Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Josefa García Segret

Por José A. Uris Guisantes

 

Dona Josefa García Segret, natural de Tui e veciña de Forcadela (Tomiño)

 

Josefa García Segret, mestra, natural de Tui, veciña de Forcadela (Tomiño), casada co líder agrarista e dirixente de Izquierda Republicana, Hipólito Gallego Camarero, mestre en Forcadela, presidente da Federación Agraria de Tomiño, detido e tirado da prisión de Tui por falanxistas, executado e maltratado antes e despois de ser executado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, xunto a Francisco Rodríguez Otero; Manuel Piñeiro Zúñiga, natural de Noia (A Coruña) e viciño de Amorin (Tomiño); Domingo Páramos Núñez de Caldelas de Tui; Fernando Rubio Estevez de Guillarei e Manuel Pérez Besada de Guillarei.

 

Dona Josefa foi detida  o 15 de agosto 1936 e levada a distintas prisions, Monforte de Lemos, Astorga, Saturrarán, Salamanca, Cáceres, Badajoz, Almedralejo. A últimos de setembro de 1936 foi reclamada polo Xulgado Militar de Tui a efectos de estar acusada de rebelión militar, de volta volve a pasar polas prisions de Salamanca e Astorga ata chegar a estación do tren de Guillarei (Tui) o 4 de outubro 1936, xusto no mesmo día no que de mañanciña os falanxistas da Escuadra del Amanecer pasearan a seu esposo Hipólito Gallego Camarero.

 

Seu pai con 75 anos e enfermo quedara en Forcadela ao coidado dunha veciña, o que sen saber nada da filla e xenro morreu de pena…

 

A partir do 27 de xullo de 1936 tales feitos - hoxe despreciables- non existían, mellor dito non se tiñan en conta por unha parte de españois, da igrexia oficial, e dos militares sublevados, grandes culpables da guerra incivil española do 36/39 e da represión posterior. Hoxe no novo Milenio segue habendo intransixentes herdeiros dos protagonistas desa barbarie.

 

No libro Abajo las Dictaduras, publicado en 1982 por dona Josefa García Segret c/ Coto- Cesantes (Redondela) e impreso  por Artes Gráficas Galicia SA c/ Segovia (Vigo)  podemos ler na pax. 216[1]

 

                                […] Es Tuy recuerdo imborrable de masacre humana, dolor profundo de inevitable sufrir… de aquel tiroteo constante de fusilería cada mañana…   ¡Viva la muerte…! Gritaban las comadrejas en procesional desfile de algarabía nocturna con teas encendidas. ¡Viva la muerte…! ¡Viva Cristo Rey…! Retumbaban brutales voces, enardecidas por el deseo de más sangre…

 

O 1º de decembro 1936 lle foi incoado proceso  por rebelión militar. O 28 de decembro comunican por escrito que vai ser celebrado un Consello de Guerra Sumarísimo a celebrar en Vigo (rúa do Príncipe) e que escollera avogados defensores.

 

Urania Mella Serrano, presidenta da Unión de Mulleres Antifascista de Vigo. Filla do dirixente anarquista Ricardo Mella Cea e de Esperanza Serrano.

 

Por consello de Urania Mella escolleu – para súa defensa – ao avogados don José Queizán  Hermida. O 31 de decembro pasa a falar co avogado nas escaleiras do fallado do Xulgado Militar para non ser escoitados, quedaron en no presentar testemuñas de amigos e veciños porque tambien caerían presos.

 

1 de setembro de 1936. Foi depurado, o mestre, Hipólito Gallego Camarero, exercía en Forcadela (Tomiño). Sería paseado-asesinado o 4 de outubro de 1936 en Mondariz aos 36 anos.

 

Josefa García Segret e seu esposo Hipólito Gallego Camarero en 1930, ambolos dous Mestres

 

O 4 de outubro de 1936, Francisco Rodríguez Otero, Hipólito Gallego Camarero e outros foron sacados por falanxistas da prisión de Tui e paseados (asasinados). Seus corpos quedaron tirados na vía pública na entrada de Mondariz. No caso de Hipólito foi martirizado antes e despois da execución, facendo de vivo e logo co corpo un verdadeiro escarnio.

 

Estaba de Alcalde e Delegado de Orden Público en Tui o Capitán lexionario, José Péñarredonda Fernández[2]

Isaura Gómez Pérez e Francisco Rodríguez Otero. Fotografía cedida por Mario Rodríguez Gómez

 

Sacados pola Escuadra del Amanecer de la Falange que dirixía José Mª Salgado Méndez Núñez e seu lugartenente Miguel Sáez Mon e outros falanxistas de Tui, Tomiño e  A Guarda, foron executados a salida do pobo de Mondariz, seu corpos maltratados quedaron tirados na vía pública.

