|
|
Venres, 14 de maio de 2010 Amorín finalizará o mes de maio coa convocatoria da “II Carreira Popular” A Asociación de Veciños de Amorín, coa colaboración da Concellería de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño e o Clube de Atletismo de Porriño, organiza a “II Carreira Popular de Amorín”, que se celebrará o 30 de maio, a partires das 11.20 horas, con saída diante da igrexa parroquial de Amorín. Nesta carreira de carácter popular, poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade, realizándose as inscricións, que son de balde, a través do correo electrónico da Asociación de Veciños avdamorin@gmail.com, ata o día 27 de maio como máximo, para a proba absoluta, permitíndose o mesmo día, ata media hora antes da saída, unicamente inscricións de categorías inferiores (ata xuvenil, inclusive). Na inscrición farase constar o nome, apelidos, data de nacemento, número de Licencia ou Seguro Deportivo (de telo) e lugar de procedencia. Se os participantes teñen Licencia Federativa de atletismo en vigor ou seguro deportivo, deben comunicalo xa que para os participantes non federados a organización disporá dun seguro específico de accidentes para esta proba. A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo. Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo de cada proba na secretaría, que estará ubicada nas instalacións da Casa do Pobo, a carón da igrexa de Amorín. Finalizada a carreira, entregaranse trofeos (medallas) aos tres primeiros clasificados nas categorías de menores, aos tres primeiros da carreira absoluta e aos tres primeiros de cada categoría de veteráns (non acumulativos), en ambos sexos.
Feira do libro, lecturas, música, agasallos e sorteo de libros para conmemorar o Día das Letras Galegas en Tomiño A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que dirixe Jesús Castiñeira, organiza unha serie de actos para esta fin de semana co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas. Dentro dos eventos previstos, celebrarase a Feira do Libro de Tomiño durante toda a xornada do luns 17, na que as librerías participantes realizarán descontos de ata o 20%. Pola mañá, ás 11.00 horas actuará o grupo de baile folclórico “Inquedanzas”, seguido da Banda de Música de Goián. Entre as 11.00 e as 13.00 horas haberá obradoiros infantís. Pola tarde, de catro e media a seis e media, haberá animación de rúa e sorteo de libros entre os nenos e nenas presentes. Normalización Lingüística, pola súa banda, organiza unha sesión de lectura ininterrompida de textos clásicos da Literatura Galega. Esta actividade, na que participarán as asociacións culturais, veciñais e deportivas do concello, terá lugar na Praza do Seixo entre as cinco e as oito da tarde. A alcaldesa de Tomiño, responsable do devandito departamento, abrirá a sesión coa lectura dun texto do escritor goianés Eliseo Alonso.
A Concellaría de Cultura continúa coas actividades organizadas para celebrar o Día Internacional da Danza A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do concello de Tomiño organizou, a través da Escola Municipal de Teatro e Danza, coa colaboración da Asociación Profesional de Danza Escénica de Galicia, unha serie de actividades lúdicas e formativas, con motivo do Día Internacional da Danza, celebrado o pasado 29 de abril. Os actos rematan mañá, sábado, as 21.00 horas, no Auditorio Municipal de Goián, cun espectáculo de danza contemporánea, tendo como compañías protagonistas a “Losdedae”, de Madrid, con “Capuchino para dos” e “Solo de danza”; e a agrupación galego-cubana “Entremáns”, que interpretará “Si quiero”. O concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, subliñou o importante labor que está a desenvolver a Escola Municipal de Teatro e Danza de Tomiño, á que asisten persoas con inquedanzas artísticas das diferentes parroquias do concello.
Xornada de portas abertas no IES de Tomiño O sábado, 22 de maio, o IES de Tomiño abrirá as súas portas para dar a coñecer as instalacións e o seu traballo a cantos queiran participar nesta xornada. Haberá competicións deportivas, actuacións musicais, exposición de traballos do alumnado e obradoiros. O centro permanecerá aberto en horario de mañá de 12 a 14 horas, e pola tarde de 16 a 20 horas. Actividades na xornada de portas abert Actuacións musicais: Actuación de formacións nas que participa alumnado e profesorado do Centro e, ademais: Banda de Música da Agrupación Musical de Goián Grupo de baile Virxe do Alivio. Grupo de Música tradicional Os Zoqueiros, do Porriño “Los gatos y el sexo”. Grupo no que participan algúns ex- alumnos, que fan versións de cancións de músicos actuais. Competicións deportivas. Teremos ese día as finais dos campionatos de: Badminton Xadrez Fútbol sala Tenis de mesa Exposicións: Teñen confirmadas os departamentos: Plástica (Con obradoiro) Filosofía Ciencias Sociais Bioloxía e Xeoloxía (Con obradoiro) Física e Química (Con obradoiro) Forestais Electrónica Galego Normalización lingüística Exposición de fotografías das diferentes actividades escolares. Colaboracións con asociacións do Concello: A Asociación Cultural Solleiro ofreceuse para preparar ese día un xogo de chave. Gostaríalle tamén facer algo de petanca, pero está difícil, xa que non temos un lugar axeitado. Outros Obradoiros : Obradoiro de tatuaxes en henna Obradoiro de perruquería e maquillaxe. A cargo dun grupo de alumnas de 1º de ESO.
