Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Luís Pérez Portela

Por José A. Uris Guisantes

seguinte

Luís  na charla con Uris no domicilio familiar  da Subida a Sanamaro en Camposancos. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Luís Pérez Portela naceu en Camposancos  o 24 de agosto de 1923, fillo de Juan Pérez Lorenzo e Clorinda Portela Rodríguez. No seo do matrimonio naceron, Constante, María, Avelina, Domingo, Ramón, Maximino, Avelino, Luís e Camila (finada de nova) Pérez Portela.

Seu pai era propietario, labrego e serrador autónomo, súa nai axudaba nas faenas do campo, despois de atender a unha numerosa familia. Os irmáns maiores foron a Escuela Nacional de Niños de Camposancos que rexentaba o mestre don Gerardo Bernardez Castiñeira, o que chegou a ter  66 alumnos no Curso escolar 1925/26.

A  Junta de Enseñanza Local estaba formada polo alcalde, don Agustín Sobrino Vicente, rexedores, Severiano Martínez Núñez e Eduardo Gándara Álvarez, médico don Pacífico Rodríguez Rodríguez, Boticario don Florencio Palacio Alcubierre, mestre don Manuel Rodríguez Sinde, representante dos pais de familia, Agustín Español Lomba  e o Inspector de Enseñanza don José Gabaldón Navarro.

Visitaron as escolas rexentadas por:

Manuel Rodríguez Sinde, Escuela Nacional de Niños de La Guardia.Con 76 alumnos.

Aurora González Neira, Escuela Nacional de Niñas de La Guardia.Con 78 alumnas.

Miguel Rodríguez Garrido, Escuela Nacional de Niños de La Marina.Con 95 alumnos.

Cruz González Neira, Escuela Nacional de Niñas de Camposancos.Con 53 alumnas.

Gerardo Bernárdez Castiñeira, Escuela Nacional de Niños de Camposancos.

José Boullosa Rajó (substituído por Ramón Cernadas Buján). Escuela Nacional de Niños de Salcidos.Con 30 alumnos.

Lucrecia Muéllades, Escuela Nacional de Niñas de Salcidos (substituta de Mª Arzúa Español). Con 54 alumnas.

David Novo Novo, Escuela Nacional Mixta de La Gándara.Con 24 alumnos e 34 alumnas.

Oliva, Celia e Benigna Sousa Vicente con Gabriel.Fotografía cedida pola familia. Daniel Escalante Menéndez que tomara posesión da Escuela Nacional de Niños de Camposancos o 25 de febreiro de 1930 sustituíndo a don Aurelio Lareo Carballo. 

Outro detalle histórico. O 1 de abril de 1931 en escrito do mestre Daniel Escalante Menéndez  de la Escuela Nacional de Niños de Camposancos al Sr. Alcalde comunica que el nº de alumnos matriculados el 14/04/1931 son: 50 niños y en la actualidad, 45.

Daniel Escalante foi membro activo de FE y de las JONS así como membro da Gestora Municipal del Ayuntamiento de La Guardia a partir de agosto de 1937. En 1937 montou unha Academia de Enseñanza Particular no Monterreal en sociedade co Xefe de Telégrafos da Guarda Sr. Cantano.

Luís Pérez Portela deixa os estudios elementais en 1936 para ir a traballar en Manises (Valencia) nas empresas de don Eloy Domínguez Veiga, onde xa traballaban seus irmáns, Constante, Maximino e Ramón, mentres que en Madrid traballaba ó outro irmán,  Domingo  como administrador de cinco edificios, propiedade de don Eloy Domínguez, pero Luís non puido saír da Guarda debido a rebelión militar do 18 de xullo de 1936.

