PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

MARCIAL VILLA DÍAZ

por José Antonio Uris Guisantes

anterior        seguinte

3 setembro 1905. BANDA POPULAR DE LA GUARDIA. JUNTA DE GOBIERNO. Al Sr. Alcalde don Agustin Sobrino Vicente.

“Los individuos que constituyen esta naciente Agrupación Musical, tienen proyectado realizar el próximo Domingo diez del actual, una excursión á la vecina villa de Bayona.

Al llevar a cabo ese propósito piensan así mismo, siempre que se les autorice para ello, dar un concierto público en obsequio al pueblo visitado y á su colonia forastera, á cuyo efecto además del consiguiente beneplácito que necesitan de la primera autoridad de aquella villa, esperan obtener la indulgencia de que tanto ha menester, una colectividad de reciente organización compuesta de meros aficionados de la clase artesana, tan modestos cuanto entusiastas.

En su consecuencia tengo el honor de dirigirme á V.S. rogándole que si no vé en ello inconveniente, tenga la bondad de solicitar del señor Alcalde de Bayona la indicada autorización”.

La Guardia 3 de septiembre de 1905.

El presidente de la Agrupación Musical: Severiano Martínez Núñez.

(o que logo meses máis tarde sería Alcalde durante varios anos).

16 xullo 1906.Sesión Ordinaria presidida por el Sr. Alcalde don Severiano Martínez Núñez.

INFANTA ISABEL DE BORBÓN.-  El Sr. Alcalde da cuenta de que previo aviso telegráfico del Gobernador Civil pasó por esta Villa á las 4 de la tarde del Viernes 13 del actual, con dirección a la Ciudad de Tuy S.A.R. la Infanta de España doña Ysabel de Borbón (sic), tía de nuestro joven Monarca don Alfonso XIII, acompañada  de la Camarera Mayor, del Excmo. Sr. Gobernador Civil; Comandante de la Guardia Civil; y otras personas de significación, habiendo sido recibida con la Banda de Música y una salva  de veinte bombas en la calle Elduayén, donde cumplimentada por una Comisión de la Municipalidad  y demás autoridades locales, agradeciendo a todos con cariñosas frases, el saludo que se le tributó, y expresando su sentimiento por no poder detenerse para visitar y conocer la población.

El Ayuntamiento, enterado, Acuerda por unanimidad consignar en acta su satisfacción por ser esta la primera vez que un miembro de nuestra familia Real pasa por La Guardia, autorizando al propio tiempo al Sr. Alcalde para satisfacer la suma de 72 pesetas por Música y bombas en la recepción.

O obxecto da Infanta era facer unha visita aos conventos de relixiosas das HH. Carmelitas de la Caridad (de aí a parada na rúa Elduayén – hoxe Puerto Rico), e das MM. Benedictinas.

A Infanta Isabel Francisca de Asís Borbón “La Chata” (18511931).

Era filla da raíña Isabel II e de Francisco de Asís; foi princesa de Asturias dúas veces, único membro da realeza española a quen oficialmente se lle solicitou permanecer en España cando a instauración da IIª República, pero non aceptou, decidindo acompañar á familia no exilio.

Con 80 anos de idade e enferma, falece aos cinco días de deixar España nun convento en París, concretamente o 23 de abril de 1931. En 1991 os seus restos foron trasladados a un palacete de La Granja.

Segundo o Semanario madrileño CRÓNICA [...] “Era, indiscutiblemente, la figura de la Familia Real más popular y querida en Madrid, por su espíritu democrático y castizo...”.

O seu físico non era moi agraciado cunha faciana tirando a fea e unha nariz “remangada”, sendo alcumada cariñosamente polo pobo como “La Chata”.

Capela da Virxe da Guía, onde Marcial acudiu durante moitos anos co servicio de altofalantes e o mesmo tempo axudaba ao engalamento do interior. Fotografía de 1930

31 decembro 1906. INFORME SOBRE LOS ALQUILERES DE LAS SOCIEDADES RECREATIVAS DE LA GUARDIA.

Círculo Guardés: 200 pesetas anuales.

Recreo 130: pesetas anuales.

