www.galiciasuroeste.info

Gumersindo Salinas Jiménez-María Picón Vázquez doña Maruja

Por José A. Uris Guisantes

 

Dona Maruja e seu esposo Gumersindo. Fotografía cedida por súa neta Blanca Salinas Moreira

-----------------------------

Gumersindo Salinas Jiménez era veciño de Ribadavila, naceu o 12 de novembro de 1897 en Jaruco (provincia de Mayabeque-Cuba),  fillo de Gumersindo (capitán da Garda Civil) e a moza cubana, Regla. Salinas falece un 4 de agosto de 1977 no seu pobo de adopción, A Guarda. Disfruta nesa dunha pensión como brigada do exército.

 

Ca perda de Cuba pasan a España, onde seu pai foi destiñado a Baiona e logo a Vigo. En 1918 ingresa no exército, en 1922 pasa á Lexión en Marrocos que mandaba Millán Astray, recibindo a Medalla al Mérito Militar con distintivo rojo, no desembarco de Alhucemas, combatendo na guerra civil.

 

Igrexa de Jaruco (Habana). O  territorio de Jaruco  cubre unha superficie de 275,7 quilómetros cadrados, está a 30 quilómetros da Habana.  Limita  ó norte co municipio de Santa Cruz del Norte, ao este con Madruga, ao sur con San José de las Lajas, é ao oeste ca Habana del Este.  O nome de Jaruco provén dunha voz indíxena  Axaruco que siñifica corrente de auga doce…

--------------------

En 1936, estando en Compostela, casa ca moza María Picón Vázquez, filla do escultor galego Jesús Picón, do matrimonio naceron Urbano-Javier, Gumersindo e Digna del Carmen Salinas Picón, xa falecidos.

 

Na Guarda, pasaron a vivir nunha casiña da familia dos Pintanexos na rúa Puerto Rico nº 5. El e a súa dona tiñan un posto de souvenirs no cumio do Trega a comezos dos anos cincoenta, así atopei que o 10/01/1955 Salinas figuraba de alta en Licencia Fiscal por Industrial, con  quincallería al aire libre en el Monte Tecla, oficialmente dende o 20/8/1955.

 

Na Colonia española en Africa fundara o xornal La Opinión de signo monárquico conservador. Obrigado a abandonar a carreira militar, chega á Vila da Guarda, instalándose nun baixo da familia dos Pintanexos na rúa/ Puerto Rico nº 5. Foi nomeado correspondente de Faro de Vigo e O Caminhense, semanario editado en Caminha (Portugal), fundado por José Ceppa. Tamen no semanario local Nuestra Lucha de vida efímera, nel escribía baixo o pseudónimo de Ard-el-Rian Omar.

 

O seu fillo Javier vivíu de bohemio case que toda a súa vida, casado con Enriqueta Martín Rey. Gumersindo Sindo, traballou moitos anos como cargador da empresa de transportes Lomba e logo pasaría a ser empregado municipal. Foi o primeiro conductor do primeiro coche de Servicio Municipal de Limpieza. En 1973 pasou a gañar 6.000 ptas mensuais.

 

Digna María Salinas Picón,  traballou arreo, emigrante e logo empresaria collendo o traspaso do Restaurante El Pescador, onde hoxe está a Confraría Santa Trega.

 

Salinas, en 1958 edita unha guía turística do Trega Cumbres del Monte de Santa Tecla, reeditada polo seu fillo Gumersindo en 1969. Colaborador do Grupo Aranzadi de Ciencias Naturales. Durante moitos anos foi o guía popular y  romántico trovador del Monte de Santa Tecla. Con motivo do Días das Letras Galegas de 1994, a Agrupación Cultural Guardesa dedicoulle un emotivo acto en presencia dos familiares, amigos, socios e veciños.

 

Ademais de guía no Trega tiña un negocio de souvenirs do que tirou licencia, cando o Concello obrigou a elo: Quincallería al Aire Libre en Monte Tecla. 20 de agosto de 1955.