Organizado pola Asociación "Fonte dos Carreiros" Figueiró celebrará o luns unha nova edición do Día das letras Galegas A Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró organiza, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o 5º Concurso de Redacción e Debuxo para escolares no que poderán participar tódolos alumnos matriculados no CEIP Antonio Fernández de Goián e na Aula de Educación Infantil de Figueiró. O luns, 17 de maio, a partires das 12.30 horas exporanse os debuxos e redacións na Praza do Telleiro de Figueiró e a partir das 17.30 horas terá lugar a entrega de premios. Rematará a xornada, e no mesmo lugar, cunha actuación cómico-musical para tódolos públicos a cargo do dúo de conta contos “Codia e Miolo”. O xurado formado por mestres, artistas, periodista e concelleiro de Cultura do Concello de Tomiño foi o encargado de decidir, entre os taballos presentados, ós gañadores das distintas categorías. A Directiva de “Fonte dos Carreiros” agradece á dirección e corpo docente do colexio de Goián e á unitaria de Figueiró a colaboración prestada xa que sen a súa axuda este concurso non sería posible.
Tamén expresan o seu agradecemento á
colaboración da Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Xunta de
Galicia, Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do
Concello de Tomiño, Centro Recreativo e Cultural de Figueiró e de
tódolos membros do xurado.
Mércores, 12 de maio de 2010 El PP aduce problemas técnicos para votar en contra de la desafectación de las escuelas de Sobrada Centristas de Tomiño presentó una moción, en el pleno celebrado el pasado lunes, en la que instaba al Jefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, a negociar un convenio que permitiese financiar la ampliación del CEIP de Sobrada y la posterior desafectación de las Escuelas Unitarias, con la intención de construir un Centro Socio Cultural. La moción posperó por mayoría, al contar con el voto favorable de NBG, PSOE y CdT, que constituyen el gobierno local, se abstuvo Alternativa Tomiñesa, y votó en contra el Partido Popular. Centristas explican que el PP y su portavoz, Esperanza Calzado, que durante su etapa como presidenta del ANPA había defendido esta propuesta, votó en contra aduciendo ahora problemas técnicos que, supuestamente, impedirían la desafectación de las escuelas para los próximos 2 ó 3 años. Los grupos de gobierno cuestionaron las razones técnicas y acusaron al PP y a César Pérez Ares de bloquear este proyecto por intereses partidistas y a la portavoz de falta de coherencia con sus propias posiciones. La anécdota del día, añaden desde CdT, estuvo protagonizada, en este mismo punto, por el edil de Alternativa Tomiñesa que se abstuvo manifestando que lo hacía para contentar tanto a Centristas como a Partido Popular, lo que generó chascarrillos y risas entre los asistentes. Por unanimidad, sin embargo, fue aprobada la cesión del antiguo campo de fútbol de Sobrada al Concello, para la construcción de una gran área deportiva y de recreo, promovido por las Concejalías de CdT (Deportes y Participación Vecinal) y que tiene una consignación presupuestaria, dentro del presente ejercicio de 210.000 euros, cuyo anteproyecto ya se ha presentado a la Comisión de Seguimiento Vecinal y actualmente está a punto de finalizar su redacción definitiva, por lo que se espera el comienzo de las obras para este mismo verano. Asimismo contó con el apoyo unánime de la Corporación la moción presentada, también por los Centristas, para exigir a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras la habilitación de los medios necesarios para la inmediata construcción del colector general de saneamiento Carregal-Torrón, obra comprometida por esta administración autonómica y que está teniendo un retraso injustificable a juicio de los promotores de la moción. Otros asuntos del orden del día fueron la aprobación de la ordenanza reguladora de la venta ambulante (aprobada con los votos a favor de los grupos de gobierno y con la abstención de la oposición), y la elección de juez de paz, que recayó en Silvia da Silva Franco, licenciada en Derecho y natural de la parroquia Tomiñesa de Barrantes, cuya candidatura contó también con el respaldo unánime de la corporación, al ser la que, a criterio de los ediles, reunía una acreditación curricular más acorde para el cargo.
O presidente da Asociación Veciñal de Barrantes solicita ao goberno local unha solución ante a mala recepción da televisión dixital Jaime Fernández Vicente, presidente da Asociación Veciñal e Cultural San Vicente de Barrantes do concello de Tomiño expón o malestar que existe na parroquia ante a mala recepción da TVG así como doutras canles de televisión dende que se implantou a TDT. Unha situación que afecta, engade o comunidaco, aos numerosos veciños que viven nesta parroquia e que dende hai tempo veñen advertindo ao Concello desta situación que era totalmente previsible dende que se anunciou que o sinal analóxico iba deixar de recibirse. Jaime Fernández lamenta a reiterada falta de interese do Goberno local en dar solución a este problema que, de forma reiterada, tense posto en coñecemento da rexidora e dos seus socios de goberno pero que, a día de hoxe, continúa sen dar solucións. Por eso volve solicitar á alcaldesa, Sandra González, sexa receptiva a esta demanda veciñal pedindo que se poñan os medios técnicos e humanos necesarios para que estas deficiencias técnicas se subsanen á maior brevidade posible para que todas as personas que viven nesta parroquia poidan estar nas mesmas condicións de recepción da TDT co resto das parroquias do Concello.
