Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

JUAN ACEVEDO “O CAMPOSINO”

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

anterior

 

Unha vez máis; Juan invítanos a súa casa para presentarnos os últimos murais que fixo, a maior parte deles baseados no tema mariñeiro, a súa profesión antes de se xubilar, pero tamén hai algúns infantís dedicados ás súas netas.

 

Son pinturas feitas nas paredes do fogar, cada vez máis escasas, porque xa van indo todas elas cheas con estes murais e mesmo ocupa as portas. Cóntanos que a súa afección vén de crío, cando xa destacaba cos debuxos que facía.  Tiña moita ilusión de divulgalos así que traémolos a galiciasuroeste para que esa ilusión sexa realidade. A nós gustounos así que esperamos que aos seguidores desta web tamén. Non remato sen dicir que xa o estamos animando para que pinte algún motivo na fachada da súa casa. Case está xa convencido.

 

Premer na imaxe para ver máis

 

anterior