Casino 500: pesetas anuales. (Presidente: Manuel Otero)

También se destinan 50 pesetas para celebrar los festejos en honor de San Telmo el último domingo del mes de Agosto.

----------------------------------------------

Pero sigamos con MARCIAL VILLA DÍAZ, do que sempre lembro o seu sorriso, endexamais o vin triste, enfadado ou con problemas, posiblemente fora feliz á súa maneira, porque [...] “la felicidad no tiene nada que ver con estar de fiesta, estar alegre o reír. Es un estado de necesidad interna que se identifica con haber encontrado el sentido a la vida...” 

Artífice da primeira emisora de radio na Guarda, oficialmente Emisora de Radio Parroquial de La Guardia pois naqueles anos de 1960 non existían as radios locais e menos particulares.

Os primeiros locutores foron Miguel Torrón Saavedra e Enrique Silva Peniza, non se daban noticias nin nada parecido ao que hoxe podemos oír en calquera emisora.

Marcial Villa Díaz en plena “faena” como técnico e productor da Emisora de Radio Parroquial OC (Onda Corta) nos anos sesenta. Emitía o rosario, a misa solemne dos domingos, días festivos e música dedicada na que nos anos sesenta os locutores eran  Miguel Torrón Saavedra e Enrique Silva Peniza “Quique o Demiño” recén finado o igual que Marcial. Na fotografía cedida por Santi Villa, Marcial está enfaenado cun aparello de radio Marconi de lámpadas.

Obxectivo principal de acordo con párroco don Francisco Sáa Aldir era transmitir a Misa solemne dos domingos (logo diaria),  e o Santo Rosario diario, co obxectivo fundamental de chegar aos enfermos e maiores que non podían saír da casa, ou da cama.

Paralelamente polas tardes había un programa especial onde se podían enviar cartas para dedicar cancións dos discos de vinilo que Marcial ía xuntando ou que algún /algunha oínte prestaban.

Tamén en varios anos retransmitíronse os Festivais Folclóricos ou Festivais Benéficos, previamente gravados en cinta.

Refire o seu fillo Santi que nos anos setenta uns mariñeiros da Guarda que viñan de pescar na costa Marroquí ao estar á altura de Lisboa escoitaron rezar o rosario na parroquia, quedando sorprendidos e logo comentaron con Marcial o asunto, cuestión que foi positiva porque ese dato valeulle moito para seguir facendo probas de frecuencia na emisora.

Dicir que Marcial sempre estivo atento a que baixo ningún aspecto a emisora de radio instalada nunha habitación da súa casa deixara nin por un momento de transmitir o rosario ou a Misa. Hoxe con Marcial falecido a parroquia ten unha emisora propia  que só transmite cerimonias relixiosas para os enfermos e maiores impedidos.  

A Emisora de Onda Corta Parroquial, aínda que da propiedade de Marcial debía estar rexistrada pola parroquia senón non podía emitir. Estaba no baixo da actual vivenda de Marcial na rúa San Bernardo. Anos oitenta. Fotografía propiedade de Santi Villa Martínez.

RADIO REPARACIÓN - SERVICIO DE ALTAVOCES ou Altofalantes como eran chamados nos anos cincuenta

Fomos estudando a documentación (facturas máis que nada) aportadas por Carlos Martínez Troncoso sobre as Festas do Monte, documentación que tiña gardada o seu pai Alfonso Martínez Peniza, varios anos presidente da Comisión de Festas e home profundamente motivado pola cultura local.

Como é sabido as Festas do Monte antes de 1945 eran chamadas Fiestas de Verano, comezando coa organización da 1ª Romaría Enxebre do Trega en 1913 e logo paralelamente foron relacionadas co Monte Trega.

O artífice da 1ª Romaría fora don Constantino Candeira González, gran empresario e persoa aberta á modernidade, que propuxo nunha reunión da Directiva da Sociedade Pro Monte Santa Tecla (creada o ano anterior de 1912) facer un xantar no Trega entre as familias da Xunta Directiva e amigos, xantar ao que se sumaron varias ducias de veciños (do barrio da Marina sobre de todo) que se uniron en perfecta comuñón, cuestión que cada ano se foi repetindo sumando cada máis e máis veciños...