 

Gumersindo Salinas Picón, casado con Manuela Moreira Matos. Traballador na empresa Transportes Lomba e máis tarde empregado municipal como conductor do camión do servicio de Limpieza Pública. Gumersindo debeu comezar a traballar co vehículo en 1969. Primeiro a Corporación acorda mercar un vehículo e logo foi cando contrataron a Salinas, así o 16 xaneiro 1969, na sesión presidida polo Alcalde, José L. García Pérez. Fotografía cedida por Blanca Salinas Moreira.

 

Se acuerda comprar el vehículo destinado a Limpieza Pública a la Empresa Rolcar de Vigo por 314.000 ptas a pagar en dos plazos.

 

Salinas, como dixen, publicou varios anos a primeira guía turística do Trega, co título Cumbres del Monte Santa Tecla. Tamén colaboraba cas axencias de viaxes Amado e Cantabria.

 

O alcalde da Guarda, José Luís García Pérez (veciño de Salinas) diríxese por oficio nº 372 do 26/03/1966 ao Delegado Provincial do Ministerio de Información y Turismo,  expoñendo o seguinte …

 

El vecino de esta localidad Gumersindo Salinas Jiménez, actuando de forma oficiosa como intérprete y cicerone de los numerosos vistantes que acuden a esta Villa en visita al Monte de Sta Tecla.

 

Versado en la historia del Monte, sería conveniente y por ello lo expongo así a VI la conveniencia de que se diera al referido vecino el carácter oficial que requiere su actuación, por lo que solicito la oportuna autorización de ese Centro Directivo, o indicando los trámites necesarios para obtener esta autorización. Dios guarde a VI muchos años. La Guardia 26 de marzo de 1966. Fdo. El Alcalde.

 

O Delegado contesta ao alcalde  por oficio nº 1695 do 26/03/1966 e este traslada a Salinas por oficio nº 257 do 4/04/1966 o seguinte:

 

… El Delegado Provincial del Ministerio de Información y Turismo de esta provincia, en escrito nº 1695 de fecha 29 de marzo último, me dice lo que sigue:

 

Con referencia a su escrito nº 322 de fecha 26 del actual, tengo el gusto de comunicarle, que apreciadas las cualidades de Gumersindo Salinas Jiménez, que viene actuando de forma oficiosa como intérprete y “cicerone” de los visitantes que acuden al Monte de Sta Tecla de esa Villa, se le recomienda que se presente a la próxima convocatoria de exámenes, para la habilitación de Guías y Guías Intérpretes.

 

El año pasado, dicha convocatoria para los exámenes de esta provincia, tuvo lugar en el mes de agosto. Al mismo tiempo, pláceme informarle que el Reglamento que regula el ejercicio de las profesiones libres de Guías, Guías-Intérpretes y Correos de Turismo, fue aprobado el 17 /07/1952, y reformado por la O.M. de 18/05/1954.

 

Lo que tengo el honor de trasladar a Vd para su conocimiento y demás efectos, rogándole tenga a bien firmar el adjunto duplicado para constancia. Dios guarde a Vd muchos años. La Guardia a 4 de Abril de 1966. Fdo. El Alcalde.  

 

Visita o Trega en 1965. Gumersindo Salinas con gorra branca a seu lado o Gobernador Civil o lado, Antonio Rodríguez Rolán (presidente da Pro Monte e da Comisión de Festas do Monte), sen corbata; Alfonso Martínez Peniza e outras autoridades provinciais no miradoiro da Cruz de San Francisco. Estaban tamén neste evento da inauguración dunha vivenda castrexa restaurada, o presidente da Deputación, Alcalde da Guarda, José Luís García Pérez e do Rosal, Manuel Suárez Marquier. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso

 

                  Era o día da inauguración oficial da reconstrucción dunha casa castreña no Trega. Acudiran ao Castro de BRITEIROS (Portugal) o Sr. Salinas, D. Angel Luís Troncoso e D. Jesús Juan Garcés co obxeto de documentarse ben antes de pasar a reconstrucción da casa castreña.

 

Gumersindo Salinas Picón. Fotografía cedida por súa filla Blanca Salinas Moreira

 

 

José A. Uris Guisantes