www.galiciasuroeste.info

Juan Antonio Baz Domínguez

Rosenda Rodríguez Álvarez

Por José A. Uris Guisantes

 

 

Rosenda Rodríguez Álvarez e Juan Antonio Baz Domínguez con súas fillas Josefina Fina e Dolores Lola. Fotografía cedida por Sira Martín Lomba.

--------------------

Juan Antonio Baz Domínguez Pendejo[1], non sei a data de nacemento, era fillo de Pedro Baz Cadilla e Dolores Domínguez Lomba. Neto por parte paterna de Gervasio Baz e  Manuela Cadilla. Por parte materna de Francisco Domínguez e Ignacia Lomba.

 

 

Dolores Dominguez Lomba. Fotografía cedida por Mª Emilia Baz Coello

--------------------

Pedro Baz Cadilla. Fotografía cedida por Mª Emilia Baz Coello

-------------------

Casou con Rosenda Rodríguez Álvarez da que tampouco sei a data de nacemento, que vivía na rúa Concepción (prazoleta e arredor da Guía). Era filla de José Benito Rodríguez Cividanes e Josefa Álvarez Vicente. Avós paternos, Antonio Rodríguez e Herminia Cividanes, avós maternos, Francisco Álvarez é Rosenda Vicente. Rosenda era irmá dos industriales, Florindo e Rafael Rodríguez Álvarez. Non sei se había algún mais.

 

Juan foi carpinteiro/ebanista de profesión, armador, taberneiro esporádico cando as festas locais, constructor de gamelas e pequenos barcos, así como de maquetas.

 

Seu cuñado Florindo, foi xerente e accionista da empresa de Electricidade Florindo Rodriguez  Álvarez Sociedad en Comandita, que logo pasaría a ser Eléctrica Guardesa S.A., ademais de ter un taller de carpinteria/ebanistería onde fabricaban toda clase de mobles, primeiro na rúa Vicente Sobrino na Casa Alta (Farmacia Barbi) en sociedade co Sr. Blanco e logo na actual rúa Brasil (Fenosa), dispuña ademais dun almacén de madeiras de todo tipo, incluída tablilla, etc.

 

O segundo cuñado, Rafael, tamén foi un home emprendedor, emigrante na república Arxentina, o voltar establécese como almacenista/comerciante de viños, dono do Hotel del Tecla (edificio alugado aos herdeiros de Vicente Vicente Vicente) con restaurante e Hotel Pazo Santa Tecla no cumio do Trega. Como non era simpatizante do rexime franquista (totalmente contrario as ideas de seu irmán Florindo) vende seus negocios e voltou para a Arxentina onde faleceu.

 

Florindo naceu o 7 de decembro de 1886 na calle Concepción (como dixen, nome oficial da que sería anos mais tarde Plaza de La Guía), tiñan un tío industrial panadeiro chamado Roque Cividanes Portela que faleceu en 1982. Roque en 1887 vivía na casa nº 4 da calle Oriente a que en 1910 pasaría a chamarse oficialmente calle Secundino Melón.

 

Rosenda Rodríguez Álvarez co seu esposo Juan Antonio Baz Domínguez e fillo Jaime Baz Rodríguez. Fotografía cedida por Ana Isabel Baz Martínez

------------------------------

  

Na rúa Calvario, xusto fronte a vivenda de Juan Antonio e Rosenda. Podemos ver a esquerda a Josefina Baz Rodríguez Fina co fillo Conrado Martín Baz a seu lado, de luito tía Rosenda a seu lado a neta Carmiña, súa irmán María Gloria, de garabata o irmán José Luís e a súa esquerda  outro irmán, Francisco Javier Martín Baz. O lado do señor de sombreiro, Jaime Baz Rodríguez, distingo tamén o pintor de orixe guardés asentado na Povoa de Varzim  José Antonio Fernández Álvarez Tera. Os demais non os coñezo. Fotografía cedida por Sira Martín Lomba.