Dende ese ano de 1913 as Festas do Monte e a Romaría Enxebre foron celebrándose ano tras ano, agás en 1936,37 e 38 nos que non se celebrou por estar todos preocupados ( algúns de loito) pola guerra civil. Foi en 1939 cando se volveron a rememorar as Festas e Romaría do Trega.

A Pro Monte levou o peso da organización das Festas ata 1945, cando mercé a unha convocatoria pública da Pro Monte sae elixida unha Comisión Cidadá que se vai encargar da intendencia das Festas ata hoxe, naturalmente renovándose as Comisións a través do tempo. 

A Praza Nova (Joaquín Alonso) en 1914. Ao fondo a Casa dos Rivas onde nos anos cincuenta Marcial Villa Díaz instalou a súa tenda, taller Radio Reparación.

Con fecha 6 de noviembre de 1944 esta Presidencia (Pro Monte) se dirigió al Sr. Alcalde (Julio Portela Gómez):

“Cumpliendo acuerdo de la Junta General celebrada en el día de ayer...,  que la Sociedad Pro Monte no podrá encargarse de la organización de la fiesta del Monte en el porvenir...,

Era presidente da Pro Monte don José Ramón Sobrino Arias, empresario e médico local.

O presidente da Comisión Cidadá das Festas do Monte en 1945 foi don Florindo Rodríguez Álvarez. Colaboraron con el, don Santos Pantaleón Saúl, don Mariano Martínez Portela, don José Mª Salcidos Sobrino, don Pedro Saracho Arrechavala, don Andrelino Lomba Rodríguez e don José Mª López Mosteiro.

O primeiro empresario en 1946 con Servicio de Altavoces contratado pola Comisión de Festas foi don Eugenio González de Haz, o mesmo tempo director da Emisora RADIO VIGO -  E.A.J. 48

O servicio custou a Comisión de Festas nese ano 1.800 pesetas, por:

1.-Equipo amplificador con micrófono y altavoces que cubría toda la Alameda y calles adyacentes con una potencia de 245 watios, para el sábado y domingo.

[...] “nuestra experiencia es sobradamente conocida, por venir ocupándonos de esta clase de instalaciones, efectuando todas las oficiales, como la Exposición Industrial de Galicia, Feria del Mar e incluso la visita de S.E. el Generalísimo...”.

-Instalación micro amplificadora en los días, 12, 13 y 14 de agosto.

-9 altavoces distribuidos entre Alameda, José Antonio, Oliveira Salazar y Paseo de Portugal.

-Gira discos, pik – up y dos micrófonos (1 para cada una de las Bandas de Música), desde las 12 h. del día  13 hasta el remate de la verbena del día 14.

-Total: 1.250 pesetas.

Preocupeime polo significado das siglas EAJ, simplemente eran “indicativos de llamada”. Por exemplo Radio España era EAJ 2, Radio Barcelona era EAJ 1. Logo outras emisoras de radio relacionadas coa igrexa oficial (Radio Popular), tiña o indicativo de EAK. Radio Popular S.A. de Vigo EAK-33. Radio Popular S.A. de Madrid EAK-1.

Esta empresa de don Eugenio de Haz, intimamente ligada á emisora de radio RADIO VIGO E.A.J. 48 tamén vendía máquinas de coser SIGMA.

Selo ou cuño do Kiosco Pantaleón en 1949 propiedade do mestre  Rodrigo Antonio Pantaleón Saúl. Neste ano era presidente da Comisión de Festas do Monte o seu irmán Santos.

Máquina Sigma antiga.

En 1947 fixo o mesmo servicio cos Altofalantes é o mesmo tempo vendeu a don Juan Ferreira Sousa (c/ José Antonio nº 59):

1.- máquina de coser “Sigma” Modelo 100-4 con laterales de madera y una gaveta nº 51.901,                                                     925 pesetas.

Más el porcentaje de Regularización de Precios           292      “

5% descuento,                                                            60,85  “

Total pesetas,                                                        1.156,15  “

Non sabemos o significado da “regularización de prezos”.         

