PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

CUB SAN BERNARDO

Esta fotografía data do ano 1.959 cando o Club San Bernardo gaña o Iº Trofeo Virgen de La Guía no Estadio do Tecla, varios xogadores pasaron ao Sporting Guardés de recente formación [o Sporting naceu un dous de marzo de 1.958].

O Club San Bernardo F.C. fora fundado polos irmáns Manuel e Alfonso Lorenzo Costas que vivían na Praza de San Bernardo [popularmente "praza dos porcos" debido a que nos mercados dos martes é sábados acudían os feirantes con porcos para vender aos paisanos/as], logo estes irmáns emigraron á República Dominicana.

Seguíu co Club San Bernardo, Antonio Pereira "Toniño" [ fillo do tío Casimiro dono da panadería sita na rúa Calvario - preto da Asociación ANABAM -  e formaban parte do club a meirande parte dos rapaces de Ribadavila [A Guía, Calvario, San Bernardo, Porto Rico, Sta. Tecla e algún do barrio da Mariña].

O campo de adestramento era a Praza de A Guía e a Area Grande. As primerias copas [eran feitas ca válvula de cobre-metal das bombas de inflar rodas de Isaac Costas, as que se lles poñía un pé roscado] eran disputadas por equipos formados polos mesmos xogadores do barrio.

DEPORTIVO GUARDÉS, ANO 1953

Fotografía cedida por Anastasio Fuentes

.

De esquerda a dereita: José Mª Silva Vicente [adestrador varios anos do Sporting Guardés a quen saludamos de cando en vez], José Portela Gómez "Pepiño" [irmán de D. Hermelindo Portela Gómez e D. Julio Portela Gómez, vive no Brasil], Angulo [xogador fichado procedente de Vigo], Esteban Arrizabala Echevarría "Deva" [adestrador e xogador], Manuel Pazó Vázquez "Mañaña" [xogador con carisma no pobo guardés,fichado procedente de Vigo, no ano 1952 xa xogara 37 encontros co Deportivo], Emilio Lorenzo cividanes "Taboleta" [porteiro, finado fai poucos meses e tío do Director de galicia - suroeste.com], Alvarito [xogador fichado procedente de Vigo.

De xeonllos: José Vázquez Sousa "Meco" de Camposancos a quen temos o pracer de ter como amigo, no ano 1952 era xa o xogador que mais encontros xogara no Deportivo (41 encontros), Elpidio Sobrino Álvarez "Elpidio" [a quen temos a placer de saudar é de conversar sobre moitos aspectos da súa anterior vida laboral como empregado da empresa A.T.S.A.], Manuel Álvarez "Barrabí" [outro xogador emblemático do Deportivo procedente de Vigo, no ano 52 xogara xa 32 encontros co Deportivo], Manuel Diaz González "Ligero" [comodin do fútbol guardés pois xogou de dianteiro e porteiro, cumplindo en ambos cometidos; pequeno pero bo xogador nos seus tempos, non nos esquezamos que o Bar Ligero foi primeiro Bar O Barquiño que era o seudónimo con que os guardeses bautizaron ó Deportivo Guardés, Ligero a nivei futbolístico é aficcionado, marcou un etapa na Guarda, o igual que na politica local como concelleiro por representación familiar na época do Dictador Fco. Franco, na pre-democracia é xa en plena democracia como Alcalde de A Guarda, con acertos e con erros, mal situado na dereita local para uns [...]... eu sun mais socialista que naide.. –dicía- ou acertadamente nesa dereita secular para outros...], e Agustin Riego Lomba "Conejin" [no ano 52 xogara 34 encontros, finado fai poucos anos].

.

Equipo de fútbol do Deportivo Guardés que xogou un encontro, o día 22 de novembrode 1953, contra un equipo de fútbol formado por tripulantes do portavións inglés EAGLE [fondeado en Vigo, xunto a outras unidades de guerra da flota inglesa] no Estadio do Tecla.

Gañou o Deportivo por tres tantos a dous, xusto 41 anos despois de que se xogara o primeiro encontro de fútbol na VÍA entre guardeses e tripulantes do vapor UCRANIA [adicado a facer cartas mariñas] fondeado no porto de A Guarda.

Anteriormente un "indiano" guardés trouxera de Puerto Rico un balón de coiro que causou a admiración dos mozos e que deu pé para facer "partidiños", algúns autores falan de que a práctica do "balompié" foi introducida polos P.P. Xesuítas no ano 1909 co obxeto de que os alumnos do Colexio Apóstol Santiago en O Pasaxe poideran distraerse doutro xeito ó que viñan facendo ata aquel momento.

ESPAÑOL F.C.

