PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

TALLER MECANICO

DE

D. MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

   

por José Antonio Uris Guisantes

  

seguinte

Portada do Reglamento que debía cumprir a empresa. Editado en 1939[1], segundo o  seu neto José Mª González Alonso, a quen debo agradecer a colaboración en infinidade de fotografías e datos de tódalas épocas… D. Manuel González González debeu de establecerse co Taller Mecánico na rúa Oliveira Salazar antes da guerra civil, recén chegada a II República, alá polo 1931 ou 1932.   

  

Na Guarda en 1948 o CENSO INDUSTRIAL, segundo a Delegación de Industria de Pontevedra, era:

 

Carpintería:  Domingo Carrero Álvarez, en Avda. Calvo Sotelo ( Porto da Guarda)

Carpintería: Buenaventura González Mirá, en Avda. Calvo Sotelo (Restaurante Gaviota).

Carpintería: Ricardo Rodríguez, en Plaza de España.

Carpintería: Remigio Vicente Conde, en c/ José Antonio.

Carpintería: Joaquín Castro Oliveira, c/ Concepción Arenal.

Carpintería: Antonio González Rodríguez, en Barrio Coruto.

Carpintería: Perfecto Sousa  Álvarez, en Barrio Coruto.

 

Cordelería: Joaquín Reinaldo Martínez, en c/ Concepción Arenal.

Cordelería: Joaquín Martínez Portela, c/ Concepción Arenal.

 

Fábrica de Quesos: Domingo Alfonso Martínez, de La Gándara.

 

Guarnicionería: Manuel González Portela, c/ Oliveira Salazar.

Guarnicionería: Manuel Álvarez Álvarez, en Barrio del Coruto.

Guarnicionería: Marcelino Portela Español, en Barrio del Coruto.

Guarnicionería: Generoso Pérez Veiga, en Barrio del Coruto.

 

Fábrica de Gaseosas: Alcides Alonso Sobrino, en c/ Oliveira Salazar.

Fábrica de Gaseosas: Serafín González Núñez, c/ José Antonio.

Fábrica de Gaseosa: José María Mariño Martínez.

 

Herrería: Jeremías Álvarez, c/ Concepción Arenal.

Herrería: José Sousa, c/ Concepción Arenal.

Herrería: Dionisio Vicente Domínguez.

Herrería: Luciano González, en La Proba.

Herrería: José González Álvarez, en Avda. Diego Antonio González Rodríguez. 

Horno de Cal: Serrerías del Miño SA, en Camposantos.

 

Imprenta: Francisco Moreno Álvarez, en La Guardia.

Imprenta: Prudencio Vicente Sobrino, en La Guardia.

Imprenta: Mariano Martínez Portela, c/ Oliveira Salazar.

 

Molino Harinero: Gumersindo González Álvarez, en Cumieira.

Molino Harinero: Gabriel Reyes González, en La Gándara.

Molino Harinero: Manuel Vicente Álvarez, en Pintán.

 

Panadería:: Viuda de Recaredo Rodríguez, en Avda. General Franco ( Hoxe rúa Galicia).

Panadería: Manuel Martínez Español, en Netos.

Panadería: Rafael Vicente Moreno, en c/ Joaquín Alonso.

Panadería: Casimiro Pereira, en c/ Calvario.

Panadería: José Lomba Lomba, en c/ Colón.

Panadería: Ramón Lomba Camiña, en c/ Colón.

Panadería: Antonio Martínez Suárez, en c/ Concepción Arenal.

Panadería: Antonio Vicente Morales, en La Proba.

Panadería: Agustina Álvarez Viuda de Coedo, en c/ Concepción Arenal.

 

Taller Mecánico: Manuel González González en c/ Oliveira Salazar.

Taller Mecánico: Juan Santos Rabelo en c/ Puerto Rico.

Taller Mecánico: Valentín Peniza en c/ Concepción Arenal.

