PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Mario de Faria e Melo Duarte (1900-1982)

Vicecónsul de Portugal na Guarda (1927 a 1934)

JOSÉ DARSE SOBRINO (1904-1934)

O DEPORTE NA GUARDA

anterior       portada

por José Antonio Uris Guisantes

Mario Duarte fixo ata de árbitro no encontro celebrado no Estadio Troncoso entre o Real Club Celta de Vigo (3 tantos) é Deportivo Guardés (1 tanto) en xuño de 1929.

Xogadores do Celta de Vigo e Deportivo xuntos no Estadio Troncoso en 1929. O de pantalóns “bombacho” é Mario Faría de Melo Duarte. Un gran amigo da Guarda.

Hotel Pazo Santa Tecla, abril de 1933. Liña media da Selección Española de Fútbol. De esquerda a dereita:

Martín Marculeta Barbería nado en 1907, debutou na Selección o 30 de maio de 1928 xogando o derradeiro encontro en 1935; Pedro Solé Junoy nado en 1905, debutou na Selección en 1929 e rematou en febreiro de 1936; Leonardo Cilaurren Uriarte (1912-1970), debutou en 1931 e rematou en 1935.

A visita á Vila da Guarda tivo lugar o día seguinte de gañar á selección de Portugal por 3 tantos a 0 no estadio de Balaídos (Vigo) o día 2 de abril de 1933. O encontro fora xestionado polo vice cónsul portugués na Guarda Mario Duarte. A Selección de Portugal adestrara previamente no Estadio Troncoso.

  

      

Suplentes ou reservas do Deportivo Guardés en 1929. De esquerda á dereita. Isaac González Moure; Manoliño; Vida; Chosco; Seve; Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” e Santiago.

 

 

Real Club Celta: Lilo, Carburo, Pasarín, Pareditas, Cárdeme, Hermida, Reigosa, Chicha, Losada, Polo, Guevara e no segundo tempo entro Rogelio.

Deportivo Guardés: Silvano Rodríguez González “Chalala” [gran porteiro guardés, xunto con Manuel Cadilla “O Cubano”, Alfredo Quintas, Jesús Rodríguez, Jaime Barreira, Juan Noia Xil, Elidio Silva, José Núñez “Rucho”, Carlos Candeira, Sergio Domínguez, Salvador Silva, e Blanquito.

Arbitro. Mario Duarte Faría.

Neste ano de 1929  outro personaxe sinxelo na vida cultural, social e política da GUARDA foi don José Darse Sobrino, director do semanario local Heraldo Guardés e gran amigo de Mario Duarte.

Darse foi o promotor e impulsor da COPA LUÍS FERNÁNDEZ [sobriño de don César Troncoso González dono dos terreos do Estadio Troncoso que levaba o seu nome] e temos no noso poder os folios escritos da súa man cas Bases e co nome dos equipos e xogadores participantes.

Xogadores guardeses en CHANS, antes de que se formaran os equipos do Deportivo Guardés e Colón F.C. de A GUARDA

Equipo de infantís dirixido por Juan Noia Gil nas primeiras etapas do “balompié” na Guarda en CHANS

O Colon F.C. foi o primeiro Club de Fútbol, considerado como tal, na Vila de A Guarda seguido case que no mesmo día polo Deportivo Guardés en 1914. De garabata Manuel Noia Xil. O segundo, arriba pola dereita, Manuel Domínguez Pacheco “Taxota”

Outros equipos foron: G.D.Miño (Camposancos); Revira  de Camposancos; Galicia de Camposancos); Tecla F.C.; Temible do barrio de Pintán; Literario;  Deportivo Muro; Diana F.C.; Victoria F.C.; Unión Guardesa; Plus Ultra; Español F.C.; San Lorenzo; Presente; San BernardoCividans, etc.

