www.galiciasuroeste.info

Forno do Duque

Por José A. Uris Guisantes

 

A existencia de fornos de cocer pedra calcaria datan de tempo inmemorial, cando os guardeses debido á falta de pedra calcaria en Galicia, a debían de importar doutras rexións chegando a ser demasiado cara para os petos dos cidadáns, máxime cando non había comunicacións axeitadas por estrada. Ata cáseque fin do século XIX as estradas eran simples camiños que no inverno se facían totalmente intransitables.

 

Unha vez chegado o ano 1831 comeza a coller forza o intercambio de mercadurías por mar e polo río Miño, destacando como portos comerciais no esteiro do Miño, a Vila de Caminha (Portugal) e O Pasaxe de Camposancos, ata esa simplemente un pequeño embarcadoiro para pasar a Portugal e onde atracaba a Barca do Corpo Santo de transporte de mercadurías, viaxeiros e gando. Dicíanlle do Corpo santo debido a que o seu dono era o cabildo da catedral de Tui. Moitos anos mais tarde pasaría a ser chamda Barca de Privilexio administrada e arrendada polo Concello.

 

Comezan a establecerse comerciantes guardeses en O Pasaxe de Camposancos con negocios de importación e exportación. Un dos mais importantes foi Juan Antonio Español López[1], natural de Salcidos que chegara da emigración en Guatemala en 1920, posuidor dunha gran fortuna, manda construir un gran edificio para vivenda e almacéns. En cada un deles tiña mercadurías diversas. Chegaba dende o actual edificio dos xesuítas ata a Fonte do Pasaxe, fronte os Astilleros El Pasaje S.L.

 

Antiguos almacens da familia Español López. As instalacións pasarían a ser propiedade dos xesuítas en 1875.

--------------------------

 

Eiquí podía encontrarse, ferro, cal viva en barricas de madeira, area, botóns, viño, pasas, teas, vidro, froitas, madeiras, cravos, pinturas, saín, cordas, sal de Torrevieja (Alacante) ou de Aveiro (Portugal) etc. etc.

 

Por iso a partir de 1831, José Antonio, sen solicitar permiso de ningunha clase, comeza a rechear a orilla do río con terras de aluvión, pedras das canteiras do Trega e constrúe o actual peirao do Pasaxe. Hoxe apenas cambeou o aspecto do peirao antigo, pois máis ou menos, as docas preto do destacamento da Marina e do propio peirao están como no século XIX.

 

Propiedades antigas dos Español López en O Pasaxe de Camposancos

------------------------

Velahí como a partir de 1831 a 1860 segue recheando, e gañando terreo ó río, con docas para construir barcos de madeira e gabarras de carga. O recheo tamén lle servía para evitar que o río nas grandes correntías poidera estragar o peirao, ainda que chegara ata a porta da súa casa, como sucedía de cando en cando. A casa-almacén viña sendo o mesmo edificio que os  xesuítas da provincia de Castela mercaran a seu fillo e único herdeiro, don Domingo Antonio Español López[2] que vendeu todalas propiedades do Pasaxe por 75.000 ptas de 1875.

 

Antigua doca dos Español López.

----------------------

O forno de cal máis antiguo era o chamado Forno do Duque, entre  a Xunqueira de Salcidos e O Pasaxe. Comunicábase con Salcidos e co Pasaxe através dunha senda inmemorial que comezaba no Aloqueiro, pasaba polo Pés de Liñares[3] (popularmente Pés de Llanares), Forno do Duque ou Poio da Area, Pedras Argazosas no río que divide a parroquia de Salcidos de Camposancos, Fonte do Pasaxe e Camiño do Pasaxe, ata o antiguo colexio dos xesuítas, Codesal, Armona, Subida Armona, estrada de Camposancos a Barra do Miño e chegaba ata Punta Barbela ou Punta dos Picos na desembocadura do río.

 

Este camiño servía para transportar os limos do río en tonas, xuncos, cal viva, tellas e ladrillos fabricados nas distintas telleiras de A Xunqueira, para ir para pescar ou para recoller a botella das pedras do mar ou simplemente argazo.

