Índice

www.galiciasuroeste.info

 

José Álvarez Alonso

O Buraco

Por José A. Uris Guisantes

anterior          portada

Seu paso como directivo da Liga de Amigos do Rosal

Ano de 2008 no salón de actos da Sociedade Liga de Amigos do Rosal co motivo da entrega de agasallos aos socios mais antiguos. De esquerda a dereita, Manuel Laxeiro, Ismael Otero Vidal,  Benito Gándara en calidade de presidente da Sociedade facendo a entrega dos agasallos, Juan Otero Vidal: Manuel González O Pataqueiro e José Álvarez Alonso Buraco por ser un dous dous socios de honra. Fotografía cedida por José Álvarez.

Pepe Buraco entra como socio na sociedade de Liga de Amigos en 1963, foi elixido presidente en 1983, unha vez enterado de todo o concernente ca sociedade se decata de que os estatutos da mesma estaban totalmente desfasados e naturalmente non se adaptaban a Lei de Asociacions de 24/12/1964 para poder acadar subvencións oficiais polo que  se aproban os novos en asamblea e os presentan no Goberno Civil.

Dimite un ano despois vendo as movidas e a efervescencia política que había na sociedade, sendo acompañado por outros directivos e deixando a mesma con superávit. Na movida xordida saíu elixido novo presidente, Eleuterio Lorenzo Lorenzo da fábrica de queixos Val do Tamuxe.

Esta directiva procedeu a ampliación do local social  endebedando a sociedade durante anos ata que entra unha nova directiva plural en 1996 co obxectivo de sanear a débeda da sociedade, non aprobaron a acta da directiva sainte, facendo borrón e conta nova, confeccionan un inventario para nunha asemblea posterior reconocer a débeda contraída co contratista, negociando con él para pagar tódolos meses unha cantidade fixa.

Nesta nova etapa de solucións e novos aires está de vicepresidente Pepe Buraco. Outra das medidas tomadas foi a de que todo socio que aportara 100.000 ptas sería Socio de Honra e non pagaría ningunha cuota mais mentres vivira, pero foron dous socios os únicos que aceptaron a oferta, Martín Cerqueira Pérez e o propio Pepe Buraco, os que xuntamente aos socios mais antiguos da sociedade recibirían un reló Timex ca data do Noventa Aniversario da Liga de Amigos.   

..........................

Buscador de Petroglifos

Outras das múltiples facetas deste home rosaleiro  que non necesita de facer cursos de memoria nin facer deporte, porque non para en todo o día, ven sendo a de buscar por montes da bisbarra e de Portugal petroglifos.

Afeccionado a arqueoloxía dende pequeno cando ía pastar as vacas da familia víu nunha laxe de pedra que tiña gravada na mesma unha espiral. Un día na escola o mestre don Manuel Diéguez Varela estaba explicando a prehistoria e mostrou uns dibuxos nos que, entre outros, figuraba a mesma espiral que el vira facía tempo no monte.

Lle comenta ao mestre o caso e este queda estranado e pensativo, pero nunca mais falou do caso ata que se xubilou. Pepe Buraco, lembrou o asunto e púxose a investigar onde se atoparía a tal espiral, lembrando tamén que seus curmáns, pastando daquela as vacas, despois de de dalo baño nuha das presas do Novello se puxeron a secar enriba da citada laxe, preguntando Buraco que siñificado tiña a espiral, dicíndole que eran cousas dos mouros…

Localizou a laxe ca espiral o lado das presas do Novello, parte baixa ao Oeste do Castro de Parada en Novás e a partir do 2007 comeza a busca de mais petroglifos. Unha das persoas que lle ensinou a buscar e lle mostrou varios foi Víctor Ribero de Pías, logo conectou con Cándido Verde Andrés e con  Xoán da Tamuxe, percorrendo tódolos do Rosal. En Portugal foi a Vilanova de Foz Côa  cunha moi importante cantidade de petroglifos o igual que en Siega Verde a 15 quilómetros de Ciudad Rodrigo, montes de Oia e de Tomiño etc. 

José Álvarez Alonso Buraco contemplando un petroglifo na primavera de 2013 en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Fotografía cedida por José Álvarez Alonso.

-------------------

Nova etapa de mestre artesán de telleira

 

Facendo parella con Juan Rodríguez Melecho, natural da Proba  acoden a feiras e festas históricas de artesáns, facendo demostración de cómo se fabrican in situ tellas e tixolos. Estiveron en Ribadavia, na Escola Pública Antonio Fernández de Goián e agora van facer outra demostración no local da Asociación Avelaíña.

 

Ano 2013, Pepe Buraco facendo unha demostración da confección de tellas e tixolos aos alumnos/as do Colexio Público Antonio Fernández de Goián. Fotografía cedida por José Álvarez.

---------------------

 

Con data 4 de novembro de 2013 recibíu da Xunta de Galicia a Carta de Artesán de Cerámica (Telleiro).

--------------------------

 

José Álvarez Alonso Buraco e Juan Rodríguez Melecho vestidos con roupa medieval en Ribadavia no ano 2013.

Finalmente e polo que a min respecta me sirve de guía para atopar familias de republicanos fusilados e lugares onde foron tirados seus corpos, despois de asasinalos.

 

José Álvarez Alonso conversando con Uris o 27 de marzo de 2014.

Se relacionou e relaciona con todo tipo de persoas, respeta  todalas ideoloxías o igual que as conviccións relixiosas. Interesado por todo o relacionado cas antigas Telleiras, para elo viaxa co historiador rosaleiro Xoán da Tamuxe e súa esposa por Galicia adiante, onde lle mostra as telleiras das que ainda quedan restos. Co fin de que Tamuxe publique os datos atopados nas memorias anuais relacionadas ca Festa do Cabaqueiro.

Tamén se interesa pola cultura e historia da Bisbarra do Baixo Miño e que trata sempre de estudar e coleccionar.

Frecuenta a sociedade Liga de Amigos, botando unha partida as cartas de cando en vez. Socio número un do Club de balonmán do Novás e membro da Asociación de Veciños Río Folón de Fornelos, se lembra do deputado provincial Manuel Díaz González Ligero de cando os axudaba económicamente dende a Deputación nos Xogos Populares e na Olimpíada.

Finalmente dedico estas frases a José Álvarez Alonso Pepe Buraco, recollidas  do traballo de Alessandro Baricco, Tierras de cristal.
[…] Cuando la gente te diga que te has equivocado… y tengas errores por todas partes a tus espaldas, que te la soplen. Recuérdalo, que te la soplen.
Todas las bolas de cristal que habrás roto no eran más que la vida… ésos no son errores… es la vida… y la vida verdadera tal vez sea precisamente la que se rompe… esa vida entre cien que al final se rompe… yo esto lo he comprendido, que el mundo está repleto de gente que va por ahí con sus pequeñas canicas en el bolsillo… sus pequeñas y tristes canicas irrompibles… así que tú, pues, no dejes nunca de soplar en tus esferas de cristal… son hermosas, a mí me ha gustado verlas durante todo el tiempo que he estado a tu lado… son tantas las cosas que se ven dentro…es algo que le da alegría al cuerpo… no abandones nunca… y si un día estallan, eso también será la vida, a su manera… una maravillosa vida.

José A. Uris Guisantes

anterior          portada