--------------------------

 

 

Un dos primeiros negocios de carpintería de Florindo Rodríguez Álvarez irmán de Rosenda era Taller y Almacén de Muebles- Ebanistería Rodríguez y Blanco. Estaba instalado no baixo da Casa Alta de Alcides Alonso Sobrino (Botica Barbi) rúa Vicente Sobrino. Fotografía cedida por Teresa Rodríguez Sousa.

--------------------------

 

-------------------------------------------

 

Florindo Rodríguez Álvarez a esquerda de sombreiro con un amigo da República Dominicana en 1963/64 no restaurante La Perla del Caribe  (Area Grande). Fotografía cedida por súa filla

----------------------------------

 

O fondo podemos ler a propaganda do almacén de viños de Rafael Rodríguez Álvarez RAFAEL tiene los mejores vinos de mesa. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso

-------------------------

 

Rafael era o dono dun bodegón-almacén de venta de viños ó por mayor, do Hotel Restaurante del Tecla na rúa/ Elduayen (rúa Galicia) e do Restaurante-Hotel Pazo Santa Tecla. Cando a sublevación militar contra a República traspasou seus negocios a Angel Signo García emigrando por segunda vez a República Arxentina onde faleceu.

 

Antigua  vivenda de Juan Antonio e Rosenda, logo pasaría a ser de seu neto José Luís Martín Baz (q.e.p.d.). Nestes últimos anos está o Bar-Tapería La Casa de la Abuela dirixido por outra neta, Felisa Martín Baz e un socio. A vivenda seguinte era da tía Rosalía Trigo Sobrino. Fotografía de José A. Uris.

---------------------- 

Hotel-Restaurante Pazo Santa Tecla de Rafael Rodríguez Álvarez. Podemos ver que a entrada o comedor era pola esquerda, podemos ler o nome El Pazo-Mirador Rafael.  Folleto cedido por José Mª González Alonso

------------------------------------------

 

Irmáns de Juan Antonio

 

-Benito Baz Dominguez emigrante no Brasil o igoal que Juan Antonio. Benito falecería no Brasil deixando numerosa familia, Juan Antonio regresou anos despois.

------------------------------

 

-Antonio Baz Domínguez Mariana de 38 anos foi paseado[2] o 24 de setembro de 1936, veciño de Estás (Tomiño), de profesión electricista. Sacado da prisión de Tui, sen mandamento de ningunha clase, pola Escuadra del Amanecer de Falange é executado, seu corpo apareceu tirado na vía pública no monte Xinzo (Ponteareas).

 

Casado ca guardesa Gloria Rodríguez González. Deixou sete fillos: Antonio; Mª Gloria, casada con Luís González Iglesias O Barbeiro; José Benito; Josefina, casada con Antonio Toneno; Ernesto; Avelino Li (dono da Taberna Mau-Mau) e Amador Baz Rodríguez .

----------------------------

 

-Manuela Baz Domínguez,  ama de casa e sufridora, digo sufridora porque ó  9 de agosto de 1936 (rexistrada a morte o día 10) foi paseado seu esposo, Antonio Domínguez Pacheco de 29[3] anos, pescador, fillo de José Bernardo Domínguez Lomba e María Luz Pacheco Videira …muerto por la fuerza pública (militares e falanxistas) en el lugar de Paraños-A Sangriña, casado con Manuela Baz[4], no dejando sucesión.

 

Antonio foi executado as 5 da tarde, xunto a outros catro guardeses en Paraños-A Sangriña  polo pelotón de militares e falanxistas que mandaban o capitán da Garda Civil que se desplazara dende Vigo, Joaquin Teresa Pomares capitán Teresa e ó tte do Corpo de Carabineiros Salvador Buhigas Novo.

 

Antonio Domínguez Pacheco, esposo de Manuela Baz Domínguez

------------------

 

Despois dun xantar celebrado no Restaurante Jurado no Trega (actual Museo) entre militares, autoridades, empresarios e comerciantes locais da dereita conservadora, mais o que nese momento presidía a Xestora municipal como alcalde, Francisco Moreno Álvarez Paco Moreno xunto a: 1º tte de alcalde, Mariano Jiménez Hueto, fotógrafo de profesión; 2º tte de alcalde, Marcelino Portela Portela O Murgas de Camposancos; 3º tte de alcalde: Francisco de Santiago Álvarez, propietario e labrego da Gándara; Síndico: José Jurado Romero, médico e membro activo da Escuadra del Amanecer de Falanxe.

