PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

IMPRESIONES DEL TECLA

Excursión

por Joaquin Portela

1934

Comentario de José Antonio Uris Guisantes

       A Concellalía de Cultura?? de A Guarda copiou é editou  un traballo do perruqueiro/barbeiro don Joaquin Portela Martínez que fora editado en 1934 pola imprenta “Casa Táboas” de La Guardia.

 

           Pois ben, unha persoa con nome e apelidos de A Guarda, testemuña vivinte daqueles anos, é que ademais pertenceu  cómo directivo o CLUB DE ARTESANOS de A GUARDA, así cómo tamen a comparsa  LOS POLLOS BIEN, que actuaron nos Carnavais de 1928 nos indica que a fotografía que aparece  no citado libro copiado por orden da Concellalía de Cultura?? NON É don Joaquin Portela Martínez alcumado “LUCERO” polo pobo guardés.

                 Nesta fotografía da Comparsa LOS POLLOS BIEN do Club  de ARTESANOS de A Guarda, sociedade obreira por excelencia, sita na rúa Cervantes, onde estivera o cuartel da Garda Civil pode verse a don Joaquin Portela Martínez “Lucero” quinto pola esquerda na fila de abaixo o lado dun neno....

             Prespectiva de Joaquin Portela Martínez “Lucero” mais aumentada, pode verse que  [nove anos antes da publicación do escrito “Impresiones del Tecla”] xa está case que calvo, o apéndice nasal non é o mesmo, nin a espresión, polo tanto trátase dunha fotografía que non corresponde ao autor do escrito.

 

             Na parte superior podemos contemplar de o lado dereito [vendo de fronte a fotografía] a Juan Noya Gil é o seu lado con “tupé” [mesmo na esquina da bandeira] a persoa que ainda vive de tódolos compoñentes da Comparsa “Los Pollos Bien”.

            A barbería/ perruquería de Lucero estaba na casa que hoxe é propiedade de dona Isabel Adrover Adrover e seu esposo Benito Lomba, fronte ó comercio de Modas Alonso. Esta casa era propiedade de don Adolfo Rivas antigo xuiz de A Guarda e armador.

 

            Outra barcería/perruquería era a do tío Juan O BOTA no comezo da rúa Vicente Sobrino [onde estaba a tenda de Amado Sola Ares], a do tío MARABILLAS na rúa Cervantes [era a mais moderna nestes anos vinte do século pasado] é a que nos referimos a de LUCERO.