Índice

www.galiciasuroeste.info

 

O Forte da Insua

Por José A. Uris Guisantes

 anterior       portada

 

 

Panorámica do forte da Insua o 15 de setembro de 2007, nun paseo no catamarán que operaba dende o Pasaxe de Camposancos. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

 

Panorámica da Insua. Fotografía aérea cedida por Basilio Moreira Carrero.

 

O amigo e autodidacta natural de Goián, Pablo Pousa Carrera Cúbico nos distintos traballos escritos baixo o título  Para matar o tempo escrebe esta anécdota sobre o forte da Ínsua:

 

[…] Conta unha vella historia,  que cando comezou a guerra da restauración da Independencia  portuguesa  en 1 de decembro de 1640, no forte da Ínsua os portugueses tiñan un destacamento  de soldados o mando dun sarxento,  este acostumaba a beber moito  e pillábase cada tranca que non queira un saber, un dos días levantouse con unha  resaca e un  mal humor de mil raios, mandou formar  a tropa e subindo no alto da muralla levanta a súa espada e dilles  a tropa; vocés ben aquel monte que esta ai  de fronte (polo monte Trega) detrás del  están os porcos dos galegos conspirando contra nós.

Asín que vamos cargar os canons pra botar lle abaixo, tracen media ducia de barricas  de pólvora e as balas correspondentes, con toda dilixencia os artilleiros comezan súa tarefa, un deles dille ó xefe ...as pezas están prontas pra disparar..., aínda com a espada en alto di adeus España que nunca mais te volverei  a ver,  fogo¡¡  e como cos disparos a fumaza era tan grande que o monte non se vía, cando o ar  da marea baixa o levou, o monte apareceu no mesmo sitio e dille a tropa, brutos, cargaron os canons con moita pólvora e as valas pasaron por enriba do monte, marchando pra dentro botar outra pinga mais, un dos soldados subiu no alto da muralla a ollar se xá a maré baixara de todo, e cal non sería seu asombro o ver as balas elí o pé, enriba da area da praia da Ínsua. (Pablo Pousa 1987).

 

Unha das poucas veces na que España axudou a Portugal na illa da INSUA  foi en 1.847, con motivo dunha guerra civil  entre os conservadores, partidarios da reina María IIª de Portugal e os progresistas ou liberais portugueses, unidos en Juntas Progresistas.

 

Así o 7 de xullo de 1847 o Ministerio de Facenda Militar de España envía,

 

[…] Oficio del Ministerio de Hacienda Militar de la Plaza de Vigo, al Alcalde 1º Constitucional de la Villa de la Guardia.

 

Habiendo dispuesto el Excmo. Sr. Capitán General que el Destacamento [de tropas españolas] del Fuerte de la Ynsúa en el vecino Reino de Portugal, sea suministrado para un mes de Raciones de Tropa, sale para esa un comisionado del Contratista de transportes con ellas, y he de merecer de su celo que procure el que sean conducidas por la barca que se halla en esa á dicho fuerte, sin que se le ecsija ninguna retribución por ese Servicio, pues su obligación es ponerlas en ese puerto de la Guardia y nada más:

 

Al mismo tiempo debo prevenir á V que debe facilitar ocho oyas de aceyte diarias al destacamento de la Ynsúa, como así mismo dos carros y libra ymedia de leña para guisar los ranchos, teniendo cuidado de recoger los recivos correspondientes, que pusieron en ellos el dése por V me los mandará a fin de mes, con el obgeto de ponerles yo el Vº Bº para que le sirba de abono en la soficinas de la Coruña.Dios guarde a V muchos años. Vigo 7, de Julio de 1847. Fdo: Carlos Araújo.

Esa guerra civil foi chamada Patuleia,tamen Revolución del Miño ou de María da Fonte. Tanto Inglaterra como España se uniron a favor da reina María IIª, entrando en Portugal un exército español o mando do xeneral Manuel Gutiérrez de la Concha, asinando a paz en xuño dese mesmo ano.

 

PO-2. Carta al Ejército.E-1847.