 

Miña opinión e que o Horno ordinario de Cal no lugar de Forno do Duque debeu comezar despois de 1879/80, simplemente porque xa se podía importar por mar, pedra calcaria dende Asturias, Cantabria e Guipúzcoa a bordo dos barcos veleiros que facían a travesía con cargamento de madeiras sen elaborar e outras mercadurías. O mesmo tempo da pedra calcaria transportaban ferro e outros materiais dos que se carecía.

 

Para o desembarque había un punto autorizado polo Estado para embarque de sal y desembarque de piedra de cal y embarque de cereales.

 

Este lugar preto do Forno do Duque levaba o nome de Puyo da Area. Non atopei ningún documento o respecto pero creo que no lugar de dicir embarque de sal debía ser desembarque de sal  para algún depósito ou Alfolí que debía de estar no Forno do Duque, debido a que o sal (riqueza importante) viña importado dende as Salinas de Torrevieja (Alacante), mais cara, porque o Estado tiña a esclusiva no negocio.

 

Tamen chegaba sal de Aveiro (Portugal), mais barata pero considerada como contrabando, estando moi perseguida polos  Resguardos e logo polos Vigilantes de Arbitrios, os que tiñan a potestade de poder entrar nos domicilios para fondear[4] calquera estancia da casa.     

 

Os outros catro puntos autorizados polo Estado para carga e descarga eran:

 

Goián, para exportación de gando, peixe e madeira.

San Miguel de Tabagón, para gando, pesca, cereais e madeira.

Peirao de Candeira, para desembarque de sal, de pedra calcária e madeira de todas clases, así como para embarque de tablilla de madeira de pino, madeira en troncos e preparada, cal viva en barricas, viño, fruita do país, coiros, olas e outras mercadurías. Peirao da Armona dos Hnos París, para as mesmas mercadurías que en Candeira, pero non estaban autorizados a cargar ou descargar os buques sen estar presentes os vistas do Resguardo da Aduana de Camposancos.      

 

Como expliquei o motivo de estar o Forno do Duque preto do río, porque é un lugar onde se podía cargar e descargar en exclusiva a pedra calcárea, cargamentos de sal, cereais (millo sobre de todo), etc, ademais de abaratar custes de transporte.

 

O forno de cocción da pedra calcárea para sair a cal viva, era de forma tradicional con paredes cubertas de barro co fin de gardar ben a calor. Tiña un boquete debaixo da cámara de cocción, similar os fornos das telleiras, onde se metía a leña polos encañadores. O combustible mais axeitado era o toxo, por ter moito poder calorífico, xuncos secos, e leña procedente do monte Torroso. A cal viva era metida en barricas de 50 quilos para vender na Bisbarra e para exportación a portos de Levante sobre de todo. En 1900 o Concello cobraba como arbitrio municipal por cada barrica de cal viva que saira do forno 1 peseta.

 

As primeiras noticias documentais sobre o forno de cal,  no lugar chamado Forno do  Duque, datan de 1884, cando se sinalan os puntos de desembarque de mercadurías, entre eles o  Puyo da Area[5]. Non se dan nomes de donos dese forno.

 

En 1909 figura, Manuel González DUQUE con un concierto sobre Arbitrio de Arrastres (transporte con carros) co Concello por 60 pesetas anuais.

 

Transportaba as barricas de cal no carro da familia. Unhas barricas eran para consumo local, outras ían en carromatos para exportación e outras tantas nos veleiros para Levante, dende o propio Puyo da Area ou dende os peiraos de Candeira ou da Armona.

 

En 1916 figura na Contribución Industrial de La Guardia, un  fillo do Duque chamado Manuel González Castiñeira Duque que vivía no lugar de Baliños, con un Horno de Cal, tamén foi  …alcalde de Barrio de Salcidos en 1894.

