Índice

www.galiciasuroeste.info

 

José Álvarez Alonso

O Buraco

Por José A. Uris Guisantes

  

seguinte

 

 

José Álvarez Alonso Buraco abrindo o ordenador e rodeado de libros na súa casa de A Buraca en Viso dos Eidos (O Rosal) o 27 de marzo de 2014. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

-----------------------------------

Antes de entrar en materia vou referirme a que o alcume de O Buraco está relacionado co topónimo do lugar que ocupan unas cantas vivendas de Viso dos Eidos, tal lugar leva o nome de A Buraca e cando José ingresa por primeira vez na escola, seus compañeiros lle comezaron a dicer O Buraco é así segue como alcume a todolos niveis con 71 anos, polo que co seu permiso me refirirei en adiante como O Buraco.

 

---------------------

 

Antes de  doblar a esquerda para coller o camino da Buraca pasamos por este símbolo varonil que semella un falo[1], rematado por unha cruz.

-------------------------------

José Álvarez Alonso O Buraco nace un 18 de abril de 1942 en Viso dos Eidos, lugar de A Buraca en Novás (O Rosal), fillo de José Álvarez Rodríguez e Carmen Alonso Lorenzo, naturais de Novás, e fruito do matrimonio foron estes fillos, Avelino, Nicolás (xemelgos), José (1/04/1942), Jesús (4/05/1943), Carmen (28/04/1944), Estela (29/01/1948) e Mercedes Álvarez Alonso (30/05)1951).

Seus país, José Álvarez Rodríguez e Carmen Alonso Lorenzo. Fotografías cedidas por Buraco.

------------------------------------

O matrimonio  tardou en ter fillos debido a que Carmen tiña problemas para poder seguir co embarazo, polo que como era costume en Galicia reciben os consellos de persoas maiores que tiñan sabiduría trasmitida de xeración en xeración en pobos e aldeas, para dar consellos con que tratar de poner remedio aos imprevistos de calquera crase.

O consello dado a familia de José e Carmen por esas persoas sabias, era  acudir a ponte Tamuxe e seguir o ritual de ter que estar as 12 da noite no ponte provistos dunha corda e un cacharro para poder subir auga do río, pero o acto debía ser feito pola primeira persoa que pasara polo ponte e esta debía botar a auga recollida no ventre da preñada, ademais de logo facer de padriño no bautizo. Na primeira ocasión que o fixeron levaba no ventre a dous futuros xemelgos (Avelino e Nicolás), pero non tiveron sorte porque o primeiro que pasou foi un can, abandoaron o ponte e uns meses mais tarde nacerían os xemelgos que faleceron no mesmo día de nacidos. Naqueles anos os partos eran nos propios domicilios, axudadas por mulleres con práctica no asunto, as que lles decían parteiras.

Neste caso de Carmen Alonso foi axudada por a tía Mercedes de Marcial (nai de Eleuterio Lorenzo da antiga fábrica de queixo Val do Tamuxe (O Rosal) a que ademais bautizou os recén nacidos para comunicarlle logo o feito ao crego da parroquia co fin de que non se negase a darlles sepulturas no camposanto.    

Pasa o tempo e Carmen Alonso volve a quedar preñada, levando no ventre a Pepe Buraco, noso protagonista, volven a ponte Tamuxe, pero esta vez con mais sorte pois quen pasou as doce foi unha parella da Garda Civil, aos que lles explican o ritual, aceptando ser un deles levara  cabo o ritual, subir e botar persoalmente a auga do río Carballas no ventre de Carmen, dan as grazas, e voltan para o fogar. Cando acordan o día do bautizo acode o pai ao cuartel pero o garda xa fora destiñado a outra poboación, non logrando tomar contacto, polo que non puideron cumplir a totalidade do ritual. Segundo me refire Buraco tamén se facían eses rituais no ponte romano da Ramallosa.

Actualmente viven, José, Carmen, Mercedes Chelo e Estela.

 José Álvarez O Buraco con seis anos acode  a Escuela Unitaria de Niños en A Videira- Novás, onde estaba de mestre don Manuel Diéguez Varela, natural de A Golada. Cando en 1948 acode a escola xa sabía ler e sumar correctamente, ensinado polo pai, pero non escribir. Na escola estivo ata o segundo semestre de 1956 tirando excelentes notas escolares. Lembra que serían a redor de 42 alumnos os que acudían a escola. Lembra quen a Escuela Unitaria de Niñas de Novás estaba A escola de nenas estaba de mestra dona Peregrina Besada e dona Lucía González estaba de mestra no Calvario.

Información da Libreta Escolar en 1948.

------------------------

Segundo me refire Pepe Buraco don Manuel Diéguez Varela, estivera no exército republicano, non era relixioso pero obrigaba aos alumnos a cumplir estrictamente co ordenado pola Junta Provincial de Primera Enseñanza. A finais dos anos cincuenta foi destiñado xunto con súa esposa dona Peregrina Besada ao Grove de onde era natural e onde ambolos dous se xubilaron. 

Outra anécdota relacionada co mestre foi  que neses anos cuarenta abren un local do frente de Juventudes no Rosal, xusto na segunda pranta do actual local do xulgado de paz, onde naqueles anos estaba no baixo a centraliña de Telefónica Nacional de España.