Me refire Luís que Domingo estaba moi ben preparado en contas e contabilidade, como Madrid se atopaba na parte republicana e vendo que debía de ingresar no exército republicano falsificou a data de nacemento como que nacera en 1920, cando fora en 1913, a falsificación pasou, porque tiña faciana de mais novo, nembargante mais tarde debe ingresar no exército como amanuense o comprobar seus xefes que manexaba moi ben a máquina de escribir.

Domingo Pérez Portela  nunha fotografía do 13 de setembro de 1930, casaría de maior con Carmen Bastida de Vigo, non chegando a ter descendencia.Fotografía cedida pola familia.

Maximino Pérez Portela, solteiro de 28 anos, finado a consecuencia de tuberculose.Fotografía cedida pola familia.

Avelino Pérez Portela de garda civil o 26 de outubro de 1947.Fotografía cedida pola familia.

Luís, con 16 anos, dirixido por súa irmán Avelina, debe traballar para axudar a familia, pois os outros catro irmáns estaban en zona republicana, non podendo enviar nin unha sola peseta. Polo que se converte en freteiro (porteador) de mercadorías de contrabando (popularmente, pisco), barras de xabón de pintas, azucre, aceite,etc.

O lugar de descarga era o peirao que había no estaleiro de Joaquín Castro Oliveira, onde podían atracar os gamelas e lanchas portuguesas, sobre de todo da familia dos Saramita, logo da descargas “sacos o lombo” das mercadorías, cargados polo camiño do Forno da Cal de Serrerías del Miño SA ata a casa de Agustina (pola parte de riba da casa de Socorro González Barcia) no Pasaxe, hoxe esa casa non existe.

A dereita Luís con Celia, José Alfonso Rebollar con Nicasia Sousa Vicente, unhas mozas e Manuel Alfonso Rebollar con súa esposa.Fotografía cedida pola familia.

 

Constante Pérez Portela un 13 de setembro de 1930.Fotografía cedida pola familia.

Luís Pérez Portela na porta do Hotel Pazo Santa Tecla en setembro de 1947.Fotografía cedida pola familia.

A dereita, peirao dos Estaleiro Castro Oliveira, onde nos anos 40/50 camposinos/as  cargaban e descargaban mercadorías de  contrabando. Fotografía cedida por Ignacio Sáa.

O azucre viña en sacos pintados de EE.UU. vía Inglaterra/Portugal o igual que moitas outras mercadorías que chegaban a España de contrabando. Cos primeiros cartos aforrados en 1940,  Luís, mercou una bicicleta marca Honor, traballando ademais no transporte de diversos artigos para Portugal, tales como chumbo en lingotes, palas en paquetes de doce unidades, picos, martelos, eixadas, puntas de tódolos tamaños, cravos dourados para zapateiros, etc, etc.

Todas esas mercadorías dos anos corenta eran recollidas metidas en sacos de tea na Ferretería Avelino de A Guarda e trasladadas o Codesal para que os portugueses as pasaran a Inglaterra.

Celia e Luís na terraza do Restaurante O Muiño.Fotografía cedida pola familia.

Para transportar as mercadorías ata Camposancos (O Pasaxe-Codesal) ían desde a Ferretería de Avelino, pasaban polo tendal da Fonte do Rollo (Fonte da Vila), subían polo Atallo Grande do Trega Camiño de Chans e Praza de Sanamaro.

Os portugueses encargados de recoller as mercadorías eran da familia dos Nicolaus de Caminha. 

Mais tarde irían para Portugal centos de redes de fío que traían de fábricas de Barcelona, as metían en sacos de tea, sendo os encargados do transporte das mercadorías Felipe Louzán García Ardilla e Enrique Rodríguez García Ripio.

As redes se gardaban na chabola de Paco Moreno (Francisco A. Moreno Álvarez), sita na actual rúa Fernández Albor e se levaban por  tres camiños, pola Cruzada, pola costa  (debaixo da que anos despois sería Cerámica Santa Tecla SA (Katanga) e Camiño da actual circunvalación, converxendo todos en Punta Barbela ou Punta dos Picos para cargar en barcas portuguesas. Eran trinta freteiros, divididos en tres grupos de dez persoas. Algunhas redes se cargaban en gamelas no Porto Santo.

