|
|
Mércores, 31 de marzo de 2010 A Semana Santa guardesa enriquece os seus actos coa recuperación do Desencravo o Venres Santo Hai tres anos o párroco da Guarda, Jesús García Villadóniga, enriqueceu a celebración da Semana Santa guardesa coa recuperación da Procesión do Encontro que ten lugar na mañá do Venres Santo, nunha cita que congrega na Praza do Reló, onde se celebra, a un importante número de seguidores da Semana Santa guardesa. Este ano o Venres Santo recuperará un novo fito: o Desencravo. Unha teima do párroco que soubo, hai un ano, durante a pasada Semana Santa, que esta escenificación do descenso de Cristo da Cruz se facía xa hai moitos anos nesta localidade, segundo pudo coñecer por boca de feligresas de avanzada idade que lembraban na súa nenez ter participado deste ritual, aínda que non recordaban os pormenores do mesmo. Ás seis da tarde, no interior da igrexa de Santa María, vai ter lugar o Desencravo. A imaxe do Santo Cristo Xacente, obra do escultor guardés Cándido Sobrino que a tallou en madeira de cedro en 1880, e que poucos guardeses saben que é unha figura articulada, presentarase cravada na Cruz, que se conserva á entrada da sacristía. Coa participación de fieis e membros activos da Semana Santa guardesa, procederase ao Desencravo. O Santo Cristo Xacente pasará posteriormente a urna que participará na penúltima das procesións da Semana Santa Guardesa, a do Santo Enterro, o venres ás nove da noite. De momento o Desencravo non ten unha Confraría que anime esta escenificación, pero Jesús García Villadóniga, o párroco, da Guarda, dá con este acto os primeiros pasos para lograr que quizais a Semana Santa Guardesa se enriqueza cun novo paso en vindeiros anos. O párroco definiu esta cita, ademais de coma unha recuperación das tradicións perdidas, como “unha experiencia de piedade e de fe onde a xente experimenta o momento do desencravo de Cristo”. Explicou o titular da parroquial de Santa María, que houbo de encargar algúns elementos que non se conservaban coma os cravos, a coroa de espiñas e a táboa coa lenda ‘Inri’.
Mércores, 31 de marzo de 2010 ORPAGU impartió ocho cursos de formación del DEA y mantiene abierta una sala de formación individual Procurando la formación del sector pesquero, la Organización de Palangreros Guardeses (OR.PA.GU.) ha impartido ocho cursos de formación para patrones y armadores con simulación de la actividad pesquera que realizan diariamente con el fin de que los profesionales se familiaricen con la aplicación del nuevo Diario Electrónico de Pesca (DEA). Los cursos se distribuyeron en una parte técnica y otra funcional. En la primera, un técnico informático especializado ha explicado los pasos a seguir durante la descarga del software, la instalación, el registro y la puesta en funcionamiento. En la segunda parte, y gracias a la colaboración del personal técnico del Distrito Marítimo de A Guarda, se han seguido paso a paso todas las funciones de la aplicación (entradas, salidas, cruces de zona, transbordos, descargas y fin de marea). Además, la asociación ha habilitado una sala para impartir formación individualizada a aquellos patrones que no hayan podido asistir a los cursos de formación o bien a aquellos que todavía tengan dudas o dificultades con respecto al funcionamiento de la aplicación.
Mércores, 31 de marzo de 2010 Horarios de distintos servizos da Guarda en Semana Santa O concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, informa dos horarios que se estableceron para oficinas e museos locais durante esta semana Santa. A Oficina de Turismo do Monte Santa Trega estará aberta, ata o domingo, desde a 11.00 ás 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O MASAT- Museo Arqueolóxico de Santa Trega terá horario ininterrompido desde as 09.30 ás 20.30 horas. O Museo do Mar-Atalaia abre de xoves ao domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O punto de información de peregrinos, no despacho do ferry está operativo de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas Finalmente, o Ferry A Guarda-Caminha amplía o seu horario desde o xoves ao domingo con motivo da Semana Santa, tendo a súa última saída de Caminha ás 21.00 horas, e da Garda, ás 21.15 horas.
Martes, 30 de marzo de 2010 A Deputación aproba o 100% dos proxectos do PID presentados polo concello da Guarda cun investimento total de 859.732 euros A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o proxecto de urbanización da rúa Mariano Ordóñez, no municipio da Guarda, no que serán investidos 229.737.21 euros do Plan de Investimentos da institución (PID). Coa aprobación deste proxecto, a Deputación deulle xa o visto bo ó 100% das obras presentadas polo concello de A Guarda, municipio no que o ente provincial investirá un total de 859.732 euros na execución de catro actuacións no período 2009-2011. Ademais da obra mencionada, executaranse a urbanización da rúa da Cal, na fase II; a urbanización da rúa Ramón Sobrino e a pavimentación de diversas rúas no concello. O PID 2009-2011, dirixido a colaborar e fomentar o desenvolvemento dos concellos da provincia, achegará en total uns 70 millóns de euros que irán destinados a acometer máis de 520 obras na provincia e posibilitarán máis de 3.000 postos de traballo. As cantidades asignadas aos concellos do Plan de Investimentos da Deputación repartíronse tomando como criterio o 50% de poboación e o 50% de superficie. Segundo informou o deputado Chema Figueroa “a Xunta de Goberno leva aprobados xa 41 millóns de euros, o que supón preto do 82,40% do PID esperando aprobar, durante o mes de marzo, o 100% dos proxectos e adxudicacións o que significará unha inversión de 50 millóns de euros”.
O Goberno guardés rexeita a moción presentada polo BNG en defensa do Ferri O pasado venres 26 de marzo, o pleno do concello discutiu unha moción presentada polo BNG sobre o ferri A Guarda – Caminha. A moción foi rexeitada polo grupo de goberno. Para o BNG a comunicación fluvial entre a Guarda e Caminha é algo irrenunciábel, sendo o principal atranco que atopa a continuidade do servizo os custos do dragado do río para habilitar a canle de navegación. Dende o BNG consideran que é básico que calquera actuación que se faga no río Miño teña un carácter integral, facendo compatíbel a actividade pesqueira, de suma importancia para a economía local, co mantemento desta vía de comunicación. Na moción presentada polo BNG se solicitaba un compromiso firme e público, por parte do Goberno central, coa continuidade do ferri entre A Guarda e Caminha; o inicio de estudos para a realización dun dragado que faga compatíbel a actividade pesqueira e a comunicación fluvial entre A Guarda e Caminha, pero, di o portavoz do BNG Xan Lois Lomba, incomprensibelmente o grupo de goberno votou en contra cuns argumentos carentes de contido. O BNG considera que o alcalde da Guarda, Xosé Manuel Domínguez Freitas, e o seu goberno, prefiren primar os intereses de partido aos intereses da Guarda ao votar en contra desta proposta, simplemente para non molestar ao Goberno central, en vez de encabezar as reivindicacións dos veciños e da Guarda que ven como esta vía de comunicación pode chegar a desaparecer se non se toman medidas para impedilo. Resulta lamentábel, remata afirmando o portavoz nacionalista, que Domínguez Freitas renuncie a exercer de alcalde da Guarda e asuma, unha vez máis, ser a correa de transmisión do Goberno central do PSOE impedindo un acordo plenario que lle daría respaldo ás xestións que como grupo de goberno teñen que facer diante do Goberno central.
Concurso para a selección do cartel da terceira edición do Rock and roll Dance Party!!! A Asociación Cultural Sopadesobre, da Guarda (Po), no seu afán de facer partícipes a todas aquelas persoas que o desexen, convoca o 1º concurso para a selección do cartel promocional do festival “Rock and roll dance party!!!” que se leva a cabo dende fai tres anos na estación de autobuses da Guarda no mes de agosto. BASES 1.- Poderá participar neste concurso calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro. 2.- Para entrar en concurso, os traballos deben ser orixinais e poderán estar realizados nunha ou varias cores, sen límite en canto ás técnicas, o tamaño final de impresión será o A2 e deberá deixarse espazo de abondo para incluir o nome de tres grupos. 3.- No que atinxe á temática, ésta será libre. Deberá incluirse obrigatoriamente: “III Rock´n´roll dance party!!!”, a data: 6 de agosto de 2010, e o lugar de celebración: estación de autobuses da Guarda. 4.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, DNI, enderezo e número de teléfono de contacto. No caso de que algún participante presente máis dun traballo deberá presentar cada un cun pseudónimo diferente. 5.- Os traballos deberán ser enviados por correo postal ó seguinte enderezo: A.C. Sopadesobre. R/ Calvario nº 2. 36780 A Guarda. Pontevedra, presentando unha copia en papel (A4) e outra copia en soporte dixital. Tamén poderán presentarse do mesmo xeito na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello da Guarda. 6.- O prazo de presentación de carteis pecharase o 15 de maio de 2010 ás 20.00h. 7.- O resultado do cartel gañador darase a coñecer no momento que se estime oportuno. 8.- A A. C. Sopadesobre poderá difundir o traballo gañador do xeito que considere oportuno e disporá de tódolos dereitos sobre o mesmo. 9.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.
