www.galiciasuroeste.info

MAIO

 

Venres, 27 de maio de 2011    

Atardecer musical con obras de Karolis Biveinis en Tui

El próximo viernes, 10 de junio, a las 20:30 horas  tendrá lugar un conccierto en el Conservatorio profesional de música de Tui a cargo de los alumnos de este centro que interpretarán obras de Karolis Biveinis, desde la música clásica, jazz, banda sonora hasta la agrupación de folk.

 

Hoxe, venres, última conferencia do ciclo da aula da UNED de Tui sobre as TIC na sociedade do coñecemento

Este venres 27 de maio ás 19,00 horas terá lugar na Sala de Actos da Aula da UNED de Tui (ubicada no antigo convento de San Domingos) a última das conferencias do ciclo organizado por esta instutición educativa titulada: “¿Qué educación para que sociedad? Las TIC en la sociedad del conocimiento” que correrá a cargo do profesor Jorge Genaro Soto Carballo do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa - Área de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Vigo

Nesta conferencia trátase de identificar as novas necesidades formativas poñendo o acento nas necesidades dixitais da poboación escolar. As novas sinerxías derivadas da aparición das novas tecnoloxías da información e da comunicación teñen suposto, sen dúbida, unha revolución en todos os ordenes das nosas vidas que, como non podía ser doutra forma, inciden de xeito frontal nos novos argumentos pedagóxicos que o discurso educativo reclama. Dende esta nova conformación do sistema educativo, a partir da aparición destas novas tecnoloxías, infírese que é indudabel que os avances tecnolóxicos aos que nos enfrontamos hoxe en día están condicionando o modelo de sociedade que coñecemos. Dende estes argumentos antes descritos é pertinente preguntarnos ao longo do relatorio cal ou cales son os modelos pedagóxicos e as competencias que demanda a sociedade informacional e comunicada, entendida como un novo enfoque dentro da Educación que estuda os procesos de ensinanza-aprendizaxe e que ten á información e á comunicación como eixo e centro de interese fundamental. Estes novos modelos, xerados a partires das novas relacións que se producen na Sociedade do Coñecemento, representan novos retos que permitan transformar a información en coñecemento o coñecemento en educación.

Coa celebración deste conferencia péchase o ciclo iniciado o pasado 21 de xaneiro e que cada mes ten abordado diversos aspectos relacionados coa educación e os valores na nosa sociedade. Este ciclo de conferencias foi unha oferta da Aula da Uned de Tui na sua actividade de extensión universitaria para achegarse sociedade tudense ofrecendo novos enfoques a temas de interese xeral. Dende a Aula da Uned de Tui convídase a todos os interesados a participar nesta conferencia do vindeiro venres.

O Concello de Tui, a través do seu concelleiro de cultura en funcións, Moisés Rodríguez Pérez, agradece á Aula da Uned de Tui o seu esforzo por ofrecer aos veciños de Tui a súa ampla oferta educativa que abrangue tamén actividades como este interesante ciclo de conferencias que agora remata. A implantación da Uned na nosa cidade, segundo Rodríguez Pérez, está contribuíndo a mellorar as posibilidade de acceso á educación, tanto de caracter académico como de caracter xeral, para toda a poboación de Tui e do Baixo Miño, acadando así un dos obxectivos marcados polo Concello ao solicitar a implantación da Aula da Uned na nosa cidade.

 

Xoves, 26 de maio de 2011    

II Marcha Biciosa BTT Tui – Serra do Galiñeiro – Aloia

O próximo domingo, día 29 de maio, a Peña Ciclista Biciosos-Rías Baixas organiza a II Marcha Biciosa BTT Tui - Serra do Galiñeiro - Monte Aloia.

O Complexo Deportivo de Rebordáns será o punto de partida desta marcha ciclista que iniciará o percorrido ás 09.30 horas e que completará un total de 39 quilómetros.

As inscricións pecharanse o xoves 26.

Toda a información poderán encontrala na páxina web www.biciosos.es ou nos números de teléfono 986.604.431 / 644.524.425

 

Hoxe, xoves, espectáculo de contacontos na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Tui continúa a desenvolver o seu programa de actividades denominado “Mes dos libros” que abrangue os meses de maio e xuño. Este xoves, ás 18.30h, chega unha nova cita desta programación co espectáculo de contacontos infantil titulado “Contos do demo” a cargo do grupo “Fantoches Baj”.

O dito popular "cando chove e quenta o sol, anda o Demo por Ferrol" é a orixe desta selección de contos de diferentes tradicións europeas. A través de cancións, de xogos de animación e da palabra vanse narrando tres historias nas que o demo finalmente sae escaldado.

Trátase dunha actividade de animación dirixida a nenos de máis de catro anos de idade.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui e segundo o concelleiro de cultura en funcións, Moisés Rodríguez Pérez, é unha mostra máis da aposta que o Concello tudense ven realizando pola promoción do libro e a lectura dende este centro bibliotecario, e que ten na programación do Mes dos Libros unha das súas principias citas ao longo do ano.

 

Mércores, 25 de maio de 2011    

Máis de 600 peregrinos pasaron nos meses de marzo e abril polo albergue de Tui

O Albergue oficial do Xacobeo na cidade de Tui ten acollido nos pasados meses de marzo e abril un total de 602 peregrinos, con 224 aloxados no mes de marzo e 378 no pasado mes de abril. Son uns datos superiores aos do pasado ano 2010, Ano Santo Xacobeo, cando foron acollidos no albergue 584 peregrinos.

Con estas cifras testemúñase, nunha nova oportunidade, o gran atractivo que posúe o Camiño Portugués que inicia na cidade de Tui o seu percorrido por Galicia. Este roteiro histórico coñece cada día un incremento do número de peregrinos que avalan o seu carácter de segundo itinerario xacobeo en importancia.

Así de novo a cidade de Tui aparece nas estatísticas oficiais da arquidiocese de Santiago no pasado mes de abril como terceiro lugar de saída dos peregrinos con 753 persoas (5,32%) que parten da cidade, logo de Sarria e o Cebreiro no camiño francés. Nese mesmo mes foron un total de 2369 (16,75%) os peregrinos que pasaron pola cidade no seu camiño cara a Compostela.

A maioría dos peregrinos acollidos no albergue tudense son de procedencia europea: Alemaña, Francia, Italia, Suíza, Irlanda, Holanda, Eslovenia, Lituania, Reino Unido, e Portugal... pero tamén de países máis lonxanos como Xapón ou Corea. No caso dos procedentes de España, salientan de maior a menor, os peregrinos de Galicia, Madrid, Baleares, Canarias, Murcia, Andalucía, Extremadura, Valencia e Cataluña.

Para o concelleiro de Cultura en funcións do Concello tudense, Moisés Rodríguez Pérez, estes números avalan o traballo desenvolvido no pasado ano na promoción do camiño portugués do que agora se recollen os froitos consolidando este itinerario de peregrinación como o segundo en número de peregrinos. O Concello de Tui segue apoiando este itinerario de peregrinación garantindo o coidado do roteiro ao seu paso por Tui e ofrecendo, a través da Oficina Municipal de Turismo, a información e asesoramento que precisan os peregrinos ao seu paso pola cidade. Ao tempo o Concello garante a acollida dos grupos de peregrinos e mesmo se fose o caso por estar completo o Albergue oficial do Xacobeo, ubicando no casco histórico tudense ao carón da catedral.

 

Martes, 24 de maio de 2011    

O Kaiak tudense impúxose na Regata Galega de Pista

O Club Kaiak Tudense impúxose na fin de semana na Regata Galega de Pista, disputada en Verducido (Pontevedra). Os de Tui sumaron un total de 1.304 puntos, por diante dos 1036 puntos das Torres de Catoira  e dos 725 puntos do Breogan do Grove. 

O triunfo na xeral por clubs cimentouse sobre todo coa gran actuación na categoría senior. En kaiak home senior, os tudenses fixeron triplete nas dúas distancias nas que competían, así no k1 1000m Diego Piña ocupou a primeira posición, sendo segundo e terceiro Víctor Rodríguez e Roberto Rodríguez, respectivamente. En k1 200 novamente os mozos senior do Kaiak Tudense ocuparon o tres primeiras posicións. Esta vez o ouro foi para Joan Ardit, a prata para o debutante na categoría senior Rubén Millán e o bronce recaeu en Víctor Rodríguez.

Gran actuación tamén das mulleres senior do Kaiak Tudense nas distancias nas que competían. En k1 500m Ana Varela demostrou unha gran superioridade ante todas as súas rivais, alzándose coa vitoria. Carla Pérez nun apertado final coa terceira clasificada logrou a segunda praza. Valeria Romero e Leticia Piña ocuparon a cuarta e quita posición, sendo novena Patricia Domínguez na súa volta á competición. Na distancia de 200m, Carla Pérez e Ana Varela xogáronse a medalla de prata e bronce, nunha final que necesitou da foto finish para dilucidar a segunda posición, que ao final recaeu en Carla Pérez. Valeria Romero, Leti Piña e Patri Dominguez ocuparon a quinta, sexta e sétima praza, respectivamente.

En canoa senior, aínda con ausencia de medallas, compre destacar os resultados dos xemelgos David e Daniel Costa que foron cuarto e quinto no C1 1000m, nesta mesma final Manuel Garrido foi sétimo. No C1 200m, só Daniel Costa se meteu na final onde foi oitavo, nunha distancia na que os canoistas tudenses non son especialistas. Nesta categoría destacar tamén a ausencia de José Luís Bouza, que segue coa súa preparación de cara ao Campionato de Europa.

En categorías inferiores, cabe destacar o segundo posto de Mónica Araujo en k1 muller junior 200 metros así como o cuarto posto de Roi Rodríguez en k1 xuvenil 1000m. Mención especial merece Andrea Porteiro que foi a vencedora en k1 500 e 200 metros, a unha semana da súa participación na Copa de España 1000m en Sevilla.

  

Tony Lomba o xoves no Café Central

O Café Central en Tui acolle este xoves ás 22.15h a actuación de Tony Lomba, que achegará a súa interpretación musical onde a improvisación sempre ten cabida. No escenario transmite enerxía e bo rollo.

 

Proxección de Nocturna no Cineforum infantil

Hoxe martes, 24 de maio, ás 18.30h vaise proxectar a película infantil “Nocturna” dentro do Cineforum “O cine que nos mira”. A película poderá seguirse na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, nas aulas do CRA, e dos CEIP’s de Randufe, Rebordáns e nº2.

 

Luns, 23 de maio de 2011    

A Xunta pon en funcionamento o centro reemisor de TDT de Matelo, no concello de Tui

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, acaba de poñer en funcionamento o centro reemisor de televisión dixital terrestre (TDT) de Matelo, parroquia de San Miguel de Pexegueiro, no concello de Tui.

Coa posta en marcha deste centro emisor, preténdese mellorar o servizo de TDT nas parroquias de Areas, Malvas, Pazos de Reis, Pexegueiro e Randufe, no concello de Tui, xa que permitirá a recepción das canles autonómicas (TVG, G2, Popular TV, VTelevisión), das de TVE (La 1, La 2, 24 Horas, Clan) e dos 14 programas das canles privadas.

Os veciños que estean no ámbito deste centro emisor deberán resintonizar os seus equipos receptores de TDT co fin de ver mellorado o seu sinal.

 

Sábado, 21 de maio de 2011    

Capón Rey aclara la propuesta de adquisición de la finca Patazumba y sus posibles usos municlpales

La propuesta de Miguel Ángel Capón de negociar la compra de la finca y la casa de Patazumba una vez se conozca la sentencia sobre la misma en el BIC, en ningún caso supone solucionarle ningún problema a Feliciano F. Rocha o a alguna de sus empresas, ya que dicha finca está hipotecada con Nova Caixa Galicia y sería con esta Entidad con la que habría que negociar; por lo que, desde la formación política que lidera Capón, entienden que en la situación actual del mercado inmobiliario y de las Entidades Bancarias de desprenderse de los llamados “activos tóxicos” o de difícil realización; el precio tratándose de una Entidad pública como el Ayuntamiento, sería asequible para ubicar un Parque, además de rehabilitar la vivienda y destinarla para acogimiento temporal de personas maltratadas.

 

A Radio Municipal de Tui realiza o domingo un programa especial de seguimento da xornada electoral

A Radio Municipal de Tui fará este domingo, 22 de maio, un programa especial seguimento da xornada electoral a partir das oito da tarde. No mesmo ofreceranse os datos de participación ás 12h ás 18h e ás 20h no peche dos colexios electorais. Amais farase un seguimento do escrutinio mesa a mesa do Concello de Tui, coñecendo coma van avanzando os resultados, e coma se vai debuxando a composición da corporación municipal, ata o remate do reconto total de todas as mesas.

Tamén se achegará información con respecto ao escrutinio doutros concellos do Baixo Miño, así coma Mos, Salceda e O Porriño.

 

XIX Feira de Antigüidades hoxe en Tui

O Paseo da Corredoira acolle hoxe sábado de 10 a 21h unha nova edición da Feira de Antigüidades organizada por ACITUI.

 

Día das Letras Galegas en Pazos de Reis

O Centro Cultural Aloia de Pazos de Reis celebra mañá domingo o día das Letras Galegas a partir das seis da tarde. En primeiro lugar o grupo Atrezo Teatro de Vigo presenta “A voda”. Logo terán a Festa da rosquilla con degustación de rosquillas con viño tinto.

 

Moisés Rodríguez, candidato do PP, amosaba o seu convencemento en que este domingo van gañar por maioría

Onte a Radio Municipal de Tui completou a rolda de conversas cos candidatos á alcaldía de Tui coa presenza de Moisés Rodríguez, candidato do Partido Popular.  O primeiro tema que abordaba era a Cultura un departamento que dirixiu nos últimos anos coma concelleiro onde dicía que se levou a cabo un traballo serio e rigoroso avalado polos datos de espectadores, pero onde quedan cousas por facer. Nese senso apuntaba que apostan pola continuidade dunha programación estable e de calidade, pola creación dunha gardería do teatro, a inclusión do Teatro Municipal na Rede Nacional de Teatros e Auditorios, e pola posta en marcha dunha escola municipal de teatro.  Por outra parte apuntaba que a Área Panorámica ten que ser un espazo aberto a todos os tudenses. Outras propostas son a recuperación do arquivo fotográfico de Tui, a ampliación do horario da biblioteca dotándoa de máis persoal. Tamén aposta por realizar unha colaboración máis intensa coas parroquias e conceder máis axudas aos centros culturais.

En Servizos Sociais Moisés Rodríguez apuntaba que nos último formaron un amplo equipo de persoas neste eido no concello xa que dicía que dada a actual situación económica é  un departamento clave. Engadía que este equipo contribuirá a mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Tamén apostan pola eliminación de barreiras arquitectónicas, pola atención á domicilio e ás mulleres maltratadas e aos maiores no centro de día, e aos nenos na escola infantil.

Por outra parte o candidato popular manifestaba que o turismo é o motor de Tui polo que hai que pór en valor o patrimonio natural e arquitectónico da cidade. Amais opinaba que hai que profesionalizar o turismo, crear un plan estratéxico e traballar de xeito mancomunado co Baixo Miño e tamén nun paquete turístico conxunto Tui-Valença.  Outras apostas neste eido son a integración de Tui nas cidades amuralladas, na rede de xuderías, potenciar o Camiño de Santiago, e por en valor o porto deportivo entre outros.

Sobre medio ambiente sinalaba Moisés Rodríguez que posta en marcha da EDAR de Guillarei marca un antes e un despois, e salientaba que está saneado nun 90%. Ter os ríos saneados, e un control da potabilidade de fontes e do estado dos lavadoiros son tamén fundamentais no seu parecer neste campo.

Moisés Rodríguez manifestaba que a principal preocupación arestora, dada a situación económica, é o emprego. Nese senso salientaba que Tui é un do poucos concellos que conta con Plan de Emprego propio dotado con máis de 200 mil euros. Este sumado ao plan provincial e ao obradoiro de emprego dicía que da traballo a máis de 100 persoas.  Tamén salientaba que o centro de formación ocupacional está funcionado e na actualidade se forman no mesmo máis de 80 persoas.

Sobre urbanismo o candidato do PP dicía que Tui é un dos poucos concellos que ten o PXOM aprobado ao 100%. Non contar con este planeamento indicaba que había obras que non se podían realizar coma a apertura da rúa Ourense, da que hoxe chegaba ao concello o proxecto de expropiación, ou o aparcamento soterrado, a escola infantil, o centro de día... Manifestaba que o PXOM vai marcar un antes e un despois, e vai permitir que moitas empresas volvan traballar a Tui.

Con respecto o futuro de Tui dicía que Tui ten moitas vías de traballo camiñando cara o turismo e que sexa un lugar tanto para vivir coma para investir. Hai que compaxinar Tui coma cidade histórica e cidade moderna.