[…] Carta de Madrid a Oporto, dirigida al brigadier del Egercito Español en Portugal Don Jaime Ortega, en Oporto ó donde se halle. Fechador Baeza de Madrid, (22/07/1847), en rojo, y porteo portugués 90, en azul. El porteo de 90 reis corresponde a una carta de un peso máximo de 4 octavas de onza portuguesa (Tarifa portuguesa de 14 de julio de 1806).

[…] El destinatario, Jaime Rudesindo de Ortega y Olleta (1816-1860), brigadier en esas fechas, fue promovido a mariscal de campo del Ejército Español en el propio año de 1847, como reconocimiento a sus servicios prestados en la campaña de Portugal. Este militar y político aragonés, luchó contra los partidarios del pretendiente Carlos María Isidro de Borbón en la primera guerra carlista, por cuyas acciones ganó la laureada de San Fernando. En 1860 organizó, esta vez a favor de los carlistas, el fallido pronunciamiento de San Carlos de la Rápita (Tarragona), conocido como la ortegada, acción que le valió ser detenido y fusilado en Tortosa el 18 de abril de 1860. Tuvo peor suerte que otros famosos golpistas de la época que, habiendo triunfado en sus pronunciamientos, gozan hoy de calles con su nombre en Madrid y otras ciudades de España.

 

Cruz dos Afogados en Punta Barbela ou Punta dos Picos (Camposancos), en fronte o forte da Insua no inverno de 2007. Fotografía de José A. Uris.

 

Fronte a cruz e a dereita e esquerda están os Pozos de Barbela, lugar onde o río e mar (Barra Norte do Miño) deixa os cadáveres dos afogados. Foi colocada en lembranza dos numerosos naufraxios que o longo dos séculos aconteceron na zona.

 

Segundo o estudoso da nosa toponimia don José L. Lomba Alonso (q.e.p.d.) BARBELA procede do latín BARBA, debido a grande cantidade que había nas rochas e pozas da alga aquí denominada verdello, que semella unha barba. ( Precéltica) BAR=depresión, costa, desnivel,rocha.

 

A cruz foi colocada en lembranza dos moitos naufraxios acontecidos o longo dos séculos, sendo os mais soados os acontecidos  na Guerra de Independencia cando se afogaron ducias de soldados do exército de Napoleón o tratar de cruzar o Miño, dende o Tamuxe a Portugal en pleno temporal de choiva, vento e forte correntía das augas do río. Ducias de cadáveres apareceron en Punta Barbela e distintos pozos da zona que foron soterrados   a menos de cen metros da costa, aparecendo restos humanos nos anos 60 cando se tiraba area para a construción.

 

O 4 de abril de 1888 tivo lugar o naufraxio do buque inglés Brits Princess, non se saben mais datos. O 9 de abril dese 1888  apareceu o primeiro cadáver no Pozo  da Congreira, o  4 de maio apareceron dez cadáveres mais en Porto de Xuncos, Outeiro Bermello e Rego de Portosanto, o día 14 de maio outro cadáver en Barbela e outro en Porto de Xuncos, no día 15 dous mais en Barbela.  Segundo refire don Rafael Lema Bouzo o total de cadáveres aparecidos sería de 24.

 

Panorámica do Esteiro e Barra do río Miño. En primeiro termo o forte da Insua, a dereita o Pinhal do Camarido (Caminha), a esquerda o Trega. Diapositiva propiedade de José A. Uris Guisantes.

 

José A. Uris Guisantes

 

Fontes:

Arquivo municipal da Guarda

Filatelia Digital. D. Javier Padin Vaamonde. Santiago de Compostela 1941. Licenciado en Ciencias Matemáticas. Miembro de número de la Real Academia Hispánica de Filatelia.

 Joâo Paulo Cabral. A Apanha de Algas na Ilha da Insua (Caminha) nos Seculos XVII-XIX. Singularidades e Conflitos.

Notas de Antón Ferreira Lorenzo

Notas de Pablo Pousa Carrera

 

 anterior       portada

 

Jossé A. Uris Guisantes