PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Mario de Faria e Melo Duarte (1900-1982)

Vicecónsul de Portugal na Guarda (1927 a 1934)

JOSÉ DARSE SOBRINO (1904-1934)

O DEPORTE NA GUARDA

Anterior      Seguinte

por José Antonio Uris Guisantes

Manuel Cadilla Alonso “Cubano” en 1927. Na  tribuna a presidenta e damas de honra, na Copa Ordóñez en agosto de 1928. Fotografía de Mariano Jiménez Huete, propiedade de Carlos Martínez Troncoso

Recibimento dos guardeses/as na Praza do Reloxo aos xogadores, autoridades e acompañantes do Club Beiramar de Aveiro (Portugal), visita xestionada por don Mario de Faria e Melo Duarte. Agosto de 1928. Fotografía de Mariano Jiménez Huete

A Banda de Tabagón encabezando a comitiva de benvida ao Club Beiramar de Aveiro que se dirixía ao Concello (agosto de 1928). Á dereita o As de Copas. Fotografía de Mariano Jimémez Huete

Xogadores do Deportivo Guardés que gañou a Copa Mariano Ordóñez (Mariano era deputado a Cortes en Madrid por Pontevedra do Partido Conservador) en agosto de 1928. Fotografía de Mariano Jiménez Huete propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Xogadores do Beira Mar e Deportivo no Estadio Troncoso. Copa Mariano Ordóñez en agosto de 1928. O señor de traxe escuro e Mario Duarte Viceconsúl de Portugal na Guarda. Fotografía de Mariano Jiménez Huete, propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Estadio Troncoso en agosto de 1927. Fotografía de Mariano Jiménez Huete, propiedade de Carlos Martínez Troncoso

Ao fondo a estrada do Castro a Pancenteo, chamada naquelas datas “carretera política” pola cantidade de curvas que tiveron que facer os contratistas cada vez que afectaba a algún propietario importante que acudía ao Alcalde conservador para cambiar o trazado.....

No fondo, á dereita, as árbores do paseo da Alameda ou rúa Rosalía de Castro. Como se pode contemplar neste 1927 o monte Torroso a penas tiña arborado...

Sporting Club Beiramar no Estadio Troncoso en 1928.Deportivo 4- Beiramar 1. Mario Duarte Faria con sombreiro e pantalóns “bombacho” en 1928 no Estadio Troncoso. Fotografía de Mariano Jiménez Huete, propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Club de Fútbol Sporting Club BEIRAMAR, de Aveiro (Portugal), no Estadio Troncoso da Guarda nas Festas do Monte de 1928. Lembremos que este Estadio foi inaugurado un 21 de agosto de 1927. A Madriña deste evento foi a Sta. Consuelo Candeira, finada nos anos cincuenta e cinco ou cincuenta e seis nun accidente de aviación cando o comezo das “pontes” Madrid-Barcelona.

Mario Duarte,  namorado da Guarda, do Tecla, dicía do Monte. [...] “se recordar é vivir”, “a Sociedade Pro-Monte vive un espléndido capítulo de civilisaçoes remotas a travez das preciosidades históricas que apreciamos no seu Museu e no admiravel MONTE DE SANTA TECLA”....,.

Á esquerda, Mario Duarte botándose de cabeza dende o “Muelle Alto” en 1929. O fondo unha “vapora”. Na foto da dereita, salto de altura de Mario Duarte no Estadio Troncoso en 1929.

O Vice Consulado Portugués foi aberto na primeira guerra mundial é en 1934 pasou a ser Consulado, pechouse de 1947 a 1952, volvendo a abrirse no mes de xuño de 1952.

Xa dixemos que Mario Duarte practicaba varios deportes, destacando o tenis, deporte que el mesmo impulsou na Guarda a través da SOCIEDADE CLUB DE TENNIS fundado dentro dos muros do castelo de Santa Cruz, na Avda. República Dominicana. Tamén no salón do Club de Tenis se facían bailes e festivais para poder recadar cartos para as Festas do Monte Tecla.

Señoritas guardesas jugando al “taw-tenis” en 1909, segundo a Revista Vida Gallega.

