MARZO

 

Mércores, 31 de marzo de 2010  

O Secretario Xeral para o Deporte fai unha visita institucional ao Kaiak Tudense

    Hoxe ás 13 horas o secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa, fará unha visita institucional ao Club Kaiak Tudense pola recente consecución do título de Campión de España de Inverno, título que vén acadando dende hai xa 15 anos. José Ramón Lete vai tamén presenciar os adestramentos que os deportistas do Club Tudense levan a cabo nas súas sesións matinais.

 

Programa Festas de San Telmo 2010

 

Sábado, 3 de abril

Ás 13.30 h. Acto inaugural da II Semana Gastronómica do Miño na que participan os restaurantes ofrecendo meixón, sábalo, lamprea e peixes de améndoa.

Ás16.00h na rúa Oia II Proba Automobilística de Habilidade.

Ás 19.00 h. No Teatro Municipal coroación das raíñas das Festas de San Telmo 2010 e lectura do pregón.

Ás 22.00 h. Primeira verbena a cargo da Orquestra Passarela.

 

Domingo, 4 de abril

Ás 10.00h No Paseo da Corredoira Carreira Popular de San Telmo.

Ás 12.30 h. Pasarrúas a cargo da Unión Musical da Guarda que ofrecerá un concerto ás 13.15h.

Ás16.00h na rúa Oia II Proba Automobilística de Habilidade.

Ás 17.15 h. No Centro Sociocomunitario baile para os maiores a cargo do grupo musical Tráfico.

Ás 17.45 h. No Teatro Municipal “Festival Folclórico San Telmo 2010”.

Ás 21.30 h. Segunda verbena a cargo da Orquestra Solara.

 

Luns, 5 de abril

Continuación da II Semana Gastronómica do Miño nos restaurantes.

Ás 11.30h Conmemoración do Primeiro Centenario da Festa do árbore na Alameda de Santo Domingo, e visita guiada polos xardíns tudenses.

Ás 16.30h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica VI Semana de Cine Infantil coa proxección da película “Planet 51”.

Ás 21.00h No Teatro Municipal actuación do grupo de teatro da Asociación Cultural “San Fins” de Rebordáns coa obra “O Cego de Fornelos”.

 

Martes, 6 de abril

Ás 10.00h Excursión polo tramo Tui-Ponte das Febres do Camiño Portugués a Santiago. Saída dende a Catedral.

Ás 16.30h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica VI Semana de Cine Infantil coa película “G-Force”.

Ás 21.00h No Teatro Municipal actuación do grupo de teatro “Caldemiños” da Asociación Cultural “A Insua” de Caldelas coa obra “Os Borrachíns”.

 

Mércores, 7 de abril – Día do Neno

Ás 11.30h no Claustro da Catedral Concurso de Debuxo. A entrega de premios será o venres 9 no karaoke infantil.

Ás 16.30h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica VI Semana de Cine Infantil coa película “Corazón de tinta”.

Ás 21.00h No Teatro Municipal actuación do grupo de teatro “Atalaia” do Centro Sociocomunitario de Tui pondo en escena “A Herdanza”.

 

Xoves, 8 de abril

Ás 16.00h No vello Pavillón de Deportes dispútase o I Torneo Internacional de Minibasket cos equipos Paredes de Coura – Ponte de Lima – C.B. Tui.

Ás 16.30h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica VI Semana de Cine Infantil coa película “Up”.

Ás 21.00h No Teatro Municipal actuación do grupo de teatro “Mesturanza” da Asociación Cultural “Seixos Albos” de Areas presenta “As fillas do Taberneiro”.

 

Venres, 9 de abril

Ás 16.30h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica VI Semana de Cine Infantil coa proxección da película “Lluvia de albóndigas”.

Ás 18.00h Apertura de “Expoagro 2010” nos terreos do CEIP nº2. Poderá visitarse ata o luns día 12.

Ás 18.3oh No Paseo da Corredoira Karaoke Infantil.

Ás 21.00h No Teatro Municipal actuación dun grupo de teatro.

Ás 22.00h Karaoke para adultos no Paseo da Corredoira.

Ás 23.45h Campionato de Tute na Cafetería El Pilar.

Ás 00.30h No Paseo da Corredoira actuación do grupo “La Comandancia”.

 

Sábado, 10 de abril

Ás 9.00h no Complexo deportivo Álvarez Durán I Trofeo Internacional de fútbol 7 alevín e benxamín.

Ás 10.30h Entrada no recinto gastronómico da Charanga Apeles.

Ás 11.00h Na rúa Compostela inicio da VI Festa Gastronómica con polbo, ostras, filloas e viño albariño.

Ás 11.00h Feira de Mostras do Comercio Local. Organiza: ACITUI e Concello de Tui

Ás 11.30h Entrada da charanga NBA.

Ás 17.00h No novo pavillón de deportes partido de balonmán de Primeira Autonómica Feminina entre os equipos C.B. Tui – Balonmán Coruña, e ao remate encontro entre o  C.B. Tui – Balonmán Narón da Segunda División Xuvenil Masculina.

Ás 18.00h As charangas Apeles e NBA percorren as rúas da cidade.

Ás 18.45h No Paseo da Corredoira Quedada Tunning.

Ás 18.30h Festival de Playbacks no Teatro Municipal

Ás 19.30h Entrada da Banda de Música Xuvenil de Xinzo que ofrecerá un concerto ás 20h na Corredoira.

Ás 22.00h Verbena coas orquestras Los Españoles e Capitol.

 

Domingo, 11 de abril

Ás 10.30h entrada no recinto gastronómico da charanga Mekanika.

Ás 10.45h Desfile exaltación do Traxe Galego, coa participación das Raíñas, e damas, dende a Área Panorámica ata á Catedral.

Ás 11.00h Na rúa Compostela VI Festa Gastronómica con polbo, ostras, filloas e viño albariño.

Ás 11.00h Feira de Mostras do Comercio Local. Organiza: ACITUI e Concello de Tui

Ás 11.30h Na Catedral Misa ofrenda a San Telmo polos nenos e maiores ataviados con traxes rexionais.

Ás 11.45h Entrada en Tui da charanga Apeles.

Ás 12.00h Pasarrúas da Banda de Música Popular de Tui.

Ás 17.00h No Campo de Fútbol Municipal de Tui partido de liga de Terceira Autonómica entre o Tyde F.C.- Oiense.

Ás 18.30h No Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui.

Ás 21.30h Verbena coas orquestras Trébol e Trobadores.

 

Luns, 12 de abril

De 8.00 a 10.00h Misas na Capela de San Telmo.

Ás 10.00h Celebración da Feira dos Cabalos.

Ás 11.00h Misa concelebrada na Catedral e procesión das reliquias pola Coronilla.

Ás 18.00h Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

Ás 18.30h Entrada da Banda de Guerra da Brilat Galicia VII.

Ás 20.00h Recital a cargo da orquestra Los Satélites.

Ás 21.00h Solemne procesión de San Telmo, e ao remate ofrenda ao santo na praza de San Fernando.

Ás 23.30h Tirada de fogos de lucería e actuación da orquestra Los Satélites.

 

Corte das pontes internacionais en Tui para demandar o mantemento das urxencias en Valença

    Os veciños de Valença do Minho manifestáronse tanto onte coma antonte á ultima hora da tarde para demandar o mantemento do servizo de urxencias en Valença, xa que o seu peche obrigaraos a desprazarse ata Monçao, e en función da gravidade de aí terían que desprazarse ata Viana do Castelo.  A marcha lenta dos vehículos que chegaron a pararse a metade da ponte internacional provocou o luns retencións quilométricas entre ás 19.40 e ás 20.40h. O paro coincidiu amais co festivo local en Vigo que trouxo a numerosos vigueses tanto a Tui coma a Valença. 
 

Jose Antonio García percorre 96 mil km en nove anos para cumprir unha promesa

    Onte estivo en Tui un peregrino moi particular. Chámase José Antonio García e nos últimos nove anos leva percorrido 96 mil quilómetros e gastados 35 pares de botas. Nun mes, e tras nove anos de ausencia, volverá a casa, tras cumprir a súa promesa á Virxe do Carme.  Este mariñeiro sufriu un naufraxio en Noruega no que dos 17 tripulantes da embarcación só el salvou a vida. Por iso prometeu percorrer todos os santuarios relixiosos, algo que está a piques de rematar, só lle resta o de Fátima e o do Rocío.

    José Antonio García saíu hai nove anos do Porto de Santa María, a onde agarda regresar en menos dun mes, con 60 anos cumpridos e cunha promesa realizada. Hoxe contábanos que só lle resta Australia e Xapón, xa que estivo tamén en Sudamérica sen coller nin un avión nin un barco, camiñando polo estreito de Bering.

    Diariamente realiza entre 35 e 40 quilómetros.  Partiu hai nove anos con 36 mil euros, pero esta mañá no peto só lle quedaban 2 euros. No seu camiño indicaba que atopou moitas persoas que o teñen axudado.

    Unha vez chegue ao Rocío volverá ao Porto de Santa María para exercer de avó, xa que ten dous netos un de cinco anos e outro de dous , aos que non coñece.

 

O concello de Tui conmemorará o luns, 5 de abril, o centenario da “Festa da Árbore”

O 5 de abril de 1910 a cidade de Tui foi escenario da celebración, por vez primeira en Galicia, da “Festa da árbore”, promovida a nosa cidade polo enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal. O Concello de Tui non quere esquecer este centenario que sinala a importancia que tivo Tui a e actividades desenvolvida polo tudense Rafael Areses na promoción da reforestación de Galicia e no respecto ao medio ambiente como un elemento básico para a educación e o progreso de Galicia.

Con tal motivo o vindeiro luns, 5 de abril, a partir das 11,30 horas desenvolvérase un programa de actos que abrangue as seguintes actividades:

Ás 11,30 h.: Visita guiada polas arbores senlleiras dos xardíns e alameda (inicio na Glorieta de Vigo

Ás 12,30 h.: Charla no Museo Municipal (antigo convento de San Domingos) sobre o primeiro centenario da “Festa da arbore” en Tui.

Ás 13,00 h.: Acto institucional na Alameda

Descubrimento placa conmemorativa

Discurso Alcalde

Plantación dunha árbore

Ao remate do acto institucional, e grazas a colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, agasallarase a todas as persoas presentes cunha árbore, dispondo de ata 500 pezas para a súa distribución, en concreto das seguintes especies: “Quercus robur”, Betula celtiberica e Prunus avium.

Para o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, a feliz circunstancia de que esta conmemoración teña lugar no decurso das festas patronais de San Pedro González Telmo é unha magnifica oportunidade para que moitos máis tudenses poidan participar na celebración deste centenario que enriquece, pola súa parte, o programa de festexos. Moisés Rodríguez anima a todos os veciños a participar neste acto que testemuña o importante papel que desenvolveu Tui, nos primeiros anos do século XX, na promoción da reforestación, do desenvolvemento sustentable dos nosos montes. Froita desta actividade é amais desta festa da árbore, o viveiro forestal de Áreas ou o parque natural do Monte Aloia, creado grazas ao traballo de Rafael Areses Vidal.

A Festa da Árbore celebrada en Tui o 5 de abril de 1910 desenvolveuse tamén na Alameda tudense, e na mesma participaron as autoridades locais, o bispo de Tui e o novo bispo de Osma, o tudense Manuel Lago González, que recibira a ordenación episcopal na catedral tudense o día anterior. Coa participación dos alumnos dos centros escolares tudenses foron plantados naquela xornada na Alameda e lugares próximos mais de 300 árbores fornecidas pólo Viveiro Forestal de Áreas creado en 1908.

 

A visita aos monumentos abre os días grandes da Semana Santa en Tui

    Continúan os actos da Semana Santa en Tui organizados pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia. Mañá xoves, ás  19.30h celebrarase a misa vespertina da cea do Señor na Catedral. Ás oito comezará a vaos monumentos na Catedral, Igrexa das Monxas encerradas, Capela da Misericordia, Igrexa de San Telmo, Capela da Residencia San Telmo, Igrexa de Santo Domingo e San Bartolomé. Aquí merece especial atención o Horto dos Olivos na Capela de Misericordia. Por último mañá ás once da noite celébrase a Hora Santa na Catedral.

    O venres ás once da mañá sae dende a Capela de Misericordia a Procesión dos Pasos para dirixirse á Praza de San Fernando onte terá lugar o Sermón do Encontro no que participará coma orador D. Santiago Freire, e acompañará a da Coral da S.I. Catedral. Logo continuará a Procesión dos Pasos. Pola tarde ás seis celebrarase na Catedral Paixón do Señor. Ás oito na Igrexa de Santo Domingo terá lugar o Sermón do desencravo e seguidamente comezará a Procesión do Santo Enterro.

    O sábado ás oito da mañá sae da Igrexa de San Francisco ata a Catedral a Procesión da Soidade, na que só participan mulleres. Ás 21.30h celebrarase a Solemne Vixilia Pascual na Igrexa de San Francisco

    Por último o domingo ás 12h terá lugar Misa Pascual

 

Tui recibe hoxe a 300 nenos integrados nas Escolas Deportivas da Deputación

Máis de 300 nenos participarán hoxe, mércores, no torneo de fútbol das Escolas Deportivas da Deputación Provincial de Pontevedra.

O evento deportivo terá lugar no campo de fútbol de Tui entre as 11.00 da mañá e as seis da tarde.

Participarán neste torneo de fútbol nenos de Cambados, Dena, Fornelos de Montes, Forcarei, Moraña, Campo Lameiro, O Grove, Oia e Tui.

Cómpre recordar que máis de 6.080 nenos participan de forma totalmente gratuíta nas escolas deportivas de fútbol, fútbol sala, balonmán, patinaxe, judo, rugby e xadrez on line da Deputación.

Na disciplina concreta do fútbol, a entidade provincial conta actualmente con 38 escolas de balón pé na provincia con 1.670 inscritos. O número de equipos ascende a 124.

 

Martes, 30 de marzo de 2010  

Mañá presentarase a II Semana do Teatro Afeccionado de Tui

A Concellería de Cultura de Tui vai presentar maná, mércores, 31 de marzo, ás 11.30h na sala de reunións da Casa do Concello, a II Semana do Teatro Afeccionado de Tui que se vai celebrar do 5 ao 9 de abril coincidindo coas Festas de San Telmo.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Antonio Fernández Rocha, do Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e dos representantes dos grupos de teatro que van participar nesta iniciativa.

 

600 mozos de Cataluña, Baleares e Andorra farán o Camiño de Santiago dende Tui en agosto

Uns 600 mozos procedentes das dióceses de Cataluña, Baleares e Andorra comezarán o 1 de agosto a súa peregrinación a Santiago de Compostela na cidade de Tui, acompañados de varios dos seus bispos. O grupo realizará o tramo final do Camiño Portugués e xa teñen confirmado a súa estancia en Tui. Este non é o único grupo grande que xa ten confirmado o seu paso por Tui este Ano Santo 2010.

O concello de Tui, segundo informa o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, xa está a traballar para que o seu paso pola cidade sexa o máis atractivo posible, e logo de varias xuntanzas de traballo mantida cos promotores da peregrinación teñen acordado a cesión dos Pavillóns Deportivos tudenses para acoller a estes peregrinos así como a realización dun evento musical ou folclórico no serán da súa xornada de estadía en Tui.

Estes datos apuntan a que o fenómeno do Xacobeo está a atraer este ano a gran cantidade de turistas ao roteiro portugués, moi valorado polo seu encanto e riqueza patrimonial polos peregrinos. Cabe recordar que o Camiño Portugués, que inicia en Tui o seu tramo final, é o segundo que máis camiñantes seduce de entre a multitude de rutas xacobeas existentes.

Por parte do Concello auméntanse cada día os esforzos por posicionar á cidade de Tui coma un referente do Camiño Portugués pola súa historia, tradición e riqueza arquitectónica e patrimonial e, sobre todo, pola tradición que atesouran os sendeiros desta ruta. Esta riqueza xa ten chamado a atención dos mozos das Dióceses de Cataluña, Baleares e Andorra, pero tamén de Andalucía e de mozos galegos residentes en toda Europa, que xa confirmaron a súa presenza  na cidade para iniciar o Camiño e que os tudenses poderán ver na cidade en grandes grupos de máis de 500 persoas. 

A presenza destes colectivos certifica a importancia do Camiño Portugués como referente nas peregrinacións á Compostela non xa para grupos galegos, como sucedeu as pasadas semana cun amplo grupo procedente da parroquia de San Francisco Xabier da Coruña que iniciou en Tui a súa andaina, senón a grupos procedentes doutras zonas da Península e mesmo do estranxeiro.

  

Quedan só seis prazas para a excursión a Fromista

    Quedan só seis prazas para a excursión a Fromista que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tudense. A viaxe realizarase na fin de semana do 17 e 18 de abril para participar na procesión do San Telmillo.

    O custe da viaxe incluíndo o autobús, o xantar e a cea do sábado, o almorzo e o xantar do domingo e a durmida é de 60 euros. As persoas interesadas poden anotarse ata este mércores no 986 60 39 31 ou no  622 12 36 60.

 

Luns, 29 de marzo de 2010  

O Servizo Galego de Saúde extende o programa de  ecografía en atención primaria ao concello de Tui

A xerencia de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo está a promover a implantación do programa de realización de ecografías polos médicos de familia. Así, a próxima semana, o centro de saúde de Tui, que xa dispón do ecógrafo, no que a sanidade pública galega realizou un investimento de máis de 20.000 euros, vaise incorporar a este programa. Con este, xa son 12 os centros de saúde da área de Vigo que realizan ecografías, cuns resultados excelentes tanto na súa eficacia clínica en canto a detección precoz de enfermidades, como nos índices de satisfacción dos usuarios.

Precisamente, para ofertar aos profesionais a posibilidade de realizar este tipo de probas diagnósticas, o Servizo Galego de Saúde facilítalles un ciclo formativo no emprego desta técnica a través duns cursos impartidos pola Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia, SEMG.

Neste senso, durante esta fin de semana un total de 15 médicos de familia da área sanitaria de Vigo, de eles tres de Tui, asisten ao  segundo módulo deste curso teórico-práctico no centro de saúde de Bembrive. Trátase de ofertarlles aos médicos de primaria unha ferramenta inmediata, inocua, e que propicia o incremento da capacidade resolutiva deste nivel asistencial.

A exploración ecográfica polos médicos de familia é  moi resolutiva en determinadas patoloxías, como as abdominais, tiroideas e musculoesquéticas, que permiten o diagnóstico precoz de moitas enfermidades relacionadas con estes órganos; ademais, posibilitan o seguimento e control do embarazo normal, non de risco; e de enfermidades como o aneurisma de aorta abdominal, moi controlable desde a Atención Primaria.

Maior calidade asistencial no Baixo Miño

O Servizo Galego de Saúde está a realizar un esforzo importante na comarca do  Baixo Miño, dotando aos centros de saúde de ferramentas que incrementen a capacidade de resolución dos médicos de Atención Primaria. Así,  a recente dotación dun equipamento de dermatocopia e un teledermatoscopio no centro sanitario de A Guarda, e o ecógrafo de Tui, supoñen un salto cualitativo moi importante na atención ofertada a estas poboacións, xa que, entre outras vantaxes, evita aos usuarios ter que desprazarse ao seu hospital de referencia  así como as listas de espera hospitalarias para estas probas diagnósticas.

Máis capacidade resolutiva da Atención Primaria

            Co obxetivo de desenvolver estas medidas tendentes a incrementar a capacidade resolutiva da atención primaria e evitar as derivacións inncesarias aos hospitais,  estanse facilitando aos profesionais as ferramentas axeitadas, tanto de formación como de equipamentos, para continuar extendendo programas de diagnóstico precoz de enfermidades e de actividades preventivas. Neste contexto, vense incrementando a dotación aos centros de saúde da tecnoloxía necesaria para que os profesionais realicen técnicas diagnósticas como –ademais da ecografía, teledermatoloxía e dermatoscopia-, espirometría, monitorización da presión arterial, doppler e retinografía, que redundan nun incremento da carteira de servizos.

Esto implica unha gran coordinación e integración dos niveis asistencias, entre a atención primaria e a especializada, que nestes momentos é posible grazas á dispoñer dunha ferramental fundamental, a historia clínica electrónica, que posibilita esa comunicación entre ambos niveis.

A aposta por incrementar a capacidade de resolución dos problemas dos pacientes no ámbito dos centros de saúde, mediante a mellora da capacidade diagnóstica e terapéutica dos profesionais deste nviel asistencial, presenta indubidables vantaxes tanto para os pacientes como para o mesmo sistema sanitario .

En primeiro lugar, grazas ao achegamento da atención hospitalaria ao entorno do paciente, evítanse  os desprazamentos aos seus hospitais de referencia na medida do posible. Así mesmo, esa mellora de coordinación, evita tamén a duplicidade e repetición de probas. En segundo lugar, se experimenta un importante impacto na redución das listas de espera de consultas externas e de probas diagnósticas.

A  posta en marcha desta medidas se ten desvelado como eficientes na axilización dun diagnóstico, diminúe a ansiedade no paciente pola demora do proceso diagnóstico, produce unha redución de custes asociados á visitas sucesivas, e aumentan a satisfacción dos pacientes ao ver reducida a súa espera.

 

O BNG pide a apertura da Oficina de Turismo en Semana Santa

O grupo municipal do BNG de Tui solicita aos responsables do concello de Tui que fagan todo o posible para que a Oficina de Turismo, que está ubicada no Paseo da Corredoira, se abra o antes posible, tendo en conta que a vindeira semana é a Semana Santa e despois veñen as Festas de San Telmo.