Cruz Roja anima a las familias de Tomiño a participar como familias acogedora Durante la semana del 10 al 14 de mayo Curz Roja está dando a conocer el proyecto que la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia realiza a través de esta institución, y en el que la familia es el pilar básico de intervención: el Acogimiento Familiar. En concreto, mañana, jueves, Cruz Roja Baixo Miño instalará una mesa informativa en el Centro de Salud de Tomiño, entre las 11.00 y las 13.00 horas para informar sobre las principales características del Acogimiento Familiar, un recurso que tiene como principal objetivo proporcionar una alternativa a los menores con edades comprendidas entre los cero y los dieciocho años, cuyas familias atraviesan una situación de crisis o dificultad que les impide atender correctamente, de forma temporal, a sus hijos. Este proyecto es atendido por un equipo de profesionales de la entidad que analizan cada posible situación y buscan la familia idónea para cada menor, proporcionando el apoyo y la formación necesaria a las familias, realizando un seguimiento continuo del acogimiento. En la actualidad, Cruz Roja cuenta con 33 familias en la provincia, que han acogido ya a 44 menores. Cualquier familia puede formar parte del Proyecto de Acogimiento Familiar, con independencia del número de miembros de la unidad familiar, de su estado civil o de su condición social, aunque si tienen que cumplir unos criterios de idoneidad como tener ausencia de finalidad adoptiva, respetar y aceptar las características del menor y de la familia de origen y que exista acuerdo por parte de todo el núcleo familiar de cara al acogimiento. Las familias interesadas pueden informarse en las dependencias de Cruz Roja en A Guarda C/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo o en el teléfono 986 614609, o en laguardia@cruzroja.es.
Martes, 11 de maio de 2010 O sábado, no Auditorio de Goián, celebrarase un Curso de iniciación á danza contemporánea O sábado, 15 de maio, de 17 a 19 horas celebrarase no Auditorio de Goián un Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Armando Martén, bailarín e coreógrafo da Compañía Entremáns e profesor de danza do Conservatorio da Coruña. Ás 21.00 horas haberá unha función de danza coa participación de dúas compañías que bailrán “dúos” e “solos” de danza contemporánea. As compañías protagonistas deste espectáculo son “Losdedae”, de Madrid, con “Capuchino para dos” e ·Solo de danza”. A compañía galego-cubna “Entremáns” terá ao seu cargo a interpretaciósn de “Si quiero”. Este acto está organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do concello de Tomiño e a Escola Municipal de Teatro e Danza, e conta coa colaboración da Asociación Profesional de Danza Escénica Galega.
Máis de 15.000 persoas pasaron pola III Festa de Exaltación do Kiwi celebrada en Tomiño Máis de 15.000 persoas achegáronse esta pasada fin de semana a Tomiño para participar na III Festa de Exaltación do Kiwi Galego, organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración coa Asociación Profesional de Kiwicultores de Galicia, e outras entidades locais e autonómicas. Os organizadores valoraron positivamente esta cifra de asistentes, sobre todo, tendo en conta que a chuvia fixo acto de presenza durante gran parte da tarde do sábado e tamén da do domingo, aínda que con menor intensidade. Efectivos da Policía Local de Tomiño e de Protección Civil tiveron ao seu cargo o control do tráfico, sen que se rexistraran incidentes ao longo da fin de semana. Ademais da visita aos stands de exposición (uns setenta), entre os que se atopaban produtores, comercializadores e asociacións e empresas de produtos galegos de calidade, o público asistiu masivamente ás actuacións que este ano complementaron a festa, como a dos humoristas do dúo cómico “Mucha e Nucha”. As degustacións populares que se fixeron ao longo de toda a fin de semana, foron outro dos grandes atractivos da festa, chegándose a consumir máis de 1.500 quilos de kiwi, aportados pola empresa Kiwi Atlántico. Ás degustacións sumáronse tamén as numerosas asociacións veciñais das parroquias, que ofrecían produtos elaborados artesanalmente a base de kiwi, tales coma marmeladas, doce de membrillo e kiwi, xeados, licores e as xa famosas “kiwitas”; unhas galletas preparadas con kiwi e améndoas e cada vez máis solicitadas polo público. Jesús Castiñeira, concelleiro de Cultura, Educación e Participación Veciñal, e principal responsable da organización, agradeceu a colaboracións das institucións e empresas e resaltou a implicación