www.galiciasuroeste.info

Francisco Álvarez Conzi

Por José A. Uris Guisantes

 

Casa do avogado don Conrado Estevez Garra, don Conrado, e súa esposa Carmen Álvarez Conzi na rúa  Calvario, onde vivíu  seu irmán Francisco, axudando a economía familiar dando clases particulares. Fotografía de José A. Uris

------------------------------

 

Fai xa uns anos o cronista de Vigo, Gerardo González Martín publicaba un artigo en Faro de Vigo (25/09/1997) sobre un personaxe polifacético como foi don Francisco Álvarez Conzi.

 

Como estivo relacionado ca Guarda, e os guardeses, considero oportuno dar un pequeno esbozo sobre a súa vida.

 

Nado en Uruguay, fillo do emigrante, Pedro Álvarez Cadilla, natural da Guarda e Laura Conzi Santos, natural da República do Uruguai.  A familia instalouse en Vigo e Francisco pasa a estudar en Santiago a carreira de dereito que non chega a exercer pois súa vocación sería o ensino, sabía varios idiomas, traductor, estudoso das rimas da poesía e prosa literaria, defensor a ultranza de toda clase de animais. Deu clases de francés no Instituto Santa Irene de Vigo e durante a guerra civil pasa a dar clases de grego nun Instituto do que non sei o nome.

 

En 1898 figura como Alumno de Primer Año no colexio dos  xesuítas en O Pasaxe de Camposancos, coincidindo co XXV Aniversario do Colexio Apóstol Santiago que fundaran en Anceis (A Coruña en 1872, nun pazo propiedade do conde de Priegue), foron compañeiros de Curso:

 

Alonso Pérez Vázquez

Antonio Conde Castilla

Casiano Troncoso Pérez

Daniel Aller Tárrago

Ernesto Rodríguez Cividanes [guardés]

Francisco Alvarez Conzi [guardés]

Francisco Fuentes Pecellin

Francisco Hermida Franco

Francisco Torres Muñoz

-------------------------

Heliodoro Fernandez Valdivieso.

Neto por línea materna de don Justo Valdivieso Gómez, médico asentado en Salcidos e logo na Guarda na rúa Cervantes.

----------------------

Javier Bugallal Pérez de Castro

Este mozo nace en Vigo o 7/01/1888, fillo de Isidoro Bugallal Araújo (avogado, rexistrador da propiedade é escritor) e Mª Pérez de Castro. Falece en Madrid o 11/12/1911 a idade de 23 anos. Javier publicou un libro de poesía co título Las emociones sencillas .(imprenta de Primitivo Fedez 1910)

¡Tus manos! Son los vivos picos rojos
que buscan el amor en los halagos,
los cisnes que en el agua de mis ojos
saciaron toda el ansia de los lagos.

-----------------

 José Conde Cadilla

José González Carrera

José P. Manuel Alonso Villa

Juan Blanco Alvarez

Juan Coura Domínguez

Juan M. Somoza Cortés

León Hulla Elola

Luís Aller Ulloa [irmán de Ramón María Aller Ulloa, celébre astrónogo]

Luís Berea Rodrigo

Luís Carnero Martínez

Luís González Novoa

Mauro Alonso Cuenca [chegou a empresario de Vigo, presidente do Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo, así como Alcalde da cidade]

Odón Colmenero Sáa [en 1946 era Presidente da Sala 1ª do Civil da Audiencia de Madrid]

Pedro Bueno Pizarro

Ramiro Arceo Martínez

Ramón Armada Quiroga

Santos Carnero Martínez

Víctor Lago Pastor

 

Anos máis tarde aparece en Madrid, no Curso 1912/13 do Ateneo de Madrid e  Francisco Álvarez Conzi dá unha conferencia o 20 de xaneiro sobre  Elogio del Autodidactismo. En 1914 figura como socio do Ateneo de Madrid co nº 8.697. Nestas datas Conzi vivía na rúa  Valverde nº 20-3º de Madrid.