 

Sábado, 27 de marzo de 2010  

Alumnos de 3º e 4º da ESO de Tui inaugurarán o luns, 29 de marzo, o programa “Camiña con nós” de peregrinación a Santiago

A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, e o presidente da Fundación Camiño de Santiago e dos Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago, Celestino Lores, presentaron a guía didáctica do programa “Camiña con Nós”, unha iniciativa coa que pretende contribuír á difusión da Ruta Xacobea e en especial do Camiño portugués.

O programa “Camiña con nós” achegará a máis de 3.000 rapaces de 3º e 4 de E.S.O. ó Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Dará comezo o vindeiro luns, día 29 de marzo, cun grupo de alumnos que peregrinarán dende Valença ata Porriño. O programa desenvolverase ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño. Todos os grupos participantes realizarán conxuntamente o tramo final do Camiño, Milladoiro-Catedral de Santiago o día 4 de xuño, onde os escolares asistirán á ofrenda co botafumeiro funcionando.

Segundo explicaron Pedrosa e Lores, a guía didáctica do Camiño Portugués será remitida a todos os colexios participantes co obxecto que de os alumnos poidan traballar e coñecer máis a fondo o camiño. Nesta Unidade Didáctica os alumnos terán acceso a toda a información sobre os diferentes elementos patrimoniais, paisaxísticos ou lendas do Camiño Portugués a Santiago e serviralles de apoio ós profesores.

A guía estrutúrase a partir dun breve estudo da historia do Apóstolo Santiago e do Camiño Portugués, dos aspectos básicos da peregrinación e dos distintos camiños existentes. Tamén fai un percorrido polas distintas etapas do Camiño Portugués, dende Tui a Santiago, detallando os lugares de interese.

Segundo explicou Teresa Pedrosa, o programa “Camiña con nós” porá a disposición de cada grupo de escolares, un autobús para realizar todos os traslados necesarios dende o Centro Educativo ata o lugar de saída do tramo escollido, así como un vehículo todo-terreo de apoio con auga e botiquín de primeiros auxilios que irá detrás dos grupos durante todo o Camiño.

 

A Concellería de Cultura felicita a Play-Doc polo éxito da sexta edición

A Concellería de Cultura de Tui expresar a súas felicitacións aos organizadores de  Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, quen na sexta edición, que rematou hai uns días, volveu ser todo un éxito.

O concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, sinala que o festival está plenamente consolidado coma demostran os 7 mil espectadores logrados este ano e a proxección internacional acadada polo Festival non só polas películas recibidas de todos os lugares do mundo, senón tamén pola presencia durante a súa celebración en Tui de directores de diversa procedencia.

Apunta Moisés Rodríguez que Play-Doc  converteu a Tui, do 17 ao 21 de marzo, no punto de mira do audiovisual, contribuíndo a afirmar a vocación cultural da cidade. Pero os efectos do festival van máis aló, segundo explica, porque Play-Doc convértese nun elemento indubidable de promoción turística para Tui, xa que moitos dos que se achegan a esta cita co documental aproveitan para coñecer os encantos do municipio, ou regresan posteriormente para facer unha visita turística. Cómpre salientar tamén, indica, o efecto positivo que ten no sector da hostalaría ao repercutir positivamente tanto nos datos de ocupación hostaleira coma na afluencia de xente a cafeterías e restaurantes, dinamizando así o comercio local.

O Concelleiro de Cultura quere apuntar tamén que Play-Doc é quen de unir e mover e a un amplo grupo de mozos e mozas que nos días do festival contribúen a súa realización, o que sen dúbida é tamén de agradecer.

Por último Moisés Rodríguez quere facer unha felicitación especial aos directores do Festival, Sara García e Ángel Sánchez, xa que o seu traballo e tesón ao longo do ano, afrontando e superando as dificultades que atopan no camiño, son quen de levar a cabo un exitoso Festival plenamente consolidado.

 

Comeza a Semana Santa co Domingo de Ramos

Mañá  domingo celébrase o Domingo de Ramos.  A bendición de palmas terá lugar ás once da mañá na Praza de San Fernando e a continuación a procesión e a Santa Misa.

Os actos da Semana Santa continúan o próximo xoves coa visita aos Monumentos.

 

Asemblea Xeral da AAVV de Santiago de Malvas

A Asociación de Veciños de Santiago de Malvas celebra este domingo Asemblea Xeral na sede social nas escolas. Será ás 11.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 12.00 horas, en segunda. A Orde do día ten nove puntos. Comezarán coa lectura e aprobación da acta anterior e dando conta dos novos socios aprobados na xunta directiva. Logo procederán a explicar e aprobar as contas de 2009. Outros asuntos a tratar serán a apertura de sobres e adxudicación da obra “Escaleiras do Pazo”, información sobre a TDT e a Wifi, unha excursión a Luar, subvencións e entrega de carnés e cobro cota de 2010. Rematarán coa quenda de rogos e preguntas.
 

O Pleno aproba o PIR e solicitar a declaración de BIC do Teatro Principal

Hora e media durou o pleno ordinario que o xoves celebrou a corporación municipal de Tui. Máis aló dos asuntos de trámite o único tema que se levaba para o seu debate era a aprobación do Plan de Inmigración e Retorno do Concello de Tui. Aquí o debate centrouse no nome do Plan máis que no seu contido. Dende os grupos da oposición sinalaron que o nome de “inmigración e retorno” podía dar lugar a erro e presentaron unha emenda, que foi desestimada propondo que o nome fose “Plan de Inmigración e emigrantes retornados”.

Máis aló disto Manuel Freiría do PSOE apuntaba que “é bo que Tui teña este plan para tratar a este colectivo dun xeito adecuado”. Porén criticaba que “o plan non é ambicioso” senón que “é básico, serve para comezar” pero agardan que “se chegue a desenvolver un plan máis ambicioso”.

Dende o BNG Carme Verde felicitaba ás técnicas dos Servizos Sociais polo esforzo feito na elaboración do PIR. Facía amais unha serie de matizacións, solicitando entre outras cousas que “se tome en serio a cuestión da emigración”.

Finalmente o Plan era aprobado por 12 votos a favor e 4 en contra.

Xa na quenda de mocións de urxencia foi aprobada por unanimidade unha moción presentada por Acción Tudense na que se acordou “manifestar á Consellería de Cultura o acordo unánime do Concello para que o Teatro Principal sexa declarado Ben de Interese Cultural”. A moción, explicaba Capón Rey, tiña urxencia xa que Xunta está tramitando o expediente para a declaración deste inmoble coma BIC logo de que así o solicitara a Fundación Teatro Principal.

Houbo outras dúas mocións, neste caso do BNG, que quedaron sobre a mesa para ser levadas a comisión. Na primeira propuñan que o Museo Municipal teña fondos e usos propios dun museo. Na segunda apostaban porque o concello solicite un Obradoiro de Emprego que permita atallar a situación de desemprego e ao tempo rehabilitar distintos espazos.

 

Cinco padeeiros do Club Kaiak Tudense están concentrados en Sevilla coa Selección Española de Piragüísmo

Os kaiakistas Iván Alonso, Victor Rodríguez e  Diego Piña estiveron esta semana que remata concentrados co equipo nacional de K4 baixo as ordes do tamén tudense Esteban Alonso, como técnico nacional responsable do equipo. Esta concentración responde aos mellores resultados acadados no Campionato de España de Inverno. Servirá amais de preparación para a Copa do Mundo de Pista e para o Campionato de Europa

Mentres os canoístas José Luis Bouza, que se proclamou campión de España a pasado fin de semana, e Manuel Garrido tamén quedaron en Sevilla para adestrar co equipo de canoas co mesmo obxectivo.

 

Inauguración do I Seminario sobre o río Miño como factor de desenvolvemento turístico

Onte tivo lugar no Parador de Turismo San Telmo o I Seminario sobre río Miño como factor de desenvolvemento económico. A inauguración do evento correu a cargo do alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, xunto ao presidente de FESPO, Jorge Álvarez Bautista, e o presidente de FEVAL, Olegario Gomes.

Fernández Rocha destacou na súa intervención que “o río Miño é unha fonte de riqueza que temos que seguir explotando” ao tempo que incidía en que a pronta posta en marcha da EDAR de Guillarei vai repercutir favorablemente na calidade da auga tanto do Miño coma do Louro.

Amais da súa depuración apuntaba que para a explotación tanto psicícola coma turística do Miño é necesario tamén o seu dragado. E sinalaba os beneficios que tería que os barcos puidesen subir río arriba, coa chegada de máis visitantes.

Jorge Álvarez, presidente de FESPO, destacou que o obxectivo con esta xornada é “mostrar que se poden conseguir recursos económicos a través da paisaxe e a cultura” engadindo que comezaron unha fase de intercambio transfronteirizo entre FESPO e CEVAL “para conseguir desenvolvemento para hoxe” e tamén pensando no futuro.

Pola súa parte Olegario Gomes, sinalou que o Miño xa non é unha fronteira e que hai que buscar beneficios nas dúas beiras. Engadía que “os ríos son unha gran fonte de turismo” polo que “temos que facer a mellor explotación dos ríos que temos”.

Finalmente asinaron unha carta de “intención de preservación do río Miño” entre FESPO e CEVAL para establecer as bases e liñas de traballo conxuntas para a cooperación na conservación, protección e integración dos recursos naturais do río Miño e das áreas naturais fronteirizas, así como para o desenvolvemento sostible e a conservación da biodiversidade.

A declaración componse de cinco puntos nos que figura en primeiro lugar a intención de intercambiar información, experiencias e boas prácticas con vistas ao incremento do coñecemento da zona de actuación. O punto segundo refírese ao mantemento dun estado de conservación favorable dos hábitats e das especias animais e vexetais da zona. Tamén fomentarán o desenvolvemento sostible e a participación nese desenvolvemento dos axentes implicados. O puntos cuarto é a identificación e definición de estratexias comúns para a coordinación de accións de protección das augas e o seu uso sostible. Outro dos punto é o  incremento do coñecemente enfocado ao público xeral para lograr a súa posta en valor.  Por último promocionarán os produtos típicos da zona do río Miño, e intercambiarán os mesmos e a colaboración entre as dúas beiras do río co fin de conseguir maior competitividade, a maior difusión e a maior utilización posible destes produtos rexionais.

 

Venres, 26 de marzo de 2010  

Rueda de prensa e inaguración de I Seminario "El Río Miño como factor de desarrollo económico"

La Federación de Empresarios del Sur de Pontevedra, FESPO, convoca rueda de prensa que se celebrará hoy, viernes, en el Parador de Turismo de Tui, a las 11 de la mañana, coincidindo con la inauguración del I Seminario "El Rio Miño como factor de desarrollo económico". (Ver programa)

 

Alberto Estévez Piña abrirá no Parador de Tui a tertulia de anécdotas tudenses

O Parador de Turismo “San Telmo” de Tui promove unha iniciativa que baixo o nome de “Anecdotario tudense” pretende realizar mensualmente, o último domingo de cada mes, unha tertulia arredor de anécdotas da vida da cidade ao longo do tempo, de modo que cada mes un tudense abrirá a tertulia narrando unha destas anécdotas e abrindo así a quenda para a intervención dos asistentes.

Para abrir esta iniciativa do Parador tudense este domingo, 28 de abril, ás 18.00 horas Aberto Estévez Piña realizará un achegamento aos inicios do Parador, como se xestou a súa construción e como foi decidida a súa ubicación, formarán parte da “pequena” historia deste establecemento turístico cuxa construción foi un fito na vida local.

Estévez Piña desenvolveu, ao longo de moitos anos, o seu quefacer como correspondente en Tui do xornal “Faro de Vigo”, ten realizado numerosos traballos xornalísticos e mesmo cinematográficos. É, sen dubida, unha das persoas con máis coñecemento da vida tudense ao longo dos anos.

Este ciclo de “Anecdotario tudense” terá continuidade nos vindeiros meses coa intervención doutros veciños de Tui como Javier González Rodríguez, no mes de abril; Ricardo García Fernández, no mes de maio; Jesús Pazo Díz, en xuño, e Manuel Vázquez de la Cruz, no mes de xullo.

Para o director do Parador, David Villar Alonso, esta iniciativa tenta dinamizar a vida e a actividade deste establecemento hostaleiro tudense e recuperar os seus tradicionais lazos de unión coa cidade de Tui e os seus veciños. Trátase dunha tertulia aberta á participación de todos os interesados que queiran achegar as súas anécdotas e curiosidades arredor do tema ao que se dedica a tertulia de cada mes.

David Villar Alonso agradece a todos os participantes a súa xenerosa colaboración así como o apoio do Concello de Tui que anima esta interesante iniciativa que pretende plasmarse nunha publicación ao final do ano, na que recolla as principais anécdotas deste ciclo.

 

ACITUI celebrou Asemblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui),  celebrou o pasado mércores, Asemblea Xeral Ordinaria na Cámara de Comercio na que se trataron como asuntos da Orde do Día  a Zona de gran afluencia turística (apertura dominical); Propostas de actividades a realizar durante o 2010; Presentación e aprobación das contas del exercicio 2009; Memoria de actividades do 2009, Actividades programadas para o ano 2010, Informe do presidente e Rogos e preguntas.

Á Asemblea Xeral asistiron 14 asociados.

Desde ACITUI animan aos socios a que aporten ideas e propostas de actividades a realizar durante o presente ano.

   

Feria de Muestras del Comercio Local los días 10 y 11 de abril

La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el  ayuntamiento, tiene previsto organizar los días 10 y 11 de abril, el fin de semana de San Telmo, la I Feria de Muestras del Comercio Local.

 Se celebrará  a partir del viernes por la mañana en el pabellón del Instituto San Paio. El horario será de 11 de la mañana a 9 de la noche. En esta feria pueden participar todos los asociados de Acitui para exponer y poner a la venta sus productos.

Los puestos tendrán un coste de 25€, el puesto abierto que se situará en el exterior, alrededor del pabellón, y de 50€ los puestos de 3x3m situados en el interior del pabellón.

En está feria también se espera la participación de comerciantes de las asociaciones que forman Fespo (A Guarda, Baiona, Gondomar, Nigrán, Porriño,y Tomiño) y de las asociaciones que forman Ceval (Conselho Empresarial dos Vales do Lima e Minho) todos ellos ofreciendo productos típicos de sus zonas o productos que no compitan con los asociados de Acitui que participen.

          Desde ACITUI hacen un especial llamamiento a todos los asociados que quieran participar, para que formalicen su inscripción antes del martes 30 de marzo. De no contar con asociados suficientes para realizar la feria, se anulará y se realizará la fería de oportunidades en el Paseo de la Corredera en fechas posteriores.

 

A recuperación do busto de Sócrates farase por subscrición popular para que todo o  mundo o sinta coma seu

    Un centenar de persoas asistiron a última hora da tarde do mércores á presentación do proxecto de restitución do busto de Sócrates. O acto tivo lugar no Museo Municipal en Santo Domingo organizado por unha Comisión Cidadá.

    No nome da mesma abriu as intervencións Manuel Vázquez de la Cruz para anunciar “cheos de ledicia” segundo dicía que “Sócrates vai volver estar entre nós”.  Explicaba que 73 anos despois de que Emilio Diz, Álvaro Álvarez Blázquez e Benito Prieto Coussent fixeran aquel monumento, que rematou tirado no río, agora vaise recuperar co mesmo espírito.

    Sinalaba Vázquez de la Cruz que “nunca  máis ninguén pense unha cousa así, nin faga nada parecido” en relación a desaparición do monumento. Engadía que “coa forza nin se vence nin se convence, só se vence e convence coa razón”, citando as palabras de Miguel de Unamuno.

    Deu paso a continuación á estrea dunha peza titulada “Ai Sócrates!” inspirada no rítmo clásico grego de Ap-kino que Tomás Camacho interpretou á guitarra e Jasso recitou.

    O acto proseguiu coa intervención do historiador Xosé Álvarez quen trazou as liñas de similitude entre o acontecido co busto de Sócrates en Tui co de Valle Inclán en Pontevedra, ambos obra de Prieto Coussent.

    A poeta María do Carmen Krukenberg deu lectura a algúns poemas seus non sen antes aludir a súa relación con Tui onde os seus ancestros viviron nos séculos XVII e XVIII, e onde o seu tataravó foi Comandante de Plaza en 1.809. Aquí nacía tamén o seu avó. Por todo isto dicía que esta “tamén é a miña cidade”.

    A recuperación do busto de Sócrates farase por subscrición popular polo que a Comisión Cidadá puxo á venda ata xuño bonos por importe de 5, 10 e 20€. Nos bonos vai debuxada unha imaxe de Sócrates obra de Jose Luís de Dios.  O obxectivo, segundo explicaban, de facelo por subscrición popular é “para que a xente faga tamén seu o monumento”. Pola súa o Concello de Tui correrá cos gastos dos materiais e da infraestrutura da obra.

    Pechaba a quenda de intervencións o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, quen manifesta que “o monumento vai repor de onde nunca debeu ser tirado”.  Apuntaba que “nunha cidade coma Tui estamos orgullosos de que se volva instalar o monumento de Sócrates” engadindo que “todos xuntos volveremos a recibir a Sócrates, inauguraremos o seu monumento e que nunca máis volva ser retirado”.

    Tomaba tamén a palabra no remate un alumno do vello instituto tudense e de Prieto Coussent nos anos 1934, 35 e 36.

    O acto rematou con versos de Cantares Galegos de Rosalía de Castro e a  interpretación do Himno da Ledicia.

  

O Concello de Tui súmase ao programa de voluntariado do Xacobeo

    O Concello de Tui súmase ao programa de Voluntariado Xacobeo 2010 promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. O programa lévase a cabo neste Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago, e tamén no camiño portugués elixindo Tui coma un dos tres puntos centrais deste roteiro xacobeo xunto a Pontevedra e Padrón.

    O programa está destinado a todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace entre outros organismos ou persoas. E abrangue tres modalidades:

    1.- Voluntariado Informativo, Cultural E De Servizos A través dun posto de información fixo onde os voluntarios e voluntarias informarán das actividades, visitas ou servizos que se realizan pola zona correspondente. Colocaranse paneis informativos indicando os lugares onde se atoparán eses puntos de información, que estarán situados no albergue de peregrinos e no Centro de Interpretación do Camiño Portugués, de inmediata apertura no edificio municipal do antigo convento de San Domingos.

    2.- Voluntariado De Información Móbil Ao Pé Do Camiño Patrullando por parellas o tramo tudense do camiño e ofrecendo información ao viaxeiro que a solicite así como informando da problemática que poida existir ao longo deste treito da ruta.

    3.- Voluntariado De Acompañamento De Grupos Para grupos organizados que así o requiran Para estas tres modalidades de voluntariado cómpre ter 18 anos cumpridos.

    4.- Voluntariado Da Sabedoría Para que os maiores de 65 anos do lugar conten as súas experiencias e vivencias no Camiño.

    Para participar como voluntario/a é preciso reunir os seguintes requisitos:

        -Ter cumpridos os 18 anos (sen límite de idade).

        -Coñecer o lugar de desenvolvemento do voluntariado. Fomentase así o voluntariado local, para que a información que se proporcione sexa o máis ampla e correcta posible.

        -Realizar e obter a cualificación de “apto” nun curso de formación en liña que oferta a Dirección Xeral

    As datas de realización destas actividades de Voluntariado Xacobeo 2010 terán lugar en:

        -Durante a Semana Santa

        -A partir de Semana Santa: o voluntariado desenvolverase durante as fins de semana (sábados e domingos).

        -A partir do mes de xuño: o voluntariado terá unha duración mínima de 3 días e máxima de 15.

    O Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, anima a todos os mozos e persoas interesadas en participar nesta enriquecedora iniciativa, tanto de Tui como da súa comarca a inscribirse e participar nesta actividade. Cómpre salientar que no caso de estudantes da Universidade de Santiago os participantes poden acceder ata catro créditos de libre configuración.

    Dende a Xunta de Galicia e o Concello fornecerase aos voluntarios de todo o material necesario e mesmo dunha axuda económica para os seus gastos de desprazamento e manutención nos días do seu traballo voluntario. Os interesados poden inscribirse chamando ao teléfono 900400800 ou cubrindo a correspondente ficha de inscrición na páxina web: www.voluntariadogalego.org.

 

I Seminario o río Miño como factor de desenvolvemento

    O Parador de Turismo “San Telmo” de Tui acolle hoxe venres o I Seminario “O río Miño como factor de desenvolvemento” organizado pola Federación de Empresarios e Comerciantes de Pontevedra, FESPO, e o Consello Empresarial dos Vales do  Lima e Mino. Esta actividade está a súa vez coordinada por ACITUI e o CIT Terras do Baixo Miño.

    A inauguración terá lugar ás once da mañá a cargo da Directora Xeral de Comercio, Nava Castra, o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o presidente de  FESPO, Jorge Álvarez Bautista, e o presidente de CEVAL, Olegário Gonçalves.

    Ás doce terá lugar a primeira sesión de traballo na que van intervir Carlos Antunes  sobre “Pesca e turismo sostibles”, Francisco Fumega abordará “A importancia da paisaxe no desenvolvemento turístico”, Manuel Areal, enólogo tratará sobre “O sector vitivinícola no Miño Internacional” e por último Rui Correia, arquitecto falará sobre “Patrimonio construído e turismo”.

    Pola tarde, ás catro e media, haberá unha mesa redonda sobre as “Necesidades do sector gastronómico” moderada polo director da RMT, José Font.

 

Tui acolle o  XVI Congreso Rexional de Alcoholismo

    Esta tarde chegan a Tui os participantes no XVI Congreso Rexional de Alcoholismo que se vai celebrar na cidade organizado pola Asociación de Alcohólicos Rehabilitados do Baixo Miño.