 

Como digo elí o capitán Teresa presentou unha lista dos republicanos detidos no colexio do Pasaxe de Camposancos e dos que estaban xá na prisión do Partido Xudicial en Tui, que debían ser axusticiados. Segundo contaron no seu día Juan Noya Gil e Manuel Domínguez Pacheco eran trinta e cinco os encartadosy en el tira y afloja de los comensales acordaron que fueran cinco, de momento...

 

Manuela Baz Domínguez que tivera varios abortos esporádicos, levaba no ventre o fillo de ambos (concibido antes de ser detido e levado ao colexio dos xesuítas no Pasaxe como a varias ducias de republicanos guardeses). O bebé levou o nome de seu pai, xunto ó de Amado  (Antonio Amado Domínguez Baz Toñito), finado no 2004. Antonio e Manuela casaran o 22 de xuño de 1929.

Conxunto de xogadores guardeses e simpatizantes no Campo do Codesal en Camposancos antes de xogar contra os alumnos do Colexio San Francisco Javier do xesuítas en agosto de 1952. O fillo de Antonio Domínguez Pacheco e Manuela Baz Domínguez é o nº 3, Antonio Amado Domínguez Baz Toki, finado no 2004.Fotografía de Emilio Rolán Mosquera.

 

Foi protexida por María e súa nai Aurora Álvarez Álvarez  As Auroras, con elas vivía unha tía María González Zarandón bastante maior.

 

María das Auroras, como era chamada, republicana de pro que se dedicaba a ensinar as primeiras letras aos nenos/as pobres da veciñanza estivo a punto de ser fusilada por roja, o final tivo que tragar aceite de rícino, rapado de pelo a cero é ca prohibición tallante de cubrir a cabeza, como castigo, mais a queima en praza pública (Praza do Reló) de tódolos libros que posuía e ademais na súa presencia, tendo que escoitar toda clase de insultos e vexacions..

 

Eran as representantes da compañía de Seguros La Fe, vendían mobles e reparaban colchons de lá, dos que se encargaba Manuela. O domicilio e establecemento estaba no edificio da actual Librería Petete na rúa Bernardo Alonso ou calle de los Sesenta Pasos (antiguamente calle de la Yglesia).

 

A dereita Casa das Auroras onde vivían é no baixo tiñan  Seguros La Fe o mesmo tempo que vendían mobles, caixas e colchóns de lá.

 

Manuela Baz Domínguez, era a encargada de confeccionar  colchóns de lá e reparar os vellos, traballando arreo. Fruito do seu traballo sería a merca da casa onde hoxe estaba o taller de reparacions de electrodomésticos Gonzalago. Nembargantes durante moitas noites iría a dormir con súa nai, Dolores Domínguez na saída da rúa Hernán Cortés, vivienda onde estivo a Tenda Vegé.

----------------------

 

-José Benito Baz Dominguez Chaquetas, naceu o 24 de febrerio de 1911, de profesión pescador, casado o 19 de setembro de 1940 con Visitación Lomba Castro Visita, a que naceu o 13 de marzo de 1921, filla de Joaquin Lomba Videira e Manuela Castro Martínez, con domicilio na rúa Malteses.

 

O matrimonio pasou a vivir  no Baixo Muro nº 4. Tiveron os seguintes fillos: Mª Mercedes Chiruca, nacida o 6/07/1941; José Luís Cachiza (q.e.p.d.), nacido o 10/01/1943 ; Ana Mª, nacida o 28/03/1946, falecida de nova; Julio Rafael, nacido o 3/02/1954  é Antonio  Baz Lomba Nani, nacido o 28/05/1958.

   

 

Fotografías de Visitación Lomba e José Benito Baz no Libro de Familia en 1940. Cedidas por seu fillo Antonio Nani.