das asociacións veciñais que acoden cada ano a esta cita, converténdoa nun escaparate de produtos típicos, agroalimentarios e artesanais. Nesta terceira edición hai que salientar ademais das degustacións populares, o primeiro simposio de pintura, no que participaron quince artistas, así como as actuacións de música folk de “A Roda” e “Can de Palleiro”, sen esquecer as xornadas informativas e obradoiros de sobremesas que se desenvolveron no marco da festa. As primeiras, dedicadas ás novas posibilidades na transformación e conservación do kiwi, estiveron a cargo de Mª Ángeles Romero Rodríguez, profesional da Área de Tecnoloxía dos Alimentos, da Facultade de Ciencias da Universidade de Lugo. Premios e distincións A III Festa de Exaltación do Kiwi Galego comprendeu ademais da propia celebración gastronómica, varios actos e certames de carácter cultural e artístico, entre os que figuraban o Simposio de Pintura, no que participaron 15 pintores galegos, e o certame de debuxo infantil e o de mascotas, cuxo gañador terá o privilexio de ilustrar coa súa creación a cartelaría da festa do ano próximo. O acto de entrega de premios destes eventos tivo lugar onte, domingo 9 de maio, no acto de clausura da festa; momento no que tamén se fixo entrega do Kiwi de Ouro, que este ano recaeu no Servizo de Extensión Agraria situado no Rosal, e especialmente nos técnicos do mesmo: Clara Pousa Ortega e José Crego Labandeira, “pola súa constante labor de asesoramento e axuda ao sector agrario do Baixo Miño en xeral, e ao dos Kiwicultores en particular". A entrega do galardón estivo a cargo da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira. Na ocasión, Clara Pousa asegurou sentir “orgullo profesional pero tamén sentimental por esta distinción” e animou á Administración a seguir apostando por proxectos que desenvolvan o sector agrario, fomentando o emprego de mulleres e outros grupos desfavorecidos, “que xeren unha agricultura moderna, sostible, e que as empresas saiban tamén contar co apoio das institucións interesadas no tema, como este Concello”. Ademais do Kiwi de Ouro, no acto de onte as autoridades fixeron entrega dos demais premios aos gañadores dos distintos certames. No Simposio de Pintura, o primeiro premio foi para Manuel Cabaleiro López, seguido de Basilio Calzado Domínguez e Concepción Cuadrado Amorín. No Concurso de Debuxo Infantil, resultaron gañadores nas diferentes categorías convocadas Xenxo Gonta Tabeada, Iria e Fernán Muñoz de Santiago, Laura Cabreiro Buceta e Pablo Magán Pazo. Por último, no Concurso da Mascota do Kiwi, o primeiro premio foi para Noemí González Barreiro; o segundo para Daniel Diego Rodríguez e o terceiro, para Andrea Pereira Acuña.
Luns, 10 de maio de 2010 O Club Deportivo Miño "Teixugos" gaña a 3ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom O Club de Piragüísmo Teixugos de Tomiño resultou gañador da 3ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom organizada en Ribadumia polo Club de Piragüísmo " O Muíño". A proba desenvolveuse ao longo da tarde do domingo, onde o mal tempo, o vento e a chuvia compartiron protagonismo cos participantes. O club tomiñés gañou 5 medallas de ouro, 2 de plata e 2 de bronce nas diferentes categorias. Na suma total de puntos por clubes quedou en terceiro lugar o Val Miñor-Frioya de Nigrán, en segundo lugar o Club Piragüismo Dumbría e no primeiro posto o Club Deportivo Miño. No seguinte enlace atopamos unha reportaxe da participación dos Teixugos: http://picasaweb.google.es/rosaouteiro/Ribadumia10#slideshow/
Sábado, 8 de maio de 2010 La Guía Gastronómica de Radio Vigo se emitirá en directo desde Tomiño El programa La Guía Gastronómica, de Radio Vigo, se emitirá hoy desde Tomiño coincidiendo con la Fiesta del Kiwi. Entre las 12.30 y las 14,00 horas, Marián Priego repasará todo lo relacionado con este fruto de procedencia china pero que se ha adaptado de forma extraordinaria en el Baixo Miño, uno de los mayores productores de España de esta fruta. El stand de Radio Vigo estará situado frente al Ayuntamiento. Radio Vigo-Cadena SER, que ya estuvo el año pasado en la celebración de esta cita, vuelve a Tomiño al considerar que es un evento de suma importancia en el municipio y la comarca, con la participación de cerca de 70 productores y comercializadores y 1.500 kilos de este producto, motor económico de la región. Por el set de la emisora pasarán, entre otros invitados, el concejal Turismo, Jesús Castiñeira; la presidenta de la Asociación Kivicultores de Galicia, María Dolores Muñoz, y el representante de Kiwi Atlántico.
