PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Manuel Díaz González LIGERO

por José Antonio Uris Guisantes

.

Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Festas do Monte 1958.En primeiro termo  Manuel Díaz González “Ligero”; súa muller,  Lucía Martínez Veloso,  repartindo o “xantar”, e diversos comensais. Ao, fondo Manolo–sobriño de Lucía– dando de “comer” a un amigo

.

            D. Manuel Díaz González “Ligero”, nacera en Camposancos, fora peón e albanel na empresa Moreira, contrabandista [chatarra, améndoas, tabaco, portugueses para Francia é un longo etc.]; Tte Alcalde na época de Franco, con don Raimundo Lomba González; Tte. Alcalde na democracia con Raúl González Puebla; Deputado Provincial e Alcalde de A Guarda elexido democraticamente por maioría absoluta; militante de Alianza Popular,  logo de Coalición Popular e finalmente do Partido Popular, amigo persoal de don Manuel Fraga Iribarne.

            Ligero foi o artífice de que Alianza Popular gañara na Guarda nas Eleccións Xerais para o Congreso e Senado [outubro de 1982] a nivel Estado, as eleccións gañara por maioría absoluta de votos o PSOE en case que todo o Estado.

 

            Na Guarda votaron 4.800 persoas [o 72,51% do Censo], Ligero e seu equipo de Alianza Popular gañaron co 49,35% dos votos, O PSOE sacou o 24,71%, UCD o 14,37%, BNG o 3,54% e PCG o 0,67%. Votos nulos e blancos 95.

.

            Ligero falece sendo Alcalde de A GUARDA dunha grave enfermidade o 21 de outubro de 1989. O sucede provisionalmente o Iº Tte. Alcalde Antonio Cividanes Gómez, quen as poucas semanas cede o posto a concelleira de Cultura dona Purificación Álvarez Álvarez [filla do “Pito” de Salcidos, militar retirado e concelleiro varios anos no réxime de Franco] que esgota esa lexislatura. 

Fotografía propiedade de Manuel Sobrino Sobrino. Chegada do cadaleito de Manuel Díaz González á igrexa parroquial procedente do salón de Sesións da Casa Consistorial onde estivera exposto ao público, outubro de 1989.

 

            Momento no que o cadaleito do Alcalde de A GUARDA don Manuel Díaz González “Ligero” entra no adro da parroquia de Santa María de A Guarda, procedente do salón de actos da Casa Consistorial, onde estivera exposto por acordo da Corporación Municipal.

         

           Corporación da que este que escribe tamén facía parte [concelleiro do P.S. de G-PSOE], os portadores das mazas de honra viñeran da Deputación Provincial cómo homenaxe desta Institución a un dos deputados mais carismáticos daquelas datas. Unha das persoas que levan o cadaleito é Alvaro Miniño Rodríguez, da quela Alcalde de OIA. 

Fotografía propiedade de Manuel Sobrino Sobrino. Paso do acompañamento pola rúa Galicia.

O fondo da foto, impresionante manifestación de duelo.

                      

            Paso da comitiva fúnebre pola rúa José Antonio [hoxe Avda. de Galicia] o fondo pode comprobarse a cantidade de persoas que asistiron ao enterro onde foi despedido na Alameda para dirixirse a comitiva ata ó cemiterio de Camposancos.

                                                                          

            Cariñosamente chamado polos mais íntimos do P.P. “estrella de Galicia” [debido a que tomaba algunha cervexa desa marca], e famoso pola frase que como representante xenuíno do pobo traballador dedicou a don Mariano Rajoy Brey cando xurou a toma da presidencia da Deputación e Ligero debía ser quen lle entregase o “bastón de mando” por ser o deputado mais vello en idade [...] ¡Mariano!..., ¡aquí te entrego la vara!....  

 

            Independentemente das cuestións políticas, ideas e opinións persoais de cada cal, de erros ou acertos na xestión, Ligero marcou unha etapa na política local e na propia sociedade guardesa, con polémicas, moción de censura [ADEGA<>UCD e traizón dun afillado de Ligero da ADEGA] que non propera é  con saída a hombros do Concello..., con tirrias e envexas..., todo hai que dicilo.

......... por exemplo:  A famosa pala escavadora das Cachadas que rebentaba ou levaba por diante tanto muros de leiras cómo zoas arqueolóxicas, tiña cómo colofón a frase de Ligero....¡paso al progreso!.

 

             Participou en directivas de fútbol [foi presidente do Sporting Guardés], en construccións tamén polémicas [edificios chamados mamotretos polo gran volúmen edificado e alturas autorizadas], cómo organizador das Festas do Monte Tecla [foi presidente] ou das Festas de Primavera en 1963 [da quela non podían leva-lo nome de Carnaval ].