Por último Moisés Rodríguez amosaba o seu convencemento en que este domingo van gañar por maioría, e acadarán un importante resultado segundo dicía.

 

Venres, 20 de maio de 2011    

Os candidatos á alcaldía de Tui explicaron no debate da RMT por qué queren ser alcalde

O mércores á noite entre ás 9 e case ás once da noite celebrouse na nosa sintonía un debate electoral coa presenza dos seis candidatos que se presentan á alcaldía. No mesmo abordaron as súas propostas en turismo onde todos coinciden en que Tui debe ser un referente neste ámbito. Moitos deles apostan pola súa profesionalización  e tamén porque se converta nun motor económico.

En canto as políticas de emprego os candidatos a alcalde coinciden en que aínda que o concello non ten competencias directas neste eido si pode implementar accións que contribúan a diminución do desemprego.

O candidato do PP expuña que Tui é un dos poucos concellos que conta cun Plan de Emprego, engadindo que hai que seguir potenciando a formación e as empresas que están xurdindo. Dende o BNG apuntaban que a rehabilitación do conxunto histórico pode favorecer a creación de pequenas empresas e apostan pola estabilidade nos cursos de formación. O Partido Socialista centra as súas propostas na orientación e formación laboral involucrando amais a iniciativa privada coa creación de empresas mixtas. CXXI aposta por crear un marco para que se xere emprego, e PGD por ubicar na cidade un centro de localización e desenvolvemento para xoves emprendedores.

O Plan Xeral estivo tamén sobre a mesa Moisés Rodríguez do PP dicía que o PXOM permitirá ter equipamentos indispensables que ata o de agora a cidade non tiña, expondo que é un plan para todos os cidadáns. Mentres Laureano Alonso do BNG e Enrique Cabaleiro do PSOE se chegan a alcaldía apostan por modificar o plan. Miguel Capón considera que o PXOM é un mal menor a aposta por abrir un prazo de suxestións e correccións de erros. Mentres Carlos Vázquez Padín de CXXI dicía que o Plan non é xeral nin urbano, e por último José Prada de PGD, manifestaba que o Plan permitirá entre outras cuestións facer o aparcamento soterrado ou a apertura da rúa Ourense.

Con respecto ao Plan Especial do Conxunto Histórico todos os grupos apostan pola súa rehabilitación contando co PECH coma instrumento imprescindible.

A pique de consumirse os primeiros 90 minutos de debate lles fixemos a todos os candidatos a mesma pregunta. Por qué queren ser alcalde de Tui.

Moisés Rodríguez do PP sinalaba que “a honra máis grande dun tudense é ser alcalde da súa cidade. Despois de 16 anos desempeñando tarefas de goberno chegou o momento de asumir este importante reto e responsabilidade con toda a ilusión  e humildade, comprometéndome a mellorar a calidade de vida dos tudenses. Prometemos traballo, traballo e traballo”.

Mentres Laureano Alonso do BNG explicaba que quere ser alcalde porque “temos ideas e proxectos que poden servir para sacar a esta cidade da parálise na que leva vivindo nos últimos anos. O dicir que imos ofrecer traballo se da por suposto, e honradez tamén, pero creo que hai que ter ideas, e dende logo os gobernos nos últimos anos careceron totalmente delas. O BNG coma ten demostrado noutros concellos cercanos ten as ideas e ten a capacidade para liderar un goberno forte e innovador en Tui”.

Enrique Cabaleiro do PSOE sinalaba que quere ser alcalde de Tui porque “quere servir aos cidadáns de Tui porque vivo aquí, aquí naceu a miña filla, aquí vive unha gran parte da miña familia, aquí teño unha gran parte das miñas amizades, e aquí me interrelaciono diariamente con todos os meus veciños e veciñas. Teña esa vocación de servizo público, por tempo limitado, porque estar nun organismo público non é unha profesión, é un cargo por tempo limitado, e dende logo sen contraprestación económica ningunha a cambio”.

Miguel Capón de AtT explicaba que quere ser alcalde porque “eu son nado en Tui, quérolle a Tui coma todos, nin máis nin menos, e despois porque hai unha serie de persoas, un grupo importante de votantes, que pensa que teño a capacidade para ser alcalde”.

Carlos Vázquez Padín de CXXI sinalou que quere ser alcalde de Tui porque “estou en política por vocación política, coma proba o feito de que estudei Ciencias Políticas na Universidade de Santiago. Veño con vocación de servizo, e cunha visión moi clara do que debemos facer en Tui para gañar o futuro. Estou convencido de que Converxencia XXI é a ferramenta que Tui e Galicia precisan para avanzar na historia”.

Por último José Prada de PGD sinalou que quere ser alcalde porque “na miña experiencia no Concello descubrín en min mesmo unha agradable sensación de atención aos veciños e intento permanente da posible solución aos seus problemas. Esa é unha cousa. E a satisfacción persoal de atención á cidadanía, é o que levou a pensar seriamente en liderar a candidatura do Partido Galeguista Demócrata”.

 

Miguel Capón Rey, candidato de AtT aposta porque as propiedades do concello nas parroquias saían a subhasta pública e os cartos obtidos revertan na propia parroquia

Miguel Capón Rey, candidato á alcaldía de Tui por Alternativa Tudense estivo hoxe na RMT dentro da rolda de conversas cos nº1 dos partidos que se presentan ás eleccións do domingo en Tui.

Comezou o líder de AtT falando de turismo, explicando que en Tui xira entorno aos recursos naturais coma o río Miño, o Parque Natural do Monte Aloia e o  Conxunto Histórico así coma a cercanía con Portugal. Apuntaba que apostan por un plan de turismo profesionalizado, o mantemento de contactos co touroperador TUI para que inclúa á cidade nos seus paquetes turísticos.  Tamén apostaba polo turismo medioambiental.

En Servizos Sociais Alternativa Tudense aposta por reforzar orzamentariamente os servizos sociais do Concello. Así coma pola construción inmediata  do novo centro de saúde. Sobre esta infraestrutura dicía que a única ubicación posible é a traseira da Área Panorámica, e lembraba que había tres opcións ampliar o actual co terreo lindeiro que mercou o concello, no edificio de Camfran, e a traseira da Área Panorámica que foi pola que se decantou a Xunta.  Con respecto aos problemas que algúns apuntan sobre este emprazamento e o colapso da rúa Casal Aboy para Capón Rey isto tería doada solución pondo as entradas e saída do aparcadoiro municipal na rúa Compostela, co que no seu parecer se eliminaría o 50% do tráfico de Casal Aboy.

En Servizos Sociais apostan tamén pola creación dun Centro de Día na finca da Lagarteira, para a que dicía que xa hai consignación orzamentaria, ao igual que para a apertura da rúa Ourense. Propuña amais negociar co bispado para converter parte do convento das Clarisas e do Seminario en residencia para maiores, co que dicía se xerarían postos de traballo. Tamén aposta por dar accesibilidade para persoas con discapacidade aos centros culturais que carecen da mesma.

Xa en Urbanismo Miguel Capón aposta por desenvolver o PXOM, para o que no seu parecer é necesaria a creación dunha xerencia de urbanismo dirixida por un profesional e coa presenza de todos os grupos.  Tamén apuntaba que abrirán o prazo para a presentación de suxestións e correccións de erros que darían lugar a modificacións.  Mentres sobre o PECH dicía que se chegan ao goberno ampliarán o prazo de redacción ata finais de ano, e lembraba que este Plan en 1998 estaba en aprobado en fase de avance.

Por outra parte o líder de Alternativa Tudense apuntaba o Inventario de Bens do Concello que arestora está en fase de exposición pública ten erros coma non recoller nada de Pazos de Reis nin as incorporacións do concello nos últimos 4 ou 5 anos. Por outra parte este partido aposta porque as propiedades do concello nas parroquias saían a subhasta pública e os cartos obtidos revertan na propia parroquia.

Por último apuntaba que dentro do Plan de Emprego débese procurar o desenvolvemento do Solo Industrial de Ribadelouro, coma de legalizar o de Guillarei e ampliar e seguir desenvolvemento o de Areas. Tamén incidía na importancia da formación, ou de aposta polas cooperativas.

 

Este sábado celébrase no Teatro Municipal o Campionato de Galicia e Interterritorial Norte de Fisioculturismo e fitness

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado o Campionato de Galicia e o Interterritorial Norte de Fisioculturismo e Fitness.

O Campionato Galego celebrarase a partir das dez e media da mañá coa participación de 40 persoas nas distintas modalidades. OS mellores clasificaranse para o Campionato Interterritorial Norte que se disputará a partir das cinco da tarde, e onde amais dos galegos tamén participarán castelá leoneses, vascos, asturianos, cántabros e navarros. A entrada para os dous campionatos ten un custe de 15€.

A presentación do Campionato tivo lugar onte na Casa do Concello coa presenza do Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, o Presidente da Federación Galega de Fisioculturismo e Fitness, Ramón González e o fisioculturista, Gabriel Opare.

Moisés Rodríguez, explicaba que é a primeira vez que se celebra este evento no Teatro, xa que hai oito anos tivera lugar no pavillón. Explicaba que para Tui acoller calquera actividade cultural ou deportiva sempre é importante, e apuntaba que redundará en beneficio da economía local.

Ramón González, presidente da Federación Galega de Fisioculturismo, agradecía ao concello as facilidades para acoller estes dous campionatos, destacando que o Teatro é un lugar óptico para a súa celebración. Os participantes chegarán xa mañá a Tui para aloxarse na cidade. Apuntaba que estarán aquí os mellores fisio de Galicia e do norte de España, que están a moi bo nivel ante a celebración a próxima semana en Guadalajara do Campionato Nacional.  Agardan que haxa moito público tanto pola mañá coma pola tarde no Teatro.

Por último o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, agradeceu á Federación Galega a celebración desta campionato en Tui , que dicía redundará en beneficio dos cidadáns e da economía local., desexando que teña moito éxito.

 

O Concello de Tui conta dende onte cunha terminal de pagos para o aboamento de taxas autoliquidables     

O Concello de Tui informa que dende onte xoves, 19 de maio de 2011, ten en funcionamento nas dependencias municipais de tesourería unha terminal de pagos para facilitar o abono por parte dos veciños e veciñas das taxas autoliquidables. Ata onte para pagar estas taxas os interesados tiñan que ir facer o pago a unha entidade bancaria. Dende hoxe poden facer todo o trámite nas dependencias municipais. O pago debe facerse en moedas ou billetes, admitindo a máquina ata billetes de 50 euros.

Deste xeito as persoas que se acheguen ao concello a facer compulsas, ou soliciten expedición de documentos coma licencias urbanísticas, certificados de empadroamento, de residencia, volantes de empadroamento, ou os discos de estacionamento poderán aboar a taxa correspondente no propio concello nesta terminal de pagos.

 

Xoves, 19 de maio de 2011    

Abrapalabra Creacións presenta “Memoria das memorias dun neno labrego”

    O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, 20 de maio, ás 21.30h o monólogo “Memoria das memorias dun neno labrego” posto en escena por Cándido Pazó nunha montaxe de Abrapalabra Creacións escénicas. Con esta obra péchase a programación do primeiro semestre do ano no Teatro Municipal de Tui.

    “Memoria das memorias dun neno labrego” é unha homenaxe a obra homónima de Xosé Neira Vilas cando se cumpren 50 anos da súa primeira publicación.

    Este é un espectáculo emotivo no que se combina a experiencia de Cándido Pazó coma autor, actor e director teatral coa súa longa traxectoria coma contador de historias e monologuista cómico. A obra conta amais cun gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cun ambicioso deseño de iluminación, debuxa para o espectador unha suxestiva escenografía de emocións. A música que acompaña cada momento foi creada para a ocasión por Manuel Riveiro.

    As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 5€, e 3€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Enrique Cabaleiro, candidato á alcaldía de Tui polo PSOE, “hai un pacto natural entre as forzas  progresistas”

    Enrique Cabaleiro é o candidato á alcaldía de Tui polo Partido Socialista. Estivo o luns na RMT na quenda de conversas cos números 1 das formacións que se presentan ás eleccións en Tui. O primeiro tema que abordou foi o turismo onde explicou que o punto de partida debe ser a creación dunha Oficina Municipal Técnica de Turismo que sexa quen marque a liña a seguir neste eido, engadindo que hai que profesionalizar o turismo e crear unha marca en Tui.

    Engadía Cabaleiro que Tui ten un patrimonio importante que ten que potenciar, e en medio ambiente expuña que hai que recuperar e pór en valor os espazos naturais que ten Tui. Nese senso expuña que centrarán os seus esforzos en que, ao través do goberno central , se execute a senda litoral, así coma en adecuar as marxes do río Miño.  Tamén apostan por desenvolver actividades complementarias en materia de creación e fomento do emprego.  Por outra parte o líder socialista denunciaba o abandono que no seu parecer sofren as concas dos ríos Tripes e Furnia, cuxa recuperación traballando coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil será tamén unha prioridade para os socialistas. A isto engaden a continuidade do paseo do río Caselas ata a súa desembocadura en Caldelas, recuperando amais os elementos de valor etnográfico que se atopan no río.

    Por outra en materia de emprego e vivenda Enrique Cabaleiro expuña que Concello de Tui non foi quen de desenvolver os tres parques empresariais que hai no municipio e garantir a seguridade xurídica aos empresarios, o que no seu parecer provocou que moitos emprendedores marchasen fóra do municipio. Por iso dicía que tamén será unha das súas prioridades o desenvolvemento dos parque empresarias garantindo a seguridade xurídica ás empresas.  Amais apuntaba que tamén hai que levar adiante iniciativas innovadoras creando un departamento de emprego con orientación laboral e formación. E indicaba que Tui tamén ten que potenciar a rehabilitación e posta en valor do patrimonio que permitirá o desenvolvemento de política de emprego vinculadas a este eido.  Os socialistas propoñen a creación dunha Fundación mixta buscando fórmulas de captacións de fondos e incluso desenvolvendo empresas de capital mixto.

    Xa en urbanismo o candidato socialista expuña que modificarán o PXOM nos puntos onde  o actual plan contempla un aproveitamento para determinados promotores en detrimento dos beneficios xerais, engadindo que o PXOM debe servir para “artellar a cidade” e apuntando que “a cidade que hoxe planificamos é a do futuro”.

    Por outra parte criticaba que ata o de agora non houbo sensibilidade co casco histórico por iso unha prioridade para os socialista será a  aprobación do PECH dándolle viabilidade financeira, creando no casco histórico un programa de desenvolvemento económico e social, facendo deste espazo un lugar habitable e con negocios, propondo un desenvolvemento integral.

    En canto a primeira medida a tomar se chegan ao goberno de Tui Enrique Cabaleiro expuña que será reunir aos axentes económicos e sociais e o episcopado para deseñar un plan de actuación e choque para crear emprego, xa que este é un tema prioritario para o PSOE.

    De non haber maioría absoluta o próximo domingo sinalaba o candidato do PSOE que hai un pacto natural entre as forzas  progresistas entre as que dicía non habería problemas para chegar a acordos. Se teñen que saírse de aí e negociar coas forzas conservadoras indicaba que serían sumamente cautelosos e estudarían apoios puntuais, supeditándoos ao desenvolvemento de accións programáticas coma activación da base económica e de servizos sociosanitarios de carácter público. 

 

Laureano Alonso, candidato polo BNG á alcaldía de Tui, “Agardamos ter un gran resultado”

    Laureano Alonso, candidato polo BNG á alcaldía de Tui estivo onte no programa Día a Día da RMT dentro da quenda de conversas cos partidos que se presentan ás eleccións do domingo en Tui.

    Comezaba a súa intervención falando de urbanismo onde manifestaba que o  PXOM xa aprobado é unha ferramenta que permite construír legalmente, pero sinalaba que este plan é sumamente negativo, por iso sempre estiveron en contra do mesmo, e van tentar melloralo. Explicaba que hai casas que no actual plan quedan fóra de ordenación, e que a redución de edificabilidade fíxose a costa das parroquias.  Denunciaba amais que no plan está habendo oscurantismo. Tamén apuntaba que dende o BNG defende políticas distintas en vivendas de protección oficial, en non o que se fixo nos últimos anos onde se fixeron 18 vivendas en Caldelas das que sete aínda non se venderon.

    En Patrimonio apuntaba Laureano Alonso que o PECH estivo paralizado dende 1997 e que grazas a unha moción do BNG se retomou nos últimos meses, sendo adxudicada a súa redacción a unha empresa. Apuntaba que  no seu parecer por parte do equipo de goberno houbo un total desinterese polo casco histórico, que xunto a Riomuíños  e San Bartolomé teñen que ser un referente en Tui. Tamén hai que pór en valor, no seu parecer o patrimonio etnográfico das parroquias, apuntando que para a súa rehabilitación propuxeron unha moción solicitando un obradoiro de emprego que está xa traballando.

