PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

 D. GUILLERMO VICENTE SANTIAGO

ALCALDE REPUBLICANO DE TUI EN 1936

(página 1)   (página 2)

Por José Antonio Uris Guisantes

Panorámica do Centro Sanitario en 1932.Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso. 

                       Don Darío pasa a vivir e traballar en Vigo, en 1947 foi detido nesta cidade xunto a varios profesionais por pertencer a U.I.L. [Unión de Intelectuais Libres], en 1974 funda o Movemento  Socialista de Galicia [M.S.G.], fusionados máis tarde co P.S.G. [Partido Socialista  Galego], abandonando o partido en 1979. Foi médico asesor de PESCANOVA, empresa na que fixo un profundo labor profesional.

                      Casado con dona Carmen Gándara “Carmiña” tiveron dous fillos don Darío e don Alfonso Álvarez Gándara [avogado e concelleiro por Unidade Galega sendo alcalde Manuel Soto].

 

Guillermo Vicente Santiago [dereita] no Brasil con un irmán.

Fotografía propiedade da familia.

                       Don Ramón Cavanillas escribiu uns versos dedicados a seu pai  en 1952 que entregou en Madrid, envoltos nun xornal, para evitar que a policía secreta os detectase, titulase:  

CAVILACIÓNS

A boa memoria do mártir Darío Álvarez Limeses

¡Ou Terra mergullada na barreira

do infindo dor, en tráxico desmaio,

cando escoito o teu laio

sinto o degaro ardogo

de vida cega e xorda da toupeira

e o silandeiro furo do sartego!.

 

Dempois de impío devanceiro estrago

ficou sangrando o corazón da terra

sobor dos hosos do señor Sant Yago.

 

Nos abertos, segueiros e cunetas

carnes apodrecidas procederon

en moradas e tristes violetas.

 

O tesouro froral de uces e toxos,

debullan as chorimas amarelas

e os gromos saien polo sangue roxos.

 

O forno familiar ten pan acedo,

nas fiastras salían voces mortas

e atranca as portas do fogar o medo.

 

O can oubea espantos na palleira,

nas ruinas das chouzas prangue o  moucho

e hai pantasmas no fume da lareira.

 

Non baten as campanas

máis que a cabo de ano

e as misas gregorianas

 

Si a grea torna da romaxe á ermida,

onde foi a pregar a paz perdida,

os foguetes que estalan,

abrindo un novo laño na ferida

de outros estrondos fala,

e as nais, chorando, o corazón desfeito,

os filliños apertan contra o peito,

e os pais, tremendo de carraxe calan.  

 

O sangue, durecido, rouro,

tingue os valos dos probes camposantos;

un estricado, barborante estroudo

urra na escuridade dos recantos

de carballeiras, matos e piñales;

a fraticida furia

enche de espantos, de tremor, de anguria

o cocho dos piedosos milleirales.

 

¡Ou sacra, Terra miña, encravuxada

da fonte da crueldade,

da inxusticia e da forza asoballada!.

 

¡Quen te vira alonxada

deste mando de lobos carniceiros,

camiño da lumiosa sereidade,

bogando antre luceiros

no saturnal anelo da Saudade!.

 

                                Ramón Cabanillas 26/X/1952

 

[Publicado en La Voz de Galicia o 27 de xuño de 1976]

 --------------------     

Nota:    (*) O Partido de Esquerda Republicana [ no ano 1936 dentro do Fronte Popular que foi unha coalición dos partidos políticos de esquerdas que se presentaron ás eleccións celebradas en febreiro de 1936] foi fundado por don Manuel Azaña Díaz [1880-1940], integrado tamén pola ORGA [Organización Republicana Galega Autónoma, dirixida por don Santiago Casares Quiroga] e o Partido Radical-Socialista de don Marcelino Domingo.  

                        D. Guillermo, o igual que a maioría dos políticos do Baixo Miño, estaba tamén relacionado cao ORGA e cos nacionalistas moderados do Partido Galeguista [fundado por don Antonio Vilar Ponte].

                         Por certo que o Partido Galeguista pasou dende 1918 de te-lo concepto de “GALICIA como NACIÓN” a 1931 a “GALICIA, célula de universalidade”, e na II República non detentaba- por si mesmo- o nacionalismo galego. 

                         D. Guillermo ten contactos con Alexandre Bóveda e Francisco Rodríguez Castelao cando estes se dedícan a facer propaganda política en 1931 para consolidar o Partido Galeguista na provincia de Pontevedra.

 

Dona Josefa García Segret ós 54 anos. Mestra en Forcadela, outra represaliada polos militares<>falanxistas en 1936, primeiro foi seu compañeiro Hipólito Gallego Camarero fusilado e martirizado en Mondariz; logo seu pai que falece de pena mentres ela estaba de prisión en prisión e ca pena de morte enriba. Salvou a vida gracias a axuda das propias presas na prisión de Tui [baixo do Xulgado de Tui] e sobre de todo do médico don Darío Álvarez Blazquez que asinou o certificado do aborto simulado.... Autora do libro “Abajo las Dictaduras” hoxe esgotado.

             D. Alejo Diz Jurado e D. Darío Álvarez Limeses, dous auténticos mártires da represión falanxista, segundo Dona Josefa García Segret [....] considerados por el pueblo cómo los Patricios por las virtudes que encarnaban sus bondadosos actos, y aún hoy (1982) se les recuerda como “padres de los pobres de Tuy”.

Bandeira da II República Española.

                Hipólito Gallego Camarero mestre de Forcadela asasinado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, o final do calvario, cravado en terra por unha baioneta, cando apareceu tirado na cuneta estaba totalmente desfeito, de tantas barbaridades cometidas contra seu corpo. A viúva dona Josefa García Segret acusa e nomea no seu libro Abajo Las Dictaduras a: Francisco Pino de Forcadela, Álvarez Aldir, Manuel de Santiago, Gumersindo Alonso “O Rubio”, Tomé e Pablo Bugarín Domínguez.

                 Dona Josefa García Segret esposa do mestre mártir Hipólito Gallego Camarero finou en agosto de 1986, despois dunha estadía na Vila de A Guarda na casa de María Baz e de Manuel Domínguez Pacheco “Taxota”, súa muller Concha Andrés García foi unha das mulleres presas en Tui que axudara a dona Josefa.

                O avogado e militante socialista de Pontevedra don Gonzalo Adrio Barreiro [familia tamén represaliada en 1936] escribe un artigo en La Voz de Galicia o venres 5 de agosto de 1986, citando unas frases del libro”Abajo las Dictaduras”:  

               [...] También es una formación para los jóvenes de hoy que no conocen las guerras ni sus horrores; leen las narraciones verídicas para que las juzguen como el peor mal que cae sobre la humanidad, cuando alguien por ambición de poder desata una guerra y con ella quizá... una conflagración mundial. Vivamos en paz y apartemos los mal entendidos....

                 Para cando os cidadáns e póliticos da cidade de TUI deixarán o recoñocemento destes mártires republicanos baixo miñotos... ¿ou queren esquecer unha importante faceta da historia de Tui?. O esquecemento da verdade non é o mellor que pode facer un pobo.........

Escribía Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende Bós Aires en 1942, respecto de Alonso Ríos....

                       [....]  xa non temos a Galiza diante dos ollos; pero ambos levámola no corazón e no pensamento. Non vivimos de recordos, como viven os vellos carcamáns, senón de ilusións frorecidas en novos anceios.........

Pero neste caso de poder homaxear a un Alcalde de Tui nin existen os recordos OFICIAIS...........

                                                       José Antonio Uris Guisantes.