 

            Xogador de fútbol nos anos cincuenta [me dí Andrés Machado que foi un gran porteiro, dianteiro e ata defensa algunhas das veces].

Fotografía propiedade de Manuel Sobrino Sobrino. Deportivo Guardés 1953

Ligero e o cuarto xogador, de esquerda a dereita, abaixo

Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso

Campo do Erizana en Baiona, 2 de marzo de 1952. Dicían os de Baiona que para gañar ao Deportivo [tamén chamado “O Barquiño”] lles “sobraba papel”.

Esquerda a dereita: Emilio Lorenzo Cividanes “Taboleta”, Carlos Martínez Troncoso “Carlitos”, Álvaro Pérez Bernárdez “Alvarito”, Esteban Arrizabala Echevarría “Deva”, Elpidio Sobrino Álvarez “Elpidio”, José Carrero Alonso “Pepe”, José María de Angulo Cordobés “Angulo”, Manuel Pazó Vázquez “Mañaña”, Jose María Silva Vicente “José María”, Manuel Díaz González “Ligero”, Manuel Álvarez Barrabit “Barrabí” e José Vázquez Sousa “Meco”.

 

            Neste ano de 1952 a Comisión de Festas do Monte acorda levar a cabo as festas en anos sucesivos na SEGUNDA SEMANA DE AGOSTO. As festas deste ano tiveron lugar nos días 8, 9 e 10 de agosto sendo Alcalde don Ermelindo Portela Gómez e presidente da Comisión don Santos Pantaleón Saúl.

          

            Sendo Ligero Iº Tte. Alcalde con Raúl González Puebla en 1985, xorde unha forte polémica pola negativa de retira-lo testamento do dictador, xeneralísimo Francisco Franco Baamonde, das dependencias de atención ó público na Casa Consistorial, incumplindo as normativas oficiais do Goberno do Estado Español presidido por don Felipe González Márquez para retirar obrigatoriamente tódolos símbolos da dictadura.

 

            Foi o concelleiro socialista Pedro Borrajo Rivas quen retirou, baixo a súa responsabilidade, o cadro co testamento, facendo entrega do mesmo na Secretaría do Concello, despois de que por medio de varios escritos do Grupo GMS ó Alcalde, Raúl González Puebla se negara rotundamente a facelo .

 

            Daquela  era Oficial Maior e Xefe de Persoal, don Julio Portela Gómez quen tamén fora Alcalde en 1945- 46 que se  mantivo á marxe da polémica.

Fotografía de Manuel Sobrino Sobrino. Festas do Monte 1966. Equipo de Casados coa camiseta do Deportivo Guardés.

 

FESTAS DO MONTE 1966, sendo presidente das festas Manuel Díaz González “Ligero” , e Alcalde  José Luís García Pérez, tivo lugar un encontro de fútbol entre casados e solteiros. Gañou o equipo dos casados por 2 tantos a 1. Este encontro tivo lugar o día 31 de xullo de 1966 no Estadio do Tecla.

Equipo de CASADOS: de esquerda a dereita: Isaac González González, José Martínez Álvarez “Polis II”, non sabemos quen é o seguinte; porteiro Manuel Vicente Portela “Sandrini”, Antonio González Lomba “Santa María” ou “Escucha”, José Vázquez Sousa “O Meco” de Camposancos, José Uris Fernández “Pinto”,  Luís Pereira Díaz “Licha”, Manuel Díaz González “Ligero”, Fernando Pereira Díaz “Nando” é Brasilino Álvarez “Chelino” da Cruzada.

 

Preguntas na sesión Plenaria do 30 de outubro/85:

Pedro Borrajo: ¿Porqué segue o testamento de Franco nas dependencias de atención ó público?.

O Alcalde contesta: Hay personas a las que no les molesta dicho testamento.

Manuel Díaz González: Recuerdo al Sr. Borrajo que ya usted retirara el testamento y que afortunadamente lo volvió a reintegrar, porque si no lo hubiera hecho no sabría lo que le pudiera pasar a usted...

             [Como se pode comprobar polas expresións do Alcalde e do Iº Tte. Alcalde a Democracia e a Constitución en 1985 non estaba sendo levada á práctica diaria polos políticos da dereita [Grupo Popular], nas Institucións Públicas de A Guarda].

 

            Foi polémica a Sesión Plenaria do 30 de novembro de 1985 cando se trataba de da-la aprobación ó Borrador da Acta da Sesión Plenaria do 30 de outubro/85.

 

            Os grupos da oposición [BNG e PSOE] polemizan fortemente co Alcalde  sobre da orden dada por el mesmo ó secretario da Corporación para que se eliminase a expresión feita por el mesmo de: la Constitución no fue aprobada por todos los españoles...