    En canto os principais problemas que ten Tui sinalaba Laurenao Alonso que é que o concello non funcionan algo que promete vai cambiar se el é alcalde, cando di que os cidadáns serán atendidos en tempo e forma, e de xeito simbólico volverá abrir a porta principal do concello.

    En canto ao futuro de Tui apostaba pola redacción dun plan integral de turismo, a posta en valor de elementos patrimoniais, e aproveitar o número de visitantes que se achegan ata a Guarda ou Valença, que polo momento pasan de longo en Tui. Dicía Laureano Alonso que ata o de agora non houbo preocupación polo turismo. No seu parecer un Plan de Turismo e a posta en marcha do PECH debe significar a rehabilitación do casco histórico. Afirmaba amais que é necesario un goberno distinto, un goberno liderado por el para cambiar a deriva no urbanismo e no casco histórico.

    En canto a primeira acción a executar no caso de chegar ao goberno explicaba que será a realización dunha auditoría para coñecer cómo están as finanzas do Concello. Tamén analizar os servizos que se prestan no concello ou qué tipo de equipamentos, materiais ou maquinarias son precisas.

    Con respecto á situación económica dicía que non se entende que Tui teña un remanente de tesourería de 3 millóns de euros, segundo dixo o Alcalde no mitin en Guillarei, e pida un empréstito para o campo de fútbol de Caldelas e o alumeado da Macoca.

    Por último Laureano Alonso con respecto aos resultados do próximo domingo manifesta que agardan ter un gran resultado, e a partir de aí dicía que serán a alternativa ao goberno nefasto do PP.

 

Presentación do Campionato de Galicia e Interterritorial Norte de España de Fisioculturismo e Fitness 2011
        Hoxe xoves, 19 de maio, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, presentarase o Campionato de Galicia e Interterritorial Norte de España de Fisioculturismo e Fitness 2011, que se celebrará este sábado 21 de maio, dende as 10.00 horas no Teatro Municipal de Tui.Á rolda de prensa de presentación asistirán Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde do Concello de Tui, Gabriel Opare, fisioculturista cunha excelente proxección e Ramón González, Presidente da Federación Galega de Fisioculturismo e Fitness e un dos poucos españois co título de Campión do Mundo de Fisioculturismo.

  

O BNG recolle a denuncia de veciños que acusan ao concello de Tui de entorpecer a consulta do PXOM aprobado

Tui, explican desde o BNG, conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal xa aprobado pola Xunta, tendo sufrido o seu contido nuimerosos cambios de xeito que xa non se corresponde co que foi exposto ao público por última vez no ano 2004. Así as cousas, o PXOM aprobado resulta irrecoñecible para moitos veciños de Tui que viron as súas propiedades cambiadas de “cualificación” urbanística e que solicitan nestes momentos ao Concello que se lles facilite a información.

Numerosas persoas din ter acudido ao Concello solicitando esta información sen que se lle teña facilitado. O BNG lamenta os retrasos e os atrancos que o goberno do PP lle está poñendo á cidadanía para ofrecerlles a información de xeito rápido e eficaz.

Calquera persoa ten dereito legalmente a que se lles facilite información sobre o PXOM segundo o Art.70.2 da Lei 7/1985 de Bases de Réxime local que di que as administracións públicas deben ter a disposición da cidadanía que o solicite “copias completas do planeamento vixente no seu ámbito territorial” e o Art. 100 da Lei 9/2002 de Galicia que di textualmente que “Os instrumentos de ordenación urbana, con todo os seus documentos, tanto si se atopan aprobados como durante a súa tramitación, serán públicos e calquera persoa poderá, en todo momento, consultalos obter copias do mesmo previo pago do prezo correspondente e recabar información sobre os mesmos no concello”.

O BNG lamenta que o goberno do PP dificulte aos veciños e veciñas de Tui coñecer o PXOM e sospeita que esta ocultación é intencionada por estarmos en campaña electoral, una información que, de ser divulgada, podería prexudicar a aqueles grupos políticos que xunto ao PP votaron a favor do PXOM ocultándolle á cidadanía os cambios que sobre el se estaban a facer.

O BNG foi o único partido que votou en contra do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui por consideralo prexudicial para moitos e moitas veciños de Tui e por ter deixado á cidadanía na indefensión ao non poder facerlle alegacións dende o ano 2004

 

Novo éxito de asistentes no mitin do Partido Popular en Baldráns

O centro cultural de Baldráns, acolleu no día de onte o mitin do PP nesa parroquia. Neste mitin interviron: Moeses Rodríguez candidato a alcaldía, Antonio Fernández Rocha actual alcalde de Tui e Raquel Lorenzo , representante de Baldráns na lista d o Partido Popular

Na súa intervención Raquel sánchez salientou o seu compromiso coa parroquia e a necesidade de contar cun goberno forte e estable a fronte do Concello de Tui, ademais de expor o seu coñecemento sobre os problemas e necesidades que neste momento ten Bladráns.

Pola súa banda Fernández Rocha, insistiu na idea de que só a opción que representa o Partido Popular, pode garantir que se sigan facendo investimentos nas parroquias de Tui, xa que nos últimos anos, el mesmo, e o seu partido demostraron a súa preocupación constante pola calidade de vida dos habitantes  rural, e non só do centro

A continuación interviña Moisés Rodríguez, o candidato a alcaldía, que de novo volvía a facer fincapé na necesidade de que os electores optaran polo que el considera que é o voto útil, un voto o partido que nestes intres ostenta  o goberno da Deputación Provincial, o goberno da Xunta de Galicia, e proximamente o goberno da nación. Asegurou que darlle o voto a partidos independentes non e o xeito de asegurar un futuro mellor para Tui , xa que iso significaría que o concello tudense estaría illado nas institucións.

Por último solicitou dos presentes e de todos os militantes do Partido Popular un último esforzo na recta final da campaña, xa que a pesares de que esta convencido da vitoria por maioría absoluta, todos os votos van ser necesarios para acadala, e esta podería chegar por un escaso marxen.

 

Mércores, 18 de maio de 2011    

Proxección de “El Partido” no Cineforum

Hoxe mércores, ás 21h, proxéctase no Teatro Municipal de Tui a película “EL Partido” de Juan Calvo  e protagonizada entre outros por Manuel Manquiña, Morris, Pepo Suevos e Carlos Blanco que estará esta noite na proxección.

Esta película forma parte da programación do Cineforum “O Cine que nos mira”.

 

Actividades das Letras Galegas no CEIP nº2

O equipo de normalización lingüística do CEIP nº2 preparou unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas.

            Hoxe mércores a primeira actividade denomínase  a “VELLA ESCOLA” ,  e consiste nunha xornada de portas abertas para os avos/as,  ou calquera outro familiar de idade, que conten as súas vivencias e experiencias no colexio, en que cousas cambiou, que empregaban para escribir...etc.

Logo no patio  a degustarán uns doces galaico-portugueses e a continuación haberá bailes a cargo dos alumnos de Infantil a Primaria, serán o Ballao e a Muiñeira. Tamén tocará e cantará  un grupo de rapaces do colexio, tocando instrumentos galegos coma a gaita, pandeireta... Os mestres irán caracterizados de mestres de hai anos, simulando cos rapaces, a modo de teatro nas dúas primeiras horas da mañá ao xeito no que se daban as clases naqueles ano.

Por outra parte están a preparar unha exposición de fotografías e materiais antigos aportados polas familias, na entrada principal do colexio. Amais coa colaboración do alumnado elaborarán un libro para a biblioteca coas vivencias dos avós, e outro recopilando palabras galegas que hoxe están en desuso.

Xa o venres liberarán un libro por aula por distintos lugares de Tui, para iso sairán ao longo da mañá deixando os libros no parque, nun comercio, nun banco da corredoira. O obxectivo é que quen o atope o lea e despois volva liberalo nalgún lugar. Amais convidan a quen atope o libro que realice voluntariamente un traballo sobre o libro, que pode ser de plástica, de bibliografía, de fotografía, de debuxo, unha redacción, de poesía, audiovisual... entregándoo despois na biblioteca municipal de Tui ou no CEIP Nº 2 de Tui. O prazo para a entrega dos traballos será dende o día da liberación, ata a primeira semana do mes de maio  do 2012. Con todos os traballos recibidos farán unha exposición no CEIP  Nº2 de Tui a semana das Letras Galegas do 2012, e os tres mellores terán un agasallo.

 

Martes, 17 de maio de 2011    

Debate electoral na Radio Municipal

Este mércores, 18 de maio, ás 21h a Radio Municipal de Tui celebra un debate electoral coa presenza das seis forzas políticas que se presentan ás eleccións municipais en Tui.  O debate público realizarase nos estudos da emisora municipal e poderá seguirse en director ao través da súa sintonía no 107.4 da FM ou a través da internet ao través do enlace existente na web www.concellotui.org.

O debate será moderado polo director da RMT, Jose Font. Contará coa presenza dos candidatos a alcaldía de Tui polo PP, Moisés Rodríguez, polo BNG, Laureano Alonso, polo PSdG, Enrique Cabaleiro, por Alternativa Tudense, Miguel Capón, polo Partido Galeguista Demócrata, José Prada e por Converxencia XXI Carlos Vázquez Padín.

O debate dividirase en dúas partes, unha primeira de 90 minutos para o debate entre os candidatos dos temas propostos polo moderador, e unha segunda parte de 15 minutos para contestar ás preguntas que oíntes fagan ao través do teléfono no 986 60 70 55.

            Lembramos por tanto este debate electoral público que organiza a Radio Municipal de Tui para este mércores ás 21h nos estudos da emisora.

  

Debate da Asociación Arcebispo Lago

            A Asociación Arcebispo Lago organiza un debate electoral este xoves, 19 de maio, ás 20.30h no salón de actos do Seminario no Paseo da Corredoira. Ao mesmo, segundo informan, asistirán cinco dos seis candidatos á alcaldía que se presentan ás eleccións municipais. Non estará o candidado o PP que segundo expoñen “manifestou non querer participar”.

No debate haberá dúas quendas de intervención dos candidatos e unha hora para que o público poida facer as súas preguntas, rematando cun resumo por parte dos candidatos. O moderador será José Ramón Pérez.

 

Hoxe celébrase a XIV Feira do Libro Galego

Hoxe martes, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, celébrase no Paseo da Corredoira de Tui a XIV Feira do Libro Galego organizada pola Concellería de Cultura. Terá lugar entre ás 12 do mediodía e ás 10 da noite. Participarán as librarías tudense Iris e Valverde e por vez primeira tamén as portuguesas Moderna e Santa Teresinha, que farán un 10% de desconto nos libros á venda.

A inauguración terá lugar ás 12h a cargo da Directora do CRA, Teresa Domínguez, en recoñecemento ao Premio Nacional de Bibliotecas Escolares do Ministerio de Cultura que recibiron a pasada semana. Logo haberá un recital de poesía a cargo da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño, e a actuación do  do grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns. Pola tarde de 16.30 a 19.30h haberá inchables para nenos, ás 18h actuación do grupo folclórico “Santa Columba” de Ribadelouro, e ás 19,30 h espectáculo de circo con Pablo Trasno .

Outra das novidades deste ano é a sinatura de libros por parte de autores de Tui de acordo co seguinte horario. Antonio García Rivas ás 17.30h, Marga do Val ás 18h, Kristina Sabaite ás 18.30h, Conchi Regueiro ás 19h, Ernesto Iglesias Almeida ás 19.30h,  Fernando Álvarez ás 20h e por último Suso Vila ás 20.30h.

 

Carlos Vázquez Padín, de CXXI, di que se ninguén ten maioría absoluta asinarán un pacto de investidura con duras condicións, pero sen entrar no equipo de goberno

Nesta recta final da campaña electoral onte a Radio Municipal de Tui iniciou unha rolda de conversas cos candidatos á alcaldía do Concello de Tui. O  primeiro en intervir foi o nº1 de CXXI Calos Vázquez Padín. Comezou a súa intervención abordando as propostas do seu partido en materia deportiva onde apostan polo deporte de base, e porque as axudas ás entidades deportivas se faga con criterios obxectivos, por exemplo en función do número de membros que teñen.

En cando ás infraestruturas deportivas informaba que a semana pasada presentou ata a fiscalía unha denuncia por suposta malversación de fondos na obra da Macoca. Ao marxe disto as súas propostas neste eido contemplar negociar coas comunidades dos veciños para poder construír nos patios interiores pistas de skate, baloncesto ou un rocódromo encargándose o concello do seu mantemento.

Xa en Emprego Carlos Vázquez Padín aposta por crear un marco de seguridade xurídica para facilitar a actividade dos emprendedores, ao que suman unha aposta por chan industrial e contar con infraestruturas tecnolóxicas fundamentais coma fibra óptica. A isto engade a creación de emprego en hostalaría e restauración derivada dunha axeitada promoción turística.

Para o candidato á alcaldía por CXXI o principal problema que ten Tui arestora é o desemprego para o que propoñen crear as condicións para ter infraestruturas que faciliten a creación de emprego. A isto sumaba as dificultades en acceder a información no concello coma recolleu o Defensor del pueblo, polo que considera que o concello debe deixar de entorpecer e facilitar a vida dos cidadáns.

En canto ao futuro de Tui Carlos Vázquez Padín apostar por contar cun plan estratéxico. Explicaba que Tui pode ser unha as principais cidades turísticas xunto con Valença e isto, no seu parecer, hai que polo en valor xunto ao río Miño e o feito de ter o 2º casco histórico máis importante de Galicia.  Engadía que a ubicación xeográfica de Tui lle permite ser tamén unha alternativa residencial.

De chegar ao goberno explicaba o candidato de CXXI que a primeira acción sería diagnosticar a fondo a situación do concello, e logo arranxar o caos organizativo que no seu parecer existe, así coma que o Concello sexa un lugar onde se axude e respecte aos cidadáns, e se implante a administración electrónica.  Referíase amais a outros proxectos prioritarios coma o PECH a candidatura a Patrimonio da Humanidade, ou a posta en marcha do saneamento.

En canto a súa disponibilidade para formar goberno debuxa tres posibles escenarios. Un no que algún partido consegue a maioría absoluta co que dicía que exercerían unha oposición responsable, outra no que CXXI sexa a segunda forza máis votada co que asumirían a responsabilidade de formar un goberno alternativa, e un terceiro escenario no que o partido máis votado non tería maioría absoluta, usarían o seu voto para desprazar a Moisés Rodríguez da alcaldía, asinando un pacto de investidura con duras condicións, pero sen entrar no equipo de goberno.

 

José Prada, candidato á alcaldía de Tui por PGD, non fai hipóteses sobre a súa posición ante os resultados se non maioría absoluta ata o domingo

Jose Prada Álvarez é o candidato á alcaldía de Tui polo Partido Galeguista Demócrata. Onte estivo tamén no programa Día a Día dentro da rolda de conversas cos candidatos que optan á alcaldía de Tui.

Prada Álvarez abordaba en primeiro lugar as propostas da súa formación no eido cultural onde recollen potenciar a Área Panorámica e os servizos que na mesma se atopan coma a biblioteca, a sala de exposicións e o teatro. Tamén apostan por potenciar Play-Doc e fomentar outros festivais coma un de jazz. Outra das súas propostas son a creación dunha aula de interpretación do conxunto histórico, recuperar e habilitar a bandeira histórica de Tui, organizar as festas de San Telmo dende a Concellería de Cultura, e tentar recuperar o Festival do Meixón negociando co ramo da hostalaría e restauración.

Por outra parte apostar por establecer un convenio co bispado para o uso público da biblioteca do seminario e dos arquivos catedralicio e diocesano, e para trasladar ao seminario a Escola Oficial de Idiomas e a Aula da UNED. Fomentar un Certame de Poesía para toda a poboación, realizar un inventario do rural para documentar todo o patrimonio que existe no rural e lograr unha maior participación cidadá nos plenos son outras das cuestións que recollen no seu programa electoral.

En canto a deporte sinalaba Prada Álvarez que Tui é un referente en canto a instalacións deportivas. Apostan por impulsar e potenciar o deporte escolar, as escolas deportivas e o deporte parroquial, e establecer convenios coa Dirección Xeral de Deportes para o deportistas de elite da cidade.  Sobre o cenrto interfederado dicía que o seu custe é igual ao de calquera pavillón ou incluso menor pola cota que paga a cafetería que hai alí.  Apostan tamén porque Tui conte cunha piscina municipal climatizada que a Xunta ten prometido, que se podería ubicar na zona tipificada coma equipamento entre os club de remo a ponte internacional.