Mario Duarte chegou a gañar o Campionato de Galicia de Tenis. Verdadeiro embaixador de Portugal procurou establecer os máximos lazos de amizade entre portugueses e guardeses. Na etapa de vice cónsul chegaron á Guarda varios Clubs de distintos deportes, hóckey, fútbol, tenis, exhibición de avións procedentes da base de Aveiro, etc.etc.

Xunto co Club Beiramar de Aveiro tamén estivo o Club de GALITOS de Aveiro.

Xogadores do Deportivo Guardés que se enfrontou ó Club Galitos de Aveiro (Portugal) en agosto de 1929. O señor con pantalóns “bombacho” e Mario Faría de Melo Duarte. Ao seu carón o xornalista de deportes Manuel de Castro “Handicap”.

Campión de 2ª División na categoría de Honra 1932/33 e 1933/34. Campión na categoría Infantil 1942/43. En 1954 seguían as boas relacións deportivas coa Guarda.

Á esquerda, Carlos Candeira Pérez, xogador do Deportivo en 1929. á dereita: Estadio Troncoso en 1929. Aspecto da Tribuna e Preferencia coa Bandeira do Deportivo. Fotografía de Carlos Martínez Troncoso feita por Mariano Jiménez Huete.

Terreo de xogo do Estadio Troncoso en 1929. O fondo pode verse a torre da igrexa parroquial. Na parte superior os muros do castelo de Santa Cruz. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso. Á dereita o xornalista deportivo de Vigo, don Manuel de Castro “Handicap”, xunto a don Mario Duarte Faría no Estadio Troncoso en 1929.

Xogadores e directivos do Clubs de Vila Nova de Gaia (Porto-Portugal) e Deportivo Guardés en Vilanova de Gaia no ano 1931. O fondo de fronte, o señor con gaban e Mario Duarte. Este encontro rematou en “tablas” 4 a 4 tantos . O Deportivo Guardés aliñou a: Manuel Alonso “Cubano”; Portales;  Manuel Domínguez Pacheco “Taxota”; Elidio; Noia; Isaac González Moure; Isaac; Carlos Candeira; Nolete; Pepiño e Gíbaro a quen supliu Fernando Pérez.

Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Un dos potentes conxuntos do Deportivo Guardés en 1952

A fotografía está retocada con colores polo difunto Luís Cadilla González (naquelas datas non se dispuña de carretes en color). Parte superior de esquerda a dereita, Elpidio Sobrino Álvarez; Agustín Correa Eiroa “Correa”; Braulio Montenegro Lores “Braulio”; Manuel Martínez Álvarez “Polis Iº”; Miguel Barros del Puerto “Puerto” ( fillo do dono do Bar La Marquesina , logo Bar Flamingo na rúa Príncipe de Vigo); Lomba de O Porriño; Gato de Vigo; Carlos Martínez Troncoso “Carlitos”, de A Guarda; Manuel Pazó Vázquez “Mañana”. de Vigo; Alfonso Gestoso Gallego “Gestoso”, de Vigo; Jaime Rocha  Domínguez “Rocha” porteiro logo do Celta Casablanca de Vigo, e Antonio Vidal Villaverde “Vidal”, de O Porriño.

Ano 1954.  Á esquerda Valentín Sobrino Puga “Tatá”; no centro Fernando Lomba Baz “Barbo” das Pildiricas finado en plena xuventude, e á dereita, Carlos Martínez Troncoso “Carlitos” coa bandeira do Deportivo e “O Barquiño” símbolo do Club, e nome que Manuel Díaz González “Ligero” poría no primeiro bar que fundou “O Barquiño”, sito enfronte do que hoxe está pechado, ámbolos dous establecementos marcaron toda unha época na Guarda. Fernando “O Barbo” era o encargado do botiquín do Club.

“Tatá” foi un personaxe popular en moitos aspectos da vida local no barrio mariñeiro (Bar do Tatá, hoxe restaurante Valladeiro), ata que faleceu hai poucos anos.

Un Club de Portugal relacionado co Deportivo Guardés

 

Moitos anos máis tarde, siglas do Club Vilanovés en 1954

Anterior     Seguinte