Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Francisco Álvarez Moscoso

Por José A.Uris Guisantes

Francisco Álvarez Moscoso. Fotografía cedida por seu fillo Francisco Álvarez García.

Francisco Álvarez Moscoso, naceu no lugar de Santa Cruz de Mera, parroquia de Serantes, Municipio de Oleiros (A Coruña) o 19 de marzo de 1906, de profesión mariñeiro, foi contramaestre nun remolcador e dirixente do Sindicato de Marineros de Mera- CNT , militante do Partido Comunista de España (PCE) en Xixón.

Caído o fronte de guerra do Norte, tratou de fuxir a Francia no vapor Montseny sendo capturado e conducido o porto de Ribadeo,  onde foi embarcado  para o porto de Baiona, metido xunto a outros presos en camions sendo internado no Campo de Concentración de Camposancos, onde foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo con sentencia a pena de norte xunto a outros dezaoito presos. A Sentencia foi cumplida o 20 de xullo de 1938 por fusilamento, metidos en caixas de madeira “de pobre.

Foi fusilado contra o muro do cemiterio parroquial da Guarda e enterrado na Fosa Común de Sestas na segunda quenda de presos fusilados que foi de dezaoito republicanos os que xunto os trinta e un que foran fusilados o pasado 2 de xullo suman os 49 presos republicanos que están na Fosa Común de Sestas.

Deixou viúva de 24 anos, unha filla de dous anos e outro fillo que levaba no ventre, concebido nun bis a bis no Campo de Concentración de Camposancos, fillo que nacería en 1939.

A viuva era Josefa García Fernández, nacida en Serantes (Oleiros-A Coruña) o 4 de xuño de 1914, a voda tuvo lugar en Xixón no ano 1934. Josefa finaría no ano 2011 con 97 anos.

O fillo e amigo, Francisco Álvarez  García acode a nosa vila todolos anos o 1º de novembro  para visitar a Fosa Común de Sestas. Permanece solteiro e como distracción practica o humorismo, sendo coñecido como Pacomivida.

A filla, Antonia Álvarez García, que tiña dous anos cando fusilaron o pai,  neste ano de 2014 conta con 77 anos, casou e tivo dúas fillas en un fillo,  agora está viuva, segundo me explicou seu irmán ela nunca quixo falar para nada de seu pai nin tampouco quixo explicar ou relatar aos fillos nada relacionado ca guerra civil, sufrimentos da nai e o calvario pasado por seu pai ata que foi pasado por las armas.

Josefa García Fernández, esposa de Francisco Álvarez Moscoso. Fotografía cedida por seu fillo Francisco Álvarez García.

O xornalista republicano, Juan Antonio Cabezas que tamén trataba de fuxir no vapor Montseny e que tamen foi capturado, relatou que moitos militares republicanos o ver que ían ser capturados se suicidaron. Como dixen, dende o porto de Ribadeo foron distribuidos en distintos Campos de Concentración como, Muros de Noia, Cedeira, Rianxo e Camposancos.

Juan Antonio nacera en Cangas de Onís en 1900, falecendo en 1993. Fora internado no Campo de Concentración de Cedeira e trasladado ao de Camposancos onde foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo en outubro de 1938, condenado a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua 1941 e ingresado na prisión de Porlier de onde saíu en libertade provisional vixilada en 1944. 

Francisco Fernández García no centro, a seu lado Chela Iglesias Domínguez e José A. Uris o 1º de novembro de 2008 diante da Fosa Común onde está soterrado seu pai, data na que Francisco nun falta a cita den de fai moitos anos.

José A. Uris Guisantes