Índice

www.galiciasuroeste.info

 

José Álvarez Alonso

O Buraco

Por José A. Uris Guisantes

anterior    siguinte

En 1957 pasa a traballar na telleira de José Estévez Álvarez O Rubio en Maceda (Ourense) onde bota tres tempadas. No ano 1960 pasa a traballar seis anos na telleira Das Longas tamén en Maceda dos irmáns, Claudio, Odelino, Genuíno, Pepe e Antonino Fernández do Rego, elí fixo de todo menos de oficial.

Na de As Longas tiñan unha galletera para facer tixolos (ladrillos), facía de encargado Jesús Sáa Gómez de Pías. A Buraco lle deron o encargo da cocción do material que era de grande responsabilidade, recibindo o final da tempada 1.000 ptas de premio a mais do salario concertado. Resaltar que el non era cocedor pero si coñecía perfectamente o ese traballo, pasou que o cocedor oficial enfadouse cos xefes e veo de volta para a casa é vela ahí como comezou Pepe Buraco a cocer.Con 18 anos o incluiron por primeira vez como afiliado a Seguridade Social, sendo xerente Claudio Fernández do Rego.

Desde esa pasaría a traballar sen axustar, recibindo 1.000 ptas mais que o máximo que cobraban outros compañeiros. Nesta telleira botou outros seis anos. Tamén daban ben de comer, o tópico de comer mal nas telleiras me di que él nas que traballou sempre comeu ben. En 1961 traballou un inverno en Serrerías del Miño SA axudando no monte.

Domicilio de José Álvarez Alonso na Buraca en Viso dos Eidos-O Rosal. Fografía de José A Uris.

--------------------------------------------

Mais tarde pasaría a traballar na fábrica de tixolos de Alfonso Alonso Durán en Xinzo de Limia, onde traballaron moitos paisanos do barrio da Gándara.

No ano de 1967, estando nesa fábrica é como tiña unha vespa de 150 hp achegouse a vila da Guarda dende Xinzo para falar co empresario José Riego Lomba e pedir traballo na Fábrica de Cerámica Santa Tecla SA (Katanga), preguntoulle a quen coñecía na fábrica é este lle dixo que a Indalecio González Lexo e a Alfonso da Rosa.

Entrada o domicilio de José Álvarez Alonso.

----------------------

Nos invernos Buraco dedicouse a traballar nos montes públicos, prantando, nas cortas de pinos, limpando etc. Na construción con Manuel Vicente  tío Carrorio, en Guillarei na fábrica que tiña Enrique Vicente O Trinta e na cerámica de San Lorenzo en Goián, pequena cerámica con forno contínuo onde se fabricaban tixolos (ladrillos), tamén outro inverno na cerámica Maforce, propiedade de Cesáreo e Ignacio Vázquez Noguerol en Puxeiros (Mos), naturais de Ourense, onde se fabricaban tixolos e por primeira vez bovedillas do mesmo material.

Lembra tamén que chegou a traballar algún inverno na empresa dos irmáns Joaquín e Manuel Suárez Marquier do Rosal.

Unha vez de volta en Xinzo fala co xefe que lle da o prace para presentarse a Riego co fin de traballar na Fábrica Santa Tecla SA, pero Riego se  entera que tiña carné de conducir camións é o contrata para traballar no almacén de materiais. A todo isto Buraco non tiña nin idea de conducir camións, polo que o Chiminiño de Camposancos (curmán de Eladio Aldea Galiñanes) lle aprende a conducir o camión co beneplácito de Pepe Riego.

Mais tarde pasaría a ser vendedor de materiais da Fábrica Santa Tecla durante oito meses, traballo que non lle gusta polo que solicita de Riego volver a conducir camións, pasando a conducir un novo camión para transportar material da fábrica Terrazos José Riego Lomba SL sita na Bouza da Fonte  Camposancos – A Lamiña.

