PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

HERMELINDO PORTELA GÓMEZ

por Xosé A. Uris Guisantes

Foto: Antón Ferreira

 

                         Acaba de falecer no seu domicilio da rúa Porto Rico da GUARDA, D. HERMELINDO PORTELA GÓMEZ ,  médico retirado, director do Centro Sanitario [oficialmente naquelas datas Centro Secundario de Hixiene Rural], alcalde da Vila Guardesa dende 1949 a 1959, presidente da Comisión de Festas do Monte Tecla en 1.952, último presidente da Sociedade Pro Monte Santa Tecla ata 1.979.

 

                         Nado en outubro de 1.918 en plena “pandemia gripal” como el dicía...[....] las campanas ya no tocaban a muerto para que non cundiese más alarma.....los médicos de entonces dieron un alto ejemplo de dedicación y sacrificio..

                        As primeira letras, sumar e multiplicar apréndeas na escola de Dona Laura Vicente Neira, logo pasa a escola de D. Manuel Rodríguez Sinde, o fútbol o practicaban na rúa [...] sorteando la vigilancia del cabo de Municipales, el famoso “tío Benito”.

 

                       Gran lector da Biblioteca Circulante da Sociedade Pro Monte Santa Tecla, influíndo máis tarde na súa grande afección á lectura, sendo Los Episodios Nacionales os máis lidos.

   

                    Moitos anos máis tarde, como médico de cabeceira, atendeu a miles de pacientes tanto na súa consulta particular [primeiro na rúa San Bernardo e anos despois na rúa Porto Rico], tiveran ou non cartos, acolléndose nos anos corenta o sistema de “igualas”, pagando unhas pesetas cada mes – segundo o número de fillos - para logo ser atendido gratuítamente as veces que fixera falta.

                 

                        Lembro que debido a seu carácter parecía como que ca súa presencia física no domicilio xa se curaba o enfermo, cando tiñamos o sarampelo, papeiras ou anxinas.....receita: Piramidón para febre, Ceregumil e cama......  

 

                         Logo foi nomeado médico de A.P.D. (Asistencia Pública Domiciliaria), anos máis tarde médico do I.S.M. e finalmente incorporado á Seguridade Social en San Miguel de Tabagón (O Rosal) e A Guarda onde chegada a idade pasa a ser xubilado, aínda que en plenas facultades físicas e mentais pasaría varios anos máis consulta particular no seu domicilio.

 

                        Mención aparte é a súa dedicación ó Centro Secundario de Hixiene Rural instalado no Hospital Casa Asilo, institución sanitaria modélica naquelas que foi levada a cabo por iniciativa de D. Avelino Vicente González dende 1.918, concretada cando o edificio foi cedido ó Instituto Provincial de Hixiene de Pontevedra en 1.932.

 

                          O Centro Secundario tiña consultas de: Tisioloxía, Hixiene Social, Hixiene Infantil e Pre Escolar, Maternoloxía, Oftalmoloxía, Otorrinolaringoloxía, Odontoloxía e Venéreas.

                          Os escolares dos anos cincuenta aínda hoxe nos lembramos de facer cola no Centro para pasar revisión, algúns recibir inxeccións de calcio o vacinarnos.

                          No ano 1.977 o edificio foi devolto ó Patronato Casa Asilo pola Dirección Provincial de Sanidade.

 

                          Sendo D. Hermelindo Alcalde e Director  médico do centro Secundario de Hixiene logra que se habilite un Centro de Alimentación Infantil que se inaugura o 28 de febreiro de 1.952, ca presencia de autoridades locais e provinciais.

 

                          Comeza  o reparto de leite procedente do Rosal, hixienizada en autoclave e distribuída en botelliñas hermeticamente pechadas.