 

Dona Josefa foi detida o 15 de agosto de 1936, sen saber nada do seu home, pasando un auténtico calvario de penalidades, tivo que deixar a seu pai solo e enfermo con 75 anos,  que falecería un ano despois destes sucesos totalmente solo.

 

Detida en Tui puido salvar a vida nos primeiros meses, grazas a axuda do médico forense don José Abraldes, primeiro é logo do médico don Darío Álvarez Blazquez, sumando a complicidade e silencio das mulleres republicanas presas elí mesmo.

 

Simularon primeiro un embarazo de catro meses e logo un aborto sen feto, aproveitando que os guardians non quixeron ver o feto, na realidade eran uns trapos empapados na sangue da regla das presas. Percorreu varias prisions de mulleres para rematar no Penal de Mujeres de Saturrarán (Motrico-País Vasco) onde pasou verdadeiras penalidades, apechando cas secuelas o resto da súa vida.

 

D. Darío Álvarez Blazquez.

 

Escribíu o libro, xa esgotado, Abajo las dictaduras en 1982, baixo a protección e axuda económica da familia Álvarez Blazquez. Nese libro describe todo o calvario que pasou.

 

Na páxina 216 podemos ler, [...] Es Tuy recuerdo imborrable de masacre humana, dolor profundo de inevitable sufrir... de aquel tiroteo constante de fusilería cada mañana...  ¡Viva la muerte...! Gritaban las comadrejas, en procesional desfile de algarabía nocturna, con teas encendidas. ¡Viva la muerte...! ¡Viva Cristo Rey...! Retumbaban brutales voces, enardecidas por el deseo de más sangre...

 

Pero o 1º de decembro 1936 ten lugar a incoación do proceso  por rebelión militar. O xuíz instructor foi o Tte. Coronel da praza de Tui, Rafael Ruibal Leiras (tamén natural de Tui).

 

O  28 do mesmo comezan o Sumario da Causa nº 1302/1936, sendo xulgada en Consejo de Guerra no Palacio de Xusticia de Vigo o 7 de xaneiro de 1937.

 

Tribunal del Consejo de Guerra Sumarísimo contra doña Josefa García Segret

 

Presidente: Tte Coronel de Artillería retirado, José Albo Abascal

Vocales: Capitán de Infantería, Segundo Cobas Rivera; Capitán de Sanidad Militar, Francisco Domínguez Mauleón; Capitán de Infantería retirado, Antonio Ricote de Pedro; Capitán de Artillería retirado, Germán Aldea Martín.

Vocales Suplentes: Capitán Infantería Regimiento de Mérida nº 35, Fabián de Caso Castaneda; Capitán de la Guardia Civil retirado, Gumersindo Salinas Fernández.

Vocal Ponente: Tte Auditor movilizado, Ramón Rivero de Aguilar.

Fiscal Jurídico Militar de la Octava División, Joaquin Otero Goyanes.

Defensor: Alférez de Complemento del Regimiento de Infantería Mérida nº 35, José Queizán Hermida ( tamén era avogado).

 

Sentencia: Pena de muerte. Conmutada por cadena perpetua. Revisión de pena el 10 de noviembre de 1937 por seis anos y un día. Sale de prisión en marzo de 1944.

 

Por consello de María Urania Mella Serrano, outra grande muller republicana, que tamén estaba presa, escolleu para súa defensa o alférez de complemento e avogado don José Queizán  Hermida, que resultou un gran acerto, polo ben que levou a defensa, acordando non presentar testemuñas porque de seguro ían ser represaliados, vendo o que estaba acontecendo con outros Consellos de Guerra. 

 

Urania era unha muller moi culta e comprometida socialmente, filla do líder anarquista e pensador Ricardo Mella Cea é de Esperanza Serrano. Casou con Humberto Solleiro Rivera, fusilado o 30 de outubro de 1936, acusado como ela de rebelión militar.

 

Foi mestra de piano e estudou  Bellas Artes na Escuela de Artes y Oficios de Vigo. Dende moi nova adicou a súa vida a defensa da muller, comezando a ensinar a ler ás mulleres do barrio de Lavadores (uns dos últimos reductos da defensa da república), para continuar logo dende a UME (Unión de Mujeres de España). Xulgada por rebelión militar en Vigo.