 

En 1931 volve a nomearse ó Forno do Duque cando unha Comisión do Concello e de veciños das parroquias da Guarda, Salcidos e Camposancos se reúnen para concretar os límites parroquiais,

 

 […] hasta el comienzo del camino que pasa entre los campos de Sixto y Veiguiña que toma la dirección a la FÁBRICA DE CAL DEL DUQUE, situada a la orilla del río Miño, desde cuyo punto se ha tomado con rumbo de 103 grados, 30 minutos la situación de las piedras llamadas Argazosas, en la cual termina el límite de ambas parroquias de Salcidos y Camposancos…

 

As telleiras establecidas na Xunqueira dende tempo inmemorial se servían dos lodos depositados polo río durante séculos, era un material ideal para mesturar co barro e caolin dos xacementos das Cachadas. O lugar de As Cachadas viña sendo unha grande  extensión  de la PROPIEDAD DE PROPIOS ou do PRO COMÚN dos viciños do Concello da Guarda, que foi usurpada, vendida e expropiada en anos nos que a democracia non existía.

 

Para darnos unha mínima idea vexamos.  28 de outubro de 1876. Impuesto de Consumos de La Guardia. Memoria de datos Estadísticos exigidos por RO de 28/10/1876

 

Situación Topográfica del Pueblo: En la costa del Atlántico, entre los montes de Torroso y Tecla, sin Puerto, sin Fondeadero y solo una entrada insegura a donde solo vienen galeones y lanchas de Vigo que permanece pocas horas para evitar los riesgos de esta costa brava.

Yndustrias

 

Puede decirse que aquí no hay industria propiamente dicha, constituyendo la población en su mayor númro la clase proletaria, sosteniéndose ésta desde tiempo inmemorial por la emigración constante a otras provincias del Reino, América y Extranjero, por carecer de recursos en el país, jamás han renunciado ni renunciarán á este modo de vivir. Las circunstancias de la población poco se prestan á sostener industria de mediana importancia y cualquier persona acomodada que la intentase, acabaría por arruinarse. En prueba de este aserto se  establece a continuación las que existen según los datos oficiales:

 

1º.-Número de Industrias: ocho; 2º.- La relación es como sigue:

2 Tejeras en que se fabrica tejas y ladrillos.

1 Tejera de Propios del Municipio.

2 Tejeras Particulares.

1 Fábrica de Cacharrería Ordinaria (instalada na Cruzada que se surtía do barro da aba do Trega, zoa coñecida como Katanga).

 

4 Molinos. 1 de viento y 3 de agua para maiz y de uso 3 meses. Siendo tan insignificante su producción que la mayor parte del año, están paralizados por falta de motor, viéndose los habitantes precisados á moler el grano en la máquina de vapor establecida en Caminha (Portugal).

1 Rueda con 4 Husos para Torcer algodón á mano.

 

3º.-Operarios empelados en cada Yndustria:

 

1 en cada una de las Tejeras. Total 4 empleados.

1 en la fábrica de Cacharrería. Total 1 empleado.

1 en cada molino de agua y viento. Total 4 empleados

1 en la Rueda de Torcer. Total 1 empleado.

 

4º.Los sueldos y jornales por término medio, son de 0,75 céntimos á 1 peseta diaria, durante la temporada de trabajo.

 

5º.-No afluye aquí población flotante en ningún sentido

Medios de Comunicación

 

1º.-No hay vías férreas ni tranvías.

 

2º.-No hay carreteras de 1º Orden.

 

3º.-Hay una carretera de 3º Orden que pone este pueblo en comunicación con Vigo.

 

4º.-Hay solo camino vecinal explanado y destruído completamente que pone este pueblo en comunciación con el contiguo de El Rosal.

 

5º.-Solo la carretera de 3º Orden á Vigo tiene poca importancia que la da el coche Volador de Vigo reducida á la conducción de viajeros.

Precios Medios de los Artículos de 1ª Necesidad

 

Carnes frescas de Vacuno. 1 kilo a 0,95 céntimos.

Carnes frescas de Cerda. 1 kilo a 1,65 ptas.

Carnes  Englobadas. 1 kilo a 1,30 ptas.

Aguardiente. 1 litro a 0,60 céntimos

Aceite de Oliva. 1 kilo a 1,15 ptas.

Petróleo. 1 kilo a 0,65 céntimos.

Vino. 1 litro a 0,30 céntimos.