A nai de Celia, Mª Serafina Brígida Vicente Lomba.Fotografía cedida pola familia.

Luís con Celia de noivos. Fotografía cedida pola familia.

Luís Pérez Portela en 1970.Fotografía cedida pola familia.

Luís Pérez Portela ingresa no Servicio Militar Obligatorio  Mili  en marzo de 1944, desde a Caja de Reclutas de Pontevedra pasa ao Regimiento de Artillería nº 48, 11 Batería, con base na Coruña. Levaba no peto 250 pesetas aforradas, as que pronto se esgotaron porque no cuartel pasaban moita fame, pero unha vez pasa a servir no Botiquín do Rexemento xa non volveu pasar fame.

 

Luís Pérez Portela cando estaba cumplindo o Servizo Militar o 23 de xuño de 1945.Fotografía cedida pola familia.

O domicilio onde viven en Camposancos (subida a Sanamaro) herdouno de seu tío Dionisio Pérez Lorenzo, que fora carteiro, serrador, e logo garda no Museo do Trega. Seu único fillo, Maximino, finou de novo a consecuencia da tuberculose, polo que Luís coidou do tío e este lle deixou a vivenda.

O chegar do servizo militar seu tío Dionisio o mete a traballar con él no monte, pero en 1946 o ver que era intelixente, o médico - empresario don José Ramón Sobrino Arias o emprega no Hotel Pazo Santa Tecla, onde no verán estaban axudando como camareiros os fillos Ramón e Rafael Sobrino Vicente, con camisa, chaqueta branca e lazo negro.

Neses catro meses de verán cobrou 3.500 pesetas mantido, e durmindo no hotel. Alí coñeceu a Sira Baz Rodríguez da Guarda, Teresa Abreu de Camposancos e Avelina Rodríguez Rodríguez da Ireira, Mercedes Alonso Baz Barcelona e outras camareiras e axudantes de cociña. 

Nos invernos seguía traballando de peón para don Pepe Sobrino na construción de casas na Travesa Bouzó.No verán de 1947 volve a traballar no Hotel Pazo, pasando a gañar na tempada 7.000 pesetas con comida e habitación.

En 1948 pasou a traballar en Vigo no Taberna Alameda que rexentaba o camposino Santos Almeida, onde traballou 26 meses (1947/1949) con salario de 400 pesetas mes e mantido.

Neses anos o dono da Taberna Alameda era don Joaquín Almeida, dono do Restaurante La Cepa, Restaurante-Hotel Nuevo País na rúa Carral. Na Praza de Compostela tiña o  Hotel e Cafetería Alameda ca devandita Taberna Alameda no soto. Lembra que o maitre era Marcelino Cernadas, vestido sempre de frac.

Foto Llanos de Vigo.

En 1948, de volta na Guarda pasa a ser conserxe do Casino de Caballeros, collendo o relevo do anterior conserxe,  Isidoro Álvarez Cividanes (1885/1977), debendo abonarlle 4.400 pesetas polas mercadorías, agás a cafeteira de bomba de aire fabricada por Isaac González Costal, que lle comprou a cafeteira que el mesmo fabricara.

Entre o que abonou a Isidoro Álvarez e arranxos no “ambigú” (cantina) gastou 10.000 pesetas, tendo que pedir prestadas outras 6.000 pesetas  a uns amigos, abonándolles o préstamo en oito meses, poñendo como garantía dúas leiras de seus país (1949/1950).

O mesmo tempo a Xunta Directiva do Casino que presidía Emilio Rodríguez Rodríguez, lle deixou preparar unha habitación no fallado para non ter que ir tódolos días en bicicleta a Camposancos.