 

                          A famosa GOTA DE LEITE creada na Guarda na IIª República dirixida  a nenos/as ata tres anos de idade, que naquelas datas viña a paliar dalgún xeito a situación alimenticia dos máis pequenos que falecían en grande cantidade [os anxeliños finados por “disentería”]. Un dos últimos Directores do Centro Sanitario [antes da Guerra Civil] foi D. Pedro Lozano quen o 5 de xullo solicita da Xunta Directiva do Recreo Artístico  que repitan a obra teatral  “Vivir” no Cine Ideal a beneficio......[...].. de la Gota de Leche que funcionaba en dicho Centro....[a obra teatral fora protagonizada polo Cadro de Declamación do Recreo].

 

                         Como refería D. Hermelindo para completa-la alimentación tamén se repartían outros alimentos como: Galletas, arroz, leite en po, queixo, chocolate, azucre, etc. Nos anos cincuenta podíase ver cómo os irmáns maiores e algunhas nais acudían diariamente á procura das botellas de leite para os pequenos, algunhas en botellas de gasosa das de “bóla”.

 

                         Tamén dependía de D. Hermelindo levar a cabo a atención de enfermos tuberculosos xa que o Centro Secundario de Hixiene era ó mesmo tempo un Dispensario Anti Tuberculoso.

 

 

                          Unha das persoas que propiciaron a recadación de diñeiro en Porto Rico foi D. Tomás Rodríguez Rodríguez “Don Tomás”, oriúndo do barrio mariñeiro e que propiciou que ducias de guardeses/as se puideran curar ca penicilina e outros medicamentos mercados cos cartos de Porto Rico, administrados pola Junta de Socorro a Pobres y Enfermos Necesitados de La Guardia, presidida polo Alcalde e Director do Centro D. Hermelindo.

 

                           Esta Xunta, soamente dende xaneiro a novembro de 1.952, atendeu a 138 enfermos, curándose 109.

 

                            Tamén funcionaba A Cociña Económica supervisada polo Director do Centro e Alcalde na que no ano 1.952 se repartiron 2.406 racións simples e 2.939 dobres.

 

                            Lémbrome D. Hermelindo dos cidadáns que estaban medios curados da tuberculose pero que aínda tiñan secuelas contratándoos no Concello como gardas municipais ou de servicios varios.

 

                            Como Alcalde que eu me lembre e con un presuposto precario, construíronse moitas fontes públicas de auga potable (Obra Social del Movimiento), traída de auga dende Os Casas, vivendas sociais de Santa Tecla en Fedorento. e un longo etc....

 

                            No ano 1.951 asiste á inauguración do Estadio del Tecla e na cea homenaxe do XXXVII Aniversario da creación do Club Deportivo Guardés, xúntanse por medio do deporte D. Xoan Noia Xil [republicano e perseguido]  e D. Hermelindo Portela Gómez [Alcalde e representante oficial de Franco ]......

 

                           D. Hermelindo Portela Gómez di [....] dejémonos de divisiones (por aquilo da política) y de atomizaciones dentro de nuestro Municipio, que no hacen más que debilitar la potencia del conjunto, y vayamos con ánimo decidido a la constitución del nuevo Deportivo Guardés.....

 

                            D. Xoan Noia Xil di [....]  En este día grande para La Guardia, conviene hacer examen de conciencia, y sentar los pilares de lo que debe ser en el futuro su equipo representativo. Todos unidos, con el pensamiento muy alto, por encima siempre de las bajas y quisquillosas pasiones pueblerinas.....

                            Un feito importante tivo lugar no ano 1.951 cando D. Hermelindo e a Corporación aproban  a apertura da Estrada de Circunvalación o Tecla que puxo en comunicación a Vila co barrio da Cruzada e abrindo outra entrada a Camposancos. No ano 1.961 outra Corporación puxo o nome de D. Manuel Álvarez Vicente a esta estrada, hoxe unha grande avenida. Daquela D. Hermelindo tivo que facer malabarismos e moita “relación pública” diante dos “afectados” pola expropiación.

 

                            Lembremos que a rúa mais importante antes desas data para comunicación do Barrio de A Cruzada co resto da Vila era a rúa da Cal que entroncaba ca rúa da Roda e saía na fonte da Riveira, outro ramal para os mariñeiros saía por Inguieiros.

