PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Mario de Faria e Melo Duarte (1900-1982)

Vicecónsul de Portugal na Guarda (1927 a 1934)

JOSÉ DARSE SOBRINO (1904-1934)

O DEPORTE NA GUARDA

seguinte

por José Antonio Uris Guisantes

Esteiro do río Miño en 1992. Mario Duarte era unha das persoas namoradas do río Miño, monte Trega e A Guarda. (Diapositiva propiedade de Uris.)

Mario Faría de Melo e Ferreira Duarte en 1929, Vice Consúl de Portugal na Guarda. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso

MARIO DUARTE, como era coñecido na Guarda (el mesmo quería que así o chamasen). Nesta fotografía de 1929 dirixida a Juan Noia Xil “A Juan Noya dedicado player do Deportivo Guardés” indica que acaba de remata-los estudios en Porto (Portugal)

     

 

Seu pai era don Mario Ferreira Duarte, funcionario do Ministerio de Facenda de Portugal (Anadía, 1869-1939. Súa nai era dona María Teresa Melo Faría baronesa da Recosta (1871-1929) e tivo dous irmáns, Carlos e Francisco.

Seu pai xa era un gran deportista, practicaba fútbol, ciclismo, golf, tenis, remo, vela, natación, esgrima, tiro e ata mestre toureiro de lidia, tomando a alternativa en 1896 no Campo Pequeno. Foi campión de ciclismo afeccionado en 1896 en Vila do Conde e Lisboa.

 

    

Reverso da fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso, ca sinatura de Mario Duarte (así asinaba) e de Juan Noya

   

Capitán en 1897 da selección de Fútbol do “Club Gimnasio de Aveirense” (fundado por el mesmo en 1893 con médicos e preparadores físicos), que xogara contra ingleses integrados no Real Velo Club de Porto. No ano 1905 o xornal Os Sports de Lisboa nomea a don Mario Ferreira Duarte “mellor deportista e o máis completo de Portugal”. Foi presidente da Federación Portuguesa de Fútbol.

 

Tamén súa nai era unha grande deportista, practicaba ciclismo, tenis, golf, natación, hípica, foi unha das primeiras mulleres portuguesas en conducir automóbiles, vestir pantalóns de home, etc. Ou sexa unha muller que hoxe chamaríamos “progresista”.

              

Mario Duarte Faría (o seu nome exacto é Mario Faria de Melo e Ferreira Duarte, nado en 1900 en Aveiro, e finado un 25 de maio de 1982 en Lisboa), foi Vicecónsul de Portugal no Baixo Miño dende 1927 a 1934, querido e apreciado polos guardeses, gran deportista, practicaba natación, fútbol, tenis, hípica (con dez anos en 1910 xa gañara un trofeo).

Homenaxe dos guardeses en Madrid a Marío Duarte  en maio de 1958. O señor de lentes fronte a bandeira da Guarda pareécese a Henry Kissinguer

Fundador do club “Os Belenenses” e primeiro porteiro, antes fora porteiro do Club de fútbol “Lisboa”, contra “ O Porto” e “Los Galitos” de Aveiro. Neste Club  de “Os Belenenses C.F.” practicou atletismo, ingresando no “Club Académico” de Porto como un dos grandes “velocistas” daquela.

Selección de fútbol do Club “Lisboa” no encontro celebrado en 1922, contra “Porto F.C.” (Portugal). Encontro que gañou o “Lisboa” por 5 tantos a 0. O “goal-Keeper” (garda redes ou porteiro) era Mario Duarte. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

No ano 1926 toma parte no “IV Trofeo de Tenis de Fronteiras” celebrado na Guarda, sendo o gañador do trofeo. Vila de “La Guardia” na que xa había un Club de Tenis (nas notas oficiais pon TENNIS ), que axudou a potenciar mentres estivo na Guarda. Tamén axudou con cariño e fisicamente cómo xogador ao Club Deportivo Guardés e a moitos pobres guardeses e rosaleiros.

Dende que estivo de Vicecónsul na Guarda participou nos Campionatos de Tenis de CURIA - VIGO (1930, 31, 32 e 33) organizados polo “ Curía Palace Sports Club”, sendo campión en 1930 e 31.

Polos seus  servicios á comunidade galego - portuguesa foi condecorado ca “Cruz de Primera Clase al Mérito Naval de España”, así cómo foi nomeado “Caballero de la Orden Militar de Cristo”.