Martes, 30 de marzo de 2010 Cruz Roja Española Baixo Miño abre el plazo de inscripción para un nuevo curso de primeros auxilios que se realizará en A Guarda Cruz Roja Española en A Guarda convoca un curso de interés Sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios, El curso de Primeros Auxilios, baremable para el Sergas, tiene una duración de 40 horas teórico-prácticas, y se celebrará los días 8, 15 y 29 de mayo, y 5 de junio con el siguiente horario de 10.00 a14.00 y de 16.00 a 20.00 horas. El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos. En su estructura el curso incluye los siguientes módulos: Autoprotección y Evaluación inicial del paciente, El cuerpo humano y Soporte Vital Básico, Actuaciones clásicas de socorrismo, Shocks, Hemorragias, Traumatismos, Evacuación de heridos, Intervención en accidentes con múltiples víctimas, Accidentes domésticos, Situaciones de urgencia y Prevención de accidentes. El número de plazas es de 20, y la realización del curso, que tiene un coste de 120,20 euros, queda sujeta a que se cubran un mínimo de 15 plazas. El plazo de inscripción termina el miércoles 5 de mayo, o antes si las plazas ofertadas son cubiertas, se respetará el orden de inscripción. Para inscribirse u obtener más información, las personas interesadas pueden dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo (al lado de la iglesia Parroquial), o llamar a los teléfonos 986 61 46 09 ó 606 34 84 71
Martes, 30 de marzo de 2010 Resultados del Balonmano Atlético Guardés 1ª Nacional Femenina FEVE GIJON 29-MECALIA AT.GUARDES 24
Informa Ignacio Saa El Mecalia se despide de la liga 2009-2010 con una nueva derrota ante un rival en principio asequible, pero que al contrario de las nuestras, que no se jugaban puesto alguno en la clasificación, ellas se jugaban el descenso, y si que lo pelearon muy duro. Consecuencias; además de poner en evidencia la crisis de juego del At. Guardés, resultaron lesionadas dos de nuestras jugadoras claves, Andrea y Alba, impidiendo a esta última acudir a la convocatoria de la Selección Española. Una vez rematada la competición oficial, desde la grada queremos hacer algún comentario. 1º.-El equipo de la pasada temporada, con básicamente las mismas jugadoras, luchaba con garra hasta el último segundo, arrancando victorias increíbles. Esta temporada faltó conjunción, faltó garra, y como consecuencia, se perdieron partidos que en condiciones normales se deberían haber ganado. 2º.-Mientras las anteriores temporadas, el equipo transmitía la sensación de disfrutar jugando, en esta, aparecía descordinado y apático, falto de ideas y haciendo cada cual la guerra por su cuenta. 3º.-El equipo técnico se aferró en todo momento a un esquema que no funcionaba y no probó alternativas. 4º.-Jugadoras de gran proyección se estancaron (cuando no retrocedieron), y entendemos que es responsabilidad del equipo técnico, que esto haya sucedido. (Las jugadoras jóvenes y con cualidades deben aprender y es misión de los técnicos el tutelar su progresión) 5º.-El fichaje no aportó, ni de lejos, lo que se esperaba de una profesional. 6º.- Todo proyecto balonmanistico con ciertas apiraciones competitivas pasa por contar con una buena portería. Lo de siempre, los partidos se ganan en defensa. Todo esto y quiza más, se detectó desde la grada, y aunque cada uno tiene sus opiniones, la sensación generalizada es que algo no funciona en el equipo. La Directiva tiene ante sí una difícil tarea, la de tratar de detectar y soucionar el problema, recomponer el equipo y que volvamos a identificarnos y a disfrutar con él. Estamos seguros de que así será. Clasificación Final.-Tras la Jornada número 22
1ª Autonómica Masculina
La Pizzicata At. Guardés 32- B.M.Deza 23 Buen partido de los guardeses ante un Deza cargado de años y al parecer con ausencias por lesión. De todas formas, el At. Guardés jugó a gran nivel, disfrutó y nos hizo disfrutar a los pocos aficionados que nos acercamos a Sangriña. Lástima que la irregularidad de este equipo y su corto recorrido (no hay ningún equipo en categorías inferiores para darle proyección de futuro), no atraiga a la afición, y digo lástima porque puede ofrecernos un balonmano ágil y brillante.
Juvenil Femenina La Pizzicata At. Guardés 27- B.M.Porriño-Salceda 21
Resultados y clasificaciones del Sporting Guardés tras disputarse los partidos del pasado fin de semana Informa Víctor M. Lomba El siguiente desplazamiento de los seniors es al campo del Ribera, por lo que se espera, al igual que el el partido de ida, un "derbi" de lo más interesante.
Martes, 30 de marzo de 2010 Exposición do POL (Plan de Ordenación do Litoral) ata o 16 de abril Tal e como se comprometera o grupo de goberno do concello da Guarda, desde hoxe, e ata o vindeiro 16 de abril estará a exposición pública, nas oficinas de Urbanismo do concello, o POL (Plan de Ordenación do Litoral) que tramita na actualidade a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poden consultalo en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Asamblea anual de socios da Asociación San Xerome O pasado sábado tivo lugar, nas instalacións do Centro San Xerome, na Guarda, a Asemblea anual de socios correspondente ao exercicio de 2009. A Asembela iniciouse cunha emotiva homenaxe a Basilio Moreira Carrero, membro da Xunta Directiva recentemente falecido. Trala aprobación da Acta correspondente e o estado de contas, procedeuse á renovación da Xunta Directiva, da que é baixa Francisco Fernández . A Xunta Directiva actual está formada por: Asunción Dacuña, José M. Tato, Bernardino Estévez, José Ricardo Pravio, Carmen Diego, Carolina Ordóñez, Emilio Alvarez, Pablo Martínez, Eulalia Amorín e Antolín Cadilla súmanselle agora Emilio Lomba e Víctor González. Na primeira reunión da citada Xunta Directiva, asignaranse os cargos e funcións de cada un dos seus componentes. No capítulo de rogos e preguntas fíxose unha exposición da situación actual do conflicto laboral existente por motivo do horario, ratificándose tanto a Xunta Directiva como os representantes dos traballadores na vía do diálogo como único camiño para superar as diferenzas.
Luns, 29 de marzo de 2010 A varanda da Alameda substitúe aos peitorís metálicos menos axeitados aos valores arquitectónicos próximos Parte da varanda realizada polos alumnos dun dos Obradoiros de Emprego da Guarda, que limitaba ata novembro do pasado ano a Alameda polo lateral lindeiro coa Rúa Galicia, xa ten nova ubicación ao recolocarse en espazos que, polo seu valor arquitectónico, son máis idóneos a recibir un peitoril destas características que o enreixado metálico que posuían. Deste xeito, parte da mencionada varanda situouse en dous espazos próximos á igrexa parroquial de Santa María da Guarda: un, colindante co establecemento de Fotografía Gándara e o outro, coa perruquería Holga. Un terceiro tramo está xa colocado a carón da igrexa conventual de San Bieito, na rúa Concepción Arenal. Miguel Español, concelleiro de Vías e Obras, recolleu as mellores impresións dos veciños por esta actuación en consonancia cos valores da contorna onde se colocaron.