Marcial en plena faena nos anos corenta e tantos (1949??). Podemos contemplar o gramófono co que deleitaba aos veciños de Novás, un aparato receptor de lámpadas e como no unha peque plancha electrica. Estaba xa no baixo de Laureano Verde Andrés na Praza Nova (Joaquin Alonso).

En 1949 o Servicio de Altavoces foi contratado con don Rafael Reig Vinseiro dono da empresa RADIO Y LUZ de Vigo.

Neste mesmo ano de 1949 as Festas do Monte tiveron lugar os días 12, 13 e 14 de agosto. A sociedade Recreo Artístico Guardés por medio do Cadro de Declamación e en beneficio das Festas, estrenou (30 e 31 de xullo) no Teatro Cine Avenida a obra “ El Famoso Carballeira” de Adolfo Torrado, foi director don Gonzalo Rey Flores.

Antes da obra teatral foi exposto un Documental en color sobre a chegada da imaxe da Virxe de Fátima que viña a ocupar un lugar no altar construído ao efecto na igrexa parroquial de Santa María.

D. Ermelindo presidiu a comitiva da imaxe que procedía do Santuario Mariano de Fátima (Concelho de Ourém – Portugal).

Coincidía, ademais co comezo da toma de posesión cómo Alcalde de don Ermelindo Portela Gómez [daquela eran nomeados polo Gobernador Civil respectivo].

Este acontecemento relixioso que moveu profundamente a sensibilidade dos veciños da Bisbarra do Baixo Miño e sobre de todo os da Vila Guardesa, coa chegada da Virxe de Fátima [tiña eu uns seis anos], dende Caminha onde se dirixiron as autoridades provinciais, locais e relixiosas (soamente puideron desembarcar as autoridades ao non haber aínda libre circulación nas fronteiras), para recolle-la imaxe das mans do párroco de Caminha Padre Xosé Vas, fíxoo o Vicario do Bispo de Tui pois nesas alturas estaba no Xapón (o bispo era Frei José López Ortiz ), chegando logo ó porto da Guarda, acompañada da flota pesqueira do barrio mariñeiro, dende a altura de Caminha, Barra do Miño ata O Porto da Guarda, e dende alí ata a igrexa parroquial da Nosa Señora Santa María da Asunción.

O párroco daquela era don Saturnino Gómez Vila que faleceu pouco máis tarde, quedando como párroco interino don Cándido Rodríguez Vicente que fora o que tivera a idea de construí-la capela dedicada á virxe de Fátima. D. Cándido nesa época era capelán das HH. Carmelitas de la Caridad e capelán da Falanxe local, sempre vestido co uniforme da Falanxe debaixo da sotana.

----------------------------------------------

Anagrama da empresa RADIO Y LUZ  de Vigo

Así en 1950  Radio y Luz cobrou 1.250 pesetas. En 1952 1.400 pesetas “por los días 9 y 10 de Agosto, con potencia de 200 watios”. En 1953 cobrou 2.000 pesetas “por 8 altavoces y tres micrófonos en los días, 7, 8 y 9 de agosto”.

Outro aspecto das instalacións provisionais no baixo da nova vivenda que estaban construíndo na rúa san Bernardo nos anos oitenta. Marcial conectando para que os enfermos e maiores impedidos poidan escoitar o rosario diario. Nunca fallou Marcial en corenta e seis anos. Fotografía propiedade de   Santi Villa Martínez.

Marcial Villa Díaz comeza a colaborar como empresario coa Comisión de Festas do Monte en 1951, ano no que debeu mercar os aparellos para o servicio de altofalantes.

O nome do servicio ao público foi: “RADIO REPARACIÓN – Servicio de Altavoces para Fiesta y Actos Públicos”.

O establecemento comercial na Praza Nova foi: “RADIO REPARACIÓN “Taller Oficial MARCONI”. “Especialidad en RADIO y CINE SONORO – Instalaciones Eléctricas”.

Neste ano en que comeza a súa andaina comercial polas festas e anuncios polas rúas cobrou unha miseria (comparando cos outros comerciais), pois pola instalacións de Altofalantes na Alameda, 250 pesetas.

En 1952 cobrou 350 pesetas, por “una instalación microfónica los días 4, 5, 6 y 7 de agosto, y la corriente a mi cargo...”