Pescados Englobados de mar y río. 1 kilo a 0,25 cent.

Arroz. 1 kilo a 0,65 cent.

Trigo. 1 kilo a 0,40 cent.

Harinas. 1 kilo a 0,45 cent.

Maiz. 1 kilo a 0,18 cent.

Sal. 1 kilo a 0,8 cent.

Jabón. 1 kilo a 1,60 ptas.

 

10 de novembro de 1876. Estadística Fabril é Industrial de La Guardia. Año de 1.876.

 

Fabricantes é Industriales:

 

Francisco Portela. Se estableció en 1800 en las Cachadas, parroquia de Salcidos. Fábrica de ladrillos y tejas. Tiene 2 caballos. Fabrica 6.000 piezas con un valor de 125 pesetas. Tiene 4 hombres.

 

Francisco Portela.Tiene otra fábrica de ladrillo y teja en Las Cachadas. Tiene 2 caballos y fabrica 6.000 piezas con un valor de 125 pesetas. Trabajan 4 hombres.

 

Jacinto Alvarez. Se estableció en 1834 en La Cruzada, La Guardia. Fábrica de Cacharrería. Tiene 1 caballo. Fabrica 120 docenas de piezas con un valor de 15 pesetas. Trabaja 1 hombre.

 

Julián Alvarez. Se estableció en 1834 en la Cruzada La Guardia. Fábrica de Cacharrería. Tiene 1 caballo. Fábrica 120 docenas de piezas con un valor de 15 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Luís Alvarez. Se estableció en 1834 en La Cruzada-La Guardia. Fábrica Cacharrería. Tiene 1 caballo. Fábrica 120 docenas de piezas con un valor de 15 pesetas. Trabaja 1 hombre.

 

Dña. Josefa Taboada. Se estableció en La Rivera de La Guardia desde 1836. Tiene un molino harinero movido por Agua. Tiene 2 caballos. Produce 210 ferrados con un valor de 30 ptas.Trabaja 1 hombre.

 

Herederos de Francisco Gándara. Molino harinero movido por agua en La Junquera, parroquia de Salcidos, desde 1750. Tiene 2 caballos. Produce 2l0 ferrados con un valor medio de 30 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Dña. Josefa Alonso. Molino harinero movido a viento, desde 1850.Tiene 2 caballos. Produce 420 ferrados con un valor de 60 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Ramón López. Molino harinero movido a viento, desde 1850. Tiene 2 caballos. Produce 210 ferrados. Con un valor de 30 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Roque Manuel Vicente. Molino harinero movido a viento en Barbela, Camposancos, desde 1868. Tiene 2 caballos. Produce 210 ferrados con un valor de 30 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Antonio Lorenzo. Molino harinero en Barbela, Camposancos, desde 1844. Tiene 2 caballos. Produce 210 ferrados con un valor de 30 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Bernardo Domínguez. Molino harinero movido a viento en Picota, Camposancos, desde 1806. Tiene 2 caballos. Produce 210 ferrados con un valor de 30 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

José González. Molino harinero movido a viento en Outeiro Pequeño, Camposancos, desde 1811. Tiene 2 caballos. Produce 210 ferrados con un valor de 30 ptas. Trabaja 1 hombre.

 

Manuel Vicente Portela. Telar de algodón desde 1871. Trabaja 1 persona. Valor 60 ptas.

 

1º.- La producción que se fija es la líquida, siempre significante, y en los Molinos casi nula por falta de motor y escesivos gastos de esplotación; yendo por esta causa los habitantes á moler el grano á la máquina de vapor establecida en caminha (Portugal).

 

2º.-Las industrias á que no se fija producto se hallan paralizadas.

 

3º.-No hay otros datos a consignar. La Guardia Noviembre 10  de 1876. El Alcalde José González Baz. El Secretario José Manuel Sesto Pedreira.

 

Sigo con mais datos. Antes en 1897 tamén tiña Forno de Cal no Pasaxe, Teodoro Sabariz Pérez, o que  en 1901, vendeu a firma comercial, Manuel Dominguéz Hno y Cia, de Camposancos. En 1904 cada barrica de cal debía ser vendida entre 8 a 10 pesetas.