Luns, 29 de marzo de 2010 A Senda Litoral irá dotada de zonas de acceso ás rochas e aos camiños que entroncan con ela O pasado venres, o xefe do Servizo Provincial de Costas visitou á Guarda para comprobar o estado de execución das obras da Senda Litoral que vai dende o porto guardés ata a praia do Muíño. Durante o percorrido, no que estivo acompañado polo alcalde e polo concelleiro de Vías e Obras, puido comprobar o avanzado estado de execución das mesmas. Aínda que o prazo remata en novembro, moi probablemente estarán rematadas en xullo, segundo fontes da empresa. O treito que vai dende o Muíño ó Sollás, todo el en madeira, está practicamente rematado, así como o aparcamento da subida da praia, e no resto de tramos as obras están tamén moi adiantadas. Abordáronse asuntos como ás baixadas á costa para pescadores, mariscadores e persoas que no verán van ás rochas que quedarán debidamente acondicionadas, así como os entronques da senda cos camiños existentes que tamén serán solventados. O alcalde explicou ao responsable provincial de Costas que hai conversas adiantadas con varios propietarios para a adquisición ou aluguer de fincas para posibilitar aparcamentos nesta zona. Obras nas Docas da Pasaxe Durante a visita o xefe do Servizo Provincial de Costas anunciou que este departamento acometerá, no mes de maio, as obras de consolidación e mellora dos muros das Docas da Pasaxe en Camposancos co obxecto de recuperlas, xa que o seu estado actual está moi degradado debido á escorrentía das augas superficiais procedentes das choivas e do embate da auga da desembocadura do Río Miño no que están situadas. Nas Docas, que posúen un valor histórico, reconstruiranse as partes parcialmente derrubadas ou a punto de caer, e o muro será rexuntado de novo. Estas obras que terán un custo aproximado de 140.000 € serán financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural y Marino e posibilitarán a execución dunha segunda fase consistente na recuperación da zona dotándoa de aparcamento, beirarrúas e iluminación, o soterrando das instalacións que actualmente son aéreas e supoñen un risco para as actividades desenvolvidas na zona, ademais de conducir as augas das escorrentías e replantar o céspede deteriorado, recuperando así este espazo para o disfrute da cidadanía, converténdoo nun parque. Esta segunda fase levaráa a cabo o propio concello proximamente a través do Fondo de Inversión Local financiado polo Goberno Central.
Luns, 29 de marzo de 2010 XII Bandeira Concello da Guarda-Memorial Antonino Torrón no porto da Guarda O vindeiro xoves, día 1 de abril, celebrarase as 16.00 horas a tradicional regata de bateis na que se porá en xogo a XII Bandeira Concello da Guarda-Memorial Antonino Torrón. O Club de Remo Robaleira invita a todos a pasar unha tarde festiva animando aos nosos remeiros con bombos para celebrar esta gran festa do remo guardés.
Sábado, 27 de marzo de 2010 Informa: Víctor M. Lomba
Balonmano Atlético Guardés Informa: Ignacio Saa
1ª Nacional Femenina El Mecalia se desplaza a Gijón para enfrentarse el sábado a las 19.00 horas al FEVE de esa localidad en el Palacio de los Deportes, en lo que será el último encuentro de la liga regular 2009-2010. Mientras las gijonesas necesitan los puntos para tratar de eludir el descenso, las guardesas no se juegan más que su honorabilidad y credibilidad como equipo.
1ª Autonómica Masculina Sábado 27 a las 19.00 horas en A Sangriña
La Pizzicata At. Guardés – B.M.Deza Los guardeses necesitan los dos puntos para seguir abriendo brecha y alejarse del descenso. Los de Lalín ocupan la 1ª plaza de esta fase.
Juvenil Femenina Domingo 28 a las 10.45 horas en A Sangriña La Pizzicata At. Guardés- BM Porriño-Salceda
Sábado, 27 de marzo de 2010 Para a oposición, o goberno guardés amosa unha falta de compromiso cos afectados pola senda litoral Trala solicitude de pleno extraordinario rexistrada o pasado 8 de marzo no concello da Guarda, asinada polos concelleiros das tres forzas políticas da oposición guardesa, Partido Popular, Terra Galega e Bloque Nacionalista Galego, na que se recollía a proposta dos veciños da rúa Fernández Albor, o pleno, recordan desde estas dormacións, tivo lugar o martes 23 de marzo. A esta convocatoria asistiu unha representación dos veciños afectados polo proxecto en execución da senda litoral, que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente e a Dirección General de Costas, entre o porto da Guarda e o Puntal. Ao finalizar o pleno os veciños manifestaron o seu descontento polo voto negativo do PSOE rexeitando a proposta defendida pola oposición. Os grupos da oposición consideraron unha tomadura de pelo a predisposición inicial do portavoz socialista, Miguel Español, e do alcalde, Xosé Manuel D. Freitas, que finalmente deixaron patente a súa desidia e falta de apoio ás propostas dos veciños, quedando desestimado o único punto do pleno extraordinario polo voto negativo de todos os membros do grupo socialista.
Sábado, 27 de marzo de 2010 Domínguez Freitas sae ileso dun accidente en Vigo O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freita, saíu ileso, onte, dun accidente acontecido a uns douscentos metros da saída do túnel da Madroa, en Vigo, cando, por causa da pedraza da calzada, perdeu o control do vehículo que conducía que foi bater violentamente contra a mediana e xa sen poder dominalo continuou esvarando índose contra un dos gardarraís onde quedou empotrado. O vehículo, practicamente destrozado na parte dianteira, absorbeu o impacto e, afortunadamente, José Manuel Domínguez Freitas non sufriu dano algún, pudendo presidir ás 20.00 hora o Pleno Ordinario do concello da Guarda.
Sábado, 27 de marzo de 2010 Espaderos Guardeses denuncia que tres meses después de la entrada en vigor del DEA sigue sin salir la Orden Ayudas prometida por el MARM La Asamblea General de Espaderos Guardeses, celebrada el pasado 25 de marzo, denuncia que cuatro meses después de la entrada en vigor del Diario Electrónico de A Bordo el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino sigue sin publicar la Orden de ayudas para sufragar parte del cuantioso desembolso que han tenido que realizar los armadores para implantar, a tiempo, la tecnología necesaria. Espaderos Guardeses considera que dada la crisis económica general, que afecta al sector pesquero agravada por el bajo precio del pescado en origen, el alto coste de los inputs energéticos y las dificultades de acceso a líneas de financiación, la Orden de ayudas debería haber sido publicada simultáneamente con la Orden que establecía la entrada en vigor a partir de enero de 2010 y que fijaba las medidas técnicas y características de las aplicaciones tecnológicas que requiere el DEA. No es de recibo que cuatro meses después de la entrada en vigor del DEA y de que los armadores hayan invertido en las instalaciones requeridas, la Orden de ayudas siga sin publicarse, y que la propia Ministra, Elena Espinosa, en una respuesta escrita en el Congreso reconociese que aún se estaba elaboración dicha orden, y que el Secretario General del Mar en diversas ocasiones haya anunciado su publicación. La Asociación también manifiesta su desacuerdo con la tardanza en la puesta en marcha del Registro Especial para Atuneros y Palangreros, para el que desde abril de 2008 se aprobaron las directrices comunitarias que permiten ofrecer a los buques comunitarios que faenan fuera de aguas de la comunidad, lamentablemente sólo a estas dos flotas, unas ventajas similares al Registro Especial de Canarias para poder competir con otras flotas así como mejoras las fiscalidad de las tripulaciones a bordo. La Asamblea de espaderos Guardeses destaca que la única disculpa posible comunicada por la Ministra era el permiso Comunitario que ya está logrado hace dos años. En el 2008, el Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino se comprometió a desarrollar este tema dentro de un plan de Viabilidad de la Flota. A partir de ahí los responsables pesqueros españoles, sólo nos han ofrecido posibilidades de incluirlo en proyectos de leyes o en modificaciones de otras en vigor, pero nunca realidades, sólo palabras.” Así mismo, manifiesta su satisfacción por el resultado de la XV Asamblea de Cites, celebrada del 13 al 25 de marzo en Doha (Qatar), en cuanto, a la no inclusión de especies marinas, en los Apéndices I y II, como el atún rojo o algunos escualos. A pesar de la propuesta Comunitaria apoyada y votada por España en la reunión de Doha, que estuvo a punto de conseguir que los esfuerzos de la flota española en los Organismo Regionales de Pesca, como ICCAT, se vieran frustrados por una decisión al margen de los comités científicos de estas Organizaciones. Afortunadamente, la racionalidad y el respeto a los informes científicos, se impuso gracias a otros países miembros de Cites, ganando la partida a propuestas forzadas por determinados intereses políticos, que no científicos, que defendían la administración Española y Comunitaria. Los armadores son los más beneficiados por la conservación y la sostenibilidad de los recursos, pero siempre basada en informes científicos y no en decisiones tomadas bajo presión de organizaciones medioambientalistas. Dejar en manos de CITES la gestión de las pesquerías podría haber sido un precedente nefasto, con consecuencias incalculables, para toda los segmentos de flota.