Despois de tres anos é estando de xerente Agustín Riego Lomba Conejín, pasaría este a ser o dono. Como non subía o salario acudiu pedir traballo na empresa ATSA de don Pedro Saracho Arechavala que o acepta como chofer nunha etapa onde a empresa de autobuses dispuña de mais unidades, necesitando persoal con experiencia.

Debeu esperar 15 días para que a empresa de Terrazos del Miño SL atopara outro chofer, foi entón cando o encargado da fábrica, Manuel González Caetano lle ofreceu en 1971 ser o dono do camión Pegaso P0-71757, pagando cando puidese, sempre que transportase terrazos da súa empresa, aceptando a oferta, quedando Caetano en darlle explicacións a don Pedro pois eran amigos da Adoración Nocturna na parroquia da Guarda.

Fixo viaxes de transporte de terrazos a Ávila, Salamanca e Zamora, de volta cargaba granito en Guardo (Palencia) o igoal que nos viaxes con terrazos a Asturias cargaba cemento branco en Tudela Veguin. 

Outra fotografía de Buraco no comedor familiar relatando súas vivencias da vida. Fotografía de José A. Uris Guisantes tirada o 27 de marzo de 2014.

Unha vez dono do camión o amortiza en setes meses, durante dous anos segue con Terrazos del Miño ata que en 1979 a empresa cae en picado e pide liberdade para traballar no transporte de area para outros empresarios, neste caso para o empresario areeiro José Lorenzo Rodríguez de Catoira.

Como Terrazos del Miño lle seguía debendo cartos condicionou o cobro para cando venderan a empresa, polo que cumpriron co prometido tan pronto foi vendida.

Con José Lorenzo pasou o mesmo en débedas contraídas no transporte de area con Pepe Buraco, polo que entra en contacto ca empresa Horpasa (Hormigones y Pavimentos SA), e co dono don José Malvar Figueroa, onde era un dos accionistas Pío Cabanillas Gallas.

José Álvarez Alonso  a carón do cuarto camión  que tivo, un Pegaso P0-6513 AJ, cando traballaba para HORPASA. Fotografía cedida por Buraco.

------------------------------

Pepe Buraco comeza por mercar area a José Lorenzo Rodríguez que dispuña dun depósito no antigo embarcadoiro da Armona, area que extraía co barco Mourón, amortizando pouco a pouco a débeda como camioneiro. Unha vez amortizada a débeda merca cargas  a quen mellor prezo a puxera, para levar a Horpasa, pero os accionistas da empresa deciden mercar eles mesmos a area nos depósitos base e pagar os portes aos transportistas.

Cando falece don José Malvar en 1992 a viúva Thais de Picaza Megías[1] queda o fronte das empresas, primeiro vende Horpasa a un consorcio de cementeiras e segue cas demais empresas: Malvar Construcciones; Aglomerados del Noroeste, Maquinaria de Pontevedra SL; Obras, Decoraciones e Instalaciones SL; Materiales del Noroeste SA; Horpasa Inmobiliaria SA; San Caralampio SL e San Cucufato SL.

En xuño de 1993 Buraco recibe un Certificado de Capacitación para o Exercicio da Actividade de Transporte Internacional de Mercadorías da man do Director Xeral de Transportes da Xunta de Galicia.

Finalmente Xosé Álvarez Buraco sigue transportando áridos para as empresas de fabricación de formigón como Cementos Cosmos (Prebetón e Hormigones  del Miño), como tampouco subían os portes aproveitou a oportunidade de ceder a tarxeta de transporte do camión ao Estado, recibindo por ela 33.000 euros un 9 de agosto de 2006. Seguiu pagando a Seguridade Social como autónomo ata o 31 de abril de 2007 no que pasa a ser xubilado. 

Colaborador nas festas do barrio de Novás

En 1972 colaborou nunha Comisión de Festas de Amó, da cal hoxe en día soamente viven él e José Luís Dorado Alonso. Eran as Festas de Entroido (Carnaval) de 1972 que duraron tres días, actuando a orquestra Los Chicos del Jazz de Pontevedra que cobrou 36.000 ptas., o conxunto Los Yankis que cobrou 10.000 ptas, a orquestra Los Estelares que cobrou 20.000 ptas e o Grupo de Gaitas de Refoxos que cobrou 3.900 ptas. polos tres días.