En vivenda e emprego a principal proposta do PGD é a sinatura dun convenio entre o Concello, entidades bancarias e propietarios do casco histórico para rehabilitar vivendas para polas a dispor dos xoves en aluguer. Outras apostas son rematar o edificio municipal na rúa Compostela para oficinas municipais e de asociacións, e rehabilitar o edificio de Cam-fran para situar aí un centro de localización e desenvolvemento de xoves emprendedores, así coma acondicionar a Praza de Abastos.

En urbanismo e patrimonio Prada situou coma prioridade a construción dun aparcamento soterrado nas rúas novas, e dun parque arborado na traseira da Área Panorámica, así coma a apertura da rúa Ourense, que dicía que trala aprobación do PXOM xa é factible.

A reordenación dos xardíns de Troncoso, a recuperación da travesía de Santo Domingo, a creación dun coordinador parroquial que atenda os problemas das parroquias, son tamén cuestións que figuran no programa do PGD.

Por outra parte Prada Álvarez aposta por negociar co Ministerio de Fomento a humanización da entrada a Tui dende a vella Ponte Internacional, e rehabilitar o Teatro Principal para crear alí unha escola de Artes Escénicas.

Por último sobre a súa disposición a formar goberno se o próximo domingo ninguén obtén maioría absoluta dicía que non vai facer hipótese sobre os posibles resultados, e que a súa posición daraa a coñecer o próximo domingo unha vez se coñezan o escrutinio destas eleccións.

 

Cese de Patricia Ricón nas súas delegacións

O Alcalde de Tui asinou onte á mañá o cese de Patricia Ricón nas súas delegacións de Educación, Servizos Sociais e Muller. Hai semanas que a edil lle puxera o seu cargo a disposición logo de que decidise ir nas listas de Alternativa Tudense nestas eleccións municipais.

 

Luns, 16 de maio de 2011    

Presentación do libro de Antonio García Rivas “Galicia nas ondas”

Hoxe ás 20.30h o primeiro andar da Área Panorámica de Tui acolle a presentación do novo libro de Antonio García Rivas titulado “Galicia nas ondas”. No mesmo recolle as súas intervencións realizadas no programa “Día a Día” da Radio Municipal de Tui. A presentación de hoxe correrá a cargo do Director da RMT, José Font, e do propio autor.

Esta actividade forma parte da programación do “Mes dos Libros” que promove a Biblioteca Pública Municipal de Tui ao longo dos meses de maio e xuño para a promoción do libro e a lectura entre os nosos veciños.

 

O Partido Popular celebrou o seu mitin de Ribadelouro diante de mais de catrocentos simpatizantes

O partido Popular de Tui celebrou o seu mitin de Ribadelouro diante de mais de catrocentos simpatizantes que abarrotaban o salón de actos da casa cultural.

As intervencións neste acto correron a cargo de Manuel Gónzalez, actual concelleiro da corporación municipal e veciño desta parroquia , á que leva representando nas listas do PP nos últimos anos, a continuación interviña Montse Rodríguez, tamén veciña de Ribadelouro. Os dous repasaron as actuacións do Concello de Tui, gobernado polo PP na súa parroquia , salientando investimentos e obras realizadas, o mesmo tempo que pedían o voto para a súa formación como único xeito de seguir asegurando o desenvolvemento de Tui e Ribadelouro. O acto contou coa presenza do ex conselleiro do Partido Popular o tudense Juan Miguel Diz Guedes.

Máis tarde interviña o actual alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, quen pedía o voto para o seu partido, asegurando que era o único capaz de asegurar un goberno forte e estable, apelando ao voto util, e aseguraba ademais que de non gañar o PP, o futuro de Tui pasaría polo acordo de varios grupos, acordo no que cada unha das forzas velaría tan só polos seus intereses.

Como remate do acto o candidato do PP ao Concello de Tui, Moisés Rodríguez, insistiu na idea de que a única formación que pode asegurar estabilidade é o PP, fixo ademais un repaso de todas as actuaciónns dos distintos gobernos do PP nos últimos anos en Tui, e aseguraba que un goberno do PP en Tui estaría fortemente respaldado tanto desde a Deputación Provincial, como desde a Xunta de Galicia gobernados polo Partido Popular e probablemento moi pronto polo goberno central

Moisés Rodríguez mostrou unha vez mais a súa capacidade para achegarse os veciños e a súa identificación cos veciños das parroquias tudenses.

 

O mitin celebrado este sábado en Guillarei, converteuse nunha homenaxe a Antonio Fernández Rocha

O mitin que o Partido popular celebrou este pasado sábado en Guillarei converteuse nunha homenaxe ao actual alcalde de Tui Antonio Fernández Rocha, veciño desta parroquia que comezou a súa andaina política coma representante da mesma. Un emocionado Fernández Rocha pechou o acto despois de que o actual candidato do Partido Popular Moisés Rodríguez lle cedera o privilexio de ser o último en intervir. Nun longo discurso por momentos emocionado e noutros moi critico cos outros grupos que se presentan as eleccións , Rocha asegurou os seus veciños que tiña unha débeda política con eles , que xamais sería quen de pagarlles.

Previamente o discurso de Fernández Rocha houbo varias intervencións, abría o acto Rosendo Sánchez, quen na súa presentación xa deixaba claro que o do sábado non era un mitin mais , se non que era a oportunidade para que os presentes homenaxearan o actual alcalde.

Inmediatamente interviña Vanesa Rodríguez , actual pedánea de Guillarei e numero tres da lista do PP en Tui. Comezaba o seu discurso detallando as súas orixes , directamente ligadas a parroquia, para acto seguido contar o convite que lle fixera Rocha hai catro anos para que participara en política, agradeceulle este convite e asegurou que estaba orgullosa de militar no que ela definiu como o mellor partido, o Partido Popular. Aseguraba tamén que Guillarei seria a encargada de levar a Moisés Rodríguez a alcaldía, e que na súa labor política agardaba non defraudar a ninguén .

A continuación a encargada de falar neste acto foi Lidia… numero trece da lista do Partido Popular de Tui e tamén veciña de Guillarei, aseguraba na súa intervención que durante trece anos a parroquia estivo co alcalde, e que nestas elección a mellor homenaxe que podía ofrecerlle era darlle de novo a maioría absoluta

No quenda de intervencións tocáballe nese momento dirixirse ó público a Fernández Rocha , pero despois de ser anunciado era Moisés Rodríguez o que situábase no atril, conseguindo con ese xesto o aplauso do publico e deixando claro que cedía o peche do acto a Rocha.

O candidato do PP a alcaldía abriu a súa intervención asegurando que se presentaba a estes comicios con humildade recoñeceu a labor de Rocha e asegurou haber aprendido moito del coma persoa e coma político, que sabía tamén que Guillarei era a clave para conseguir a maioría absoluta. Nun discurso cheo de guiños os veciños asegurou que el xa estaba censado nesa parroquia e que ia votar alí.

Pero o momento de mais intensidade política foi cando solicitou dos presentes o voto útil para o próximo día vintedous , insistindo unha vez mais na idea de que só un goberno local forte e unido e a garantía dun bo futuro para Tui, e que a única opción política que podía asegurar esa fortaleza e esa unión era o Partido Popular. Aseguraba tamén na súa alocución que terá que estarlle todo a súa vida agradecido a Antonio Fernández Rocha.

Finalmente e entra aplausos tomaba a palabra o actual alcalde de Tui e veciño de Guillarei Antonio Fernández Rocha, que comezou o seu discurso visiblemente emocionado. Nese discurso principiaba por asegurar que tres mandatos como alcalde son mais que suficientes, que el cumpría a súa palabra e deixaba a alcaldía , pero que non ia deixar a política. Lamentou que non todos cumpriran o prometido, abandonar a política nunha clara alusión a Capón Rey que de novo presentase as elección a pesares de que nin Diz Guedes Nin Fernández rocha aspiran xa a ser alcaldes de Tui. O resto do seu discurso foi un repaso a súa andaina política, na que dixo que foran os veciños os que lle ensinaron como traballar, defendeu a súa xestión a fronte do Concello de Tui , sobre todo o traballo realizado nas parroquias, que cando el chegou asegurou que non existía para o goberno local. Afirmaba tamén que despois de todo o que tiña pasado sabía moito de urbanismo, xa que a súa defensa dos intereses de parroquias como a de Guillarei o levara varias veces a estar sentado no banquiño.

Na súa intervención tivo palabras moi duras para algunhas das outras forzas políticas que se presentan as eleccións e tamén para os seus lideres, comezaba dicindo que:”algúns fan da mentira a súa profesión cada catro anos”

Do PSOE dicía que sempre teñen a solución para todo, pero que teñen o pais arruinado e do seu número un, asegurou que non foi quen de facer nin un metro de saneamento, mentres foi concelleiro en Salceda, a pesares de ter o seu partido no goberno da Xunta. Do líder do BNG, Laureano Alonso afirmaba que cando ten algo que dicir debe ser mais respectuoso, e asegurou que a primeira operación urbanística pouco clara no Concello de Tui a realizara a familia do Sr. Alonso, tamén tivo verbas para Capón Rey , o que acusou de non ter tramitado correctamente o Plan do 95, o que creou unha situación moi complicada no urbanismo tudense. Que cando el chegou a alcaldía foi coñecedor dese erro e calou para non prexudicar o Concello.

Tiña tamén palabras para o candidato Moisés Rodríguez , do que dixo que estaba seguro de que era a persoa axeitada para continuar a labor do Partido Popular , e que si non estivera seguro diso , non o houbera proposto. Alabou o seu traballo nos últimos anos no Concello e afirmaba que estaba seguro de que Guillarei ía apoialo tal como o apoiaron e el

Rematou o seu discurso de novo moi emocionado, asegurando:”vos fixechedes de min o que son”, nun claro xesto de agradecemento a parroquia de Guillarei

 

O BNG celebra hoxe, ás 21:00 horas, na Sala Félix Rodríguez (traseira de Área Panorámica) o seu mitin central de campaña

No ecuador da campaña electoral o BNG de Tui celebrará o seu Mitin central de campaña o luns 16 de maio ás 21:00 na Sala Félix Rodríguez (traseira de Area Panorámica).

O BNG, que se presenta como a única alternativa para liderar o goberno do concello de Tui ante a desidia e o abandono da xestión do concello dos últimos 13 anos de goberno do PP, presentará ante as veciñas e veciños de Tui as súas propostas de goberno. Propostas que foron difundidas e presentadas durante os últimos catro anos polos concelleiros do BNG na Alcaldía en mais de 60 mocións e que foron na súa inmensa maioría rexeitadas.

No acto intervirán Marga Romero Lorenzo, candidata nº 4 da lista electoral do BNG, Xosé Martínez Tato, Responsable local do BNG de Tui que concorre como nº 3 na lista, Carme Verde Diego, actual concelleira do BNG en Tui e nº 2 da lista, Bieito Lobeira, Deputado provincial do BNG e Laureano Alonso Álvarez, Portavoz municipal do BNG no concello de Tui e candidato a súa alcaldía.

Convidamos a todas as veciñas e veciños de Tui a este acto para que verifiquen que co BNG, en Tui hai futuro.

 

Actos recta final de campaña de Alternativa tudense

Lunes 16 de mayo – 21.00 Ribadelouro, no Centro Cultural

Martes 17 de mayo – 12.00 Paramos, no Centro Cultural

   20.30 Pazos de Reis, no Centro Cultural

Jueves 19 de mayo – 21.30 Baldráns, no Centro Cultural

Viernes 20 de mayo – 21.00 Tui (cierre campaña), na discoteca Anubis

 

Sábado, 14 de maio de 2011    

O CEIP Nº 2 de Tui conmemora o 18 e 20 de maio o Día das Letras Galegas con iniciativas orixinales      
         O colexio Nº 2 de tui organiza, o 18 e o 20 d emaio, distintas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. A primeira actividade, que vai ter luga ro mércores, leva por título “A vella escola”, tratándose dunha xornada de portas abertas para os avós,  ou calqueira outro familiar de idade, convidando especialmente aos maiores a pasar o día no colexio, para que conten as súas vivencias e experiencias no colexio, en que cousas cambiou, en cales non; que recorden aos escolares que materiais empregaban para escribir, para estudar ou xogar.

Logo desta oportunidade degustaranse no patio  doces galaico-portugueses e, deseguido, haberá bailes, o Ballao e a Muiñeira, protagonizados polos alumnos desde infantil ata primaria. Outro grupo ofrecerá un con instrumentos galegos coma a gaita e a pandereta, e os mestres presentaranse caracterizados e simulando cos rapaces, a modo de teatro, nas dúas primeiras horas da mañá o xeito no que se daban as clases hai xa moitos anos, para que se den conta do ben que están agora.

Por outra banda estase a preparar unha exposición de fotografías e materias antigos, aportados polas familias, que se montará na entrada principal do colexio, invitando  acantos queira na visitala.
         Ademais estase elaborando un libriño coas entrevistas que os escolares realizaron aos seus avós. Finalmente, entre as propostas cuirosas menciónase a recollida dunha palabra galega do entorno familiar, a en desuso, para facer unha recompilación e recollelas nun libriño e nun power point.         
O 20 de maio

            A outra actividade desenvolverase o venres, día 20, que consistirá en levar un libro por aula, 22 en total adaptados ás idades dos escolares, paseándoos pola localidade, e deixándoos no parque, nun comercio, nun banco da Corredeira, e a quen o atope se anima a que o lea e despois o volva liberar nalgún lugar no que o poida atopar outro leitor, ben sexa Tui, ou calquera outra cidade ou localidade, a finalidade é que o libro vaia  rotando dun lugar ao outro, fomentando a lectura galega nos máis pequechos.

           Esta iniciativa que se realiza noutras vilas e cidades do mundo, ten como novidade a invitiación a que o lector realiza, voluntariamente, un traballo sobre o libro, que pode ser de plástica, de bibliografía, de fotografía, de debuxo, unha redacción, de poesía, audiovisual ou o que a súa imaginación lle sucira logo da lectura.

           Os traballos poden ser entregados, unha vez feitos, na Biblioteca Municipal de Tui ou no CEIP Nº 2 de Tui ( ademáis tamén poden ser remitidos ao correo electrónico do colexio ceip.numero2.tui@edu.xunta.es). O prazo para a entrega dos traballos será dende o día da liberación do libro, ata a primeira semana do mes de maio  do 2012.
          Con tódolos traballos recibidos farase unha exposición que se realizará no CEIP  Nº2 de Tui a semana das letras galegas do ano 2012, e de entre tódolos traballos seleccionaranse tres, que terán un agasallo sorpresa, polo que os envíos deben acompañarse do enderezo.

 

Debate electoral mañá  domingo en Areas ás 18h

A Asociación de Veciños “Monte do Seo” de Areas organiza mañá domingo, ás 18h, un debate electoral cos candidatos á alcaldía de Tui no Centro Cultural Seixos Albos.

O debate estará dividido en dúas partes a primeira sobre as propostas referidas á parroquia de Areas, e a segunda sobre propostas xerais do concello.

Monte do Seo convidou a participar no debate aos candidatos á alcaldía dos seis partidos que se presentan en Tui, así coma os candidatos incluídos nas listas representando á parroquia de Areas.

Explican os organizadores que o público será o protagonista polo que convidan a acudir ao debate.

 

Concerto do  XVIII Ciclo Ibérico de Música Sacra

A Catedral acolle hoxe ás 20h o segundo concerto do Ciclo Ibérico de Música Sacra organizado pola Asociación Amigos da Catedral de Tui. Correrá a cargo do Orfeón Burgalés baixo a dirección de Juan Gabriel Martínez Martín   

 

O grupo La Comandancia presenta hoxe o seu traballo discográfico

O grupo La Comandancia vai ofrecer hoxe sábado un concerto en La Fábrica de Tui ás dez da noite para presentar o seu primeiro traballo de estudo que fan titulado “Puro son miñoto”.

Proseguen as festas na honra á Virxe de Fátima en Bornetas

Hoxe continúan as festas na honra á Virxe de Fátima nas Bornetas. Hoxe terán ás 10h pasarrúas a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Ás 12.30h celebrarase misa solemne na honra á Virxe de Fátima e pola noite verbena coas orquestras Salsa Rosa e Panamá.

 

X Romaría do Cabalo en Ribadelouro

Esta fin de semana celébrase  X Romaría do Cabalo en Ribadelouro organizada pola Peña Cabalar Valle do Louro. Comeza hoxe ás 9 cun Raid de 45km con premios. Pola tarde ás 16.30h terá unha ruta cabalar gratuíta, e ás 21h unha Sardiñada, e ás 23h proba de resistencia no Touro Mecánico.