Xoves, 25 de marzo de 2010 Os orzamentos do concello da Guarda para 2010 acadan algo máis de sete millóns de euros e conxelan as dedicacións e indemnizacións dos políticos Os orzamentos do 2010 do concello da Guarda serán levados ao pleno mañá, día 26 de marzo, tras pasar pola Comisión Especial de Contas e Asuntos Económicos, co ditame favorable dos representantes do equipo de Goberno e a abstención dos membros representantes dos grupos da oposición. O orzamento da entidade local para o 2010 acada a cifra de 6.779.000€ e o do Padroado 264.490€, polo que o orzamento consolidado do concello da Guarda para 2010 supón a cantidade de 7.015.814€. Nestes orzamentos están conxeladas as indemnizacións por asistencias a Plenos, Comisións informativas e Xuntas de Goberno. Así mesmo, tamén seguen conxeladas as dedicacións a membros do equipo de goberno, tanto a dedicación parcial como a total. Medida que xa se aplicara o ano pasado. Do mesmo xeito, non se subiu ningunha taxa ou imposto para o ano 2010, aplicándose ás taxas máis importantes o IPC (do mes de abril que é o que se vén tendo en conta no concello da Guarda, por acordo de todos os grupos), e que foi negativo -0,2%. A concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes Álvarez, destaca dos orzamentos do 2010 o capítulo de inversións, que acada a cifra de 655.067,86 euros, respecto deste montante o concello logra que un 47,55% sexan aportacións doutras administracións. Dentro da relación de inversións a edil de Facenda menciona a urbanización Rúa Galicia, 2ª anualidade; inversións no Centro Cultural, infraestructuras Monte Santa Trega, no Campo de fútbol e en aforrro enerxético. Ademais, duranteo 2010, e dentro do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, o concello da Guarda realizará as seguintes obras: rexeneración do entorno das docas da Pasaxe; humanización da praza da Guía; instalación solar termodinámica na piscina municipal; construcción dun centro social en Salcidos; beirarrúa na estrada entre San Roque e o Castro; ampliación da rede WIFI; beirarrúas no barrio de Solanas (no entorno dos colexios e gardería) e a 2ª fase urbanización do camiño do Couto. Asi mesmo, destaca Montserrat Magallanes, dentro do plan de austeridade que está aplicando o concello hai partidas do orzamento que se minoran un 37% como poden ser os gastos protocolarios. Xunto con isto hai un control por parte das diferentes concellarías que ten repercutido nun menor gasto, citando como exemplos a reducción en custos como o da auga, o consumo en electricidade ou teléfonos. Desde a Concellaría de Facenda explican que cos presupostos de 2010 séguese mantendo a calidade dos servicios públicos que se prestan dende o concello.
Xoves, 25 de marzo de 2010 Actividades de integración escolar do Centro San Xerome co IES A Sangriña Continúa levándose a cabo, con moi boa acollida entre as familias e os usuarios do colexio San xerome, da Guarda, o programa de ocio “Móvete, reláxate e … respir@”, un servizo que promove actividades de ocio e integración cos usuarios do colexio e outros centros. No terreo de ocio, e como unha actividade máis do Programa de integración cos alumnos do IES a Sangriña, Bruno Estévez e David Barbosa atópanse ata o sábado, día 27 de marzo, na Estación de esquí de Andorra con outros 35 alumnos e tres profesores do instituto. Por outra banda o grupo de teatro Xeratrium está a ultimar os ensaios para o estreno das obras “Moito ruido e poucas noces e “O retorno de Rebeca”. Estas obras presentaranse a concurso nos certames da “4ª Mostra de Teatro escolar e afeccionado do Miño” e de Educación Vial, da Dirección Xeral de Tráfico.
Xoves, 25 de marzo de 2010 Arranxado o teito da segunda das construccións castrexas do Trega que tiña un importante deterioro O monte Santa Trega ofrece xa, aos visitantes, as dúas vivendas castrexas reconstruídas con novo teito. A última en repararse corresponde á edificada en 1972 que presentaba muy deteriorado o colmo, e a vexetación, sobre todo as hedras, invadían o interior. Ademais os temporais deste inverno que vén de rematar contribuíron a abrir un importante oco no teito. Para esta vivenda, que se sitúa no sector da esquerda, segundo se sobe ao Monte, explicou Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio, mantívose o modelo tradicional, é dicir, sen cubrir o vestíbulo, aínda que se lle deu maior altura, de xeito que quen se achega ao Santa Trega pode ver agora mesmo dous exemplos de cubrición, que seguen as hipóteses que se manexan para estas construccións. A reconstrucción, explicou Javier Crespo, tivo un orzamento de 4.500 euros aportados polo Padroado Municipal Monte Santa Trega, para facer fronte á memoria, proxecto e control arqueolóxico baixo a dirección de Javier Luaces, mentres que a Dirección Xeral de Patrimonio fíxose cargo da execución de obra realizada por Terra Arqueos. Os experimentados teitadores do Bierzo, Antonio Trigo, “Chisco”, e Manuel Monteserín, foron os responsables de colocar o colmo, empregando palla de centeo traída expresamente de La Cepeda (Astorga). “Chisco” xa teitou, no ano 2009, a construcción situada á dereita da estrada de acceso. Estas dúas vivendas foran teitadas no ano 1999 por especialistas portugueses, sendo daquela concelleiro de Cultura Cándido Verde Andrés.
Mércores, 24 de marzo de 2010 Visita escolar ao litoral guardés Un grupo de 75 alumnos de 4º curso do Colexio Amor de Dios, de Vigo, participaron, nunha das actividades de educación ambiental organizadas por ANABAM para os centros de ensino que se desenvolven ata o próximo mes de xuño. Os escolares inauguraron as visitas guiadas do presente ano ao litoral guardés, n unhas actividade dedicada á conmemorar o Ano Internacional da Biodiversidade que se celebra durante este 2010. As visitas teñen lugar de mañá e nela poden participar os alumnos a partir de 1º da ESO. Contan, ademais do monitor de Anabam, cun caderno de traballo. O tramo obxecto de atención é o comprendido entre o porto da Guarda e a zona de Sollás. Os centros interesados poden obter máis información na páxina web de ANABAM: www.anabam.org ou chamando ao teléfono 986 61 17 99 (tardes)
Curso de Monitor de Tempo Libre organizado pola OMIX da Guarda A Omix do concello da Guarda organiza un Curso de Monitor de Tempo Libre que se desenvolverá os sábado e domingo, con data de inicio prevista para o vindeiro 27 de marzo, cando terá lugar a data de presentación. A duración do curso é de 200 horas teóricas e 150 prácticas, sendo o seu prezo 275 euros, ou 247,5 euros co Carné Xove. Pódese conseguir máis información na Omix ou chamando ao teléfono 986 61 45 46.
Mércores, 24 de marzo de 2010 A votación conxunta dos puntos da proposta sobre a Senda Litoral motivou o seu rexeitamento polo grupo de goberno O Grupo de Goberno votou, no pleno extraordinario de onte, en contra da proposta presentada polas tres formacións da oposición (PP, BNG e IV-TEGA), na que se recollían as peticións dos veciños da rúa Fernández Albor respecto das melloras que pretenden para a senda litoral e que se resumen en habilitar prazas de aparcadoiro ao longo da rúa, sinalizar zonas de carga e descarga, prazas de aparcadoiros para minusválidos e situación de contedores, así como o aproveitamento dun amplo espazo na rotonda de Santa Catalina destinándoa a aparcadoiro, e suspensión das obras mentres non se resolvan estes puntos. O PSOE, que sinalou estar de acordo con puntos, pediu a votación separadamente para cada un deles ao considerar que algúns estaba logrados, como a franxa de aparcadoiros na rúa, que posibilita unha lonxitude de 350 metros con esta finalidade, sinalou que as zonas de carga e descarga, así como reserva para minusválidos, sinalizaraas o concello, polo que o único punto que quedaba por lograr era a ampliación do aparcadoiro en Santa Catalina, que votarían favorablemente. No entanto, a oposición quixo que se votasen os puntos conxuntamente, o que motivou o rexeitamento da proposta. Xan Lois Lomba O portavoz do BNG, Xan Lois Lomba, presentou a proposta, lamentando que non fose lida polo alcalde ou a secretaria, respondendo Domínguez Freitas que se a proposta é da oposición, terá que ser esta quen a presente. Para o portavoz nacionalista, hai unha falta de sensibilidade do goberno local por este tema como o demostra que os afectados tivesen que acudir á oposición para solicitar un pleno denegado aos veciños e que se convoca tarde, pero se fai, contrariamente ao manifestado polo portavoz socialista Miguel Español, porque o esixe a lei, e non por respecto a eses veciños ou á oposición. Sinalou, ademais, que contrariamente ao manifestado aos medios de prensa pola Alcaldía, non se colmaron as aspiracións veciñais. Celso R. Fariñas O portavoz de TEGA, Celso Rodríguez Fariñas, solicitou coñecer que xestións e ante que