Excursión da Asociación de Veciños de Amorín á Ribeira Sacra e Val do Lemos A Asociación de Veciños de Amorín, organiza unha visita cultural á zona da Ribeira Sacra e Val do Lemos o vindeiro sábado, 15 de maio, con saída do autobús do torreiro de Amorín, ás 8 da mañán, en dirección á Ribeira Sacra. En Sober, unha guía da Oficina Municipal de Turismo, incorporarase ao grupo, para pórse a disposición dos viaxeiros, durante todo o percorrido polo concello que se iniciará nos muíños do Xábrega, regueiro no que se atopa o máis importante conxunto de muíños do municipio de Sober. En pouco máis de tres quilómetros de lonxitude, as súas augas movían 28 muíños e dous batáns. Tratase dun excepcional conxunto etnográfico. A comida do mediodía terá lugar no restaurante rural A Cantina, establecemento situado nun entorno de viñas e mosteiros, nacidos ao carón do río Sil. Este establecemento A Cantina, recentemente restaurado, segue a conservar a tradición familiar na cociña dende 1947. Despois da comida, continúase a visita a Adega Regina Viarum, que se atopa no corazón da Ribeira Sacra, en Amandi. Coma outras adegas, está situada nunha terra única, na que os romanos se instalaron, as beiras do río Sil, para principiar a plantación da uva e a elaboración do viño que enviaban a Roma. Hoxendía, aínda podemos disfrutar das lembranzas desta civilización, como os restos dunha calzada romana que se atopa nas inmediacións da Adega. A continuación, visitarase a alfarería de Gundivós, onde o último alfareiro, fará unha demostración da elaboración das pezas de barro. En plena Ribeira Sacra, transmitida de xeración en xeneración, Gundivós segue sendo un referente na alfarería de Galicia. O seu innegable valor etnográfico pódese apreciar nas pezas que se elaboran e das que a máis emblemática é o "Xarro". Volverase por Monforte de Lemos. O prezo desta visita cultural é de 30 euros para os socios e de 35 para os que non son socios. Os nenos, fillos de socios, só pagan 25 euros. Este prezo inclúe o transporte, a comida e todas as visitas. As persoas interesadas en anotarse, poden facelo a través da páxina web da Asociación www.damorin.es, chamando aos teléfonos 605 09 48 52 e 60744 40 20 ou o domingo, de 11 a 12, na Casa do Pobo, en Amorín.
A Concellaría de Sanidade ofrece 60 prazas para termalismo diúrno A Concellaría de Sanidade e Benestar Social do Concello de Tomiño pon en marcha o programa de Termalismo Diúrno, ofrecendo 60 prazas dirixidas a persoas maiores de 50 anos e pensionistas. O destino do programa son os balnearios de Cuntis, Mondariz, Moaña, Sanxenxo, Toxa e Oia e consistirá no transporte diario (ida e volta) dende a Praza do Concello ata o balneario escollido durante os cinco días de duración do tratamento. Segundo informou o concelleiro de Sanidade e Benestar Social, Pablo Baquero, establécense 60 prazas para utilizar en dúas quendas (primavera e outono). O prazo de solicitude destas prazas remata o día 14 de maio. As persoas interesadas deben dirixirse ao Centro de Servizos Sociais de Tomiño, sito no barrio da Rocha (antigo centro de saúde), ou chamar ao teléfono 986 62 32 11. O programa de Termalismo Diúrno é financiado conxuntamente pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Tomiño (que realiza unha achega de 32 euros por persoa) e os propios usuarios, que terán que achegar ata un máximo de 36 euros, dependendo do balneario.
Venres, 7 de maio de 2010 Quince pintores de diferentes puntos da provincia daranse cita esta fin de semana en Tomiño na III Festa do Kiwi Quince pintores procedentes de distintos puntos da provincia de Pontevedra reuniranse esta fin de semana no marco do I Simposio de Pintura Concello de Tomiño, dentro da III Festa de Exaltación do Kiwi Galego Tomiño-2010, que terá lugar os días 8 e 9 de maio que reunirá a case 70 produtores e comercializadores de kiwi e entidades relacionadas coa elaboración e derivados deste produto. Os pintores, que crearán as súas obras en vivo durante os dous días da festa, son Pepa Mariño (Pontevedra); Marina Cocós (Pontevedra); Gemma Marqués Redondo (A Guarda); Mª Consuelo Fernández Casa (Tomiño); Mª Carmen Varela Velasco (O Rosal); Alfonso Vicente Reiy (A Guarda); Anesia Magallanes Álvarez (Tomiño); Charo Trigo (A Guarda); Basilio Calzado (Tomiño); Gerardo Rebagliati (Tomiño); Eva Martínez (A Guarda); Loli Gándara (Vigo); Manuel Cabaleiro (Vigo); Concepción Cuadrado (Nigrán); Ana María Martínez Álvarez (Tomiño) e Libia Domínguez (Tomiño). O simposio, que será inaugurado o sábado e clausurado o domingo coa entrega de premios, está organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do concello de Tomiño en colaboración con AGAEC (Asociación Galega de Arte e Cultura) e a Asociación de Kiwicultores de Galicia. Os participantes terán que desenvolver a súa obra (relacionada dalgunha forma co kiwi) no interior dunha carpa habilitada na Praza do Seixo. O material a utilizar será lenzo ou lámina en calquera das variedades existentes tendo como dimensións máximas de 100 x 100 cm. O concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, salientou que “se trata dunha iniciativa novedosa no concello, xa que é a primeira vez que se convoca un evento destas características e se espera a presenza de artistas noveles e consagrados; neste senso debemos agradecer a Asociación Galega de Arte e Cultura o asesoramento e colaboración prestados”. Programa da II Festa do Kiwi que se desenvolverá esta fin de