O domingo comezan ás dez cun Concurso Morfolóxico con premios por categorías. Tras un xantar campestre a prezos populares ás catro da tarde terán xincana con trofeos, e logo exposición e exhibición de cetrería. Ás 18h está previsto un espectáculo de doma e dominio do cabalo a cargo do centro ecuestre Mirantes de León, carreira de ponis e carreira de Burros Fariñeiros

 

Festa dos Maios en Randufe

Mañá domingo celébrase en Chans do Carrasco en Randufe a Festa dos Maios organizada pola Comisión de Festas de Santa María da Guía. Comeza ás 11h servindo racións de polbo e churrasco a prezos populares. Ás doce terá a actuación da banda de gaitas e bailadoras de San Xoan de Paramos e logo do grupo de baile e gaitas de Xuntanza. Pola tarde a partir das seis actuará o grupo de acordeóns La-Mi-Re de Monçao e o grupo folk Nosa Xente. Ás 20.30h actuará do grupo musical “Alcazar”.

 

Nicolás Lorenzo Montes, nº2 do PP, propón a redacción dun proxecto integral de recuperación e posta en valor do recinto amurallado

Nicolás Lorenzo Montes é o nº2 do Partido Popular. Con el completaron na Radio Municipal de Tui no programa Día a Día as conversas cos nº2 das candidaturas que se presentan ás eleccións municipais en Tui.

Comezaba a súa intervención falando de deporte un eido que é o seu forte porque tal e coma explicaba leva 25 anos dedicado ao baloncesto. Un deporte no que aprendeu unha serie de valores e ensinanzas que considera se deberían trasladar tamén á vida política.

Sobre as propostas que o PP fai neste eido destacaba por unha parte o apoio institucional por parte do Concello aos clubs, que dicía se teñen que sentir arroupados polo Concello. Por outra parte apuntaba que Tui conta cunha das mellores instalacións deportivas da provincia de Pontevedra, e que hai que incidir agora na mellora da súa xestión e planificación. Sobre o Centro Interfederado apuntaba que ten que se o buque insignia no deporte en Tui, para o que dicía hai que buscar unha solución para que conte cunha xestión máis profesionalizada.  Por outra parte dicía que hai transformar ese centro nun referente no mundo da canoa a nivel galego, nacional e internacional, tendo que conta que se teñen as instalacións, unha pista natural coma o Miño e os mellores deportistas.

Precisamente sobre os deportistas dicía que hai que recuperar a figura dos deportistas de elite que ten Tui a quen opina que non se lles recoñeceu suficientemente a súa traxectoria, e que merecen un recoñecemento público e se impliquen na xestión e promoción do deporte entre os máis novos citando a Enrique Miguez, José Ignacio Bugarín, José Luís Bouza e Manuel Garrido.  Precisamente dicía que estes deportistas necesitan apoio dende o Concello conseguíndolles contratos de traballo que lles permitan conciliar a vida laboral e a deportiva.

Outras propostas no eido deportivo son recuperar a festa da piragua no verán, apostando por unha gran festa na época estival cun descenso popular do río. Así coma o apoio ao Descenso Internacional.

Amais incidía en que Tui necesita instalacións deportivas no centro ao aire libre con pistas multiusos e de skate que propoñen construír a beira do Miño cun proxecto respectuoso co entorno. Propoñen tamén recuperar a praia da Mariña, o Cuadriatlón e facer unha marcha Tui-Valença de 10 km.

En Patrimonio o nº2 do PP propuña a redacción dun proxecto integral de recuperación e posta en valor do recinto amurallado aproveitando fondos europeos. Tamén apostan pola instalación dun dentro de interpretación do conxunto histórico co obxectivo final de protección e mellora do entorno.

Tamén contemplan mellorar a accesibilidade e crear itinerarios turísticos. Mentres sobre o Teatro Principal explicaba que si son goberno sentaranse a negociar coa fundación do teatro a cesión da titularidade do mesmo  para a partir de aí buscar apoio doutras institucións para a súa rehabilitación. Outras propostas son continuar o traballo para a candidatura conxunta de Tui e Valença a Patrimonio da Humanidade e crear unha comisión mixta entre as dúas cidade. 

Por último en turismo apostan por un Plan Estratéxico no que se defina onde estamos e que modelo queremos. E avoga por potenciar o turismo fluvial, histórico e relixioso. Neste último aspecto considera que Tui ten que ser un centro de peregrinaxe tanto entorno á figura de San Telmo, coma o lugar de partida de peregrinación a Fátima.

 

Tui celebra na fin de semana a XV Feira de Artesanía

Tui celebra esta fin de semana a décimo quinta edición da Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura. Vaise celebrar mañá sábado e o domingo na rúa Ordóñez co presenza de máis de 30 postos de exposición e venda de artesanía, así coma coa presenza da Asociación de Palilleiras do Baixo traballando ao longo de toda a fin de semana ao aire libre.

Na feira haberá variedade de obxectos feitos de forma artesáns con cerámica, coiro, pirogravado, macramé, madeira, cristal... Dos artesáns presentes 9 de son de Tui, 20 da provincia de Pontevedra, 6 da provincia da Coruña, 2 de Ourense e 2 de Lugo.

O obxectivo da feita é darlle pulo a artesanía galega ao tempo que potenciar e dar a coñecer o conxunto histórico de Tui, sendo este evento un reclamo para que numerosos visitantes se acheguen á cidade na fin de semana.

A feira abrirá as súas portas de 12 a 22h tanto o sábado coma o domingo. A inauguración será o sábado ás doce do mediodía, actuando a continuación o grupo de gaitas “San Xoán” de Paramos. Pola tarde ás seis actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis. Xa o domingo ás 12h será a quenda do grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro e ás 18h do grupo folclórico “Xuntanza” de Randufe.

A feira foi presentada esta mañá polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, e o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, que estiveron acompañados por sete artesáns de Tui.

Nesta presentación o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, destacou que a feita conta cun orzamento un 33% inferior ao do ano pasado, pero mantendo a calidade. Explicaba que é unha honra que cada vez haxa máis artesáns en Tui, con carta de artesáns, prestando axuda dende o concello nos trámites para obter este certificado.

Pola súa parte o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, salientou que a coincidencia na fin de semana do Campionato de España de Baloncesto Junior vai contribuír a que máis xente se achegue a Tui. Apuntaba que a feira serve para dar a coñecer aos artesáns e os traballos que realizan . Salientaba tamén o gran valor deste produtos.

Mentres os artesáns presentes explicaron os obxectivos que realizan, Paco é cesteiro, Natalia presentará coma novidade monecas feitas a man e camisetas exclusivas, Yoli de Meiga Complementos Artesáns achega bolsos, broches, diademas, cintos ou carteiras feitas con ganchillo e produtos de reciclaxe. Emilia Rosende presentará obxecto en barro e Antonio González pezas de canteiría. Amais Pilar da Asociación de Palilleiras do Baixo, presentes dende o primeiro ano na feira, achegarán flores, manteis, chales, abanicos en algodón, seda ou liño.

Restricións no tráfico

Debido á celebración da Feira de Artesanía estará prohibida a circulación e o estacionamento de vehículos na rúa Ordóñez, dende o Palco da Música ata o acceso á Porta da Pía, ata o luns ás dúas da tarde.

 

Actos da Campaña Electoral do PSdeG en Tui

O PSdeG-PSOE celebrará un acto público hoxe, sábado, ás 21 horas no Salón de Actos da Casa Cultural de Caldelas de Tui, no que se abordarán as políticas e as propostas que en materia de medioambiente presenta o Partido Socialista para o Concello de Tui.

O acto contará coas intervencións da ex-Conselleira de Pesca e Deputada no Parlamento Galego Carmen Gallego no que actualmente é a responsable de política medioambiental do PsdeG-PSOE, o número dous da candidatura José Luís Maciñeiras e pechará o mesmo o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Tui, Enrique Cabaleiro.

Así mesmo, tamén se informa que o vindeiro martes 17, está prevista a visita a Tui da Secretaria de Estado de Función Pública Consuelo Rumí, a quen se lle trasladarán as principais demandas que en materia de infrarestructuras temos os socialistas de Tui para o noso Concello.

O acto consistirá nunha visita a cidade de Tui, na que se lle mostrarán os proxectos de soterramento das vías férreas ao seu paso por Tui, a situación do casco histórico e o proxecto de humanización da Avda. de Portugal, así como o estudio e mellora das infraestructuras viais de titularidade estatal.

 

Venres, 13 de maio de 2011    

María José Rosada, nº2 do PGD “o Centro de Saúde é unha prioridade inmediata”

            María José Rosada, nº2 do PGD, estivo onte no programa Día a Día da RMT no marco das entrevistas que se están a realizar aos candidatos ás eleccións do 22 de maio en Tui.

            O primeiro tema que abordou foi o medio ambiente e turismo, un ámbito no que propoñen a creación de unidade de información ambiental con persoal altamente cualificado, así coma controlar os vertidos que se producen, apostar polas enerxías renovables, mellorar as praias e recuperar os muíños facendo unha ruta de sendeirismo.

            Tamén apostan por potenciar o Parque Natural do Monte Aloia traballando de xeito conxunto coa xunta rectora deste espazo. O río Miño é outra das súas apostas indicando que “non se pode vivir de costas ao río” nin tampouco do Aloia. Todo isto opinan que potenciará o turismo o que dicía Mª José Rosada enriquecerá o municipio. Tamén recollen no programa a posibilidade de instalar chiringuitos á beira do Miño no Paseo Fluvial, e tratar cos consignatarios dos trasatlánticos que veñen a Vigo a posibilidade de que os cruceiristas visiten a cidade.  Tamén cren que o turismo deportivo xerará riqueza na cidade.

            Por outra parte en Educación Mª José Rosada amosouse partidaria de que o concello solucione os problemas que poidan xurdir nun centro educativo de xeito inmediato, vendo despois a quen ten que reclamarlle a actuación realizada se non é da súa competencia. Apostan tamén por promover os comedores escolares con comida cociñada no propio centro co que se crearían postos de traballo, e opinan que é necesario regular as entradas e saídas do centros para evitar conflitos que as veces se rexistran.  En Educación a nº2 do PGD sinalaba que contemplan tamén un novo centro para Pazos de Reis.

En Servizos Sociais as prioridades do Partido Galeguista Demócrata son en primeiro lugar o Centro de Saúde que consideran é unha prioridade inmediata. Neste senso propoñen se é posible ampliar o actual centro de saúde xa que consideran que a nova ubicación non é axeitada dado o colapso que ten xa a rúa Casal Aboy. 

            Amais propoñen a construción do centro de día a carón do Centro Sociocomunitario de Tui, e da Escola Infantil preto do gran parque que co nome de Don Basilio apostan por construír na traseira da Área Panorámica.  En Servizos Sociais dicía Mª José Rosada que outro tema prioritario é a atención ás persoas maiores ao través dun servizo de teleasistencia dende o domicilio destas persoas.

            Por outra parte a nº2 do PGD expuña que para o seu partido os principais problemas que ten Tui son a carencia dun centro de saúde, dunha escola infantil, centro de día, atencións ao maiores, aparcamento... precisamente estas serán as súas prioridades no caso de chegar ao goberno xunto á apertura da rúa Ourense.

Por último en canto ao futuro de Tui indicaba que a cidade ten que ser unha pequena cidade que manteña os servizos e a calidade de vida. Cren que amais pode ser un lugar para vivir os estudantes que cursan estudos na Universidade de Vigo ou os traballadores da cidade olívica. Amais consideran que Tui debe ser líder na contorna.

 

O domingo comeza a fase final do XL Campionato de España de Clubs Junior Masculino de Baloncesto

            Este domingo comeza a disputarse en Tui a Fase Final do XL Campionato de España de Clubs Junior Masculino de Baloncesto, que se vai prolongar ata o próximo martes disputándose os partidos nos dous pavillóns de Tui e nos dous do Porriño.

            Os partidos comezan o domingo pola mañá no novo pavillón de deportes de Tui onde ás 10h se van enfrontar o Joventud de Badalona e o CDSolares “A”. Ás 12.15h será a quenda do CB Melillas e o BCA da Coruña. Pola tarde xogarán ás 17h o Real Madrid- R.G de Cultura Covadonga A de Xixón, e ás 19.15h o Mislata G Leopardi e a Fundación Baskonia.

            Mentres no vello pavillón de Tui o domingo ás 10h xogará o Blancos de Rueda de Valladolid e o Molina Basket de Molina de Segura, e ás 12.15h o Nostracon Granada fronte ao C.B L’Horta Godella A de Godella. Pola tarde ás 17h xogarán o Unicaja de Málaga e o San Cernín BNC A de Pamplona. Ás 19.15h será a quenda do Albacete Baloncesto Cinco Escuelas Pías e o Heidelberg das Palmas de Gran Canaria.

            Nos pavillóns do Porriño tamén haberá encontros nos mesmos horarios dos grupos D, H, F, e G.

 

Artestudio Teatro presenta “Contos no ar”

            Hoxe ás 20h  o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de “Contos no ar” da man da compañía Artestudio Teatro. Este espectáculo vai dirixido a público familiar a partir dos 5 anos.  Está dirixido e interpretado por Ramiro Neira.

 “Contos no ar” achéganos ata o fabuloso Mundo das Ideas  onde está o País dos contos.  Peter Hamelin Merlín, tamén coñecido por “TI”, viaxa ata alí onde se atopa con contos alegres e tristes, grandes e pequenos, divertidos e terroríficos... El atrápaos con grandes palabras e méteos en gaiolas para poder entregarllos aos nenos. Os cativos son quen de abrir esas gaiolas e liberar aos contos que sairán voando.

                As entradas para esta representación están á venda ata ás 13h na web www.culturatui.info ou esta tarde dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Concerto na Adega Cultura

            O Café- Bar Cultural Adega acolle ás once desta noite un concerto Juan Simón coa participación de Mariano Tiezzi.

 

Festas na honra á Virxe de Fátima en Areas

            A parroquia tudense de Areas celebra esta fin de semana festas na honra á Virxe de Fátima. Hoxe terán verbena con Palladium e Océano. Mañá ás 10h pasarrúas a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Ás 12.30h celebrarase misa solemne na honra á Vixe de Fátima e pola noite verbena coas orquestras Salsa Rosa e Panamá.

 

Xoves, 12 de maio de 2011    

Onte tivo lugar o II Encontro de Oficina de Emprego transfronteirizas

Onte celebrouse no Telecentro de Tui o II Encontro de Oficinas de Emprego Fronteirizas Galicia- Norte de Portugal. Foi inaugurado pola Directora Xeral de Formación e Colocación, Ana Mª Díaz López, do Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez, e do Delegado do Instituto do Emprego e Formaçao Profissional na Rexión Norte, Manuel Ramos.

A directora do Eures, Teresa Ventín, explicaba que o obxectivo deste encontro é posibilitar a interrelación e comunicación entre as oficinas de emprego de Galicia e Portugal, do mesmo xeito que existe esa relación entre os traballadores.

Por outra parte sinalaba que a actual crise económica deixouse notar tamén na mobilidade fronteiriza aínda que os datos son difíciles de cuantificar. Si existe un maior interese polas ofertas de emprego ao outro lado da fronteira. Amais produciuse un incremento no número de persoas portuguesas que traballaban en España e volveron inscribirse nas oficinas de emprego.

   

XL Campionato de España de Clubs Júnior Masculino de Baloncesto na fin de semana en Tui

Os Concellos de Porriño e Tui foron elixidos por primeira vez na historia para acoller a fase final do XL Campionato de España de Clubs Júnior Masculino de Baloncesto.

Entre os días 15 e 21 deste mes de maio, 32 equipos chegados de toda a xeografía española, disputarán no polideportivo municipal de Porriño e nos pavillóns deportivos municipais de Tui, esta competición que despois de dez anos celébrase de novo en Galicia.

Tui, como sede coorganizadora, albergará os días 15, 16 e 17 a primeira fase deste campionato, na que 16 dos 32 equipos participantes disputarán nos pavillóns municipais de Tui 24 partidos en xornadas de mañá e tarde.

Real Madrid, Unicaja de Málaga, Joventut de Badalona ou Fundación Baskonia, entre outros, ofrecerán un gran espectáculo nas tres apasionantes xornadas que se vivirán no noso Concello.

