www.galiciasuroeste.info

Concepción Alonso Vicente-José Vieira Fernández

Por José A. Uris Guisantes

 

José Vieira Fernández,  Vieira, e Concepción Alonso Vicente cos seus netos, Leonor, Vitorio e José Rebollar Vieira, un día de Ramos. Fotografía cedida pola familia.

---------------------

Mª Jesús Rebollar Vieira Chus co veciño Manuel Fajar Salcidos,  fillo de Laureano Fajar Ferreira e Concepción Salcidos Sobrino, na actualidade profesor no colexio Manuel García  de Oia. Fotografía cedida pola familia Rebollar Vieira.

----------------------

 

Concepción Alonso Vicente  da familia do Calvo era irmá de Victorino, Alejandrina e Teodoro Alonso Vicente, casou con José Vieira Fernández, natural de Vigo, tiveron unha única filla Mª Teresa Vieira Alonso, casada con José Rebollar Álvarez, natural de Camposancos, falecido fai uns anos. Alejandrina permaneceu solteira, Victorino casou con María González Bambio non tendo descendecia e Teodoro casou en Buxán.

 

Victorino Alonso Vicente na capela de A Guía. Fotografía cedida pola familia.

-----------------------

Vieira, como era coñecido, foi perseguido na guerra incivil, a súa profesión era a de marino mercante, unha vez en terra é para poder subsistir daba clases de inglés na casa e acompañaba pola provincia a turistas norteamericanos e ingleses para explicarlles en inglés o que eles quixeran.

Ata o 22 de xullo de 1954 non lle deron a libertade definitiva dende o Ministerio de Justicia-Registro General de Penados y Rebeldes-Sección de Identificación. Dezaoito anos despois do comezo da guerra incivil e sen haber feito dano algún, o seu nome aparece nun listado de fusilados en Ceuta, no libro Ceuta y el Norte de Africa, República, Guerra y Represión. Autor. F. Sánchez Montoya. Pero non era él.

------------------

 

Cando tiña coñecemento de que un trasatlántico con turistas chegaba a Vigo, acudía alí para facer de intérprete. Persoa amable, educada, levábase ben cos veciños da Praza da Guía, pois o seu dominilio estaba xusto detrás ca capela da Guía.Tamén era un excelente relacións públicas no pobo.

 

José Vieira Fernández na porta da súa casa, detrás da capela da Guía. Fotografía cedida pola familia.

---------------------

 

Alejandrina Alonso Vicente, como xa expliquei, era especuladora de aves e ovos, adicábase a ir polas feiras e mercados vendendo e mercando, ca matrícula correspondente. Lembro unhas xaulas construidas en madeira onde poderían ir máis de dúas ducias de galiñas ou galos no autobús Ferias y Mercados.

 

Autobús Ferias y Mercados  de Jesús Fernández Alonso en 1953 en Portugal, onde levara o Club de fútbol Deportivo Guardés ou O Barquiño .

  

Victorino Alonso Vicente casou con Maria González Bambio, tiñan unha tenda de comestibles  na rúa Guía, a carón da Fonte dos Campos; foi enterrador no cimiterio parroquial da Guarda moitos anos. O estalar a guerra incivil foi nomeado Garda Cívico polo alcalde don Brasilino Álvarez Sobrino; foi perseguido pola Falanxe local durante anos, por eso lle botaron fama de ser mala persoa, nembargantes eu trateino dende os 18 anos e sempre me pareceu unha persoa honrada e amable, queimada polos reveses que levou na vida. Súa muller era diabética, tendo que recibir unha dose diaria de insulina, por iso miña visita era diaria, incluídos os domingos que era cando Victorino me puña unha copiña (chato) de viño xerez cunhas pingas de augardente…

 

Victorino cos fillos de súa sobriña Mª Teresa na Alameda, Victorio e José Rebollar Vieira. Fotografía cedida pola familia.

 

 

Neste edifico estaba a casa e tenda de Victorino e María, logo pasarían a súa sobriña María Teresa Vieira que edificaría este inmoble.

----------------------------------------

Contoume moitas anécdotas que me fixeron reflexionar profundamente do porqué unhas persoas, antes da guerra, eran excelentes para o barrio e logo da guerra era persoas a repudiar.