 

 Neste mesmo ano de 1948[2] o Concello recibe un escrito deste tenor:

 

 

 […] Como Presidente de Honor de la Comisión encargada de allegar fondos para la adquisición de una imagen de la Virgen de los Desamparados, que esta provincia ofrecerá a la Excma. Sra. Dª Eva Duarte de Perón, en testimonio del agradecimiento y afecto que se profesa a dicha dama, dirijo a todos los Alcaldes de la provincia con el ruego de que patrocinen la aportación de Corporaciones y particulares a tan simpático fin…

 

O Concello Sesión do 16 de setembro acorda conceder 100 pesetas, Non sabemos canto deron as empresa citadas…

  

                                                ---------------------------

 

D. Manuel González González Instalou o taller mecánico a finais de 1931 o comezos de 1932 na rúa Oliveira Salazar, fabricando toda clase de pezas para motores e aparatos, graxas-aceites, soldadura, fundición, cerraxería etc. Non sei se tamén fabricou estopíns na guerra civil o igual que outros talleres da Guarda.

 

Digo isto porque atopei un escrito de D. Florindo Rodríguez Álvarez, Director Xerente da empresa Florindo Rodríguez S. en C[3], onde o empresario pon en coñocemento do Sr. Alcalde que o día 27 de maio as 11 h. se lesionou,

 

 […] el mecánico Manuel González y González de 42 años… desmontando una pieza de maquinaria… se acompaña parte facultativo… manifestando a Vd., hacerme cargo de la responsabilidad que por Ley me corresponda…

 

Escrito do Xerente da empresa ao  Alcalde.

 

Parte médico de D. Pacífico Rodríguez Rodríguez “O médico dos pobres”.

 

Lesions: […] fractura del muslo izquierdo en su tercio inferior, sin esquirlas y cerrada; otra fractura del maleolo tibial de la pierna derecha con dislocación… El patrono ha decidido enviarlo al Sanatorio Marescot…

 

Creo lembrar ver a D. Manuel coxear dunha perna… sería a consecuencia dese accidente?.

 

E neste seguinte folleto vemos a data de 1933, polo tanto presumo que entre finais do 31, comezos do 32, Manuel González González fundou Nuevo Garage.

 

 

Escrito dirixido a Brasilino Álvarez Sobrino (concelleiro delegado), para sumarse aos demais industriais e comerciantes da estrada real a Tui, logo rúa de Oliveira Salazar,  co obxeto de contribuír co Concello na construcción das beirarrúas

 

Escrito do Xerente da empresa ao  Alcalde

 

Tamén D. Florindo Rodríguez Álvarez súmase á construcción de beirarrúas. Pero “fino como un allo”, …[…] con la diferencia que existe en los recibos pendientes de pago[4]

 

Estopíns de 1900. Fotografía de D. Domingo de www.militaria.es

   

O Neto de D. Manuel González González, José Mª González Alonso, remesoume estas facturas que demostran que NUEVO GARAGE fabricou nos primeiros anos da guerra SOPINS para o Exército.

 

 

A Imprenta do semanario PRESENTE - Semanario Defensor de la Patria - sita na rúa Ezequiel Ordóñez nº 18 era a do antigo semanario HERALDO GUARDÉS, mais os talleres da imprenta GUTEMBERG de D. José Darse Sobrino, cuia viúva Dona Virginia Barbosa Fernández vendeu en 1936 a D. Francisco Antonio Moreno Álvarez "Paco Moreno".

 

Tamén Transportes Lomba (7 xullo 1937) levaba stopíns e outros artigos fabricados en NUEVO GARAGE para o Exército, así como Enrique Sobrino Alonso transportaba os mesmos artigos con "chaufer" do empresario de transportes, taller de xastrería, fábrica de gasosas etc. D. Serafín González Núñez.

 

As Caixas da empresa SOUSA debían ser para embalar os stopins. porque tamén fabricaban ataúdes, pero valián mais, polo tanto debía ser caixas de madeira para poder embalar ben os stopins.

