PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

TALLER MECANICO

DE

D. MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

   

por José Antonio Uris Guisantes

   anterior

Esta Guzzi de 49 c.c. era como as que tiñan D. José Reboredo e Lino González Rolle. http://motos.segundamano. Fixarse na panca que cito no artigo…

 

De motos GUZZI de 49 c.c., lembro ao médico de Tomiño D. José Reboredo Casas que tiraba do cable para facer o cambio da marcha porque xa non tiña a panca… a Lino González Rolle “Cholito” con outra Guzzi de 49 c.c.

Moto Guzzi de 1970 de http://motos.segundamano

                

Outra moto que circulou neses anos 60<>70 pola Guarda foi a BULTACO[7], lembro o modelo TRALLA, pero estas motos non tiveron continuación na Guarda, posiblemente por non ter un bo concesionario.

 

Bultaco  TRALLA. www.vintagebike.co.uk

 

 

 

Outro modelo de bomba de gasolina máis moderna,- O edificio do fondo é da familia de D. Manuel González González. Arriba á esquerda podemos ver parte do cartel do Bar Molina, hoxe Xamonería Anabel. Fotografía de José Mª González Alonso.

 

Escrito da Compañía Arrendataria do Monopolio de Petróleos S.A. (CAMPSA) sobre a situación dos dous surtidores de gasolina da Guarda. Un de Onésimo Rolán Montenegro e outro de Manuel González González

 

Cabeceira do impreso dos anos corenta, de facturación da empresa NUEVO GARAGE de D. Manuel González González. Folleto propiedade de José Mª González Alonso. Podemos comprobar a cantidade de productos e traballos que se facían nesta empresa.

 

Dentro do taller tiña unha bomba para bombealo gasoil mar BOWSER, mais grande ca de gasolina pero con un solo vaso de vidro – forrado dunha especie de rexilla -, de mais capacidade, tamen manual. Primeiro en chía o vado de vidro da bomba, logo se vaciaba por gravedade no bidón ou envase de transporte a domicilio ou para o barco de pesca, panadería, alumeado etc.

Bomba manual de gasoil para surtir os barcos, panaderías, particulares etc. Tamén era o único concesionario para venta pública de gasoil. Esta bomba estaba dentro do Taller de D. Manuel González González. Fotografía de José Mª González Alonso, neto de D. Manuel e fillo de Jesús González Puebla.

 

D. Manuel dispuña dun carro con bidón para poder levar o gasoil aos barcos ou panaderías.

 

Anos máis tarde chegaron as bombas de gasolina movidas por electricidade, ou automáticas, que dispuñan dunha palanca, por si fallaba o fluído electrico, para poder bombear a man. 

Tamén vendéa gasolina para pequenos motores, entre eles de 14 a 5 cabalos de forza.

Nestes anos seguía habendo Cupos. Propiedade de José Mª González Alonso.

 

O 9 de setembro de 1936 o    alcalde D. Nicolás Alonso Linares en vía o Oficio nº 525,

 

[…] Comunico a los industriales de este término municipal que se va a proceder a la incautación de todas las bolas de acero de 1/8 n, entre 3 a 4 mm, y el carbón de “cok” metalúrgico, depositándolo en sus propios establecimientos bajo relación jurada…

 

Industriales: Isaac González Costal; Juan santos de Garaje Santos; José Alonso Lomba; Nieves Franco; Alfredo Fernández; José Vicente Riego; Antolín Troncoso y Manuel González González de Nuevo Garaje.

 

FONTES: José María González Alonso

Arquivo Municipal da Guarda.

Arquito persoal.

anterior

-------------------------------------------------------------------------------------------------

[7] Fábrica fundada en 1958 por D. Fco Bultó Marqués, antes socio en Montesa.