PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

MARCIAL VILLA DÍAZ

seguinte

 

por José Antonio Uris Guisantes

Unha das  últimas fotografías de Marcial Villa Díaz facilitada por seu fillo Santi.

Comezo esta pequena semblanza de Marcial (Marcialiño para o pobo) cunha cita de Jean Giono,

                                      [...] “Si uno quiere descubrir cualidades realmente excepcionales en el carácter de un ser humano, debe tener el tiempo o la oportunidad de observar su comportamiento durante varios años”...

Marcial estaba na oportunidade de poder observalo a poucos metros. El,  en Radio Reparación (baixo da casa da familia Rivas), e o que escribe, a vinte metros na Farmacia Vázquez Palacios, na rúa Joaquín Alonso (Praza Nova). 

Marcial era unha persoa apreciada na Guarda. Casado con Elisa Martínez Rodríguez.... vivían na rúa San Bernardo, tiveron un fillo Santi, e dúas fillas, Mari Carmen e Marcela Villa Martínez.

Nace en San José, barrio de Videira, xuradía de Novás (O Rosal), un 8 de xaneiro de 1921. Quedou orfo de pai moi novo.

Comeza a traballar no Coruto, na empresa dos irmáns COSTAL, popularmente Os Carlóns (daquela fabricaban estopins para o Exército), no comezo da Guerra Civil, quedando exento de ir a guerra por ser orfo.

Esta empresa proviña da matriz da Fábrica La Industriosa (antes La Industrial), fundada en 1905 por don Francisco González Gabiño, onde como podemos ler no encabezamento das facturas en 1973 era: taller mecánico no que se fabricaban prensas “estrelladoras de uva”, “bombas para lavar autos”,bombas para hinchar neumáticos” coa marca rexistrada “Gabiño”, máis as famosas “sulfatadoras de mano”, sistema patentado que aínda hoxe se usa (patente nº 1700369). Nesta fábrica estivo traballando Marcial Villa.

Unha das empresas punteiras no Baixo Miño e na provincia de Pontevedra dende 1905.

Máis tarde pasa a traballar na Empresa de Electricidade dos Irmáns  Lorenzo e Manuel Suárez Marquier no Rosal, alí é onde aprende o oficio de electricista e comeza a facer instalacións eléctricas de alumeado polas casas.

Nesa etapa comeza a ter ilusión de poder estudar electrónica, comentándollo a súa nai Ramona e irmá Ermelinda, ás que entusiasmadas coa idea, tiñan o problema  de carecer de recursos económicos para axudar nos estudios a Marcial.

Manuel da Ventosela co uniforme da Falanxe no Rosal.

Entón Ramona acode a Manuel da Ventosela, coñecido e amigo da familia que lle dá folgos e os anima a que faga o curso de electrónica por correo da Escuela Radio MAYMO.

Manuel da Ventosela era o seudónimo de Manuel Álvarez Rivero que nacera no lugar de Videira – Ventosela, xuradía de Novás, colaborador de prensa e poeta. En 1941 era concelleiro e Depositario no Concello rosaleiro, ao mesmo tempo desempeñaba un cargo político na Xefatura de Educación e Descando da Falanxe.

Falece un 7 de novembro de 1944 (auto envenenándose – a morte “oficial” foi por “perforación de estómago”), acusado inxustamente da falla de 9.401,28 pesetas das arcas municipais.

Juan Noia que (ao marxe de que era falanxista) considerábao un amigo fai unha cita no libro da súa autoría “Fuxidos” (Edicción de Venezuela pax. 370) [...] “el pueblo rosaleño tiene el convencimiento de que el autor de la “sisa” no fue el que se quitó la vida. A río revuelto...Manuel Rivero “Ventosela”... al camposanto...”

Chega á Vila da Guarda procedente do Rosal como técnico electrónico e monta un establecemento de venta de aparellos de radio (de lámpadas),  arranxos eléctricos etc. Esta primeira tenda instalouna nos baixos da Casa de Laureano Andrés García en sociedade cun tal Ramón, que foi quen puxo os primeiros cartos, arranxos de pranchas eléctricas, vende lámpadas, discos e comeza a instalar un servizo de amplificación con altofalantes, traballa arreo e tan pronto pode, independízase do tal Ramón.