-----------------

 

José Benito Baz Domínguez Chaquetas. Fotografía cedida por seu fillo Antonio

---------------------------

 

José Luís Baz Lomba Cachiza. Fotografía cedida por seu irmán Antonio.

------------------------------

Antonio Baz Lomba Nani de pequeno Fotografía cedida por el mesmo.

---------------------------------------------

 

-Manuel Baz Domínguez, 24 anos, de profesión pescador, casou o 4 de febreiro de 1936 con  Caridad Sobrino Vicente de 23 anos, filla de Juan Sobrino e Generosa Vicente de Salcidos, con domicilio en Laxes nº 29. Quedando viúvo os poucos anos cun fillo do que non teño datos, nin teño a ninguén que me indique se é que ainda vive e onde.

 

Manuel casaría anos máis tarde con Baldomera Vicente Fernández Piñeira de Ribadavila. Manuel faleceu de tuberculose aos 44 anos. Persoalmente foi a primeira vez que asistín, xunto a meu xefe o Boticario don Antonio Vázquez Palacios a desinfección dunha vivienda co sistema de uso de formol. O lado da vivenda tiña unha escoliña a tía Piñeira.

---------------------------

 

-Dolores Baz Domínguez, Lola Pildirica da que non teño datos de nacemento. Casada con Luís Lomba  o Avisarás.

 

Vivían en Malteses, algúns de seus fillos que coñezo son: Maruja que casaría con Antonio Pena Alonso Uxa; José, alcumado Pepe Mastín (polo grande que era (q.e.p.d.) Mercedes, casada con Luís Acevedo Pacheco;  Carmen, casada con Isaac Verde Mico; Manuel Caji, casado con Mª del Carmen Alonso Cadilla;  Luís Nerón (q.e.p.d.) e Fernando Barbo Lomba Baz, finado solteiro na flor da xuventude.

 

Manuel Lomba Baz

------------------

 

Brúxula, tamén chamada Compás polos mariñeiros, de Juan Antonio Baz que tamén entendía da súa regulación para fixar con exactitude o Norte, ademais de confeccionar as caixas onde ían aloxadas. Fotografía publicada por Elena Cividanes Álvarez de Salcidos

-----------------------------------------

 

-Jesús Baz Domínguez Salmerón, nacido en 1917,  que vivía no Baixo Muro, casado en 1940/41 con Julia Coello Pereira Cipilleira, matrimonio que tuvo tres fillas e  un fillo. Tamén faleceu bastante novo, creo que tiña 43 anos.

----------------------------------------------

 

Despois destes irmáns sigo co protagonista, Juan Antonio o que tivo un barco molleiro de nome San Pedro.

 

Unha vez casado con Rosenda, abriron en 1923 unha tenda de comestibles con Expendeduría de Tabacos, na rúa Calvario que administraba súa esposa.

 

18 de xuño de 1937. Oficio de la Delegación de Orden Público de Pontevedra al Alcalde de La Guardia:

 

[…] Remito a V relación del personal al servicio de la Compañía Arrendataria de Tabacos que figuran al frente de las expendedurías de la misma de ese Ayto, para que me informe a la mayor brevedad, por duplicado y separadamente, de los antecedentes de cada uno de ellos, con arreglo al modelo-ficha que al dorso se menciona. Dios guarde a V muchos años. Pontevedra, 18 de junio de 1937. Fdo. El Delegado. Oscar Boán.

Parroquia de Sta María de La Guardia: Arturo Fernández del Valle

Parroquia de Sta Isabel de Camposancos: Agustín Álvarez

El Pasaje de Camposancos: Juana Fernández

Outeiro de Camposancos: José Lorenzo Conde

La Marina de La Guardia: José Mª Baz

Expendeduría nº 1 de La Guardia: Mª González Sobrino

La Cruzada de La Guardia: Juan Antonio González

El Coruto de Salcidos: Agustín Álvarez Portela

Buján: José Fajar Vicente

La Gándara: Rosa González

San Lorenzo de Salcidos: Juana Pérez

Sobrelavilla: Juan Antonio Baz Domínguez

Castro-Salcidos: Mª Serafina Lomba.