Coincidindo co rexurdimento de A Guarda na primeira etapa do Alcalde don Manuel Álvarez (outubro de 1924), segundo refire Juan Noia Xil en Fuxidos [...] “A este vigoroso rexurdir únese  o espertar colectivo en todas as ordes. Nacen a unha vida activa a Sociedade de Tenis, entidade para a que consegue a gloria do campionato de Galicia o gran deportista Mario Duarte, cónsul(Vice) de Portugal na Guarda”.

Tamén neste ano 1924  fúndase o Club Náutico instalando un “pantanal” flotante no Pasaxe, e comeza o proxecto do futuro Estadio Troncoso, tentando animar ao sobriño de don César Troncoso (Luís Fernández) que viña sendo o tesoureiro do Club de Tennis.

Comezan os encontros de fútbol entre o Club Deportivo e Clubs de Portugal, sendo o “embaixador” Mario Duarte. Un dos primeiros encontros foi o titular de Póvoa de Varzim, Vila a que tiveron que desplazarse dende Caminha nun vagón de gando.

Tiña Seccións de  Fútbol, Remo; Natación; Atletismo; Basquet; Pimpón e Ximnasia.

Refire Juan Noia en Fuxidos que don Adolfo Mosquera Castro (secretario da Corporación, escritor e poeta)[...] “no medio daquel rebumbio de protestas dos viaxeiros guardeses, exclama, “¡Viaxei en primeira, segunda e terceira clase...! ¡En calidade de boi, é a primeira vez que o fago...!” 

En 1939 Mario Duarte foi nomeado cónsul de Portugal en Trinidad , fixando a súa residencia en Port-of-Spain, no ano seguinte recibiu o título de Cónsul Honorario da Asociación Portuguesa “Primeiro de  Dezembro”, de Port-of-Spain.

Afincado na Guarda como Vice Cónsul de Portugal no Baixo Miño, foi unha das persoas encargadas da redacción de regulamentos e papeis do Deportivo Guardés

Visita do Deportivo Guardés a Aveiro (Portugal para xogar contra o Sporting Club Beira Mar en 1928. Uns meses antes (4 de xaneiro de 1928) o Deportivo gañara a Copa Ordóñez contra o Beiramar no Estadio Troncoso por 4 tantos a 1.

En plena II Guerra Mundial, entre 1942 a 1945, estivo de Cónsul de Portugal en Berlín, atendendo aos portugueses e brasileiros sitos en Alemania, Austria e Polonia, e levando os negociados oficiais de Brasil, Austria e Polonia.

Máis tarde pasa a ser cónsul en Cuba (Habana), en Recife, Marsella, Hamburgo, Madrid, Santiago de Chile e México (onde estivo cinco anos). Remata a carreira diplomática en México, recibindo do goberno mexicano a “Gran Cruz de la Orden del Águila Azteca” e “Gran Cruz de la Orden de Derecho Internacional”,Espuela de Oro”  da Federación Nacional de Charros Mexicanos. Aquí foi onde coñeceu a Ernest Hemingway de quen foi un grande amigo.

Cando en 1954 estaba de Cónsul en Madrid serviu de “embaixador amigo” para os guardeses amantes do fútbol, xestionando diante das autoridades españolas na capital varias misións, pois seguía sendo unha persoa respectable e respectada polo “aparato” do Glorioso Movemento Nacional. Unha delas foi a do contacto cos mandos americanos da Base Conxunta de Torrejón de Ardoz ( Madrid) para tratar de que unha representación acudise ás Festas do Monte...

Dicía Mario Faria neses días...[...] “a Sociedade Pro Monte vive un espléndido capítulo de civilisaçoes remotas a travez das preciosidades históricas que apreciamos no seu Museu e no admiravel MONTE DE SANTA TECLA”. Este SEÑOR portugués amante de A Guarda levou sempre, sempre,  a saudade ou morriña do noso pobo. 

Visita que chegaría en 1962, sendo presidente das Festas don Alfonso Martínez Peniza e Alcalde don Agustín Pena Pacheco. No día 10 (venres) celebrouse o “Día dedicado a Puerto Rico” e o sábado 11  Día dedicado a “Estados Unidos de América”.