En 1954 a factura foi de, 600 pesetas por los días, 2, 3, 4 e 5 de agosto.

En 1955 cobrou 1.500 pesetas, polos días, 8, 9, 10, 11, 12, 13 e 14 de agosto. Máis 400 pesetas por dous percorridos en coche anunciando as Festas do Monte.

Dende este ano Marcial seguirá percorrendo as rúas da Guarda anunciando as Festas da contorna e toda clase de ventos sociais e culturais.

Mariano Martínez Portela, un dos antigos donos do Teatro Cine Avenida.

En 1956 cobrou 1.500 pesetas pola instalación “de una línea microfónica durante los días, 6, 7, 8, 9, 10, 11 y 12 de agosto...” ; “desde las 19 h. a 23 h. de la noche y además tres verbenas hasta la madrugada...”

En 1959 polo Servicio de Altofalantes segue cobrando as 1.500 pesetas polos días, 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16 de agosto.

-Por el equipo micro amplificador del coche anunciante del encuentro Celta <> Turista, 160 pesetas.

Alquiler de una batería, 40 pesetas.

Por equipo amplificador del coche anunciando el Festival Folklórico 160 pesetas.

Por alquiler de una batería 40 pesetas. Total: 1.900 pesetas. 

E así seguen os anos e anos

Como diciamos antes as emisoras de radio tiñan un indicativo nos primeiros anos como EAJ ou EAK.

Lembrar que en 1936 con motivo da guerra e o feito de que España estaba dividida en dous Bandos, a Xunta de Defensa Nacional (os de Franco) dicta en decembro/36 unha Circular na que as emisoras con indicativo de chamada EAJ “tendrían la misión de difundir noticias oficiales, relativas al Movimiento Nacional...” 

En 1942 o goberno de Franco publica unha Circular nº 95/42 relativa á CENSURA nas Emisoras de Radiodifusión, obrigando a cumprir co “Cuaderno de Emisiones”, un dos artigos indicaba, “Quedan absolutamente prohibidas las improvisaciones ante el micrófono, todo cuanto por él se emita estará previamente censurado...”

En 1944 a Falanxe vai ser o organismo do Movimiento Nacional que controle as emisoras creando unha Vicesecretaría de Educación Popular co fin de, “controlar y censurar toda clase de emisiones radiofónicas”.

En 1945 vai ser o Ministerio de Educación quen asuma esas competencias, creando a Dirección General de Radiodifusión, diferenciando as emisoras de Radio Nacional de España (oficiais do goberno), das outras emisoras do Movimiento dedicadas á propaganda política do Movimiento Nacional.

Manuel Martínez Español, empresario do Teatro Cine Avenida.

Estaba prohibido transmitir “música negra”, bailes de “swing”, calquera xénero que estivera en “idioma extranjero” ou por calquera outro concepto que puidera influír na “moral pública de los españoles”.

“Las secciones de discos dedicados tendrán una hora de duración, las dedicatorias únicamente contendrán los nombres de las personas que dediquen la pieza, nombre de la pieza y nombre de aquella persona a la que va dedicada...”

En 1955, Marcial debe atender varios actos co servicio de altofalantes e coche anunciador (alugado varios anos ata que dispuxo un en propiedade. As Festas do Monte tiveron lugar os días 11,12,13 e 14 de agosto.

E o mesmo tempo anunciar a Coral de RUADA no Cine Avenida e a JORNADA QUISQUELLANA de homenaxe á República Dominicana o día 13, onde o alcalde don Ermelindo Portela Gómez descrubiu unha lápida co nome de Avda. de la República Dominicana

Folleto editado con motivo da inauguración da Avda. República Dominicana na Guarda.

No ano 1959 ten lugar o DÍA DE VENEZUELA e Marcial tamén debe facer fronte a varios actos. Era presidente da Comisión de Festas do Monte don Alfonso Martínez Peniza.

Neste ano tivo lugar o DÍA DA CONFRATERNIDADE HISPANO PORTUGUESA.