Manuel Suárez Marquier

 

Era alcalde Manuel Suárez Marquier o que  envía un escrito aos mestres de nenos para que os xoves pola tarde que non había clases indicasen aos alumnos que debían acudir ao local para formarse. O pai de Pepe Buraco non estivo de acordó e polo tanto non foi, nembargante o alcalde reeviou recado de que o rapaz se prsentase canto antes na alcaldía para darlle conta dos motivos polos que non acodía ao local do Frente de Juventudes de Falange Española y de las JONS.

O mestre don Manuel  enterouse  e urdiu unha artimaña para que seus alumnos non acudisen ao local, polo que envía escrito a alcaldía e país dos alumnos, indicando que para maior descanso dos alumnos e non partir a semana polo meo, ía dar clases  os xoves pola tarde e a media xornada de descanso sería nos sábados pola tarde, e así foi como dos 42 alumnos de don Manuel Diéguez soamente dous irían ó local da Falanxe.  

Primeiro Curso de Buraco 1948/1949.

-------------------------------

Seu pai José Álvarez Rodríguez naceu o 21 de xuño de 1904 en Parada (O Rosal), fillo de Nicolás e Godosinda, casou  o 8 de marzo de 1935 con Carmen Alonso Lorenzo de Novás.

Emigrara con 14 anos a Sevilla, pasando a traballar nunha salchichería de Francisco Lorenzo Fernández, tío do escritor rosaleiro Manuel Álvarez Ribero Manuel de Ventosela. Ventosela estudara como compañeiro de José Álvarez Rodríguez  no colexio católico San Luís en Fornelos que dirixía o presbítero don Serafín Álvarez Rodríguez.

 

Alumnos do Colegio San Luís de Fornelos en 1914 diante da igrexa de Santa Marina do Rosal.

------------------------------------

 

Logo seu pai pasaría a traballar  tamén en Sevilla na fábrica de pastas da familia Otero de Sandián, como representante vendedor, para de seguido pasar a traballar na fábrica de pastas San Bernardo de Serafín Bernardo Martínez, natural de Fornelos e de Juan Álvarez Rodríguez. En xullo de 1936 estala a rebelión militar contra a República, polo que temendo represalias regresa ao Rosal poñéndose a traballar no que saía, e unha vez rematada a guerra civil en 1939 volve a Sevilla, para traballar na mesma fábrica de pastas un ano, e volta para O Rosal porque súa esposa non quería ir a vivir a Sevilla.

 

Tarxeta da Fábrica de Pastas Alimenticias San Bernardo na rúa Huestes nº de Sevilla.

--------------------------

Reverso da tarxeta da Fábrica de Pastas Alimenticias San Bernardo con excelente informe do propietario e selo do Cuartel da Garda Civil para poder desplazarse ata o Rosal tan pronto se decatou José Álvarez de que  a represión ía ser feroz en Sevilla contra os que como el tiñan antecedentes republicanos.

--------------------------------

Datos no Libro de Familia de José Álvarez Rodríguez, casado o 8 de marzo de 1935.

--------------------------.

Súa nai  Carmen Alonso Lorenzo nace no lugar de Videira (Novás) o 1 de marzo de 1911, filla de Avelino Margarita. Unha vez casada se dedica a casa e traballar nas leiras, e atender a seu paí (enfermo de cáncer) e a súa nai que padecía do que hoxe se denomina Alzeimer: Colaboraba con ela súa irmán Dolores Lola. Carmen había acudido a escoliña particular da tía Mercedes González Martínez no lugar de Amó (Novás). 

Datos no Libro de Familia de Carmen Alonso.

------------------------------

De pequeno, nas vacacións do verán, acompaña a súa nai a recoller argazo no portiño de O Costado en  Portecelo, baixando pola capela de San Sebastián que aínda estaba en ruínas e a recoller botella a costa de Oia para botar aos porcos e como esterco para as patacas, ían a pé polo monte e de volta co cabalo cargado pasaba pola Guarda. Tamén axudaba a nai na recollida de piñas no monte para logo vender na Guarda.

Pepe Buraco con 13 anos pasa a traballar por primeira vez na telleira de Anselmo Álvarez Vicente, casado en Salcidos con Elena Lomba Portela, levaba o nome de Telleira do Cancelo en Laracha (a familia lle dicía Telleira da Caseta).

Elí traballou dous anos dende as 6 da maña, o almorzo as 9 con peixe fritido e caldo. O peixe viña de Malpica ou de Caión, no xantar e cea tamén comían ben, facendo de recadeiro duns e outros (traballaban oito persoas) e cando levaba mes e meo, resultou que o tendedor José Coello ten un ataque epiléptico que lle repite poucos días despois polo que o xefe Anselmo acorda acompañalo ata o Castro (A Guarda), de volta encarga a Pepe Buraco que comeze a tender, polo que pouco a pouco vai mellorando dende abril a setembro de 1956.

 

Telleira do Cancelo ou da Caseta en Laracha (Comarca de Bergantiños - A Coruña)  de Anselmo Álvarez Vicente con boina, o lado seu irmán Manuel. Fotografía cedida pola neta de Anselmo Elena Cividanes Álvarez de Salcidos.

--------------------------

 

Forono da telleira de Anselmo Álvarez Vicente en Laracha. Fotografía cedida por súa neta Elena Cividanes Álvarez.

-----------------------

 

seguinte


__________________

[1] Do latín phallus, denominación do pene e dos atributos masculinos exteriores.