www.galiciasuroeste.info

Margarita Ramona Álvarez

Por José A. Uris Guisantes

 

Pais de Margarita Ramona Álvarez no século XIX. A familia non ten idea dos nomes e data exacta.

 

No teño datos de nacemento nin quen era seus pais. Estaba casada con Andrés Vicente Peniza (viúvo). Tiveron os seguintes fillos: José Luís Pepe, Ramona e Dolores Vicente Álvarez. Tiñan un meo irmán do anterior matrimonio de Andrés, era Benigno Vicente que emigrou a Cuba, onde faleceu, arredor de 1974.

 

Margarita Ramona Álvarez e seu esposo Andrés Vicente Peniza, casado en segundas nupcias. Non sei as datas do matrimonio. Fotografía cedida pola familia.

----------------------------

 

A tía Margarita era coñecida como Zampana, tiña outro meo irmán na emigración en Venezuela, de nome Enrique Vicente tío Enrique, falecido na vivenda familiar de Ricardo Rodríguez Franco na prazoleta da Guía arredor de 1967.

 

Margarita Ramona Álvarez  a cabalo pola estrada de Baiona. Traballou ata que non podía mais. Fotografía de 1950 cedida por José A. Martínez Vicente.

--------------------------------------

Dolores e Ramona Vicente Álvarez de solteiras, fillas de Margarita Ramona Álvarez e Andrés Vicente Peniza. Fotografía cedida pola familia de Ramona.

-----------------------------------

 

Ramona Vicente Álvarez, nada en 1908,  casou con Santiago Martínez Videira, natural do barrio de A Cruzada, ebanista, falecido na emigración o 13 de xullo de 1957 en Maracaibo (Venezuela). A Venezuela chegara en 1951, como consecuencia do peche da empresa de ebanistería Florindo Rodríguez Álvarez S.C. (Sociedad en Comandita)[1]. Do matrimonio naceronSantiago, Mª Victoria, José Antonio e Camelia Martínez Vicente.

 

O fillo maior, Santiago tamén estivo con seu pai na emigración, casou elí e o falecer o pai seguíu traballando ata que fai poucos anos foi un dos retornados da diáspora axudado polo goberno español. Agora viúvo vive en Barcelona cos fillos.

 

Familia de Santiago Martínez Videira e Ramona Vicente Álvarez, con seus fillos Santiago, Mª Victoria, José Antonio e Camelia Martínez Vicente en 1950

-------------------------

 

A Santiago súa familia lle celebrou un funeral  o 17 de xullo de 1957 na parroquia de A Guarda. Era párroco don Francisco Sáa Aldir. Como curiosidade para aqueles que estuden a época poden comprobar a estas alturas do novo século os precios daquela: Cinco sacerdotes 150 ptas; misa, 20 ptas; sacristán, 20 ptas; monaguillos, 20 ptas; derechos del cura párroco, 100 ptas; coadjuctores, 71 ptas; derecho de Culto, 25 ptas; derechos del Seminario, 40 ptas; responso dominical, 50 ptas; gastos de cera, 15 ptas; misa salida, 80 ptas.  Total 605 ptas.

 

Santiago Martínez Videira en Maracaibo (Venezuela) no ano 1953. Fotografía cedida por seu fillo José Antonio Martínez Vicente.

---------------------

 

Na fotografía, José Antonio Martínez Vicente, nai Ramona, avoa materna, Margarita Ramona Álvarez; irmá Camelia Martínez Vicente co fillo no colo, seu esposo José Ayala; irmá Mª Victoria Martínez Vicente (q.e.p.d.), agochado co fillo Santiago, Manuel Pacheco (q.e.p.d.), esposo de Mª Victoria.

-------------------

 

Lembro que  a tía Ramona a raíz da victoria e confiscacións dos bens e cartos nos Bancos dos emigrantes españois e galegos por Fidel Castro Ruz, viña á Botica Vázquez para enviar a seu meo irmán Benigno Vicente, medicinas que este non podía conseguir en Cuba, ademais de non ter cartos.