Victorino Alonso con Leonor, Victorio e José Rebollar Vieira o lado do palco da música na Praza da Guía. Fotografía da familia Rebollar Vieira.

---------------------------

  

María Teresa Vieira, casou co camposino, José Rebollar Álvarez Pepe, uns anos despois emigraron a Suiza onde estiveron moitos anos, unha vez retornados pasaron a vivir nun chalé en Camposancos. José faleceu pouco tempo despois de retornar. Deste matrimonio naceron Mª Jesús, Leonor, José e Vitorio Rebollar Vieira. Mª Jesús, José e Vitorio están na emigración.

Fotografía de Concepción Alonso, José Vieira e seus netos, Mª Jesús, Leonor, Vitorio e José Rebollar Vieira. Fotografía da familia Rebollar Vieira.

-----------------------------------

 

Para rematar vou dar curso a este pequeño relato da pequena grande historia de Pepe Rebollar cando tratou de quedarse en EE.UU. Anos máis tarde xunto á súa esposa Mª Teresa pasarían a Suiza a traballar como emigrantes galegos, onde estiveron unha parte da súa vida, mentres os fillos eran atendidos por seus avós maternos, Concepción e Pepe Vieira.

 

José Rebollar Álvarez (q.e.p.d.) con inquietudes de mellorar a vida nun pobo como A Guarda, onde o futuro estaba no estranxeiro, emigración as Américas ou Europa, cuestión que a comezos dos anos cincoenta (1958/59) do século XX estaba moi dificil porque o goberno franquista non concedía o pasaporte así porque sí. Pepe é outros tres españois máis estaban como tripulantes nun buque de carga da Marina Mercante Española. Daquela era  relativamente normal cando chegaba un buque mercante a portos de EE.UU. que algúns tripulantes tratasen de desembarcar para ter un mellor traballo e gañar dólares….o goberno os trataba como desertores, aplicándolles o Código Militar cando eran collidos …por delito de deserción mercante…Pepe Rebollar é os tres compañeiros de Rianxo (A Coruña) de traballo foron INDULTADOS.

 

Foi un 18 de novembro de 1963 cando chega ao Concello da Guarda un Oficio do,

 

[…] Departamento Marítimo de Cádiz. Comandancia Militar de Marina de Málaga. Juzgado Permanente al Sr. Alcalde del Ayuntamiento de La Guardia. Referencia nº 1.367/1.963. Anotaciones de penas accesorias.

 

Tengo el gusto de remitir a VS el presente escrito, en unión de un testimonio, rogándole disponga lo conveniente a fin de que se efectúen las anotaciones correspondientes, con respecto al penado vecino de ese pueblo José Rebollar Álvarez, así como acuse de recibo para constancia en las actuaciones. Dios Guarde a VS muchos años. Málaga 18 de Noviembre de 1963. El Teniente Coronel Juez Permanente. Fdo. Eduardo Sanchiz.

 

Registrado al nº 119 23/11/1963. Registro General de Penados. Miguel Sánchez Maldonado, Portero 2º de la Marina y Secretario de la Causa nº 190/1959, instruída por el delito de deserción mercante, contra José Rebollar Alvarez y tres más, en el puerto de Newark (EE.UU.), y de la que es Juez Instructor el Tte Coronel de Infantería de Marina don Eduardo Sanchiz Melian.

 

Certifico: Que en la citada Causa, aparecen los particulares siguientes, y dictada sentencia cuya parte dispositiva dice así:

 

Que debe condenar y condenando al en ella procesado paisano José Rebollar Alvarez, como autor de un delito de deserción mercante, previsto y penado en el artº 45 de la Ley Penal y Disciplinaria de la Marina Mercante sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de Dos Meses y Un Día de Arresto Mayor, privación de la profesión marítima por igual tiempo y Multa de Mil pesetas, o Dieciseis Días de Arresto Sustitutorio en Caso de Impago, con las accesorias de profesión, oficio y derecho de sufragio, durante el tiempo de la condena, sirviéndoles de abono la prisión preventiva sufrida y no siendo de exigir responsabilidades civiles.

 

De resolver VE de conformidad, el acuerdo que dicte habrá de reputarse con igual fuerza y efectos que una sentencia firme, procediendo que las actuaciones pasen al Tte Coronel de Infantería de Marina don Eduardo Sanchiz Meilán, para los trámites propios del periodo de ejecución de sentencia.

