Martínez Troncoso

 

_________________________________________

[1] Imprenta e Encadernación na rúa Velazquez Moreno,16 de Vigo

[2] Propiedade de Juan Noya Gil.

___________________

 

anterior              seguinte