A súa irmá Ermelinda,  cando Marcial debía acudir a Vigo a mercar produtos para a tenda, ou saía a facer algún traballo fóra, viña camiñando dende O Rosal para quedar na tenda, logo a noite Marcial levábaa ata O Rosal na bicicleta, vehículo que usaba a diario para ir e vir desde Rosal á Guarda.

Comía na tasca do tío Cata (onde hoxe está a tapería O Funil) na rúa Concepción Arenal.

Na casa paterna do Rosal, as fins de semana daqueles anos corenta, levaba o gramófono e varios discos, e cun pequeno altofalante dende a súa casa de Novás deleitaba aos veciños dos arredores que acudían a escoitar as pezas de música que Marcial lles programaba gratis.

E nas tardes do sábado reunía aos seus amigos e familiares para levar a cabo veladas musicales, con baile incluído.

En 1949 Marcial plenamente dedicado ao seu traballo do que se sentía orgulloso, satisfeito e feliz, coñece á que logo sería a súa compañeira.

Foi no Teatro Cine Avenida onde a que sería a súa muller Elisa Martínez Rodríguez, que era unha das compoñentes do Cadro de Declamación do Recreo Artístico Guardés, concretamente facía de “Beatrid” na obra  “El famoso Carballeira” de Adolfo Torrado.

Marcial namorouse de Elisa e un 16 de setembro de 1950 casan na igrexa parroquial da Guarda, pasando a vivir na casa paterna de Elisa (pais Santiago Martínez “o tío Santiagón” e Carmen Rodríguez  “tía Carmen”) sita no nº 8 da rúa San Bernardo.

Marcial no seu establecemento comercial Radio Reparación Slogan “Para quien guste de lo mejor”

En xullo de 1951 nace Santi o primoxénito e dous anos mais tarde Mari Carmen e varios anos despois a benxamina, Marcela. Cando naceu Mari Carmen pasan a vivir nunha casa de aluguer preto de Chan do Conde fronte ao convento das MM. Benedictinas, logo pasan a vivir nun piso da Ireira para máis tarde alugar o 3º piso de Manuel Díaz González “Ligero” (enriba do Bar). Posteriormente, en 1980, pasan a vivir no novo edificio na rúa San Bernardo nº 8.

Nestes meses (despois do falecemento de Marcial), tanto Elisa como Nina están vivindo na Residencia de las Hermanas de los Desamparados en Tui por propia vontade, onde están encantadas, segundo me di Santi.

Obra de Teatro do Cadro de Declamación do Recreo Artístico Guardés que actuou no sábado 30 e domingo 31 de agosto de 1949 no Teatro Cine Avenida. Podemos ler que Elisa Martínez Rodríguez figura como “BEATRIZ”. Antes, como se pode ler, pasaron un documental sobre a chegada da imaxe da Virxe de Fátima á Guarda traída dende Fátima nese mesmo ano.

No ano anterior outra imaxe da Virxe de Fátima foi recibida na Alameda o 24 de setembro as 7,30 da tarde, como dicía o párroco don Saturno Gómez Vila “ en su triunfal marcha por las distintas parroquias de esta diócesis”.

Selo ou “cuño” do establecemento de Marcial Villa Díaz en 1954

Nos anos sesenta comeza a vender aparatos de Televisión en branco e negro, chegando a montar el mesmo aparatos de televisión por pezas.

Chegado o Nadal, Marcial instalaba uns pequenos autofalantes nas portas de Radio Reparación para escoitar o sorteo da Lotería de Nadal e villancicos, naturalmente gratis.

Cando un grupo de guardeses encabezados polo rosaleiro de San Miguel de Tabagón Daniel Lorenzo Villa (cobrador de igualas médicas) comezan a recadar cartos para instalar un poste repetidor, Marcial é un dos que se prestan voluntariamente a colaborar tecnicamente, tanto é así que se encargou de subir ao Trega as veces que fixera falta, sobre de todo cando había tormentas e saltaban os “automáticos”.