organismos se realizaro por parte do goberno local, e a partir desta explicación sería posible entrar en debate. Fátima Iglesias Ferreira A portavoz do Partido Popular, Fátima Iglesias Ferreira, dixo que as propostas presentadas ao Pleno pola oposición, foron consensuadas cos veciños, pero tamén sinalou que non viña a discutir o anterior proxecto da senda litoral, ao que se referiu o alcalde antes da intervención da edil. Engadiu que o anterior rexedor, Alonso Riego, buscou neste tema, o consenso dos grupos políticos, aínda que Xan Lois Lomba sinalou que a el non o convocaran reuníndose só co que entón era concelleiro do grupo maioritario, e hoxe alcalde. Fátima Iglesias tamén se referiu ás xestións de Ana Pastor que, tras a súa visita á Guarda levou ao Congreso, o 4 de marzo, as melloras solicitadas polos veciños para este viario. Domínguez Freitas José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda, responsabilizou a todos os grupos municipais, incluíndo o seu propio grupo, de falta de responsabilidade neste tema ao non presentar, no seu día e cando o proxecto estivo a exposición pública, alegacións, recordando que o único colectivo que as presentou foi Anabam. Fixo memoria de que o proxecto, que vén de moitos anos atrás, dos tempos da alcaldesa Purificación Álvarez Álvarez, recordaría posteriormente Celso R. Fariñas, presentaba un só sentido de circulación desde o inicio da senda ata Santa Catalina; unha zona de aparcadoiro no piñeiral, que obrigaba a talar unha parte deste espazo, e outras cuestións, como un firme duro sobre o Seixal, que se foron corrixindo en aras a conseguir melloralo. Domínguez Freitas asegurou que antes do movemento veciñal, observando como se desenvolvía o trazado da senda en Fernández Albor, iniciaron xestións ante a administración para corrixir as deficiencias que vían, e recoñeceu que as firmas dos veciños, e o seu apoio e impulso nesta cuestión, contribuíron, xunto coas xestións do goberno local ante o Secretario Xeral do Mar, Martín Fragueiro, en Pontesampaio, a desbloquear unha situación polo que se puido recortar o ancho da senda para posibilitar, primeiro, 230 metros e conseguir, finalmente, os 330 metros que agora xa se contemplan como zona de aparcadoiro. Sen que se colmen todas as aspiracións, Domínguez Freitas considerou que cando esta obra finalice terá o parabén dos guardeses. Miguel Español O portavoz socialista, Miguel Español, explicou que foi imposible lograr de Costas que a senda litoral se aproximase ao bordo da calzada, recibindo como resposta un rotundo ‘non’ esta alternativa. Conseguiron corrixir a decisión inicial da Xefatura de Costas de recortar as beirarrúas próximas as casas, logo das queixas dos veciños que se opuñan, dixo Miguel Español, razoablemente a esta medida, lográndose que o recorte fose sobre a mesma senda. Xestiónase máis aparcadoiros Miguel Español, que fronte ás dúbidas de Celso R. Fariñas, asegurou que será o concello quen determine as zonas de carga e descarga, espazo reservado a vehículos de minusválidos e situación dos colectores, tamén adiantou que se colocará tres bandas para regular a velocidade dos vehículos, e anunciou que están realizándose xestións cos propietarios de parcelas non urbanizables para conseguir, a prezos razoables, novos espazos de aparcadoiro. Para casos puntuais, como puidesen ser determinadas celebracións, como a Festa da Lagosta, que afectan á zona do porto, poderíase optar por outras solucións momentáneas como permitir un aparcadoiro dobre e sentido único de circulación. Intervención veciñal Unha vez concluída a votación, un representante veciñal leu un comunicado en nome do colectivo de Fernández Albor no que se explica que a demanda principal só se logrará atendendo á totalidade das peticións presentadas polos grupos da oposición. Recordaron neste escrito a insuficiencia de prazas de aparcamento no porto, que motiva que os coches se sitúen en zonas onde non deben facelo, ata interrompendo as entradas dos garaxes ou o paso polas beirarrúas. Para o colectivo veciñal, as 76 prazas de aparcadoiro logrados nos 350 metros de Fernández albor, son insuficientes, necesitándose, segundo un estudo elaborado por eles mesmo, 49 prazas máis de día, que se elevan a 63 durante as noites de fin de semana, pero ademais precisaránse outras 220 prazas na Rúa do Porto. Lamentaron que non se incluíse no estudo de viabilidade da Senda un estudo sobre as necesidades de tráfico, e que nas xestións ante Costas non se fixese acompañar o grupo de Goberno dos representantes dos grupos políticos e veciñais. Os veciños demandaron coñecer por escrito como se poderá acceder ao porto cando se corte o único acceso por Concepción Areal. Finalmente, coñecedores da negativa de Costas a achegar a senda ao mar, consideraron que xuntos, veciños, forzas políticas e empresariais, poderase lograr esta petición.
Mércores, 24 de marzo de 2010 O venres, Sesión Ordinario do Pleno da Corporación A Corporación municipal celebrará o venres, día 26, Sesión Ordinaria de Pleno con sete puntos na Orde do Día: 1. Aprobación das actas das sesións anteriores (ord. 29/01/2010 e extraord. 26/02/2010); 2. Dar conta decretos e ordes de pago; 3. Proposta da Alcaldía de aprobación inicial do orzamento 2010; 4. Proposta da Alcaldía de inicio acción investigadora terreo rúa cal Nº 159; 5. Proposta Alcaldía resolución recurso reposición interposto por Luis Barros contra desafectación camiño Cachadas; 6. Mocións: de TEGA-IV sobre Premio de fotografía “Pepe Rivas”; sobre nova Lei Audiovisual e sobre mantemento do Hospital da Cruz Roja de Vigo. Do BNG sobre Galicia Ten Dereito, e sobre o Día Internacional das Mulleres. De TEGA-IV sobre Miguel Hernández; sobre o Día Internacional da Muller Traballadora; sobre Xornadas Gastronómicas da Lamprea; sobre Enmenda a nova Lei de Navegación Marítima; e sobre a creación dun Museo da Emigración. Do BNG sobr o Ferry A Guarda-Caminha; 7º. Rogos e preguntas
Martes, 23 de marzo de 2010 Anabam acompañou aos integrantes do Centro Arqueolóxico do Barbanza nunha visita a Santa Trega Dentro das actividades que promove o colectivo Anabam, que este ano cumpre 25 anos, están as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. O pasado 7 de marzo un monitor da Asociación Naturalista Baixo Miño acompañou, nun percorrido polo castro de Santa Trega, a un colectivo que se achegaba desde Boiro nunha vista organizada polo Centro Arqueolóxico do Barbanza que pasaron a xornada matinal no Monte guardés. Foron 33 os participantes nesta actividade que subiron ao monte Santa Trega ás once da mañá prolongándose a estadía no castro ata as 13.45 horas. Malia a intensa néboa, que impediu o disfrute das panorámicas, as posiblidades do castro permitiron o percorrido pola súa historia, costumes, lendas e tradicións que motivaron un especial interese dos participantes polo poboamento de Santa Trega.
Martes, 23 de marzo de 2010 Premio para o grupo Xerock do Colexio San Xerome da Guarda Xerock, grupo de rock do Centro San Xerome, consegue o terceiro premio do Concurso ¡integrACTÚA! (Arte a favor de la Inclusión Social), organizado pola Fundación Luis Vives. A iniciativa deste concurso ten como principal obxectivo amosar a través da arte as avantaxes dunha sociedade máis inclusiva, construída e disfrutada en igualdade de condicións. O grupo actuou, onte, luns, na Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas en Madrid, onde se lle fará entrega do galardón. Ademáis do proxecto de Xerock “A loita contra da exclusión a golpes de rock and roll” foron premiados nesta edición as obras “Historias de integración” de Feliciano Tisera , e “Todos pintamos lo mismo” de Javier Moliner.
Martes, 23 de marzo de 2010 Informa Ignacio Saa Balonmano Atlético Guardes 1ª Nacional Femenina Mecalia At. Guardés 15- Transcano Oviedo 26 Humillante derrota del Mecalia At. Guardés Esto es lo que ofreció a su afición en la despedida de la liga en A Sangriña. Ante un Transcano ambicioso, luchador y muy necesitado de los puntos, el Mecalia presentó la imagen de un equipo roto, sin ideas, sin cohesión, sin dirección y sin pundonor (salvo honrosas excepciones); el último episodio de una progresiva decadencia de este equipo que no hace mucho enamoraba a su afición y se merecía la consideración y el respeto de sus rivales. Desde la grada las sensaciones que nos transmitió el Mecalia no fueron buenas, no logramos entender como nuestro equipo se desmoronó de esta manera y no podemos menos que mostrar nuestro disgusto ante esta situación. Sólo deseamos que se reconduzca de cara a la próxima temporada, tomando las medidas que se consideren oportunas y volvamos a poder confiar en el Atlético Guardés, sabiendo que nuestras jugadoras van a dar en todo momento lo mejor de sí mismas y recuperar como conjunto, esa identidad perdida.
