Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Foot Ball – Futebol - Balompié  ou Fútbol na Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

anterior              seguinte

 

  

Inauguración do Estadio del Tecla o 26 de agosto de 1951. A este acto  que comezaría as 5,30 h da tarde tamén fora invitado o ex Cónsul de Portugal na Guarda, Mario Duarte, pero as ocupacións impediron que este amigo da Guarda estivera presente. Real Club Celta de Vigo contra Sporting Clube Salgueiros de Porto (Portugal). Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

25 de agosto de 1951, Cea de Confraternidade no Teatro Cine Avenida.

 

26 de agosto de 1951 inauguración do Estadio do Trega ca madriña do evento a señorita Carmen Gloria Álvarez Vázquez, capìtans do Real Club Celta de Vigo e Sporting Clube Salgueiros de Porto (Portugal), mais xuices de liña e árbitro. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Damas de honra da mal chamada alta sociedade guardesa no día da inauguración do Estadio do Trega o 26 de agosto de 1951. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Outro aspecto das damas de honra no día da inauguración do Estadio do Trega. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

Outro aspecto da inauguración do Estadio do Trega o 26 de agosto de 1951, o fondo os xogadores veteranos do deportivo Guardés, diante xogadores do Sporting Clube Salgueiros de Porto e do Real Club Celta de Vigo.

 

Veteranos do Deportivo Guardés o 26 de agosto de 1951 na inauguración do Estadio del Tecla.

 

Recoñezo a Celso Vicente Otero; Manuel Alonso Mon; Manuel Domínguez Pacheco Taxota; Manuel Sobrino González; Juan Noya Gil;  Francisco Antonio Moreno Álvarez Paco Moreno; Isaac González Moure; Alfonso Martínez Peniza e outros. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

 

O 26 de agosto de 1951, tivo lugar a inauguración oficial do Estadio del Tecla, ca intervención da Banda de Música de Tabagón (O Rosal), contando ca presencia dos gobernadores civiles de Viana do Castelo e de Pontevedra, alcalde da Guarda e demais autoridades locais. Paralelamente a esta celebración a Directica do Deportivo tiña aberta unha exposición dos trofeos gañado, fotorgafías etc, no Teatro Cine Avenida 

 

A madriña deste evento foi a señorita  Carmen Gloria Álvarez Vázquez, filla do alcalde republicano Brasilino Álvarez Sobrino, fusilado na Alameda de Tui o 9 de decembro de 1936.

Estaba como invitada de honra a Sta. Consuelo Candeira Pérez que fora a madriña na inauguración do Estadio Troncoso en agosto de 1927. Presidía o acto don Ermelindo Portela Gómez, alcalde da Guarda.

Este ano de 1951 a organización das Festas do Monte correu a cargo do propio Concello. A Banda de Música de Tabagón amenizou o acto, así como fora da inauguración do  Estadio do Trega, a Directiva do Club GD Miño e a Entidade Local Menor de Camposancos volven a organizar un encontro de fútbol a beneficio das Festas, xogando o Goián FC contra a Gimnástica Deportiva Miño.

 

Carlos Martínez Troncoso en 1951

 

Na Tempada 1951/52, Carlos Martínez Troncoso xa fichara polo Deportivo Guardés, ainda que como era moi novo a ficha soamente valía para a eliminatoria de Copa. No Deportivo estaría ata súa marcha a República Dominicana en 1954.

 

 

Antes mes de xullo de 1951 volvería a reorganizarse por segunda vez o Deportivo Guardés que xogaría o 12 de outubro dese ano as órdenes do adestrador e xogador Esteban Arrizabalo Echevarría Deva, contando cos seguintes xogadores:

 

Emilio Lorenzo Cividanes Taboleta; José Vázquez Sousa Meco; Elpidio Sobrino Álvarez Elpidio; Agustín Riego Lomba Conejin; Manuel Martínez Álvarez Polis Iº; José Mª Silva Vicente; Carlos Martínez Troncoso Carlitos; José Martínez Álvarez Polis IIº; Carrero e Manuel Diaz González Ligero.

Neste encontro de outubro de 1951 xogaron contra o Deportivo Coya de Vigo, gañando os guardeses por 3 a 2. Días mais tarde participarían no Campeonato Comarcal da Serie A-1ª Categoría, conseguindo un honroso 4º posto na clasificación final.

 

Xogaron contra os seguintes Clubs: Erizana de Bayona; Racing Club de Tuy; Deportivo Gondomar; Unión Deportiva Ribera; G.D. Miño; Valle Miñor; Goyán F.C.; Deportivo San Lorenzo de Salcidos; Club Deportivo Valladares; Caldelas F.C. e Español F.C. da Guarda.

_________________________________________

[1] Imprenta e Encadernación na rúa Velazquez Moreno,16 de Vigo

[2] Propiedade de Juan Noya Gil.

Continúa mañá

José A. Uris Guisante

anterior              seguinte