Anos mais tarde o poste repetidor do sinal de TVE foi asumido oficialmente pola empresa, Marcial seguiu sendo o encargado de velar polo bo funcionamento

Marcial feliz – coma sempre – nunha etapa de madurez persoal e familiar. Fotografía propiedade de Santi Villa Martínez.

O establecemento comercial de Marcial  tiña o nome de Radio Reparación, estaba instalado no baixo da casa dos Rivas, entre a rúa da Praza Nova e a rúa Vicente Sobrino.

Selo ou “cuño” do establecemento de Marcial Villa Díaz en 1951, cando tiña o nome de RADIO REPARACIÓN.

Marcial tamén dispuña dun Servicio de Altavoces para dar son ás orquestras que contrataban as distintas Comisións de Festas do  pobo e das aldeas limítrofes.

Marcial con Santi, a súa irmá maior Mari Carmen  e a súa nai Elisa a carón da Emisora parroquial

Nos anos cincuenta o boticario don Antonio Vázquez Palacios tiña un receptor de radio de Onda Media dos anos trinta que funcionaba perfectamente, a meirande parte das emisoras que se escoitaban eran estranxeiras, e xa sabemos que na Guarda non se reciben ben os sinais de radio e moito pior naqueles anos.

Receptor Philips de 1936, semellante ao que me refiro

-------------------------------------------------------------

Bernardina Martínez Rodríguez “NINA” (a telefonista), encargada da Centralita de Teléfonica de A GUARDA, sita na rúa J.M. Andreini (no edificio onde está a Taberna O Galo).  Nos anos sesenta a espera ou demora para poñer unha conferencia con Vigo era de 20  a  30 minutos. Podemos observar as famosas “clavixas” de conexión

Edificio onte está "O Galo" e onde se situaba a Centralita de Teléfonica

(Fotografía de Antón Ferreira Lorenzo)

Este edificio fora construído por encargo de don José María Moreno Franco arredor de 1887/88.

Na parte que dá á rúa Puerto Rico estaba a vivenda propiedade de Florindo Rodríguez e a súa Taberna O Galo, que aínda existe hoxe. Na parte que dá a igrexa parroquial estaban as instalacións da Sociedade Círculo Guardés (fundada en 1888), logo Acción Popular e outra vez Unión Regional de Derechas, onde se daban charlas e mitins.

Anos máis tarde a Compañía Telefónica Nacional de España  montaría unha estación telefónica no lugar, onde estivo moitos anos NINA. Lembro que nos anos sesenta para poñer unha conferencia para facer os pedidos de medicamentos a Vigo para fornecer á Farmacia de don Antonio Vázquez Palacios había unha demora na liña de 20 a 30 minutos.

Teléfono de baquelita como o que tiñamos na Farmacia Vázquez Palacios. Era o nº 21, estaba colgado da parede preto do mostrador.

Imos ver un pouco de historia:

11 xuño 1932. Julian López Ríos (1900-1965) como presidente de la Unión Regional de Derechas.

“Comunica al Alcalde la celebración de una Sesión para el día 13 del corriente de una Junta General de Unión Regional de Derechas en el local de la casa nº 8 de la calle J.M. Andreini”.

Vénseme á memoria unha cita de don Julián López Ríos (unha excelente persoa, por certo),

                              [...] “el hombre puede llegar hasta Dios sin pasar por las tortuosidades de la expiación...”

Antigo receptor de radio Marconi

12 xaneiro 1936. Autorízase un acto de propaganda de Acción Popular en el local sito en la c/ J. M. Andreini de La Guardia, hablarán Miguel Souto; Celia Puen y Tomás Santoro.

8 febreiro 1936. O Alcalde recibe unha Solicitude (Póliza B 9722491 de 1,50 ptas 8ª clase), asinada por Francisco Moreno Álvarez como presidente da Unión Regional de Derechas de esta Villa, sección masculina.

[...] comunica que mañana 19 de febrero a las 4 de la tarde tendrá lugar un acto de propaganda electoral a cargo de Emiliano Iglesias Ambrosio y un propagandista de Acción Popular en nuestro local de J.M. Andreini nº 8 de La Guardia.

Anos máis tarde a Centraliña de Teléfonos no piso superior e no baixo o establecemento de coloniais Hnos. Martínez, máis tarde estivo o Brasileiro e hoxe está aberta ao público a Xoiería Alonso. 