 

O 17 de outubro de 1936 o Tribunal do Consejo de Guerra Sumarísimo que xulgou a Ucrania é a seu esposo Humberto Solleiro Rivera dicta a Sentencia: pena de muerte.

 

Humberto, como dixen, sería axusticiado o 30/10/1936 e a Urenia lle foi conmutada  a pena de morte por 30 anos de prisión. Ingresa no Penal de Saturrarán (Motrico-País Vasco), onde  pasará nove anos para sair tres meses antes de falecer, deixando catro fillos,  Humberto, Raúl, Alicia e Concha Solleiro Mella.

 

A UME foi fundada en 1918 pola marquesa de Ter e dirixida por Mª  de la O Lejárraga García, natural de San Millán de la Cogolla, mestra, escritora, editora e socialista. O obxectivo da Unión de Mujeres de españa era crear conciencia de independencia e cidadanía.

 

Mº de la O Lejárraga  García

 

Josefa García Segret ingresa no Penal de Mujeres de Saturrarán (Motrico-País Vasco) o 20 de febreiro de 1938 onde estivo ata 1940, ano no que xunto a 300 presas republicanas son conducidas por cen gardas civís ao Penal de Mulleres de Palma de Mallorca, ata o 3 de agosto de 1943, de onde sae para voltar ó penal de Saturrarán, saindo finalmente indultada o 22 de marzo de 1944. 

 

Saturrarán era unha Prisión Central de Mulleres estaba no Municipio de Motrico, nun antigo convento. Foi habilitada en 1938 e estaba especializada en mujeres extremadamente rebeldes y peligrosas. Moitas delas truxeran fillos pequenos  e outras pariron elí mesmo. De 1940 a 1944 chegou a orden de separar os fillos das nais para internalos nun Hospicio co fin de reeducalos. A maioría deles endexamais volveron xunto as nais nin devoltos as familias. Non se sabe con exactitude o número de falecementos, únicamente existía un censo onde aparecían 116 mulleres falecidas e 56 nenos tamén falecidos, entre 1938 a 1946.

 

Penal de mulleres de Saturraran

 

Relato de dona Josefa sobre a prisión de Saturraran:

 

[…] Saturrarán, Febrero de 1938. Vallecito risueño y encantador, cuya cara azotada por todos los vientos, dulcifica en brisa suave los sinsabores y amarguras que anidan en los pechos. Alivia el presente con sus risas de sol inundadas de luz y alimenta nuestras esperanzas con aureolas de color, que el deseo espera plasmar en ansiosa realidad.

Este pequeño valle, de forma triangular, sin más salida que el mar o la entrada de la prisión, es de un conjunto hermosísimo, que cautiva la vista donde quiera que ésta se pose.Constituimos la población penal unas mil setecientas presas políticas a causa de la guerra civil que se desarrolla en España.

Hállanse los edificios al fondo de unas elevadas lomas, matizadas de distintos verdes que hermosean las pequeñas vistas que desde el interior, por las ventanas, podemos apreciar. Forman estas lomas como un cinturón que sólo permite ver un limitado horizonte. Cortando la loma que se eleva al Oeste, pasa una carretera bordeando la costa en todo su contorno. Por los senderos que surcan las lomas, ascendiendo en forma de serpentina, vemos como patrullan los soldados al ir a relevar las guardias.

Los pabellones que sirven de prisión están separados unos de otros y algunos a distancia de más de doscientos metros. Están edificados a distintos lados de un riachuelo, que es nuestra delicia cada vez que bajamos a lavar nuestras ropas; metiéndose muchas con los pies en las corredizas aguas, lo cual ocurre una vez cada semana. Pero nuestra satisfacción sería que nos dejaran llegar a la playa, para poder disfrutar del fuerte oleaje que bate en las negras rocas, besando la arena cada vez que las olas se deshacen en rizada y blanca espuma.

Como quiera que no tenemos esa grata satisfacción, nos contentamos con el deseo, y algunas con darse unas chapuzaduras de pies en este riachuelo, cuyas aguas, claras cuando nadie lava y nunca cristalinas, vemos correr a juntarse con el mar. Digo nunca cristalinas porque era el desagüe de los “wáteres” y las defecaciones corrían arrastradas por las aguas y a veces las lentejas se veían flotando.

(...) Contrasta este hermoso y risueño panorama con el rígido vivir, que en el interior de los edificios se practica; dolor sobre dolor, no amontona nunca más que rencor.