Os equipos que xogarán en Tui son:

            Grupo A

1.      Unicaja de Málaga

2.      San Cernin BCN

3.      Albacete Baloncesto Cinco Escuelas Pías

4.      Canarias Basketball Academy

Grupo B

1.      Joventut de Badalona

2.      CB Solares

3.      CB Melilla Baloncesto

4.      BCA Coruña

Grupo C

1.      Real Madrid

2.      R.G. Cultura Covadonga

3.      Mislata G. Leopardo

4.      Fundación Baskonia

Grupo E

1.      Blancos de Rueda

2.      Molina Basquet 93

3.      Nostracom Granada

4.      CB L´Horta Godella

 

Carme Verde, nº2 do BNG “o turismo ten que ser un dos motores do desenvolvemento de Tui

Carme Verde é a nº2 do Bloque Nacionalista Galego en Tui. Onte estivo na RMT dentro da rolda de entrevistas que se está a manter cos candidatos. Nesa conversa explicou que no eido cultural propoñen a creación dun Consello asesor da cultura formado por persoas implicadas neste ámbito e tamén con representación dos centros culturais das parroquias. Por outra parte apostan por incidir na recuperación, estudo e posta en valor de todas as manifestacións de danza, teatro, grupos de gaitas potenciando as xa existentes. Tamén dende o BNG inclúen no seu programa a posta en valor do patrimonio histórico e cultural existente así coma potenciar o Camiño de Santiago e resaltar a posición de Tui entre a cultura galega e a portuguesa.

En deporte a primeira actuación para os nacionalistas será corrixir a desfeita que no seu parecer se fixo nas instalacións deportivas da Macoca, ao que suman o solicitar da Xunta que se faga cargo do mantemento e funcionamento do Centro Interfederado de Remo e Piraguismo. Amais propoñen a creación dunha piscina municipal climatiza cuberta, e a habilitación de espazos para a práctica deportiva de skate, patinaxes, tenis...

Carme Verde expuña que no parecer do BNG o turismo ten que ser un dos motores do desenvolvemento de Tui, non entendendo coma polo momento non se teñen levando a cabo boas políticas neste eido no seu parecer. Para lograr que o turismo sexa un motor económico apostan por que Tui conten cunha boa oficina de turismo e por promocionar ao municipio en feiras de turismo. A isto suman a rehabilitación do casco histórico a partir do PECH para promovelo turísticamente xunto ao Parque Natural do Monte Aloia e o río Miño. Outras propostas son innovar facendo feiras e festas nestes espazos, e ruteiros tanto polo Aloia coma polas parroquias.

Amais optan por apoiar dende o Concello aquelas iniciativas empresariais relacionadas co turismo. Insisten na súa opinión de que o turismo ten que ser un dos motores que reactiven a economía municipal e do pequeno comercio.

Xa en Medio Ambiente as propostas nacionalistas xiran entorno a potenciación da agricultura ecolóxica e a declaración de Tui coma zona libre de transxénicos, por facer unha horta colectiva, e potencia a recollida selectiva e a compostaxe, e promover o aforro enerxético.

A nº2 do BNG sinalaba que en Educación no seu parecer se fixo unha mala política nos últimos anos, algo que dicía hai que corrixir sendo primordial para eles o mantemento dos centros educativos, do conservatorio e da escola da música e dos institutos.  Neste eido tamén propoñen potenciar os comedores escolares e os servizos de primeira hora nos centros para compaxinar a vida laboral e familiar.

Carme Verde sinalou que en Servizos Sociais son tres as prioridades básicas a escola infantil, o centro de día e o centro de saúde. Amais apostan por crear un Consello Municipal da  Muller, e promover un Plan de Igualdade que se articule en todas as áreas de goberno. Neste eido tamén propoñen atender axeitadamente ás mulleres que teñen problemas, crear un banco de tempo, loitar contra a pobreza e crear un banco de alimentos, así coma pola eliminación das barreiras arquitectónicas.

Xa por último en emprego explicaba a nº2 do BNG que hai que superar o que cualifican de “política nepotista do PP” e solicitar Escolas Obradoiro. Amais consideran que rehabilitar o casco histórico promoverá emprego, e apoiarán aos emprendedores.

 

O Colexio Rural Agrupado recibiu o Primeiro Premio Nacional de Bibliotecas Escolares

Teresa Domínguez directora e o resto do equipo directivo do  Colexio Rural Agrupado (CRA) "Mestra Clara Torres" de Tui recollía onte ao mediodía, o Primeiro Premio Nacional de Bibliotecas Escolares concedido polo Ministerio de Educación, o premios esta dotado con 15.000 euros que se investirán en diversas actuacións. O acto da entrega tivo lugar na sede da Biblioteca Nacional, en Madrid, e estivo presidido polo ministro de educación Angel Gabilondo

O premio foilles concedido por todas as accións desenvolvidas sobre todo por abrir o centro á cidadanía. A dotación económica do premio destinarase a que as actividades comunitarias entre elas a continuidade do Cineforum.

 

As peaxes lusas supuxeron un descenso do 22,4% no negocio industrial, téxtil e turístico

O presidentes das asociacións de empresarios de Pontevedra, e de Viana do Castelo e Aiminho, fixeron onte un corte simbólico da ponte internacional Tui-Valença ao tempo que ofrecían unha rolda de prensa na que daban datos das repercusións negativas que está a ter na Eurorrexión a implantación de peaxes nas autovías do norte luso. Segundo o exposto esta mañá o volume de negocio no sector industrial, téxtil e turístico baixou nun 22,4%, e a circulación na A-28 de Viana do Castelo a Porto descendeu nun 22% dende a implantación da peaxes hai sete meses. Isto consideran está a ter repercusións negativas na Eurorrexión e tamén na confianza dos cidadán á hora de viaxar pola zona.

Así o explicaban Jose Manuel Fernández Alvariño, presidente da CEP, Luís Novoa, vicepresidente da CEP, Luís Ceia presidente da Asociación Empresarial de Viana do castelo, e Antonio Marques, presidente da Asociación Empresarial do Minho,

Alvarinho expuxo que a implantación destas peaxes no norte luso quebrou o principio de mobilidade, algo que teñen denunciado hai meses ante Bruxelas, agardando que a resposta da Unión Europea chega antes do próximo mes de xuño.  Consideran, dicía o presidente da CEP, que este é un erro político e económico por parte do goberno portugués.

Pola súa parte Luís Cea indicaba que Viana é a gran prexudicada cun descenso no negocio en restauración e hostalería dun 50%, pero amais dicía que se xerou un clima de desconfianza entre os cidadáns. Explicaba que o descenso de tráfico na A3 é dun 8% mentres que entre Chaves e Verín, onde non hai peaxes, subiu o tráfico nun 18%.

O vicepresidente da CEP expuña que esta política de confusión coas peaxes pon trabas á libre circulación e supón un paso atrás na mobilidade entre os dous países.

José Manuel Fernández Alvariño insistía en que se quebrou o principio de mobilidade, e que as peaxes son un erro do goberno portugués  polo que agardan que o goberno que saída das urnas o próximo 5 de xuño teña maior sensibilidade con este tema. Apostaba amais por que exista uniformidade nas peaxes e nos sistemas de pago na Eurorrexión.

 

Excelente actuación do Remo do Miño en Coimbra e Porto

O Club Remo do Miño de Tui obtivo varias medallas na fin de semana na Regata Internacional Queima das Fitas de Coimbra e na Regata Internacional de Porto.

Na primeira destas competicións, a regata de Coimbra tiveron dous ouro, tre pratas e un bronce. Lograron o ouro o 4 scull cadete masculino formado por Diego das Dores, Xian Siaba, Alejandro  Hernandez  e Eduardo Ferreira.     Tamén medalla de ouro para o Catro Scullo absoluto masculino de Jorge Andre Carvalho, Alfonso Jose Riveiro, David Prada e Cristian Fernandez

            Mentres obtiveron a medalla de prata o Oito con cadete masculino de  Diego Das Dores, Samuel Cardoso, Xian Siaba, Santiago Cañas, Alejandro  Hernández, Adrian Alonso, Eduardo Ferreira, Javier Alvarez e coma timonel   Jenifer Das Dores. Tamén foron prata o Dous absoluto masculino de Isaac Prada e Miguel Martinez. Outra das medallas de prata chegou da man do Oito con absoluto masculino integrado por Andre Diz, Isaac Prada, Miguel Martinez, Javier Perez, Jorge Andre Carvalho, Alfonso Jose Riveiro, David Prada, Cristian Fernandez e coma timonel Jenifer Das Dores. Mentres Marta Cochón en 1x absouto feminino foi medalla de bronce.

Mentres na Regata Internacional de Porto o Remo do Miño fíxose con dous ouros e unha prata. A medalla de ouro foi para o Catro Scull absoluto masculino de Jorge Andre Carvalho, Alfonso Riveiro, DavidPrada e Cristian Fernandez, e para o Oito con cadete masculino de Diego Das Dores,  Xian Siaba, Eduardo Ferreira, Alejandro Hernandez, Samuel Cardoso, Santiago Cañas, Javier Alvarez, Adrian Alonso e coma temoneiro Jenifer Das Dores. Marta Cochon   en 1x absoluto femenino logrou a prata.

 

Hoxe recital poético no mes dos Libros

Dentro da programación do Mes dos Libros hoxe xoves, 12 de maio, ás 20.30h, ten lugar na Biblioteca Municipal un recital poético e musical entorno a figura de Lois Pereiro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas baixo o título de “Vento Lois”. É unha iniciativa que se realiza de xeito simultáneo en diversos lugares de Galicia. 

 

Educación e Sanidade presentan en Tui a nova Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a través das Xefaturas Territoriais de Educación e de Sanidade celebra hoxe xoves, en Tui, unha charla informativa dentro da rolda de conferencias que se están a desenrolar na provincia de Pontevedra para presentar á cidadanía a nova Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

A charla informativa terá lugar hoxe xoves, 12 de maio, no Salón de actos do IES San Paio de Tui ás 17 da tarde. A conferencia correrá a cargo dunha psicóloga do servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade, Josefa Rivero.

O obxectivo destas xornadas é trasladar a nova normativa, en vigor dende o pasado mes de marzo, ás familias do alumnado de tódolos centros educativos de educación secundaria obrigatoria (ESO) da provincia.

A través da enquisa de consumo de bebidas alcohólicas en Galicia que se realizou en 2008, detectouse que a idade media de inicio de consumo deste tipo de bebidas na comunidade autónoma é de 14,1 anos, con tendencia ao descenso. Tamén se desvelou que a motivación máis habitual para este consumo deriva da influencia social.

Por outro lado, as últimas evidencias científicas poñen de manifesto que a incorporación de condutas saudables necesita de dous tipos de actuacións: accións educativas e intervencións regulamentarias.

Estes feitos motivaron ao Parlamento de Galicia aprobar a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, que está en vigor xa dende o pasado 1 de marzo.

Dende Sanidade recórdase que as bebidas alcohólicas son substancias potencialmente aditivas, que gozan dunha grande aceptación social e de estatuto de legalidade no noso país, e o consumo abusivo é unha causa directa e decisiva de risco para a saúde.

As Consellerías de Sanidade e de Educación e Ordenación Universitaria consideran de especial interese dar a coñecer o contido desta normativa, sobre todo, nos aspectos que atinxen ao ámbito escolar e familiar, tendo en conta que a nova lei penaliza o consumo de alcohol nos menores de 18 anos e fai responsables ás nais e pais das infraccións que cometan os fillos.

 

Cruz Vermella anima ás familias  a participar como familias acolledoras. Hoxe ofrecerá información en Tui

Ata este domingo 15 de maio Cruz Vermella quere dar a coñecer o proxecto que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realiza a través de Cruz  Vermella, e no que a familia é o alicerce básico de intervención: o Acollemento familiar..

En concreto, hoxe xoves a Cruz Vermella no Baixo Miño terá unha mesa informativa na zona do mercadillo de Tui en horario de 11:00h a 13:00h na que un equipo de persoas voluntarias encargarase de ofrecer información  sobre as principais características do Acollemento Familiar.

O obxectivo desta actividade é divulgar o Proxecto de Acollemento Familiar que a entidade está a levar a cabo en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Ademais pretendemos resaltar a importancia que a familia ten no desenvolvemento integral dos menores, xa que é recoñecida universalmente como unha unidade básica da sociedade. A pesar dos moitos cambios sociais que alteraron os seus roles e funcións, a familia continúa sendo a estrutura natural para o apoio esencial emocional e material para o crecemento e benestar dos seus membros polo que Cruz Vermella Española vai celebrar ao longo da semana, o establecemento de puntos informativos nas localidades nas que se atopan as súas Asembleas Comarcais.

 

Presentación da Feira Artesanía e da do Libro en Tui

Este venres, 13 de maio, ás 11.30h no salón de plenos da Casa do Concello de Tui terá lugar a presentación da XV Feira de Artesanía e da XIV Feira do Libro Galego que se van celebrar en Tui na fin de semana e o próximo  martes respectivamente.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de Cultura de Tui,  Moisés Rodríguez, artesáns de Tui que participan na Feira de Artesanía, e as librarías Iris e Valverde que toman parte na Feira do Libro.

 

Aclaración de Alternativa Tudense

Ante la publicación ayer, miércoles, miércoles día 11 en un medio de comunicación escrito que “Capón propone subasta de montes comunales para cubrir necesidades en las parroquias”, y ante la posible manipulación de esta información en actos coincidentes en la actual campaña electoral, Alternativa Tudense desea dejar claro, ante una posible mala interpretación,  que esta formación se refiere al sobrante de terrenos y parcelas públicas propiedad del ayuntamiento y que figuran en el inventario de bienes.

 

Mercado Solidario inaugura a Feira de Artesanía, arroupado por empresas colaboradoras

Mercado Solidario reunirá en Tui aos representantes das súas seis asociacións e a responsables das empresas colaboradoras de Ascensores Enor, A Rosaleira, Hidromiño e Talaso Atlántico.

Este acto inaugura unha nova etapa de Mercado Solidario, ao contar por primeira vez con financiamento privado, permitindo a optimización dos seus recursos e unha maior cobertura na dotación de apoios a persoas con discapacidade, coa mellora da calidade de vida e normalización deste colectivo.

Pola súa banda, representantes de Mercado Solidario, sinalaron que “este acto supón unha forma de agradecer a colaboración que estas entidades prestan a Mercado Solidario, nunha cita que servirá tamén de convivencia e de punto de encontro”, resaltaron.

Este acto terá lugar ás 12:30 horas na carpa que Mercado Solidario ten instalada na Praza Inmaculada, fronte aos xulgados de Tui.

Asistirán autoridades do Concello de Tui e  representantes das catro entidades colaboradoras e das seis asociacións integrantes de Mercado Solidario.
Mercado Solidario

Mercado Solidario, creado como espazo de encontro de seis asociacións do mundo da discapacidade, (Accesca, Alento, Avelaíña, Cogami Mos, San Xerome e Vontade) nace da necesitade compartida destas asociacións, para intercambiar experiencias, achegar ás familias, e dar a coñecer e fomentar as capacidades por medio da venda e exposición dos produtos artesanais, elaborados polos usuarios.

Está presente nas feiras e eventos máis importantes da zona sur de Pontevedra. Desde o 14 de maio atópase en Tui, coincidindo coa Feira de Artesanía desta localidade.

 

Mércores, 11 de maio de 2011   

Rolda de prensa das asociación de empresarios galegas e portuguesas pola perda de competitividade consecuencia das peaxes lusas

Hoxe mércores ás 12.30h na ponte internacional Tui-Valença os presidentes das asociacións empresariais de Pontevedra e o norte de Portugal darán unha rolda de prensa para denunciar a perda de competitividade e a violación do principio europeo de mobilidade, causados pola implantación de peaxes nas autovías do norte de Portugal.

Os efectos negativos da medida, que entrou en vigor o 15 de outubro do ano pasado, confirmáronse, minguando o volume de negocio na Eurorrexión, cando están a piques de cumprirse sete meses desde a súa entrada en vigor.

Comparecen ante os medios José Manuel Fernández Alvariño, Presidente da CEP, Luís Ceia, Presidente de la Associaçao Empresarial de Viana Do Castelo( AEVC), eAntónio Márques, Presidente da Associaçao Empresarial de Minho (AIMinho)

 

Consulado móbil de Colombia en Vigo

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa que o Consulado Xeral de Colombia en Madrid realizará os próximos 12,13 e 14 de maio un CONSULADO MÓBIL A VIGO, no que se adiantarán trámites de pasaportes, autorización de saída de menores, poderes, antecedentes penais, rexistros de nacemento, inscricións consulares, certificacións e cédulas.

O horario de atención ao público serán de 9 a 15h no Edificio Municipal do Areal na Rúa Oporto, 1.

Para máis información poderán dirixirse á Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados sita no propio concello en horario de 9:00 a 14:00, ou visitar a páxina web do Consulado Xeral de Colombia en Madrid www.consuladoenmadrid-es.gov.co

 

Jose Luís Maciñeiras, nº2 do PSOE “temos un proxecto a medio longo prazo cuxo obxectivo é volver colocar Tui á cabeza da comarca”

José Luís Maciñeiras é o nº2 do Partido Socialista en Tui. Onte estivo no programa Día a Día da RMT dentro das conversas que se están a manter co gallo das eleccións municipais do 22 de maio.