---------------------------------------------------------------

“Pinceladas históricas” relacionadas coas Sociedades Recreativas da Guarda e algúns detalles da Corporación Municipal para información dos lectores:

En 1898 a Sociedades Recreativas de La Guardia eran:

CASINO DE LA GUARDIA: Nº de Socios 70. Presidente: Manuel Sobrino.

CIRCULO GUARDÉS: Nº Socios 52. Presidente: Manuel Álvarez Vicente.

RECREO ARTÍSTICO: Nº Socios 70. Presidente: Juan A. Troncoso González.

CENTRO DE ARTESANOS: Nº Socios 103. Presidente: Bernardino Vicente.

Era Alcalde Constitucional de La Guardia don Manuel Benito Andreini ata decembro deste 1898 no que foi substituído por don Manuel Rivas de Amil.

22 xuño de 1900. SOCIEDADES AÑO 1900

Estado demostrativo de las sociedades de todas clases legalmente constituidas en esta localidad, con expresión de su objeto, nombres de los Presidentes y número de socios de que se componen.

Casino de La Guardia: c/ Vicente Sobrino (recreo de sus individuos) Presidente: Angel Signo Lorenzo. Nº Socios= 76

Círculo Guardés: c/ Antonio Alonso (recreo de sus individuos) Presidente: Manuel Gómez Pedreira. Nº Socios= 30.

 A rúa Antonio Alonso é que baixa dende a igrexa ata a Praza Nova.

Recreo Artístico: c/ Colón (recreo de sus individuos). Presidente: Enrique María Sesto. Nº Socios 56.

Centro de Artesanos: c/ Elduayen (recreo de sus individuos). Presidente: José Rolán Rodríguez. Nº Socios= 70. Nota: está en proyecto la contestación de más sociedades obreras.

A rúa Elduayen era a que hoxe coñecemos como Puerto Rico, dende O Galo ata Doantes de Sangue.

Edificio que ocupaba o Teatro Cine Avenida propiedade de Mariano Martínez Portela; Manuel Martínez Español e Alfonso Martínez Peniza, inaugurado en 1943. Mais tarde sería don Manuel Martínez Español quen continuou coa exposición de películas. Ao finar este, colleu o cine a súa filla Marcolina Martínez Álvarez. )Fotografía de Antón Ferreira Lorenzo).

En 1985 o Teatro Cine Avenida pasa a ser mercado  por don Manuel Portela Lomba “Portelita”, do Castro, figurando como dona a súa irmá Flora para máis tarde pasar as mans da sobriña Ana Mª Portela Lorenzo que o remozou, sendo vendido a unha inmobiliaria.

No escenario deste edificio tiveron lugar as máis senlleiras actuacións de Teatro, Variedades, Festivais, Benvidas oficiais, ceas, vodas, e sobre de todo películas “sonoras”, en “cinemascope” etc. etc., marcando toda unha etapa socio cultural que posiblemente non teña parangón.

Película RAZA patrocinada polo Consejo de la Hispanidad estreada en 1941. Na Guarda sería exposta arredor de 1949/50. Esta película de propaganda coincidía co ideario nacional – católico do réxime de Franco. O propio Franco foi o que escribiu o argumento, baixo o pseudónimo de Jaime de Andrade.

20 xullo 1900. Sesión Ordinaria presidida por el 1º Tte Alcalde don Francisco Español Sobrino; 2º Tte. Alcalde don Luís González Portela.

Regidores: Higinio Troncoso; Manuel Rivas Amil; Marcelino Álvarez; José Benito Andreini; Bernardino Lomba Álvarez; Anselmo Lorenzo Vicente; Rafael de Santiago y José Giráldez Álvarez.

Enfermedad del Alcalde – Presidente.- El 1º Tte. Alcalde don Francisco Español dijo que “un suceso lamentable y por demás triste, ha venido a privarnos del valioso Concurso de nuestro digno Alcalde presidente don Francisco Riego, que fue atacado del 18 al 24 del corriente de una enagenación mental, tan rápida y violenta, que por prescripción facultativa fue trasladado el día 25 al Hospital de dementes de Santiago á ver si por ser reciente e instantánea se logre la curación de tan sensible dolencia”.