No reverso da fotografía, propiedade de Carlos Martínez Troncoso, podemos ler:

“Ao Deportivo Guardés pro eu defendi com todo o entusiasmo na minha mocidade (1927-1934). Madrid maio de 1958. “Viva o Deportivo Guardés”. “Viva La Guardia”.

A súa orixe aristocrática con pai conservador, loxicamente seu fillo seguiría sendo conservador, nada proclive aos cambios que supuña a República en España, nembargantes como moitas persoas o ser conservador ou de dereitas non é excluinte  de ter unha traxectoria persoal de home bo.

   

No reverso desta fotografía podemos ler: “Ao Sr. Alfonso Martínez  e meu bom amigo, afectuosa lembrança do banquete dos guardeses em Madrid. Mario Duarte maio de 1958”.

O motivo de estar a bandeira da Guarda (que era tamén a do Deportivo Guardés) no fondo, foi debido a un grande homenaxe na súa honra que recibiu dos guardeses residentes na capital de España en 1958.

 

 

Mario Duarte en agosto de 1928, practicando “salto de altura” no Estadio Troncoso da Guarda. Ao fondo a tribuna do estadio. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

En 1927 xa está presente na Guarda, sendo o artífice de que varios Clubs de fútbol, hóckey e de atletismo veñan a Vila Guardesa e de que o Deportivo Guardés visitara varias localidades portuguesas.

Gradas de Preferencia no Estadio Troncoso en 1927. As obras aínda están rematándose como se pode ver ao fondo. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso

Inauguración do Estadio Troncoso o 21 de agosto de 1927. A madriña deste evento foi a Sta. Consuelo Candeira Pérez quen lembraría o acto cando volve a face-lo saque de honra en 1951 na nova inauguración do “Estadio del Tecla”. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

Directivos do Deportivo e madriña de honra tornan ao palco presidencial despois do “saque inaugural”. O anuncio que está ó fondo era de Rafael Rodríguez dono do Hotel Pazo Santa Tecla. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso.

 

Dona Diamantina, esposa do presidente do Club de fútbol BEIRAMAR, facendo o “saque de honra” no Estadio Troncoso en 1928 nun encontro de fútbol (Belenses?). A seu lado Mario Duarte todo elegante como en el era habitual.

 

Estadio Troncoso en agosto de 1927. Ao fondo a Cantina e acceso a “general”. Como pode verse, o monte Torroso en 1927 estaba case que “pelado”. Fotografía de Mariano Jiménez Huete propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Grada de Tribuna no Estadio Troncoso en agosto de 1927. Este novo Estadio levou o nome de Troncoso como homenaxe a don César Troncoso González quen mediante seu sobriño político don Luís Fernández Domínguez o cedeu ca condición de que se algún día non se cumpría o requisito de ser Estadio de Fútbol sería devolto aos donos. Fotografía de Mariano Jiménez Huete, propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

D. César Troncoso González, propietario e avogado. Presidente da Sociedade Recreo Artístico Guardés dende 1901 a 1905. Vocal e vicepresidente da Sociedade Pro Monte. “Regidor” (Concelleiro) entre 1909 a 1923. Nacera en 1859 e finou en 1937.

 

Fora dono de todo o espacio que hoxe ocupa a urbanización “Los Castaños” na Alameda; da finca “Las Delicias”, en Salcidos, sendo o seu domicilio o edificio que ocupa hoxe o bar Oasis, ata o comercio de Pantaleón, máis ducias de leiras, matos  e cartos....  

 

Antes de falecer crea a Fundación Troncoso González na honra de seus pais e irmán (Juan Troncoso Portela e Antonia González Bazy) e o seu irmán Vicente. Hoxe da Fundación Troncoso non queda nin o nome....

 

José Alonso en 1928, xogador do Deportivo Guardés. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso

   

Juan Noia Xil en 1927, antes da inauguración do campo. Á dereita, encontro de fútbol no Estadio Troncoso en 1928, entre o Beiramar e o Deportivo

O señor elegante con traxe negro é Mario Faría de Melo Ferreira Duarte. Fotografías de Carlos Martínez Troncoso

    

Dona Diamantina, esposa do Presidente do Club Beiramar, preparándose para facer o  “saque de honra” na Copa Ordóñez en agosto de 1928 no Estadio Troncoso, disputada entre o Club Beiramar (1 tanto) de Aveiro (Portugal) e Deportivo Guardés (4 tantos).

 

 

seguinte