    A inauguración terá lugar mañá sábado ás dez da mañá a cargo do Alcalde de Tui, e os presidentes da Asociación de Alcohólicos Rehabilitados Farga, Andar e a do Baixo Miño. Media hora despois comezará a primeira conferencia e mesa debate a cargo de Concepción Vázquez Val, psicóloga da Asociación do Baixo Miño.

    Ás doce e media María José González Santamaría, psicóloga da Asociación AISA de Santiago conducirá unha conferencia coloquio.

    Xa o domingo ás dez e media da mañá haberá unha mesa cos presidentes das distintas asociacións. Ás doce e media o doutor Braulio del Palacio López, Director Médico de Farga e da Asociación de Ex Alcohólicos de Ferrolterra falará sobre “Trastornos de personalidade e problemas co alcohol”

    Por último á unha media terá lugar o acto de clausura do Congreso polo Alcalde, e a entrega de diplomas aos asistentes.

 

Xoves, 25 de marzo de 2010  

Confraría Gastronómica do Bo Xantar promociona a gastronomía local nas festas de San Telmo

A Confraría Gastronómica do Bo Xantar organiza durante as festas de San Telmo do 3 ao 12 de abril a II Semana Gastronómica do Miño co obxectivo de promocionar a gastronomía local.

A Confraría está integrada polos restaurantes Mesón Sombra Boa, Remesal, Alfonso I, Don Sancho, Cruceiro do Monte, El Molino, O Cabalo Furado, e Parador de Turismo San Telmo  Durante a semana de festas nos mesmos poderanse degustar racións de meixón, lamprea, sábalo e peixiños de améndoa rebaixados de media un 10% sobre o prezo habitual en carta.

Deste xeito a ración de 100g de meixón custará 75€, a ración de lamprea 20€, o sábalo 15€, e os peixiños de améndoa un amendoado elaborados polas Monxas Encerradas 4€. Os prezos serán os mesmos nos oito restaurantes que integran a Confraría. Para poder degustar estas racións é convinte facer a reserva previa con dous días de antelación no establecemento onde se desexe xantar ou cear.

Esta Semana Gastronómica foi presentada onte polos membros da Confraría no Parador de Turismo San Telmo de Tui. No mesmo acto deron a coñecer os detalles da I Festa Degustación que van levar a cabo o domingo 11 de abril de 11.30 a 13.30h na rúa Compostela. Na mesma ofrecerán racións de empanada de sábalo, lamprea en escabeche, empanada de grelos, lacón e chourizo, e guiso de anguía. Cada ración terá un prezo de 3€ viño incluído da adega El Remesal. Os propios restauradores encargaranse de servir estes produtos.

Onte á mañá tamén se deu a coñecer o nomeamento de Confrade de honra de 2010, unha designación que recaeu en Mario Conde, pola súa condición de tudense. A imposición da capa e a boina da Confraría terá lugar o venres 9 de abril nun horario e lugar aínda por determinar.  Agradeceron para esta designación a colaboración de Alberto Estévez Piña, que fixo de intermediario. E agardan que a presenza de Mario Conde en Tui teña unha repercusión importante para a cidade e para a confraría.

Na presentación Ángel Alonso, que deixou o cargo de presidente, explicou que estes oito restaurantes “unen as súas forzas en beneficio da cidade e para colocar a Tui no sitio que merece a nivel turístico”.

Pola súa parte o novo presidente, Antonio Moledo, sinalou que o obxectivo das iniciativas que levan a cabo é impulsar a gastronomía local e os produtos do Miño, aportando nas receitas un toque de nova cociña.

Engadía que a Confraría está aberta a incorporación de novos restaurantes. E explicaba que este ano tentaron organizar eles o Festival do Meixón pero que desistiron ante o elevado prezo do produto.

Por último o tesoureiro da Confraría e director do Parador, David Villar, fixo fincapé na importancia de que oito restaurantes se unan baixo unha pauta de calidade, servizo e profesionalidade para promocionar Tui “de portas afora”.

 

Antón Louro anuncia que el nuevo Fondo Estatal para el Empleo destina 1,8 millones de euros a Tui

El delegado del Gobierno en Galicia, Antón Louro, realizó ayer una visita al municipio de Tui, adonde acudió acompañado por el subdelegado del Gobierno en Pontevedra, Delfín Fernández, y donde fue recibido por el mandatario, Antonio Feliciano Fernández Rocha. El máximo representante del Gobierno central en la comunidad autónoma incidió en que el primer programa enmarcado en el Plan E puesto en marcha por el Ministerio de Política Territorial en 2009, el denominado Fondo Estatal de Inversión Local, supuso para Tui una inversión de 2.999.597 euros así como la creación de 60 puestos de trabajo gracias a la ejecución de 12 proyectos. Al mismo tiempo, Louro Goyanes anunció que a lo largo de este año se desarrollará otra iniciativa de Política Territorial, el Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, que traerá una inversión de 1.834.798 euros en Tui, que permitirá realizar 14 actuaciones y dar empleo a 49 personas.

Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL 2009)

El delegado del Gobierno visitó dos de las 12 actuaciones financiadas por el Ministerio de Política Territorial en Tui mediante el Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL). Se trata, por un lado, de la construcción de aceras en la carretera PO-404, de Guillarei a Caldelas, por un importe de 825.451,39 euros; y el acondicionamiento para la habilitación de un área recreativa en la parroquia de Areas, con un presupuesto de 203.962,46 euros.

Antón Louro señaló que el Ministerio de Política Territorial ya ha transferido pagos a este Concello por importe de 2.099.714 euros, es decir, por prácticamente el 70% del total concedido. 

A mayores de los dos proyectos mencionados, el Concello de Tui incluyó las siguientes actuaciones en el FEIL: Mejora Seguridad Vial Antigua N-550, 442.536,45 euros; Saneamiento en el barrio de Vilapouca, parroquia de Pexegueiro, 108.570,77 euros; Acondicionamiento centro social A Macoca,  176.533,09 euros; Colectores e impulsión de saneamiento en la parroquia de Malvas, 223.633,19 euros; Pista de atletismo y vestuarios en las instalaciones deportivas A Macoca, 173.901,95 euros; Acondicionamiento de la casa cultural Anxo, Pazos de Reis, 134.794,89 euros; Obras de mejora en el pabellón de deportes municipal de Tui,  155.466,68 euros; Saneamiento en el barrio de Vilanova, parroquia de Pexegueiro, 163.508,70 euros; Pavimentación, abastecimiento de agua y mejora de la seguridad vial en Areas, 170.598,25 euros, y Obras de adaptación y mejora del conservatorio de música municipal, 220.633,61 euros.

Fondo para el Empleo y la Sostenibilidad Social (2010)

El delegado del Gobierno en Galicia anunció que el Ayuntamiento de Tui percibirá 1.834.798 euros con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Social, que es el nuevo programa puesto en marcha para este año por parte del Ministerio de Política Territorial.

Louro Goyanes subrayó que esta segunda iniciativa permitirá al Concello acometer 14 proyectos de inversión y generar 49 empleos. Las actuaciones presentadas por Tui para su financiación a través del nuevo fondo son; Saneamiento en Fenteira, Guilarei-Tui, 160.455,76 euros; Saneamiento en Pexegueiro: Vilapouca, Vilanova y Rabadeira, 160.732,50 euros; Saneamiento en Devesa-Rebordanes y Fernal-Ribedelouro, 135.911,24 euros; Saneamiento en Malvas, 170.701,16 euros; Saneamiento en Cotarel, Ribadelouro, 179.039,26 euros; Mejora de instalaciones en el campo de fútbol municipal Foxo-Caldelas,  110.023,38 euros; Acondicionamiento y mejoras en el centro cultural de Randufe,  102.486,90 euros; Adecuación de instalaciones en el centro social de Pazos de Reis, 69.321,44 euros; Red wifi Concello de Tui, edificios municipales y centros culturales, 198.339,49 euros; Ahorro energético en instalaciones deportivas del Ayuntamiento de Tui,  118.147,73 euros; Actualización de instalaciones de alumbrado público viario en Tui, para el ahorro energético, zonas Guillarei-Estación, 97.294,53 euros; Actualización de instalaciones de alumbrado público viario en Tui, zonas de Randufe-Friande, 73.156,45 euros; Actualización de instalaciones eléctricas de alumbrado público viario en Tui, zonas de Randufe-As Chans-A Guía-Areas-Toxeira-Avenida de Portugal y Avenida de O Rollo, 122.685,57 euros, y Abastecimiento de agua potable en las instalaciones deportivas de A Macoca, 136.402,59 euros.

Otras actuaciones

A mayores de la financiación procedente del Ministerio de Política Territorial, el delegado del Gobierno mencionó otras inversiones previstas por la Administración General del Estado en Tui. Por un lado, se refirió a la inclusión en los Presupuestos Generales del Estado para este año 2010 de una partida de 500.000 euros para el acondicionamiento de la senda fluvial Camposancos-Tui-Salvaterra de Miño. Respecto a esta obra, Louro apuntó que el proyecto ya ha sido redactado y entregado, y en estos momentos está pendiente de que se inicien los trámites para someterlo a la evaluación de impacto ambiental. La actuación consistirá en acondicionar un paseo fluvial de 40 kilómetros de longitud que discurrirá por varios municipios.

También puso el acento en el convenio que la ministra de Vivienda firmó en fechas recientes con la Xunta de Galicia en el marco del Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012, en virtud del cual el Concello de Tui recibirá este año 29.172 euros para la octava fase del área de rehabilitación de su casco histórico.

Por otra parte, Louro señaló que, fruto de un convenio firmado entre el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino y la Xunta de Galicia en materia de mejora de las infraestructuras rurales, Tui se beneficiará de una inversión de 190.080 euros para el proyecto de mejora de la infraestructura Camiño da Veiga, en el tramo Páramos a Caldelas.

Por último, citó que, a través de un convenio suscrito entre el Imserso (Ministerio de Sanidad y Política Social) y la Xunta de Galicia para la financiación de actuaciones vinculadas con la atención a las personas en situación de dependencia, el Concello de Tui recibirá 134.000 euros para mejorar la dotación de 50 plazas  en el Centro de Promoción da Autonomía Persoal, lo que permitirá generar 11 empleos. 

 

Constituido en Tui el Club Remo Tui formado por veteranos de este deporte

El Club Remo Tui acaba de ser constituido oficialmente y como tal se presentará en  próximas competiciones. Todos sus integrantes son de la categoría veteranos y durante su trayectoria deportiva han acumulado decenas de medallas en diversas modalidades del remo de banco móvil. Actualmente los miembros del nuevo club cumplen un programa de entrenamiento con vistas a sus compromisos del actual año: el campeonato gallego y el nacional programado para este verano en Banyoles. Las aspiraciones inmediatas del Club Remo Tui son mantener y fomentar la práctica de este deporte. Es por ello que la directiva del club ha iniciado contactos con autoridades locales y representantes de diversas instituciones que han mostrado su interés en apoyarles para el pleno desarrollo de sus objetivos.  Quienes deseen ampliar la información sobre el equipo pueden consultar su blog: http://www.clubremotui.blogspot.com

 

Mércores, 24 de marzo de 2010  

Ata mañá aberta a inscrición para asistir ao I Seminario “O río Miño como factor de desenvolvemento económico”

A Federación de Empresarios e Comerciantes do Sur de Pontevedra (FESPO) e o Conselho Empresarial dos Vales do Lima e Minho (CEVAL), coa coordinación da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI e o Centro de Iniciativas Turísticas Terras do Baixo Miño, organizan o I Seminario “O Río Miño como factor de desenvolvemento económico” que se vai celebrar o vindeiro venres día 26 no Parador de Turismo de Tui a partir das 11 horas.

O seminario contará, na sesión de traballos da mañá, coa asistencia do enólogo Manuel Areal, o biólogo Carlos Antunes, o xeógrafo Francisco Fumega e o arquitecto Rui Correia, que tratarán temas relacionados co Río Miño e coa zona xeográfica que este abrangue en ámbalas das dúas ribeiras, así como sobre as potencialidades económicas  sostibles transfronteirizas.

Pola tarde, nunha mesa redonda moderada por José Font (director da Radio Municipal de Tui), e formada por varios bodegueiros, restauradores e asociacións de pescadores de ambos lados do Río Miño, debatirase sobre as necesidades do sector gastronómico e a posibilidade dunha colaboración conxunta transfronteiriza por parte de todos estes sectores para conseguir unha mellor competitividade nestas materias e a promoción e utilización de produtos rexionais.

Todos os interesados en asistir poden recibir máis información e inscribirse no teléfono 986 60 75 56 en horario de 9 a 15 horas ata o xoves día 25.

 

El delegado del Gobierno visita hoy Tui

Antón Louro, delegado del Gobierno en Galicia, realiza hoy una visita a la ciudad de Tui para analizar las inversiones que la Administración General del Estado lleva a cabo en esta localidad. En su visita estará acompañado por el subdelegado del Gobierno en Pontevedra, Delfín Fernández, y por el regidor, Antonio Feliciano Fernández Rocha.

Según el programa previsto, a las 12.30 hora será recibido en la Casa Consistorial por el alcalde de la ciudad; a las 12.45 horas, se reunirá con los medios de comunicación y a las 13.00 horas visitará la obra de construcción de aceras en la PO-404 de Guillarei a Caldelas (a la altura de Caldelas) y al acondicionamiento para la habilitación de un área recreativa en la parroquia de Areas.

 

Pleno ordinario en Tui o xoves

Mañá, xoves, ás oito da tarde a corporación municipal de Tui vaise reunir no pleno ordinario correspondente ao presente mes de marzo. Tres son os puntos que figuran na orde do día.

O pleno comezará coa aprobación da acta anterior. No punto segundo vai un ditame da Comisión Informativa de Benestar Social sobre aprobación do I Plan de Inmigración e retorno do Concello de Tui.

O punto terceiro e último é o de control aos órganos de goberno coas disposicións de interese, decretos da alcaldía, mocións e a quenda de rogos e preguntas.

 

Obradoiro de psicomotricidade para lactantes

A Escola de Danza Paula Cobián acolle hoxe, mércores, ás 11 da mañá un Obradoiro de Psicomotricidade para lactantes que aínda non saiban andar. Esta actividade forma parte dos obradoiros que organiza a Asociación para a lactancia materna Pinga Doce.

Os obradoiros son gratuítos e quen o desexe pode acadar máis información no 654 88 35 86.

O día 10 de abril ás 11.45h haberá un novo obradoiro neste caso de piscina no centro Di-Som Tui e en maio terá lugar un de música no Conservatorio de Grao Medio.

 

Paradores ofrece o  menú “Arte Breve da cociña”

Dende onte, 23 de marzo, 93 Paradores españois, entre eles o de Tui presentan “A arte breve da cociña”, unha iniciativa organizada para celebrar o nacemento de paradores. 

A “Arte breve da Cociña” estará disponible nos restaurantes dos 93 Paradores españois ata finais de ano. Trátase dunha fusión entre a historia e a gastronomía que se porá sobre a  mesa a un prezo que oscila entre os 27 e os 29,50€.

David Villar, director do Parador de Tui, explicaba na RMT que esta iniciativa da continuidade ao menú 80 aniversario de 2009, e o obxectivo é recuperar e amosar a gastronomía local.

O menú está composto por entrantes, un primeiro prato, un segundo prato e unha sobremesa, todo presentado no caso de Tui baixo o título de “A cociña do Baixo Miño”.

Por outra parte o Parador está inmerso na organización do 1º anecdotario da cidade de Tui, aquí substitúen contos por anécdotas reais vinculadas a Tui ou a tudenses e que sexan curiosas.

Esta iniciativa levarase a cabo o último domingo de cada mes ás seis da tarde cun convidado. Entre eles estarán Alberto Estévez, Manuel Ferrruxo, Javier Ferruxo, Jesús Freiría, José Joaquín García, Álvaro Hermida, o “Chato”, Don Ricardo, Tito Crussat, e outros máis.

 

Martes, 23 de marzo de 2010  

O tudense Xosé Areses Vidal será o pregoeiro das Festas de San Telmo 2010

O concello de Tui designou como pregoeiro das Festas de San Telmo 2010 ao tudense Xosé Areses Vidal, que vén desempeñando importantes cargos na Administración do Estado en Madrid malia a súa xuventude. O gran cariño que sente pola súa cidade natal, e, especialmente, polo seu santo patrón, Frei Pedro González Telmo, e a súa importante traxectoria na administración pública xustifican abondosamente o seu nomeamento.

Xose Areses Vidal, naceu en Tui hai 35 años, definíndose el mesmo coma  “lector impenitente, conversador  e alhoyista”. Licenciado en Dereito, Máster en “Gestión y Análisis de Políticas Públicas” pola Universidade Carlos III de Madrid, ten cursado estudos en el IESE (Curso de liderazgo para directivos públicos) e no European Institute of Public Administration (Holanda).

Pertence ao Corpo superior de Administradores Civís do Estado dende o ano 2003. Destinado á Administración Xeral do Estado, ten desempeñado distintos postos no Ministerio de Agricultura e no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Máis recentemente ocupou o cargo de Subdirector adxunto na Dirección General del  Libro, Archivos y Bibliotecas del Ministerio de Cultura, dende onde se congratulou, ata en dúas ocasións, ao recibir a Biblioteca Municipal de Tui o premio María Moliner á “mejor labor bibliotecaria”.

Na actualidade  ten sido nomeado subdirector na Dirección General de Cooperación Autonómica do Ministerio de Política Territorial. É amais coordinador da área de Conferencias Sectoriais e titular da “Oficina para las Lenguas Oficiales en la Administración General del Estado”.

Para o concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, co nomeamento de Xosé Areses Vidal o concello de Tui dá continuidade á súa aposta na designación de pregoeiro das Festas Patronais dedicadas a San Telmo pola promoción de personalidades locais que teñan salientado na súa actividade, pois ninguén mellor que eles para convidar a veciños e visitantes ás celebracións festivas que neste ano 2010 comezaran coa lectura do pregón o sábado 3 de abril. Amais sinala Rodríguez Pérez que se dá a feliz circunstancia que neste ano o concello lembrará o centenario da celebración, por vez primeira en Galicia, da festa da árbore promovida por un antepasado do pregoeiro, o enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal.

 

Mañá presentarase a II Semana Gastronómica do Miño e a I Festa Degustación

A Confraría Gastronómica do Bo Xantar presentará, en rolda de prensa maña, mércores ás 11.00 horas no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui, a II Semana Gastronómica do Miño e a I Festa Degustación que se celebrarán coincidindo coas Festas de San Telmo.

Aproveitando este acto tamén se dará a coñecer o nomeamento de Confrade Honorario do ano 2010.

 

Citas no Conservatorio de Música de Tui

    A sala de audicións do Conservatorio Profesional de Grao Medio de Tui acolle hoxe, martes, 23 de marzo, ás oito da tarde unha ponencia sobre "Análise Suites Bach". Correrá  a cargo de Emilio Lede Abal.

    Por outra parte o xoves, día 25, ás sete e media da tarde, os alumnos do Conservatorio tudense participarán nun concerto que se vai celebrar Conservatorio Profesional de Música de Redondela.

  

 O Kaiak Tudense proclamouse Campión de España de Inverno

    O Club Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana Campión de España de Inverno, un título que logra por cuarto ano consecutivo. Pero amais esta é a decimo quinta vez que o club tudense logra este título, o que supón todo un fito nos 50 anos de historia da Federación Española de Piragüísmo.

    O kaiak sumou 2.543 puntos fronte aos 1.759 do Piragüísmo Aranjuez e os 1.740 do Club As Torres Romería Vikinga de Catoria.

    A nivel individual José Luis Bouza fíxose co ouro no C1 senior, dominando en todo momento a regata.

    Tamén en canoa senior  Manuel Garrido fíxose co bronce, a mesma medalla que lograba en xuvenil Adrián González.

    Cómpre destacar tamén o cuarto posto do K1 senior de Iván Alonso que logo de encabezar a regata nos primeiros 2000 metros, viuse superado polos asturianos Emilio Llamedo, Javier Herranz, e polo campión do mundo en k2 1.000 metros, Emilio Merchán.

    Este foi un gran campionato para o Kaiak Tudense xa que dos 35 padeeiros desprazados puntuaron 33 deles.

 

A Biblioteca Municipal tudense celebra hoxe o Día Mundial da Poesía cunha actividade para os cativos

O pasado domingo, coincidindo coa entrada da primavera, celebrouse o “Día Mundial da Poesía”, unha festa promovida pola UNESCO dende o ano 1999 co obxectivo de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse. Neste día preténdese apoiar á poesía, o retorno á tradición oral dos recitais poéticos, promover o ensino da poesía e o diálogo da poesía coas outras artes ou manifestacións artísticas, en definitiva promover a poesía como unha expresión artística actual.

A Biblioteca Municipal de Tui súmase a esta celebración ofrecendo aos seus usuarios ao longo da xornada de hoxe martes, igual que xa fixo onte, pequenos poemas do español Miguel Hernández, de quen celebramos o centenario do seu nacemento. esta celebración rematará ás 17,30 horas cunha sesión de contacontos a cargo do grupo “Teatro Patán”  a sesión de contos   "Palabra de chapeu. Contos para xogar", dirixida aos nenos de entre 6 e 9 anos de idade, que escoitarán e xogarán coas adiviñas, coa poesía e coa narrativa.

Esta actividade realízase ao abeiro do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Tui.

Con esta sesión de contacontos comeza a súa actividade a Biblioteca Municipal de Tui que presentará en datas próximas un amplo programa para os meses de abril e maio, baixo a denominación de “Mes dos libros”.

