PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Banda Mau Mau

(página 1)     (página 2)

 por José A. Uris Guisantes

.

A Banda Mariñeira do MAU MAU no Estadio do Tecla en 1972. Fotografía de Luís Cadilla González

.

Banda Mariñeira  do MAU MAU en 1978. Fotografía de don Luís Cadilla González

 

Para uns a segunda Banda, é para outros a terceira que xorde no ano 1972 a beira da Tasca MAU MAU [hoxe desaparecida], sita na praza de Ignacio Sobrino [tamén praza da Fariña, debido a que os martes, xoves e sábados había mercado popular o aire libre de fariña milla, de centeo, de trigo ou de “gofio”], fronte ó Super Elías.

 

Esta  taberna foi moi popular no barrio mariñeiro con tapas de peixe fresco “do día” e bos “grolos” de viño tinto do país. Fundada en 1951 por Avelino Baz Rodríguez “Avelimo O Li” cos cartos dunha quiniela de fútbol, cartos que lle viñeran moi ben debido a que era deficiente físico e non podía traballar nas faenas “do mar”. Desta “tasca” e do edificio de duas prantas [eiquí estivera a Fábrica de GOFIO TRAVIESO] non queda nada pois foi derrubado por perigo de ruína en 1984. Cando Avelino faleceu, a tasca foi collida pola súa irman Josefina Baz Rodríguez, “Fina do mau Mau”, e seu compañeiro Antonio Lomba Martínez “Toneno”.

Un compoñente da Banda do Mau Mau no parque do Cancelón

Lembrar que a primeira “tasca” da familia estivo na rúa Oliva uns metros máis abaixo da casa do “Patita”. Por aquí pasaron infinidade de turistas e persoas atraídas polo lugar, nas Festas do Monte algún “turista de mochila” durmíu a plan no piso da taberna.

Outra lembranza é para o catautor Suso Vaamone [finado no 2000] cando cantou cos mariñeiros varias composicións populares galegas e corrían as “cuncas” de tinto arreo polas mesas de madeira.......... , estaba acompañado polo “relacións públicas da tarberna” daquela Miguel Sobrino Blanco [fillo de Manolo Sobrino “o practicante”, máis tarde profesor de Novas Técnicas da Información na Universidade Complutense en Madrid] tamén xurdíu a idea de facer unha homenaxe aos alumnos do Colexio San Xerome en 1981coa celebración dun encontro de fútbol entre xogadores locais para doar ó importe das entradas e do sorteo correspondente para ó Colexio. Daquela colaboraron Urbano Vicente, de Seguros Adriática [Calzados Urbano], Almacenes José Riego Lomba, Confitería Rogelio, xunto ameirande parte do comercio.

Refrescando a gorxa despois do desfile.

 

Os mozos fundaron esta Banda Mau Mau en 1972 ao ver que a Banda Negra tivera unha boa acollida nas Festas do Monte, pantalón e camisetas brancos con gorra, ou sombreiro, azul máis o emblema da Taberna no peito:

Este logo ou anagrama fora feito por Martín Araújo, antes de que finara Avelino, o dono, en 1967. Martín traballaba de albanel facendo “pichóns” e cando o Li lle di de facer un letreiro para poñer nome á taberna, estaba vendo uns gatiños que comían as espiñas debaixo dunha mesa é dixo....¡jatiños!...¡miau¡...¡mellor mau mau...é así foi. Martín Araújo debuxou un gatiño branco e outro negro xunto a unha taza de tinto.

 

Naquelas datas Martín traballaba na “telleira”, en Madrid, e para comprobar se Correos funcionaba escribíu unha pequena carta á taberna, sen dirección algunha, poñendo fora no sobre o debuxo do Monte Santa Tegra é o Facho co anagrama do Mau Mau, ¡chegando perfectamente ao seu destiño “Tasca do Mau Mau”.

Hoxe a Banda Mau Mau está intentando refacerse sendo o taxista Chuícho que está máis convencido de que volverá a te-la puxanza de antes, pero o que falta é que volva  a abrir unha nova taberna no barrio mariñeiro co nome de Mau Mau.

 

Poida que sexa ese ano de 1978 o ano no que a Banda tivo máis puxanza, por iso vamos expoñer varias fotos relacionadas cas FESTAS DO MONTE  e o DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL...

Era presidente das Festas don Francisco Ferreira González e Alcalde don Raimundo Lomba González.

.

Despois do desfile. Ao fondo compoñentes da Banda Mau Mau en 1978. Fotografía de Luís Cadilla González. 

.

Esperando os pais despois do desfile de 1978. Os bombos son da Banda Mau Mau. Fotografía de Luís Cadilla González.