O ESPAÑOL F.C. era un club de fútbol [daquela era balompié] fundado en 1.938, sendo un dos históricos da Vila de A GUARDA.
Esta foto foi prestada polo amigo D. Eugenio González "Xeno", finado no mes de marzo de 2.002, quen durante súa enfermidade me foi relatando aspectos concretos de cómo eran aqueles equipos e aqueles xogadores guardeses e de outros lugares. Unha lembranza para "Xeno" a quen tratei profundamente nos derradeiros meses da súa vida.
Nesta foto podemos apreciar de esquerda a dereita: Xesús Baz Domínguez "Salmerón"; Cándido Lomba "De Jorge"; Antonio Barbosa "Toniño"; Domingo Orneta "O Madrileño"; Félix Hermida da Estrada; Manuel Orneta "O Madrileño IIº"; Manuel Fuentes "Fuentes"; Luisín "O Asturiano"; Manuel Cadilla "Cubano"; Joaquin López "Vaqueiro" e Eugenio González "Xeno".
En 1950 os irmáns Lomba González "Os das Cachadas" [Raimundo e Pepe], doan a Copa Río Miño, poñendo como condición que os encontros se celebrasen no campo de As Cachadas.
Nesta Iª Copa Río Miño xogaron: Unión Deportiva Ribera de O Rosal; Deportivo San Lorenzo de Salcidos; Deportivo Español F.C.; Atlético Guardés e Atómico Sporting Club de Pacenteo-O Rosal.
O equipo campión foi o Deportivo San Lorenzo de Salcidos con: Isaac "Carlón"; Joaquin Gil; Elpidio Sobrino; Quico; José Mª Silva; Puebla; Pepe Polis IIº; Martín; Reyes; Manuel Polis IIº; e José Conde. 
En 1.951 creáse a Iª Liga de Fútbol do Baixo Miño, formalizada pola Federación Guardesa de Fútbol presidida por D. Raimundo Lomba González. O Secretario desta Federación Guardesa era D. Ramón Vicente González "Caelo". Equipos: Ximnástico Deportivo Miño de Camposancos e Deportivo Español, que xogan como base no campo de O Codesal; Deportivo San Lorenzo de Salcidos e Unión Deportiva Ribera que xogan nas Cachadas; Goian Fútbol Club que xoga no Regatiño-Goián e Racing de Tui que xoga no campo militar de Tui.
Quedou campión o Racing F.C. de Tui. Cómo anécdota diremos que o Deportivo Español nesta liga non foi capaz de gañar un sólo encontro.
Nesta tempada xogaban no Deportivo Español F.C.: Emilio Lorenzo Cividanes "Taboleta" como porteiro; Pepiño Sesto "Pepiño"; Delfin Lorenzo Cividanes "Delfín"; Antonio Barbosa "Toniño"; Benito Alonso "Vigío"; Esteban Arrizabalo Echevarría "Deva"; Luciano; Morita; Telino; Pestana; Avelino Barbosa e O Maneta.
Na tempada 1951/52 figura nos papeis como presidente do Club, D. Conrado Martín Rey. Adestrador: Troya. 
O campo das Cachadas era o campo oficial do Club, xogando con camiseta vermella e branca con pantalón negro.
Da comezo una Liga Comarcal do Baixo Miño-Val Miñor cos xogadores federados na Federación de Fútbol de Vigo.
Gaña a Liga Comarcal de Fútbol o equipo do Erizana de Baiona.

CASADOS CONTRA SOLTEIROS

Fotografía propiedade de D. Manuel Sobrino Sobrino de Buxán.

Festas do Monte  1.966.

FESTAS DO MONTE 1.966, sendo presidente D. Manuel Díaz González “Ligero” , e Alcalde D. José Luís García Pérez, tivo lugar un encontro de fútbol entre casados e solteiros.

Gañou o equipo dos casados por 2 tantos a 1. Este encontro tivo lugar o día 31 de xullo de 1.966 no Estadio do Tecla.

Equipo de CASADOS: de esquerda a dereita: Isaac González, José Martínez “Polis II”, non sabemos quen o seguinte; porteiro Manolo “Sandrini”, Antonio González “Santa María” ou “Escucha”, José Vázquez “O Meco” de Camposancos, José Uris Fernández,  Luís Díaz González “Licha”, Manuel Díaz González “Ligero”, Fernando Díaz González “Nando” é Chelino.

Fotografía propiedade de D. Manuel Sobrino Sobrino de Buxán.