O obxectivo do Día Mundial da Poesía

Como manifesta a directora Xeral daa UNESCO, Irina Bokov,  «La diversidad poética nos brinda otra manera de dialogar. Nos permite descubrir que todos y cada uno de nosotros, en cualquier punto de la Tierra, compartimos los mismos interrogantes y sentimientos. Es una faceta de nuestra libertad, es nuestra humanidad. Por eso la poesía debe ocupar el lugar que le corresponde en los programas de educación de calidad. Mediante al acceso a la poética del mundo entero, los jóvenes pueden disponer de un vector más, diferente, sutil y fluido, para mejorar su conocimiento y comprensión del prójimo. El descubrimiento de un nuevo poema constituye un acto de inmersión en la lengua, pero también en la emoción y la sensibilidad del otro, por más distante que se encuentre en términos geográficos.».

 

Luns, 22 de marzo de 2010  

A Comisión Cidadá presenta os actos para a reposición do Busto de Sócrates, por subscripción popular

O 8 de febreiro, a “Comisión Cidadá para a reposición do Busto de Sócrates, por Subscripción Popular”, solicitou ao alcalde presidente do concello de Tui, “a reposición deste monumento, que no ano 1936, estaba instalado nos xardíns desta cidade, e que por un acto vandálico consumado naqueles turbulentos e oscuros días, foi  botado ao río Miño. Esta comisión cidadá, facéndose eco dun sentimento da xustiza histórica, desexa que este monumento volte ao seu lugar de orixen, no que un día seu escultor D. Benito Prieto Coussent e seus alumnos do instituto tudense, instalárono para honra do gran filosofo grego Sócrates”.

O vindeiro mercores día 24 de marzo de 2010 ás 20.00 horas, no  Museo Municipal (antigo Instituto de san Domingos), farase a presentación do proxecto de “Reposición do Busto de Sócrates por Subscripción Popular”, nun acto que contará coa presenza do alcalde de Tui, un representante da Comisión cidadá, o artesan-escultor Rosendo, o historiador Xosé Álvarez, o guitarristas Tomás Camacho, a recitadora Laura e a poetisa María do Carmo Kruckemberg Sanjurjo.

Programa

Mércores 24 de Marzo do 2010

                20.00 horas. Benvida  e Presentación do proxecto  de “Reposición do

                                     Busto de Sócrates, por Subscripción Popular” por o

                                     membro da Comisión cidadá “ Manuel Vázquez da Cruz

                             Recital a cargo da poetisa María do Carmo

                           Kruckemberg Sanjurjo neta de tudense.                     

                                        Recital a cargo de Jaso, acompañado por Tomás

                                     Camacho

                             Charla sobre a figura de Benito Prieto Coussent, polo

                           Historiador Xosé Álvarez

                                         Mesa redonda coloquio

                                          Recital por Laura  “A Trovadora”  de Levada Libre

21,45 horas.  Clausura da Xornada de presentación do proxecto “Reposición do Busto de Sócrates, por Subscripción Popular”   polo Alcalde Presidente do concello de Tui, Antonio F. Fernández Rocha.

(Benito Prieto Coussent)

 

El 10 de abril se celebra el Rally de Primavera-San Telmo

El día 10 de abril la Escudería Vigo Clásicos organiza el Rally de Primavera-San Telmo Trofeo Fibanc Mediolanum, con salida y llegada en Tui. Esta quinta edición está organizada por el socio la Escudería Vigo Clásicos, Adolfo Rodríguez.

La apertura de las inscripciones se cerrará el 31 de marzo, con un número máximo de  inscritos limitado a 55.

Los vehículos se concentrarán, para la salida, en el Paseo de Calvo Sotelo-Corredera a partir de las 8.30 horas, saliendo el primer vehículo a las 10.01 horas, y llegando al mismo parque de salida aproximadamente a las 13.45 horas, después de recorrer 125 Km. Los participantes se reunirán, psteriormente, en el Hotel Restaurante Colón, de Tui, en una comidad de confraternidad.

Los interesados en participar en esta convacoria  cumplimentarán la ficha de inscripción que se puede encontrar en la página Web: www.escuderiavigo.org.

 

O xurado de Play-Doc emite un palmarés que “expresa a vitalidade do documental contemporáneo”

A sexta edición do Festival Internacional de Documentais Play-Doc rwematou onte con máis de 7.000 espectadores pasabdo polo Teatro Municipal de Tui que confirma a consolidación do certame.

O xurado, composto por Eulàlia Iglesias Huix, Darío Oliveira e José Manuel Sande, emitiu o palmarés, que se fixo público onte nunha cerimonia de clausura que tivo lugar ás 20.30 que ofreceu un concerto de 2us.

O xurado outorgou os seguintes premios:

“Sweetgrass”, de Lucien Castaing-Taylor e Ilisa Barbash, na Sección Oficial de Longametraxes, por “como a través do documental reconecta coa esencia antropolóxica do western”.

Ex aequo na mesma Sección Oficial de Longametraxes con “Sanya i Vorobey” (Sanya e Pardal), de Andrey Gryazev, por “a forza e a inmediatez que transmite a través da súa depurada observación dos protagonistas, inmersos nunha situación desesperada pero non exenta de saída”.

The Darkness of Day” (A escuridade do día), de Jay Rosenblatt, na Sección Oficial de Curtametraxes, polo “seu uso da metraxe atopada que transcende a mera compilación para compor unha elexía en torno ao suicidio”.

Tanyaradzwa”, de Alberte Pagán, na Sección Oficial de Documentais Galegos, polo “seu cuestionamento dos formatos e a contribución ao trazado de novas olladas a outras realidades”.

E engaden que “todos estes títulos, así como o resto da programación do certame, expresan a vitalidade do documental contemporáneo, a súa enorme riqueza lingüística e a súa capacidade para implicar o público”.

 

Ilisa Barbash recolle o premio á mellor longametraxe: “Play-doc é un festival profesional e íntimo”

A sexta edición do Festival Internacional de Documentais Play-Doc acabou onte con números sorprendentes. Máis de 7.000 espectadores pasaron polo Teatro Municipal de Tui, o que confirma a consolidación do certame.

O acto de clausura foi introducido pola banda de jazz 2us, que presentou a Sara García e Ángel Sánchez, directores do festival, para que leran a decisión do xurado. García quixo lembrar que “todos os filmes son gañadores” para a organización.

O primeiro premio, o de Documental Galego, recaeu en Tanyaradzwa, de Alberte Pagán, que xa gañara hai dous anos con BS.AS. “É a segunda vez que me premian, pero a primeira que estou aquí”, dixo ao recoller o galardón das mans de Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura de Tui, explicando que a súa ausencia se debeu precisamente a que as datas coincidiran coa rodaxe do filme seleccionado nesta edición.

Engadiu despois que valora “que se premien filmes alternativos e independentes” e que “estamos contentos (el e a protagonista), sobre todo pola cuestión económica”.

Despois tocoulle a Carmen Pardo, Secretaria Xeral de Turismo, darlle o premio de Mellor Curtametraxe a Jay Rosenblatt, por The Darkness of Day. O norteamericano dixo que “todos os filmes da sección son moi bos” e agradeceu ao xurado “unha decisión difícil”.

Dixo tamén que “estes galardóns proban que as curtas teñen un lugar no mundo”, e espera “que isto siga sendo así”.

Finalmente, Ilisa Barbash recolleu o premio de Mellor Longametraxe por Sweetgrass de mans do alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha. A película co-dirixida xunto co seu marido, Lucien Castaing-Taylor, obtivo o galardón ex aequo con Sanya e Pardal, de Andrey Gryazev.

Barbash dixo sentir “boas vibracións” dende que puxo o pé en Tui, pois Play-Doc “é un festival tan profesional como íntimo, no que hai a rara oportunidade de convivir cos outros realizadores”, comentou.

Por estas razóns, explicou que recibir o premio non estaba a ser tan bo como esperaba, debido aos lazos de comunidade que estableceu estes días cos outros directores.

 

O BNG consigue un novo pediatra para o Centro de Saúde de Tui

            Dende hai meses o Bloque Nacionalista Galego iniciou unha serie de accións para avanzar na resolución dos problemas de sobrecarga de traballo no Centro de Saúde de Tui e nomeadamente na demanda dun novo pediatra.

            A primeira destas accións foi a presentación, no mes de novembro de 2009, dunha moción no concello de Tui para solicitar da Consellería de Sanidade a contratación dun novo pediatra e a substitución do persoal sanitario cando este estea de baixa.

            As actuacións continuaron coa pregunta da deputada do Grupo Parlamentar do BNG, Carme Adán, á Mesa do Parlamento de Galicia sobre esta situación.

            Tras meses de espera, en febreiro de 2010, a Consellería de Sanidade respostou que non apreciaba sobrecarga laboral no Centro de Saúde de Tui.

            Ante esta resposta, Carme Adán,  presentou no Debate do Estado da Autonomía unha proposta para a contratación dun novo pediatra en Tui que non poido seren rexeitada ante a manifesta necesidade desta contratación.

            A insistencia e o traballo do BNG conseguiron o compromiso de que o servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tui se vexa reforzado cun novo profesional.

 

Sábado, 20 de marzo de 2010  

A Consellería de Medio Ambiente adxudica as obras do colector xeral de San Simón, en Tui, por máis de 720.000 de euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicará no DOG a adxudicación definitiva das obras de execución do colector xeral de San Simón, no concello de Tui, á empresa Sercoysa Proyectos y Obras S.A. no que o Goberno galego achega o 100% do custe das obras, por máis de 720.000 euros.

Estas actuacións serán executadas nun período de 8 meses, beneficiando a unha poboación de máis de 1.500 habitantes, das zonas de Ribadelouro e Rebordáns, que tamén serán usuarios da Edar de Guillarei, unha obra incluída no Plan de Infraestruturas Hidráulicas e de Traballos Medioambientais.

Actuacións

O colector de San Simón recollerá as augas residuais do río Louro que serán conducidas para os eu tratamento na Edar de Guillarei. Así, traballarase nos treitos precisos para a conexión do saneamento da parroquia de Ribadelouro co colector xeral do Louro, completando tamén a conexión das redes de saneamento coa Edar de Guillarei. Ditas actuacións contemplan a execución dun quilómetro de colector e tres bombeos, situados en Porto de Bouzas, Cotarel e San Simón.

A construcción dos colectores obriga a atravesar a estrada PO-342 e o emprego de tubaxes baixo os ríos Louro e San Simón. O último cruza un sendeiro que parte do Camiño Portugués, no treito Tui- Redondela, mentres que outro tramo transcorre por unha vía de servizo da AP-9, en calquera caso os servizos e pavimentos afectados polas obras serán repostos.

O concello de Tui debe ceder os terreos e auga precisos para a realización do proxecto. Ademais, achegará as autorizacións administrativas necesarias, asumindo tamén a explotación, mantemento e conservación das obras.

 

Venres, 19 de marzo de 2010

Play-Doc centra as referencias culturais en tui na fin de semana

O documental galego “Un mar de pedra”, de Manu Paz e Xacobo Sanmartín, abre hoxe venres as proxeccións en Play-Doc ás doce do mediodía. O traballo do escultor Manolo Paz queda reflectido nesta película de 65 minutos de duración.

A primeira sesión da tarde, ás 16.30 horas está protagonizada polo western “Sweetgrass” de Ilisa Barbash. Esta longametraxe fala dos últimos pastores trashumantes en Montana.

Ás 18.30 horas hai dobre proposta  “Restos humanos” e “O cheiro das formigas ardendo”. Este dous documentais forman parte da retrospectiva dedicada a Jay Rosenblant.

As proxeccións continúan na sección de documentais de música ás 20.30 horas con “Luanda, a fábrica da música”, un documental que vén acompañado do concerto dos Batida, ás doce e media da noite, na Sala Metropol. As entradas teñen un custo de 8 euros, 6 euros con abono.

Queda unha proxección máis ás 22.30 horas. Será a longametraxe de Boris Mitic

 “Adeus, cómo estás?”, e da curta de Jay Rosenblant “Só quixen ser alguén”.

Propostas o sábado en Play-Doc

O sábado chegan novas propostas que comezan ás 12 do mediodía coa longametraxe “Sanya e Pardal” que narra a historia de dous homes que viven nunha graveira.

Mentres “Sucesos” e “New York” de Raymon Depardon conforman a proxección das 16.30 horas.

Ás 18.30 horas haberá un especial La Blogotheque. E ás 20.30 horas será  a quenda do documental musical “Rip: A remix manifesto” de Brett Gaylor.

A última sesión do sábado, ás 22.30 horas, ofrecerá  “Patas para arriba” de Miro Remo e “Marina e o experimento” de Marina Lutz que compiten na sección de curtas, e “Amigo bo”, “Verme” e “Baixo control” de Jay Rosenblant.

Amais o sábado ás doce e media da noite na Sala Metropol terá lugar o segundo dos concertos de Play-Doc a cargo de The Spinto Band. As entradas teñen un prezo de 10€, 8€ con desconto.

O domingo remata Play-doc

O domingo, último día de Play-Doc, a actividade céntrase na tarde. Ás catro e media poderemos ver o resultado do traballo dos sete realizadores que participan no obradoiro do  Retrato Filmado: A Memoria.

Ás 18.30h na sección oficial de longametraxes preséntase “Ata a vitoria” que narra a historia dunha parella cubana que busca o equilibrio entre a sociedade da illa e o capitalismo.

A entrega de premios e clausura do festival está prevista para ás oito e media da tarde.

E por último, ás 22.30 horas pechan as proxeccións deste ano dous documentais de Raymon Depardon: “San Clemente” e “Contacts”

 

Festas de San Xosé en Sobredo

Hoxe, venres, celébranse festas na honra a San Xosé en Sobredo, Guillarei. Ás dez da mañá entrará no recinto de festas a Banda de Música Popular de Tui. Ás 12.30 celebrarase a misa solemne. E pola noite a verbena amenizada por Capitol e Los Españoles.

 

Festival de San Xosé en Pazos de Reis

O Centro Cultural Aloia acolle hoxe, venres, ás seis da tarde o Festival de San Xosé organizado pola Asociación Cultural Aloia. Está prevista a actuación do grupo de gaitas e baile da Asociación Socio Cultural O Mosteiro de Pexegueiro, e un festival de Playbacks a cargo do grupo Xunco de Parderrubias.

 

II Festa do Motor en Ribadelouro

Hoxe venres a partir das 18h celébrase a II Festa do Motor en Ribadelouro organizada pola Comisión de Festas. A festa terá lugar no recinto de Festas da Magdalena.

 

Festa do Pai en Rebordáns

Mañá sábado, a partir das dez da noite, celébrase no Centro Cultural San Fins a Festa do Pai. Teñen prevista a actuación dos grupos de playbacks do Centro Cultural de Soutelo e do Centro Cultural Xunco de Parderrubias. Logo haberá unha noite de baile co grupo Saraiba. Segundo informan haberá obsequios para os pais e chocolatada gratis.

 

Festival día do Pai en Ribadelouro

No Centro Cultural Santa Columba de Ribadelouro celebran mañá, sábado, o Festival do Día do Pai a partir das oito da tarde. Actuarán os grupos de playbacks de Portovisión da A.C. Teatro do Mar de Sanxenxo, da Asociación do Centro Cultural Xinzo de Ponteareas, da Asociación Pedra Moura dos Penediños do Porriño, da Asociación Cultural de Pontellas, da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro.

 

Festa da Terceira idade en Pexegueiro

A Asociación Socio Cultural e Xuvenil “O Mosteiro” de Pexegueiro celebra este domingo a Festa da Terceira Idade no Centro Cultural da parroquia. Ás once da mañá haberá misa no centro cultural, e logo farase unha homenaxe á persoa de máis idade da parroquia. Continuarán cun concerto da Banda de Gaitas de Couso, e a apertura da exposición de antigüidades e fotos antigas de Pexegueiro.

Pola tarde, ás cinco, actuarán os grupos “A Nosa Xente” de Paramos, o grupo de playbacks “Inquedanzas” de Pazos de Reis, e o grupo de acordeóns de Valadares.

 

Guillarei, Tui – Asemblea Xeral da AAVV Virxe das Dores

A Asociación de Veciños “Virxe das Dores” de Guillarei celebra este domingo Asemblea Xeral. Será ás 11 en primeira convocatoria e ás 11.30h en segunda. A orde do día é a seguinte: 1. Lectura da acta anterior; 2. Xestión da Xunta Directiva; 3. Actividades desenvolvidas en 2009; 4. Estado de contas; 5. Proposta do incremento da cota de socio a 8€; 6. Orzamentos para 2010; 7. Renovación de membros da Xunta Directiva; 10. Entrega de novo convenio asinado con distintas firmas comerciais para descontos co uso do carné de socio, e 11. Rogos e preguntas.

    

O proxecto Creativa Apoia Play-Doc. O domingo proxectarase o Retrato-Memoria

Dentro das actividades Play-Doc compre salientar a convivencia entre galegos e portugueses que se plasma na presenza de realizadores das dúas beiras do Miño, documentais, e mesmo concertos.  Hoxe falabase desta convivencia nunha rolda de prensa na que participaron María Paredes, coordinadora de actividades externas da AGADIC, Marta Andreu, coordinadora do Obradoiro Retrato Memoria, e Ángel Sánchez, Director de Play-Doc.

María Paredes foi a encargada de presentar o proxecto CREATIVA que se iniciou a finais de 2009. Realizase en colaboración coa Rexión Norte de Portugal financiado con fondos europeos. Este proxecto da industria cultural, que engloba as artes escénicas, visuais, de produción gráfica e libros, arranca este ano en Play-Doc.

Indicaba amais que iniciativas coma o “Retrato-memoria” son proxectos pioneiros que deben ser un dos puntos fortes do festival.

Precisamente do Retrato-Memoria falaba a súa coordinadora Marta Andreu quen espuña que este ano presenta un proxecto realmente pioneiro continuidade do Retrato-Encontro co que dez realizadores iniciaron esta experiencia o ano pasado que quedou plasmada na película “Ida e volta”. Agora volveu atoparse cos seus personaxes para indagar na súa memoria. Explicaba Marta Andreu que esta iniciativa prolongarase ao longo de cinco a nos para crear un auténtico laboratorio, un “lugar verdadeiro de creación e de aposta por unha traxectoria”. Logo do Retrato-Encontro de 2009, e o Retrato-Memoria deste ano, en 2011 será a quenda do Retrato de Vida, en 2012 Retrato-Paisaxe, e en 2013 pecharase o ciclo con Retrato-Espello.

Avanzaba que logo desta segunda película é o momento de darlle visibilidade ao proxecto e lograr financiamento para garantir que isto sexa un laboratorio.

Ao final do proxecto haberá cinco películas feitas con rigor dedicadas a cada un dos personaxes.

O proxecto Retrato-Memoria proxectase o domingo ás 16.30h

 

Concienciar sobre o consumo responsable da auga

Un grupo de alumnos e alumnas das distintas aulas do CRA estiveron onte á mañá na Praza da Inmaculada repartido un decálogo para facer un consumo responsable da auga. Acudiron con esta información que foi elaborada por eles mesmos nas aulas nun proxecto Voz Natura coordinado polas profesoras Pati Ozores e Laura Areal.

Unha das nenas, Paula Alfaya, xunto á profesora Laura Areal, falaban desta iniciativa na sintonía da Radio Municipal de Tui.

No Decálogo da Auga que repartiron recóllense unha serie de normas para aforrar auga.

Na Praza da Inmaculada estivo tamén a Concelleira de Educación, Patricia Ricón, quen salientou o novidoso desta iniciativa que se celebra co gallo do Día Mundial da Auga, ao tempo que destacaba o labor realizado polas nenas e nenos do CRA.

 

Xoves, 18 de marzo de 2010

O CRA leva a cabo unha campaña sobre o consumo responsable da auga

    Coincidindo co Día Mundial da Auga que se celebra o próximo luns, 22 de marzo, o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, leva a cabo hoxe unha campaña de conciencia sobre o consumo responsable da auga.

    Un grupo de nenos das distintas aulas repartirán, de 11 a 13.30h, na Praza da Inmaculada, coincidindo co mercado semanal, folletos informativos sobre o consumo responsable deste ben.

    Por outra parte co gallo do comezo da primavera os alumnos do CRA Mestre Clara Torres van realizar unha plantación de 50 árbores autóctonas este sábado ás 11.30 no Parque das Penizas e en Areas. As árbores que van plantar os nenos e os pais foron doadas pola Consellería do Medio Rural.  Neste acto colabora a Concellería de Educación do Concello de Tui.

 

As festas de San Telmo vanse celebrar do 3 ao 12 de abril

    Do 3 ao 12 de abril vanse celebrar as Festas de San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego. O programa festivo comezará coa coroación das raíñas e pecharase coa solemne procesión de San Telmo. Durante dez días sucederanse os actos festivos, culturais e deportivos.

    A raíña xuvenil das festas é Mª Otero Diz e as súas damas Lupe Pérez Fuente e Yessica Casal da Veiga Pazos, mentres que a raíña infantil é Tatiana Alonso Pérez acompañada por Rocío Pazos García e Marta Romero Salgueiro coma damas. Polo momento non se deu a coñecer o nome do pregoeiro deste ano, unha identidade que posiblemente se faga pública o próximo luns.

    O programa de festexos foi presentado onte pola Comisión de Festas acompañada do Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, do Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e da Concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón.

    Nas festas deste ano deixouse sentir a crise económica o que obrigou a reducir o orzamento o que se reflicte na programación aínda que dende a Comisión de Festas tentaron “minimizar o impacto desta situación” segundo explicaba Ángel Alonso.