 

            Clara alusión para ter argumentos e seguir colgado o testamento de Franco......¡ é agora Raúl González Puebla sae cómo demócrata de toda a vida...¡o que temos que ver amigos internautas....!.

            O final o testamento de Franco foi retirado das dependencias municipais e hoxe non se sabe onde foi parar.....   

 

            Considero que a lembranza de Manuel Díaz González “Ligero” merece un apartado aparte porque foi un home que nunca se beneficiou a nivel persoal das oportunidades que os quefaceres políticos lle deron a outros moitos para medrar economicamente ¡e ben que medraron!, de Ligero.

           

            Outros moitos si se aproveitaron..........., outra cousa é a cuestión política na que podería estar errado e no uso da súa popularidade para recibir parabéns, palmadas nas costas... ¡es o mellor, Ligero!.-. etc.etc. ¡pero para propio beneficio deses aduladores ou pelotilleiros!.

 

            Iso sí NON admitía o feito de que puidera estar errado nas súas opinións ou actos públicos, como tampouco admitía a crítica de ninguén, se así acontecía atacaba dialécticamente ou negando permisos a quen ou quen tiñan a “ousadía” de levarlle a contraria.     

 

            Intimamente ligado o nome de O Barquiño con “Ligero” nos anos cincuenta, pois ese nome de O Barquiño era o primeiro bar que montou na Guarda [nome dado en honra do Club Deportivo Guardés coñecido cómo “O Barquiño”] na rúa Concepción Arenal [no baixo da casa de José Andrés García “Pepe o Carniceiro”] logo pechado.  

 

            Cando construíu o seu domicilio en fronte  onde tiña o bar Barquiño, montou outro bar que lle puxo Bar Ligero, o que hoxe rexenta seu familiar Manolo.     

 

            Dende 1983 ata seu falecemento, este que escribe, foi testemuña de moitas anécdotas de “Ligero” e de escoitar frases que non tiñan desperdicio:

            Referíndose aos concelleiros da oposición...”estais mais verdes que unhas leitugas”....”son mais socialista que todos vós xuntos”...  

.

Puri... [referíndose a Purificación Álvarez Álvarez cando esta era concelleira de Cultura con Ligero de Alcalde]......."cala a boca que neste tema estás máis verde que as leitugas das hortas de Salcidos”...

                              “xa puxen a furrular aos funcionarios” [a traballar aos funcionarios]. “

 

                               Raúl é un xesuíta metido a sacristán” [cando Raúl González Puebla estaba de Alcalde].

 

 Sobre a Garda Civil...  daquela [anos sesenta] a Garda Civil sí era dura, hoxe méxanlles no bolso, abren o paraugas é din que chove”...[entrevista en Faro de Vigo domingo 8 de novembro de 1987]

 

Nas Eleccións de 1987...”vou gañar por goleada, e sen baixar do autobús”. “ata de tacón”......

 

Sobre a prisión en Carabanchel –Madrid... “El día que salí de Carabanchel los presos lloraban cómo magdalenas”...[estivera uns meses preso por contrabando, fixo de padriño de varios fillos de presos comúns].  En Carabanchel me gasté todo lo que no tenía ya. A los 150 presos les pagaba el café con leche y un bollo, me valía 15 pesetas diarias. Dos veces a la semana los llevaba al cine, Carabanchel tenía entonces una pantalla en color, pagaba dos pesetas por recluso....                                                  

 

A palabra de antes era ouro de lei [entrevista en Faro de Vigo do 8/11/97]....”Iso é como aquel feriante cando vai vende-la vaca e di: “A vaca e miña”. Danse a man e no fan falta papeis. ¡ Iso é Ligero!”....

                                       [....] Tengo 47 ahijados, no es que regale muchas prebendas, les doy un roscón bueno todos los años hasta que que se casan. Me quedan 17 sin casar...........

                                      “los contrabandistas son la gente mas honrada que existe”

 

¿Porqué los contrabandistas son de derechas?.- No sé. Yo fuí a la derecha porque vi a Manuel Fraga en televisión, con aquellos tirantes, y he dicho: “Este es el hombre que me va. Me gusta y por lo tanto Ligero va a volcarse sobre él”.

                                          Fraga hay que conocerlo como lo conozco yo, más  que sus hermanos. No es esa imagen que da la prensa, radio o televisión que le saca todos aquellos gestos o modales. Yo he convivido con él. Este verano yo le puse mi chalet, como otras veces, a su disposición, y me dijo: “Amigo Ligero, de eso nada, a las seis de la mañana quedé con unos marineros para ir a pescar, y no los puedo dejar mal”.