 

O Ateneo Científico, Literario y Artístico de Madrid neste 1914 estaba presidido por don Rafael M. de Labra, destacando, entre outros directivos, don Ramón Pérez de Ayala; don Manuel Azaña Díaz; don Rafael Sánchez Ocaña e don Juan Donoso Cortés.

 

Na Sección de Ciencias Morales y Políticas estaba de presidente, don Melquiades Álvarez e de Secretario 1º, don Salvador de Madariaga.

 

D. Francisco Álvarez Conzi debía ter unha valía especial porque neste ano de 1914 figura como Secretario 1º da Sección Filosófica e como presidente, don José Ortega y Gasset; vicepresidente, Rafael Sánchez Ocaña, os demais secretarios eran, José Chacón de la Aldea, Eduardo Ruíz Carrillo, e Rafael Serra Rodríguez.

 

En febreiro de 1912 aparece un artigo da súa autoría na Ílustración Gallega  nº 17 (Vigo) sobre La nueva edición de la Gramática de la Real Academia. 

 

No mes de xullo de 1912 volve escribir un artigo na Ílustración Gallega nº 25 sobre Un Resorte Moral, que viña sendo a segunda parte de outro artigo da súa autoría que publicara no semanario Heraldo Guardés. Que dirixía  José Darse Sobrino.

 

Na Ílustración Gallega nº 31, 32, 33, 34 e 35 escrebe sobre Nuevas Sendas en tres capítulos, no ano 1913 dende Madrid […] El místico, el hombre de gente, el loco furioso, el imbécil moral, son cada uno de ellos lo que no pueden menos de ser, como una suma de los factores endógenos y exógenos que así y no de otra manera los han constituído.  […] será inmenso el valor espiritual de unas lágrimas por un padre ó un hermano después de haber vertido algunas sobre la desgracia del desconocido que pasa...

 

Nestes artigos escribía sobre o descanso dominical, […]  El descanso dominical renueva las fuerzas físicas del hombre y conforta su espíritu para que pueda continuar sus tareas con más vigor y con más intensa aplicación; aumenta la fecundidad y eficacia del trabajo y la perfección de los productos; atenúa los inconvenientes que se siguen de la división excesiva del trabajo y del uso de ciertas máquinas; limita la concurrencia inmoderada; estrecha los lazos de la familia; fomenta las buenas costumbres; disminuye el pauperismo; es condición indispensable para la existencia del patronato y de las asociaciones de obreros; acrecienta el bienestar de estos y de los patronos, y, en suma lejos de ser perjudicial, es sobremanera beneficioso para la prosperidad de los pueblos…

 

O 20 de xaneiro de 1913 dá unha conferencia no Ateneo co título Elogio del Autodidactismo.

 

 

1ª Edición de Reflexiones y Efusiones. 1914,  Fco Álvarez Conci. Imprenta José F. Zabala.

 

 

Foi socio do Ateneo de Vigo dende súa fundación, formando parte da xunta directiva en 1924, sendo presidente o tío de seu curman, Conrado Estevez Garra, que logo sería alcalde de Vigo, era, Amado Garra Castellanzuelo[1].

 

Instálase na Guarda na casa de súa irmán Carmen casada co avogado don Conrado Estevez Garra, rúa Calvario nº 62, onde pasa a dar clases particulares, das que moitos alumnos ainda se lembran de infinade de anécdotas. Súa irmán queda viúva en 1950, con dous fillos, Carlos[2] e Alberto Estevez Álvarez.

 

Colaborador en Faro de Vigo, na revista mensual Vida Gallega, no diario Galicia que dirixía Valentín Paz Andrade, e no semanario Heraldo Guardés que dirixía, José Darse Sobrino, do que tamén era dono.

 

D. Conrado, era sobriño do avogado republicano agrarista don Amado Garra Castellanzuelo, dirixente do Partido Radical-Agrario. Súa irmán, Laura Alvarez Conzi, casaría con José Iglesias Sánchez, profesor de música no Colegio Apóstol Santiago no Pasaxe de Camposancos, pasando en 1916 a Vigo no colexio dos mesmos xesuítas coñocido com Bellavista, finca mercada (ou doada) aos xesuítas polos sobriños de don Joaquin e don Antonio Alonso Martínez de A Guarda, chamados, Joaquin, Manuel e María Alonso Alonso, fillos de don José Bernardo Alonso Martínez.