    Entre as principais novidades deste ano está un día gastronómico que o domingo 11 organizará a Confraría do Bo Xantar cuxos detalles dará a coñecer proximamente, así coma a realización de ExpoAgro no recinto exterior do CEIP nº2. Esta feira estará dedicada á maquinaria agrícola, material de campo, cerrallaría e xardinería celebrándose do venres 9 ao luns 12 de abril.  A isto hai que engadir a aposta polos grupos locais coma é o caso de La Comandancia que actuará o venres 9 pola noite ao remate do karaoke de adultos.

    O karaoke tanto de adultos coma infantil, as Xornadas de Cine Infantil, a Xornada Gastronómica o sábado 10 con polbo, ostras e filloas, a feira do cabalo e actividades deportivas de baloncesto, fútbol ou unha xincana completan a programación. Na mesma non faltan as verbenas na primeira fin de semana festas e logo na fin de semana grande o venres, sábado, domingo e luns con afamadas orquestras.

    A todo isto hai que engadir a Semana do Teatro afecionado que organiza, por segundo ano consecutivo logo do éxito da primeira edición, a Concellería de Cultura, de luns a venres, durante as festas o Teatro Municipal acollerá ás nove da noite unha representación teatral a cargo dos grupos dos centros culturais tudenses.

    Na presentación desta mañá o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, fixo especial fincapé na importancia de que os Festexos sexan de Interese Turístico Galego, o que transmite unha dobre responsabilidade “tanto para o concello como para a Comisión de Festas”

    Agradecía o edil a disposición da Comisión de Festas para levar adiante a organización desta semana grande, aí coma as empresas, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia que colaboran na mesma. Amais edía paciencia aos tudenses polas molestias inevitables xeradas coma o diminuír os aparcamentos.

    Por último o Alcalde agradecía á Comisión de Festas o seu traballo e dedicación. Ao tempo destacaba os festexos tudenses entre os máis importantes que con carácter relixiosos se celebran na zona.

    Tamén puña de relevo o seu carácter internacional xa que as mesmas acoden convidadas as corporacións municipais de Valença e de Vila Nova de Cerveira así coma moitos veciños de Portugal.

    As festas serán publicitadas este ano, amais de por outros medios, coa colocación de 12 vallas en distintos concellos da provincia e 5 máis no norte de Portugal.

 

 II Festa do Motor en Ribadelouro

    Este venres, ás 18h, celébrase a II Festas do Motor en Ribadelouro organizada pola Comisión de Festas. A festa terá lugar no recinto de Festas da Magdalena.

 

Sete documentais no segundo día de Play-Doc  

    Hoxe é o segundo día de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. As proxeccións ábrense ás doce deste mediodía con “Días de reparto” de Jorge Coira e Iker Elorrieta. Este documental, con 55 minutos de duración, conta historia de Fernando que leva  na súa furgoneta todo o que os veciños do pobo precisan.  Este film compite na sección oficial de documentais galegos.

    Tamén compite na sección de documentais galegos “Tanyaradzawa” de Alberte Pagán que se proxecta ás catro e media desta tarde. Nos 100 minutos que dura o film realiza un retrato dunha muller. Proxéctase pola tarde ás 16.30h

    Ás 18.30h é a quinta da longametraxe a concurso “Desorde” de Weikai Huang. En 58 minutos narra vinte situacións reais ao través das que analiza coma se comporta a sociedade chinesa.

    Ás 20.30h poderemos ollar o primeiro dos documentais da retrospectiva dedicada a Raymon Depardon, trátase de “Urxencias”. É unha longametraxe gravada nas urxencias psiquiátricas dun hospital de París. A película amosa a relación entre paciente e psiquiatra.

    Por último as proxección de hoxe péchanse ás 22.30h con catro curtametraxes. Poderemos ver  “Escravos” de Hanna Heilborn e David Aronowitsh coa historia de dous nenos secuestrados pola milicias de Sudán, “A Escuridade do día” de Jay Rosenblant sobre o suicidio. Ambas compiten na sección oficial de curtametraxes. Amais proxectarase “Témome que sí” e “Sete vidas” de tres e un minuto de duración que forman parte da retrospectiva dedicada a Jay Rosenblant.
 

Ruta do Europincho e Feira de Antigüidades en Tui

    A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co  concello de Tui, organiza para este fin de semana a Ruta do Europincho.

    Esta actividade comeza mañá venres pola tarde, e continuará o sábado todo o día e o domingo até o mediodía. Nesta Ruta do Europincho participan 11 establecementos de hostalaría asociados a ACITUI. Nos mesmos ofreceranse petiscos variados por un euro.  Os establecementos que participan son: Parador de turismo de Tui, LA Jamoneta, Happy Pizza, Tapas e Viños, Café-Bar Scala, Santa Columba, Restaurante San Telmo, Factory Café, Bodegón Don Sancho, Val Remesal e Fabrícaa de Tui.

    Doutra banda, todos os que se acheguen a Tui nesta ponte tamén terán a posibilidade de comprar artigos  na VII Feira de Antigüidades que se celebra o sábado no Paseo da Corredera de Tui de 10 a 20h.

 

Charlas na Escola de Idiomas de Tui

    A Escola Oficial de Idiomas de Tui no IES San Paio  acolle ás seis e media e ás oito desta tarde dúas charlas a cargo de Carlos López Taltavul, delegado en Galicia de She-Herencia. O tema que vai tratar é “Orientar e asesorar sobre os puntos máis importantes á hora de elixir un curso de idiomas ou traballo no estranxeiro”

 

Seminario sobre a factura electrónica esta tarde na Cámara de Comercio

    Ás catro desta tarde terá lugar na Cámara de Comercio un seminario sobre a factura electrónica do empresario local. Esta actividade forma parte da campaña formativa posta en marcha pola Consellería de Facenda nas distintas localidades galegas co fin de ofrecer ás empresas da comunidade unha visión clara, práctica e tanxible sobre a facturación electrónica.

    No seminario desta tarde vanse explicar todos os aspectos relacionados coas vantaxes da adopción da factura electrónica e os pasos a seguir para facelo da forma máis sinxela posible, ademais de resolver todas as dúbidas que esta formula no ámbito operativo e tecnolóxico. Exporase tamén a vantaxe que supón utilizar este procedemento e as distintas solucións existentes para automatizar tanto a emisión como a recepción das facturas electrónicas.

    Unha das prioridades da  Consellería de Facenda  é impulsar o uso das novas tecnoloxías no ámbito da contratación pública cun desenvolvemento pleno da facenda electrónica co fin de axilizar trámites, aproximarse ao usuario e aforrarlle tempo e custes.

    Co obxectivo de acadar rapidez e eficacia ao servizo do cidadanía a Consellería implantará a licitación electrónica, a factura electrónica e outros novos sistemas de  comunicación e intercambio de información. Todos eles configuran novas técnicas de xestión que o Goberno galego incorporará axiña á súa xestión. 

 

Mércores, 17 de marzo de 2010

O Alcalde pon de relevo a “aposta do concello por Play-Doc

Play-Doc é aire fresco para a cultura de Galicia”. Así de rotundo se manifestou o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, na presentación da sexta edición do Festival Internacional de Documentais de Tui, que cun orzamento de 90.000 euros, vaise celebrar na cidade dende hoxe, 17 de marzo, ata o domingo día 21.

O acto tivo lugar no primeiro andar da Área Panorámica onde os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, estiveron respaldados polo alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.

O edil de Cultura salientou na súa intervención que “Play-Doc é a actividade máis importante do ano en Tui” engadindo que se trata dun festival de referencia en toda España. Salientaba Moisés Rodríguez que “é un orgullo vincular Tui, Cultura e Play-Doc” porque este é un festival que contribúe, segundo explicaba á promoción turística da cidade. Remataba o Concelleiro destacando que “Play-Doc é algo de todos os tudenses que temos que defender” porque é “un investimento rendible e seguro”.

Pola súa parte o alcalde, Antonio Fernández Rocha, puxo de relevo que “O Concello de Tui aposta polo festival” sinalando que  “proba diso é a aportación económica que facemos que comezou con 1.500€ e que este ano acada os 18 mil euros”. Lamentou o rexedor tudense a falta de apoio doutras entidades que colaboraron co festival en anteriores edicións e que este ano non o fan.

Sara García, directora de Play-Doc, espuxo na súa intervención que a 24 horas do inicio “estamos moi nerviosos pero orgullosos da programación que presentamos”. Explicou que debido a crise económica este ano tiveron moitas incertidumes “pero iso non desmereceu nada a programación e os contidos son de primeiro nivel coma cada ano”.

Sara García fixo un pequeno resumo da oferta que presentan dende hoxe ata o domingo. Na sección oficial indicaba que se proxecta unha mostra do máis interesante que se está a facer nestes momentos no cine documental. A isto engaden na sección informativa dúas retrospectivas dedicadas a Raymond Depardon e Jay Rosenblant, ao que se suman actividades paralelas de primeiro nivel con concertos, exposicións e obradoiros que “converten a Play-Doc nun festival multidisciplinar que dialoga con outras artes”. Quixo tamén incidir noutra das señas de identidade do festival, coma é a celebración do mesmo en Tui o que segundo dicía “lle dar maior valor e permite que se cree unha atmosfera moi especial”.

Mentres Ángel Sánchez, director de Play-Doc, salientou que un ano máis “realizamos un esforzo titánico para poder facer un festival con todos os ingredientes e características dun gran festival. Desexou que o público goce deste evento que chega “cargado de grandes sorpresas e momentos intensos”.

 

As visitas guiadas á catedral de Tui organizadas por ACITUI e Terras do Baixo Miño finalizan o domingo

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, e o Centro de Iniciativas Turísticas Terras do Baixo Miño coa colaboración do Canónigo da Catedral de Tui, Ricardo García Fernández, organizan a última visita guiada ao conxunto histórico da Catedral de Tui.

Esta última xornada realizarase o vindeiro domingo, día 21, ás 17 horas.

A ruta terá igualmente carácter gratuito, estará aberta a todo o público en xeral e poderán participar todos os comerciantes, hostaleiros, veciños e visitantes que así o desexen.

Todos os interesados en asistir poderán recibir mais información e anotarse no teléfono 986 60 75 56 en horario de luns a venres de 9 a 15 horas.

Con esta última xornada conclúe un ciclo de seis visitas a este conxunto histórico que comezaron o pasado 7 de febreiro e que espertaron o interese de todos os participantes.

A finalidade desta iniciativa foi a de divulgar o patrimonio histórico tudense e da Comarca do Baixo Miño co obxectivo de poder ofrecer unha información mais axeitada ós nosos visitantes. Deste xeito preténdese conseguir unha mellor e mais longa estancia dos visitantes na nosa comarca, podendo descubrir aspectos de historia do noso patrimonio histórico descoñecidos por gran parte dos habitantes, que son os que mellor poden divulgar os valores da nosa comarca.

 

Hoxe ás oito inaugúrase Play-Doc

Ás oito desta tarde terá lugar a inauguración da sexta edición de Play-Doc o Festival Internacional de Documentais de Tui.

Tamén esta tarde será inaugurada a exposición de Antón Lamazares na Sala de Exposicións Municipal, contando coa presenza do propio autor.

E tralas inauguracións esta noite comezan as proxeccións. Ás nove proxectarase “Horizonte sen dono”, un documental de Nayra e Javier Sanz Fuentes cunha duranción de 83 minutos que recolle unha serie de encontro de Antón Lamazares con amigos e familiares, cos que reflexiona sobre cuestións decisivas. Este film compite na sección de documentais galegos.

A segunda sesión de hoxe comezará ás 22.30h con dúas películas. A primeira delas é “O meu bebé branco” de Akosua Adoma Owusu que está no festival para presentar este documental de 22 minutos  que compite na sección oficial de curtametraxes. No mesmo relata a situación que quedou en África tralo colonialismo, onde as mulleres aprenden a facer trenzas en boneca brancas.

Na mesma sesión poderemos ollar “Membro pantasma” o primeiro dos dez documentais que se van proxectar de Jay Rosenblant, realizado a quen este ano se lle dedica unha retrospectiva. Membro pantasma narra durante 28 minutos a historia dunha familia que perde a un fillo cando tiña sete ano. Esa dor e desamparo é retratada no film lembrándonos a impermanencia da vida.

 

O Alcalde de Tui presidente o Consorcio da EDAR de Guillarei

A posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei, EDAR, é cuestión de semana segundo explicaba o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, na RMT. Están pendentes das conexións por parte da Confederación, e que esta logo autorice as do propio concello.

Precisamente o Alcalde de Tui foi nomeado coma Presidente do Consorcio da EDAR polos seus compañeiros de Mos, Porriño, e Salceda. Do mesmo xeito a secretaria do Concello, é a secretaria da EDAR. A función do Alcalde coma Presidente será convocar as xuntanzas oportunas agora sobre todo para o borrador das ordenanzas que rexerán o Consorcio.

Noutra orde de cousas o rexedor tudense reuniuse co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal para coñecer o avance do informe que teñen que remitir a Patrimonio. Agardan, segundo lle expuxeron, que o documento sobre o Camiño de Santiago esta listo esta mesma semana.

Unha vez Patrimonio dea o visto bo a ese documento, este texto terá que ir a pleno, xa que se trata dunha pequena modificación do PXOM, e este volverá ser remitido de novo á Xunta para que Patrimonio informe favorablemente o Plan. Logo a decisión final será da Dirección Xeral de Urbanismo. Un pronunciamento que Fernández Rocha, segundo explicaba na emisora municipal tudense agarda que se produza antes do verán.

Por outra parte no Concello continúan a traballar nos orzamentos para este ano. O próximo luns haberá unha comisión informativa de Facenda.

 

Martes, 16 de marzo de 2010

Presentación oficial de Play-Doc

Hoxe martes, 16 de marzo, ás 11.30h terá lugar no primeiro andar da Área Panorámica a presentación oficial do VI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e os directores do festival Sara García e Ángel Sánchez.

Play-Doc vaise celebrar en Tui do mércores 17 ao domingo 21 de marzo.

Máis información sobre o festival en www.play-doc.com

 

Cogami inicia en Tui un curso de xestión de stocks, almacén e control de caixa para persoas con discapacidade

Onte ás catro da tarde comezou no Centro de Formación do concello de Tui, en Guillarei, un curso de Xestión de Stocks, almacén e control de caixa que desenvolve a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade física que residan na comunidade galega.

Un total 15 persoas con discapacidade son as que van acudir a estas clases (10 homes e 5 mulleres) e terán que completar as 220 horas que dura esta acción formativa. As clases van ser impartidas de luns a xoves en horario de  16.00 a 21.00 horas.

Se o alumnado deste curso quere facerse cun título acreditativo terá que asimilar temáticas que se van impartir nel como a atención ao público, informática, almacenaxe, prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos. O 2 de xuño é a data de fin do curso.

A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na  busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos, sexan estes de maneira presencial ou tamén a través de internet.

O ano pasado, COGAMI desenvolveu 39 cursos de formación profesional ocupacional nos que participaron un total de 492 persoas con discapacidade.

 

Éxito das Xornadas sobre educar adolescentes

Un total de 78 persoas asistiron na mañá do sábado á Xornada Educar Adolescentes organizada pola Concellería de Servizos Sociais do concello de Tui. A inauguración tivo lugar pasadas ás dez da mañá na Sala Félix Rodríguez onde a concelleira Patricia Ricón deu a benvida aos asistentes. Na súa intervención destacaba que “a todos nos preocupa como comunicarnos cos adolescentes” aí a necesidade de tratar este tema.

Pola súa parte o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, puña de manifesto que “sempre é importante falar cos nenos que son o futuro, e o futuro temos que axudalo a mellorar porque a propia sociedade esixe máis”, dicía.

 

Reunión da executiva provincial do PSdG-PSOE

A executiva do Partido Socialista reuniuse o pasado sábado en Tui para analizar cos representantes comarcais a situación política e os temas que preocupan no Baixo Miño, así coma iniciar os traballos de cara ás próximas eleccións municipais.

O secretario provincial dos socialistas, Modesto Pose, valoraba os temas tratados nesa reunión. A nivel interno explicaba que están ilusionados de cara aos próximos comicios municipais, dicía que incorporaron a xente nova e as expectativas son “ilusionantes”.

Repasaron neste encontro temas destacados que preocupan na comarca coma o trazado da vía de Alta Capacidade. Nese senso indicaba que os socialistas presentarán distintas iniciativas no Parlamento rexeitando a opción Sur pola que se decanta agora a Xunta para o tramo II, xa que consideran que é un atraso porque o río é o valor fundamental da zona. Pedirán ao Conselleiro que reconsideren a súa posición, xa que consideran que esta opción “hipoteca o futuro”.

Modesto Pose explicou que outro dos temas que preocupa aos socialistas é situación que lle agarda ao Baixo Miño sobre asistencia sanitaria co novo hospital do que dicía, a idea da Consellería é privatizar todos os servizos salvo os médicos e enfermeiras.  Isto, engadía, vai “hipotecar o noso futuro e complica a xestión da sanidade”. Van reclamar que a Sanidade siga sendo pública.

O Secretario Xeral dos Socialistas referiuse tamén á situación da EDAR que lembraba foi desbloqueada por Pachi Vázquez, cando este era Conselleiro.

 

Matrícula no CEIP nº2

O CEIP nº2 de Tui lembra que ata o próximo 31 deste mes está aberto o prazo de matrícula para o curso 2010-2011. Os interesados poden facer a inscrición na secretaria do colexio de luns a venres en horario de mañá.

 

O Conselleiro de Cultura inaugurará Play-Doc

O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, acudirá este mércores á inauguración oficial de Play-Doc, ás oito da tarde no Teatro Municipal.  Previa a esta data algunhas das actividades xa están en marcha. Este é o caso do Obradoiro “Retrato filmado”. Esta fin de semana chegaron a Tui os realizadores que participarán na segunda parte desta iniciativa  na que se volven atopar cos seus personaxes.

Este sería o segundo dos cinco anos de duración que ten este proxecto ideado polos directores de Play-Doc.

Por outra parte onte mesmo comezou tamén a montaxe das dúas exposicións que poderemos disfrutar dende o mércores ata o domingo. Play-Doc achéganos a obra de dous artistas de renome coma son Manuel Paz e Antón Lamazares. As súas mostras están relacionadas a súa vez con dous documentais que se van proxectar “Horizonte sen dono” e “Un mar de pedra”.

O mércores precisamente será inaugurada a exposición de Antón Lamazares coa presenza do propio artista. Os directores do festival convidan ao público a asistencia ao acto inaugural.

Mentres na entrada principal da Área Panorámica poderemos ollar a obra de Manolo Paz. Serán tres obras dunha tonelada cada unha. Esta tarde comeza a montaxe.

 

Presentación das Festas de San Telmo

A  Comisión de Festas de San Telmo 2010 informa que mañá mércores, 17 de marzo, ás 11.30h terá lugar a presentación oficial das Festas de San Telmo 2010 que se van celebrar do 3 ao 12 de abril.

A presentación terá lugar na Sala de Reunións do Concello de Tui e correrá a cargo do alcalde,, Antonio Fernández Rocha, concelleiros do equipo de goberno, e dos membros da Comisión de Festas.

 

Sábado, 13 de marzo de 2010

Carme Adán presentou distintas proposicións sobre o Centro de Saúde de Tui

    A deputada do BNG, Carme Adán, interpelou ao goberno galego sobre distintas cuestións referentes ao Centro de Saúde de Tui.

    Unha delas é o nivel de sobrecarga asistencial que existe no servizo de pediatría onde atenden a 1.400 nenos por facultativa, moi por riba dos 800 recomendados pola OMS. Dende o BNG non entenden que con estes datos dende o Goberno Galego lles contesten que non hai sobrecarga asistencia, e que non hai compromiso de crear unha nova praza de pediatría. Por iso van presentar na Cámara iniciativas para paliar esta situación segundo explicaba na RMT.

    Tamén van demandar que no novo centro de saúde haxa sanidade pública e se solucionen os problemas de sobrecarga no actual ambulatorio.

    Logo da contestación recibida da Xunta presentaran proposicións buscando que o Centro de Saúde de Tui siga con atención pública, e se teñan en conta as necesidades profesionais que redundan na calidade do servizo.

 

Catro documentais galegos estarán en Play–Doc

    A próxima semana, o mércores 17, arranca a sexta edición de Play-Doc no que un ano máis prestarán atención aos traballos de cine do real que se fan en Galicia. Haberá, coma en anteriores edicións, unha Sección de Documentais Galegos da que falaban Sara García e Ángel Sánchez na Radio Municipal de Tui.

    Nesta sección proxectaranse catro documentais. Este é o caso de Días de Reparto de Jorge Coira que retrata a historia dun repartidor en certos pobos galegos, que suple a ausencia de tendas.

    Mentres Alberte Pagán presenta unha película bastante experimental titulada “Tanyaradzwa”. É un retrato dunha muller.

    Xunto a este directores consagrados estarán os noveis Manu Paz e Xacobo Sanmartín que presentan en Play-Doc “Un mar de pedra”. O escultor Manolo Paz é retratado neste documental. De forma paralela a súa obra estará exposta na cidade. Do mesmo xeito que poderemos ollar a obra de Antón Lamazares, que protagoniza o documental “Horizontes sen dono” de Nayra e Javier Sanza Fuentes.

    E noutra orde de cousas hoxe chegan os realizadores que van participar na segunda de parte de “O retrato filmado”.

 

Reunión da executiva do PSdG en Tui

    Hoxe sábado ás 10.30h da mañá vaise reunir en Tui a Comisión Executiva do PSdG-PSOE da provincia de Pontevedra. Trátase dunha xuntanza ordinaria que se vai celebrar no Hotel Colón.