(...) Los edificios que nos sirven de prisión son cinco, aparte las casitas en que viven el director, el portero y los soldados que nos dan guardia. Estos edificios, que hoy puede decirse están en ruina, se hallan al fondo de las lomas y debieron estar dedicados a balneario, por la excelente situación que ocupan, aunque sus aguas llamadas potables son de pésimos resultados, pues destrozan nuestro pobre organismo, que constantemente se ve atacado de las fiebres tíficas.

Tampoco sería de extrañar que estas casonas, que hoy sirven de prisión siendo mansión de dolor, hayan sido dedicadas, cuando alguna regia persona veraneaba en San Sebastián, a ciertas recepciones de carácter un tanto licenciosas. Lo que sí puede decirse con certeza es que antes de la guerra estaba dedicado a seminario.

Escrebe tamen dona Josefa sobre  Saturrarán: disciplina férrea, tan férrea, cuya Superiora, Sor Mª de Aránzazu “La Pantera Blanca”… …solo satisfacía sus entrañas con castigos glaciales… … sótanos, lugar de tortura e inundados por el río, siempre que la crueldad lo requería

 

Outra cita sobre ésa prisión de mulleres, […] Alrededor de 4.000 mujeres fueron recluidas, entre 1938 y 1944, en la cárcel de Saturraran, un antiguo balneario decimonónico en la bahía del mar Cantábrico. Con apenas un petate para dormir, en los mejores años del penal, y un retrete por cada 250 reclusas llegaron a convivir en el mismo espacio temporal alrededor de 1.600 mujeres. La investigadora y periodista María González Gorosarri, autora del libroNo lloréis, lo que tenéis que hacer es no olvidarnos calcula que cada presa disponía de alrededor de 45 centímetros de suelo para dormir.

Libro de María González Gorosarri

 

Unha vez sae do Penal de Mujeres de Mallorca, chega a Vigo e debe ingresar en 1945 na Clínica Millán debido a unha forte anemia, ciática, e problemas intestinais. Mais tarde volve a ser atendida na Clínica Dr. Torrens Santigosa (Extremadura).Volve a ser atendida en Madrid na Clínica Dr. Larruga Calvo aqueixada dunha forte depresión, anemia, reumatismo, apendicitis, hipertrofia no ventrículo esquerdo e problemas de colon. Como podeis decataros non estivo de excursión nas prisions polas que pasou.

 

No libro da súa autoría destaca a unhas cantas amigas republicanas presas como ela, que a fixeron mais forte, para poder pasar os oito anos de prisión, en condicions que hoxe non podemos imaxinar. Emilia Alvarez Sotelin; Dolores Valdés de Mieres; Mª  Jesús Vela de Campo de Criptana é Isabel Ponce de Madrid, tamén María Urania Mella, entre elas e as amigas/ da Guarda, Vigo etc. intercambiou ducias de cartas que debían pasar a censura, por iso inventaron un código especial do que darei unhas pinceladas:

 

chachalada ou Pachu era Franco; tarabicas = falanxistas; pajarillos = republicanos; juli = socialistas; dependientes = militantes socialistas; don Angel = o Estado; adan = Perón; blondas = cartas; carmen = policía; teléfono = radio; valentines = os cregos; viento = persecución; casas = países aliados contra os nazis; colorido = bandeira republicana etc.

 

Como tiña moitos amigos fóra do seu lugar de nacimento que foi Tui (endexamais o volvería a pisar), dona Josefa pasou uns anos sendo encargada dos alumnos internos no Colegio Mezquita de Vigo, comezando no Curso 1953/54.

 

Dona Josefa, finou en Vigo en agosto de 1986, despois da súa derradeira estadía na Guarda na casa de tres grandes amigas María (no rexistro figura Manuela) Baz Domínguez e Aurora e María Álvarez Alvarez (nai e filla), coñocidas na Guarda por As Auroras... é de 50 anos de sufrimento desde aquel fatídico outubro de 1936, polo desgraciado Glorioso Movimiento nacional por la Gracia de Dios…

 

Manuel Baz Domínguez “Pildirica”, viuva de Antonio Domínguez Pacheco, paseado-asasinado o 10 de agosto de 1936 en Paraños-A Sangriña.

 

 

 

María Álvarez Álvarez en 1926.

 

Aurora Álvarez Álvarez en 1939.

 

José A. Uris Guisantes

____________________

[1] Gritos ,voces, tiros e arengas escoitados dentro da prisión de Tui, onde hoxe están os Xulgados de Instrucción

[2] Nomeado o 26/07/36 e cesado o 26/10/36. Pasaría a mandar a Compañía nº 33, logo nº11 da Bandera de Franco (IX Bandera con 4 Compañías), onde ascendeu a Comandante.