 

Laura e José, tiveron a: Mª Laura, Mª del Carmen e José Luís Iglesias Álvarez. Foron veciños de A Guarda, polo menos, dende xuño de 1936 a marzo de 1937.

 

Mª del Carmen e Mª Laura Iglesias Álvarez son residentes no Concello de Tomiño, a primeira Farmacéutica xubilada, nembargantes a antigua Farmacia Iglesias Álvarez segue na Avda. República Arxentina de Tomiño co nome de Farmacia Mª Carmen Iglesias Álvarez-Ramón Iglesias.

Certificación asinada polo Alcalde don Julio Portela Gónez o que exerceu o cargo dende o 21 de xaneiro de 1945 ata o 31 de outubro de 1946.

-----------------

Fco Álvarez Conzi, foi o primeiro ecoloxista guardés, e un claro defensor de toda clase de animais, non dubidando en enfrontarse con aquelas persoas que estaban maltratando a un animal na súa presenza. Como exemplo teño unha anécdota protagonizada por el mesmo, que se ven contando de pais a fillos  e netos. Parece un conto ou un dito popular, pero que resultou certo como se pode demostrar e ex alumnos  así o confirmaron.

 

Foi isto. Resulta que en 1941 os rapaces da Marina tiñan a costume de pescar gaivotas con anzoi empatado a uns metros de liña de fío (non había nylón), iscando tripa de peixe, o artiluxio tiña o nome de  jarabeta, deixaban o artiluxio enriba dunha laxe ou pedras co fin de que a gaivota engulira o cebo. Unha vez pescada facían mil falcatruadas con elas. Pero un día por casualidade, Conzi víu pasar un rapaz, por debaixo do balcón de seu domicilio no Calvario, con unha gaivota viva na man, nin corto nin perezoso chama o rapaz e dalle 5 ptas, despois de avergoñalo por ter pescado a gaivota, e darlle unha brevísima lección sobre a protección dos animais. Cal sería a sorpresa deste pre-ecoloxista que na maña seguinte tiña a súa porta mais dunha ducia de rapaces, con unha gaivota na man para recibir as 5 ptas cada un deles.

 

Nas miñas investigacions no arquivo municipal, atopei un oficio do Goberno Civil nº 8613. Negociado 3º. Sección 1ª dirixido ao Sr. Alcalde da Guarda que di:

 

[…] El vecino de esa localidad don Francisco Álvarez Conci, se dirige a mi autoridad lamentando que los niños se dedican a martirizar las gabiotas, ave ésta que no es perjudicial para la agricultura, y, solicita  se le encargue  de velar por el respeto a las mencionadas aves.

 

De ser cierto lo manifestado  por el citado Sr. no deja de ser un acto poco edificante y por ello espero de V que valiéndose de los Agentes a sus órdenes procure evitar hechos de tal naturaleza que resultan repugnantes a personas de buena moralidad. ¡Por Dios, España y su Revolución Nacional – Sindicalista ¡. Pontevedra, 30 de Agosto  de 1941. El Gobernador. P.O.  J. López R.   

 

E nada mais puiden atopar no arquivo da Guarda sobre Conzi. Si atopei estas páxinas da revista ÍIustración Gallega,

 

Revista Ílustración Gallega nº 25. Real Academia Galega.

 

 

Revista Ílustración Gallega nº 37, paxina 1/1. Real Academia Galega.

 

Revista Ílustración Gallega nº 31.Páxina 1/1. Real Academia Galega.

Revista Ilustración Gallega nº  36. Real Academia Galega.

-----------------------------

José A. Uris Guisantes

-----------------------------------

[1] Líder agrario do Partido Republicano Vigués, aliado co Partido radical de  Alejandro Lerroux.

[2] Carlos Estévez Álvarez en 1997 traballaba na cadea de televisón Antena 3.