Sorteaban unha nevera da que aínda hoxe non deu aparecida a persoa agraciada, o evento festivo resultou con perdas, polo que os membros da Comisión pagaron de seu peto o déficit, quedando Buraco ca nevera do sorteo, despois de esperar tres meses, aboando o custe da mesma.

Como o lugar de Amó onde fixeran a festa non reunía as condicións de espazo, aparcamentos, e desenrolo das festas, sempre con vistas a poder emular as Festas do Entroido de Fornelos, por iniciativa de Buraco acordaron preparar unha praza axeitada no cruce da escola de Novás ca oposición do concelleiro de cultura e deportes do Rosal o mestre don Rubén Ferreira Alonso, sendo alcalde Manuel Suárez Marquier.

Outro concelleiro, natural de Novás, José Rodríguez (do tío Florencio) apoiou a iniciativa xunto co alcalde, concedendo permiso para levar a cabo a explanación do lugar escollido. Contaron ca colaboración desinteresada dos veciños que tiñan camións ( cinco) e ca pala escavadora de Jesús Sío de Porriño (transportada no camión de Buraco gratuitamente) lograron explanar a veiga, botando xabre, os donos dos camións tampouco cobraron, soamente deberon pagar as horas de traballo da escavadora que foron 10.000 ptas., poñendo 1.000 ptas. cada un dos dez promotores da idea ca esperanza de poder cobrar cando chegase unha subvención oficial que estaban tramitando. Unha vez chegou todos cobraron os cartos.

Rematou as obras da praza o industrial, Francisco Dorado Pérez Porteciña o que tivo que esperar pola citada subvención para poder cobrar. A praza foi inaugurada na Festa de Pascua de 1974. Antes da inauguración xogaron dous encontros de exhibición de balonmán feminino e masculino.

O equipo de balonmán feminino de Novás foi fundado pola mestra dona Anita Rey, xogando neses día co equipo feminino de Caldas de Reis, mentres que uns cantos rapaces de Novás e O Rosal xogaron contra outro do Atlético Guardés. No día da inauguración actuaron a Orquesta X que cobrou 22.000 ptas., e Los del Atlántico que cobraron 15.000 ptas. O total de gastos ascendeu a 50.450 ptas.

 

Etapa ca Sociedade Deportiva Atlético de Novás de Balonmán

 

Pepe Buraco vendo o interese que había en Novás polo deporte do balonmán en 1973, e coincidindo que o responsable de Extensión Agraria do Rosal don José Varela tiña arredor del un plantel (sic) de rapaces, achegouse a falar con eles, por se estaban interesados en comezar con ese deporte, a  maioría aceptou, dando o primeiro paso que era o de achegarse a Federación Provincial de Balonmán, co problema  de que pola idade non todos ían poder xogar no mesmo equipo. Propágase a noticia aparecendo mais rapaces rosaleiros, contando co único da Guarda que foi  José Luís Paes Gómez do Castro. Os encontros xogados nese ano foron amistosos. Mentres Buraco facía de adestrador e presidente

E na Tempada 1974/1975 nace a S.D. Atlético de Novás de Balonmán que comezou xogando en 3ª División para ascender nese ano a 2ª División quedando clasificados en segundo lugar, xogan a fase de ascenso contra o Atlético Villar de Redondela, gañando, e polo tanto ascenden de categoría. Interveñen nun Torneo organizado pola Deputación provincial en disputa da Copa da  Deputación que gañan. Obtendo o club un Trofeo a Deportividade e un Trofeo ao máximo goleador que foi José L. Paes Gómez.