Festas do Monte  1.966

Equipo de SOLTEIROS: de esquerda a dereita: Javier  Franco Lomba, Antonio Martínez Vicente, Florindo do Bar Seixiños de A Gándara, Víctor, Fernando “Nanín”, Ignacio Iglesias, porteiro Rafael Couto, Manuel Sobrino, Joaquin Fernández Gómez, Agustin Franco Lomba, Narciso González, Luís Alberto Franco Lomba e David Pérez [finado no pasado mes de outubro de 2.003, descanse en paz o amigo David].

.

 INAUGURACIÓN DO ESTADIO DO TECLA EN AGOSTO DE 1.951 EN PLENAS FESTAS DO MONTE

                          A inauguración do ESTADIO DEL TECLA tivo lugar o 9 de agosto de 1.951[outros datos que temos dan o día 26 de agosto de 1.951],  sendo alcalde D. Ermelindo Portela Gómez, presidente do Club Deportivo Guardés D. Francisco Moreno Álvarez, estando invitados antiguos presidentes, colaboradores, membros das xuntas directivas, autoridades locais, federativas etc.etc.

 

                          O estadio fora mercado a D. Agustin Pena Pacheco [este a súa vez o había mercado a familia Troncoso para adicalo a campo de patacas] por D. Raimundo, D. José Lomba González, D. Manuel Portela “Portelita” do Castro e D. Laureano Trigo “O Galo” de Buxán..

                          Neste día xogaron o Real Club Celta de Vigo contra o Sporting Clube Salgueiros de Oporto e o saque de honra foi feito pola Sta. Carmen Gloria Alvarez Vázquez [filla do alcalde guardés D. Honorio Brasilino Alvarez Sobrino fusilado en decembro de 1.937].

 

                         Estaba presente tamén a Sta. Consuelo Candeira que fora a anterior madriña na inauguración do antiguo Estadio Troncoso [anos mais tarde finaría nun accidente de aviación no ponte Madrid-Barcelona] .

                       

                         Este Estadio Troncoso [en memoria de D. César Troncoso] fora inaugurado o 21 de agosto de 1.927, xogando o Club Comercial de Vigo contra o Deportivo Guardés. Gañaron os vigueses por 4 tantos a 1. No  Deportivo Guardés xogaron: Turco, Angel Domínguez, P.Fernández, J. Barreira, Juan Noya Gil, J. Núñez, Eduardo Iglesias, C. Ameal, Carlos Candeira, Ramón Polo e P. Pinilla.

 

                         Despois da inauguración tivo lugar un xantar de confraternidade para celebrar o XXXVII Aniversario do Deportivo Guardés, este xantar foi o colofón do DÍA DEL DEPORTIVO GUARDÉS, presido polo Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez e presidente do Club D. Francisco Moreno Álvarez, sendo invitado de honra D. Juan Noya Gil.

 

                        Despois da inauguración do Estadio do Tecla os  ex xogadores e directivos do antigo Deportivo Guardés fan unha reunión o 12 de outubro de 1.951 onde acordan reorganizar o equipo cos seguintes xogadores: Emilio Lorenzo Cividanes “Taboleta”[finado] José Vázquez Sousa“ Meco”, Elpidio Sobrino Álvarez “Elpidio”, Agustin Riego Lomba “Conejin”[finado], Martín Ferreira González “Martín”, José María Silva Vicente, Carlos Martínez Troncoso “Carlitos”, Manuel Martínez Álvarez “Polis Iº”, José Martínez Álvarez “Polis IIº”, José Carrero Alonso “Carrero”, e Manuel Diaz González “Ligero”[finado]. O primeiro encontro foi contra o Deportivo Coya de Vigo, gañando os guardeses por 4 tantos a 3..

 

                        Nomean adestrador e organizador a DEVA [D. Esteban Arrizabala Echevarría] quen consigue formar un equipo para poder participar na Liga Comarcal de Fútbol conseguindo un 4º posto final [22 encontros xogados- 16 gañados- 3 empatados- 7 perdidos- 66 tantos a favor e 53 en contra. Total puntos 29. Gañou a Liga Comarcal o Juventude Erizana de BAIONA con 37 puntos.          