José Luís Maciñeiras comezou a súa intervención falando de cultura, un ámbito no que destacou a importancia do patrimonio cultural e histórico da cidade que no seu parecer hai que fomentar, protexer e dinamizar. Aposta porque este pode ser o motor do cambio co gran potencial que ten no sector turístico.

Outras propostas concretas no ámbito cultural son potencial o conservatorio de Grao Medio de Tui mellorando a situación laboral dos traballadores e tamén as infraestruturas, ofrecer unha mellor oferta musical con evento que se poden realizar no conxunto histórico para potenciar tamén esta zona da cidade, rehabilitar o Teatro Principal para crear un auditorio de música e instalacións complementarias do Conservatorio. Por outra parte Maciñeiras criticaba que no seu parecer nestes anos produciuse un despilfarro en cultura en Tui e aposta por dinamizar a actividade das parroquias.

En deporte explicaba que en Tui hai grandes deportistas que hai que seguir fomentando, para o que propoñen a creación de máis escolas deportivas e a dinamización do deporte dende a base. Tamén propoñen crear un zona multiusos de deporte e lecer no Seixal por debaixo do Parador.

Para Jose Luís Maciñeiras en educación a prioridade é facer un novo colexio en Pazos de Reis, e propoñen tamén adquirir a finca lindeira ao CEIP nº1 para ampliar as instalacións do centro. Outras propostas son manter unha comunicación directa entre o Concello e as direccións dos centros escolares,  recuperar a figura do bedel para realizar tarefas de mantemento e tamén para controlar os accesos ao centro.

Xa en Servizos Sociais o nº2 do PSOE explicaba que tres son as carencias básicas do municipio o novo centro de saúde, a escola infantil e o un centro de día. Do primeiro, o centro de saúde, dicía que hai que pedir que se constrúa canto antes, que sexa público e que teña as mellores condicións. Coma solución intermedia mentres non se constrúe propón solicitar consultas de tarde no actual centro, que sexa dotado dun pediatra máis e dun fisioterapeuta máis, e construír un ximnasio para rehabilitación no aparcamento traseiro que apenas se usa. Sobre a Escola Infantil e o Centro de Día indicaba que son “fundamentais nestes momentos”, e propón tamén a posta en marcha do programa “Xantar na casa”.

Para o nº2 do PSOE o principal problema que ten Tui é a clase política que leva 20 anos sen facer nada e prometendo as mesmas cousas segundo explicaba.  A isto engadía a falta de emprego polo que apostan por potenciar o turismo, e por último completan esa lista de principais problemas os sociosanitarios con grandes déficit en infraestruturas.

Sobre o futuro de Tui José Luis Maciñeiras indicaba que o PSOE ten un proxecto a medio longo prazo cuxo obxectivo é volver colocar Tui á cabeza da comarca, e que a cidade volva ser un referente no sur de Pontevedra.

 

O grupo La Comandancia presenta este sábado o seu traballo discográfico

O grupo La Comandancia vai ofrecer este sábado un concerto en La Fábrica de Tui ás dez da noite para presentar o seu primeiro traballo de estudo que fan titulado “Puro son miñoto”, e ao tempo celebrar o feito de ter gañado o concurso Novo Son da Radio Galega.

O premio que veñen de gañar do favorito do público conleva a gravación dun disco. Amais hoxe queda por coñecer o premio do xurado consistente nunha xira.

O ano pasado quedaran xa cuarto neste concurso.  A música que fan defínena coma son miñoto.

 

O BNG presenta en Ribadelouro as súas propostas de goberno 

O pasado luns, o BNG presentou en Ribadelouro as  propostas de goberno que ten para o concello de  Tui  e para a parroquia de Ribadelouro. Xosé Martinez Tato, responsable local do BNG, presentou o acto cedendo deseguido a palabra á candidata pola parroquia Ana Belén Sanjurjo Lorenzo que explicou o seu compromiso con Ribadelouro. Seguidamente falou Marga Romero,  numero catro da candidatura por Tui, e vinculada por motivos familiares coa parroquia. Marga queixouse do abandono que sufre o patrimonio de Ribadelouro por parte do concello, en especial a ponte das febres e o camiño de Santiago.

O candidato á Alcaldia Laureano Alonso iniciou a súa intervención explicando os graves problemas que vai a supor para a parroquia a aprobación do Plan Xeral de Ordenación, que afoga o nucleo da Magdalena cun poligono industrial que non permitirá o desenvolvemento de Ribadelouro. Continuou explicando aos veciños cales son as propostas e iniciativas do BNG para esta parroquia. O numeroso público asistente interesouse especialmente polo Plan Xeral recentemente aprobado e as dificultades que lle vai a supoñer a súa parroquia o seu desenvolvemento.

 

Actos Alternativa Tudense para esta semana

Jueves 12 – 21.00

Mitin en el Centro cultural de Baldráns

Viernes 13 – 21.00

Mitin en el Centro cultural de Caldelas

(frente a la estación)

Sábado 14 – 21.00

Mitin en el Restaurante Cruceiro do Monte de Randufe

Domingo 15 – 11.45

Mitin en la Escuela de Malvas

Domingo 15 – 20.30

Mitin en el Centro cultural de Rebordans

 

Martes, 10 de maio de 2011   

El Club Náutico San Telmo convoca curso de patrón de embarcaciones de recreo

El Club Náutico San Telmo, convoca un curso de patrón de embarcaciones de recreo (PNB y PER), que comenzará cuando se cubra el cupo de alumnos. Las clases serán en fin de semana.

Para más información puede llamarse al teléfono 986 60 24 64 en horario de 9.30 a 13.30 y de 16.00 a 20.00 horas de lunes a viernes.

     

A exposición pública o Inventario de Bens do Concello de Tui

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOP, recolleu un edito do Concello de Tui polo que se dá conta da aprobación inicial do Inventario Xeral de Bens e do patrimonio municipal do Solo do Concello de Tui, no pleno do pasado mes de marzo. O inventario sométese agora a exposición pública durante un período de catro meses contados a partir de hoxe tanto na Casa do Concello como na páxina web www.concellotui.org.

Nese prazo os interesados poden examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas no rexistro de entrada.

 

María Fernández, nº2 de AtT “se non hai maioría absoluta non negociaremos con partidos que teñan nas súas filas tránsfugas ou corruptos”

María Fernández é a número 2 de Alternativa Tudense. Estivo onte na Radio Municipal de Tui dentro das entrevistas que se realizan en campaña electoral. Comezaba falando de Cultura un ámbito no que propoñen a creación dun Consello Cultural Municipal no que estean representadas todas as asociacións culturais. Fan unha aposta clara pola cultura activa.

En Cultura tamén propoñen dende Alternativa Tudense coma a ampliación do horario da biblioteca dotándoa dos recursos humanos precisos, fomentar o uso da alameda e do Paseo Fluvial con evento e coa concesión de uso nestes lugares de chiringuitos. Tamén propoñen que as festas de San Telmo sexan organizadas dende o Concello, e que o pregoeiro das mesmas sexa designado polo pleno da corporación.

Xa no ámbito deportivo indicaba que polo que levan visto estes días hai unha demanda no mantemento dos pavillóns. Tamén apostan pola finalización das instalacións do club Penedo e pola creación dun padroado municipal no que estean presente todos os clubs deportivos do municipio. Outras cuestións son a mellora das escolas deportivas de base, e iniciar as negociacións co IES San Paio para manter e usar o campo de fútbol do centro.

En Educación as prioridades para Alternativa Tudense son por unha parte a construción dun novo centro escolar na Finca da Lagarteira, e a creación dunha rede de garderías no municipio.

Por outra parte explicaba María Rodríguez que en materia de emprego hai que potenciar as Escolas Obradoiro solicitándoas, e promocionar a agricultura ecolóxica, contemplando amais un Tui libre de transxénicos. En Vivenda apostan pola rehabilitación das vivendas en estado ruinoso tanto no casco histórico como no rural.

No caso de chegar ao goberno explicaba a nº2 de Alternativa Tudense que as primeiras accións sería continuar coa tramitación do PECH e do Inventario de Bens. Pero amais prestarían especial atención ao día a día coma a limpeza viaria en todo o municipio, e levar a cabo unha reforma administrativa no concello para prestar un bo servizo ao cidadán.

Si o próximo 22 de maio ningún partido obtén a maioría absoluta en principio Alternativa Tudense podería negociar con todos para formar goberno, salvo con aqueles que nas súas filas teñen tránsfugas ou corruptos, así o deixaron por escrito nun documento que todos os membros da candidatura asinaron o pasado día 5.

 

Programación “Mes dos libros” comeza hoxe con Tanxarina

Hoxe martes comeza a programación do Mes do Libros organizada pola Biblioteca Municipal de Tui por quinto ano consecutivo. Vaise desenvolver neste mes de maio e en xuño con monicreques, presentación de libros, recitais poéticos, representacións teatrais entre outros eventos.

O programa foi presentado onte polo Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez, e o Director da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela.

Rafael Sánchez Bargiela explicaba que o obxectivo desta actividade é a promoción da lectura con distinta actividades para distintas idades.

Pola súa parte Moisés Rodríguez destacaba o importante esforzo do seu departamento ao través da biblioteca pola promoción da lectura pública, ao tempo que gababa o traballo realizado que ten merecido nos últimos cinco anos un dos premios María Moliner, indicando que é froito dun traballo serio e constante ao longo do ano. Destacaba o responsable de Cultura a variedade da programación que se vai desenvolver.

A primeira actividade terá lugar hoxe martes ás 18.30h na Biblioteca coa representación da obra “Timoteo” da man de Títeres Tanxarina.  Este xoves, 12 de maio, ás 20.30h, tamén na Biblioteca Municipal, haberá un recital póetico e musical entorno a figura de Lois Pereiro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas baixo o título de “Vento Lois”. É unha iniciativa que se realiza de xeito simultáneo en diversos lugares de Galicia. 

Xa o próximo luns, 16 de maio, ás 20.30h a Sala Félix Rodríguez acollerá a presentación do libro de Antonio García Rivas “Galicia nas ondas”. O martes 17 a biblioteca organiza a XIX Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira. Xa o xoves 26 ás 18.30h na Biblioteca Fantoches Baj presenta “Contos do demo”.

Na programación deste Mes dos Libros inclúese tamén dúas representación teatrais que terán lugar no teatro pola súa temática literaria, será este venres 13 “Contos no ar” de Artestudio Teatro, e “Memorias dun neno labrego” de Abrapalabra Creacións Escénicas o venres 20.

O programa remata no mes de xuño os días 24 e 25 coa conmemoración da celebración en Tui dos primeiros Xogos Florais de Galicia en galego.  O venres 24 haberá un recital poética na Igrexa de Santo Domingo no que está xa confirmada a presenza de Xosé Neira Vilas, e o sábado 25 recuperarase o Banquete dos Xogos Florais no Parador de Turismo.

 

Debate electoral o domingo en Areas

A Asociación de Veciños “Monte do Seo” de Areas organiza este domingo, ás 18h, un debate electoral cos candidatos á alcaldía de Tui no Centro Cultural Seixos Albos.

O debate estará dividido en dúas partes a primeira sobre as propostas referidas á parroquia de Areas, e a segunda sobre propostas xerais do concello.

Monte do Seo convidou a participar no debate aos candidatos á alcaldía dos seis partidos que se presentan en Tui, así coma os candidatos incluídos nas listas representando á parroquia de Areas.

Explican os organizadores que o público será o protagonista polo que convidan a acudir ao debate.

 

Calendario dos mítines do BNG en Tui

 

LUNS

9

MARTES

10

MÉRCORES

11

XOVES

12

VENRES

13

SÁB

14

DOMINGO

15

RIBADE-LOURO

Centro cultural

 

 

 

 

21:00

BALDRÁNS

 

Centro cultural Val de Flores

 

 

 

 

21:00

NA RADIO 

Carme Verde

10:00

 

PEXE-GUEIRO

C. cultural

 

21:00

RANDUFE

 

Bar Pancho

 

 

 

 

 

21:00

AREAS

 

Centro cultural Seixos Albos

 

 

21:00

 

 

 

REBORDÁNS

12:30. C. cultural  San Fins

DEBATE PÚBLICO AREAS

18:00 CENTRO CULTURAL:

Xan Nogueira e Laureano Alonso

CALDELAS

Centro cultural da Insua

 

21:00

16

 

MITIN CENTRAL

 

Con Bieito Lobeira

 

Tui Centro

Sala Félix

 

21:00

17

 

GUILLAREI

Centro social Comunidade de Montes

 

 

21:00

18

 

NA RADIO 

LAUREANO ALONSO 10:00

 

NA RADIO 

DEBATE ENTRE Nº 1

 

21:00

19

 

DEBATE PÚBLICO ENTRE Nº 1

Por confirmar lugar

 

 

 

20:30

20

 

 

 

 

 

 

21

 

 

22

 

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

 

 

Miguel Capón este domingo en Areas y Guillarei insistió: Alternativa Tudense es el centro y otros la derecha

Presentó el primer acto Roberto Iglesias manifestando que Alternativa Tudense es un partido creado para gobernar con un gran líder al frente y acompañado de un equipo sólido.

La primera intervención en Areas correspondió a Margarita Patricio González, representante de la parroquia, quien manifestó “no vengo aquí a hacer falsas promesas pero si a comprometerme en que seré la portavoz y puente de unión de todos vosotros con el ayuntamiento”.

Le siguió Patricia Ricón demostrando con su discurso  que goza de gran experiencia en la política municipal.

También intervinieron Telmo González y María Fernández, números 3 y 2 de la lista quienes reivindicaron más ayudas a las asociaciones culturales y fomentar la participación de las mismas en la cultura municipal para que sean estas “un vivero de nuevos talentos”.

Miguel Capón hizo un llamamiento a los vecinos y representantes de las comunidades de montes sobre la importancia que tiene el inventario de bienes en el concello de Tui, e insistió que los terrenos en cuestión deberían ir a una subasta pública para que el resultante se revierta en cubrir las necesidades de cada una de las parroquias del municipio. También ironizó sobre las acusaciones que está haciendo el PP en los primeros días de campaña hacia Alternativa Tudense, y los responsabilizó del “atranco” del plan xeral durante 13 años. “Alternativa Tudense es el centro y otros la derecha” y les recordó que fueron dos conselleiros de su propio partido -uno de ellos el Sr. Feijoo- ;  y otro del gobierno bipartito de la Xunta, con quienes se lo paralizó en tres ocasiones.

 

Luns, 9 de maio de 2011   

Miguel Ángel Capón vaticina en Pexegueiro que no habrá mayoría absoluta

Alternativa Tudense inició los mítines de campaña en la parroquia de Pexegueiro. En primer lugar intervino un emocionado José Luís Martínez Mourón, quién denunció que los vecinos están hartos del abuso de promesas recibidos en las últimas legislaturas por parte del actual gobierno municipal como el saneamiento, un nuevo cementerio o un pabellón; y “en vez de un pabellón tenemos un galpón para almacenar material del concello”. Tras la intervención de Patricia Ricón, María Fernández y Telmo González tomó la palabra el candidato a la alcaldía de Tui Miguel Ángel Capón, quien vaticinó que “no habrá ninguna mayoría absoluta”.

 

Sábado, 7 de maio de 2011   

Festa da Nai en Rebordáns

            O Centro Cultural San Fins acolle hoxe sábado a Festa da Nai. O programa previsto comeza ás nove da noite coa apertura da exposición dos traballos feitos nos cursos do Centro Cultural. Logo ás dez actuará o grupo de teatro “A Insua” de Caldelas coa obra “A carreira do Manoel” e o grupo de Playbacks San Fins. Haberá agasallos para todas as nais asistentes. Organiza o Centro Cultural San Fins.

 

Festival do día da Nai en Randufe

A Asociación Cultural Xuntanza celebra mañá domingo a partir das seis da tarde o Festival do Día da Nai. No mesmo terán a actuación dos grupos de baile dos pequenos e das nais de Xuntanza, e dos grupos dos cursos de percusión e gaita e de acordeón. Amais terán xogos as nais con premios.

 

III Festa do Chourizo en Caldelas

A ribeira de Caldelas acolle mañá domingo a partir das dez da mañá e durante todo o día a III Festa do Chourizo organizada pola Comisión de Festas Virxe da Rocha 2011.  Amais da degustación deste produto terán a actuación do grupo de gaitas “Os da vella escola” de Caldelas, e pola noite actuación dunha orquestra.

  

Jose Antonio Quiroga, nº3 de CXXI, di que “non ter un PECH aprobado é síntoma de que o patrimonio de Tui non se aprecia”

A Radio Municipal de Tui comezou onte a rolda de entrevistas cos candidatos á Alcaldía de Tui.

Onte venres correspondíalle o turno á nº2 de CXXI Eugenia Rey Castillo, que por motivo laborais non puido estar en directo na nosa sintonía polo que foi substituída polo nº3 da candidatura, Jose Antonio Quiroga.