 

Fronte ao taller instala unha bomba de gasolina de 80 octanos, manual, manexada con unha panca que bombeaba a gasolina dende un tanque sito debaixo da beirarrúas a dous depósitos de vidro cunha capacidade de 5 litros cada un, situados na parte superior da bomba, mentres se enchía un, o outro  baleirábade por gravidade, debendo abrir previamente, unha válvula con unha panca horizontal debaixo dos depósitos, a válvula abría un depósito o mesmo tempo que pechaban o outro.

 

 

 

Bomba de gasolina manual ou de manivela, único surtidor que había na Guarda nos anos cincuenta, segundo a miña memoria.  Fronte a bomba estaba o Taller de D. Manuel González González. Esta rúa desde o Banco Pastor ata a rúa Brasil levaba o nome de calle de Antonio de Oliveira Salazar, anos mais tarde – falecido o dictador portugués – levou o nome de calle Pontevedra, hoxe Rúa Galicia.  Fotografía de José Mª González Alonso. 

 

As motocicletas levaban 5 litros de gasolina que había de baleirarse nunca xerra onde previamente debían engadir un botiño de aceite para facer a mezcla. Para os coches había que bombear varias veces a base de manivela co fin de poder encher 3 ou 4 veces os vasos de vidro da bomba.

 

 

 

Bomba de gasolina eléctrica aló polo 1967<>68. Obsérvese a xerra de cinc para facer a mezcla de aceite<>gasolina con que surtir as motocicletas. Daqueles anos sesenta<>setenta lembramos : Montesa, Lambretta, Vespa, Guzzi, Ossa, Bultaco, entre outras.

 

Lembramos cando no ano 1962 a 66 rodaban pola Guarda as Montesas[5] IMPALA[6] que pasaban a “toda pastilla”. Tamén recordamos ao “Kolea” con botas de montar na Impala; a Avelino “O Chepa” barman do Barquiño que se estrellou coa Impala do Kolea. Ao Menés, do Castro, cando entrou coa Impala polo escaparate do comercio La Esmeralda, a carón da Farmacia Vázquez onde eu traballaba. Ese día o Menés estaba examinándose para carné de moto, debido a que nos anos sesenta viñan dende Pontevedra a examinar aos futuros conductores na Xestoría de D. Julio Portela Gómez, sita na rúa Brasilino Álvarez, onde hoxe está Milenio.   

 

Montesa BRIO

 

Tamen creo lembrar a Manuel Vicente Álvarez “Fidel”, cando chegou de Venezuela. Parece que mercou una Montesa Impala, igual que o Kolea, e usaba botas de montar de pel para conducila. O modelo era Montesa BRIO de 50 c.c. e Montesa COTA, e creo que un anterior modelo Comando de 150 c.c. pero creo que foi antes en 1960 ou 61.

 

Montesa Impala de  175 c.c. de D. Miguel de Xirivella

 

Estas motos Impala tiveron unha grande aceptación, sendo o representante Laurindo o dono de AUTOMOTO. Neses anos A Guarda estaba pasando por un periodo económico bastante positivo porque estabamos en plena etapa do contrabando de cobre (zocata), café Sical, pezas de recambio, fío de cobre, améndoa, sosténs Mandynfor, pantalóns vaqueiros Lee, tabaco (nestes anos comezamos a fumar Chester na Guarda, e un longo etc). ¿Lémbranse o coche de liñaa de Saracho cando subía a costa de Nigrán que a penas podía ir en primeira debido a carga de “zocata” que levaban as mulleres nos chaleques especiais onde metían as láminas e o fío de cobre?.

 

seguinte

------------------------------------------------------------------

[1] Creo lembrar que o Reglamento Nacional data de 1938.

[2] Escrito do Gobernador Civil D. José Solís Ruiz.

[3] Sociedad en Comandita.

[4] Recibos de consumo eléctrico.

[5] A fábrica xordíu en Cataluña en 1944 da man de Pedro Permanyer e D. Fco. Bultó Marqués.

[6] Este modelo de gran éxito comercial xordiú en 1961. A Fábrica tiña nesta etapa 460 empregados e fabricaba 11.000 motos ano.

[7] Fábrica fundada en 1958 por D. Fco Bultó Marqués, antes socio en Montesa.