Un dos primeiros conxuntos do Deportivo Guardés en 1914

Escudo do Deportivo feito a man é en miniatura propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Na fonte de A Morea, no barrio da Mariña, xuntáranse varios afeccionados ó “balompié” local creando dous equipos Deportivo Guardés e Colon F.C., mais tarde nacería ó Invencible, sendo os xogadores, entre outros moitos:

Juan Noia Xil; Eduardo Pantaleón Saúl; Carlos Martínez; Constante Alonso Vicente; Ramón Polo; Manuel Noia Xil; Benito Vicente; Remigio Vicente; Silvio Rolán Montenegro; Virgilio Rolán Montenegro; Manuel Polo, etc.

 

Exterior do Hotel Pazo Santa Tecla de Rafael Rodríguez Álvarez o 3 de abril de 1933.

De esquerda a dereita xogadores da selección Española de Fútbol despois de xogar contra a Selección de Portugal no Estadio de Balaídos o 2 de abril de 1933 a quen gañou por 3 tantos a 0.

 

Crisanto Bosch Espín (1907-1981), debutou en 1929 e rematou no Mundial de Italia en 1934. Julio Elicegui Cans (1910-2001), debutou neste mesmo encontro contra a selección de Portugal en Vigo, 2 de abril 1933, marcando un tanto, rematou en maio dese mesmo ano de 1933 no encontro España 13 tantos <> Bulgaria 0. Enrique Larrinaga Esnal, nado en 1911, debutou e rematou neste encontro contra Portugal (2-4-33) a súa vida como xogador da Selección Española marcando 1 tanto.

Tamén estivo no Hotel Pazo, pero non chegou a tempo da foto, Luís Regueiro Pagola (1908-1995), debutou contra Francia (España 4 - Francia 0) en 1927, remata coa Selección no encontro Suíza 0 – España 2 en maio de 1936. Estivo no Mundial de Italia en 1954.                      

Xogan entre eles un 29 de novembro de 1914, gañando o Colón F.C. con: Varela;Silvio Rolán Montenegro; A. Pérez; B. Vázquez; A. Bernardez; Primitivo Franco Cadilla; Manuel Noia Xil; Manuel Polo e Virgilio Rolán Montenegro.

O Deportivo Guardés constituído xa como Club xoga o 2 de maio de 1915 outra vez contra o Colón F.C. gañando por catro tantos  a cero, despois de prórroga. Deportivo: Eduardo Pantaleón Saúl; B. Vázquez, Carlos Martínez; Sotelo; Juan Noia Xil; Piñeiro; Ramón Polo e Silvio Rolán Montenegro e outros que non sabemos....

Club Comercial de Vigo que xogou contra o Deportivo Guardés en 1914, recén creado no Campo de Chans. Perdeu o Deportivo por catro tantos a tres. A fotografía orixinal está moi deteriorada. É propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

Os que perderon co Deportivo Guardés [popularmente “O Barquiño, porque o escudo do Club levaba case que o mesmo -ou sen case- que o escudo oficial de A Guarda] por 4 a 3 tantos.

Xogadores do Club Comercial de Vigo no Campo de CHANS en 1914.

O Deportivo Guardés tiña os seguintes xogadores: Manuel Cadilla Alonso “Cubano”; Taxota e outros antigos xogadores; Carlos Candeira Pérez; Isaac González Moure; Luís Santiago; José Alonso “Pepiño”; P. Pinilla; Manuel Sobrino Puga; David Silva; Elidio Silva; Aguinaldo Álvarez Martínez, Ramón Polo; Ramón Alonso “Mon”; Salvador Silva; Carlos Ameal; Eduardo Iglesias; Eduardo Cividanes; Alfredo Quintas; Juan Noia Xil; José Núñez; Jesús Rodríguez; Sergio Domínguez; Jaime Barreira; P. Fernández; Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” e Turco.

Manuel Cadilla Alonso “Cubano” en 1915. Fotografía de Mariano Jiménez Huete, propiedade da familia. Lémbrome que de rapaz o tío Cubano era o dono dunha trainera convertida nun pequeno barquiño impulsado por un motor de dous tempos a gasolina, o nome era “Panamusa”, é a penas tiñan cabida dúas persoas. 

 

Con Mario Faría de Melo Ferreira Duarte e o Deportivo Guardés tiña unha relación moi directa don José Darse Sobrino, empresario, dono e Director do semanario local Heraldo Guardés.

anterior       portada