    Ás 12.15h o Secretario Xeral, Modesto Pose, manterá un encontro cos medios de comunicación para informar dos asuntos que trataron na executiva. 

 

Venres, 12 de marzo de 2010

O Telecentro de Comunicación de Tui acolle a primeira cata de viños por multivideoconferencia que se fai en España

O Telecentro de Comunicación (TC) de Tui acolleu onte unha cata de viños guiada a través de videoconferencia desde o TC de Chantada, celebrada con motivo da XXVIII edición da Feira do Viño da localidade luguesa.

Esta iniciativa, pioneira en España, puido ser seguida, así mesmo, desde o propio Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, e desde os TC de Monforte de Lemos, Oroso, Catoira, O Barco de Valdeorras e Carballo, nos que se deron cita, ademais dos participantes no acto, diversas autoridades e representantes das corporacións municipais. En total, participaron na cata unhas 160 persoas, e varios dos TC rexistraron máis solicitudes que prazas dispoñibles, o que dá conta do éxito que tivo esta actividade.

Desde o TC chantadino, a enóloga Mar Vilanova de la Torre, investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), foi a encargada de guiar aos asistentes na cata de viños da subzona: Viño do Fortes (branco), Quinta de Alborada (tinto) e Vía Romana (Tinto de barrica). Vilanova estivo acompañada polo responsable do TC, Segundo Navaza, moderador do evento; e por Roberto Iglesias Delgado, membro da Comisión organizadora da Feira do Viño de Chantada.

Todos os asistentes en cada un dos TC participantes dispuxeron do material necesario para a degustación: mantel de cata, cuspideira, cataviños, sacarrollas, baetas e caldos. Trala cata, empregaron a videoconferencia para formularlle á enóloga as súas dúbidas e comentar as súas experiencias nesta materia.

A primeira edición da Feira do Viño de Chantada desenvolveuse no ano 1983 e, segundo os datos da época, achegáronse ata ela preto de dez mil visitantes. Desde entón, tense asentado coma unha das feiras máis importantes da provincia, converténdose, a finais dos anos 90, na Feira do Viño máis representativa do noroeste peninsular.

Esta iniciativa desenvolveuse no marco da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), encargada de coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a Internet da comunidade.

 

Rocha tratou con Feijoo os principais temas do municipio

    O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, entrevistouse o mércores, durante algo máis dunha hora, co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Na reunión trataron os principais problemas e asuntos do municipio dende o urbanismo ao Ano Santo.

    Sobre a mesa neste encontro estivo a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui que segue pendente do informe de Patrimonio para que a Xunta se poida pronunciar sobre o mesmo. Mañá mesmo o equipo redactor ten unha xuntanza cos técnicos de Patrimonio, e o rexedor agarda que esta sexa a última das reunións para completar o informe de Patrimonio.  Iso sí para Fernández Rocha a atención posta polo Presidente da Xunta neste tema é unha boa “puntilla”

    Con respecto á celebración do Ano Santo o Alcalde de Tui solicitou ao Presidente da Xunta un gran evento na cidade ben no exterior na parte posterior da Área Panorámica, ou no interior no novo pavillón de deportes que está insonorizado. Trataríase segundo avanzou dun espectáculo con artistas internacionais.

    O Centro de Día, a Escola Infantil, o novo Centro de Saúde, a estrada PO-404 Guillarei-Caldelas foron outros dos temas repasado no encontro co Presidente da Xunta, que Fernández Rocha quixo tratar directamente con el.

    Fernández Rocha aproveitou a súa visita a Santiago para convidar ao Presidente da Xunta de Galicia a participar na solemne procesión de San Telmo o 12 marzo. En función da axenda, Feijoo fará todo o posible por acudir.

    O rexedor tudense explicaba que logo deste encontro con Alberto Núñez Feijoo volveu cunha moi boa sensación, e sorprendido polo trato sinxelo e de amizade que lle brindou o Presidente da Xunta.

 

Play-Doc ofrece dúas retrospectivas

    O Festival Internacional de documentais de Tui, Play-Doc, na súa sexta edición vainos ofrecer dúas retrospectivas. Unha dedicada a Jay Rosenblat e a outra a Raimon Depardon.

    Dende o próximo mércores día 17 e ata o domingo 21 poderemos disfrutar da obra destes dous creadores durante o Festival.

    Sara García e Angel Sánchez, os directores de Play-Doc, falaban deles no programa “Día a Día” da RMT.

    Jay Rosenblant estivo en 2009 en Play-Doc presentado o seu documental “Comezando a filmar”. Esta é so unha peza da súa longuísima e recoñecida filmografía premiada en festivais coma do Sundance. Agora Play-Doc pon o aceno na súa obra dedicada ao funfootage, tal e coma explicaba Ángel García.

    Explicaba Ángel García é un verdadeiro luxo contar de novo con Jay Rosenblant en Tui, do que se proxectarán dez películas na retrospectiva, e unha máis na sección oficial de curtametraxes.

    A outra retrospectiva recolle a figura de Raymon Depardon, que segundo Sara García é un dos nomes indispensables do cine do real. Marca a diferenza no mundo do documental.

    Ten amais entre as súas virtudes levar con éxito o paso da fotografía ao cine. Pasa de individuos a cidades no seu obxectivo. En Tui poderemos ver cinco películas súas.

    Ángel Sánchez explicaba que a crise fixo máis dura a organización desta sexta edición. Enviaba unha mensaxe de agradecemento a todos os colaboradores e en especial ao Concello de Tui.

    Os catálogos de Play-Doc están xa a dispor do público en cafeterías e kioskos. A información está tamén en www.play-doc.com

 

En tres meses comeza a pleno rendemento a EDAR de Guillarei

    A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez, avanzou na súa intervención na Comisión 2ª que nun período de tres meses a Estación depurador ade augas residuais (EDAR) de Guillarei comece a traballar a pleno rendemento e a cumprir os parámetros de vertido. Informou que na actualidade estase a levar a cabo as conexións dos colectores secundarios á rede xeral da depuradora de Guillarei, e precisou que as primeiras conexións teñen que ser realizadas pola Confederación Hidrográfica do Norte. Tamén aclarou que dende o pasado 15 de febreiro, xa comezou a chegar a auga á planta coa apertura dos primeiros by-passes dos 83 que ten que executar Confederación.

    Os caudais incrementaranse paulatinamente, a medida que se vaian incorporando as conexións a realizar pola Confederación, ás redes municipais e as conexións industriais, indicou.

Dende Augas de Galicia considerase necesario dar inicio aos traballos para a inmediata explotación das instalacións, polo que se están a manter conversas cos concellos, Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas, co fin de acadar o acordo de creación dun consorcio coparticipado entre a Xunta e as catro entidades locais. A aportación de cada membro determinarase en función dun estudio dos custos totais e a participación en habitantes equivalentes de cada un dos catro concellos.

    O contrato de explotación do sistema de saneamento do Louro e da estación depuradora de augas residuais de Guillarei xa foi adxudicado á UTE Movex Vial-Aquialia”, por un importe de case 4 millóns de euros e xa se iniciaron os trámites para a constitución do Consorcio.

    No mes de setembro, asinouse un protocolo entre Augas de Galicia e os concellos para acordar os trámites da constitución do Consorcio. Actualmente, déronse os primeiros pasos nomeándose a Comisión Xestora do Consorcio e estanse a elaborar os seus Estatutos.

    A participación económica de cada concello estará en función da carga contaminante xerada. Deste xeito, a Xunta de Galicia: participación nun 42,81%; as entidades locais invisten un 57,19%, concretamente, Mos aporta o 22,72 %; O Porriño o 38,15 %; Salceda de Caselas o 11,89 %; e Tui, o 27,24 %

    Na súa intervención, Ethel Vázquez explicou que os desperfectos atopados nas instalacións da conca do río Louro como consecuencia de que non se puxera en marcha -unha vez remataran as obras correspondentes en decembro do ano 2006-, tiveron lugar na rede de colectores, onde desapareceron e se romperon tapas de pozos e case toda a rede de colectores apareceron con sedimentos e sucidade que facía preciso baleira e limpar.

    Así mesmo, os tanques de tormenta sufriron danos superficiais, teñen a acometida eléctrica sen realizar e falta subministro de enerxía nalgúns tanques de tormenta e os accesos atópanse en malas condicións.

Por outra banda, nas estacións de bombeo, os danos foron en equipos de iluminación e no acristalado e na propia EDAR de Guillarei non se puxo en servizo a acometida eléctrica e faltan as probas nos equipos; existen instalacións con sedimentos e sucidade, ademais de estar as zonas axardinadas sen coidar e en desuso.

    A presidenta de Augas de Galicia aclarou que esta situación fixo necesaria a reparación de danos provocados por vandalismo e o paso do tempo e conexións dos colectores e instalacións do sistema xeral de saneamento da conca do río Louro.

    O orzamento de licitación do mesmo ascendeu a máis de 1,8 millóns de euros, traballos que realiza a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Ás actuacións para a posta en marcha da EDAR de Guillarei contan cun orzamento de adxudicación de 228.425 euros e o seu obxecto é realizar traballos de acondicionamento e apoio namentres se preparaba o concurso da explotación do Sistema de Saneamento do Louro e EDAR de Guillarei.

    Por outra banda, no momento no que se abra a depuradora está establecido un procedemento de conexión ás instalacións da conca do río Louro. As entidades deben solicitar a autorización de conexión ao Sistema de Saneamento do Louro á Xunta de Galicia, co obxecto de ter controlados os caudais e características de contaminación de toda as incorporacións. Neste momento, estase a traballar neste asunto para poder realizar as conexións unha vez remate os traballos a Confederación.

    En canto á rede de colectores secundarios, a Administración Hidráulica de Galicia está a colaborar técnica e financeiramente cos concellos de Mos, Salceda de Caselas, Porriño e Tui, redactando proxectos en cada un dos concellos co propósito de facer, nun breve prazo posible, ás actuacións de colectores secundarios. Salientar que é competencia das entidades locais o saneamento.

 

Xoves, 11 de marzo de 2010

Obradoiro de psicomotricidade para lactantes

    O próximo mércores 17 de marzo, terá lugar o segundo dos obradoiros para lactantes organizados pola Asociación de Lactancia Materna de Tui, Pinga Doce, dirixidos a bebés e nenos e nenas ata os tres anos.

    É un obradoiro de “Psicomotricidade” que se celebrará na Escola de Danza Paula Cobián. Haberá dous grupos, o primeiro ás 11h para nenos que andan sós e ata os 3 anos, e o segundo ás 12h para nenos que aínda non andan. Para este último grupo é preciso anotarse na propia Escola de Danza Paula Cobián porque no caso de haber un número importante de nenos faríanse dúas quendas.

    O 10 de abril ás 11.45 no Centro Di-Som de Tui impartirán un obradoiro de piscina, e en maio no Conservatorio levarán a cabo un de Música. Nestes dous obradoiros está por fixar a data e hora en que se celebrarán.

    Os Obradoiros teñen carácter gratuíto e non é preciso anotarse previamente. As persoas que desexen máis información poden chamar ao 654 88 35 86 (Toñi).

 

Play-Doc presenta cinco longametraxe a concurso

        Play-Doc vainos brindar a oportunidade de disfrutar dun total de 31 documentais nos cinco días que dura esta sexta edición do festival. Hoxe os seus directores Sara García e Ángel Sánchez falaban das longametraxes que participan en “Día a día” na RMT.

        Na sección oficial a concurso preséntanse cinco documentais de  longa duración. O venres ás 22.30h  proxectarase a película serbia “Adeus, cómo estás?” de Boris Mitic na que predomina a técnica do collage.

        Mentres o xoves ás 18.30h será a quenda de “Desorde” de Weikai Huang que fai un achegamento á sociedade chinesa. A película plasma 20 situacións reais.

        Sweetgrass é o título do documental que se proxecta o venres ás 16.30h. Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor presentan este western cunha fermosa estética pero cunha dura historia dos últimos vaqueiros que levaban ovellas en trashumancia nas montañas de Montana. Estará no festival a directora Ilisa Barbash.

        Dende Rusia chega “Sanya e Pardal” de Andrey Griazev que se poderá ver o sábado ás 12h. Este documental reflicte a relación entre dous personaxes que viven nunha graveira, descoñecendo que vai acontecer co seu futuro máis próximo.

        Por último pecha a sección de longametraxes “Ata a vitoria” de Chris Guidotti e Matteo Besomi. Que narra a historia dunha parella que tenta buscar o lugar perfecto entre a sociedade cubana e o capitalismo.

        A protagonista solicitoulle ao director que non publicitase a película porque lle podería conlevar problemas en Cuba. Por este motivo o documental foi retirado da web do Festival, pero se proxectará igualmente o domingo ás 18.30h. Será presentada polo seu director.

        Lembramos que Play-Doc comeza nunha semana, o mércores día 17 e se prolonga ata o domingo 21. 

 

Mércores, 10 de marzo de 2010

 Leticia Fernández, Campiona de España junior de 1.500m

    A moza tudense Leticia Fernández Barbosa proclamouse esta fin de semana Campiona de España Junior en 1.500 metros en pista cuberta. A competición disputouse en San Sebastián, onde a tudense logrou a súa mellor marca da temporada cun tempo de 4.45:64. Leticia partía xa coma clara favorita, pese a ser o seu primeiro ano de junior, e cumpriu todos os prognósticos.

    Na actualidade milita no Academia Postal de Ourense, aínda que boa parte dos seus adestramentos os realiza en Tui, onde non é raro vela adestrar na zona da Veiga do Louro.

    No programa Escoita Deporte da RMT Leticia Fernández explicaba onte á noite que está moi contenta e satisfeita do tempo feito xa que é a mellor marca deste ano nos 1.500.

    Sinalaba esta Campiona de España coma a estratexia da carreira a tiña preparada co seu adestrador. Foi atrás no primeiros mil metros, e logo deu un tirón que a levou a escaparse e facer coa victoria nos 500 metros final dunha carreira moi rápida.

    Agora os seus obxectivos son manter o título de Campiona de España en 1.500 ao aire libre, centrándose tamén na liga de clubs e en mellorar a súa marca, quere facer a mínima para poder participar no Campionato de España absoluto ao aire libre, no que quere competir tanto en 1.500 coma en 800 metros.

 

Play-Doc proxectará cinco curtametraxes na sección oficial

        Nunha semana, o mércores 17 ás oito da tarde, terá lugar a inauguración oficial de Play-Doc, o VI Festival Internacional de documentais de Tui. Dende ese momento e ata o domingo 21 a última hora poderemos disfrutar de 31 documentais. Estas películas encádranse nas distintas sección do Festival, dende a informativa que recolle dúas retrospectivas dedicadas a Jay Rosenblant e Raymon Depardon, e a sección oficial a concurso na se clasifica a súa vez en Longametraxes, Curtametraxes e Documentais Galegos.

        Os directores de Play-Doc Sara García e Ángel Sánchez, falaban no programa Día a Día da Radio Municipal de Tui das curtametraxes que poderemos ver en Play-Doc.

        Unha das curtametraxes que se van proxectar é “Arsy Versi” de Miroslav Remo, que estarán en Tui para presentar a película. Narra a historia dun personaxe entusiasta. Proxectarase o sábado 20 ás 22.30h

        Tamén estará en Play-Doc a directora de O meu bebe branco, Akosua Adoma Owusu. Fala da confusión que o colonialismo deixou en África, onde as mulleres aprende a facer trenzas en monecas brancas. Poderemos vela o mércores 17 ás 22.30h

        O xoves 18 ás 22.30h proxectarase “Escravos”  realizada con técnicas de animación que narra a historia de dous nenos secuestrados en Sudán polas milicias. Está dirixida por Hanna Heilborn e David Aronowitsch.

        Na mesma sesión, o xoves ás 22.30h, proxectase a cuarta curtametraxe que poderemos ver en Play-Doc, é “A Escuridade do día” de Jay Rosenblant . Nesta cinta este director aborda os distintos xeitos de acometer o suicidio, emprega unha vez máis a súa característica técnica do collage.

        Pecha a sección de curtametraxes “Marina e o experimento” de Marina Lutz, que rescata as películas que o seu pai lle gravara durante 16 anos, xa que o único xeito de comunicación entre ambos era o vídeo, o audio ou a fotografía. Poderemos vela o sábado ás 22.30h.

        Toda a información está en www.play-doc.com.

 

Concentración dos traballadores de Levantina

    O Comité de Empresa de Levantina, antigo grupo Graniter, convoca aos traballadores desta firma a unha concentración nas portas da empresa hoxe mércores de 14 a 14.20h

    Previamente os delegados da CIG e UXT convocan aos traballadores de 12 a 14.20h para manifestar a súa solidariedade cos compañeiros afectados polos traslados forzosos

    O presidente do Comité de Empresa, Miguel Domínguez, explicaba que a empresa procedeu ao traslado forzoso de sete traballadores, dos que tres son membros do comité de empresa, 2 traballadoras teñen a xornada reducida por maternidade, unha traballadora foi nas listas da CIG, e a última ten un contrato de carácter temporal.  Dende a CIG sosteñen que máis que traslados son “despidos disfrazados”.

    A empresa comunicou o pasado 27 de xaneiro o traslado destes sete traballadores ás oficinas centrais de Novelda 2 en Alacante, xustificando a decisión na “centralización dos departamentos de Proveedores, Contabilidade Filiais e Facturación nos Servizos Xerais”.

    Dende o Comité de Empresa denuncian que dende que Graniter foi adquirida hai 5 anos por Levantina levouse a cabo unha redución progresiva da plantilla pasando dos 250 traballadores aos 125 actuais.  Ante os traslados forzosos que agora se plantexan foi presentada unha demanda no Xulgado Social de Vigo.

 

III Campionato Internacional de Pesca a Flote de Salmónidos

    Este domingo dispútase en augas do río Miño en Tui o III Campionato Internacional de Pesca a flote de salmónidos organizado pola Sociedade de Pesca Reo Miño.

    O presidente desta Sociedade, Julio Areal, e o secretario, José González, estiveron onte no programa Escoita Deporte para falar desta competición que acada a súa terceira edición. Os equipos estarán formados por tres persoas.

    Os participantes concentraranse ás 8 da mañá á carón do Club Náutico, para empezar a pesca media hora despois, ata ás 14. Logo faran a pesaxe das pezas e o xantar.

    A entrega de premios será ás cinco e media da tarde.

    Os interesados poden inscribirse ata hoxe en Bazar González ou en Labralia. O custe por equipo é de 60€ incluíndo o xantar das tres persoas que integran o equipo.

 

Martes, 9 de marzo de 2010      

O Kaiak Tudense impúxose con rotundidade no Campionato de España de Inverno

    O Club Kaiak Tudense impúxose con rotundidade este sábado no Campionato Galego de Inverno en Castrelo de Miño.

O Club Tudense logrou 3.076 puntos, moi por diante dos 2002 acadados polas Torres Romaría Viquinga que foi segundo, e dos 1.537 do Náutico Rodeira de Cangas que ocupou o terceiro posto da clasificación xeral por clubs.

    A nivel individual os de Tui lograron 3 ouros , 4 pratas e 3 bronces.

    No Kaiak Senior, ao igual que aconteceu hai 15 días no Control de Auga, os do Kaiak foron intratables. Coparon 8 dos 10 primeiros postos. Iván Alonso fíxose co primeiro lugar, seguido dos seus compañeiros de club, Jovino González e Diego Piña, segundo e terceiro respectivamente. Amais foi cuarto Roberto Rodríguez, quinto Óscar Carrera, sétimo Víctor Rodríguez, noveno Jaime Sobrado e décimo Joan Ardit.

    En C1 senior José Luís Bouza facíase co ouro, sendo secundado no podio polo seu compañeiro de club,  Manuel Garrido, que esta demostrando unha enorme progresión nesta tempada, despois de lograr o mundial sub23 de maratón na temporada pasada.

    Amais Ana Varela e Leti Piña facíanse co segundo e terceiro lugar respectivamente, sendo superadas tan só pola padeeira do morrazo, Teresa Portela.

    Na categoría júnior e na modalidade de canoa, Adrián González impúxose con maior facilidade da esperada, mentres que na muller júnior Silvia Rodríguez se fixo coa medalla de prata.

    Finalizouse a presenza de padeeiras de Tui no podio, co bronce de Mónica Araujo no k1 muller cadete.

    A próxima cita será o 20 e 21 de marzo na illa da Cartuxa, en Sevilla coa disputa do Campionato de España de Inverno, a esta cita o club de Tui acudirá cun equipo de 36 deportistas.

 

Aínda quedan prazas para o curso de cata do Telecentro

    O Telecentro de Comunicación (TC) de Tui aínda ten prazas dispoñibles para participar na cata de viños que se celebrará este xoves, 11 de marzo, a través dunha multivideoconferencia desde o TC de Chantada, con motivo da XXVIII edición da Feira do Viño da localidade luguesa.

    A solicitude de participación poderá formalizarse desde o propio portal web do Centro Multimedia de Galicia (CMG), simplemente premendo no enlace http://reservas.centromultimedia.net/public/reservas.php, ou ben chamando ao número de teléfono do Centro de Atención ao Usuario do organismo (CAU), 902 922 270.

    O evento, que se desenvolverá de 20  a 22 horas, poderá ser seguido, ademais, desde o propio Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, e desde outros cinco Telecentros de Comunicación das catro provincias galegas: os de Oroso, Carballo, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Catoira.