Quiroga comeza falando de Cultura onde criticaba a gran dotación económica para a Area Panorámica mentres no seu parecer as casas culturais das parroquias están desatendidas. Indica que a actividade do teatro municipal está ben pero está sobredimensionada.  Cre que si somos referente cultural superando a outras cidades de Galicia na súa opinión é porque os outros saben mellor a onde destinar os cartos, e menos á fachenda, indicando que isto está programado con catro anos de antelación para a promocionar ao actual candidato do PP.  Apostaba por outras actividades coma o cineforum onde hai maior participación no debate, e por darlle maior atención ao casco histórico

Tamén aposta por sinalizar e manter o camiño de Santiago, e rehabilitar o Teatro Principal, e preocuparse polo valores etnográficos do rural, dotar de máis medios ao conservatorio de Tui

Xa no aspecto turístico dicía que hai que promocionar os atractivos da cidade coma o casco  histórico, o río Miño e o P.N. do Monte Aloia en certa medida. Sobre o casco histórico non entende porque a redacción do PECH leva tantos anos bloqueda. Por outra parte dicía que hai que contratar un equipo profesional que sexa quen dea as directrices do que hai que facer en materia turística.  Mentres en Medio Ambiente indicaba que hai que prestar atención ás ribeiras do Miño, e no rural dicía que hai moitos espazos de interese e encanto que hai que coidar.  En Educación apuntaba que hai que ser dilixentes, atentos, e coidadosos coas necesidades dos colexios. En Servizos Sociais as prioridades de CXXI son a gardería, o centro de día, e atención ás persoas.

Por último sobre o urbanismo dicía que é un instrumento que vertebra e establece os parámetros de desenvolvemento futuro. Nese senso no seu parecer o PXOM aprobado recentemente non ten previstos determinados espazos para oficinas públicas, recinto de festas, espazos de convivencia...

Mentres concluía informando que ao non ter un PECH aprobado é síntoma de que o patrimonio de Tui non se aprecia, cando é a seña de identidade de Tui.

 

Unha muller de 65 anos atendida por inhalación de fume tras sufrir un incendio na súa casa

Ás dúas menos cuarto da tarde de onte produciuse un incendio nun piso no nº 107 da Avenida da Concordia. O lume orixinouse na parte traseira dun frigorífico. Coma consecuencia do  mesmo e debido a gran inhalación de fume unha muller de 65 anos que vivía no inmoble tivo que ser trasladada polo 061. O lume foi extinguido por un axente da Policía Local que se achegou ata o lugar. De todos os xeitos tamén estiveron no inmoble os Bombeiros do Porriño e a Garda Civil.

 

Play Prensa e Vídeo repartiu 10 mil euros nun rasca da ONCE

Play Prensa e Vídeo, na rúa Ourense de Tui, repartiu o xoves 10 mil euros correspondente a un premio dun rasca da ONCE “Pepita de Ouro”. Os agraciados foron unha familia de Tui.

 

Marina Cruces subcampioa galega de Sumillers

A tudense Marina Cruces da Viñoteca de García proclamouse o xoves subcampioa galega de Sumillers no  Concurso Galego de Sumillería celebrado no Pazo de Mugartegui en colaboración coa D.O. Rías Baixas.

O primeiro lugar, Campión de Galicia, foi para Tiales Leira, de Vigo que traballa na casa América en Madrid. O terceiro posto foi para Eva Pizarro, de Santiago, que traballa no Restaurante Acio

 

A Concellería de Cultura entrega un equipo informático aos centros culturais das parroquias

O pasado xoves 5 o alcalde de Tui e o concelleiro de Cultura, acompañados doutros membros do equipo de goberno, fixeron entrega dun equipo informático completo aos representantes dos once centros culturais das parroquias do municipio de Tui.

O concelleiro Moisés Rodríguez Pérez no decurso da súa intervención fixo referencia a que con este acto o goberno municipal cumpría un obxectivo marcado de promover a dinamización destes centros culturais das parroquias. Hai varios meses foi completada a instalación dunha rede wifi, realizada ao abeiro do Plan E, que posibilita que todos estes locais teñan acceso á rede Internet en condicións axeitadas, superando a chamada “fenda dixital” que afecta a moitas zonas rurais. Un segundo compromiso foi o de fornecer a estes centros dun equipo informático permanente para que os seus usuarios poidan acceder á rede.

Pola súa banda o alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, aproveitou o acto para agradecer persoalmente a todos os centros culturais e os seus equipos directivos a colaboración que, ao longo do seu mandato, atopou entre eles, e apostando porque con estes equipos informáticos estes locais de cada parroquia tudense amplíen a súa oferta de actividades aos seus veciños.

Deste xeito ao abeiro deste investimento o Concello de Tui a través da súa Concellería de Cultura promove a creación dunha rede de centros que fornecen acceso a internet gratuitamente aos veciños, independentemente da parroquia na que residan, favorecendo así o acceso en igualdade de todos os cidadáns ás novas tecnoloxías da información e a comunicación.

 

Presentación  da programación do Mes dos Libros

O próximo luns, 9 de maio, ás 12.30h no Telecentro de Tui, no primeiro andar da Área Panorámica, será presentada a programación do Mes dos Libros.

Comparecerán ante os medios o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e o director da Biblioteca Municipal, Rafael Sánchez Bargiela.

 

Venres, 6 de maio de 2011   

Cobertura informativa na Radio Municipal de Tui

        A Radio Municipal de Tui vai realizar unha programación especial para dar cobertura informativa ás eleccións municipais durante a campaña electoral que comezou ás doce desta noite.

        Cada día ás 10 da mañá vaise manter unha conversa cos candidatos á Alcaldía de Tui. Os primeiros en pasar polos estudos da RMT serán os número 2 de cada partido.  A quenda establecida é a seguinte.: hoxe, venres será a o turno da nº2 de CXXI, o próximo luns a nº2 de AtT, o martes o nº2 do PSdG, o mércores a nº2 do BNG, o xoves a nº2 de PGD e o venres o nº2 do PP.

        Na última semana de campaña do 16 ao 20 estarán na radio tudense os candidatos á Alcaldía de Tui polas seis formacións que concorren a estas eleccións. Os primeiros en participar serán os candidatos de Converxencia XXI, Carlos Vázquez Padín, e do Partido Galeguista Demócrata, José Prada, que intervirán o luns día 16 ás 10 e ás 10.30 respectivamente. O martes 17 será a quenda de Enrique Cabaleiro do PSdG cuxa intervención será ás 11h da mañá ao ser xornada festival. O mércores 18 intervirá o candidato do BNG Laureano Alonso ás 10h, o xoves 19 Miguel Capón Rey candidato de AtT intervirá tamén ás 10h, e por último o venres 20 intervirá Moisés Rodríguez candidato do PP ás 10h.

Amais destas entrevistas o mércores 18 ás 21h a Radio Municipal de Tui organiza un debate cos seis candidatos que se celebrará en directo nos estudos da emisora.

        Durante toda a campaña electoral a Radio Municipal de Tui informará dos mitins e actos políticos organizados polos partidos que concorren a estas eleccións en todo o Partido Xudicial de Tui sempre e cando estes partidos o fagan chegar directamente cun mínimo de 24 horas de antelación.

        Amais a xornada electoral, o 22 de maio, a Radio Municipal de Tui realizará unha programa especial  ao longo do día dando conta dos avances de participación e do desenvolvemento da xornada electoral, e a partir das oito da tarde iranse contando en directo os recontos das mesas electorais, e o avance de resultados na zona.

 

Este sábado 7 de maio, centos de persoas acudirán á Serra do Galiñeiro

        Clubs de escalada de toda Galicia,  España e Portugal, convocados pola Federación Galega de Escalada, celebran este ano na Serra do Galiñeiro o seu encontro anual, para demandar a súa protección. A cita terá lugar o sábado e agárdase que á mesma acudan máis de 300 escaladores profesionais que competirán nas modalidades de bloques e de vías dende as 9.30 da mañá ata as 8 da tarde.

        Dende as 11 da mañá ás 6 da tarde, os clubs Azimut, Faiscas, Montañeiros Celtas, Alud e Peña Trevinca farán de balde, sesións de iniciación á escalada para o público en xeral.

        Paralelamente, farase un roteiro naturalístico percorrendo a crista do Galiñeiro, camiñando por todo o cordal dende as 5 da tarde ata as 7.30, partindo do parque forestal de Vincios (Gondomar).

        Tamén pola mañá desénvolvese na parte baixa da Serra do Galiñeiro, ao igual que nos últimos anos, unha carreira de orientación organizada pola Universidade de Vigo que sae dos arredores do centro cultural de Vincios e que fará a entrega dos premios ao gañadores no auditorio deste centro.

        Haberá cea e festa pola noite.

 

Mitins en Tui

            Hoxe, primeiro día da campaña electoral, a meirande parte das formacións políticas que concorren a estas eleccións teñen xa programados diversos actos.

        En Tui o BNG inicia a campaña cun mitin ás 20.30h no local socia da Escola de Malvas, no que intervirán Laureano Alonso candidato á Alcaldía, e Andrés Domínguez, candidato por Malvas.  Mañá sábado o BNG celebrará unha cea mitin ás 21h no Parador de Tui. E o domingo ten dobre mitin o primeiro ás 12.30h no centro cultural de Pazos de Reis co intervención de Laureano Alonso e de Gumersindo González, candidato á Entidade Local Menor de Pazos de Reis, e o segundo ás 21h no centro cultural Laxes de Paramos onde amais de Laureano Alonso intervirá tamén Carmen Pérez candidata por Paramos.

        Alternativa Tudense inicia mañá sábado os seus actos de campaña cun mitin no centro cultural de Pexegueiro ás 20h.         O domingo ofrecerán un mitin ás 12.30h no centro cultural de Areas e ás 20h no centro multiusos de Guillarei.

        Converxencia XXI ten programado un mitin para este domingo ás nove da noite no centro cultural de Randufe.

 

Miguel Ángel Capón: “Alternativa Tudense será la lista más votada. Somos el único aval de transparencia y honradez que Tui necesita”

Tras una apretada precampaña el candidato a la Alcaldía de Tui por Alternativa Tudense se muestra convencido de que su formación va a ser la lista mas votada en estas elecciones municipales. “Somos el único aval de transparencia y honradez que Tui necesita”, manifiesta tras varias reuniones mantenidas en las últimas semanas con distintos colectivos y asociaciones, quienes le trasladaron el sentir general de la ciudadanía y que pone de manifiesto que lo que Tui necesita es un cambio de rumbo en sus políticas de bienestar y empleo. En definitiva abrir una ventana a crear esperanza de futuro a todos los vecinos, en estos momentos económicos tan duros y que no pueden soportar los despilfarros que se están llevando a cabo en las arcas municipales.

En esta nueva etapa vamos a facilitar las licencias para aperturas reduciendo los impuestos municipales a los nuevos emprendedores. Haremos un calendario de prioridades básicas como potenciar los suelos empresariales de Areas, Guillarei y Ribadelouro; gestionando la urbanización de los mismos para la implantación de nuevas industrias que generen puestos de trabajo. Estoy preparado y arropado por un magnifico grupo de  personas jóvenes y honestas, con un alto nivel de preparación. Sin duda alguna un lujo para el próximo gobierno municipal.

Espero una campaña limpia donde prime el respeto y el sentido común. Los votantes están hartos de falsas promesas y mensajes más propios de la ciencia ficción. En estos tiempos que corren es imprescindible escuchar a todo el mundo. Tui es un lugar maravilloso y aquí nos conocemos casi todos. Me considero una persona cercana, fui alcalde y llevo varios años en política municipal y me siento orgulloso de que nadie pueda decir que estoy aquí para beneficiarme”.

 

Xoves, 5 de maio de 2011   

Mañá terá lugar unha conferencia na aula da UNED de Tui co título “A importancia dos hábitos na práctica da actividade fisico-deportiva para todos”

Este venres, 6 de maio, terá lugar ás 19,00 horas no salón de actos da Aula da UNED de Tui (antigo convento de San Domingos) unha nova  conferencia do seu ciclo dedicada nesta oportunidade ao tema “A importancia dos hábitos na práctica da actividade físico-deportiva para todos” a cargo de Águeda Gutiérrez Sánchez, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

O interese pola práctica da actividade física é debido á transcendencia que adquire en diversos aspectos relacionados co desenvolvemento integral da persoa. É sabido que unha práctica constante e regular de actividade física aporta beneficios en todas as idades. Os obxectivos desta conferencia pódense centrar nos seguintes:

Entender a necesidade de instaurar e adoitar hábitos na actividade física e deportiva en todas as idades.

A problemática dunha poboación sedentaria no noso país e as súas consecuencias.

O aumento desmedido da obesidade na poboación española.

A limitada importancia que os pais danlle ás practicas físico-deportiva fronte a outras actividades extraescolares.

As idades máis apropiadas para instaurar os hábitos de actividade física, nunca é tarde

Este ciclo de conferencias tenta abordar aspectos da vida cotiá das persoas nas que todos precisamos adoitar novas ferramentas e novos conceptos para responder ás demandas do mundo actual.

O Concello de Tui que colabora activamente coa Aula Universitaria da UNED en Tui no desenvolvemento das súas actividades valora moi positivamente a realización deste ciclo de conferencias aberto ao público en xeral e que amosa o importante compromiso cidadá desta Aula ofertando unha actividade de difusión en materias de interese xeral.

As persoas interesadas en participar neste ciclo de conferencias e logo recibir unha certificación de asistencia poden solicitalo a través do seguinte enderezo de internet: http://www.extensionuned.es, buscando as actividade da Aula da UNED de Tui.

    As próximas conferencias serán:

Día

Ponente

Conferencia

6 mayo

Agueda Gutierrez

La importancia de los hábitos en la práctica de la actividad físico-deportiva para todos

27 mayo

Jorge Soto

¿Qué educación para que sociedad? Las TIC en la sociedad del conocimiento

 

Elefante Elegante presenta este venres “In” no Teatro Municipal de Tui

“In” é o título do espectáculo que este venres, a partir das 21.30h, a compañía Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui. 

 “In” é un espectáculo sensitivo e universal que indaga na representación contemporánea da figura humana. No mesmo danza e teatro van da man, para indagar en nós mesmos, no que se enfronta o que somos e o que parecemos. O punto de partida é unha voda na que se suceden sentimentos de hipocrisía, envexa, ciumes, luxuria,... tendo coma pano de fondo un pseudo ideal de beleza. “In” faranos pensar e disfrutar, faranos sentir e ollar doutro xeito a mestura que propón de danza e teatro todo nun, no que a linguaxe plástica fala con voz propia.

 “In” está escrito e dirixido por María Torres. O elenco está formado por Fredi Muíño, Ángela Blanco, Maria Torres, Gonçalo Guerreiro e Nuria Sotelo.

Elefante Elegante con sede na Coruña ten orixe galego-portugués. Foi creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existencias. O seu primeiro proxecto experimental, en 2000, foi “Teatro escondido” co que viaxaron durante sete anos entre Galicia, Bélxica e Portugal. Dende a súa creación teñen producido cinco espectáculos.

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 5€, e 3€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Mércores, 4 de maio de 2011   

A Oficina municipal de Atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui, de novo en funcionamento

A Concellería de Servizos Sociais, Educación e Muller do Concello de Tui conta dende onte coa Oficina Municipal de Atención a inmigrantes e emigrantes retornados. Este servizo, que se puxo en marcha dentro do Plan Municipal de Inmigración e Retorno aprobado o pasado ano, ten coma obxectivo desenvolver os primeiros procesos de acollida, información, orientación, atención e integración destes colectivos.

Dende a oficina infórmase sobre a situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a condición de inmigrante e emigrante retornado. Neste senso asesórase na tramitación de autorizacións de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos que este colectivo precise así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias, e os programas formativos e de orientación e inserción laboral ás que teñan dereito.

A Oficina atópase no propio Concello e ten un horario de atención ao público de 9:00 a 14:00, de luns a venres, a través de cita previa no teléfono 986603625 extensión 29 ou nas dependencias de Servizos Sociais.

 

Acto de Presentación da candidatura socialista ao Concello de Tui

O PSdeG-PSOE celebrará un acto público de presentación da súa candidatura ao Concello de Tui mañá, xoves, ás 21 horas no Salón de Actos do Hotel Colón de Tui.

O acto contará coas intervencións do Senador e Secretario de Organización do PSdeG-PSOE Pablo García, o número dous da candidatura José Luís Maciñeiras e pechará o mesmo o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Tui, Enrique Cabaleiro.

A candidatura está formada por vintecatro persoas, e están representadas na mesma as once parroquias do Concello de Tui, así coma tamén pola candidata a Entidade Menor de Pazos de Reis, Beatriz Bouzón.