PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

MARÍTIMO

Marítimo Portela Rodríguez

por José Antonio Uris Guisantes

                      Fotografía de Marítimo Portela Rodríguez en xullo 1981 no lugar de Cachiños. Detrás da bandeira vermella está a casa de Marítimo, hoxe desaparecida, no seu lugar está o edificio Atlántico. A fotografía é da autoría de José A. Uris, feita catro anos antes do falecemento de Marítimo, en setembro de 1984. Na fotografía da esquerda podemos ver ó fondo a casa de Marítimo. Na dereita  ó fondo o monte Terroso.

 

                      Marítimo Portela Rodríguez nacera en 1899, a bordo dun barco de pasaxe en ruta  Brasil-España. Foi un personaxe popular e estimado na Guarda, de pequeno sufrira un ataque de meninxite quedando con uns pequenos defectos físicos faciais e psicolóxicos, aínda que desenrolando outros aspectos persoais. Casado con Antonia Portela Portela, falecida en xullo de 1986, matrimonio do que naceu Juan Portela PortelaJuanito”.

 

                      Para min foi o primeiro ecoloxista que coñecín, recollía cacharros, pezas de plástico ou calquera anaco de algo que aparecera tirado nas cunetas ou beira rúas, para de seguido poñelo enriba dunha parede, atado nun pao ou en calquera buraco, sempre ca intención de retiralo de onde molestaba.

 

                      Tiña unha verdadeira obsesión cas bandeiras, aproveitando calquera trapo de cores para poñelo nun pao como ir con el cómo si fose un símbolo de distinción.

 

                      Ocupábase gratuítamente de apaga-lo alumeado público das rúas principais da Vila [de   aquela nun había cédulas fotoeléctricas que apagasen - como hoxe en día- o alumeado das rúas].

 

                      Todo elo no mandato do Alcalde José Luís García Pérez. Polo serán acendía, de unha en unha, os farois públicos é as 8,30 da maña baixaba as chaves de conexión, tamén de unha en unha, verán é inverno, chovera ou escampara, sen cobrar un solo céntimo.   

 

                       Vivían no lugar de Cachiños axudados pola familia de Antonia e polo que enviabo seu fillo Juanito dende Madrid, onde traballaba con Domiro Riego Portela, o seu primo. Os rapaces, aló polas festas da Virxe da Guía, íamos coller uvas na parra que tiña na quinta e,  na época dos figos, tamén entrabamos a collelos...... outros rapaces se metían con Marítimo de palabra, chamándolle cousas ... que non veñen hoxe o conto.

 

                        En fin, este era outro bo home guardés... ¡descanse en paz!.