Primeiro conxunto do Club Atlético de Novás de balonmán federado na tempada 1974/1975. Enriba a esquerda, Vicente Alonso Domínguez (porteiro); Isidro Rodríguez Vicente; Manuel Flores Cerqueira; José L. Paes Gomez; Ramón Alonso Pedreira Moncho, Ricardo Martínez, Manuel González (porteiro), Pepe Buraco (adestrador). Abaixo, Manuel Armán, Isidoro Machado, Ignacio Pérez Estevez; Eduardo Vicente Nogueira Dito e José M. Rodríguez Pepe.

O nº 2 Ramón Alonso Pedreira (Moncho dos Bona) finou o 18 de abril de 2011. En 1973 facía de adestrador José Luís Paes e logo foi Pepe Buraco. Fotografía cedida por José Álvarez.

Carné de Monitor de Alevíns - Infantís de balonmán da Federación Española de Balonmán- Escola Provincial de Preparadores, dado o 3/07/1976 a Buraco.

------------------------------

Na Tempada 1975/76 o adestrador foi o cura de Camposancos Angel Soliño Fernández e na Tempada 1976/77 volveu Pepe Buraco a ser o adestrador, seguindo ademáis cas funcións de presidente, levando o xogador Manuel Armán Flores o trofeo ó máximo goleador.

Equipo da Tempada 1975/76

A plantilla de xogadores era: Eduardo Vicente Nogueira;  Isidro Rodríguez, Mariano, Gumersindo, Ignacio Pérez Estevez, Isidoro Machado, Jacobo, Manolo, José L. Paes, Ramón Alonso, Manuel Flores, Alfredo e Luciano Correa Flores.

Na Tempara 1977/78  entra como adestrador Hipólito Veiga que logra ascendelo a 1ª División Provincial xogando a promoción contra Cortem´ans de Vigo. Aparecen os primeiros socios do Club en 1982.

En 1994 atopan un Patrocinador pasando a chamarse  o Club Atlético Novás Movexvial ata 2005 no que a empresa deixa o patrocinio. Era presidente do club Rafael Dorado Rodríguez.

Carné de adestrador provincial da Federación Española de Balonmán, dado o 27/11/1978 a Buraco.

--------------------------------

Na Tempada 1978/79 volve a coller o cargo de adestrador Pepe Buraco xogando a promoción contra o Colegio Altamar de Vigo. No encontro, que foi xogado en Porriño, o cura e xogador do Novás, Angel Soliño como párroco de Camposancos pedira ó club que se adaptara o horario que tiña de misas nos domingos e cando non podía compaxinarse non xogaba, pero nese día os directivos solicitaron do bispo que aceptou poñer un crego suplente para decir as misas, polo que puideron gañala promoción unha vez mais.  A Federación castigara o Club por unha invasión de campo nas pistas de Balaídos por parte das seguidoras no Novás. O castigo foi de que debían xogar fora de Novás seis encontros, entre ese en Porriño. Cando xa levaban catro encontros fora a Federación aceptou unha solicitude da directiva do Novás deixando a sanción en catro encontros.

Equipo gañador da Promoción de Descenso 1978/79

Plantilla de xogadores: Valderrey (fillo do Veterinario do Rosal); Javier de Porriño; Luciano Correa Flores; José L. Paes; Angel Soliño Fernández (párroco de Camposancos); Luís Machado Ribero; Vicente Alonso Domínguez; Manuel Armán; Ignacio Pérez Estevez; Luís Cerqueira; Alfonso Flores; Isidoro Machado e Manuel Flores.

Na Tempada 1979/80 volveu como adestrador Hipólito Veiga na de 1980/81 volve adestrar  Pepe Buraco para entrar outro novo adestrador na Tempada 1981/82 que foi José Carlos Rodríguez Barros, seguindo o equipo na 1ª Categoría o que continúa na Tempada 1982/83, na de 1983/84 seguiu José Carlos pero foi substituido por Enrique Álvarez Gándara que continuaría na tempada 1984/85.

Foi na Tempada 1985/86 cando o Atlético Novás comeza a ser un gran equipo nacional da man do adestrador José Carlos Alonso López ademais de que existe a posibilidade de poder contar con un Pavillón de Deportes cuberto no centro do Rosal.