    Todos os asistentes a esta cata disporán do material necesario para a mesma: cuspideira, caldos e copas. Desde o TC chantadino, Mar Vilanova, enóloga e investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), será a encargada de abrir o acto e dar paso á cata guiada dos viños desa subzona, durante a cal todos os presentes poderán formular as súas dúbidas e experiencias, valéndose das vantaxes e posibilidades que lles ofrecen as novas tecnoloxías.

 

600 persoas participarán na Carreira de 10 mil e na Andaina Solidaria en beneficio do San Xerome

        Este sábado vaise celebrar en Tui a primeira proba deportiva solidaria organizada polo Club Atletismo Tui. Trátase dunha Carreira de 10 mil metros e dunha andaina que sairán respectivamente ás 18 e ás 17.30h dende o Paseo da Corredoira. Os fondos recadados destinaranse ao Centro San Xerome.

        Prevese que poidan participar nas dúas probas ao arredor de 600 deportistas. A carreira non ten carácter competitivo, e haberá só trofeos para o participante de maior idade tanto da carreira de 10 mil coma da Andaina Solidaria, e para o Club máis numeroso.

        Esta proba foi presentada o pasado venres na Casa do Concello de Tui por parte do presidente do Club Atletismo Tui, José Martínez Tato, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, xunto aos atletas olímpicos Carlos Adán, Alejandro Gómez, Julia Vaquero e Ramón Magariños, e un representante do club San Xerome. Estiveron respaldados polo alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha.

        José Martínez Tato explicaba que a proba vai ser sinxela, por unha parte a Carreira de 10 mil e por outra unha andaina guiada por dous historiadores.

        O presidente da Federación Galega de Atletismo, Eleuterío García, sinalaba o traballo realizado por Tato no mundo do Atletismo, e apuntaba o apoio da Federación á proba.

        Os catro olímpicos manifestaron o seu apoio á proba. Alejandro Gómez tentará que do seu club estea o maior número dos 140 socios.

        Carlos Adán gababa esta iniciativa, e agarda que esta sexa a primeira de moitas edicións.

        A atleta guardesa Julia Vaquero agradeceu o traballo que José Martínez Tato fai no mundo do atletismo.

        Pola súa parte o alcalde de Tui explicaba que o concello vinculouse ao deporte hai algúns anos, e traballou na mellora das instalacións tanto culturais coma deportivas. Unha das últimas actuacións nese eido foi precisamente a construción dunha pista de atletismo na Macoca, da que dixo hai que se mellorará o pavimento.  

    Avanzou tamén a sinatura dun convenio coa Entidade Local Menor de Pazos de Reis para a contratación de monitores de Atletismo, e agardan que en setembro o Club Atletismo Tui poidan contar xa con deportistas federados e adestradores.

 

6 días para a celebración de Play-Doc na súa sexta edición

        Quedan seis días para que comece a sexta edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Esta cita co cine do real converterá a Tui do 17 ao 21 de mes no eixo de referencia no mundo do documental.

Nestes días poderase disfrutar tanto da proxección dunha coidada selección de filmes coma das actividades paralelas nas que se encadran tanto exposicións coma concertos.

        Sara García e Angel Sánchez, directores de Play-Doc, comezaron onte a súa presenza no programa Día a Día onde cada xornada irán debullando as claves desta sexta edición do Festival.

        Ángel Sánchez indicaba que cada ano tratan de superarse a sí mesmo, e este ano colocaron o listón aínda máis alto.

        Sara García apuntaba que cada ano é máis difícil facer a selección xa que crece o número de películas recibidas. A elección feita tradúcese  nunha coidada selección de gran calidade e excelencia.

        Entre toda a programación Sara García destaca principalmente as retrospectivas de Jay Rosenblant e Raymon Depardon, así coma os concertos.

        Angel García apuntaba tamén as exposicións de Manuel Paz e Antón Lamazares.

        O Festival inaugurarase o mércores 17 co proxección de Horizontes de Sen Dono sobre a obra de Antón Lamazares, e precisamente na mesma data inaugurarase a súa exposición.

        A partir de mañá os programas do Festival repartiranse por todo Tui. Os abonos están no Café Amadeus, e o primeiro día do Festival se poderán mercar tamén.

 

I Xornadas “Educar adolescentes”

        Este sábado, 13 de marzo, terá lugar na Área Panorámica a I Xornada “Educar adolescentes” organizada polos Servizos Sociais do Concello de Tui.

        As persoas interesadas deben inscribirse nos propios Servizos Sociais no Concello, no teléfono 986 60 36 25, no correo educandoadolescentes@hotmail.com, ou na Escola Infantil La Camelia no teléfono 986 60 08 67.

        O programa previsto comeza ás 9.30h coa entrega de documentación. Media hora despois, ás dez, terá lugar a inauguración e presentación das Xornadas a cargo do Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha e da Concelleira de Servizos Sociais, Educación e Muller Patricia Ricon.

        Acto seguido procederase a impartir a conferencia inauguración titulada “Os estilos educativos familiares. De onte a hoxe. Novo contexto. Novas ideas”. Tras unha pausa ás doce comezarán dous obradoiros. O primeiro sobre “Cómo falar para que os adolescentes escoiten? Técnicas para unha mellor comunicación na familia” e o segundo titulado “Podemos facer algo para que os adolescentes estuden? Ideas para lograr unha verdadeira motivación pola aprendizaxe…

        A xornada será clausurada á unha e media.

 

A tudense Silvia Villaverde gaña por segundo ano o concurso de carteis das festas de San Telmo

Un total de 18 traballos se presentaron á convocatoria formulada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui para a elección do cartel anunciador das festas de San Telmo 2010. O xurado reunido na mañá de hoxe acordou conceder o primeiro premio ao traballo presentado baixo o lema “Cores históricas”, que unha vez aberta a correspondente plica resultou ser obra da deseñadora tudense Silvia Villaverde Míguez, que xa no pasado ano resultara a triunfadora neste concurso.

O xurado no seu fallo resalta que a obra gañadora salienta, entre os traballos presentados, pola sua capacidade de comunicación. Tamén, aínda que non estaba previsto nosa bases, e a proposta do representante da Comisión de Festas de San Telmo acordouse conceder, pola súa orixinalidade, un accesit ao cartel titulado “O derradeiro día”, que resultou ser da autoría de Cándida Cabaleiro Barreiro, de Tui.

Coa resolución deste concurso a Concellería de Cultura tudense continúa apostando pola oferta aos deseñadores e creativos á hora da confección do cartel anunciador das festas patronais tudense, logrando deste xeito unha obra máis representativa e participativa. Para o concelleiro tudense de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, resulta satisfactorio manter nun nivel similar a participación con respecto ao pasado ano e que os traballos presentados melloraron en canto a calidade.

Os traballos presentados poden contemplarse ata o vindeiro venres na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Área Panorámica de Tui.

 

Última semana para visitar a exposición “Olladas dunha época. Fotografias do fondo Blanco Ciceron”

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a exposición “Olladas dunha época: fotografías do fondo Blanco-Cicerón” dende o pasado 23 de febreiro. Son numerosas as persoas que decidiron visitar esta exposición que exhibe diversas imaxes fotográficas da cidade datadas arredor de 1900.

Esta exposición recolle unha escolma da colección de fotografías do Fondo Blanco-Cicerón, que os seus herdeiros depositaron no Museo do Pobo Galego, e que conta con preto de 500 fotografías das que se seleccionaron 81 para esta exposición. A selección de imaxes inclúe instantáneas de paisaxes e monumentos de distintas cidades e vilas galegas, entre as que destacan Compostela e Tui, cidade natal do mecenas galego. Aínda que máis escasos, na exposición tamén están presentes os retratos, como o do inventor Isaac Peral no Castelo de Sobroso; e as fotografías de acontecementos relevantes, como a inauguración da Ponte Internacional de Tui en 1886.

Figura tamén na mostra unha selección de imaxes da Exposición Regional Galega, da que o pasado ano cumpriuse o seu centenario e na que Ricardo Blanco-Cicerón foi un dos seus organizadores. Aquela primeira Exposición Rexional Galega, celebrada en 1909 en Santiago supuxo un acontecemento sen precedentes na historia de Galicia, acollendo máis de 600 instalacións en 11 pavillóns nos que se expuxeron 10.000 pezas de arqueoloxía, obras de arte e historia. Agora, cen anos despois, o CGAI e mailo Museo do Pobo Galego recuperan nesta mostra fotográfica parte daquela exposición.

Esta exposición, organizada polo Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo do Pobo Galego, ven a Tui logo da súa presenza en Santiago de Compostela onde estivo aberta ao público nos meses de decembro e xaneiro.
A mostra estará aberta ao público unha semana máis na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, edificio Área Panorámica – rúa Colón 2, ata o vindeiro 13 de marzo de 2010.

O concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, salienta a importancia desta exposición que, por unha banda, recupera para a nosa cidade a figura singular do coleccionista Ricardo Blanco-Cicerón nado en Tui no ano 1844, e, ao mesmo, tempo mostra na nosa cidade unha excepcional escolma de fotografías históricas de Galicia.

 

 

Luns, 8 de marzo de 2010      

I Carreira e Andaina Solidaria Concello de Tui a prol do Colexio San Xerome

O Clube Atletismo Tui organiza o sábado, día 13, unha andaina de catro quilómetros, con saída ás 17.30 horas do Paseo da Corredoira, guiada por dous historiadores que irán explicando a historia da cidade. Media hora despois darase a saída á Carreira Solidaria, tamén desde o Paseo da Corredoira, cun percorrido de dez quilómetros.

            Estas accións solidarias teñen como obxectivo recadar fondos destinados ao Colexio San Xerome Emiliani, da Guarda, que asiste a discapacitados psíquicos.

Regulamento

Para inscribirse poderá facerse na páxina web www.atletismotui.es ou no email clubatletismotui@gmail.com, tamén por teléfono no número 986 602 170, e mesmo no punto de saída ata media hora antes do comezo da proba, pero neste caso non se poderá garantir a entrega da camiseta.

            A proba, por ser solidaria, non será competitiva, polo que non se establecerán categorías, e estará cronometrada polos xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Vigo.

            Colaborarán no desenvolvemento da carreira a policía local e o GRUMIR de Tui xunto cos xuíces e a organización.

Os participantes, ao retirar o dorsal, recibirán unha camiseta e darán o seu donativo para a causa solidaria, e entrarán, xunto cos participantes da Andaina, nun sorteo de agasallos ao remate da mesma, recibindo os participantes de máis idade, homes e mulleres, un trofeo, ao igual que o equipo máis numeroso tanto na andaina coma na carreira.

 

Sábado, 6 de marzo de 2010      

A Concellería de Cultura edita un folleto para os peregrinos en seis idiomas

A Concellería de Cultura do concello de Tui vén de editar un folleto de carácter informativo dirixido aos peregrinos que se achegan á cidade polo Camiño Portugués de peregrinación en seis idiomas: galego, castelán, portugués, inglés, francés e alemán. A información que figura nesta publicación é moi sinxela e abrangue os principais monumentos ou lugares de interese a visitar na cidade, os teléfonos de maior utilidade para os peregrinos (como o albergue e o centro de saúde) e, os teléfonos de contacto nos seguintes albergues emprazados neste Camiño Xacobeo: Porriño, Mos e Redondela.

Con esta información sucinta que fornece este novo folleto o Concello de Tui pretende informar e animar aos peregrinos a visitar os principais lugares de interese turístico, especialmente a Catedral.

O concelleiro, Moisés Rodríguez Pérez, explica que a edición deste folleto será complementada axiña coa edición dun novo folleto turístico da cidade así como un rueiro que substituirán aos actualmente existentes e ofreceran tamén en vario idiomas unha información máis ampla sobre as posibilidades dunha visita turística á cidade.

Coa saída do prelo deste material o concello de Tui continúa a traballar na promoción da cidade como “Porta do Camiño Portugués”, como quedou evidenciado coa visita dun grupo de xornalistas especializados en Turismo que visitaron Tui. Outras liñas de traballo nesta promoción de Tui como “Porta de Entrada do Camiño Portugués” están ampliando o número de amigos existente no perfil de Facebook “Tui Camino de Santiago”, que supera xa os 1.350 siareiros, ou coa inmediata apertura no Centro de Interpretación do Camiño Portugués, no antigo convento de San Domingos, en plena ruta xacobea.

    

Á venda un vídeo resumo das Festas de San Telmo 2009

    A Comisión de Festas de San Telmo puxo á venda estes días un dvd cun vídeo resumo das festas patronais tudenses de 2009. O DVD pódese adquirir nas tres tendas de electrodomésticos da cidade: Electrodam, Tien21 e Master Aloia, ao prezo de 6€.

    Ángel Alonso, membro da Comisión de Festas explicaba na RMT que había moita xente que quería ter un recordo das Festas.

    Os cartos recadados amais de pagar o DVD tamén aportarán algo aos orzamentos deste ano, nos que a crise se deixa notar.

    O programa das Festas está practicamente pechado, non haberá grandes novidades, agora están inmersos na edición do libro, e agardan en breve poder presentar as festas.

    Confirmaba amais Ángel Alonso que a comisión de festas da que forma parte encargarase tamén das Festas de 2011 o que lles permitirá comezar a traballar en canto acaben as deste ano.

 

Reunión da Asociación do Traxe Tudense

    Hoxe, ás oito da tarde, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, celebrarase unha nova asemblea da Asociación do Traxe Tudense. Os asuntos a tratar serán as Festas de San Telmo, a Ofrenda, o Desfile que organizará a Asociación, e presentación dunha saída ao San Telmillo de Fromista.

 

O Club Kaiak Tudense acode esta fin de semana ao Campionato Galego de Inverno

    Este fin de semana celébrase no encoro de Castrelo de Miño o Campionato Galego de Inverno de Piragüismo. O Club Kaiak Tudense despraza un total de 41  deportistas, co obxectivo de volver revalidar a primeira posición obtida fai tan só dúas semanas no Control Galego.

    No plano individual Roi Rodríguez, Mónica Araujo e Andrea Porteiro na categoría Cadete son os que mais opcións teñen de copar algunha posición do podium. Tamén con opcións de medalla atopámonos na categoría junior a Silvia Rodríguez e Valeria Romero en mulleres, así como Adrián González en C1.

    Rubén Millán, membro do equipo nacional junior tamén loitará por estar no podo, despois de pasar por unha lesión de costas que lle apartou das medallas no Control Galego.

    Na senior Canoa José Luís Bouza  e Manuel Garrido loitarán sen dúbida polas medallas, mentres que Ana Varela e Leticia Piña  tentarán polo menos igualar os postos do Control Galego,  onde foron  2ª e 3ª respectivamente.

    En Kaiak senior, categoría máis potente do Club Kaiak  Tudense, as opcións a podium son  mais amplas, Iván Alonso, Jovino González, Diego Piña, Jaime Sobrado, Roberto Rodríguez, son algúns dos nomes que loitarán polas medallas.

    Cabe mencionar, que esta é a última proba en Galicia antes do campionato de España, que se celebrará en Sevilla os días 20 e 21 de marzo.

    Na entrega de medallas da competición tamén se entregarán por parte da Federación Galega de Piragüismo os premios finais da tempada pasada, onde o Club Kaiak Tudense será galardoado co premio a mellor club galego.

    Tamén recibirá o seu galardón como mellor promesa masculina Roberto Rodríguez Leituga, que formo parte do K4 campión de Europa sub-23 sobre a distancia de 500 metros.

    Finalmente José Luís Bouza recibirá un Accésit a mellor deportista masculino tras proclamarse o ano pasado 3º no Campionato de Europa senior.

 

O albergue triplica nestes primeiros meses do ano o número de peregrinos con respecto ó 2004

            O Ano Santo Compostelán xa se deixa notar en Tui. A afluencia de peregrinos que decidiron pernoctar na cidade tense disparado con respecto ao ano pasado. Se comparamos os datos co anterior Ano Santo, celebrado en 2004, o número de peregrinos que fixeron noite no albergue triplicouse. En concreto, rexistráronse en xaneiro 68 pernoctacións e 96 en febreiro, a pesares de coincidir cun dos invernos mais duros dos últimos anos. Nos primeiros meses do ano pasado, o albergue de peregrinos de Tui acolleu a 8 peregrinos en xaneiro e a 12 en febreiro.

        Dende Tui estanse tamén a multiplicar os esforzos para promocionar a cidade como Porta de entrada do Camiño portugués en Galicia e para dar a mellor acollida posible ós peregrinos que decidan facer a ruta portuguesa. Deste xeito, o albergue de peregrinos de Tui e o de Ponte da Lima están en conexión vía Internet para que os peregrinos conten con información fiable e actualizada da dispoñibilidade de prazas. Por outra banda,  está previsto que en breve prazo Tui duplique a súa oferta de prazas de albergue, ao poñer en marcha un albergue provisional na zona municipal do antigo convento de San Domingos.

        En canto aos traballos de promoción, a edición de folletos informativos, con información específica de interese para o peregrino en seis idiomas, ou a presenza en Tui de destacados xornalistas de toda España especializados en turismo,  son algunhas das últimas accións que se están a desenvolver para atraer aos peregrinos a facer a ruta portuguesa orixinal.

        O perfil de Facebook “Tui Camino de Santiago” é outro dos referentes desta promoción da cidade como destino turístico, así como en numerosos foros, páxinas e blogs nos que se debate sobre o roteiro portugués. Por outra banda, a confirmación da presenza do Papa en Santiago no mes de Outubro, levará a moitos peregrinos a atrasar a súa viaxe para coincidir coa presenza de Benedicto XVI na capital galega.

        Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, os esforzos a desenvolver arredor da promoción do camiño portugués é un investimento de futuro pois resulta cada vez máis evidente que os camiños de peregrinación é un fenómeno, vinculado ao turismo cultural e relixioso, que adquire progresivamente maior relevancia. E na nosa cidade á converxencia co importante patrimonio cultural e natural da cidade, do que o camiño é unha referencia excepcional, converten a Tui nunha etapa de referencia nas rutas xacobeas. O Concello de Tui en consecuencia non regateará esforzos neste aspectos pois o considera de grande interese para a proxección da nosa cidade.

 

Venres, 5 de marzo de 2010      

Economía e Industria presenta en Tui a exposición itinerante de madeira torneada “Contornos”

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza unha nova edición da mostra de tornería “Contornos”, que percorrerá diferentes localidades galegas ao longo do ano 2010 e que se poderá visitar en Tui do 5 ao 12 de marzo. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha e mais a xerente da Fundación, Elena Fabeiro Castro, participarán no acto de inauguración da mostra hoxe, venres, ás 13:00 horas na Área Panorámica, no que tamén se presentará un catálogo que recolle as fotografías de todas as pezas que conforman “Contornos”.

A Consellería de Economía e Industria aposta por unha nova edición da exposición, que é resultado da novena edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade entre o 10 e o 13 de setembro de 2009. Deste xeito, a III Exposición de Madeira Torneada “Contornos” recolle o traballo de 38 autores procedentes de Galicia, da Rioxa, de Navarra, de Andalucía, de Cataluña, de Asturias, do País Vasco, das Illas Baleares, das Illas Canarias, de Madrid e de Francia, que amosan un total de 50 pezas de madeira torneada de alta calidade tanto artesanal como artística.

Os autores que este ano participan na exposición itinerante “Contornos” son Jesús Abad Hernández, Jorge Anllo Sanjurjo, Alfonso Arrieta Aniz, Eduardo Bautista Bustos, José Luis Bernat Varela, Antonio Blanco de la Piñera, Francisco Boyero Cañas, José Antonio Buíde Mouriz, Manuel Castro Romero, Francesc Dasquens Mateu, Jean François Delorme, Jean François Escoulen, José Andrés Flórez García, Gabriel Fuentes Nieto, Jesús García Albá, José García Otero, Juan José González Redondo, Julio Guntín Currás, Jesús Iglesias Pereira, Guillermo Lamberti Fernández, Antonio Justo López, Miguel López Aznar, José López Rubio, Yann Marot, Juan Carlos Moreira Pereiro, José Pena Pena, Manuel Antonio Piñeiro Pouso, Toni Porto, Juan José Porto Suanzes, José Ramón Rego Chao, Alberto Rodríguez Merino, Ricardo Rodríguez Morales, Rafael Saigí Domínguez, Ana Santiago Urkijo, José Suárez Regueiro, Lurdes Ulazia Aizpurua, Fernando Vérez Tojeiro e Fernando Vigo García.

Dende a Consellería de Economía e Industria estase a apostar decididamente pola exhibición e divulgación da artesanía galega, en xeral, a través da promoción da marca Artesanía de Galicia, e da tornería en particular, a través de actuacións como a exposición itinerante Contornos ou o Encontro de Torneiros de Xermade, que no mes de setembro deste ano celebrará a súa décima edición.

  

A pintura e a escultura conviven co cinema en Play-Doc 2010

O Festival Internacional de Documental de Tui prepara do 17 ao 21 de marzo dúas exposicións dos artistas galegos Antón Lamazares e Manolo Paz. Estas poderanse ver durante o festival, que presenta desta volta 29 títulos e dous concertos que subliñan o carácter multidisciplinar da cita.

Na sección de Documentais Galegos, Un mar de pedra, de Manu Paz e Xacobo Sanmartín, retrata unha das figuras máis relevantes da escultura na Galicia dos últimos trinta anos, Manolo Paz. A cinta segue todo o proceso creativo do autor de Cambados, explicando que relación mantén este coa pedra, o seu principal material de traballo.

O poder do signo e o vínculo coa terra, dúas das ideas máis presentes nas pezas de Paz, son algúns dos temas que trata esta película de abstracta beleza, nun exercicio no que a cámara segue o día a día do personaxe na execución do que o apaixona, facer arte cun cincel.

