Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Luís Pérez Portela

Por José A. Uris Guisantes

Anterior     portada

En 1959 nace a primeira filla María Luísa e en 1964 naceu Celia a segunda filla. En 1964 se trasladan a súa casa familiar na Subida a Sanamaro nº 11 de Camposancos.

Meses mais tarde seu amigo Juan González Barcia lle conseguiu un contrato laboral para ir traballar a Alemania, pero non se atreveu a marchar polo mundo adiante.

En 1965 fai sociedade con José Fernández Fernández para abrir o Bar-Restaurante Atalaya na Casa Forestal no Trega que fracasa no mesmo ano por falta de clientela. 

 

Celia Sousa Vicente, filla Mª Luísa e Luís Pérez Portela en Vigo en 1963.

 

Celia con María Luísa e Celia no colo.

Celia e María Luísa Pérez Sousa e súa nai Celia Sousa Vicente en 1965.

Mª Luísa Pérez Sousa co curmán Manuel Alfonso fillo de Nina

O matrimonio cas dúas fillas, lucindo a bicicleta dos reis de Mª Luísa.

 

Antonio Verde Martínez, esposo de Mª Luísa co sogro Luís.

Foto de estudio de Luís Pérez Portela.

 

Aquí escribo outro dato histórico:  […] 14 de maio de 1965. Oficio nº 364 del Ayuntamiento al Gobernador Civil de la provincia.

Por si tiene a bien ordenar su inserción en el BOP, tengo el honor de remitir a la respetable Autoridad de VE el adjunto Edicto que se refiere a aprovechamiento de aguas por José Ramón Sobrino Arias en el Monte Sta Tecla, y apertura de un Bar Restaurante por José Fernández Fernández en el mismo lugar. Dios guarde a VE muchos años. La Guardia 14 de mayo de 1965. Fdo. El Alcalde. José L. García Pérez.

Neses anos seguía mandando politicamente don José Ramón Sobrino Arias  don Pepe no Trega…

[…] 18 de xuño de 1965. Sesión extraordinaria presidida por el Alcalde don José Luís García Pérez.

Casa Forestal y Fuente dos Paxaros.- La Alcaldía da cuenta que de acuerdo con el anuncio publicado en el BOP nº 116 de 21 de Mayo último, D. José Ramón Sobrino Arias, presentó una reclamación contra la solicitud de José Fernández Fernández, para abrir un Bar Restaurante en la Casa Forestal del Monte de Santa Tecla.

 

Que por el contrario no se ha presentado ninguna reclamación contra el anuncio publicado en el mismo BOP, contra pretensión del mismo D. José Ramón Sobrino Arias, propietario del de Santa Tecla, para aprovechar el agua de la Fuente de los Paxaros, de propiedad municipal para abastecer las necesidades del citado Hotel.

Después de una amplia y profunda deliberación, la Corporación Municipal unanimemente Acuerda:

a) Por lo que respecta a la solicitud de José Fernández Fernández y reclamación formulada por el Sr. Sobrino Arias, someter el asunto a informe de la Jefatura Provincial del Servicio de Ynspección y Asesoramiento de las Corporaciones Locales, con el fin de evitar responsabilidades de los Sres., miembros de la Corporación Municipal, sea cualquiera el contenido del informe, del que se dará cuenta al Pleno tan pronto como haya sido evacuado.

B) Por lo que respecta al aprovechamiento de la Fuente de Los Paxaros, autorizar al Sr. D. José Ramón Sobrino Arias, el aprovechamiento del agua de la citada fuente, en la forma y condiciones y abono del canon que  fije el Ayuntamiento de común acuerdo con el Distrito Forestal, facultándose al Sr. Alcalde para que gestione el establecimiento de las condiciones y cuantía de canon con el Yngeniero del Distrito Forestal D. José Luís Peláez Casalderrey.