Comezou a nova Tempada 1987/88 na 2ª División Nacional pasando tres adestradores polo equipo, Pepe Buraco, Martín Cabaleiro Fernández e José Carlos López, conseguindo manter o equipo na categoría, xogando xa no Pavillón cuberto. Na Tempada 1988/89 comeza con novos fichaxes de xogadores do Teucro de Pontevedra e de Academia Octavio de Vigo  e novo adestrador que sería Nicolás J. Solano Pérez.

E na Tempada 1988/89 conseguirían o segundo posto na Liga e a participación na fase de ascenso a 1ª división sendo a mellor clasificación da historia do club ata agora.

Equipo da Tempada 1988/89 que xogou a fase de ascenso a 1ª Categoría Nacional.

Plantilla de xogadores: Sinforiano González;  Manuel Armán; Arturo, Florencio Alonso; Francisco Cerqueira; Rogelio; Javier Martínez (porteiro); Raposo de Vigo; Luís  Lora Martínez Lora de Vigo; Angel Collazo (porteiro de Vigo); Javier Surís de Vigo, Francisco Alonso, Antonio González e Fernando López. De paisano enriba a esquerda o adestrador Nicolás Solano Pérez de Vigo co seu axudante José Carlos Alonso López e a dereita como Delegado do equipo Pepe Buraco.

A Fase de Ascenso a 1ª Nacional foi xogada no país Vasco no Polideportivo de Anoeta (San Sebastián) e xogan contra o BM San Cugat e Corteblanco Bidebieta quedando o Novás último, non acadando o ascenso.

Na Tempada 1989/90 seguiu o mesmo adestrador Nicolás Solano. Na Tempada 1990/91 entra como adestrador o ex xogador Lora. Na Tempada 1991/92 Lora deixou o posto facendo de adestrador Andrés Acuña era Delegado do equipo Pepe Buraco e na Tempada 1992/93 Acuña deixou o equipo que pasa a dirección do adestrador Francisco Domínguez Paco de Redondela. O número de socios nesta tempada era de 450.

En 1991 Buraco recibe a Medalla e Diploma ao Mérito Deportivo en Balonmán sendo presidente da Federación Galega don Ramiro Losada Bastos.

---------------------

No ano 2005 o Club pasa a ser patrocinado pola empresa Mecalia SL con sede no Pasaxe de Camposancos, pasando a ser Mecalia Atlético Novás. A nivei oficial aparece como primeiro presidente do club na Tempada 1979/80 Rafael Dorado Rodríguez.

-----------------------------------

Breve etapa na política local

Pepe Buraco foi animado a entrar na política local na primeira Corporación democrática do Rosal (1979/1983), cando formaba parte da Asociación de Viciños do Rosal, sendo presidente o mestre  José Lores Rosal.

Por aquelas datas se achegaron ao Rosal, invitados polo mestre José Loresl o tamén mestre e deputado da UCD por Pontevedra, José Rivas Fontán e Juan Figueroa dentro dunha candidatura da UCD (Unión de Centro Democrático) liderada polo presidente Adolfo Suárez e dirixida en Pontevedra por Jesús Sancho Rof.

Pepe Buraco dimitiu antes de rematar a lexislatura porque non podía ver certas manobras que non ían ca concepción que el tiña de cómo debía ser a política local, non se volveu presentar. Fora cabeza de lista, Celso González Fernández Palloceiras de San Juan de Tabagón, o segundo foi José Álvarez Alonso Buraco e o terceiro Juventino Martínez Pérez,  cuarto Manuel Laxeiro…  a  Farmaceútica Roró Carrera (collería o posto primeiro no lugar de Celso Palloceira… e José Vicente Armán  entraría no lugar de Pepe Buraco e outros... 

