www.galiciasuroeste.info

Josefina Rodríguez Rodríguez

Por José A. Uris Guisantes

  

Josefina Rodríguez Rodríguez en decembro de 2012 con 94 anos de idade. Fotografía de José A. Uris Guisantes

-------------------------

 

Celia, Manuela, Josefina, Avelina e Avelino Rodríguez Rodríguez,  alcumados Os da Ireira, fillos de Avelino Rodríguez da Silva, natural de Barcelos (Portugal) e Adelaida Rodríguez Cividanes, natural de Salcidos. Seus avós paternos vivían no barrio da Cruzada alcumados Os Chanfreiros.

 

Seu pai Avelino era mestre alfareiro con longas tempadas na República do Brasil, cada vez que tornaba ao pobo Adelaida quedaba preñada. Era diabético, polo que  Adelaida tivo que desprenderse dunha casa que tiñan a carón do domicilio familiar co fin de poder pagar os gastos da enfermidade, falecendo en 1936 aos 52 anos. Unha vez finado o seu esposo, Adelaida tivo que levar adiante os cinco fillos polo que seguíu ca pequena pensión que tiña no propio domicilio que chamaban Casa Ireira onde tamén daban de  comidas.

 

Todo elo coincide ca guerra incivil que trouxo un sinfín de desgracias a moitísimas familias do noso pobo. De seguido a familia posiciónase do lado dos perdedores, mentres van acontecendo as sacas de presos, paseos, agochados, rapas de cabelos, tragos de aceite de ricino, fusilamentos, miseria, etc,etc, as fillas deben poñerse a traballar duramente no servicio doméstico e tamén no domicilio familiar.

 

A rúa da Ireira en 1930, a dereita entrada ó Monte Real

-------------------------

 

Josefina pasa a traballar nos mandados na casa da pescantina Angelita Lomba, casada co xastre Celso Vicente Otero e membro do Glorioso Movimiento Nacional, nomeado polo gobernador civil concelleiro-xestor nos mandatos dos alcaldes, Mariano Jiménez Hueto; Agustín Lomba Gómez é Rafael Salcidos Sobrino. Neste último foi nomeado 1º tte de alcalde. Ou sexa que estivo como concelleiro-xestor dende o 20 de agosto de 1937 ata 1946.

 

Paradóxicamente no lugar contrario estivo o seu cuñado Joaquin Rodríguez Rodríguez O Capitanciño, casado ca irmán de Celso, Silvina Vicente Otero. Joaquin sería perseguido, preso, xulgado por rebelión militar e condenado a 12 anos de prisión.

 

Pero volvamos á familia dos da Ireira, como dicía Josefina aos 14 anos foi servir a casa de Angelita que tiña o encargo de levar peixes para o Campo de Concentración de Camposancos, o igoal que outras pescantinas: Josefina, dentro das súas obrigas, lavaba a roupa dun militar da prisión e o mesmo tempo, sen saber Angelita, lavaba a roupa dun preso. Lembro que o Campo de Concentración foi aberto en outubro de 1937 e estivo en funcionamente ata 1942.

 

Celia pola súa banda, despois de axudar a nai nos labores da casa familiar, ía lavar á Fonte da Ribeira roupa de varios presos, a pranchaba e recosía seus calcetíns, o igoal que súa irmán Manuela, que lavaba moita mais roupas de presos e soldados. Nos sábado Manuela carrexaba na cabeza unha banastrilla para entregar a roupa preparada e recoller outra, ó mesmo tempo facía recados e traslababa mensaxes orais dos mesmos ás familias dos presos..

 

Os presos confeccionaban toda crase de utensilios con material que conseguían de veciñas/os de Camposancos e de A Guarda, varias das cales tamén lavaban a roupa e levaban moitas veces alimentos que non tiñan na prisión. Manuela lembra que lle encargaban trozos de rodas das bicicletas cas que confeccionaban pisos para sandalias e zapatos, cola de zapateiro, cera, cabos, agullas, botóns, coiro, barallas, dominós, cornos de animais cos que facían aneis, pentes, pulseras, etc., anacos de táboas de madeira fina para facer xolleiros, caixiñas para gardar documentos, follas de afeitar, xabóns, brillantina, tinta, papel de escribir etc.etc.