1ª Autonómica Masculina Samper Sárdoma 23- la Pizzicata At. Guardés 25 Los guardeses empiezan a poner puntos de por medio con respecto al último clasificado y eludir el descenso.
Juvenil Femenina Ac. Octavio 21- la Pizzicata At. Guardés 47
Cadete e Infantil Femenina Se suspendieron los encuentros ante el Teucro por humedad en la pista de A Sangriña.
Martes, 23 de marzo de 2010 Borja Cadilla Lomba, medalla de bronce no Campionato galego de campo a través Despois dos éxitos deportivos acadados a tempada pasada, o último deles a consecución do título de Campións da Liga galega de fútbol sala da categoría masculina absoluta, organizada pola FEGADDI, comezou xa a tempada 2010 cun novo éxito. O atleta guardés, Borja Cadilla Lomba, obtivo a medalla de bronce no Campionato galego de campo a través na categoría de competición, que se celebrou no Circuíto de Castrelos. Os deportistas do Club continúan a súa preparación, gracias a colaboración dos adestradores voluntarios, para os próximos compromisos en disciplinas deportivas coma baloncesto, fútbol sala, natación e atletismo. A primeira cita estará no Campionato de España de fútbol sala a celebrar os próximos 15,16 e 17 de abril en San Fernando (Cádiz).
La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño realizará talleres para aprender la correcta utilización del teléfono móvil dirigido a mayores de 65 años Ante la dificultad o “los miedos” que puedan tener las personas mayores para utilizar los teléfonos móviles, la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño realizará unos talleres que tienen como objetivo orientar a quienes tienen más de 65 años, en su uso contribuyendo a que se familiaricen con las nuevas tecnologías. El pasado 23 de febrero la Asamblea Comarcal decidió retomar esta actividad, que ya se llevó a cabo en el 2006, y hoy mismo, 23 de Marzo los voluntarios de Cruz Roja trabajaráno esta importante temática con otro grupo de personas mayores de 65 años, de 15.30 a 18.30 en la sede social de este colectivo, en A Guarda Acercar las nuevas tecnologías a las personas mayores, el uso del móvil como medio de comunicación y la utilización de dispositivos tecnológicos con aplicaciones sociales y sanitarias de emergencia y urgencia (Teleasistencia), serán algunas de las cuestiones que se considerarán en los talleres. Estos cursos, que tienen una duración de 3 horas, aunque están dirigidos básicamente a personas mayores con dificultades en el uso del teléfono móvil, se pueden ofrecer también a otros colectivos que tengan interés en aprender su uso, tratándose de una actividad totalmente gratuita. Para más información o inscripción las personas interesadas pueden acudir a la Oficina de Cruz Roja Baixo Miño, en la calle Agustín Nandín Lomba, nº1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda) de lunes a jueves, en horario de 8.30 a 14.00 horas, y de 16.00 a 18.30 horas. Los Viernes de 8.00 a 15.00 horas o llamando a los teléfonos 986 61 46 09/606 34 84 71.
Luns, 22 de marzo de 2010
Centos de
guardeses achegáronse as obras
da Senda Litoral para pasear e
coñecer como van as obras Sorprendeu tamén a moitos, como xa acontecera hai unha semana, que sendo domingo, algúns obreiros se mantivesen nos seus postos de traballo continuando as obras. A Senda Litoral entre o porto da Guarda e a Praia do Muíño en Camposancos, cun percorrido aproximadamente de 3,5 quilómetros de lonxitude e un orzamento de 4.062.410,68 euros, ten un prazo de execución de 12 meses. Esta actuación comezou en decembro do pasado ano, pero o ritmo que leva podería apuntar a que esta actuación remate moito antes do previsto.
Sábado, 20 de marzo de 2010 Informa Ignacio Saa Balonmano Atlético Guardés
1ª Nacional Femenina Sábado 20 a las 19.00 en A Sangriña, último partido en casa para el Mecalia At. Guardés que se enfrenta al Transcano Oviedo. Las asturianas están necesitadas del triunfo para tratar de eludir el descenso, por lo que es de esperar que planteen una dura batalla por conseguir los dos puntos. Las guardesas deberán ganar y convencer para acercar a la afición después de una temporada en la que su rendimiento fue irregular
1ª Autonómica Masculina Sábado 20 a las 20.00 en Sárdoma, el Pizzicata At. Guardés se enfrenta al samper Sárdoma, con obligación de ganar para alejarse un poco de la amenaza del descenso y tratar de maquillar un poco la nefasta segunda fase que está haciendo.
Juvenil Femenina Domingo 21 1 las 12.30 en el Frontón de As Tavesas Academia Octavio-Pizzicata At. Guardés.
Cadete e Infantil Femenina Sábado 20 a las 10.30 y 11.30, los equipos del At. Guardés se enfrentan a los del SD Teucro de Pontevedra.
Venres, 19 de marzo de 2010 O alcalde da Guarda anunciou aos veciños de Fernández Albor que esta rúa disporá de aparcamentos ao longo de 350 metros A Senda Litoral da Guarda contará cunha banda de aparcamento nos seus primeiros 350 metros, entre o seu inicio e a Fonte de Santa Catalina. As múltiples xestións realizadas pola Alcaldía de A Guarda diante do Servicio Provincial de Costas e do propio Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino deron, como froito, a consecución da principal demanda dos veciños e restauradores da rúa Fernández Albor e do propio Concello que era lograr unha banda de aparcamento en todo este treito. O Alcalde mantivo onte mesmo unha nova reunión cos representantes dos veciños na que lles trasladou o contido do documento que chegou ao concello no mesmo día da convocatoria aos veciños enviado polo Xefe do Servicio de Costas de Pontevedra. Neste documento recóllese o compromiso do Ministerio de dotar de aparcamentos a citada zona. Na mesma reunión o alcalde manifestou aos veciños o seu agradecemento polo imprescindible apoio, incluso coa recollida de sinaturas que dirixiron ao Servicio Provincial de Costas, e mesmo pola súa comprensión pola tardanza dunha solución satisfactoria para todos. Superado o atranco dos aparcamentos desde o goberno que preside José Manuel Domínguez Freitas considera que o conxunto das obras vai dar satisfacción a todos, e a Senda Litoral ata o Muíño será un activo importante para o turismo que nos visita. Dende o concello, ademais, continúan facendo xestións coa finalidade de aumentar o número de prazas de aparcamento coa adquisición de parcelas non urbanizables.
Actos da Confraría da Virxe das Dores previos á Semana Santa A Confraría da Virxe das Dores anuncia o comezo do Septenario desde hoxe, con novena e misa a partir das 19.15 horas, na parroquial de Santa María da Guarda. E o venres, día 26 de marzo, logo da Misa Solemne das 19.30 horas, sairá a procesión da Virxe das Dores coa participación dos cofrades e devotos. Procurando cofrades Esta Confraría realiza un chamamento a homes, mulleres e nenos a que se unan como costaleiros, acompañantes, monaguillos ou cofrades, participando activamente nos actos da Semana Santa guardesa. Poden facelo no bar Arruaz ou chamando ao teléfono 986 61 45 71 antes do 26 de marzo.