semana A III Festa do Kiwi logrou dobrar o número de expositores, pasando dos 30 da primeira edición aos case 70 desta. Segundo o concelleiro, como ocorrera nas anteriores citas, conseguiuse tamén nesta terceira festa implicar aos veciños, convertendo unha vez máis a festa nun auténtico escaparate de produtos típicos, agroalimentarios e artesanais. Neste sentido, agradeceu a labor de mediación feita pola Federación de Asociacións Terra Miño, e indicou que esperaban superar os 12.000 visitantes do ano pasado. A festa consistirá na exposición de kiwi e produtos novidosos a base da froita, con degustacións gratuítas da mesma, brochetas de kiwi, “kiwitas”, etc. Como vén sendo habitual, a empresa Kiwi Atlántico será a encargada de aportar os 1000 ou 1500 quilos de kiwi que se consumirán durante a festa. O día sábado 8 de maio ás 12.00 horas terá lugar a inauguración oficial á que está confirmada a presenza de José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta en Pontevedra e Carlos Vila Enríquez, xerente de Galicia Calidade, ademais de varias autoridades comarcais e locais. Nesta terceira edición é de salientar especialmente as degustacións populares, o primeiro simposio de pintura e as actuacións de música folk “A Roda” e “Can de Palleiro” e de “Mucha e Nucha”, dúo humorístico formado polos actores Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. No marco da festa entregaranse varios premios e distincións, como o Kiwi de ouro, mellor stand, mellor caseta; concurso da mascota da festa e mellor debuxo. O Kiwi de Ouro será este ano para o Servizo de Extensión Agraria, situado no Rosal, e especialmente para os técnicos do mesmo, Clara Pousa Ortega e José Crego Labandeira, “pola súa constante labor de asesoramento e axuda ao sector agrario do Baixo Miño en xeral, e ao dos Kiwicultores en particular". Nesta terceira edición da festa, haberá tamén xornadas informativas e obradoiros de sobremesas a base de kiwi. As primeiras estarán a cargo de Mª Ángeles Romero Rodríguez, da Área de Tecnoloxía dos Alimentos, da Facultade de Ciencias da Universidade de Lugo, e versará sobre as novas posibilidades na transformación e conservación do kiwi.
Exposición de Gemma Marques Desde ayer, en que se inauguró, y durante todo el mes de mayo, la pintora afincada en A Guarda, Gemma Marques expone su obra pictórica en la Vinoteca Praza do Seixo, en el centro de Tomiño. Esta muestra coincidirá con la celebración de la Festa do Kiwi, que se celebra este fin de semana con exposiciones de artesanía y conciertos, entre otras alternativas culturales. Gemma Marques presenta sus últimas obras inpiradas en el mundo de la mar: pertrechos, parejos, temporales, gamelas, nasas. Son óleos y acríclicos realizados en pan de oro de plata.
En resposta ao BNG, a Xunta deixa no aire a construción da escola infantil de Goián En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Carme Adán, o xerente do Consorcio Galego de Servizos Sociais, Roberto Rodríguez, deixou no aire o futuro da escola infantil de Goián, en Tomiño, condicionando a súa construción a que se poida chegar a un acordo co Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, así o pensa a deputada nacionalista logo da resposta recibida. Carme Adán dirixírase ao representante da Xunta de Galicia na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento Galego para que explicase as razóns polas que o Goberno do PP paralizou a construción da galescola de Tomiño, una situación que tamén afecta ás de Mos, Melide e Noia, “curiosamente, ningún destes concellos do Partido Popular”, sinala a deputada quen lembrou que o 18 de decembro de 2008 o Goberno Bipartito asinou un convenio co Ministerio de Educación, Política Social e Deporte para a construción de 15 novas escolas infantís en Galicia, dentro do Plano Educa, o que permitiría a creación de 1.111 prazas Entre elas incluíase a de Tomiño, dotada con 6 unidades e 82 prazas, “algo moi necesario nun concello cun grande crecemento demográfico, especialmente na parroquia de Goián, onde os pais e nais están esperando por esta infraestrutura”. Carme Adán lembra que “o concello de Tomiño fixo todos os deberes para facilitar a construción desta escola infantil: puxo a disposición da Xunta a Casa do Médico, e fíxose o proxecto”. Sen embargo a deputada do BNG denunciou que “a chegada do PP á Xunta de Galiza supuxo a paralización do proxecto”. Na súa resposta, o xerente do Consorcio informou de que das 15 escolas comprometidas construíron 11 pero non puideron construír as 4 restantes, entre elas a de Tomiño, alegando falta de partidas orzamentarias e condicionou a súa construción ás negociacións co Ministerio de Educación para reprogramar o financiamento. “O que queremos evitar é que lle custe o dobre á Administración Autonómica ao ter que asumir tamén o 50% que pon o Goberno Central”, concluíu, sen dar máis prazos. Para a deputada do BNG a resposta do representante da Xunta “é unha mera escusa e non se sostén se a contrastamos coa realidade”. Neste sentido, preguntouse “como é posíbel que digan que non hai cartos para a escola infantil de Tomiño cando a Secretaría Xeral de Familia deixou sen executar o pasado ano 20 millóns de euros, dos que 2,5 eran para transferir ao Consorcio para a construción destas escolas”. Para Carme Adán “o verdadeiro motivo para deixar fóra a Tomiño” é porque este concello está gobernando por unha formación que non era a cor política do Partido Popular.