 

Os domingos ían Celia, Manuela e Josefina de visita aos presos, acompañando a familiares directos ou ben solas, levando papei de fumar, tabaco e papel de escribir, as cartas non podía pasalas porque estaban moi vixiladas e polo tanto todas debían pasar a censura. A irmá menor Avelina era pequena e quedaba na casa ca nai o igoal que seu irmán Avelino o que de cando en vez era o acompañante das irmás no ir e vir da Ireira ao Pasaxe.

 

Na Casa da Ireira pararon moitas familias de presos de catro a cinco días, debido a que non lles daban máis permiso as autoridades franquistas. Alí pararon familiares de Cantabria; Asturias; León; Cataluña; Pais Vasco; Madrid, etc.

 

Avelina, máis nova, comezou a traballar no Hotel Pazo Santa Tecla de don José Ramón Sobrino Arias. Nos anos cicoenta cando  Camilo Pérez  e Laura Castro abren o Hotel-Restaurante O Muiño pasa a traballar  como empregada ata a xubilación, conta Josefina que estaba tan apreciada pola famila Pérez Castro que ata que faleceu sempre lle traían un agasallo por Nadal.

 

Celia tamén servíu de mandadeira na casa de  don Marcelino Vicente e dona Carmen González Neira dona Carmela. Eran donos dunha ferretería na rúa José Antonio (hoxe rúa Galicia-fronte ó Hostal Martirrey), tiveran dous fillos Darío José e Marcelino Vicente González, este último falecido en Portugal.

 

Dona Carmela era irmá das profesoras dona Aurora, dona Cruz (estivera casada co médico local alcumado Panecillo do que non sei nin seu nome e apelidos) e dona Laura González Neira. Celia ademais de mandandeira tamén ía traballar ó xornal nas leiras do pobo.

 

A miña interlocutora neste 10 de decembro de 2012 vén sendo Josefina a que con 94 anos ten unha memoria a proba de calquera mala neurona. Con poucos anos pasa a traballar en San Sebastián con dona María Ruiz que tiña a Peluquería La Belleza, onde botou quince anos. Pasa a traballar despois no Bar Donosti  na calle Trueba nº 6 cos Sres Arrúe Madaleno durante 24 anos máis é cando traspasaron o bar pasa a traballar  no domicilio dos Arrúe outros 20 anos.

 

Manuela tamén iría servir en Madrid e Santander ata que voltou a nosa Vila e colaborou con Celia e Avelina na casa familiar.

 

Avelino Rodríguez Rodríguez en 1964.

-------------------------

Avelino traballou moitos anos no taller de Isacc González Costal, coñecido popularmente como Isá Carlón. A comezos dos setenta emigra a Francia (Peronne), levado por meu difunto irmán Eduardo Uris Guisantes a traballar na fábrica de productos do campo Usine Mirabella a que despois dos anos pasaría a ser una multinacional francesa co nome Bonduelle. Avelino tivo un accidente laboral na fábrica perdendo un ollo, polo que cobrababa unha cantidade mensual ata que se xubilou pasando ao domicilio familiar na Ireira.  

 

Lembra Josefina que xá en Donostia tratou a varios presos que estiveran no Campo de Concentración de Camposancos, como ó marino José Losada de Santoña, falecido no 2010 e de súa esposa Angela García. De Sanjurjo tamén de Santoña, o que cando estaba preso lle lavaban a roupa. A Sanjurjo o visitaba con relativa frecuencia ata que faleceu, estivera namorado de súa irmá Manuela a que sempre lembraba. Tiña un canciño o que lle puxo de nome Fraga. Tamén se lembra de Julián Muñoz de San Sebastián a quen tratou ata que faleceu.

  

Avelino sempre tivo moito medo polo que apenas ten lembranzas daqueles tempos, Manuela está nunha residencia para maiores e as demais fai anos que faleceron, me precio de haber tido amistade con todas elas e con Avelino, pero a que mais me impactou foi Josefina a que como eu lle digo ven sendo a derradeira persona con memoria histórica duns acontecementos que non se deben esquecer para que non se volvan repetir.

José A. Uris Guisantes