Venres, 19 de marzo de 2010 A Guardia convértese no primeiro concello da área sanitaria de Vigo en dispoñer do sistema de Teledermatoscopia A xerencia de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo vén de dotar ao Centro de Sáude da Guarda dun equipamento de dermatoscopia e un teledermatoscopio, equipo tecnolóxico que permite aos médicos xerais, cando detectan unha lesión da pel sospeitosa de patoloxía, enviala vía dixital aos especialistas en dermatoloxía do CHUVI para a súa valoración. O pasado mércores, o xerente de Atención Primaria da área viguesa, Javier Caramés, e o xefe do servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Ander Zulaica, desplazáronse ao centro de saúde de A Guarda onde celebraron unha sesión científica teórico-práctica cos profesionais, na que explicóuselles os protocolos e funcionamento deste sistema ao tempo que realizouse unha demostración do mesmo. A Guardia convértese así no primeiro concello da área sanitaria de Vigo en dispoñer desta tecnoloxía. Na cidade de Vigo, pioneira na comunidade galega, ven de ser recentemente implantada nos centros de saúde de Pintor Colmeiro e no da Rúa Cuba. O obxetivo da xerencia de Atención Primaria é extendela, durante este ano, a un total de séis centros sanitarios. Proba Resolutiva Cando o médico xeral detecta unha lesión da pel ou lunar que puidese ser sospeitoso de patoloxía, a través do teledermatoscopio. microscopio de epiluminiscencia dotado dun sistema óptico que permite obter e enviar unha imaxe vía dixital, envían esa imaxe aos especialistas en dermatoloxía do Complexo vigués. Os dermatólogos, en poucas horas, valoran a imaxe, e descartan ou diagnostican unha patoloxía. No caso de diagnosticar algunha enfermidade, realizan as indicacións oportunas, ben de tratamento ou, cando é necesario, derivación do paciente as consultas de especializada ou realización de probas complementarias. A teledermatoscopia é moi resolutiva en determinadas lesións do pel, e permite o diagnóstico précoz de lesións pigmentadas, do cáncer de pel e doutras enfermidades cutáneas. A incorporación deste programa á carteira de servizos da Atención Primaria supón un salto cualitativo moi importante na atención ofertada a poboación, xa que, entre outras vantaxes, evita aos usuarios ter que desprazarse ao seu hospital de referencia así como as listas de espera hospitalarias para estas probas diagnósticas. Máis capacidade resolutiva da Atención PrimariaEste programa enmárcase no importante esforzo realizado polo Servizo Galego de Saúde para desenvolver medidas que incrementen a capacidade resolutiva da Atención Primaria, e evitar as derivacións innecesarias á atención especializada. Con este obxetivo estanse facilitando aos profesionais as ferramentas necesarias, tanto de formación como de equipamentos, para continuar extendendo programas de diagnóstico precoz de enfermidades e de actividades preventivas. Neste contexto, estase a incrementar a dotación aos centros de saúde da tecnoloxía necesaria para que os profesionais realicen técnicas diagnósticas como –ademais da teledermatoloxía e dermatoscopia - ecografía, espirometría, monitorización da presión arterial, doppler e retinografía, que redundan nun incremento da carteira de servizos. Esto implica unha gran coordinación e integración dos niveis asistencias, entre a atención primaria e a especializada, que nestes momentos é posible grazas á dispoñer dunha ferramental fundamental, a historia clínica electrónica, que posibilita esa comunicación entre ambos niveis. A aposta por incrementar a capacidade de resolución dos problemas dos pacientes no ámbito dos centros de saúde, mediante a mellora da capacidade diagnóstica e terapéutica dos profesionais deste nviel asistencial, presenta indubidables vantaxes tanto para os pacientes como para o mesmo sistema sanitario . En primeiro lugar, grazas ao achegamento da atención hospitalaria ao entorno do paciente, evítanse os desprazamentos aos seus hospitais de referencia na medida do posible. Así mesmo, esa mellora de coordinación, evita tamén a duplicidade e repetición de probas. En segundo lugar, experiméntase un importante impacto na redución das listas de espera de consultas externas e de probas diagnósticas. A posta en marcha do sistema de teledermatoscopia se ten desvelado como eficiente na axilización dun diagnóstico, diminúe a ansiedade no paciente pola demora do proceso diagnóstico, produce unha redución de custes asociados á visitas sucesivas, e aumentan a satisfacción dos pacientes ao ver reducida a súa espera.
Cinensino proxectará, o vindeiro martes, a derradeira película do programa do curso 2009-2010 O próximo martes, 23 de marzo, continuará na comarca do Baixo Miño o Programa Cinensino, Prevención de Drogodependencias, dirixido aos alumnos da ESO, coa 3ª e última proxección. A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este Programa, contando coa colaboración do concello de O Rosal e a Consellería de Sanidade a través da Dirección.Xeral de Saúde Pública e Planificación. A proxección do 3º filme do curso escolar 2009/10 “Pequeños invasores” terá lugar no Auditorio Municipal de O Rosal ás 10.00 horas da mañá. Asistirán alumnos e mestres de 2º curso da ESO do I.E.S. A Sangriña da Guarda e 1º curso da ESO do C.P.I. Manuel Suárez Marquier do Rosal. En total participan nesta actividade 107 persoas.
Venres, 19 de marzo de 2010 Ayuda de los comuneros de A Guarda a la Asociación Contra el Cáncer La Comunidad de Montes en Mano Común de A Guarda, presidida por José Vicente Ferreira, y como tesorero, Manuel Ángel González Martínez, hicieron entrega de un donativo de 300 euros, a la asociación comarcal de ayuda Contra el Cáncer del Baixo Miño, que fue recogido por la representante de este colectivo, María Amenedo, el pasado miércoles, 17 de marzo, en el local social de la Comunidad.
O martes celebrarase a Sesión Plenaria solicitada pola oposición para debatir o aparcamento na senda litoral Atendendo á petición formulada polos grupos políticos na oposición, o goberno local convocou para o 23 de marzo, ás nove horas, a sesión extraordinaria de Pleno cun único punto na Orde do Día: a proposta sobre obras da Senda Litoral das Faldas de Santa Trega e Protección Dunar da Praia de Camposancos.
Xoves, 18 de marzo de 2010 El PP guardés informa de las inversiones de la Diputación Provincial para A Guarda El grupo popular de A Guarda comunica que el Plan “anticrisis” de la Diputación de Pontevedra, aprobó hace unos días en el pleno de la Diputación provincial la inversión para la urbanización de la calle Ramón Sobrino, y el pasado miércoles se aprobaba también en pleno, una nueva inversión por valor de 166.125€ para la pavimentación de varias calles guardesas, además de la urbanización de la rúa A Cal (2ª fase) por valor de 231.913€. Según el presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, este plan pretende afrontar la crisis económica, fomentar la creación de empleo, reactivar la economía y aliviar la situación de los concellos.
Mércores, 17 de marzo de 2010 O BNG lamenta a actitude do grupo de Goberno retrasando o Pleno sobre a Senda Litoral O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, lamenta a actitude do grupo de Goberno de esgotar os prazos para a celebración do pleno extraordinario sobre as obras a Senda Litoral solicitado polo conxunto da oposición. O pasado 8 de marzo os concelleiros da oposición solicitaron a celebración dun pleno extraordinario por petición dos veciños e veciñas da rúa Fernández Albor, na que se solicitaba a revisión da parte do proxecto de Senda Litoral que atinxe a dita rúa. Entre as reivindicacións están a habilitación de prazas de aparcamento ao longo da rúa, lugares para carga e descarga, prazas de aparcamentos para minusválidos e contedores, así como o aproveitamento dun amplo espazo na rotonda de Santa Catalina para destinala á aparcamento dado a falta de prazas unha vez rematado todo o proxecto. Para o BNG é lamentábel a falta de sensibilidade do alcalde cos veciños da rúa Fernández Albor ao non atender a petición de celebrar un pleno extraordinario no que tratar estas reclamacións, tendo que ser a oposición quen, facendo do uso das súas capacidades, solicitase a celebración do pleno. O BNG non entende a intención do grupo de goberno de retrasar o pleno esgotando os prazos marcados pola lei tal e como anunciou na comisión de asuntos plenarios o portavoz municipal do PSOE, Miguel Español, máis aínda cando asegurou que asumían a proposta que se levaba pleno. O BNG considera importante que haxa un acordo plenario no que se apoien as reivindicacións dos veciños de Fernández Albor, facéndolle chegar ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural e Mariño a preocupación que existe sobre o desenvolvemento do proxecto neste tramo da Senda Litoral.
Mércores, 17 de marzo de 2010 A Guarda incluída no programa de voluntariado do Xacobeo da Xunta GaliciaA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante este Ano Santo ao longo dos nove camiños de Santiago. O programa está destinado a todas as persoas que queiran ser voluntarias e que estean dispostos a colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace dentro deste Ano Xacobeo. A Guarda é unha das etapas do Camiño Portugués que discorre pola costa e se converte na porta de entrada para os peregrinos que deciden disfrutar desta ruta. O noso municipio forma parte do Programa de Voluntariado deste ano Xacobeo polo que espera a participación de tódalas aquelas persoas interesadas en colaborar con este proxecto. O tipo de voluntariado que se vai desenvolver presenta distintas alternativas Voluntariado informativo, cultural e de servizos A través dun posto de información fixo, limitándose aos puntos máis críticos do Camiño, onde os voluntarios informarán das actividades, visitas ou servizos que se realizan pola zona correspondente. Colocaranse paneis informativos ao longo dos nove Camiños, indicando os lugares onde se atoparán eses puntos de información, que estarán situados nos albergues de peregrinos elixidos e nas Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos colaboradores do programa de voluntariado (Concello da Guarda). Voluntariado de información móbil ao pé do Camiño Patrullando por parellas os tramos entre as etapas dos diferentes camiños –segundo a distribución adxunta– e ofrecendo información ao viaxeiro que a solicite. Voluntariado de acompañamento de grupos Para grupos organizados que así o requiran. É preciso ter cumpridos os 18 anos. Voluntariado da sabedoría Para que os maiores de 65 anos do lugar conten as súas experiencias e vivencias no Camiño. Datas de realización Durante a Semana Santa A partir de Semana Santa: o voluntariado desenvolverase durante as fins de semana (sábados e domingos). A partir do mes de xuño: o voluntariado terá unha duración mínima de 3 días e máxima de 15. Condicións xerais Para participar como voluntario é preciso reunir os seguintes requisitos: Ter cumpridos os 18 anos (sen límite de idade). Coñecer o lugar de desenvolvemento do voluntariado. Fomentarase o voluntariado local, para que a información que se proporcione sexa o máis ampla e correcta posible. Realizar e obter a cualificación de “apto” no curso de formación en liña que se ofertará. Os interesados poden inscribirse chamando ao teléfono solidario 900 400 800 ou a través da páxina web www.voluntariadogalego.org. Tamén se pode atopar máis información nos departamentos da OMIX e Educación Familiar ou chamando, na Guarda, aos teléfonos: 986 614 546, 986 608 911. Díptico do programa
Mércores, 17 de marzo de 2010 Inauguración da mostra de Teresa Añón na Galería Arte BronceO sábado, día 20, inaugúrase na Galería Arte Bronce da Guarda, (Rúa Galicia, nº 18), a exposición de óleos, refractarios e bronces de Teresa Añón, que se poderá visitar ata o día 1 de maio, de martes a venres de 11 a 13.30 horas, e de 18 a 21 horas, e os sábado, de 11 a 14 horas e de 18 a 21. horas.A inauguración da mostra terá lugar o sábado ás 19.00 horas.Teresa Añón alterna os estudos de Maxisterio cos da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago, realizando a especialidade de Metais e Esmaltes. traballando tamén nos talleres de azabache, madeira e policromia.