 

En 1928 figura na    […] relación de carpinteros y constructores de La Guardia:

 

Manuel Rolán; Antonio Sobrino; Juan Antonio Pacheco González maestro -constructor de obras menores, de apodo Pachequiño; Bernardo Vicente; Roque Álvarez; Antonio Portela; Antonio Durán González (1903); Armindo Rodríguez, maestro constructor (1910); Juan Antonio Baz Domínguez; Joaquin Moreira.

 

De Camposancos: Benito Pérez; Eugenio Pérez Carrero; Joaquin José da Rocha; Laureano Galiñanes; Victoriano Pérez; Severino Lorenzo; José Martínez; José Antonio Rodríguez Alonso; Ricardo Vicente; Antonio José Rodríguez Aleiso; Joaquin Castro Oliveira e Buenaventura González.

 

Juan Antonio Baz Domínguez montando a maqueta dunha gamela guardesa na súa vivenda da rúa Calvario, hoxe restaurante-tapería Casa de la Abuela. Fotografía cedida pola familia.

---------------------

 

Home emprendedor ca chegada do verán e as festas populares dispuña dun Bar Ambulante que el mesmo montaba a base de pezas de madeira ensambladas. Acodía as Festas do Monte, San Roque e as do barrio Festividadade da Virxe da Guía, entre outras.

 

Por exemplo na sesión plenaria do 20 de xullo de 1944, sendo alcalde don Agustín Lomba Gómez (socio co seu irmán Salvador do comercio de tecidos Los Muchachos na esquina da rúa Galicia con J.Manuel Andreini, preto da Taberno O Galo), tratan, entre outros asuntos, de:

 

[…] Juan Antonio Baz Domínguez solicita licencia para montar una Cantina en la Alameda en las Fiestas del Monte los días 12 y 13 de agosto. Se aprueba, tendrá que pagar 50 pesetas diarias.

 

 

Personalmente tratei a algúns dos fillos/as como Josefina Fina, casada con Conrado Martín Rey;  Mª Dolores Lola, casada con Serafín Márquez; Jaime casado con María Martínez Pérez é Sira Baz Rodríguez casada con  José María Martínez Rodríguez.

 

Costura de Sira. A esquerda, Ramona de Salcidos; Araceli Urgal; Amalita Cadilla; Sira Baz; María Martínez Pérez; Josefina Baz Rodríguez; Socorro Álvarez Piruana; Generosa Peña Álvarez; Pilar Rodríguez Gómez Pilar Portales; Mª Victoria Troncoso e Avelina Rodríguez Cerepa.

---------------------------------

 

Juan Antonio Baz Domínguez ó lado dunha maqueta de gamela que tan ben fabricaba. Fotografía  cedida pola familia.

-----------

José María Martínez  Rodríguez, vixilante de portos, casado con Sira Baz Rodríguez. Despois do temporal de febreiro de 1979, podemos contemplar unha pequena parte dos grandes destrozos feitos polo mar na infraestrucura do Porto da Guarda. Fotografía de Luís Cadilla González

------------------------------

Rematando de poñer a vela nunha maqueta na súa casa da rúa Calvario

------------------------------

 

Maqueta dunha gamela guardesa construída por Juan Antonio. Fotografía de Joaquin Fernández Gómez

--------------------------------

 

Festas de San Roque en 1956. De esquerda a dereita, Lali Casillas González; Carmiña Galdó; Felisa Fernández Rodríguez e Sira Baz Rodríguez.