Luís mercou outra nova cafeteira da marca ELGAR que fabricaba en Vigo o taller de Eliseo García Montenegro, cafeteira que xa manexaba  Luís na Taberna Alameda que lle custou 6.000 pesetas.

Antiga cafeteira exprés dos anos 40

O dono do edificio do Casino na rúa Puerto Rico era José Luís Rodríguez Sousa, socio e xerente de Moreira y Cía en Vigo, fillo do empresario guardés Florindo Rodríguez Álvarez, Florindo da Eléctrica.

En marzo de 1964 solicita da xunta directiva do Casino un aumento do que lle viñan pagando mensualmente  pola conserxería e limpeza, 170 pesetas, mais 50 pesetas para o  “coime”, axudante.

Non aceptan unha pequena subida e como as vendas no “ambigú” decaeran, tampouco lle valeron aos directivos os consellos de varias señoritas da localidade, tales como as fillas do mesmo Emilio Rodríguez Rodríguez, de Alcides Alonso Sobrino, do policía de Madrid don Servilio Rubio e as do tamén policía don Manuel  Martínez Aguirre  as que insistían en que se debera cambiar o mobiliario. O non dar resultado decide deixar o Casino, traspasando o cargo de conserxe a Rafael Álvarez González da Cruzada.

Unha das entradas de cartos para Luís era a venta de café Sical entre os propios socios e envíos a Vigo, onde tiña varios clientes, envíaba o café vía Autobuses de Saracho.O café o ía recoller a Camposancos nunha Vespa.

Luís  Pérez Portela casa un 3 de xullo de 1958 ca moza camposina Celia Sousa Vicente, filla de Antonio Sousa Carrero de Camposancos, de profesión ferreiro e de Mª Serafina Brígida Vicente Lomba, natural do Curuto. A cerimonia relixiosa tivo lugar na igrexa parroquial da Visitación de  Camposancos, oficiando o párroco don Antonio García Lago.

 

A noiva, Celia co padriño, Mariano Martínez Portela, detrás podemos ver a madriña Maruja Vicente Moreno e o noivo, Luís. Fotografía cedida pola familia.

Foron padriños Mariano Martínez Portela e súa esposa Maruja Vicente Moreno, os que non asistiron o banquete por estar de loito polo fillo Mariano Martínez Vicente, finado facía unhas semanas na flor da xuventude.

O banquete foi unha merenda/cea celebrada no Restaurante O Muíño para 110 comensais con un custo de 4.500 pesetas. As 8,30 h saen de viaxe de noivos no Seat 1400 de José Domingos da Silva Queirós que conducía o chofer Luís Diego Acevedo.

A madriña Maruja Vicente Moreno entrando na igrexa co noivo.Fotografía cedida pola familia.

Momento da entrega das arras.Fotografía cedida pola familia.

 

 

Momento da posta de aneis.Fotografía cedida pola familia.

Cortando a tarta nupcial no restaurante O Muiño.Fotografía cedida pola familia

 

A esquerda Ramón Pérez Portela, irmán de Luís e a cuñada de Celia e Luís esposa de Antonio Sousa Vicente, no momento de comezar a repartir a “tarta nupcial”.Fotografía cedida pola familia. 

Fan noite en Vigo no Hotel Universal, no día seguinte foron a Villalonga a visitar seu irmán Avelino que estaba de garda civil, Caldas de Reis, Santiago e A Coruña onde visitan a Lucila tía de Celia e a Basilio Moreira que os invitou a xantar nun excelente restaurante.

 

 

Celia Sousa Vicente e seu cuñado José Alfonso Rebollar “Pepiño” ( casado con Nicasia Sousa Vicente) ca filla no colo Sita Alfonso Sousa. Fotografía cedida pola familia.

 

De volta na Guarda pasaron a vivir na casa de Lola Lomba na rúa Vicenta R. cachada que alugaron por 400 pesetas mes.

seguinte