As dietas que Pepe Buraco debía cobrar por asistencia as sesións plenarias as donou para a Cabalgata de Reis. As candidaturas presentadas foron Independientes do Rosal (que levaban de lema un cacho de uvas, pero eran de Alianza Popular);  Unidade Galega;  BNG con José Carlos Alonso López e UCD co Palloceira..

Por certo as Cabalgatas de Reis estaban organizadas por José Martínez González Pepiño Berdeal, Pepe Buraco, Rafael Martínez López e Juan M. González Domínguez Menotti; Marcial Álvarez Fernández que era concelleiro nunha etapa na que Pepiño se atopaba enfermo, Buraco ademáis se encargaba de transportar no seu camión aos reis e paxes por tódolos barrios.

......................

Xogos Populares

En 1983/1984 Pepe Buraco, en colaboración con Ramón Alonso Pedreira (Moncho Bona) organizaron no mes de xullo na Festa do Pilar uns encontros de balonmán durante dous días na disputa do Trofeo Festas do Pilar e  encontros de futbito nun recinto artificial montando na mesma praza do Calvario con tablóns prestados por contratistas da construción.

En vista do éxito acadado pensaron levar a cabo Xogos Populares xuntándose con Rafael Martínez López (mestre nos Somascos), Juan M. González Domínguez Menotti  e Marcial Álvarez Fernández, xogos que en 1985 rematan ca celebración da Iª Olimpíada Popular do Rosal.

Prato conmemorativo da Iª Olimpìada Popular do Rosal en 1985 que foi entregado a cada participante.

------------------------

Iª Olimpíada Popular do Rosal. Entrega dun agasallo a Pepe Buraco por parte do alcalde José Luís Rodríguez Martínez o 14 de xullo de 1985. Fotografía cedida por José Álvarez.

A primeira e a última, de momento, Olimpíada comezou o 2 de xuño (domingo) ca presentación dos equipos participantes na praza do Calvario, precedía o acto un grupo de Gaitas, seguido das autoridades, portadores/as dos aros olímpicos, representantes dos barrios participantes, bandeiras, himno galego e solta de pombas.

Antorcha olímpica que chegou dende a capela da Magdalena de San Bartolomé das Eiras. Discurso do alcalde e Tte. Alcalde, e volta a desfilar dos participantes perteñecentes a, Eiras, Tabagón, San Miguel, Cunchada, Calvario, Fornelos, Novás, Marzán e San Xián.

Se competíu nos seguintes deportes: Bolos, Hípica, Fútbol, Tiro o Prato, Atletismo, Ciclismo, Futbito e Balonmán. Rematando a Olimpíada o 14 de xullo ca entrega de premios e agasallos na praza do Calvario.

Salientar que a proba de hípica era con burros, en cada burro diferente dono, non se podía pegar nin levar corda e montar a pelo, o percorrido era dar varias voltas a praza do Calvario. Gañador o último que chegara a meta.

A proba de bolos debía ser practicada como se viña facendo dende sempre no Rosal. Os encontros de fútbol foron disputados no campo de Chans, no Codesal, en Acevedo, na Canosa e en Tabagón. O Tiro o Prato foi na Cruz da Portela.

As probas de atletismo (feminino e masculino)  se desenrolaron para os pequenos arredor da praza do Calvario, os mais grandes e por idades dende a praza de Fornelos ata o Calvario e dende o convento de monxas na Bouzada ata o Calvario. A máxima categoría saíu do Calvario a Fornelos, pasando por Novás, Pancenteo, A Cunchada e chegada o Calvario. En canto as probas de ciclismo o percorrido foi semellante ao de atletismo. Os encontros de futbito foron disputados na mesma praza do Calvario por liguilla  cinco equipo nun grupo e outros cinco noutro. E o balonmán tamén polo mesmo sistema.

José Álvarez Alonso Buraco recibindo  o Diploma e Medalla o Mérito no Balonmán dunha representante da Federación Galega de Balonmán en 1991. Fotografía cedida por José Álvarez.

__________________

[1] Filla de José Picaza Moreno e Adela Megías Bois

anterior    siguinte