---------------------------------

 

Parte da familia de Juan Antonio e Rosenda. A esquerda unha moza que debe ser filla do Tera é súa nai Celeste Pacheco Barbosa, terceiro por arriba, Conrado Martin Rey, de lentes súa esposa Josefina Fina Baz Rodríguez, de luito a tía Rosenda, sentado no triciclo José Antonio Fernández Álvarez Tera (creo), súa neta Mª Carmen Martín Baz Carmiña. Os demais non sei quen poidan ser. Fotografía cedida por Sira Martín Lomba, bizneta de Juan e Rosenda

----------------------------------------------------

 

Na fotografía a esquerda Teodosio Sesto cun fillo, Manuel Martín López Marbella é meu avó Secundino Guisantes Rodríguez en 1934. Detrás o automóbil de servicio público (SP) de Marbella. O alcume de Marbella foi que Manuel era natural da cidade de Marbella, achegándose a Vila da Guarda onde se namorou de Refugio Rey é formaron a familia Martín Rey.  Inclúo esta fotografía porque Manuel Martín era sogro de Josefina Baz Rodríguez que casou con Conrado Martín Rey.

 

 

Cabeceira das facturas de Manuel Martín López  Marbella en 1929

-------------------------------

 

Un dos coches de aluguer en 1931. A dereita Manuel Martín López Marbella

 

En 1931 dispuña dun automóbil modelo Obsmóbile P0-2805 de 16 Hp. Turismo para servicio público. O 29 de abril de 1932 foi autorizado a construcción dun Bar na Avda Ordóñez no monte Trega que logo nun chegou a construir (xusto debaixo do quiosco de pedra que doaría don Constantino Candeira e que ainda podemos ver hoxe). Dispuña tamén dun Bar desmontable para acudir as festas populares.

 

Por meo do Oficio nº 174 do Servicio Forestal da Diputación Provincial.

 

                                                        […] En reunión del Patronato Monte Santa Tecla del 23 de abril de 1932 se Acordó autorizar a Manuel Martín López Marbella, la construcción de un Bar en el lugar del sitio conocido como plazoleta de Ordóñez, en las escaleras de acceso al Facho. Pagará un plus de 100 pesetas anual. La concesión será por treinta años.

 

Ese Bar de Manuel Martín López seguiría funcionando no verán e na Romaría no Trega ata 1936, ano no que foi obrigado a clausurar provisionalmente.

 

Así o 27 maio 1936 por Oficios nº 299 e 300 dirixidos a Prudencio Vicente Sobrino e Manuel Martin López Marbella o alcalde lles …comunica que procede Clausurar provisionalmente los dos Kioscos que tienen en el Tecla dedicados a venta de bebidas y otros artículos, debido a los altercados que degeneran en escándalos y que diariamente se suceden en el Tecla…

 

Según figura no Concello o 24 abril 1943, Manuel Martín López Marbella era o dono do Café-Bar Celta sito na  c/ Oliveira Salazar. Despois serái seu fillo Luís Martín Rey[5] o que levaría o Bar. Estaba no mesmo baixo en que estivera o Bar Deportivo de Juan Noya Gil e de Dolores Domínguez Pacheco Lola súa esposa.

 

A tradición do Bar Ambulante sería  recollida por Juan Antonio Baz Domínguez que viña sendo sogro, como xá dixen, do fillo de Marbella chamado Conrado Martín Rey que casaría con Josefina Baz Rodríguez a que como filla maior levaría o alcume de seu pai Pendeja.

Cumpleanos de Juan Antonio Baz no centro,  a esquerda Sira Baz Rodríguez, debaixo Carmiña Martín Baz,, Rosenda Rodríguez Álvarez, Juan Baz Domínguez, pareceira de Juan e Rosenda, Basilia Pérez e súa nora, María Martínez Pérez, esposa de Jaime. Fotografía cedida pola neta, Ana Isabel Baz Martínez.

 

E esta é unha breve semblanza dun matrimonio e seus irmáns, co resto da familia do Barrio de Ribadavila.

José A. Uris Guisantes

__________________

[1] Alcume que o parecer acadou cando voltou da emigración no Brasil con un acento especial.

[2] Significaba ser asesinado sin xuicio de ningún tipo. Eran sacados de prisión o das súas casas  para matarlos, deixándo o cadáver tirado. 

[3] Idade que pon no Rexistro Civil. Libro 35.

[4] No Rexistro Civil figura María Baz Domínguez.

[5] Xemelgo de Eduardo