 

En 1906 na Estadística Industrial de La Guardia figuraban dos hornos de Cal de Domínguez Hno y Trigo, no Pasaxe de Camposancos. Tamén neste ano figura con un Horno de Cal ordinario don  Constantino Candeira González en el lugar de El Pasaje de Camposancos. 

 

Pés de Liñares ou Llanares

 

É unha zona baixa de antiguas terras de labradío da parroquia de Salcidos, comunicaba maiormente co camiño que viña dende o remate do barrio do Aloqueiro e a donde chegaba outro camiño que partía dende a igrexa de San Lourenzo. Ata aquí, en tempos inmemoriais no mes de agosto de todolos anos chegaba unha Rogativa[6] para pregar que chegaran as choivas con que poder regar as leiras. Elí foi posto un cruceiro chamado Cruceiro de Agosto que estaba no dintel da  porta dunha casa particular.

 

 

Cruceiro de Agosto en Salcidos

--------------------

O dono colleu sen pedir permiso nin encomendarse a ninguén e serrou a columna quedándose co cruceiro para instalar  a parte superior dentro da súa finca e a base ca outra parte da columna botounos ó lixo.

 

Feliciano González Otero recolleuno e o instalou na parte central dun pequeño parque  no mesmo Pés de Liñares por conta da Xunta Veciñal de Montes. Naturalmente este acto foi un expolio mais da nosa historia local. 

Cruceiro Pinto en Salcidos.

---------------------------------------

Este lugar do Aloqueiro está entre o A Cruz e Valiños ou Baliños . Na parte superior do barrio existe outro cruceiro chamado Cruceiro Pinto, inaugurado en 1746 no que podemos ler a seguinte inscripción Este cruceiro hizo a su costa de OMRz Rueg vena Dios Pías Animas. Año 1746.

 

O lado podemos ver unha pedra ca inscripción: O ilmo Dr. D. Joseph Larumbe concedió 40 días de indulgencia al que rezase un credo. Se talló por ofrenda de S.A.C, e su mujer R.B.R. 1852.   Este bispo foi nomeado polo rei Felipe V, tomando posesión do bispado de Tui o 26 de agosto de 1745.

 

Portada da Oración Fúnebre do bispo Joseph Larumbe y Malli finado en Madrid en 1751 cando se estaba a curar da infección dunha fístula  producida por montar a cabalo nas distintas visitas que con frecuencia facía as parroquias da Diócesis. Era doctor e catedrático en Artes e Teoloxía. Naceu na localidade de Lumbier (Pamplona), seus  pais foron  don Juan de Larumbe e dona Melchora de Malli, seus irmans foron, Ignacio, Joseph Benito e Ramón Larumbe y Malli.

 

-----------

Manuel Martínez ca bicicleta no camiño de acceso as ruínas do Forno do Duque. Fotografía cedida por el mesmo.

--------------------

 

Fai uns anos o solar que  había ocupado o Forno do Duque pasou as mans dun viciño de Camposancos que edificou unha especia de castelo amurallado que acabou cos poucos vestixios que quedaran da telleira e forno de cal que elí había. Eiquí remata esta pequena historia do pobo.

José A. Uris Guisantes

-________________________

[1] Algúns autores poñen o segundo apelido como Cividanes, pero no rexistro Civil figura López (hijo de Liberata López

[2] Súa nai tamén tiña o apelido de López, polo que pai é fillo tiñan o segundo López

[3] José L. Lomba Alonso: do Latín, petras> pedras >pes + lineares= Pedras llanas, lisas. En galego non existe Llanares porque sería Pedras chans. Polo que o verdadeiro topónimo debe ser Liñares.

Linda cos predios a cultivar Lombo, A Chousa, Campo de Cuña e Ollo Mariño hacia o Este (Camping).

[4] Rexistrar.

[5] Así está escrito no castelan/galego con que escribían antes. Correctamente debe dicer Puyo darea ou Puyo da Area.  Viña sendo un peirao de postes cravados no solo do río con piso de madeira.

[6] Oración pública que se fague a un santo.