 

Otrosi: Previamente deberán pasar las actuaciones al Sr. Fiscal del Departamento a los efectos de indulto y remisión condicional de la pena, VE no obstante resolverá. San Fernando 24 de Octubre de 1963. El Auditor del Departamento P.A. El Tte Coronel 2º Jefe. Fdo. Emilio Fernández Piñeyro y Maseda.

 

Decreto Aprobatorio del Excmo. Sr. Almirante Capitán General del Departamento Marítimo de Cádiz. Folio 305. San Fernando 26 de Octubre de 1963.

 

Conforme en un todo con el precedente dictamen de mi Auditor. Acuerdo cuanto en el mismo se propone en la presente Causa nº 190/59. Vuelvan seguidamente las actuaciones a su anterior Juez Instructor en la Comandancia Militar de Marina de Málaga, Tte Coronel de Infantería de Marina don Eduardo Sanchiz Melian, para los trámites propios del periodo de jecución de sentencia.

 

Otrosí: Previamente por Secretaría de Justicia se cumplimentará el trámite de estadística penal militar y a continuación pasará la Causa al Sr. Fiscal del departamento a efectos de indulto y remisión condicional de la pena. El Almirante Capitán General. Fdo. Pascual Cervera.

 

Dictamen del Ilmo. Sr. Fiscal del Departamento. Folio nº 307. El Fiscal dice.

 

Visto Decreto de la Presidencia del Gobierno nº 1504/63 de 24 de julio siguiente, esta Fiscalía es de dictamen que procede hacer aplicación al penado José Rebollar Alvarez de los beneficios de indulto que otorga el punto (a) del artº 1º, reduciéndosela en su mitad la pena de Dos Meses y Un Día de Arresto mayor que se le ha impuesto y accesoria que dicha pena principal lleva consigo. Dicho indulto no comprenderá a la pena de privación de la profesión marítima por dos meses y un día, ni a la de multa de mil pesetas, pero sí al arresto sustitutorio de diez y seis días que habría de cumplir en el supuesto del impago de la multa referida; en todo caso, el indulto otorgado quedaría sin efecto para el supuesto de que el condenado incurra en nueva delincuencia dolosa durante el término de prueba que para su rehabilitación establecen las Leyes Penales aplicables. Los beneficios de condena condicional que regulan los artº 92 y siguientes del Código Penal, no le son de aplicación por cuanto no concurre en el penado la condición segunda, indispensable, que exige el artº 93 del mismo texto legal. San Fernando, 5 de Noviembre de 1963. El Fiscal del Departamento.- Fdo. Antonio Bresca.

 

Dictamen del Ilmo. Sr. Auditor del Departamento, Folio nº 398. Excmo. Sr. Procede resolver conforme a lo informado por el Sr. Fiscal del Departamento, en su precedente dictamen. VE no obstante, resolverá. San Fernando 6 de Noviembre de 1963. El Auditor del Departamento. Fdo. Agustín Vigier de Torres.

 

Decretato Aprobatorio del Excmo. Sr. Almirante Capitán General del Departamento Marítimo de Cádiz. Folio nº 309. San Fernando 8/11/1963.

Conforme en un todo con el precedente dictamen de mi Auditor, acuerdo por tanto en el mismo se propone en la presente Causa nº 190/59, volviendo seguidamente la misma a su Juez Instructor en la Comandancia Militar de Marina de Málaga, Tte Coronel de Infantería de Marina don Eduardo Sanchiz Melian, a fines de notificación y demás trámites legales pertinentes.

 

Otrosí: Previamente por Secretaría de Justicia se cumplimentará el trámite de estadística penal militar. El Almirante Capitan General .-Fdo. Pascual Cervera.

 

Y para que conste y remitir al Sr. Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Rianjo (La Coruña), expido el presente de orden y con el Vº Bº del Sr. Juez Instructor, en Málaga a 16/11/1963. Digo, al Sr. Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Camposancos (eiquí existe un erro, Camposancos non era Concello), La Guardia, Pontevedra.Fdo. Maldonado. VºBº El Tte Coronel Juez Permanente. Eduardo Sanchiz.   

José A. Uris Guisantes