 

Por exemplo Vit B12 inxectable (valía a caixa a 75 ptas).Un envío por avión de 150 gramos  con 4 caixas de vitamina B12 custaba 190 ptas. Lembro tamén enviar graxeas de Pantobionta a 63 ptas caixa, Artrodesmol compr., etc.etc. en marzo, outubro e novembro de 1972 foron as remesas enviadas ata que faleceu Benigno sen poder retornar a súa terra patria por falta de cartos e cun grave problema hepático-biliar que agravaba moito máis a tristeza e morriña por voltar a súa terra natal.  

 

Ramona unha vez seu home en Venezuela para subsistir no día a día alugaba a casa no verán a familia de As Palomas da que era abandeirada é embaixadora da Guarda a enfermeira Sta Mª Asunción Espinosa Ferrándiz.  Lembro a súa sobriña Cuski montada no cabalo da tía Margarita a trote por Fedorento o igoal que as amazonas co cabelo ruibo ó vento…

 

Dolores Vicente Álvarez Lola, casou con Ricardo Rodríguez Franco, ebanista, nacendo Margarita e Mª Ascensión Rodríguez Vicente (falecida en 2011). Ricardo tamén emigrou a Venezuela nos anos cincoenta. Cando volve  monta un pequeno taller de carpintería na rúa Calvario (Casa de La Abuela) con Jaime Baz Rodríguez ata a xubilación.

 

Ricardo Rodríguez Franco e Dolores Vicente Álvarez recén casados. Pasaron a vivir na 4ª Trasversa Solanas, preto da prazoleta de A Guía. Fotografía cedida por José A. Martínez Vicente.

---------------------

 

Jaime Baz Rodríguez ebanista que traballou con Gumersindo Álvarez, Ricardo Rodríguez e algúns anos antes con meu tío José Benito Guisantes Rodríguez. Fotografía cedida por Ana Isabel Baz  Martínez, filla mais nova de Xaime Baz

----------------------------

 

Segunda vivenda de Ricardo e Lola construída arredor de 1960/62, anos máis tarde pasaría a ser da difunta filla Mª Asunción e esposo Antonio Villaverde. Do matrimonio naceron dúas fillas.

-----------------------

 

Casa familia de Ricardo e Lola hoxe propeidade de filla maior Margarita Rodríguez Vicente, casada con Enrique Silva, na 4ª Travesa Solanas. Deste matrimonio naceron Ricardo Richar e Dolores Loli.

------------------

8 de setembro de 1971, festividade da Virxe de A Guía, día no que recibíu a primeira comuñon Santiago Pacheco Martínez. A esquerda seu pai, Manuel Pacheco, nai, Mª Victoria Martínez Vicente, avoa materna, Ramona Vicente Álvarez, avoa paterna Bárbara Pacheco e tía paterna Primitiva Pacheco. Fotografía cedida por José A. Martínez Vicente

------------------------------------

 

Romaría no Trega en agosto de 1975. En primeiro plano Camelia Martínez Vicente e seu fillo Francisco Ayala Martínez. O lado membros da Banda Mau Mau.Fotografía cedida por José A. Martínez Vicente.

---------------------------

 

Mª Victoria  e Camelia tamén emigraron a Barcelona fai bastantes anos, onde seguen seus fillos e netos.  Mª Victoria faleceu fai anos o igoal que seu esposo Manuel Pacheco do que estaba separada. Camelia segue en Barcelona atendendo de fillos e netos axudada por seu esposo José Ayala. Santiago, como dixen está en Barcelona con seus fillos e netos, pasando de cando en vez a visitar a súa vila natal. José Antonio, casado con María Socorro Cori de O Rosal, teñen un fillo é unha filla é foi o que quedou no seu día ó coidado da súa nai Ramona, traballando de carpinteiro, logo no almacén de mobles de Enrique Baz Baz, para xubilarse antes de tempo debido a un accidente de tráfico derivado de seu traballo.

José A. Uris Guisantes

_________________

[1] Combinación de sociedade persoal e sociedade de capital. Uns socios responden as obligacións con seus bens (incluso personais), outros socios (comanditarios) responden polas obligacións da sociedade soamente ata o monto de sua inversión non pagada.