 

Casa Forestal co Bar Restaurante Atalaya na Romaría do Trega en agosto de 1965.Fotografía de Luís Cadilla González.

 

De seguido pasa a traballar con Camilo Balado Fernández (ex garda civil), representante de Piensos Biona onde traballou quince anos.

En 1979 representantes do PSOE de Vigo (Espárrago e Tizón, entre outros), contactan con Luís e outras persoas da Guarda e do Rosal co fin de organizar unha Agrupación Local do PSOE, asunto que queda en nada.

Volven a carga en 1981 e xa se funda a Agrupación Local de A Guarda/O Rosal do PSdeG-PSOE , meses mais tarde se formarían as Agrupacións separadas de A Guarda e O Rosal, seguindo as de Oia e Tomiño.

Luís Celia e nai de Celia Mª Serafina Brígida Vicente Lomba.

Celia e Luís no balcón da súa casa en 1983, o fondo a igrexa parroquial. Fotografía cedida pola familia.

En 1983 se pre xubila polo Réxime Xeral da Seguridade Social e nas eleccións municipais de 1987 foi nomeado vocal da Entidade Local Menor de Camposancos polo presidente elixido nas urnas, Luís Pereira Díaz Licha.

Actuaba de Secretario da Entidade José Manuel Domínguez Freitas, sendo compañeiros na Xunta da Entidade polo PSdeG-PSOE, José Vázquez Sousa Meco, e na oposición seu propio xenro Antonio Verde polo BNG e Juan Alonso polo P.P.

Neses anos aínda non se construíra o edificio da Entidade Local Menor de Camposancos, facendo as reunións na casiña que a entidade tiña no lugar de Pedra Redonda (Barrio do Outeiro).

Acompañantes na procesión de Sanamaro, entrando na igrexa parroquial en 1985.

A esquerda con unha neta no colo a esposa de Antonio López López (sogra de Antonio Bento); Celia Sousa Vicente e Luís Pérez Portela; María Domínguez, esposa de Arístides Moreira Portela; Mercedes Alonso Baz Barcelona; Laureano Galiñanes; don Jesús García Villadóniga; don Pascual Bermúdez Fernández, párroco de Salcidos; Antonio Bento,entre outros/as. Fotografía cedida pola familia.

Entrada na igrexa parroquial de Camposancos da procesión de Sanamaro en 1985.

En primeiro plano, don Jesús García Villadóniga e don Pascual Bermúdez Fernández; Teresa Galdó Rodríguez; Luzdivina Martínez ; Luís Pérez Portela e súa esposa Celia Sousa Vicente e outras/os que non coñezo. Fotografía cedida pola familia.

Súa esposa Celia tamén estaba xubilada polo Servizo Agrario do Campo. Despois dunha corta enfermidade grave falece o 15 de xullo de 2010.

Celia nunha das últimas fotografías de carné.

Outra fotografía do matrimonio nos derradeiros anos noventa.

 

Luís segue posuíndo o Seat 600 que mercara un 20 de setembro de 1971 no concesionario da Seat nas Cachadas, Raimundo Lomba González, que mercara por 75.000 pesetas.

O Seat 600 de Luís Pérez Portela, o fondo o domicilio da familia.

Luís Pérez Portela no mostrador da Bar Cafetería do Casino en 1949.

Ese  Bar/Cafetería  se chamaría “Ambigú” por deseo do directivo Mariano Martínez Portela. Ambigú pode siñificar:  Bufé; Bar; Barra; Café; cantina e mais de 30 sinónimos. As estanterías, mostrador etc, foran construídas polo ebanista Manuel Franco Cadilla. Podemos ver a cafeteira exprés detrás de Luís da marca ELGAR fabricada en Vigo por Eliseo García Montenegro.

E poño punto final a esta breve reseña de Luís Pérez Portela, popularmente “Mañí” de Camposancos, agradecendo a Luís Pérez Portela súa amabilidade e memoria.

Anterior     portada

José A. Uris Guisantes