Mércores, 5 de maio de 2010 Máis de 1700 escolares participarán no Correlingua que se celebrará en Tomiño baixo o lema: “Galego, a forza do noso amor” Mañá, xoves 6 de maio, terá lugar en Tomiño, a carreira pola lingua “Correlingua”, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración co concello de Tomiño, que acolleu con moito interese a actividade no Baixo Miño, e que facilitará a realización da actividade poñendo a disposición da organización os medios materiais e humanos necesarios. A carreira iniciarase ás 11.30 horas no IES de Tomiño, e na actividade está prevista a participación do IES de Tomiño, o CEIP de Tebra, o CPI Suárez Marquier do Rosal, o IES Pedra da Auga de Ponteareas, o CEP Altamira de Salceda de Caselas, o CRA A Lagoa e o IES de Salvaterra de Miño, o CEIP de Randufe, o CEP de Caldelas e o IES Francisco Sánchez de Tui e o IES da Sangriña, da Guarda. Ao remate, previsto para as 12.00 horas, o alumnado dirixirase á Praza do Seixo onde, despois de ser saudados pola alcaldesa, poderán gozar da festa co espectáculo teatral do grupo Chévere e a actuación de “García MC” e o IES Escolas Proval, finalistas do Cantalingua por decisión do alumnado participante. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, explicou que se trata dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende “convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de defensa do noso idioma”. Para este ano acordouse que o lema das carreiras fose “Galego: a forza do noso amor”, nunha clara referencia ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Uxío Novoneyra, un poeta comprometido coa súa lingua e a súa cultura, que nos deixou un legado extraordinario a través da súa obra e do seu exemplo de compromiso co idioma. Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras a prol do idioma que se convocan no país. As actividades teñen como lugar de celebración 15 comarcas galegas, e comezaron o día 3 de maio en Compostela.
Martes, 4 de maio de 2010 O goberno de Tomiño creará unha senda peonil entre o barrio de Vilachán e O Seixo O goberno tomiñés iniciará en breve a obras para crear dunha senda peonil entre os barrios de Vilachán e O Seixo. A obra, cun investimento superior aos 230.000 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, incluirá tamén a colocación na senda dun colector de saneamento que achegará este servizo a Vilachán. Onte a mañá a zona onde pronto se adxudicarán as obras, foi visitada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, os concelleiros de Medio Ambiente e Urbanismo e representantes da Asociación de Veciños “O Árbol”. O seu presidente, Luis Garrido Casasnovas, manifestou a súa satisfacción pola obra que se vai iniciar e explicou que a creación dunha senda peonil era unha das primeiras reivindicacións da asociación, xa que a estrada que une Vilachán co centro é unha das máis transitadas, tanto por coches coma por peóns. A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, agradeceu a xenerosidade dos veciños que cederon as parcelas para realizar a obra, e asegurou que esta significará unha notable mellora na seguridade vial, xa que se dotará á estrada dunha senda peonil restrinxindo no posible o tráfico rodado, especialmente no lugar próximo ao CEP Pedro Caselles e á igrexa Santa Mª de Tomiño. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, pola súa banda, indicou que as obras de saneamento previstas permitirán mellorar o sistema de drenaxe existente e habilitar futuras actuacións para Vilachán. A actuación estenderase ao longo da estrada que une os barrios de Vilachán e O Seixo, durante un tramo de 1 km. e farase por medio dun colector de PVC de 750 metros de lonxitude e 315 mm. de diámetro. Pasarela sobre o río A senda peonil, dun quilómetro de lonxitude, será pavimentada en zahorra artificial compactada e contempla a construción dunha pasarela ao seu paso polo río Pego. Tamén se contempla a pavimentación da estrada de xeito que queden ben delimitadas a zona peonil e a de tránsito de vehículos, a sinalización e a creación de 4 novos pasos de peóns elevados que doten de maior seguridade aso peóns que transitan pola zona escolar próxima. A intervención enmárcase no programa de sendas peonís da Concellaría de Urbanismo para fomentar o uso dos accesos peonís cunha maior seguridade vial. Nesta mesma liña, atópanse outras actuacións como a senda peonil de baixada ao río de Goián (a carón da fortaleza de San Lourenzo), a estrada de Sobrada e a senda peonil do Cotro-Seixo e, proximamente, a entrada a Tomiño por Forcadela.