 

                            Non sei o porqué das xustificacións feitas pola Corporación de 1.961 de esquecerse do nome de D. Hermelindo Portela Gómez e acordar o de D. Manuel Álvarez Vicente, alcalde importante na súa época que marcou “escola” pero que non tivera que ver nada co grande paso politico de apetura da estrada, hoxe unha das mais modernas da Vila Guardesa.    

 

                            O 13 de agosto de 1.955 preside a inauguración da rúa República Dominicana que solicitaran os guardeses residentes en Santo Domingo.

 

                            Seu pai D. Ermelindo Portela Melón fora un dos “indianos”retornados de Porto Rico en 1.914

 

                            E seu irmán D. Julio Portela Gómez Director de Xestoría Portela, xa falecido, tamén fora alcalde dende 1945-46.

 

                            Nos comezos de tomar posesión cómo Alcalde [daquela eran nomeados polo Gobernador Civil respectivo] en 1.949 tivo lugar un acontecemento relixioso que moveu profundamente a sensibilidade dos veciños da Bisbarra do Baixo Miño e sobre de todo os da Vila Guardesa, esta foi a chegada da Virxe de Fátima [tiña eu uns seis anos] procedente do Santuario de Fátima Portugal onde fora bendicida a imaxe.

 

                             D. Hermelindo presidiu a comitiva que se achegou a Caminha (onde soamente puideron desembarcar as autoridades o non haber aínda libre circulación nas fronteiras), para recolle-la imaxe das mans do párroco de Caminha Padre Xosé Vas, fixoo o Bispo de Tui D. José López Ortiz, chegando logo ó porto da Guarda, acompañada da flota pesqueira do barrio mariñeiro, dende o Esteiro do Miño ata o porto e dende alí ata a igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción da Guarda.

 

                          O párroco daquela era D. Saturnino Gómez Vila que faleceu pouco máis tarde, quedando de interino D. Cándido Rodríguez Vicente quen ordenou construí-la capela dedicada á virxe de Fátima.

 

                         Última Xunta Directiva da Sociedade Pro Monte Santa Tecla e Centro de Iniciativas e Turismo da Guarda, presidida por D. Hermelindo Portela Gómez:

 

Vicepresidente D. Antonio Martínez Vicente

Secretario: D. Jesús Alonso Álvarez

Vicesecretario D. Miguel Sobrino Blanco

Tesoureiro. D. Manuel Martín Goyás

Vicetesoureiro: D. Prudencio Martínez Pena

Vocais: D. Rodrigo Pacheco Lomba, Dona Florentina Andrés Álvarez, D. Ángel Troncoso Alonso e como vocal nato nesas datas o Prior  D. Arturo Martínez Martínez [hoxe párroco de San Miguel de Tabagón].

                         As 11 da maña do 24 de febreiro de 1.974 ten lugar a inauguración dos novos locais da Sociedade Recreo Artístico Guardés, bendecidas polo Padre Somasco Luis Figone quen asimesmo era o Director do Colexio PP. Somascos. O presidente da sociedade D. Alfonso Martínez Peniza deu as gracias aos presentes e a todas aquelas persoas que doaran materiais e cartos para que o Recreo fose unha realidade social.

 

 

                   Segundo Xoaquin Álvarez Villa, [....]  O médico local D. Hermelindo Portela Gómez presentou no acto ó ilustre escritor e médico D. Darío Álvarez Blazquez [membro tamén da Real Academia Galega] quen ofreceu unha charla en lingua vernácula, pechando o acto o alcalde D. Raimundo Lomba González.

                             

                   Independentemente do pensamento político está a persoa é cómo persoa, profesional da medicina e cidadán guardés os meus máximos respectos para el e toda a familia, Ermelindo, Javier, Mª Lucía, Mª José Portela Silva, Mari Carmen Pallarés, Gloria Vicente e Carlos Rey.

                                                                                    José  A. Uris Guisantes.

                                                                                       Xaneiro 2.003