En 1959 (concretamente o 27 de setembro), comezaron os famosos Festivais, primeiro foi un Concurso dirixido por don Andrés de Sendra con título “Buscando Artistas”, que tivo un éxito sen precedentes. Este Concurso era  transmitido en directo dende o Teatro Cine Avenida (inaugurado en 1943) pola emisora de onda media La Voz de Vigo.  Era presidente da Comisión de Festas don Alfonso Martínez Peniza. Por primeira vez a Comisión acorda crear unha mini comisión de barrios.

En vista do éxito acadado, o mes de abril de 1960 a Comisión de Festas de San José Artesano organiza un Festival Benéfico no mesmo lugar.

Folleto anunciando o encontro de fútbol entre o R.C. Celta de Vigo e Turista S.C. de Vigo en 1959. O Trofeo fora doado por Eduardo Martín Rey.

Chegamos a 1960 e Marcial sofre a competencia no pobo da empresa RADIO TALLER de don Florencio Domínguez, instalado na rúa Muñoz Grandes nº 13 (hoxe Brasilino Álvarez). Compite con Marcial soamente nese ano (non hai máis documentos), cobrando  500 pesetas polo Servicio de Altofalantes “los días 13, 15, 16, 17 y 18 de agosto, más 96,50 pesetas por instalar en el Cine Parque Avenida (debe ser Teatro Cine Avenida), 5 lámparas de 40 W; 5 portalámparas y 8 metros de cordón plástico. Total: 596,50 pesetas...”

Cremos que este Servizo de Altavoces foi instalados no Teatro Cine Avenida para desemvolve-los Festivais Folclóricos e Teatro durante eses días, porque Marcial nesas mesmas datas cobra 2.100 pesetas por: “recorrido anunciando el partido de fútbol del día 14 y noche en la Alameda, día 15 una verbena, servicio en el estadio para el festival Folclórico y Servicio de Altavoces en la Alameda los días, 14, 15, 16, 17 y 18 de agosto...”,

Escribía don Emilio Alonso Freiría en Faro de Vigo (13 abril 1960), [...]” la Comisión de Fiestas de San José Artesano acaba de organizar un Festival Benéfico en el teatro Cine Avenida, aventurándose a presentar, ante un público exigente a un elenco de jóvenes artesanos que han sabido demostrar que, sin tener el arte por oficio, son artistas de categoría, pero no comerciantes, pues nos consta que solamente se prestaron a actuar, por ser benéficos los fines a que se destina la función...” 

Emilio Alonso Freiría

O Festival foi presentado por Miguel Torrón Saavedra baixo a dirección “del maestro pianista” José Luís Lomba Alonso:

-Sainete cómico “La niña de Juana o el Descubrimiento de América”, interpretado por Julia Mª de la Purificación Sobrino González, Teresa Pena Álvarez e Isidro Parada de la Torre.

 -Enrique Silva Silva como Xan D`Outeiro con un monólogo.

-Grupo de Gaitas de Novás, Hermanas Mon (Carmen e Chelo Alonso), “pusieron en el Festival una nota de alegre colorido”.

-Actuación dos “Magos de la Armónica”, Enrique Silva Peniza e Jesús Alonso Lomba.

-“Los dos Payasos”, con Juanito Cólera Leirado e Manuel Gil Vicente.

-“Coro Femenino a tres voces”.

-No apartado “Grandes Canciones para Grandes Voces” actuaron: Gloria Baz Alonso; Julita Sobrino González; Teresa Pena Álvarez; María Trinidad Alonso Alonso; Irmáns Chelo e Carmen Alonso; Cielo Sesto Álvarez; Irmáns Matos (María Josefa e Carmen; Gloria Silva Peniza; Hortensia Martínez Vicente; Gelucha González Ferreira; Jesús Alonso Lomba; Manuel Gil Vicente; Juan Antonio Álvarez Otero; Fito González Lomba; Antonio Pereira Portela, Joaquin Estevez Alonso e Santiago Estévez González.

Segue outro Festival Benéfico, nos días 11  e 13 de xuño deste 1960, este xa organizado pola Comisión de Festas do Monte. Dirixía tamén Miguel Torrón e colaboraban na dirección Emilio Alonso Freiría e Manuel Ferreira Pérez.

anterior        seguinte