Sábado, 1 de maio de 2010 Festas da Virxe Milagrosa en Hospital Esta fin de semana, sábado e domingo, celebraranse en Hospital as festas na honra da Virxe Milagrosa. Ás oito da mañá do sábado unha salva de bombas anunciará que estamos nos días de festa. Pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Compostela e Los Satélites. O domingo, día 2, ás doce do mediodía oficiarase a Misa Solemne en honora á Virxe Milagrosa, coa participación da Coral Polifónica de Tomiño e a Real Banda de Gaitas de Barrantes. A partir das seis da tarde é a quenda dos paiasos e dos obradoiros de globoflexia e maquillaxe para os máis pequenos. Ás oito da tarde subirá ao escenario o cantautor guardés Tino Baz, nunha actuacion patrocinada polo concello de Tomiño. E a continuación derradeira verbena coa orquestra Capitol.
Festa do Churrasco con criollos caseiros e polbo á feira en Taborda O recinto de festas de Taborda acolle hoxe sábado a Festa do churrasco con criollos caseiros organizada pola Comisión de Festas Virxe do Henar. Contarán coa amenización dun grupo musical e dun dj.
I Romaría Cabalar en Santa Mª de Tebra, Tomiño Hoxe sábado dende ás nove da mañá celébrase a I Romaría Cabalar en Santa María de Tebra. Haberá xincana cabalar, exhibición de andadura, exhibición de trote e de trote con carro, así coma premios en metálico. Os que desexen quedar a xantar poderán disfrutar de aperitivos, churrasco mixto e criollo, pan, viño, refrescos, rosca, café e chupito. O prezo é de 18€ os adultos e 10€ os nenos ata 15 anos. As reservas débense facer no 690 087 389. A romaría está organizada pola Comisión de Festas do Corpus de Santa Mª de Tebra.
Carme Adán reivindica o parque empresarial de Tomiño fronte á perspectiva de que a Xunta desbote o proxecto aprobado A deputada do grupo parlamentario do BNG, Carme Adán, reclamoulle onte ao goberno máis concreción sobre as medidas que vai adoptar para sacar adiante o Parque Empresarial de Tomiño e un compromiso firme para manter o proxecto aprobado no 2008. Adán, no debate en comisión dunha iniciativa nacionalista sobre este asunto, reivindicou este proxecto por ser unha das máis urxentes demandas do concello na última década, alarmada pola resposta do director xeral do IGVS, que se limitou a falar de “boas intencións” da Xunta para acometer o dito parque, “que se construirá, pero por fases e en función da demanda”. A deputada do BNG ironizou con esta resposta, que comparou con aqueles malos estudantes que din “si, seino pero... non sei moi ben como explicalo”, mais amosou a súa preocupación porque o que se pode desprender realmente desta afirmación é que a Xunta dá carpetazo ao proxecto existente. Adán lembrou que se estaría tirando por terra un Proxecto aprobado definitivamente en 2008, que en novembro de 2008 publicaba a resolución do acordo de inicio do Expediente de Expropiación e en decembro do mesmo ano comezaba a exposición pública do Expediente e notificaba a todos os propietarios a “folla de aprecio”. A parlamentar recordou tamén, sobre a súa tramitación, que en maio de 2009 o Consello da Xunta declarou a prevalencia da utilidade pública do proxecto de execución do Parque sobre o monte veciñal en man común “Galego, sobreiro e outros” pertencentes á Comunidade de Tomiño, pero nos orzamentos para o 2010 non dan o pulo necesario para que efectivamente sexa unha realidade. Para a deputada, esta falta de previsión no investimento sumada á ambigüidade do director xeral semellan ir confirmando a falta de interese por sacar adiante o Parque, alomenos co proxecto existente. Unha situación, advirte, que, por unha banda, deixa moi desprotexidos aos veciños de Tomiño xa que non poden facer uso dos seus terrenos nin cobrar o que lles corresponde por expropiación, e por outra, ao empresariado do Baixo Miño obrigalo a buscar chan industrial en Valença e Vilanova de Cerveira. Sobra dicir, insistiu a parlamentaria, o papel que xogaría para a creazón de riqueza e emprego na zona, pois suporía a mobilización de 26 millóns de euros en investimento para a creazón de 493.454 metros cadrados de superficie empresarial, dos que o 60 por cento se adicarían, segundo o proxecto aprobado, a actividades industriais e de servizos. “Xunto a esta dimensión produtiva, este parque representa unha aposta por configurar espazos harmónicos co contorno, xa que contaría cunha superficie de espazos verdes que ronda os 134.000 metros cadrados e unha dispoñibilidade para equipamentos de 11.500”.
|
|
|