www.galiciasuroeste.info

 

Unha sección de Agustín Ferreira Lorenzo

agufelo@gmail.com 

   

     Quen non escoitou algunha vez a expresión “que tempos aqueles, ee che!!”,  cando persoas de certa idade se atopan e comentan os anos de rapaz ou de mozo, ou cando miran alguna fotografía que nos rememora o pasado? Pois esa é a filosofía que se quere imprimir a esta sección fotográfica na que, de seguro, moitos volverán a vista atrás lembrando, precisamente, aqueles tempos, que tempos aqueles, eee, che!! Que vos guste e estamos abertos a recibir e comentar novas fotografías.

 

Na Pensión España, local situado na rúa Vicente Sobrino, celebrouse a voda de Manolo Acevedo con Pilar Rolán, a ela asistiron, entre outros convidados, os que aparecen na fotografía, mentres esperan a ser servidos na hora do banquete. De esquerda á dereita, son: Luis (do Rosal, antigo batería dos “Bambinos”); José Mª Lomba Baz;  Juan Acevedo “O Camposino”; Enrique Vicente Baz, “Quiño”;  Jesús “O Cego” e José Luis González Melón  “Santeiro”.

 

Na Alameda da Guarda, posiblemente durante algunha festa, tres amigos da infancia, Juan Acevedo “O Camposino”; Manolo “O Neura” e Julián, fillo de Paulino o da “Caracolera”.

  

Nun pobo mariñeiro, a pesca con cana ou barisca é algo que está a orde do día. Facíase antes e faise agora. Apoiados no antigo paredón que había na estrada do porto, vemos a estes cinco amigos que viñan de pescar, de esquerda á dereita, son Arlindo (Lindo); Antonio “O Viruelas”; Juan “O Camposino”; Eduardo “O Tarrete”, irmán do Benitola; Mario “O Pincha”. Ademais, sentado a certa distancia deles está Bernardo “O Melé” e o neno que vai andando é Vicente “O Chulo”. Esta pandilla viña de pescar barbos e dirixíanse á tenda da tía “Naranja” onde fritían os peixes. Como di Juan, “faciamos unha caldeirada de barbos impresionante, pois dentro do porto había moitos destes peixes”.

 

Mozos de 16 a 18 anos: Julián da Caracolera fillo de Paulino; Ricardo; José Mª, irmá de Ignacio  “O Viruelas”, Agustín “o da Otilia”; Luis “O Sordo”; Manolo “O Carioca”; Juan AcevedoO Camposino”; Enrique Vicente “O Quiño”; Joaquín o da Chelito da Graciela; Ignacio.

  

As festas eran, sen lugar a dúbidas, as mellores ocasións para sacar fotos nunha época no que as cámaras practicamente estaban nas mans dos fotógrafos profesionais, así que moitos aproveitaban estes eventos para inmortalizarse, como neste caso, durante unhas Festas do Monte na Alameda da Guarda.  De esquerda á dereita:  Manolo da Otilia; José María; Julián e Juan Acevedo

 

Juan Acevedo “O Camposino”, Enrique Vicente “Quiño”; Joaquín, José María; Constante “o do Alborada”; Luis “O Sordo”, Luis Ángel “O Cabrera”; Jesús Verde “O Zarzallo”.

 

1) Juan Acevedo O Camposino; (2) José Luis “O Cabrera”; (3) Luciano;  (4) Luis “O Sordo”; (5) Lolo; (6) Constante “O do Alborada” ; (7) Tolín “O Cerejas” e (8) Jesús “O do Saudade”.

 

Procesión da Virxe dol Carme pasando fronte ao Convento das Benedictinas.  (1) Cuevas, xogador do Guardés; (2) Eduardo “Tarrete”; (3) Jesús “o do Saudade”; (4) José María; (5) Juan Acevedo,  (6) Lalo, o de Finucha.

 

Fotografía de familia que era obrigatorio facer antigamente. No centro da imaxe Francisco Durán e Candelaria sogros de Juan Acevedo, arredor deles os fillos: (1) Benito; (2) Pilar (a muller de Juan); (3) Carolina, (4)Fico.

 

O que máis ou o que menos, conserva fotografías das máis famosas festas do pobo, as Festas do Monte, sobre todo do xantar no Trega, como sucede neste caso: (1) Elvira, sobriña de Juan Acevedo “O camposino”; (2) Carmen, tamén sobriña de Juan; (3) Antonio “o Chicho”; (4) Juan Acevedo. Con sombreiro, detrás de Juan, (5) Luis “O Haya”; (6) Rosa Acevedo; (7) Charo a filla da Julia, e (8)  Carmen, casada con Paulino, o fillo de Arsenio “o do Carro”.

 

 

Agustín Ferreira