Martes, 16 de marzo de 2010 Balonmano Atlético Guardes Informa: Ignacio Saa 1ª Nacional Femenino Carnes de Cervera BM Palencia 36- Mecalia At. Guardés 41 Una trabajada victoria, aunque no lo parezca, las palentinas se lo pusieron difícil al Mecalia que sólo en los últimos minutos supo imponer su mayor oficio. A la vista del resultado tenemos que resaltar que un equipo que solamente fue capaz de ganar un partido en toda la temporada, nos metió, nada mas y nada menos, que 36 goles y nos puso contra las cuerdas, cosa que preocupa. Se viene observando partido a partido como el equipo presenta una gran endeblez defensiva y una portería muy floja, además de perder rapidez y fluidez en los movimentos de balón. De todas formas, con el cuarto puesto garantizado, y a falta sólo de dos partidos, debemos considerar que se está haciendo una temporada muy aceptable. Juvenil Femenina La Pizzicata At. Guardés 21- BM Pabellón Ourense 13 Infantil Femenina BM Moaña 10- At. Guardés 26
22 medallas en el Escolar de Judo para el Club de Judo Do-Majo Este pasado sábado se celebró en Vigo la segunda jornada del Campeonato Escolar de Judo con la participación de 22 judokas del Club de Judo Do-Majo de la categoría benjamín (edades comprendidas entre 7 y 9 años) que protagonizaron una gran actuación al conseguir todos ellos medalla, demostrando, a pesar de su corta edad, muy buenas maneras. Los resultados han sido los siguientes: Medalla de Oro: Iago Alvarez, Brais Pérez, José Manuel Rodríguez, Luis Lomba, Iván Fernández, Borja Senra, Andrea Gómez y Aroa Manzano Medalla de Plata: Eladio Araújo, Rubén Rodríguez, Eros Treinta, Breogán, Iglesias, Diego Lomba, Pablo Villa, Jordi Alonso, Hugo Aldea, Ana María Vicente y Henar Baz. Medalla de Bronce: Aitor Rodríguez, Alexis Pérez, Juan Carlos Álvarez y Adrián Romero.
Luns, 15 de marzo de 2010 Selección de un bolseiro/a para a realización de prácticas de turismo no concello da Guarda Convócase proceso para a selección de unha bolsa de prácticas de turismo, durante 6 meses, para a promoción turística do Concello de A Guarda, destinadas a Diplomados en Turismo ou Técnico superior en Comercialización e Información Turística. Todos os interesados poderán recoller as bases e solicitude no Rexistro Xeral do Concello da Guarda ata o 22 de en horario de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.
Sábado, 13 de marzo de 2010 Avelaíña estrena página web para proyectar su trabajo e informar sobre los problemas de salud mental Con la intención de mantenerse a la vanguardia en el ámbito de las nuevas tecnologías, la Asociación Avelaíña, de axuda as persoas con problemas de saúde mental, estrena su nueva página web www.avelaiña.es. Con este nuevo portal, la asociación aspira convertirse en una referencia en materia de Salud Mental en el Baixo Miño, donde ha venido prestando sus servicios desde hace 13 años, y en el Val Miñor, donde realiza un esfuerzo por mantener su atención desde el año 2007. Rafael Álvarez Martínez, gerente de la asociación, explicó que la remodelación de la página web forma parte de una nueva etapa en la gestión de comunicaciones externas de Avelaíña, no sólo para dar a conocer el trabajo de esta agrupación sin fines de lucro, sino también para brindar información y sensibilizar en torno a los problemas de salud mental. “Este año decidimos fortalecer nuestras comunicaciones de cara a las comunidades donde estamos trabajando y hacia el colectivo en general, pues creemos que puede ser un factor decisivo para las oportunidades de integración de todos los afectados por la enfermedad mental”, dijo Álvarez. Importantes novedades Ana María Pérez, técnico de comunicación en Salud Mental de la Asociación Avelaíña y encargada de llevar a cabo el proyecto, detalló que el sitio web fue desarrollado en una novedosa plataforma de informática que ofrece múltiples facilidades de actualización para las personas que integran el personal que trabaja en Avelaíña, aunque no cuenten con conocimientos avanzados de programación. Pérez destacó, no obstante, que al margen de las facilidades de actualización que conlleva, el nuevo portal integra importantes novedades en sus aplicaciones y contenido. “Por una parte, además de ofrecer a los internautas información útil sobre los principales problemas de salud mental les permite efectuar consultas directas al psicólogo de Avelaíña y al trabajor social. También posibilita, a todos aquellos que lo deseen o que se encuentren por alguna razón sensibilizados ante el problema de la enfermedad mental, la facilidad de convertirse en socio de Avelaíña. Finalmente, dado que la asociación se ha distinguido por su papel en el proceso de integración social de las personas afectadas mendiante la venta de artículos de cerámica elaborados por ellos, la plataforma permite que los visitantes puedan realizar pedidos de estos productos a través del sitio web”, explicó Pérez. También el blog Rafael Álvarez Martínez manifestó que conjuntamente con el rediseño de la página web fue recuperado el blog www.farodeavelaina.wordpress.com, al cual también puede accederse desde un enlace directo en la página web de la asociación. La bitácora digital tiene como particularidad que forma parte de las terapias de rehabilitación psicosocial de Avelaíña, ya que la totalidad del contenido es elaborado por personas con problemas de salud mental. “La idea surgió como una iniciativa terapéutica y de desarrollo personal. Se propuso como un trabajo que para los afectados tuviese sentido terapéutico, al ser canal de elaboración y expresión de sus iniciativas, creatividad y opiniones. Es indudablemente una oportunidad de expresarse que repercute positivamente en su autoestima. Al mismo tiempo se fomenta su integración social por doble vía: fomentando su interés por noticias y aprendiendo el uso de las nuevas tecnologías”, determinó Álvarez.
Sábado, 13 de marzo de 2010 Informa Víctor M. Lomba El Sporting Guardés en juego este fin de semana Los seniors reciben al Coruxo "B", séptimo clasificado. En el anterior partido el Guardés perdió su segundo encuentro de la temporada, ante el Erizana, pero todavía mantiene 8 puntos sobre su inmediato perseguidor, el Chapela y 12 sobre el tercero, el Ribera. Esperemos que este fin de semana se puedan sumar los tres puntos, ya que sólamente quedan nueve jornadas para el final de liga, y así no pasar apuros al final de la misma. Los juveniles de la gallega juegan en casa ante el Chantada, líder de la categoría (comparte el primer puesto con el Alondras y el Alerta) en un partido que a priori se presenta de lo más disputado. Destacar por último que los cadetes se desplazan a Vilanova de Arosa. El Club pondrá un autobús gratuito para las personas que quieran acompañar al equipo. La salida será a las 13.45h en el As de Copas.
Balonmano At.Guardés Informa Ignacio SAA
1ª NACIONAL FEMENINA Sábado 13 a las 1800 en el Pabellón Sur de Palencia Carnes de Cervera BM Palencia- Mecalia At. Guardés
Juvenil Femenina Domingo14 a las 1200 en A Sangriña La Pizzicata At. Guardés- BM.Pabellón Ourense
Infantil Femenina Sábado 13 a las 1000 en Moaña
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||