7 outubro 1900. Sesión Ordinaria presidida por el 1º Tte. Alcalde don Francisco Español Sobrino.

RELOJ PÚBLICO y LÁPIDA.-En sesión Ordinaria del 17 de septiembre de 1897 se consignó que “el día que se trasladase a la nueva Torre el reloj público donado al pueblo por el digno hijo de esta Villa don José Manuel Andreini, se colocaría una lápida de mármol que demostrase a la posteridad el nombre del donante”.

Instalado el 17 de Marzo de este 1900 y no pudiendo pecisarse la época en que ha de construírse la Torre en proyecto, el Ayuntamiento por unanimidad Acuerda se coloque desde luego la lápida de mármol en la natural Torre”.

21 abril 1904. SOCIEDADES RECREATIVAS DE LA GUARDIA EN 1º ABRIL 1904.

CIRCULO GUARDÉS: Fundada el 8 de octubre de 1888.Local Social en c/ Castillo. Tiene 61 socios. Presidente: D. Pacífico Rodríguez Rodríguez.

RECREO ARTÍSTICO: Fundada el 6 de enero de 1891. Local Social en c/ Elduayen. Tiene 90 socios. Presidente: D. César Troncoso González.

CASINO DE LA GUARDIA:Fundada el 22 de diciembre de 1892. Local Social en c/ Vicente Sobrino. Tiene 65 socios. Presidente: Angel Signo.

CENTRO DE ARTESANOS: Fundada el 8 de diciembre de 1894. No existe. Fue disuelta.

OFICIOS Y PROFESIONES VARIAS. Fundada el 6 de febrero de 1900.Local Social en c/ Salgueiró (Camposancos). Presidente: Manuel García Savariz.

La Guardia, 21 Abril de 1906.

Fdo. Alcalde: Agustin Sobrino Vicente.

30 xuño 1904. CENTRO APOSTÓLICO DE LA ORACIÓN Y ASOCIACIÓN BENÉFICA DE LA GUARDIA. Al Sr. Alcalde.

“En la mañana del día 2 del próximo Julio hará su entrada en esta población, á las 12, la laureada Banda de Música de Vigo, que viene con objeto de abrillantar más las fiestas cívico – religiosas con que el Centro local del Apostolado de la Oración honra a los S.S. Corazones de Jesús y María en los días, 1º, 2º y 3º del ya indicado mes.

Sagrado Corazón de Jesús y María

Pues bien: A la Directiva de éste Centro le pareció  muy justo y atento, con motivo de dichas fiestas, dirigirse á la primera autoridad civil del distrito municipal con el plausible objeto de recabar su valiosa cooperación en tan simpáticos festejos, lo mismo que la del concejo por ella dignamente dirigido.

Esta cooperación puede efectuarse del  modo siguiente: ya engalanando con colgaduras los balcones de la Casa Consistorial desde las 12 del 2º é iluminando la fachada de la misma en la noche del mismo día; ya improvisando un sencillo Kiosco que de cabida a 40 individuos de la agrupación musical, en la plaza del Consistorio; ya asistiendo en corporación á la Misa solemne del 3º y procesión que saldrá de la parroquial á las siete de la tarde.

La Directiva abriga la firme esperanza de que, dado los católicos sentimientos esa Corporación, sea estendido el presente ruego en este año jubilar de la definición dogmática del Ynmaculado Corazón de Maria”. 

La Guardia, 30 de Junio de 1904.

En nombre de la Junta, tiene el alto honor de participarle.

Fdo: Juan Rey Iglesias.

5 de xaneiro de 1905 chegou a Vila da GUARDA o novo párroco,

 [...] A las 12,30 del día 5 del corriente, llegó a esta Villa el nuevo párroco don Francisco Javier Pimentel Chapela, instalándose en la Casa Parroquial sita en la calle Méndez Núñez.

E lendo o da Banda de Música de Vigo vénseme á mente que ¡por fin!, volvemos a ter na Guarda unha BANDA DE MÚSICA.... dende aquel ano de 1905 en que se fundou a primeira  ¡cantas cousas aconteceron!.

seguinte