Aproximación ben distinta é a que propón Horizonte sen dono, que confía na palabra de Antón Lamazares para cimentar un discurso que fala da orixe dos impulsos creativos. O documental de Nayra e Javier Sanz Fuentes grava conversas do pintor con amigos, familiares e outros artistas sen fixar un rumbo, polo simple pracer de escoitar, práctica que se foi perdendo nunha sociedade especialmente tecnolóxica, como critica Lamazares coa súa obra.

Non só de documentais vive este festival

O que fora un dos máximos representantes de Atlántica, imprescindible asociación cultural dos anos 80 que desembocou na vaga máis sólida da arte en Galicia, prepara diante das cámaras unha retrospectiva que pensa levar a Budapest.

Moitas das pezas que aparecen no filme estarán presentes na exposición que Play-Doc lle dedica ao autor, destinando a sala XXX do edificio da Área Panorámica da cidade a estes efectos. O visitante poderá contemplar un total de XX obras que realizan un percorrido pola traxectoria artística do seu autor.

Menor en número, pero non por iso de menos calidade, a exposición de Manolo Paz constará de tres pezas ao aire libre diante da sede do festival. O creador dos famosos Menhires da Paz, situados no campo da rata na Coruña (preto da Torre de Hércules, e lugar de fusilamento de moitos opositores ao réxime franquista durante a Guerra Civil), rende homenaxe con este conxunto ao seu benquerido Cambados.
  

 200 peregrinos da Coruña farán o Camiño dende Tui

    Tui, coma porta de entrada do Camiño Portugués a Santiago, é o punto de partida de moitos peregrinos que se dirixen a Compostela. A afluencia de camiñantes neste ano Santo será se cabe aínda maior.

    Precisamente mañá sábado un grupo de 200 peregrinos da parroquia de San Francisco Javier da Coruña van iniciar o seu camiño en Tui. Os catro autobuses que os transportan ata á cidade teñen previsto chegar ao punto de partida o sábado entre ás 9 e as 9.30 da mañá para facer unha primeira etapa que os levará ata O Porriño. Segundo explicaba o cura párroco Severino Blanco, irán facendo o camiño por etapas na fin de semana ata chegar a Santiago.

 

Día das tres gracias na Capela da Misericordia

    A Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia informa que hoxe celébrase na Capela da Misericordia o Día das Tres Gracias. A capela estará aberta dende ás nove e media da mañá ata ás dez da noite. Amais ás seis celebrarase a novena e ás seis e media a misa.

 

O Centro Dramático Galego presenta en Tui "As actas escuras", obra de Roberto Vidal Bolaño baixo a dirección de Xúlio Lago

O Centro Dramático Galego (CDG) presenta hoxe, ás 21.30 h, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui “As actas escuras”, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.

Neste sentido, Xúlio Lago asumiu a dirección escénica desta produción desde a fidelidade á obra orixinal e á visión do teatro que tiña o propio autor, falecido en 2002. O espectáculo resultante obtivo un gran éxito de público durante a súa exhibición en Santiago, desenvolvendo agora unha xira que se estenderá ata primeiros de abril e durante a que visitará un total de sete localidades galegas.

Xosé Manuel Olveira "Pico" e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco, do que tamén forman parte César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez. Estes 14 intérpretes, moitos dos cales tiveron a oportunidade de traballar baixo as ordes de Vidal Bolaño en diferentes espectáculos, encarnan os trinta personaxes ideados polo autor para desenvolver esta trama, centrada nunha investigación sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela da segunda metade do século XIX.

Percorrido pola Compostela do século XIX

Xogando cos xiros de varios paneis móbeis, o espazo escénico e o atrezzo deseñados por Rodrigo Roel facilitan os rápidos cambios de escena e ambientación que guían ao espectador nun percorrido pola cidade: a vella estación de Cornes, unha fonda, o café El Siglo, un salón de barbeiro, os sotos da catedral, os salóns do palacio arcebispal… No equipo artístico de As actas escuras figuran asemade Antón Arias Marsal, quen compartiu con Xúlio Lago o deseño de iluminación; Manuel Riveiro, a cargo do deseño do espazo sonoro e La Canalla, do vestiario. Ademais, María Armesto exerceu como axudante de dirección.

A obra comeza coa chegada a Compostela do monxe dominico Don Mauro, quen a petición do cardeal Payá e Rico, máxima autoridade eclesiástica da cidade, debe avalar co seu prestixio como arqueólogo a veracidade dos ósos soterrados na catedral. Don Mauro terá que redactar un informe co resultado das súas investigacións, que será enviado a Roma para ser ratificado polo Papa León XIII. Para esta tarefa, viaxa acompañado do seu sobriño Casiano, mozo librepensador, licenciado en Xeografía e Historia, que no seu afán por buscar a verdade dende postulados científicos, causará certas reticencias tanto nos numerosos cóengos catedralicios como noutros representantes da curia eclesiástica.

Venda de entradas

As localidades para a función de “As actas escuras” en Tui poranse á venda na billeteira do Teatro Municipal ao prezo de 7 e 4 euros o mesmo venres desde unha hora e media antes do comezo da representación, e de xeito anticipado a través da páxina web www.culturatui.info. Trala súa estadía en Tui, o espectáculo exhibirase no Centro Cultural Caixanova de Vigo (17 de marzo), no Teatro Rosalía da Coruña (19 e 20 de marzo), no Teatro Principal de Ourense (27 e 28 de marzo) e no Teatro Jofre de Ferrol (3 de abril).

 

Xoves, 4 de marzo de 2010      

O Centro Dramático Galego presenta “As Actas Escuras" mañá, venres, ás 21.30 horas

        Máis de 2.600 espectadores asistiron xa a representación de As Actas Escuras polo Centro Dramático Galego dende a súa estrea o pasado mes de febreiro. Trátase dunha montaxe ambiciosa que sube a 14 actores ao escenario caracterizado polo Rodrigo Roel, e cun vestiario obra de La Canalla. Ao fronte, na dirección, sitúase o experimentado Xulio Lago aportando a súa impronta persoal a esta obra de Rodrigo Vidal Bolaño.

        As actas escuras será representada este venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui, e era presentada esta mañá na Casa do Concello polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, o Director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero, o Director da obra, Xulio Lago, e unha das actrices, Teté García, xunto ao Concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez.

        O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, sinalou na presentación que “para Tui é unha honra que unha vez máis o CDG estea na cidade” sinalando que “en Tui estamos traballando arreo no mundo da cultura e do teatro, e para nós é un orgullo que Tui sexa un dos espazos CDG”. O edil responsable de cultura quixo tamén destacar que o Teatro Municipal é o segundo na media de espectadores, o que significa que as cousas se están facendo medianamente ben”. Quixo facer tamén fincapé no feito de que “As actas escuras” se represente en Tui “nun ano tan importante para nós, ao ser a cidade a porta do Camiño Portugués a Santiago”.

        Pola súa parte Juan Carlos Fernández Fasero quixo felicitar a Tui porque “é unha das cidades que está a facer maior esforzo na programación cultural, con seis representacións dentro da Rede de Teatro e Auditorios, a presenza do Centro Dramático e a programación adicional” o que dicía “implica que mantén unha actividade cultural ao longo de todo o ano”.

        Avanzou amais o director do AGADIC a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais con Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, que se vai celebrar do 17 ao 21 de marzo, no que presentarán o proxecto interrexional “Creativa”.  Tratarase dunha serie de encontros entre os dous lados da raia co que buscan, segundo explicaba, fomentar un pouco máis este Festival do que dicía “é o máis importante de Galicia, está situándose entre os máis importantes de España, e conta tamén proxección internacional”.

        O Alcalde, Antonio Fernández Rocha, agradeceu a colaboración establecida coa AGADIC desexando que continúe no tempo. Manifestaba amais que o público en Tui está garantido, non só do propio municipio senón tamén do Norte de Portugal, do Baixo Miño, o Val Miñor e A Louriña. Sinalaba así que “somos un referente no traballo realizado dende o departamento de Cultura”.

        Julio Lago, director de “As Actas Escuras” explicou que obra, escrita por Vidal Bolaño, conta “con moitos ingredientes de gran interese, estamos no Ano Santo 2010 e o tema desta función están centrado no ano santo no século XIX cando se poñen a andar unhas escavacións na procura da tumba do Apóstolo desaparecida 400 anos antes, ante a falta de chegada de peregrinos a Compostela”. Pero apuntaba que na trama tamén se introducen outros temas coma os malos tratos, a consideración social da muller, a liberdade de culto e de ensinanza... o que nos sitúa, dicía, “nun texto contemporáneo, moderno, que fala de cousas de hoxe”.  Julio Lago destacou tamén o “elevadísimo” nivel actoral con 14 actores galegos que defenden unha vintena de personaxes, ao que hai que engadir a riqueza do texto, a calidade interpretativa, a creación escénica de Rodrigo Roel, o vestiario feito por La Canalla, e a música de Manuel Riveiro. Todo isto fan que o espectáculo “para os amantes do teatro é un pracer e para os novos espectadores é un descubrimento” explicaba Xúlio Lago.

        O elenco  está encabezado por Xosé Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, César Goldi, Xoan Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega, Marco Vieitez e Teté García. Esta última expuña na presentación que “para min é un pracer e unha sorte formar parte deste proxecto”. Ela da vida a “Rosarito” a cupletista da obra que ten pouca presenza pero moi intensa, tal e coma explicaba, pero que serve de contrapunto aos dous protagonistas principais.

        As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 18h e pódense mercar tamén no despacho de billetes o venres dende ás 20h aos prezos de 7€ e 5€.

  

ADIF acomete obras de eliminación de barreiras arquitectónicas na estación do tren de Tui

    O Ministerio de Fomento, a través de Adif, realizou distintas obras de mellora en oito estaciones da provincia de Pontevedra, entre elas a de Tui, dentro do Plan de Modernización de Estacións.

    Os traballos realizados na estación de Tui tiñan coma obxectivo a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Así instaláronse bandas de proximidade nas plataformas. Estas bandas están deseñadas para facilitar a mobilidade de persoas invidentes e fórmanse mediante a colocación de baldosas situadas a 60 cm do bordo da plataforma. Dispoñen de resalte cilíndrico tipo botón, polo que resultan moi perceptibles para o cliente ao ser pisadas e anúncianlle a zona de proximidade ao tren na que se atopa. A sinalización complétase cunha banda fotoluminiscente pintada a continuación da fila de baldosas.

    Na estación de Tui tamén se adecuaron os aseos públicos ao seu uso por parte de persoas con discapacidade. Os espazos adaptados permiten o acceso, a mobilidade interior e o uso a todas as persoas que poidan utilizar a estación.

    Esta adaptación concrétase en distintos parámetros como as dimensións, que establecen unha anchura libre de paso de 90 cm para a porta de entrada ao aseo e un espazo libre de 1,5 m de diámetro libre de obstáculos no seu interior. Ademais, colocáronse aparellos sanitarios e accesorios adaptados, así como pavimento antiescorregadizo.

    Os traballos en materia de accesibilidade na estación de Tui completáronse coa construción dunha rampla de acceso ao recinto e a colocación dunha varanda de escaleira en aceiro.

 

O Porto de Tui dentro dos actos do Xacobeo 2010 da Consellería de Cultura e da do Mar

    As Consellerías do Mar, a través de Portos de Galicia, e de Cultura e Turismo presentaron o programa de actividades denominado Portos Xacobeos, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010.

    O obxectivo deste programa é o de achegar os portos do Camiño aos cidadáns. Preténdese fundamentalmente dar a coñecer os nosos portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador. Ao mesmo tempo poténcianse as instalacións portuarias dándolle un uso que integra a actividade económica, o uso social e  cultural dos portos de xeito harmónico.

    Portos de Galicia levará a cabo este programa nas instalacións portuarias distinguidas como portos Xacobeos. Trátase de portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago están relacionados por ser punto de referencia para os peregrinos. Cada porto será identificado cun monolito e con cartelería específica co lema dos portos xacobeos: “Hai camiño polo mar”. Ademais, toda a información, programación e actos figurarán na páxina web www.portosxacobeos.com.

    En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Entre os portos distinguidos como Portos Xacobeos está o de Tui.

    No caso de Tui na explanadas portuarias está previsto a realización dun concerto de tres horas con dúas bandas. Un tributo musical á música dos anos 60 e 70 e tamén pop/rock de plena actualidade. A cita será o 11 de setembro ás 22.30h

    Amais o 19 de novembro haberá unha conferencia sobre o Camiño Xacobeo Portugués a cargo de Celestino Lores, Presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués. E do 16 ao 22 de novembro poderase visitar unha exposición sobre o Camiño Xacobeo Portugués. O programa remata cun concerto de música clásica a cargo dun dúo de Viola e Piano o día 20 de novembro na Catedral.

 

Mércores, 3 de marzo de 2010      

Recepción estudantes italianos

    O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, recibirá este venres ás 9.30h a un grupo de alumnos italianos que está a realizar un intercambio lingüístico cultural co IES Francisco Sánchez.

    A semana pasada os alumnos tudenses estiveron en Italia e agora os italianos devolven a visita.

 

Actos co gallo do Día da Muller Traballadora

    O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença van celebrar este ano de xeito conxunto o Día da Muller Traballadora que ten lugar este luns 8 de marzo. Os programa desenvolverase nos dous municipios dende o venres e ata o luns.

    As actividades previstas comezan o venres en Tui co reparto de flores ás mulleres que acodan á representación da obra “As Actas Escuras” no Teatro Municipal.

    O sábado en Valença haberá unha xornada de portas abertas na Piscina Municipal con entrada gratuíta para as mulleres, e pola tarde haberá unha aula de Hidroximnasia. Ás 22.30h celebrarase un desfile de moda no Largo da Estaçao de Valença con posterior animación a cargo de Salsa Rosa.

    O domingo pola mañá de 10 a 11 medirase a tensión, diabete e colesterol no Centro de Interpretación da Ecopista de Valença, e ás 11h comezarase unha camiñada na Ecopista seguida dunha charla sobre “Hábitos Saudables de alimentación”. Pola tarde, ás 18hora española, proxectarase o documental “Mulleres da raia” de Diana Gonçalves na Escola Básica 2 e 3 de Valença.

    Xa o luns, Día Internacional da Muller Traballadora. Haberá unha entrega de flores ás mulleres de Tui e Valença coma homenaxe simbólica. As flores levarán unha tarxeta cun poema galego e un portugués E pola tarde, ás oito celebrarase un concerto ofrecido por mulleres con este moito no Conservatorio Profesional de Grao Medio de Tui.

 

Os xornalistas especializados en turismo “sorprendidos” polos atractivos de Tui

Unha vintena de xornalistas especializados en turismo quedaron “sorprendidos” polos atractivos de Tui logo da visita que o luns e onte, martes, realizaron á cidade.

A primeira hora de  onte foron recibidos polo, Antonio Fernández Rocha, na Casa do Concello, dándolles a benvida e desexándolles que se levasen unha boa lembranza do municipio para poder transmitila nos seus respectivos medios. Fixo fincapé o rexedor tudense no feito de que Tui é a Porta de Entrada do Camiño Portugués a Santiago, o que interesou a estes especialistas turísticos xa que o seu principal interese está no coñecemento do camiño portugués de peregrinación a Compostela.

No nome de todos eles Mariano Palación, presidente de FEPET, salientou que Tui inciou un camiño do turismo que non ten remate e aseverou que “cando un empeza neste camiño as posibilidades son inmensas” pondo de relevo que Tui ten a posibilidade de que “sexan moitos os miles de turistas que descubran a cidade  a través precisamente dun ano coma é o Ano Xacobeo”.

Participaron nesta visita, organizada polo concello de Tui e a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agatex), representantes da Cadena COPE (Madrid e Bilbao), do Diario Alerta (Cantabria), do Diario de Las Palmas (Gran Canaria), da Revista Events (Barcelona), da Revista El Piripao (Barcelona), do Diario de Viajes (Madrid e Barcelona), de Las Provincias (Valencia), da Revista Viajeros (Aragon y Cataluña),de La Veu d’Anoia (Cataluña), “HG&T”, de La Voz de Galicia, e de Faro de Vigo, xunto a representantes de Turespaña e a Directora Xeral de Fitur.

Francisco Rivero, representante de Turespaña e presidente de APETEX, sinalaba que a visita, “para min foi un encontro sorprendente cunha cidade marabillosa, que ten un encanto especial”. Dicía que “é moi recomendable visitala, coñecela e saber un pouco a historia, os costumes, e arte do lugar”.  Apuntaba que lles resultou sorprendente o “conxunto monumental que supón un encontro coa historia galega”. Tiña tamén eloxios Francisco Rivero para a gastronomía local, que coñeceron a través dunha cea celebrada nun establecemento do cidade. Manifestaba que “foi histórica na vida persoal e profesional” e, engadiu, “un redescubrimento coa cociña galega nunha forma nova de facer,e cun trato delicioso dos produtos da rexión”.  Sobre este punto pronunciábase tamén Mario Hernández do Diario de las Palmas e Premio Nacional de Gastronomía en 1994, quen apuntaba que lle sorprendeu a cea porque “era dunha elegancia, dun modernismo pero sensato, con fundamento”.  Engadía Mario Hernández que logo da visita á Catedral e ao Conxunto Histórico foi de “sorpresa en sorpresa”.

Pola súa parte o concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, valorou o gran interese desta visita para o concello xa que favorece a promoción turística da localidade e apoia o traballo que dende o goberno municipal tudense está a desenvolverse para a difusión de Tui como elemento central do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela, avalado pola historia.

  

Hoxe presentación da producción Centro Dramático Galego “As actas escuras” que se representa o venres en Tui

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo convocou  aos medios de comunicación a unha rolda de prensa para a presentación, hoxe, mércores ás 11.30 horas na Sala de Concelleiros do Concello de Tui, da nova produción do Centro Dramático Galego, “As actas escuras”, que se representará no Teatro Municipal da Área Panorámica o venres, día 5, ás 21.30 horas.

Participarán na presentación Antonio Feliciano Fernández Rocha, alcalde do Concello de Tui; Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro delegado de Cultura; Juan Carlos Fernández Fasero, director da AGADIC; Xúlio Lago, director do espectáculo; e Teté García, en representación do elenco actoral.

“As actas escuras”, obra de Roberto Vidal Bolaño gañadora do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992, sube por primeira vez aos escenarios da man da compañía pública e cun amplo elenco de 14 recoñecidos actores e actrices. Unha investigación sobre os restos do Apóstolo na Compostela de finais do XIX centra a trama desta montaxe, que se atopa agora en xira tralo éxito de público obtido durante a súa estadía en Santiago.

 

Martes, 2 de marzo de 2010    

Tui organiza unha carreira de 10.000 metros a prol do colexio San Xerome de discapacitados psíquicos

O Clube Atletismo Tui organiza, o vindeiro dia 13 de marzo, a 1º carreira de 10.000 metros e andaina solidaria Concello de Tui a prol do colexio San Xerome Emiliani  da Guarda que atende discapatizados de todo o Baixo Miño.

A presentacion da proba será o próximo día 5, venres, ás 11.30 horas no concello de Tui ca presenza de Xulia Vaquero, Carlos Adán, Alejandro Gómez, ex olímpicos, e Pedro Nimo, o millor fondista galego do momento, xunto co presidente da delegacion de Atletismo de Vigo e o alcalde de Tui.

 

Próximo comienzo en el Club Náutico San Telmo de un curso de patrón de embarcaciones de recreo

En el momento que se logren un mínimo de 10 alumnos, el Club Náutico San Telmo comenzará un curso de embarcaciones de recreo. Las clases serán en fin de semana, sábados por la tarde y domingos por la mañana. El examen se realizará en mayo. Las personas interesadas pueden obtener más información telefónicamente en el 986.60.24.64, en horario de oficina de 09.00 a 14.00 y de 15.30 a 18.30 horas, de lunes a viernes, o a través del correo electrónico nautico@cnsantelmo.com

En esta convocatoria se impartirán clases para obtener el título de Patrón de Navegación Básica, (PNB), el Título de Patrón de Embarcaciones de Recreo, (PER) y Patrón de Yate.

 

Prazo de admisión de alumnado para o próximo curso no CEIP nº1

    A dirección do CEIP nº1 de Tui informa que ata o 31 deste mes está aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso académico 2010-2011, en tódolos niveis educativos.  

    Os postos escolares vacantes ofertados polo Centro son 22 prazas para 3 anos, e 4 para catro anos. No resto dos cursos as prazas están xa cubertas tanto en Infantil coma en Primaria.

 

Tui acolle o VI Enduro o 13 e 14 de marzo

    O próximo 13 e 14 de marzo, Tui volve ser o berce do Enduro Galego, de mans do Motoclub Randufe .Contará coa participación de máis de 90 pilotos chegados de toda Galicia que loitarán polo liderado do campionato.

     O día 13 de marzo, sábado, procederase a verificar as máquinas e documentacións dos pilotos participantes, estando o paddock situado na traseira da Área Panorámica. Quedará o aparcamento pechado no paseo da Corredoira do cal partirán as motos o domingo ás 9.00 da mañá.

    O percorrido poderá ser visto polos montes de Randufe, Malvas e Pexegueiro, pero onde se poderá apreciar a destreza dos pilotos será no tramo cronometrado, ao cal haberá fácil acceso desde a estrada Tui - Gondomar (Km. 2, Alto do á beira do campo de fútbol municipal de Tui).A proba chegará ao seu fin coa entrega de premios no palco da Corredoira ao redor das 4.00 da tarde.

    O Motoclub Randufe convida a todos os afeccionados deste deporte de motor a pasar un domingo divertido e ameno, contando co bo comportamento de todos co medio ambiente.