 

                           Outros xogadores  entre outubro 1951 a decembro 1952 foron:

                      Manuel Pazó Vázquez “Mañaña”, Manuel Álvarez Barrabit, Alvaro Pérez Bernárdez, José Mª de Angulo Cordovés, Victoriano Moure Rey, Eliseo Rdríguez Rojo “Lilo”, Jaime Rocha Domínguez, Delfin Lorenzo Cividades “Delfín[ finado]”, Antonio Vidal Villaverde “Vidal”, Agustin Correa Eiroa “Correa”, Miguel Barros del Puerto, Enrique Fernández García, José Álvarez Barrabit, Cesáreo Barrosa Casas, Fernando Fernández Nespereira, Alfonso Gestoso Gallego, Juan Morais Martínez “Morais”, Manuel Alonso Vicente”Mon”, Victoriano Suárez Montero “Picho”, Braulio Montenegro Lores, Jesús Morales Ribeiro “Morales”, Manuel Franco Lomba, Jesús Cabido, Manuel Antonio Valverde Domínguez, Manuel Sola Pazos, Celestino Español Soutiño, Avelino Barcia González “Buli”, Urbano Vicente Trigo “Urbano”[finado], Venancio Gutiérrez Alonso e Victor Mouriño González.

 

 

ESTADIO TRONCOSO 1.927 - ESTADIO DEL TECLA 1.951 - no século XXI UNIDADE DE ACTUACIÓN URBANÍSTICA.

 

                      Nesta fotografía escaneada dun folleto editado con motivo da inauguración do Estadio do Trega a madriña do Deportivo Guardés en agosto de 1.951 [en plenas Festas do TREGA]. Esta madriña era Carmen Gloria Álvarez Vázquez filla do Alcalde D. Honorio Brasilino Alvarez Sobrino e de Dona Carmen Vázquez Palacios "Carmucha" [sobriña do arquitecto porriñés D. Antonio Palacios Ramilo], Dona Carmucha foi unha das grandes impulsoras do TRAXE GALEGO na Guarda, recibindo no seu día unha homenaxe da Comisión de Festas do Monte.

 

                       Na primeira inauguración [Estadio Troncoso en honra de D. César Troncoso] fora a madriña a Sta, Consuelo Candeira [membro da saga CANDEIRA que tanto fixeron a nivei económico e empresarial pola GUARDA e a quenes nunca se lles deu o merecemento que gañaron varias xeneracións, dende eiquí unha lembranza para estes guardeses de pro], quen desgraciadamente finou nos anos cincoenta do século pasado en accidente de aviación cando comezaban a funcionar os famosos "puentes" entre Barcelona e Madrid.

 

                       Nestes momentos o único que se conserva en bastante bo estado e a fachada de pedra do Estadio do Trega feita en granito e co escudo de A GUARDA construido en "gres das Cachadas", pero como podedes ver co "barquiño" a esquerda da atalaia é non a dereita cómo é debido....

 

        

          Fotografía do ESTADIO TRONCOSO en 1934 propiedade de Anastasio Fuentes.

 

          O Estadio Troncoso [nome do mecenas guardés D. César Troncoso Vicente, quen “prestou” o campo para a práctica do “balompié” ca condición de que retornaría a seu poder tan pronto deixara de xogarse. Seu sobriño D. Luís Fernández foi a persoa que mÁis loitou para que D. César cedera] foi inaugurado o 21 de agosto de 1927 [en plena Festas do Monte].

 

          Xogan neste partido inaugural o Comercial de Vigo (4) contra o Deportivo Guardés (3). Polo Deportivo xogou toda a plantilla: Turco, Manuel Domínguez Pacheco, P. Fernández, Jaime Barreira, Juan Noia Xil, Jesús Rodríguez, José Núñez, Sergio Domínguez, Alfredo Quintas, Eduardo Cividanes, Emilio Iglesias, Carlos Ameal, Salvador Silva, Ramón Alonso “Mon”, Manuel Cadilla “O Cubano”, Carlos Candeira, Ramón Polo, Aguinaldo Alvarez, Elidio Silva, David Silva, Manuel Sobrino González, Isaac González Moure, Luís Santiago, Pepiño Alonso e P. Pinilla.

 

             Na guerra civil [1936] no Estadio Troncoso apenas Se xogaron encontros de fútbol, o Deportivo Guardés e demais equipos quedaron sen xogadores [uns para a guerra, outros fusilados e outros falecidos en combate] polo que a familia de D. César Troncoso [seu sobriño D. Luís Fernández] fan valer a cláusula de devolución E en 1937 o Estadio Troncoso pasa as mans de D. AgustÍn Pena Pacheco, quen o dedicaría a campo de patacas, de millo e de tabaco.

           En 1950 pasa as mans de Raimundo Lomba González e seus irmáns, de Manuel Portela “Portelita” de O Castro e de Laureano Trigo “O Galo” de Buxán, inaugurándose o Estadio do Tecla un 9 de agosto de 1951 E o día 19 de outubro de 1986 unha pala excavadora da Fábrica Lomba Camiña “Das Cachadas” rematan 59 anos de existencia do terreno de xogo [menos os 13 anos de campo de patacas] mellor de Galicia.       

                                                                   José A. Uris Guisantes.